Xuntanza, seguimento e actuacións para o impulso ao software libre en Galicia

Page 1

Xuntanza Seguimento Actuacións para o impulso ao Software libre en Galicia Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica 30 de xullo de 2009


ÍNDICE  Xuntanza seguimento actuacións SFL en Galicia  O Software libre en Galicia  Obxectivos clave identificados

 Liñas de Actuación

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 2


Xuntanza seguimento actuacións É obxectivo do Goberno galego o impulso á implantación de software libre e o uso de estándares abertos na nosa Comunidade, establecendo mecanismos que faciliten a compartición e reutilización do software, baseándose nun modelo de traballo colaborativo, compartido, aberto e estandarizado.

Xuntanza cos axentes que están a colaborar coa administración autonómica nas actuacións para o impulso ao software libre na nosa Comunidade:

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 3


O Software libre en Galicia Dende a posta en marcha da iniciativa Galega polo software libre, son moitas as iniciativas levadas a cabo, por parte das diferentes institución e comunidades de usuarios que colaboran coa administración autonómica, incidindo en diferentes ámbitos de actuación:

-Desenvolvemento e implantación de solucións baseadas en SL (Repositorio Galego) -Localización (fomentando a traducción de software ao galego) -Formación e soporte aos usuarios -Difusión e Colaboración con entidades e institucións nacionais e internacionais

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 4


O Software libre en Galicia Actualmente existen importantes fortalezas en Galicia:

-

Tecido asociativo do software libre en crecemento: Empresarial (AGASOL) e voluntariado (Grupo galego de usuarios de GNU/Linux e Comunidade de voluntarios de traductores ao galego)

-

Creación de empresas novas con servizos de Software libre (73 empresas rexistradas)

Sen embargo, é preciso dinamizar certos aspectos que requiren unha especial atención:

-

Impulsar unha oferta de solucións libres de calidade, facendo fincapé en dar resposta a determinados sectores estratéxicos.

-

Impulsar a implantación efectiva dos estándares abertos, que permitan a coexistencia cos aplicativos de software propietario.

-

Fortalecer os mecanismos de formación e difusión respecto aos modelos de desenvolvemento de Software libre e a súas vantaxes competitivas.

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 5


Líñas de Actuación Área de Desenvolvemento e Investigación:  Achegar o Software Libre á Peme galega, potenciando o desenvolvemento da industria TIC local. 

Creación dun Centro Demostrador de produtos de Software Libre que permita dar a coñecer casos de éxito en sectores concretos.

Creación dun Servicio Integral á Peme, sectorizando solucións baseadas en Software Libre, traballando coas empresas para analizar en que liñas ten mais senso o uso do Software Libre, e facilitando o soporte e mantemento de ditas solucións.

Estudo comparativo sobre software de xestión empresarial para a mellora competitiva da industria galega, identificando ámbitos clave de actuación.

 Establecemento de liñas de colaboración coas universidades así como con outros centros e organismos para a investigación no campo do software libre aplicado aos sectores produtivos estratéxicos de Galicia.

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 6


Áreas de Actuación Área de Desenvolvemento e Investigación  Fomento do Repositorio de software Libre en Galicia, como ferramenta estratéxica para o desenvolvemento do software libre en Galicia.

 Impulso á implantación efectiva dos estándares abertos.  Neste marco de actuación a Xunta de Galicia: 

Porá en marcha o procedemento para licenciar como software de fontes abertas, o software desenvolto con fondos públicos e que sexa propiedade da administración autonómica, de xeito que esté á disposición daquelas administracións e organismos que amose interese nestes desenvolvementos.

Empregará documentos baseados en estándares abertos como política do Goberno nas súas comunicacións coa cidadanía. E establecerá de xeito progresivo o uso de estándares abertos tamén nas comunicacións internas da Xunta de Galicia.

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 7


Áreas de Actuación Área de Formación e Divulgación  Establecemento dun plan de acción a medio – longo prazo coas institucións interesadas no desenvolvemento do Software Libre (universidades, grupos e comunidades de usuarios de software libre, asociacións, centros tecnolóxicos, CESGA, etc.)  Colaboración con outros organismos para a coordinación de accións formativas no ámbito de estándares abertos e software libre á sociedade e ás empresas: 

Formación á Sociedade a través da Rede de telecentros

Establecemento de programas formativos ao empresariado: • Sector TIC: Capacitación ás empresas, establecemento de modelo de colaboración con CENATIC e MORFEO.

• Sector Non TIC: colaboración con institucións intermedias: clusters, plataformas, asociaciones, confederación de empresarios,...

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 8


Áreas de Actuación Área de Formación e Divulgación  Colaboración coa Consellería de Educación para: 

A formación ao profesorado de primaria e secundaria nos usos didácticos das ferramentas libres

Elaboración de contidos dixitais orientados ao teleensino como apoio aos programas educativos.

Fomento das iniciativas de tradución ao galego das ferramentas de Software Libre e promoción do mantemento destas traducións nas sucesivas versións dos produtos, contando co apoio de Política Lingüística.

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 9


O pulo ao sector TIC dende…  O contacto directo e contínuo co empresariado é clave para orientar axeitadamente as políticas tecnolóxicas, facendoo partícipe das mesmas.  Un liderado integrador, debemos desterrar o individualismo, así como a resistencia das empresas a innovar  Favorecer lugares de encontro entre as TIC e os diferentes ámbitos produtivos, …dar a coñecer o que se pode atopar en Galicia

É preciso deseñar e por en marcha un plan efectivo de excelencia empresarial sustentado no desenvolvemento e impulso da innovación, a cooperación e a mellora formativa de empresarios e traballadores.

Resumo executivo – Áreas de Actuación Software Libre | 10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.