Edita:
Xunta de Galicia Axencia para a Modernizaci贸n Tecnol贸xica de Galicia (AMTEGA)
Lugar: Santiago de Compostela Ano: 2012 Este documento distrib煤ese baixo licenza Creative Commons 3.0 Spain Atribution/Non Comercial. Compartir baixo a mesma licenza dispo帽ible en: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl
Índice
I. Introdución ................................................................................................... 1 II. Iniciativas transformadoras ...................................................................... 3 III. Balance 2009-2011. Axenda Dixital de Galicia ................................. 10 III.i. COHESIÓN SOCIAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL ............................................... 10 III.ii. ADMINISTRACIÓN EFICIENTE E AUSTERA ......................................................... 16 III.iii. DINAMIZACIÓN ECONÓMICA, CRECEMENTO E EMPREGO: ECONOMÍA DO COÑECEMENTO ................................................................................................. 30
IV. Balance 2011 en cifras .......................................................................... 38 V. Balance económico .............................................................................. 50
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
I. Introdución Europa atópase nun momento de transformación económica e social profunda, unha transformación cara un novo modelo produtivo que debe ser capaz, de forma sostible, de xerar emprego e de lograr unha mellor calidade de vida para todos os cidadáns. Neste marco de transformación profunda que caracteriza o panorama económico actual, o goberno galego segue a traballar activamente pola modernización do modelo socioeconómico de Galicia, como factor imprescindible para atenuar os efectos da crise e lograr a recuperación do noso territorio. Un camiño de modernización posto en marcha a través do Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 (2020), primeira estratexia global de planificación económica e social da historia de Galicia. Esta modernización baséase no rigor e na responsabilidade como principios básicos, na austeridade, no control do gasto e do déficit público, e na priorización de investimentos con maior impacto na nosa Comunidade Autónoma, como é o caso dos investimentos tecnolóxicos. Todos principios de actuación, que están no ADN deste Goberno, e que fan que Galicia, por primeira vez na historia, sitúe a súa débeda pública por debaixo da media da débeda pública do resto das comunidades. Este rigor e responsabilidade están dando os seus froitos, podendo manter os servizos públicos esenciais como a sanidade, a educación ou os servizos sociais, e podendo apostar por fortes investimentos en sectores chave da economía do futuro como son o sector da economía do coñecemento ou o sector da economía da saúde. O futuro pasa por proseguir coa actual política de control de déficit público e de disciplina orzamentaria e, a partir de aí, proseguir coas políticas de investimento e incentivación dos diferentes sectores industriais, e coas políticas de apoio á internacionalización das nosas empresas. Galicia debe exportar máis e debe ser capaz de atraer máis investimento que facilite a creación de riqueza e de novos empregos. O pulo do sector da economía do coñecemento é premisa obrigatoria para conseguir este futuro, por ser un sector estratéxico e por ser claro catalizador da competitividade do resto de sectores. O impacto que teñen as TIC no crecemento dunha rexión é unha realidade innegable: explican case un 25% do crecemento anual do PIB da UE, proporcionan máis do 40% dos aumentos anuais de produtividade na UE e constitúen un elemento dinamizador do emprego ao inducir a creación de até 6 postos de traballo por cada emprego directo que se crea no sector. Un 1
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
sector tecnolóxico forte é imprescindible nesta nova era da economía dixital.1 Por este motivo, o Goberno galego fixo fai tempo unha aposta pola tecnoloxía, unha aposta pola economía do coñecemento a través dunha nova folla de ruta: 2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Unha folla de ruta que cumpre agora dous anos dende a súa posta en marcha. Dous anos nos que se puxeron en marcha iniciativas altamente transformadoras que marcan un cambio de rumbo claro no xeito de facer as cousas no referente ás políticas tecnolóxicas da Xunta de Galicia. Iniciativas, das que a través deste documento se fai balance, que supoñen ata o de agora unha achega da Xunta de Galicia de 506 millóns de euros no período 2009 – 2011 e que mobilizaron case 154 millóns de euros de investimento privado, o que fai un total de máis de 660 millóns de euros de investimento para o desenvolvemento das diferentes actuacións derivadas da Axenda Dixital de Galicia. Un investimento que seguirá a medrar nos vindeiros anos, nos que se seguirá a traballar para avanzar na consecución dos obxectivos estratéxicos recollidos na devandita Axenda para lograr a inclusión de Galicia no novo contexto dixital europeo de forma definitiva no horizonte 2014.
1
Todos os datos son extraídos do informe “Plan Avanza2: Estratexia 2011-2015”
2
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
II. Iniciativas transformadoras Unha política tecnolóxica única para Galicia Qué fixemos? Na presente lexislatura, a creación da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) supuxo un punto de inflexión na orientación das políticas tecnolóxicas da Xunta de Galicia. É o instrumento que permite o desenvolvemento da política tecnolóxica global da administración autonómica, unha
estratexia tecnolóxica única para Galicia. ac Unha estratexia que vai acompañada da consolidación e homoxeneización da
infraestrutura tecnolóxica mediante a súa incorporación nun único CPD que dará administración galega de forma centralizada. servizo a toda a administrac
Aforramos máis de 20M€ anuais
+
= Cales Cale son os resultados? ulta
Un mellor emprego dos recursos tecnolóxicos para dar soporte ás políticas sociais e económicas: Poñer baixo a mesma dirección a 558 tecnólogos, integrando así os recursos humanos, materiais e orzamentarios nunha única área tecnolóxica.
Aforrar 20 millóns de euros anuais, derivados da supresión de 15 departamentos administrativos e do aforro do 40% do espazo. Un CPD que integrará funcións de 80 CPD existentes ata o de agora na Comunidade Autónoma, que constituirá o corazón dixital de Galicia e que permitirá un aforro de 3 millóns de euros anuais en enerxía, mantemento e espazos.
A centralización de compra tecnolóxica, o que está a permitir, entre outros, aforros como o do 37% en licenzas de software en tres anos e do 30% en servizos de certificación dixital en dous anos, ou que as operadoras de telecomunicacións invistan 4 millóns de euros na comunidade nos próximos 3 anos grazas á renegociación dos contratos de telecomunicacións.
3
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
O camiño cara a Administración electrónica: o Plan de Modernización da Administración Pública Qué fixemos? Cara a conseguir unha administración ción para
todos os cidadáns, accesible as 244 horass ta ao día e os 7 días á semana, a Xunta de Galicia puxo en marcha no ano 2010 o Plan de Modernización da
Administración Pública.
Cales son os resultados? No ano 2010 Ga Galicia aproba un decreto que fixa as bases para o
desenvolveme desenvolvemento futuro da administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes. A implantación da sede electrónica que xa permite a presentación
telemática de máis de 200 trámites, 16% do total de trámites dispoñibles, porcentaxe que se irá incrementando ata o 95% a finais de 2012.
A dixitalización do DOG co conseguinte aforro de máis de 1.100.000 euros desde a súa posta en marcha en maio de 2011, ao eliminarse o uso do papel.
ón sistema de facturación electrónica. A Xunta de Galicia é una das administracións autonómicas que menos tarda en n pagar aos seus provedores. Desenvolvemento
do
Novo Sistema de Licitación Electrónica (SILEX): X): Desde a súa posta en marcha o pasado mes de maio, io, xa se realizaron por vía telemática o 14,71% dos
procesos de licitación . Acreditación dixital dos empregados públicos, da que xa dispoñen un total de 1.370 profesionais da Xunta de Galicia e que serán 3.000 no primeiro semestre de 2012.
Galicia é unha das catro comunidades autónomas que ofrece ás entidades públicas galegas o servizo de certificación dixital de balde. Galicia é a segunda comunidade que conta cun decreto, aprobado en 2011, que regula a presenza da Administración en Internet co obxecto de facilitar a reutilización, por parte de cidadáns e empresas, dos datos que xera a administración pública; garantir a transparencia informativa e impulsar a participación cidadá a través das redes sociais avanzando así cara un Goberno aberto.
4
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Renovación do portal web corporativo da Xunta de Galicia, máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán, converténdose no terceiro máis accesible de todos os portais das comunidades autónomas. Formación dos empregados públicos na eAdministración: No anos 2010 e 2011 impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de 46.000 horas de formación no eido das TIC.
A vertebración territorial a través da Rede: Plan de Banda Larga Qué fixemos? Na presente lexislatura, púxose en marcha o Plan de
Banda Larga, que define por primeira vez unha estratexia global de despregamento de redes de telecomunicacións para Galicia. Supón unha aposta por achegar as redes de banda larga
de calidade a todos os galegos, cun foco claro no ámbito rural como elemento de inclusión social e de loita contra a fenda dixital. dixit 458.000 galegos que xa poden acceder á Banda Larga
1Millón de galegos con acceso a redes de nova xeración Cales son os resultados? O
desenvolvemento
das
redes
de
telecomunicacións
na
nosa
comunidade,
garantindo a toda a sociedade galega o acceso ás novas tecnoloxías , que se materializa en: Un aumento da poboación con cobertura de banda larga de calidade : en só ano e medio pasouse dun 71,8% a un 88,64%. Isto quere dicir, que xa
se cubriu case o 60% dos habitantes obxectivo e que neste momento xa 2.481.811galegos poden acceder á rede. Posibilitar o acceso ás redes de nova xeración por parte de máis dun
millón de galegos. Redución da fenda dixital: se reduciu en máis dun 70% as diferenzas existentes na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico, pasando de 20 puntos porcentuais a 5,5 a diferenza media de dispoñibilidade de acceso á banda larga.
