Proxecto de elaboraci贸n do Plan Director de Telecomunicaci贸ns de Banda Larga en Galicia.
Setembro 2009
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 2
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 3
1. Contexto e motivación da Banda Larga Necesidade dun Plan Director de Banda Larga en Galicia Para conseguir a capacidade de acceso de todos os galegos á Sociedade da Información é imprescindible garantir que as infraestruturas de telecomunicacións proporcionen o acceso a ditas condicións, xa que constitúen a base material sobre a que se apoian as redes de transmisión da información: “Sen infraestruturas de telecomunicación non hai posibilidade de acceder á Sociedade da Información” Actualmente Galicia carece dun plan que estableza estratexia, actuacións e modelo de xestión en materia de despregamento de infraestruturas de telecomunicacións, o que contribuíu a colocar a mesma na cola en diferentes indicadores en materia de Sociedade da Información. ~ 40% da poboación dos concellos rurais sen banda larga
Cobertura estimada: 0-20% Cobertura estimada: 20-40%
Galicia á cola en porcentaxe de fogares con acceso á banda larga
…
…
Cobertura estimada: 40-60% Cobertura estimada: 60-80% Cobertura estimada: 80-100%
Índice de cobertura estimativa de banda Larga por Concellos, Fonte:Informe seguimento PEGSI 2008
Fogares con acceso a banda Larga, Fonte:INE - 2008
| 4
1. Contexto e motivación da Banda Larga Necesidade dun Plan Director de Banda Larga en Galicia Neste contexto, é fundamental que a Administración actúe como elemento tractor no impulso e implantación da Sociedade da Información, e en concreto, das infraestruturas que facilitan o acceso á banda larga. A Xunta de Galicia debe asumir un papel dinamizador que fomente a coordinación de todos os axentes implicados, asegure un despregue de forma ordenada e eficiente, e promova a optimización na utilización dos recursos para minimizar tempos e custos. A elaboración do primeiro Plan Director de Banda Larga de Galicia liderado pola Xunta de Galicia daría resposta ás recomendacións da Unión Europea nas que se deixa claro que as autoridades rexionais e locais son as que están mellor situadas para planificar os proxectos de banda larga, e nas que se avala a participación pública en proxectos de extensión de infraestruturas de banda Larga en zonas infraservidas, como é o caso do medio rural.
Operadores de rede
…
Concellos, deputacións
Outras entidades privadas
…
| 5
1. Contexto e motivación da Banda Larga Necesidade dun Plan Director de Banda Larga en Galicia Por tanto, o Plan Director de Banda Larga de Galicia é un instrumento esencial e necesario para a definición das políticas de infraestruturas de Galicia que permitiría, entre outros: Impulsar unha estratexia global, encamiñada a situar a Galicia no núcleo avanzado da Sociedade da Información. Garantir a capacidade de acceso dos galegos á Sociedade da Información baixo condicións de homoxeneización de calidade de servizo e custo. Asegurar a vertebración dixital do noso territorio, como elemento de compensación de desequilibrios culturais, tecnolóxicos e socioeconómico, de inclusión social e de eliminación da fenda dixital. Extraer o máximo aproveitamento das posibilidades das novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e innovación nos diferentes sectores produtivos e como medio para promover a equidade, a sustentabilidade e a calidade dos servizos públicos. Impulsar a modernización da administración pública autonómica e local, empregando toda a potencialidade que ofrece hoxe a tecnoloxía.
| 6
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 7
2. O Plan Director de Banda Larga En que consiste o Plan Director de Banda Larga O Plan Director de Banda Larga de Galicia terá como obxectivo presentar o estado actual das infraestruturas de telecomunicacións en Galicia, definir o escenario futuro das mesmas e o investimento requirido para acadar o grao de desenvolvemento previsto, dando resposta ás necesidades da sociedade galega.
Plan Director de Banda Larga de Galicia
Marco estratéxico e escenario obxectivo Obxectivos estratéxicos e directrices de actuación
Escenario futuro de infraestruturas e servizos
Plan operativo
Plan de actuacións
Modelo económico
Modelo de despregamento
| 8
2. O Plan Director de Banda Larga En que consiste o Plan Director de Banda Larga Marco estratéxico e escenario obxectivo
Obxectivos estratéxicos e directrices de actuación Establecemento e definición do marco estratéxico -misión e obxectivos estratéxicos-, que estableza as políticas da Xunta de Galicia en materia de infraestruturas e marque os obxectivos e compromisos esenciais de referencia para o desenvolvemento do Plan Director de Banda Larga.