5
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Os galegos: unha cidadanía dixital Qué fixemos? Para poder garantir a eficaz transición cara a Sociedade
da Información e o Coñecemento, é necesario dotar á cidadanía das competencias e formación necesarias no
adquisición de coñecementos TIC constitúe un valor crítico na formación ámbito
das
novas
tecnoloxías.
A
básica de toda a cidadanía. Nesta liña púxose en marcha a rede de Centros de
Modernización e Inno Innovación Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), como elemento fundamental da estratexi estratexia da Xunta de Galicia para achegar as novas tecnoloxías á sociedade galega.
98 aulas
2.110 cursos
10.200 usuarios
18.000 horas formativas Cales son os resultados?
En marzo do 2011 tivo lugar a posta en marcha da rede, como servizo público e gratuíto a disposición da cidadanía. Ao longo do ano inauguráronse novas aulas, mellorouse a interconexión das existentes incorporándoas á rede corporativa da Xunta de Galicia e púxose en marcha a web da rede. A Rede xa conta con 98 aulas repartidas en 92 concellos de 53 comarcas. A oferta de formación, chegou a máis de 10.200 usuarios mediante os
máis de 2.110 cursos sumando máis de 18.000 horas formativas, das cales preto do 15% impartíronse a profesionais TIC e preto do 17% a empregados públicos.
6
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
A transformación do sistema educativo: proxecto Abalar Qué fixemos?
poñer en marcha estratexias transformadoras no sistema educativo,
Nunha
aposta
decidida
por
xorde o Proxecto Abalar.
equipamento e infraestruturas aos centros de educación, e insta á participación do conxunto da poboación galega nas novas tecnoloxías e facilita as relacións entre os membr membros da comunidade escolar, mediante a plataforma web O
proxecto
Abalar
dota
de
espazoAbalar. espazoAbalar Cales son os resultados? Favorecer a conversión de colexios e institutos galegos en centros educativos
dixitais, mediante a integración das tecnoloxías da información e da comunicación en todos os ámbitos educativos:
Dixitalización de 1.460 aulas pertencentes a 370 centros educativos, acadando así un total de 31.680 alumnos galegos beneficiados desta iniciativa. O portal espazoAbalar, un ano despois do seu lanzamento conta con máis de 415.000 visitas, máis de 900 recursos educativos, máis de
340.000 contidos descargados e máis de 45.000 accesos por parte das familias usuarias. Co fin de asegurar o óptimo aproveitamento do proxecto, deuse formación a máis de 400 coordinadores e 8.000 profesores, impartíndose máis de
20.000 horas de formación entre os coordinadores e o profesorado Abalar.
A modernización da xustiza: Plan Senda 2014 Qué fixemos? Cara a lograr unha xustiza máis transparente,eficaz
e próxima á cidadanía, a Xunta de Galicia puxo en marcha o Plan Senda 2014. O plan establece por primeira vez unha folla de ruta para integrar as TIC no ámbito xudicial galego, aspecto fundamental para conseguir logo a maior eficacia da Nova Oficina
Xudicial.
7
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Cales son os resultados? Un investimento de máis de 10,3 millóns de euros ata o de agora na que destacan:
A renovación de 1.933 equipos informáticos chegando ao 85% do equipamento con antigüidade menor de 5 anos. A instalación dunha rede de videoconferencia que da servizo ás 100% dos órganos salas do preferentes. A implantación do sistema LEXNET de comunicacións electrónicas securizadas a través do cal enviáronse máis de 1
millón de notificacións telemáticas entre xulgados, avogados.
procuradores
e
A implantación do sistema de rexistro civil en liña Inforeg ao que xa acceden o 99% dos xulgados de paz. A realización de case 800 actividades formativas, orientadas a capacitar aos usuarios nos novos sistemas de información e nos novos avances tecnolóxicos no ámbito xudicial.
Unha aposta por seguir sendo líderes na modernización da Sanidade: Estratexia Sergas 2014 Qué fixemos? A Xunta de Galicia apostou pola mellora continua do
sistema sanitario e o uso das TIC como puntos clave da Estratexia Sergas 2014. Nesta estratexia os proxectos InnovaSaúde e Hospital 2050 supoñen un elemento fundamental para potenciar o sector da economía da saúde e desenvolver servizos sanitarios innovadores que redunden nunha maior calidade de vida dos cidadáns. Cales son os resultados? No 2010 elaborou elaborouse o “Mapa de Capacidades tecnolóxicas de Galicia
no ámbito sanitario” sanita que recolle as capacidades e experiencia tecnolóxica dos axentes TIC galegos neste eido, materializado nun total de 162 proxectos desenvolvidos por 43 axentes. No 2011 a Xunta de Galicia puxo en marcha as iniciativas Hospital 2050 e
INNOVASaúde, dous proxectos centrados na mellora da prestación sanitaria e dos servizos asistenciais e cun novo modelo de hospitalización que vai permitir deseñar o hospital do futuro, dotados con 90 millóns de euros. 8
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
O 93% das receitas que se dispensan en Galicia xa se fan de xeito electrónico, 78 puntos porcentuais máis que no 2009, o que
reduciu máis de 2 millóns de citas para acudir a recoller receitas. O 100% do persoal médico ten acceso á historia clínica electrónica (IANUS), e case o 95% da imaxe médica é accesible desde IANUS, permitindo unha redución do custo de 2,7 millóns de euros anuais na impresión de placas radiolóxicas. Case o 99% dos centros de saúde de toda Galicia xa dispoñen de
servizos de telemedicina.
O impulso a proxectos de alto impacto no ámbito tecnolóxico Qué fixemos? Nunha aposta polo desenvolvemento de grandes proxectos tecnolóxicos
innovadores con alto valor engadido en Galicia, a Xunta de Galicia impulsou diferentes iniciativas de apoio económico a este tipo de proxectos. Cales son os resultados?
A Xunta de Galicia investiu nos tres últimos anos máis de 86 millóns de euros para impulsar o desenvolvemento do sector da economía do coñecemento e para apoiar a implantación das novas tecnoloxías nas empresas, conseguindo mobilizar máis de 117 millóns de euros de capital privado. Por tanto, un investimento total de case 205 millóns para o desenvolvemento de máis de 1.400 proxectos tecnolóxicos en Galicia. A finais de 2010 creouse a Plataforma de Innovación Sanitaria para o desenvolvemento de proxectos innovadores no eido sanitario, no que
Galicia é referente. Activación do fondo de capital risco “Fondo Tecnolóxico I2C” cun orzamento inicial de 20 millóns de euros, para proxectos empresariais de base tecnolóxica ao abeiro do Plan I2C. Aprobación
da
convocatoria
do
programa FEDER – Innterconecta para Galicia que mobilizará un investimento total de máis de 60 millóns de euros para proxectos tecnolóxicos altamente innovadores.
9
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
III. Balance 2009-2011. Axenda Dixital de Galicia III.i. COHESIÓN SOCIAL E EQUILIBRIO TERRITORIAL Os principios de cohesión social e equilibrio territorial recollidos no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 están reforzados polas actuacións de 2014.gal orientadas á redución da fenda dixital e ao desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións. En ambos casos, constitúen un piar indispensable para lograr a vertebración territorial e a inclusión social da nosa comunidade en canto que o seu despregue posibilita a todos os galegos o acceso á rede e garanta o acceso igualitario aos contidos e servizos avanzados da sociedade da información.
Vertebración territorial Grazas ao Plan de Banda Larga o 88,64% dos galegos xa dispoñen de acceso á rede Posibilitouse o acceso á banda larga de calidade a case o 70% dos servizos públicos sen cobertura e a máis do 70% dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias no servizo Máis de 1 millón de galegos xa poden acceder a redes de nova xeración de 100 Mbps Cunha aportación da Xunta de Galicia nos anos 2010 e 2011 de 38,5 millóns de euros, conseguiuse xerar un investimento total de 87,5 millóns de euros no desenvolvemento de redes de telecomunicacións Elaborouse o Anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia Antes da posta en marcha do Plan de Banda Larga, en torno a 2 millóns de galegos dispoñían da posibilidade de acceso á banda larga de calidade (o 71,8% da poboación), quedando máis de 786.000 sen dita posibilidade. A día de hoxe e grazas ás actuacións do Plan xa postas en marcha, acadáronse case os 2 millóns e medio de galegos con cobertura de banda larga de calidade (o 88,64% da poboación). É dicir, dotouse de cobertura a case 458.000 habitantes dos 786.000 que non dispoñían de cobertura a inicios do Plan, cubrindo case o 60% da poboación obxectivo do mesmo. 10
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Conseguiuse tamén posibilitar o acceso ao servizo de banda larga calidade a case o 70% dos servizos públicos sen banda larga a inicios Plan. E logrouse por outra banda, garantir a cobertura de internet a máis 70% dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias cobertura (tan só quedan 6 polígonos e parques empresariais por cubrir).
de do do de
Evolución da poboación sen banda larga
2009 2010 2011
786.000 habitantes 534.800 habitantes 318.189 habitantes
Xa se cubriu case o 60% da poboación sen banda larga no 2009
Ademais, no último ano posibilitouse o acceso a redes de nova xeración de 100Mbps a 354.161 galegos, que sumados aos galegos cubertos no 2010 son un total de 1.065.736 contando cos principais núcleos das 7 grandes cidades galegas. Cun investimento público nos anos 2010 e 2011 de 38,5 millóns de euros para o desenvolvemento destas actuacións, conseguiuse mobilizar un investimento privado de 49 millóns de euros, o que supón un investimento total de 87,5 millóns de euros. En total, estas actuacións do Plan xa iniciadas contan cunha subvención da Xunta de de Galicia de case 80M€, coa que se conseguirá xerar un investimento total de máis de 236M€ rematado o ano 2013. No marco do Plan de Banda Larga cómpre destacar o importante papel que xoga o operador público de telecomunicacións Retegal. Constitúe un elemento chave para cumprir cos obxectivos de cobertura de Internet previstos polo Plan xa que o aproveitamento das infraestruturas públicas está a permitir acelerar e optimizar o despregamento de redes de banda larga no rural de Galicia. Finalmente salientar a elaboración do Anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia. A norma, a primeira coa que contará Galicia neste ámbito, ten como obxectivo axilizar e facilitar o despregamento ordenado de infraestruturas de telecomunicacións en todo o territorio dun xeito homoxéneo, harmónico e respectuoso co ambiente, a paisaxe e o patrimonio cultural.
11
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Redución da fenda dixital Redución da fenda con España e Europa Galicia experimentou, ata o de agora, un incremento do 34,73% de fogares con conexión de banda larga contratada con respecto ao ano 2009. Isto supón un incremento porcentual moi superior respecto á media estatal (20,66%) e á media europea (21,43%) Púxose en marcha un programa de axudas que subvencionará o 40% do custo mensual da conexión a Internet ás familias galegas con menos recursos Galicia segue a avanzar cara a converxencia con España e Europa e aposta por iniciativas destinadas a minimizar a fenda dixital existente no emprego de novas tecnoloxías. Con respecto ao ano 2009, no 2011 aumentouse case un 35%2 a penetración da banda larga nos fogares galegos, superando notablemente o incremento da media nacional (20,66%) e da media europea (21,43%). Evolución dos fogares conectados á banda larga 2009 2010 2011
38,3% dos fogares 46,5% dos fogares 51,6% dos fogares
Para incrementar este valor e sendo consciente do esforzo económico que supón para algunhas familias acceder a este servizo, a Xunta de Galicia destinará no ano 2012 máis de 570.000 euros a unha nova liña de axudas que permitirá subvencionar a contratación de Internet, de polo menos 1 Mbps, a máis de 3.000 familias galegas con rendas per cápita iguais ou inferiores a 9.000 euros.
2
Todos os datos son extraídos do OSIMGA 2011 a partir de datos INE 2011 (Galicia e Estado), Eurostat (UE27).
12
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Por outra banda, o Plan de Banda Larga está a lograr os obxectivos de contribuír ao impulso da penetración da internet de calidade na contorna rural e ademais, grazas á extensión de redes de nova xeración, tamén contribúe no aumento da contratación de servizos na contorna urbana. Así, grazas ao Plan, incorporáronse á Rede máis de 61.000 familias (altas), o que se traduce en case 164.000 galegos accedendo á internet por primeira vez.
Redución da fenda interna entre a Galicia rural e urbana Desde o 2009 ata agora, reduciuse de 20 a 5,5 puntos porcentuais a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico A cobertura poboacional pasou dun 42,2% a finais de 2009 a un 76,10% a comezos de 2012 nos núcleos de menos de 100 habitantes, e dun 63% a un 88,77% en núcleos de entre 100 e 1.000 habitantes A dispersión da poboación e a complicada xeografía son os factores que determinan claramente a fenda dixital existente en Galicia. Existen claras diferenzas entre as provincias do interior e as do eixo atlántico, e entre o entorno rural e o urbano. Non obstante, grazas ao Plan Banda Larga, a día de hoxe, xa se reduciu en máis dun 70% as diferenzas existentes no relativo ao acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico. Evolución da fenda dixital entre provincias A Coruña - Pontevedra
Cobertura Banda larga
2009 Cobertura Banda larga
2011
Lugo - Ourense
20 pun puntos untos 0%
100%
5,5 puntos 5, 0%
100%
É dicir, conseguiuse reducir a diferenza media de dispoñibilidade de acceso á banda larga de 20 a 5,5 puntos porcentuais entre as provincias de Lugo e Ourense -caracterizadas por unha maior compoñente rural - e as provincias de A Coruña e Pontevedra. 13
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Ademais, con respecto á contorna rural, cómpre destacar os niveis de cobertura de poboación acadados. Concretamente, pasouse dun 42,2% a finais de 2009 a un 76,10% a comezos de 2012 nos núcleos de menos de 100 habitantes, e dun 63% a un 88,77% en núcleos de entre 100 e 1.000 habitantes.
Inclusión dixital No 2011 púxose en marcha a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) Co novo Plan de Formación 2012 triplicarase o número de actividades formativas de 2011 e incrementarase preto dun 50% o número de usuarios En marcha o Programa de Voluntariado Dixital, que xa conta coa participación de 133 voluntarios e 57 entidades A rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica púxose en marcha en marzo do 2011 co obxectivo de integrar e fomentar o uso das TIC na sociedade galega como medio para o impulso do emprego e a competitividade empresarial. Constitúe unha peza clave para contribuír ao cumprimento dos obxectivos estratéxicos de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital faise máis evidente. A día de hoxe, esta Rede xa conta con 98 aulas repartidas en 92 concellos nas que impartíronse máis de 2.110 actividades formativas das que foron beneficiados case 10.200 usuarios. Co fin de seguir impulsando a alfabetización dixital da sociedade galega e co incentivo de mellorar a prestación do servizo, púxose en marcha o Plan de Formación 2012, que triplica o número de actividades formativas e incorpora novidades enfocadas a mellorar a aprendizaxe e o aproveitamento da formación. Concretamente, este plan conta con 17 novos cursos, 9 en formato online, e establece itinerarios formativos co fin de orientar á cidadanía dun xeito máis efectivo no proceso de capacitación dixital. Esta iniciativa está a complementarse co Programa de Voluntariado Dixital, outra das actuacións que está a levar a cabo a Xunta de Galicia no ámbito da alfabetización dixital e que foi posta en marcha en xaneiro de 2012. 14
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Esta actuación suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas TIC e o aproveitamento das infraestruturas públicas para contribuír á incorporación das novas tecnoloxías á vida cotiá de toda a cidadanía galega, co obxectivo de fomentar a inclusión social, utilizando as TIC como ferramenta. Nesta primeira convocatoria do programa, da que xa forman parte 133 voluntarios e 57 entidades, as actuacións orientaranse especialmente aos maiores e ás persoas con discapacidade, por ser os que presentan máis posibilidades de verse afectados pola fenda dixital. Así, as actividades recollidas neste programa permitirán estender ao longo de 2012 a oferta pública de alfabetización dixital a 3.500 persoas maiores e a oito federacións de persoas con discapacidade, que representan o 92% deste colectivo en Galicia.
15
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
III.ii. ADMINISTRACIÓN EFICIENTE E AUSTERA O eixo de actuación correspondente á administración austera, eficiente e cercana ao cidadán fundaméntase na consolidación da administración pública como un ente prestador de servizos de calidade á cidadanía que realiza as súas funcións en base aos principios de austeridade e racionalidade do gasto. Para conseguir estes obxectivos, 2014.gal conta coas liñas estratéxicas que apostan pola inclusión das TIC en todos os ámbitos dos servizos públicos que deriven nun incremento do benestar e calidade de vida dos cidadáns (“Administración intelixente”) así como pola transversalidade, eficiencia e aforro de custos por parte da administración (“Administración eficiente”).
eAdministración No 2011 púxose en marcha a sede electrónica da Xunta de Galicia, que xa permite presentar de xeito telemático un total de 229 procedementos O 25% das facturas tramitadas pola Xunta de Galicia xa se fai de modo electrónico O 14,71% dos procesos de licitación realizáronse por vía telemática grazas ao novo Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) Preto de 1.400 empregados públicos xa dispoñen de tarxeta con sinatura dixital O DOG permitiu un aforro de máis de 1.100.000 euros no tempo transcorrido desde o inicio do seu proceso de dixitalización No 2010 aprobouse o decreto polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia co obxectivo final de garantir aos cidadáns a posibilidade de relacionarse telematicamente coas administracións consolidando unha administración máis transparente e aberta aos cidadáns as 24 horas os 365 días do ano. No marco deste decreto, o pasado mes de setembro entrou en funcionamento a sede electrónica da Xunta de Galicia que representa unha nova forma de realizar as xestións públicas, sen condicionantes horarios nin de espazo, de xeito gratuíto, coa máxima seguridade e contribuíndo a un uso máis eficaz dos recursos públicos. A día de hoxe se poden presentar de xeito telemático na sede un total de 229 procedementos, preto do 16% do total de trámites dispoñibles. Antes do 16
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
inicio do Plan de Modernización só o 4% dos procedementos se podían presentar de xeito telemático.