Escenario futuro de infraestruturas e servizos Definición dun escenario futuro para as diferentes tipoloxías de servizo de banda larga que contemple unha estratexia de evolución tecnolóxica e de actualización das infraestruturas que permita dispor dun modelo de desenvolvemento e implantación optimizado, e coa pretensión de asegurar a vertebración das redes de telecomunicación ofrecendo cobertura de banda larga ás zonas que actualmente carecen dela. Chegar coa banda
larga ás zonas sen cobertura
O TIV A R ST U IL
Fibra ADSL WIMAX 3G actual
| 9
2. O Plan Director de Banda Larga En que consiste o Plan Director de Banda Larga Plan operativo
Plan de actuacións
Cobertura banda larga 85% despregamento WIMAX nivel 1
Definición dun plan de despregamento de infraestruturas e servizos detallado que dea resposta ás prioridades establecidas, establecendo obxectivos de cobertura e identificando as tecnoloxías recomendables. Tamén recollerá as medidas de acompañamento necesarias.
Definición do plan de investimentos en detalle, de xeito que permita coñecer o investimento asociado á posta en marcha das actuacións de despregamento e das medidas de acompañamento que se definan.
Cobertura banda larga 93% despregamento fibra nivel 2
DEC 2011
DEC- 2010 despregamento ADSL nivel 1
despregamento ADSL nivel 2
despregamento WIMAX nivel 2
RA ST ILU
Xunta
Equipamento
Estacións Base, Rede de Transporte Rede de ASNGateway
K€ %
O TIV
Operadora privada
26.332,1
26.716,7
51,9%
46,0%
19.715,0 38,9%
28.211,0 48,6%
CSN, IMS Ferramentas, repostos
Emprazamentos
Servizos Total
Modelo económico
despregamento fibra nivel 1
Fibra Construción novos Indoor
K€
Construción novos Outdoor
%
Adecuación existentes Servizos Instalación BTS, Radio Frecuencia Instalación Rede de Transporte Servizos de O&M, Adestramento e Project Management
K€ %
K€
4.691,0 9,2%
52.738,6
IVO 5.116,7 AT TR 8,8% S ILU 60.044,4
| 10
2. O Plan Director de Banda Larga En que consiste o Plan Director de Banda Larga Modelo operativo
Filantropía Pura
Modelo de despregamento Dende a administración pública débese velar por garantir o despregamento de banda larga en zonas de competencia imperfecta, onde os operadores non chegan por falta de beneficios económicos. Tal é o caso de moitas zonas do medio rural. Para iso, deberanse levar a cabo accións directas por parte da Xunta de Galicia sobre ditas zonas, articulando as mesmas mediante o modelo de despregamento máis axeitado e o escenario de cooperación público-privada máis propicio; elementos que haberá que analizar como parte do plan:
Combinado do beneficio social e o beneficio económico
Eficiencia Económica
Beneficio Social
Universalización do servizo
Eliminación da fenda dixital
Tarifas do servizo adsequibles
RA ST ILU
O TIV Negocio Puro
Ben eficio económico
Fonte. “The Competitive Advantage of Corporate Philanthropy”
Xestión da demanda
∆Beneficio do Cidadán Beneficio Social (Derivado da xestión da entidade
Asesoramento e research
Definición e análise de valor
Soporte a actividades
Monitorización e evaluación
Hitos e Obxectivos Indicadores Chave (KPIs) Métricas de Servizo (ANS)
Priorizar
R ST ILU
Guiar a execución
Expectativas
Reporting Alta Dirección
Metodoloxía e calidade
Mellorar e realinear
Planificar
(Derivado do Operador Privado)
Oficina Técnica
Definición de obxetivos estratéxicos
Medir logros
Beneficio Económico
Nivel Estratéxico
IVO AT
Seguimento e control
Pública)
Nivel táctico e operativo Grupos de traballo Grupo 1
Grupo 2
…
Grupo n
| 11
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 12
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Esquema de elaboración A elaboración do Plan Director de Banda Larga de Galicia debe seguir as fases do seguinte esquema: Detalle de todos os elementos de demanda existentes en Galicia.