Respecto ao Sistema Electrónico de Facturación (SEF), posto en marcha en 2010, cómpre salientar que no 2011 o 25% do total das facturas recibidas na Xunta de Galicia fíxose de xeito electrónico, fronte o 20% acadado no ano anterior. Ademais no 2011 desenvolveuse o Sistema de Licitación Electrónica (SILEX) que permite que as empresas poidan presentar as súas ofertas aos concursos públicos por vía telemática. Desde a súa posta en marcha o pasado mes de maio, case o 15% dos procesos de licitación se realizaron por vía telemática. Este novo sistema está preparado para xestionar todo o proceso de contratación desde a fase de publicación en internet dos procedementos de contratación iniciados ata a firma do contrato, permitindo realizalo con maior axilidade, eficiencia e con menores custos. Do mesmo xeito, o decreto da eAdministración tamén regula a acreditación dixital de cidadáns e empregados públicos. Nesta liña a Xunta está a desenvolver o proxecto Kronos que dotará a un total de 3.000 empregados públicos de tarxeta con sinatura dixital no primeiro semestre de 2012, e da que dispoñen actualmente preto de 1.400 profesionais públicos. Outra das iniciativas postas en marcha no último ano foi a eliminación da publicación en papel do Diario Oficial de Galicia, o que permitiu simplificar os procesos de produción, reducir o tempo de edición, a racionalización do gasto e a difusión gratuíta do boletín. Esta medida posibilitou un aforro de 17
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
máis de 1.100.000 euros no tempo transcorrido desde o inicio do seu proceso de dixitalización. Finalmente sinalar a aprobación no 2011 do decreto que establece o marco xurídico do Sistema Único de Rexistro. Este decreto regula a organización e o funcionamento dos rexistros da Administración Xeral e das entidades públicas instrumentais galegas, aos efectos de impulsar a utilización de medios electrónicos baixo criterios de simplificación administrativa.
Presenza nas redes sociais Galicia aproba un decreto que regula a presenza da Administración en Internet co obxecto de garantir a transparencia informativa e impulsar a reutilización de información e a participación cidadá a través das redes sociais O portal da Xunta de Galicia conta con máis de 8.000 seguidores nas redes sociais e tivo máis de 12 millóns de visitas de 114 países O pasado mes de outubro foi aprobado o decreto que regula a presenza da Administración en Internet, situando a Galicia como a segunda comunidade autónoma que conta cunha norma destas características. O seu obxectivo principal é conseguir unha administración máis transparente e colaborativa, avanzando cara un Goberno aberto que promova unha participación efectiva a través das canles sociais e sente as bases dunha futura edemocracia. A Administración autonómica incrementou progresivamente a súa presenza nestas canles e actualmente conta con 101 canles en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo. O portal corporativo www.xunta.es conta con máis de 8.000 seguidores en Facebook e Twitter e con case 145.000 no total de canles que o conxunto das consellerías teñen nestas redes. Este decreto aborda tamén a reutilización de datos que obran en poder do sector público, ao impulsar o movemento Open Data na Xunta de Galicia. Esta medida constitúe un elemento xerador de emprego e riqueza ao abrir a 18
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
posibilidade de novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións, servizos e produtos en base a esta información. En liña cos obxectivos deste decreto, a Xunta de Galicia renovou a súa web de cabeceira para convertela nun espazo cada vez máis intuitivo, sinxelo e accesible ao cidadán acadando maiores cotas de interactividade e potenciando o uso das redes sociais como canle de diálogo. O portal da Xunta de Galicia, que en 2011 recibiu máis de 12 millóns de visitas de 114 países, é o terceiro máis accesible de todos os portais corporativos das Comunidades Autónomas, segundo o último informe do Observatorio de Accesibilidade do Ministerio Política Territorial e Administración Pública.
Servizos públicos e - Sanidade O 93% das receitas que se dispensan en Galicia xa se fan de maneira electrónica, 78 puntos porcentuais máis que no 2009 O 100% do persoal médico ten acceso á historia clínica electrónica (IANUS) Case o 95% da imaxe dixital é accesible desde IANUS, permitindo unha redución do custo de impresión de placas radiolóxicas de 2,7 millóns de euros anuais Case o 99% dos centros de saúde de toda Galicia xa dispoñen de servizos de telemedicina A implantación da e-receita constitúe un factor chave na mellora da calidade asistencial do paciente, ao permitir que este non teña que desprazarse ao centro de saúde para recoller as receitas dos fármacos xa prescritos. A este respecto máis do 99,7% da cidadanía benefíciase actualmente da súa implantación, pasando dun 15% de receitas dispensadas electronicamente no 2009 a un 93% a finais de 2011. Este proxecto supón a base sobre a que se sustenta o catálogo priorizado de medicamentos, que xunto con outras medidas levadas a cabo para a contención 19
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
do gasto farmacéutico, supuxo un aforro entre xaneiro e outubro por riba dos 84 millóns, situando Galicia como a Comunidade Autónoma que máis reduciu a súa factura farmacéutica nos dez primeiros meses do ano cun 10,57%, fronte á media do Estado que foi do 8,31%. En canto á imaxe dixital cómpre sinalar que actualmente a súa implantación acada case o 95%, mellorando a calidade da asistencia e diminuíndo os tempos de espera entre a realización da proba e interpretación radiolóxica desta. A súa implantación supón unha redución do custo de impresión de placas radiolóxicas de 2,7 millóns de euros anuais. A imaxe dixital de todas as probas radiolóxicas está a integrarse na historia clínica electrónica, á que xa desde o 2010 teñen acceso todos os profesionais e da que se beneficia case o 100% da poboación. Outra medida a destacar corresponde ao impulso que desde a Consellería de Sanidade se está a dar aos servizos de telemedicina. Mentres que no 2009 unicamente o 29% dos centros de saúde de Galicia dispoñían deste servizo, a día de hoxe case o 99% xa teñen implantado este sistema, redundando nunha mellor atención ao paciente evitando desprazamentos aos hospitais e a duplicidade de probas, axilizando o diagnóstico e reducindo as esperas. Por outra banda e como unha aposta por incentivar a participación cidadá no eido da saúde, creouse no 2009 a Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Esta iniciativa, que contou coa participación de máis de 3.500 persoas no 2011, realiza actividades tanto de xeito presencial como telemático orientadas a prover de información, formación, habilidades e coñecementos en procesos de saúde e de enfermidade a pacientes, coidadores e cidadáns co fin de mellorar a súa calidade de vida e potenciar a súa participación segura nas decisións sobre os seus procesos.
20
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
e – Benestar As persoas con discapacidade xa dispoñen de dispositivos tecnolóxicos adaptados as súas necesidades en 160 centros públicos da Xunta de Galicia En marcha un sistema de videointerpretación que porá a disposición de 84.000 persoas con discapacidades auditivas unha forma alternativa de acceder á información do 012 No ámbito do benestar, o Goberno galego segue a apostar por consolidar unha comunidade galega competente tecnoloxicamente que poida acceder de xeito igualitario aos contidos e servizos dixitais. Así a Xunta avanzou no desenvolvemento do proxecto TIC TAC Galicia, que dotado cun investimento de 820.000 euros, permitiu que no 2011 un total de 160 centros públicos pertencentes a distintas consellerías e departamentos autonómicos contasen con equipamento adaptado para persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora. Ademais a Xunta puxo en marcha un servizo de videointerpretación en lingua de signos que permite que as persoas con discapacidade auditiva poidan acceder á mesma información que se facilita a través do 012. Este servizo se ofrece de xeito presencial no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia e das delegacións e a través do portal corporativo. Galicia é a segunda Comunidade Autónoma que facilita esta prestación da que se poden beneficiar máis de 84.000 galegos e que permite eliminar as barreiras de comunicación existentes entre as persoas xordas e as persoas oíntes.
21
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
e - Educación e cultura O Proxecto Abalar xa dispón de máis de 1.400 aulas dixitalizadas e beneficia a máis de 31.600 alumnos O espazoAbalar conta con máis de 415.000 visitas, 900 recursos educativos e máis de 340.000 contidos descargados Aprobouse o proxecto de Lei de bibliotecas de Galicia que permitirá avanzar na idea dunha verdadeira biblioteca pública dixital Actualmente, no marco do proxecto Abalar, cóntase con máis de 1.400 aulas dixitalizadas pertencentes a 370 centros educativos repartidos polas catro provincias galegas, 784 aulas máis que con respecto ao 2010. Ademais, coa adscrición no último ano dos cursos de 6º Educación Primaria e 2º de Educación Secundaria ao plan, xa son máis de 31.600 os alumnos beneficiarios desta iniciativa, máis do dobre que a finais do 2010 (14.500). En paralelo, púxose en marcha o Programa Kits de Aula Dixital para os centros non Abalar, onde se dotou de 626 kits de aula dixital compostos por un encerado dixital interactivo, un proxector e un portátil de profesor en 547 centros. FASE II ABALAR.
FASE I ABALAR.