Elaboración e aplicación de algoritmos que permitan determinar as prioridades de cobertura.
F1 - Recompilación
demanda potencial
Pública
Residencial
Plan Director de Telecomunicacións
Empresarial
F3 - Priorización Detalle de elementos de infraestructura tanto civil como de telecomunicacións existentes en Galicia. Análise comparativa de demanda vs. oferta de infraestrutura.
infraestruturas
Públicas
Priorización de zonas de cobertura
plan de despregamento medidas de acompañamento
Operadores
F2 - Análise
Análise demanda vs. infraestrutura F4 – Factores de contorno
Análise de factores de contorno
F1 F2
F3
Análise de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta de Galicia.
F4 | 13
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Demanda
F1 F3 F2 F4
Para dar un carácter totalmente transversal ao Plan Director de Banda Larga, na súa elaboración considerarase toda a tipoloxía e conxunto de elementos de demanda de banda larga existentes en Galicia, segundo unha triple óptica:
Sector empresarial Agregación da demanda do sector empresarial: Polígonos empresariais, cooperativas, cofrarías, farmacias, centros tecnolóxicos, parques tecnolóxicos, … Agregación da demanda do sector público -Xunta de Galicia: Centros de saúde, consultorios, centros educativos, xulgados de paz, oficinas de emprego, centros culturais, cofrarías, oficinas de turismo, oficinas agrarias comarcais, …
Demanda potencial Sector Público
Sector Residencial Agregación da demanda do sector residencial: Núcleos de poboación de todos os concellos.
Agregación da demanda do sector público Deputacións e Concellos: Bibliotecas, museos, servizos sociais de base, …
| 14
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Demanda
F1 F3 F2 F4
Sector público Para considerar un mapa completo de elementos demandantes e representar a todos os ámbitos da sociedade teranse en conta todas as Consellerías pertencentes á Xunta de Galicia e os elementos vinculados a cada unha destas, así como as deputacións, concellos e organismos ou entidades públicas de ámbito local ou provincial.
centros educativos
centros culturais Mapa de agregación de demanda do sector público
hospitais, centros de saúde,…
oficinas de emprego
xuzgados de paz
…
IVO AT TIVO R US ST ILU EXHA N NO
…
Deputacións, concellos e organismos ou entidades públicas de ámbito provincial ou local;
museos
bibliotecas
casas consistoriais
| 15
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Directior de Banda Larga– Demanda
F1 F3 F2 F4
Sector empresarial Consideraranse todos os elementos demandantes do sector empresarial:
transporte
servizos financeiros
gandería
construción
farmacias
industria
Mapa de agregación de demanda do sector empresarial
agricultura
servizos empresariais
…
aloxamento e comercio
Incluíndo ademais: Polígonos empresariais Cooperativas Confrarías Centros tecnolóxicos Parques tecnolóxicos Cámaras de comercio Confederacións de empresarios …
pesca
| 16
2. O Plan Director de Banda Larga F1 F3 F2 F4
Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Demanda
Sector residencial
Considéranse todos os núcleos de poboación asociados a cada un dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mapa de agregación de demanda do sector residencial
Analizando a demanda para cada entidade de poboación dos máis de 30.000 núcleos existentes en Galicia.
Todo co obxectivo de que o Plan Director de Banda Larga facilite a inclusión social e diminúa a fenda dixital xa que, actualmente existe unha importante falta de cobertura de banda larga especialmente nas zonas rurais.
| 17
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga – Demanda
F1 F3 F2 F4
A suma dos mapas de demanda anteriores dará lugar a un mapa completo de agregación da demanda potencial para cada concello de Galicia, o que permitirá asegurar a inclusión no acceso á banda larga da sociedade galega.