Centros educativos tradicionais
Antes de 2009
Definición da estratexia de modernización do sistema educativo galego
Curso 2009/2010
14.500 alumnos/as beneficiados, 700 aulas dixitalizadas en 297 centros educativos
31.500 alumnos/as beneficiados, 1.400 aulas dixitalizadas en 370 centros Abalar. 20.000 horas de formación. 900 recursos educativos 415.000 visitas ao espazoAbalar
4.000
Curso 2010/2011
Curso 2011/2012
Para garantir o éxito neste proceso e o uso eficaz dos recursos tecnolóxicos nas escolas, recibiron formación máis de 400 coordinadores e 8.000 profesores, impartíndose máis de 20.000 horas de formación. Adicionalmente, tamén se realizou formación destinada aos familiares e ao alumnado. Con todo, destácase a consolidación do espazoAbalar como punto de encontro na Rede de toda a Comunidade educativa que, un ano despois do seu lanzamento, conta con máis de 415.000 visitas, 900 recursos educativos e máis de 340.000 contidos descargados polos usuarios. Ademais neste período 22
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
foron rexistrados máis de 45.000 accesos por parte de pais e nais interesados en levar a cabo o seguimento académico dos seus fillos/as. Por outro lado, no eido cultural saliéntase o esforzo adicado a modernizar e potenciar o sistema bibliotecario galego. Con este fin aprobouse a finais de 2011 o anteproxecto de Lei de Bibliotecas que aposta, entre outros, pola dixitalización das coleccións, de xeito que se garante un uso universal e se preserve todo o material existente para as xeracións vindeiras. Neste sentido cabe destacar Galiciana, un sistema de almacenamento, xestión e difusión dixital que ofrece aos usuarios unha gran colección en rede de reproducións dixitais de documentos orixinais de bibliotecas de Galicia. A día de hoxe xa permite a consulta, lectura e descarga de 3.642 obras entre as que destacan 75 manuscritos, 3.139 libros impresos do século XV ao século XX, 260 cabeceiras da prensa galega e 186 de cartografía, entre outros. Esta fonte dixital está en continuo progreso e nela tamén se almacenan outros materiais como gravados, debuxos, carteis, fotografías, gravacións sonoras e gravacións audiovisuais.
e – Xustiza O Goberno galego investiu máis de 10,3 millóns de euros na mellora e renovación do equipamento e das infraestruturas tecnolóxicas do eido xudicial Instalouse unha rede de videoconferencia nas sedes xudiciais galegas Máis de 1 millón de notificacións realizáronse por vía telemática a través da aplicación Lexnet, dez veces máis que no 2009 Realizáronse preto de 800 actividades formativas que beneficiaron a case 4.000 profesionais do ámbito xudicial galego No 2010 a Xunta aprobou o Plan Senda 2014, que cun investimento de 34 millóns de euros, establece por primeira vez unha folla de ruta para a implantación das TIC na Xustiza. Desde a súa posta en marcha investíronse máis de 10, 3 millóns destinados á renovación do equipamento e das infraestruturas tecnolóxicas da Administración da Xustiza en Galicia. Entre as accións que se desenvolveron está a dotación dunha rede 23
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
de videoconferencia nos órganos xudiciais, á que hai que engadir as 500 licenzas de videoconferencia persoal, que darán servizo ao 63% das salas de vistas e ao 100% dos órganos preferentes (salas do penal, menores, violencia de xénero e vixilancia penitenciarias). Ademais renovouse o equipamento ofimático cunha antigüidade superior a 5 anos instalándose un total de 1.933 ordenadores nas sedes xudiciais de A Coruña, Ferrol, Santiago, Vigo e Pontevedra. Con esta actuación pasouse de dispor dun 37,4% de equipos renovados no 2009 a preto dun 85% a finais de 2011. Dentro do proxecto de modernización da Administración da Xustiza, os sistemas de información constitúen un piar fundamental polo que se tomaron medidas para consolidar o seu uso, favorecendo así o acceso da cidadanía e profesionais á información xudicial e aos servizos por medios telemáticos. Concretamente no 2010 implantouse o sistema Lexnet que permite o intercambio seguro de información a través da vía telemática entre xulgados, procuradores e avogados. A día de hoxe, todos os órganos xudiciais da provincia da Coruña, dispoñen deste sistema consolidándose o seu uso con máis de 1 millón de notificacións nesta provincia no último ano, un valor dez veces superior ao correspondente ao 2009. Por outra banda, estase a rematar a posta en marcha do sistema de Rexistro Civil en Liña (Inforeg) ao que teñen acceso xa o 99% dos Xulgados de Paz e completouse a formación aos usuarios destes organismos. Este sistema permite realizar de forma centralizada a inscrición e certificación de nacementos, matrimonios, defuncións e tutelas nos 45 Rexistos Civís municipais e nos 270 Xulgados de Paz repartidos por toda Galicia. Ademais, cabe destacar a implantación no 2011 do sistema informático Simelga, que permitirá dotar aos 109 profesionais do Imelga dun sistema de xestión dos procedementos do traballo forense co fin de garantir e simplificar o acceso á información e facilitar a homoxeneización dos criterios de recollida de información en todas as áreas do Instituto. No eido formativo e co fin de lograr a adaptación dos usuarios aos novos sistemas de información, o Plan Senda 2014 contempla unha liña específica de formación que supuxo a realización de case 800 actividades formativas impartidas nas catro provincias galegas, das que se beneficiaron preto de 4.000 usuarios.
24
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Formación dos empregados públicos Impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de 46.000 horas de formación orientadas ao desenvolvemento das competencias dixitais dos empregados públicos Aprobouse o decreto que regula a competencias dixitais en ofimática (CODIX)
certificación
de
No 2011 continuouse a impulsar a formación dos empregados públicos no eido das TIC co fin de avanzar cara unha administración máis eficaz que conte con profesionais máis capacitados dixitalmente. Así desde o 2010 impartíronse máis de 2.000 edicións formativas con máis de 46.000 horas de formación no eido das TIC orientados á aplicación das novas tecnoloxías nos diferentes servizos públicos como son a e-administración, a educación, a sanidade ou a xustiza. Ademais, no eido formativo cabe salientar a aprobación do decreto que regula o proceso para obter un certificado de competencias dixitais en ofimática (CODIX). Con este Decreto, a Administración autonómica establece un mecanismo normalizado de certificación de competencias dixitais en ofimática tanto para persoal das Administracións públicas como para o resto da cidadanía. Ademais, ofrece ás empresas e ás administracións públicas un estándar de referencia á hora de avaliar o nivel de competencia en ofimática das persoas empregadas e das que aspiran a un posto de traballo.
25
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Administración eficiente e austera A creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica agrupará baixo unha única dirección a 558 tecnólogos da Administración autonómica, e permitirá un aforro anual de 20 millóns de euros A integración das funcións de máis de 80 CPDs existentes ata agora nun único CPD permitirá un aforro anual de 3 millóns de euros Coa negociación conxunta de contratos públicos aforrarase un promedio de 37% nas licenzas de software e conseguirase que as operadoras invistan 4 millóns de euros na comunidade nos próximos 3 anos A rede de emerxencias única blindará as 24 horas a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican á emerxencia en Galicia O OSIMGA consolídase como órgano asesor único para a valoración da evolución da sociedade da información O Plan FLOSS da Xunta de Galicia permitiu desenvolver preto de 120 actuacións orientadas a impulsar o uso do software libre e de fontes abertas no sector empresarial e na sociedade en xeral En liña coas políticas actuais de austeridade e eficiencia aprobouse o pasado mes de decembro o Decreto polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O obxectivo é consolidar un modelo de xestión integrado das TIC na Administración autonómica, poñendo baixo a mesma dirección a 558 tecnólogos, suprimindo 15 departamentos administrativos e acadando un aforro de espazo do 40% e de custos do 20%, é dicir, 20 millóns de euros anuais. Unha estratexia que vai acompañada da consolidación e homoxeneización da infraestrutura tecnolóxica mediante a súa incorporación nun único CPD que dará servizo a toda a administración galega de forma centralizada e permitirá un aforro de custos de aproximadamente 3 millóns de euros.
26
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Do mesmo xeito esta iniciativa permitirá centralizar as compras tecnolóxicas. Así, mediante a agrupación de contratos de licenzas de software para as consellerías e organismos dependentes da Xunta de Galicia, conseguiranse mellorar as condicións de compras aforrando un promedio de 37% en tres anos. Ademais procedeuse á renegociación dos contratos de telecomunicacións conseguindo a conxelación das tarifas e que as operadoras invistan 4 millóns de euros na comunidade nos próximos 3 anos. Concretamente a operadora R destinará o 18% do importe do seu contrato de máis de 27 millóns de euros a investimentos nas telecomunicacións da Comunidade Autónoma, e Telefónica dedicará o 21% do seu contrato de máis de 6 millóns de euros a mellorar as telecomunicacións da Xunta de Galicia. A isto hai que engadir que tamén grazas á negociación con Telefónica a comezos de 2011, conseguiuse un aforro anual de 1,7 millóns de euros no custo das liñas telefónicas non integradas na rede corporativa da Administración. Como unha aposta máis para reaproveitar os recursos existentes e evitar duplicidades cabe salientar a creación en 2010 do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), que fusionou os dous observatorios existentes anteriormente (OGSI e OCEG) neste ámbito e consolidouse como o instrumento único para desenvolver estudos e análises de datos sobre a situación da sociedade da información en Galicia, a modernización administrativa e a administración electrónica. No ano 2011 o OSIMGA publicou 17 informes e realizou o seguemento de máis de 300 indicadores sobre equipamento e uso das TIC nas Empresas, no sector TIC, na administración electrónica nos concellos e na Xunta de Galicia e diversos estudos temáticos sobre software libre, banda larga e uso das TIC para a integración laboral das persoas con discapacidade. O OSIMGA monitoriza o estado da Sociedade da Información a través do seu Sistema de Indicadores no marco do III Plan Galego de Estatística 2007-2011. Durante este ano, o Observatorio acometeu unha serie de melloras estruturais na súa sede web (www.osimga.org), ofrecendo unha imaxe renovada. A web recibiu máis de 35.000 visitantes e conta con máis de 1.800 subscritores. O OSIMGA, contribuíu tamén á difusión da realidade das TIC en Galicia, a través da participación en 7 eventos e mediante a colaboración con máis de 20 entidades. Por outro lado e no camiño cara unha administración máis eficiente, a Xunta de Galicia está a traballar no despregamento dunha rede única de emerxencias que blindará a comunicación e a coordinación entre todas as persoas que se dedican á emerxencia en Galicia. 27
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
O número inicial de usuarios estimados entre efectivos de Protección Civil, Axega, Policía Autonómica, 112, Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Grumir, bombeiros e 061 é de cinco mil, aínda que prevese que chegue aos oito mil nun período de tres a cinco anos. Cun investimento de 6,5 millóns de euros e dotada coa tecnoloxía máis punteira en comunicacións, esta rede redundará non só nunha maior efectividade do corpos de seguridade e emerxencia, senón tamén nunha mellora das prestacións aos cidadán, que terán garantida, ante situacións de emerxencia, que todos os organismos involucrados poden traballar de forma coordinada, optimizando así os recursos existentes. Ademais, para crear a nova rede de emerxencias despregaranse infraestruturas de telecomunicacións para o que se aproveitarán as implantadas no marco do Plan de Banda Larga e as redes do operador público Retegal, permitindo un aforro adicional de 37 millóns de euros en 10 anos respecto ao uso de redes comerciais convencionais. Finalmente, outra das accións salientables corresponde ao pulo que desde a Xunta de Galicia se está a dar ao uso de Software Libre e Fontes Abertas (FLOSS) no sector empresarial e na sociedade en xeral. Así no 2010 a Xunta puxo en marcha un Plan de Software Libre que tivo continuidade no 2011. No marco deste Plan, dotado con 800.000 euros no 2010 e 865.000 no 2011, leváronse a cabo preto de 120 actuacións para o impulso do software libre en Galicia. Así creouse a Oficina de Coordinación FLOSS orientada a coordinar as diferentes accións promovidas pola Xunta de Galicia relativas ao fomento e promoción do FLOSS, publicáronse diversos estudos sectoriais específicos como o “Estudo comparativo de plataformas libres de comercio electrónico”, celebráronse distintas xornadas de difusión e formación en materia de software libre para a cidadanía, e asináronse convenios de colaboración coa Asociación Galega de Usuarios de Software Libre (AGUSL), coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) e coas universidades galegas. Co fin de impulsar o uso do software libre no ámbito empresarial, creouse un servizo integral ás pemes, no que se resolveron máis de cen peticións de servizo, e elaborouse o Catálogo de produtos e servizos de software libre para empresas destinado a facilitar o acceso das empresas a aquelas solucións tecnolóxicas do seu interese baseadas en software libre. Ademais das liñas de acción establecidas no Plan, a Xunta de Galicia continúa tomando decisións estratéxicas para desenvolver proxectos de calado baseados en software libre, apostando por este tipo de solucións en iniciativas como o desenvolvemento da eAdministración ou o proxecto 28
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Abalar así como na formación tecnolóxica que a Xunta ofrece as cidadáns a través da rede CeMIT e nas accións dirixidas ao sector empresarial a través do Centro Demostrador TIC. Neste eido cabe destacar que en marzo de 2011 tivo lugar a incorporación definitiva da Xunta de Galicia ao padroado da Fundación do Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información Comunicación baseadas en Fontes Abertas (CENATIC). Esta fundación ten entre os seus obxectivos principais promover o coñecemento e difusión do software libre na administración e nos diferentes sectores produtivos.
29
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
III.iii. DINAMIZACIÓN ECONÓMICA, CRECEMENTO E EMPREGO: ECONOMÍA DO COÑECEMENTO O Plan Estratéxico de Galicia recolle en dous dos seus eixos de actuación, “Dinamización económica, Crecemento e Emprego” e “Economía do Coñecemento”, unha aposta clara pola dinamización dos sectores produtivos, a creación de emprego, a mellora da competitividade así como polo apoio ao emprendemento e á internacionalización. Neste sentido a Axenda Dixital de Galicia conta con dúas liñas estratéxicas “Transforma TIC” e “EconomiC-IT” que impulsan decididamente ao sector da economía do coñecemento como sector estratéxico para Galicia e fomentan o emprego das TIC por parte das empresas galegas como factor clave para incrementar os seus niveis de produtividade e competitividade.
O Centro Demostrador TIC de Galicia No 2011 púxose en marcha o Centro Demostrador TIC: o escaparate tecnolóxico de Galicia O Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia (MapaTIC.gal) xa conta con máis de 130 provedores tecnolóxicos e case 300 solucións TIC O pasado mes de xuño tivo lugar a inauguración do Centro Demostrador TIC de Galicia. Ubicado no CNTG, este centro constitúe un punto de encontro entre a oferta do sector tecnolóxico de Galicia e a demanda tecnolóxica do tecido empresarial galego. Así, a actividade deste centro está orientada a achegar os produtos e servizos do sector TIC de Galicia ás empresas da nosa comunidade co fin de satisfacer as súas necesidades tecnolóxicas e incidir nunha mellora en termos de produtividade e competitividade. Desde a súa posta en marcha foron presentadas 20 solucións tecnolóxicas no centro e máis de 230 profesionais participaron nas súas actividades e se achegaron a coñecer as súas instalacións. Ademais, no marco deste proxecto, púxose en marcha o portal web do centro, onde ademais de atopar toda a actualidade do CDTIC, pódese acceder ao Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia: un directorio en liña completo e categorizado de provedores, 30
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
produtos e servizos TIC galegos facilmente localizables a través de criterios de busca intelixentes e precisos. A día de hoxe xa conta con máis de 130 provedores tecnolóxicos e case 300 solucións.
Compra Pública de Tecnoloxía Innovadora No 2010 elaborouse o “Mapa de Capacidades tecnolóxicas de Galicia no ámbito sociosanitario” que recolle o coñecemento e as capacidades tecnolóxicas dos axentes TIC galegos neste ámbito, agrupando un total de 162 proxectos desenvolvidos por 43 axentes No 2011 a Xunta de Galicia aposta por proxectos de I+D+i no ámbito sanitario, dotados cun total de 90 millóns de euros, para mellorar a asistencia sanitaria, crear emprego e mellorar a competitividade na nosa economía No ano 2010, e como unha das actuacións máis novidosas a nivel estatal, o Goberno Galego, decidiu apostar pola compra pública de tecnoloxía innovadora como unha iniciativa que permitira á Xunta de Galicia dotarse de solucións tecnolóxicas avanzadas para a prestación de servizos públicos sanitarios que melloren a calidade de vida dos galegos, e empregar o investimento público como catalizador da innovación neste sector. Como primeiro paso neste programa, elaborouse o “Mapa de capacidades tecnolóxicas de Galicia no ámbito sociosanitario”. Este documento constitúe unha recompilación exhaustiva de información dos 162 proxectos tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia no ámbito sanitario por parte dos grupos de investigación, os centros tecnolóxicos e o sector tecnolóxico empresarial de Galicia. A partires de aí levouse a cabo a definición e captación de financiamento para o desenvolvemento no eido sanitario dos proxectos INNOVASaúde e Hospital 2050. Por unha banda, o Proxecto INNOVA-Saúde que está dotado con 45 millóns de euros, engloba 14 proxectos centrados na mellora da prestación de servizos asistenciais, cun novo modelo de hospitalización e cun tratamento de procesos agudos. E pola outra, atópase o Proxecto HOSPITAL 2050, dotado con 45 millóns de euros e que vai permitir deseñar o hospital do futuro, un hospital máis eficiente, que vai consumir moita menos enerxía, que vai respectar en maior medida o medio ambiente e centrado no paciente.
31
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Este investimento público será un elemento importante de fomento da innovación tecnolóxica, ademais de favorecer a colaboración entre os axentes do sistema de I+D+i, a transferencia de tecnoloxía galega ao mercado, ao investimento privado en Galicia e a xeración de emprego cualificado. O desenvolvemento destas actuacións asentarán as bases das prestacións sanitarias e hospitais do futuro, en liña cos obxectivos recollidos na Estratexia Sergas 2014 así como situar Galicia como unha rexión referente no impulso de proxectos innovadores no ámbito da economía da saúde. Estes proxectos foron lanzados no marco da Plataforma de Innovación Sanitaria, que foi creada a comezos do 2011 co obxecto de modernizar a Sanidade pública a través da implantación de grandes e ambiciosos proxectos con alto valor engadido que se poidan desenvolver integramente en Galicia, co fin de xerar actividade económica na comunidade. Como outra aposta máis pola innovación neste ámbito cabe destacar no pasado mes de setembro a constitución do Clúster da saúde que permitirá ofrecer novas oportunidades de servizos para os usuarios a través da realización de proxectos de carácter innovador agrupando a empresas, centros de investigación, entidades e institucións relacionadas coa saúde e a sanidade.