Agregación da demanda potencial: Demanda total do concello:
Sector Empresarial
Sector Público
+
Sector Residencial
+ O TIV A R ST U IL
| 18
3. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Infraestruturas
F1 F3 F2 F4
Co obxectivo de conseguir coordinación e eficiencia no futuro despregamento de infraestruturas de banda larga contemplaranse todas as infraestruturas, tanto a nivel civil (canalizacións, acometidas enerxéticas, casetas, torres,…) como a nivel de telecomunicacións (fibra activa, fibra escura, antenas, equipos transmisores,…), existentes en Galicia, xa sexan de carácter público ou privado: Xunta de Galicia
Operadores privados
…
…
DX Montes
Concellos e deputacións
Outras entidades privadas
…
Concellos
Agregación de infraestruturas: CESGA
RETEGAL
+
Deputacións Op. privados
+
+
+
…
O TIV A R ST U IL Mapa completo de infraestruturas de Galicia
| 19
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Demanda vs. Infraest.
F1 F3 F2 F4
A representación mediante unha ferramenta GIS da demanda potencial total e as infraestruturas actuais de Galicia permitirá distinguir tres tipos de zonas, as que actualmente dispoñen de cobertura total de banda larga, as que dispoñen de cobertura parcial e as que non dispoñen de cobertura.
Demanda vs. Infraestrutura: Demanda potencial
Infraestruturas actuais
vs.
Zonas demandantes de banda larga
O TIV A R ST U L I
| 20
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga – Priorización
F1 F3 F2 F4
Sobre o resultado da representación GIS e como pedra angular sobre a que pivota o Plan Director de de Banda Larga definiranse regras ou algoritmos que permitan identificar obxectivamente e de xeito cuantitativo diferentes niveis de necesidade de cobertura de servizos de banda larga e por tanto levar a cabo a priorización necesaria no despregue: Mapa de zonas de demanda
Mapa de zonas de demanda priorizadas
Algoritmo de priorización
Zonas demandantes de banda Larga
ILU
O TIV A R ST
ILU
O TIV A R ST Zona Nivel 1 Zona Nivel 2 Zona Nivel 3
| 21
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Paln Director de Banda Larga– Factores de contorno
F1 F3 F2 F4
A elaboración do Plan Director de Banda Larga non é tan só un plan de despregamento de infraestruturas, deben tamén terse en conta unha serie de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta de Galicia en xeral, e en particular do despregamento de infraestruturas. Esta análise permitirá definir as medidas de acompañamento ao propio plan de despregue que sexan necesarias para favorecer o mesmo. Así, débense contemplar cando menos: Aspectos normativos aplicables. T US L I
Tendencias tecnolóxicas actuais
Impacto medioambiental
TI A R
Compartición de infraestruturas
VO
…
ICT’s Incentivos para a demanda | 22
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do Plan Director de Banda Larga– Factores de contorno
F1 F3 F2 F4
Medidas encamiñadas a minimizar o impacto medioambiental Implementaranse medidas que favorezan a integración das antenas en emprazamentos da contorna tanto urbana como rural, co obxectivo minimizar o impacto ambiental (compartición, mimetización, reutilización,…).
Medidas encamiñadas á compartición de infraestruturas Definiranse medidas para a compartición de infraestruturas, xa que pode facilitar o despregamento ademais de minimizar tempos e custos derivados do mesmo.
Tendencias tecnolóxicas actuais As tecnoloxías actuais están evolucionando de cara a modelos que permiten maior ancho de banda e por tanto maior calidade de servizo. Implementaranse medidas para ter en conta as tendencias de evolución nas mesmas xa que poden ser as solucións do futuro despregue en Galicia.
| 23
2. O Plan Director de Banda Larga Elaboración do plan Director de Banda Larga– Factores de contorno
F1 F3 F2 F4
Accións sobre a normativa aplicable A normativa ten un impacto decisivo no ritmo de despregamento de novas redes de telecomunicacións, no nivel de desenvolvemento de novos servizos, e, consecuentemente, no acceso dos cidadáns a eses novos servizos de telecomunicacións. Por estes motivos, avaliarase a o establecemento de actuacións neste ámbito que favorezan o despregamento.
Incentivos para a demanda A infraestrutura non serve de nada se non existe demanda de servizos. Por este motivo, débense definir actuacións que equilibren o despregamento e a demanda.
Infraestruturas Comúns de Telecomunicación (ICT) As vivendas equipadas con ICT son actualmente minoría. Dado que a ICT é a chave coa que os cidadáns acceden ás redes de telecomunicación, definiranse medidas para paliar esta problemática.
| 24
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 25
3. Calendario Previsión A continuación, preséntase o calendario previsto para abordar os próximos pasos de cara á licitación, elaboración e posterior despregamento do Plan Director de Banda Larga de Galicia.