Impulso económico para o desenvolvemento do sector da economía do coñecemento e a empresa dixital
A Xunta de Galicia investiu 30 millóns de euros para o desenvolvemento de grandes proxectos de I+D+i no eido tecnolóxico que mobilizarán investimentos duns 60 millóns de euros Activouse o Fondo I2C, un fondo de capital risco específico para empresas de base tecnolóxica dotado con 20 millóns de euros Nos anos 2010 e 2011, cunha achega da Xunta de Galicia de máis de 86 millóns de euros, mobilizáronse en total máis de 204 millóns de euros para potenciar o sector da economía do coñecemento e a empresa dixital O pasado ano aprobouse a convocatoria do programa FEDER -Innterconecta para Galicia, destinada a fomentar a investigación, o desenvolvemento e a cooperación público-privada en áreas tecnolóxicas estratéxicas para a nosa comunidade, como son as tecnoloxías de información e comunicacións.
32
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Ao ser proxectos de gran envergadura favorécese a mobilización dun importante capital privado. Así, cunha subvención pública de 30 millóns de euros mobilizarase un investimento total de 60 millóns de euros. Ademais a súa execución esixirá a colaboración entre axentes de I+D+i o que favorecerá a transferencia tecnolóxica das universidades e centros tecnolóxicos nos proxectos.
Xunta de Galicia
9M€ +
CDTI Investimento privado inducido
21 M €
=
+
60 M € de investimento tecnolóxico en Galicia
30 M €
st en marcha de proxectos Por outro lado e como un apoio mais á posta empresariais de base tecnolóxica, activouse o fondo i2C dotado con 20 millóns de euros, orientado especialmente ás pemes de sectores considerados estratéxicos na economía galega e cun claro perfil de crecemento. A execución de proxectos ao amparo dos fondos Feder- Innterconecta e i2C ofrecen grandes posibilidades para Galicia en tanto permite a realización de proxectos de alto impacto que repercuten directamente na nosa economía, potenciando o desenvolvemento das empresas galegas e estimulando a creación de emprego cualificado. Ao marxe destas iniciativas, nos anos 2010 e 2011 leváronse a cabo distintos programas de axudas tanto para impulsar o sector da economía do coñecemento como para fomentar a implantación das novas tecnoloxías nos sectores produtivos. Isto supón un investimento por parte da Xunta de máis de 86 millóns de euros, conseguindo mobilizar un capital privado de máis de 117 millóns de euros. Por tanto, un investimento total de case 205 millóns de euros cos que se subvencionaron máis de 1.400 proxectos de natureza tecnolóxica na nosa comunidade.
33
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Apoio ao emprendemento e á internacionalización A Xunta de Galicia está a impulsar decididamente a actividade emprendedora en Galicia en materia de novas tecnoloxías No 2012 elaborarase un Plan de Internacionalización específico para o sector TIC galego Desde a Xunta de Galicia estase a facer unha aposta firme polo apoio ao emprendemento TIC como aspecto chave para impulsar a economía galega e incrementar o nivel de emprego. Neste sentido cómpre destacar o papel do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), orientado a fomentar o espírito emprendedor, apoiar a creación de empresas, dotar os futuros empresarios dos coñecementos e habilidades necesarias para xestionar a súa empresa e apoiar a consolidación e innovación no tecido empresarial galego. Este organismo colaborou con Vindeira e outras entidades na organización no 2010 do I Encontro Vindeira Capital Network. Este evento anual que tamén aconteceu no 2011, ten como finalidade incentivar as relacións entre emprendedores TIC e entidades de capital risco e business angels co fin de facilitar aos emprendedores galegos o acceso a financiamento privado. Como un apoio máis á captación de financiamento para o desenvolvemento de proxectos empresariais, os emprendedores dispoñen do Fondo Emprende de XesGalicia, un fondo de capital risco dirixido especialmente a proxectos innovadores. Por outro lado e co fin de favorecer o emprendemento desde os primeiros anos, no 2010 aprobouse o Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende. Este Plan está recollido no Plan Estratéxico Galicia 2010-2014 e supón unha aposta clara e firme pola implantación da cultura emprendedora na comunidade educativa dos niveis non universitarios. Finalmente no eido do emprendemento cabe destacar unha das iniciativas máis relevantes postas en marcha no último ano: o Proxecto Nacce (Núcleo de Apoio á Competitividade e á Creación de Empresas TIC). Este proxecto conta cun orzamento de 1,18 millóns de euros e permitirá a formación de 350 emprendedores e empresas no sector TIC da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.
34
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Por outra banda, as políticas de impulso ao sector TIC levadas a cabo polo Goberno galego tamén pasan por dar apoio á internacionalización do mesmo co interese de fomentar a mobilidade, a comercialización dos seus produtos e servizos no estranxeiro e atraer investimento foráneo. Neste sentido, o Cluster TIC en colaboración coa Xunta de Galicia definirá o próximo ano un plan de internacionalización especificamente orientado ao sector TIC galego destinado a favorecer a súa promoción ao exterior.
As TIC no sector turístico Turgalicia consolida a súa presenza en internet como vía de difusión da riqueza turística de Galicia O Plan de Acción do Turismo 2010-2013 recolle como unha das actuacións a levar a cabo o establecemento de novas formas de promoción e comercialización das actividades culturais, sociais, deportivas, etc, que no marco do turismo se poden realizar en Galicia. Así, a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, puxo en marcha a mediados do 2010 unha central de reservas on-line, permitindo facilitar a relación entre os usuarios finais ou axencias e os establecementos rurais galegos. No primeiro ano de funcionamento facturou un total de 660.000 euros e xestionou 21.777 pernoitas nos distintos aloxamentos rurais de Galicia. Ademais ao longo de 2011 desenvolveuse unha estratexia global de comunicación a través das redes sociais, primeiro foi Facebook con máis de 10.000 seguidores, logo Twitter e Youtube e por último, cun blog co obxectivo de optimizar a relación cos usuarios da Internet de xeito que poidan obter a mellor comunicación institucional sobre os produtos e os servizos turísticos de Galicia. Cómpre destacar que Turgalicia foi a primeira entidade do seu ámbito en España en ampliar o seu Contact center cos servizos de community manager, de xeito que seis axentes que operan nos idiomas galego, castelán, inglés, francés e alemán, manteñen presenza nas redes sociais virtuais e na Internet en xeral para prescribir e facer suxestións on line sobre os recursos, produtos e servizos turísticos galegos.
35
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
As TIC no ámbito rural A Oficina Agraria Virtual pasou de recibir 30.000 visitas no 2010 a máis de 560.000 no 2011 No 2010 púxose en marcha a Oficina Agraria Virtual (OAV), que supón un importante avance nas relacións entre a Administración e os gandeiros ao permitir a estes últimos a identificación e rexistro das súas reses de forma telemática. Trátase dun sistema de identificación totalmente gratuíto, máis operativo e máis áxil que se traduce nun aforro de cinco millóns de euros para a Administración pública. A principios do 2011 empezou a funcionar de xeito xeralizado acadando a finais de ano máis de 560.000 visitas, centradas en tarefas de xestión da actividade cotiá dunha explotación. Delas, destacan as 434 mil altas por nacemento de gando e as 45.000 de duplicados crotais. Isto constitúe unha boa mostra do éxito que está a ter esta iniciativa tendo en daba os 30.000. conta que no 2010 o valor de rexistros na OAV só acadaba
As TIC e o mundo do mar Actualmente hai 31 terminais TIC PESC operativos, 25 máis que no 2010 A entidade pública Portos de Galicia está a por en marcha unha sede electrónica para axilizar a comunicación cos usuarios e empresas No 2011 impulsouse a dixitalización do rexistro de buques con porto base en Galicia para dotar o sector pesqueiro de información máis actualizada e a información histórica completa dende o ano 2004. Nesta labor de ofrecer unha información máis completa e detallada sobre a actividade pesqueira tamén cabe destacar a importante contribución de ferramentas como os terminais TICPESC instalados nos portos e que permiten obter os documentos relacionados coa actividade diaria da pesca, da acuicultura e da primeira venda. O número de terminais TIC operativas pasou de 6 no 2010 a 31 a finais de 2011, consolidando así a aposta da Consellería do Mar pola dixitalización 36
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
dos procesos nas lonxas para dotalas de máis autonomía e capacidade de autoxestión. Outra iniciativa a salientar no eido do mar é a correspondente á posta en marcha da sede electrónica de Portos de Galicia, que permitirá a comunicación telemática entre cidadáns, empresas e Portos de Galicia as 24 horas do día e os 7 días da semana. Así, a través de internet, poderán presentar e solicitar documentación oficial, presentar documentación para obtención de permisos ou asinar electronicamente documentos. Estas comunicacións terán a mesma validez que as realizadas de xeito presencial nas dependencias do ente, o que reducirá, para os usuarios que o desexen, a necesidade de desprazamentos para tramitacións.
As TIC no transporte 75.000 persoas xa contan coa Nova Tarxeta Metropolitana de Galicia A principios do ano 2011 púxose en marcha o Plan de Transporte Metropolitano, no que a Xunta de Galicia e os concellos das diferentes áreas metropolitanas colaboran co obxectivo de incentivar o uso do transporte público e mellorar a calidade e a eficiencia do servizo. Este Plan ten na Nova Tarxeta Metropolitana de Galicia un dos compoñentes básicos. Unha tarxeta electrónica que fai posible a consecución das novas vantaxes tarifarias como son o abaratamento do custo de viaxes, a despenalización dos transbordos ou os descontos por recorrencia. A finais do 2011, o número de tarxetas a disposición dos usuarios acadou as 75.000 unidades. Finalmente, salientar que o Consello de Goberno aprobou en setembro un convenio con outras 12 comunidades autónomas para o impulso de actuacións conxuntas para mellorar a oferta de transporte público a través da incorporación de sistemas tecnolóxicos. Neste sentido, as comunidades autónomas comprométense a intercambiar información sobre as aplicacións tecnolóxicas empregadas no eido do transporte público, tanto co obxecto de implantar novas como de mellorar as xa existentes así como a colaborar no desenvolvemento común e a implantación das novas tecnoloxías neste eido. 37
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
IV. Balance 2011 en cifras Nesta sección do balance detállanse os principais fitos alcanzados durante o ano 2011 coas cifras máis salientables, tanto en novas actuacións como en avances acadados o pasado ano nas iniciativas xa lanzadas anteriormente.
Cohesión social e equilibrio territorial
Vertebración territorial A cobertura acadada co Plan Banda Larga alcanzou o 88,64% da poboación galega Ano 2012
Lanzamento dunha nova actuación do PDBL: despregue de redes sen fíos de tecnoloxía 3G no rural galego Setembro de 2011
% Poboación galega con acceso á banda larga
88,64%
Poboación total cuberta no Plan Banda Larga
2.481.811
Aumento na poboación cuberta con 3G no último cuadrimestre 2011
98.614
Poboación total cuberta mediante redes sen fíos
360.782
38
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Elaboración do anteproxecto de Lei de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia Decembro de 2011
Programa de axudas para facilitar a contratación de internet ás familias galegas con menos recursos
% subvención do custe da tarifa mensual
40%
Duración máxima da subvención
1 ano
Contía máxima da axuda
180 €
Renda per capita máxima das familias posibles beneficiarias
9.000 €
Decembro de 2011
39
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Inclusión social dixital Posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT)
Número de concellos adheridos á Rede CeMIT
92
Cursos de formación impartidos no 2011
2.116
Horas de formación realizadas no 2011
18.047
Número de beneficiarios dos cursos de formación no 2011
10.183
Número de entidades participantes
57
Número de voluntarios participantes
133
Marzo de 2011
Posta en marcha do Voluntariado Dixital: inclusión social coas TIC como ferramenta Finais de 2011
40
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Administración austera, eficiente e próxima ao cidadán
Servizos públicos
Innovación para mellorar a asistencia sanitaria: Hospital 2050 e INNOVASaúde Decembro de 2011
Dotación total dos proxectos da Plataforma de Innovación Sanitaria postos en marcha no 2011
90 millóns €
Dóbrase o número de aulas dixitalizadas e de alumnos beneficiarios no marco do Proxecto Abalar
Número de novos centros integrados no Proxecto Abalar no 2011
77
Ano 2011
Número de novas aulas dixitalizadas no Proxecto Abalar no 2011
784
Número de aulas dixitalizadas mediante Kits de Aula Dixital no 2011
626
Número de novos alumnos beneficiarios do Proxecto Abalar no 2011
17.117
41
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Novas ferramentas electrónicas para incrementar a eficiencia na Administración de Xustiza: nova rede de videoconferencia e equipamento informático renovado Ano 2011
Número de sistemas de videoconferencia en órganos xudiciais
55
Número de ordenadores renovados nas sedes xudiciais
1.271
% de equipamento con antigüidade menor de 5 anos
84,4%
Investimento total no 2011 na mellora e renovación do equipamento e das infraestruturas tecnolóxicas xudiciais
5,5 millóns €
42
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
eAdministración Entrada en funcionamento da sede electrónica da Xunta Setembro de 2011
Dixitalización Galicia
do
Diario
Oficial
229
% de procedementos con presentación telemática dispoñible na sede electrónica
16%
Aforro conseguido no 2011 coa eliminación da publicación en papel do DOG
1.100.000 €
Aforro económico anual coa eliminación da publicación en papel do DOG
máis dun millón €
% dos procesos de licitación realizados por vía telemática
14,71%
de
Maio de 2011
Desenvolvemento do Sistema Licitación Electrónica (SILEX)
Número de procedementos con presentación telemática dispoñible na sede electrónica
de
Maio de 2011
43
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Aprobación do Decreto que regula a presenza da Administración en Internet Outubro de 2011
Posición de Galicia no ranking de administracións autonómicas que contan cunha norma que regule a súa presenza en Internet
2ª
Posición de Galicia no ranking de accesibilidade das páxinas web das comunidades autónomas
3ª
Renovación do portal da Xunta facéndoo o terceiro máis accesible de todos os portais corporativos das CC.AA Outubro de 2011
44
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Aprobación do Decreto que establece o Sistema Único de Rexistro da Administración xeral de Galicia Outubro de 2011
Formación dos empregados públicos Aprobación do Decreto que regula a certificación de competencias dixitais en ofimática (CODIX) Novembro de 2011
Número de actividades formativas impartidas
máis de 1.700
Número de horas formativas impartidas
máis de 31.400
45
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Administración eficiente e austera Creación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
% de aforro de espazo acadado coa creación da AMTEGA
40%
% de aforro de custos acadado coa creación da AMTEGA
20%
Aforro económico anual acadado coa creación da AMTEGA
20 millóns €
Investimento total na Rede de emerxencias de Galicia
6.525.000 €
Achega de Red.es ao investimento total na Rede
máis de 4,5 millóns €
Achega da Xunta de Galicia ao investimento total na Rede
case 2 millóns €
Decembro de 2011
Captación de investimento para o futuro despregue da Rede de emerxencias de Galicia Novembro de 2011
46
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Dinamización económica, crecemento e emprego
Economía do Coñecemento
Aprobación da convocatoria do 2012 do programa FEDER – Interconnecta para Galicia Outubro de 2011
Subvención pública da convocatoria 2012 do programa FEDER Interconnecta para Galicia
30 millóns €
Investimento estimado total a mobilizar coa convocatoria 2012 do programa FEDER Interconnecta para Galicia
60 millóns €
Dotación total dos proxectos da Plataforma de Innovación Sanitaria postos en marcha no 2011
90 millóns €
Posta en marcha de dous proxectos innovadores no marco da Plataforma de Innovación Sanitaria dotados con 90 millóns de euros Decembro de 2011
47
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Posta en marcha do Centro Demostrador TIC: o escaparate tecnolóxico de Galicia Xuño de 2011
Número de solucións tecnolóxicas presentadas no CD TIC
20
Número de provedores do Catálogo de Solucións TIC
138
Número de persoas asistentas nas actividades do CD TIC
238
Orzamento inicial do fondo de capital risco para proxectos empresariais de base tecnolóxica do I2C
20 millóns €
Creación do Fondo Tecnolóxico I2C Novembro de 2011
Comezo da elaboración dun Plan de Internacionalización do sector TIC galego Finais de 2011
48
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
Desenvolvemento do Proxecto NACCE: Núcleo de Apoio á Competitividade e a Creación de Empresas TIC Outubro de 2011
Dotación total do Proxecto NACCE
1,18 millóns €
Número de emprendedores e empresas que recibirán formación
350
49
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
V. Balance económico Mobilizáronse máis de 660 millóns de euros para o desenvolvemento das actuacións enmarcadas da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal Cunha achega da Xunta de Galicia de 506 millóns de euros no período 2009 - 2011, mobilizáronse case 154 millóns de euros de investimento privado, o que fai un total de máis de 660 millóns de euros de investimento para o desenvolvemento das diferentes actuacións derivadas da Axenda Dixital de Galicia. Neste período, o ámbito cun maior investimento total foi o correspondente ao desenvolvemento dunha administración máis austera e eficiente, seguida do eido relativo ás infraestruturas de telecomunicacións. Liñas Estratéxicas
Orzamento Executado
Investimento Inducido
Investimento total
(achega privada) L1- Administración intelixente 243.377.717 €
-
243.377.717 €
L3- Cidadanía dixital
36.321.977 €
489.934 €
36.811.911 €
L4- Transforma TIC
66.295.075 €
64.815.483 €
131.110.558 €
L5- Economic-IT
58.882.091 €
39.665.351€
98.547.442 €
L6- InfraTeleCom
100.558.239 €
48.918.106 €
149.476.345 €
913.262 €
-
913.262 €
L2- Administración eficiente
L7-Medidas instrumentais Total
506. 348.361 €
153.888.874 €
660.237.235 €
As liñas estratéxicas que mobilizaron maior investimento privado son as correspondentes ao desenvolvemento das infraestruturas de telecomunicacións e ao impulso do sector da economía do coñecemento. Concretamente, conseguiuse que se investiran case 49 millóns por parte da iniciativa privada para o desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións a partir dun investimento público de 38,5 millóns de euros. Isto supón, ata a día de hoxe, un investimento total de case 87,5 50
2014.gal Axenda Dixital de Galicia. Balance 2009-2011
millóns de euros para a extensión de redes de telecomunicacións na nosa comunidade. No tocante a ao desenvolvemento do sector da economía do coñecemento o investimento da Xunta de Galicia ascendeu a 66 millóns de euros. Con este investimento mobilizouse un capital privado de máis de 64 millóns de euros, e por tanto conseguiuse un investimento total de máis de 130 millóns de euros.
51