...
outubro’09
decembro’09
xaneiro’10
...
Plan Director de Banda Ancha de Galicia
Marco estratéxico e escenario obxectivo Obxectivos estratéxicos e directrices de actuación
Escenario futuro de infraestruturas e servizos
EXECUCIÓN DO DESPREGAMENTO
Plan operativo Plan de actuacións
Modelo de xestión
Modelo económico
| 26
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 27
4. Plan de Inversións O plan de inversións da Xunta de Galicia estimado para o despregue da Banda Larga en Galicia é o que se amosa na seguinte táboa: FINANCIACION
2009 -2013
Plan Avanza 1
94 M€
FEADER 2
8M€
TOTAL
102 M€
1 1ª
adenda ao convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a comunidade autónoma de Galicia para o desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións no eido do Plan Avanza Actuación nº1: "Despregue dunha rede de acceso a internet de banda larga"
2
Procedentes do Programa de desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo FEADER, polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e pola Xunta De Galicia. Supeditado a ampliacións priorizando estas no programa de desenvolvemento rural.
O Plan Director está aberto a futuras ampliacións de inversións: • Priorizando as actuacións no plan de desenvolvemento rural de Galicia. • Incorporando inversións previstas por outras institucións e organismos.
| 28
ร ndice 1. 2.
Contexto e motivaciรณn da Banda Larga O Plan Director de Banda Larga i. En que consiste o Plan Director de Banda Larga ii. Elaboraciรณn do Plan Director de Banda Larga 3. Calendario 4. Plan de inversiรณns 5. Escenario global de Telecomunicaciรณns en Galicia 2009-20013
| 29
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 As redes de telecomunicacións constitúen o principal piar das infraestruturas da Sociedade da Información. O desenvolvemento en capacidade e extensión das infraestruturas de telecomunicacións con tecnoloxías de vangarda é, e será cada vez en maior medida, un factor decisivo para o desenvolvemento de Galicia. Por tanto, é necesario actuar neste sentido para establecer unha estratexia clara e común en materia de despregamento de infraestruturas. O Escenario Global de Telecomunicacións en Galicia para a extensión e pleno aproveitamento dos novos servizos tecnolóxicos contemplará diferentes actuacións, ademais do despregamento da banda larga, que se indican a continuación:
Despregamento da BANDA LARGA
Rede de TDT
Rede de telecomunicacións da Xunta de Galicia
Rede Investigación
No entanto, debido ao carácter precario do estado de despregamento da rede de banda larga, a primeira actuación urxente será o desenvolvemento dun Plan Director co obxectivo de levar a banda larga a todos os concellos de Galicia, polo que o detalle deste Plan Director de Banda Larga mesmo constituíu o alcance do presente documento. | 30
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 Rede de banda larga No futuro modelo tecnolóxico de Galicia, débese garantir a capacidade de acceso de todos os galegos á Sociedade da Información, logrando unha penetración xeneralizada das novas redes de Internet e contribuíndo así a consolidar a economía do coñecemento. Neste contexto, o PEBA (Programa de Extensión de Banda Larga) foi unha iniciativa estatal do MITeC en coordinación coas Comunidades Autónomas, durante o período 2005-2008, para dar cobertura de acceso a Internet ás zonas rurais e illadas nas cales non existía unha oferta de condicións semellantes ás dispoñibles nas zonas urbanas. Porén, actualmente o servizo maioritariamente despregado no marco do PEBA (ADSL Rural – 512 kbps) é totalmente insuficiente dado que a demanda dos usuarios actuais é cada día maior. Por tanto, a Xunta de Galicia debe tomar un papel de elemento impulsor e continuar no despregamento de novas solucións acordes coas novas demandas actuais e futuras para achegar a banda Larga ás zonas infraservidas polos operadores privados.
| 31
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 TDT en Galicia Con respecto á Televisión Dixital Terrestre, a Xunta de Galicia está a acometer o plan de acendido dixital, buscando a máxima colaboración institucional coa Fegamp, deputacións, concellos e o sector galego das telecomunicacións co obxectivo final de conseguir unha cobertura do 98% da poboación galega antes do 3 de abril de 2010. Este despregamento, que se está efectuando durante o ano 2009, resúmese en tres liñas de actuación: Despregamento do múltiple autonómico. Plan de homoxeneización, para igualar a cobertura que presta a rede principal de difusión de todas as cadeas de televisión a fin de evitar que en zonas rurais só se reciban parte das emisións. Despregamento de microemisores en zonas rurais. Tratará de aumentar a cobertura da TDT naquelas zonas cunha orografía complexa e que quedan fóra da cobertura das redes principais dos radiodifusores.
Fases e Áreas técnicas F1- Santiago, Ourense Leste F2 -Ares, Meda F3 - Domaio, Páramo
Data Apagamento analóxico
30 / 07 / 2009 31 / 12 / 2009 03 / 04/ 2010 (*) Fito non cumprido
Ata o de agora, o apagamento analóxico do proxecto de transición –Santiago e Ourense Lestenon se levou a cabo, polo que non se cumpriu a data establecida no PTNTDT. Por tanto, e dado a proximidade no tempo das datas de apagamento do resto de proxectos de transición, será necesario aunar todos os esforzos necesarios para axilizar o despregamento e acadar o fito do 3 de abril do 2010. | 32
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 Rede de telecomunicacións Xunta de Galicia Para garantir o correcto funcionamento dos servizos tecnolóxicos, a Xunta de Galicia abordará un proxecto de modernización da infraestrutura tecnolóxica de soporte. Este proxecto comprende actuacións que inclúen a rede corporativa da Xunta de Galicia en xeral e, en particular, a rede do Servizo Galego de Saúde: Xunta de Galicia: O obxectivo da Rede Corporativa da Xunta de Galicia é prover de comunicacións de voz e datos a todos aqueles centros que, ben porque son públicos ou porque teñen algunha relación coa Administración Autonómica, precisan de servizos de telecomunicacións para acceder ás distintas aplicacións informáticas de carácter horizontal ou sectorial, ter acceso a Internet ou acceder aos servizos de telefonía fixa ou móbil. Rede de Sanidade: Como parte da rede da Xunta de Galicia, a Rede de Telecomunicacións de Sanidade é o alicerce sobre o que sustentan todos os servizos prestados a través das tecnoloxías da información aos profesionais sanitarios, acadando con isto a mellora da atención sanitaria á poboación da Comunidade Autónoma de Galicia. Á esta rede conéctanse na actualidade máis de 500 centros de Atención Especializada e Primaria.
| 33
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 Rede de investigación A rede de investigación Galicia é unha infraestrutura de comunicacións de alta capacidade que proporciona conectividade e servizos de internet da máis alta calidade á comunidade científica galega. Hoxe en día conecta as institucións localizadas en Galicia: Campus Universitarios, OPIs, Centros Tecnolóxicos, Parque Tecnolóxico Ourense, Unidades de investigación en hospitais, Institucións de investigación da Xunta e outras institucións con actividade en I+D+I. A rede está conectada coas redes académicas e científicas europeas por medio da RedIRIS. Esta rede académica española ten un o seu nodo galego no CESGA. É por medio da RedIRIS1 por onde os usuarios do CESGA teñen acceso a rede de Ciencia e Tecnoloxía Europea, GEANT. Con todo, a evolución histórica e as previsións de demanda por novos proxectos amosan que o modelo actual da infraestrutura de dita rede - aluguer de circuitos – xa non é competitivo, nin en custos, nin eficiencia, nin en capacidade de xestión. Por tanto, resulta necesario levar a cabo un novo proxecto de adquisición de fibra propia que aportará grandes vantaxes no referente ao custo, capacidade, flexibilidade, eficiencia,…asegurando a cohesión e mellorando a competitividade en torno á ciencia e a innovación de Galicia. | 34
5. Escenario global de Telecomunicacións en Galicia 2009-2013 – Previsión de inversións A estratexia global de Telecomunicacións en Galicia, para o período 2009-2013, contempla inversións por riba dos 260 M€, conforme as cinco liñas clave mencionadas anteriormente : - Plan Director Banda Larga - Despregue de Infraestruturas de TDT - Rede de Telecomunicación da Xunta de Galicia - Rede de Investigación de Galicia.
.
| 35