As TIC na Administración de Xustiza en Galicia Plan de Medidas Urxentes Resumo Executivo Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica Consello da Xunta, 17 de xullo de 2009
ÍNDICE Antecedentes Marco das Medidas TIC Liñas de actuación Estimación económica
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 2
Marco das Medidas TIC Nos últimos anos a integración das TIC no ámbito da Xustiza ven ser unha realidade, estando cada vez mais presentes na realidade cotiá conceptos como os sistemas de información, as redes de telecomunicación, a firma dixital, … Sen embargo, tamén é unha realidade que non se ten alcanzado un nivel adecuado de aproveitamento das TIC na mellora e modernización da Administración de Xustiza. Por iso ten especial importancia tratar coa dimensión necesaria as actuacións, problemática e necesidades relativas ás técnicas e medios electrónicos, aos sistemas informáticos e ás telecomunicacións. Será obxectivo prioritario a elaboración dun plan de sistemas que permita establecer o marco xeral e as actuacións concretas a realizar. Pero existen unha serie de actuacións identificadas, que non poden esperar á realización deste Plan de Sistemas, por ser especialmente críticas ou convintes para o proxecto.
O Plan TIC de Medidas Urxentes no ámbito da Administración de Xustiza en Galicia recolle actuacións concretas a abordar no período 2009-2010 , estruturadas en 5 ámbitos de actuación: A consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información. A seguridade.
A estabilidade e continuidade dos servizos actuais (infraestrutura e plataforma de base). A mellora organizativa no servizo TIC en relación cos usuarios. A dinamización e o uso axeitado de sistemas de información. Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 3
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.1. Sistema de xestión procesual Minerva 1.2. Implantación de Lexnet e da e-Sinatura 1.3. Rexistro Civil en Liña: Finalización 1ª Fase & Planificar 2º fase de implantación 1.4. Xestión de Fiscalías Fortuny. 1.5. Identificación das necesidades actuais e de mellora sobre a Plataforma de Audiovisuais e Multimedia.
Revisión e adecuación á LOPD Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.1. Auditoría da instalación do CPD da D.X. de Xustiza. Plan de actuación 3.2. Revisión dos CPDs das localidades. Plan de actuación 3.3. Plan de renovación progresiva do equipamento informático 3.4. Mellora das comunicacións existentes e asegurar o seu correcto funcionamento 3.5. Mellora do servizo prestado aos usuarios finais 3.6. Definición do procedemento de implantación de Sistemas de Información
Dinamización e impulso dos Sistemas de Información Plan de Sistemas da Xustiza
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 4
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información
Actualmente o traballo de mellora e evolución deste escenario está centrado en torno a catro grandes elementos fundamentais que están en distintos niveis de consolidación : A implantación de Minerva como ferramenta troncal da xestión procesual. Ten un elevado nivel de implantación (migración dende o sistema Libra), ainda que debería verificarse o nivel de uso. Ten tamén identificado carencias funcionais importantes como falta de interacción entre as distintas sedes xudiciais. A implantación do uso Lexnet e da e-sinatura, como ferramenta esencial para a interconexión entre os principais aplicativos da Oficina Xudicial xa que a súa implementación permitirá axilizar sensiblemente a actividade diaria dos órganos xudiciais. O nivel de implantación e moi baixo (inferior a un 10%) e non está concretado un plan de implantación. A renovación dos sistemas de captación, xestión e comunicación da información audiovisual. Elemento fundamental na configuración do expediente electrónico xudicial, e que actualmente presenta necesidades de renovación de equipos existentes, necesidade de ampliar o aproveitamento de estas ferramentas. Os sistemas de gravación de salas & Videoconferencia xeran un numero alto de incidencias que repercuten na operativa diaria dos xulgados. O Programa Rexistro Civil en Liña (Inforeg). Liña de traballo necesaria para a modernización da xustiza de paz, e facilitará a vía de penetración para a informatización destes órganos Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 5
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.1. Sistema de Xestión Procesual Minerva Descrición O sistema troncal de xestión procesual dos asuntos en órganos xudiciais é Minerva. Soporta as funcionalidades de recepción, rexistro e repartición, tramitación de asuntos e xestión de documentos procesuais e esquemas de tramitación.
Obxectivo da actuación: Finalización do proceso de migración do sistema Libra a Minerva, para homoxeneizar toda a plataforma base de sistema de información e garantir unha evolución homoxénea en todos os órganos xudiciais. Dinamizar e potenciar o grao de uso do sistema. Informatización dos Xulgados do Penal. Accións a realizar Análise do grado de uso, de satisfacción e de carencias de Minerva nos órganos xudiciais onde estea implantado. Este análise deberá permitir identificar usos non axeitados do sistema, carencias formativas, erros a trasladar ó Ministerio, … Análise e depuración dos procesos de tramitación dos expedientes e dos documentos a xenerar en cada unha das tarefas ou pasos de tramitación (workflow procesual). Trátase dunha liña de actuación prevista como proposta de constitución de grupos de traballo con xuíces, secretarios, funcionarios, lingüistas e informáticos, pero aínda non iniciada. Establecer un cadro de mandos para o seguemento do uso e evolución do aplicativo Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 6
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.2. Implantación de Lexnet e da e-sinatura Descrición Aplicación para o transporte seguro de información que permite a realización de actos de comunicación por parte dos órganos xudiciais e a presentación de documentos a devanditos órganos. Soporta as funcionalidades de presentación de documentos e adxuntos ao órgano xudicial, envío de notificacións por parte do órgano xudicial e a emisión de acuses de recibo, entre outras. Obxectivo da actuación: Acadar a plena implantación da aplicación Lexnet en tódalas sedes e órganos xudiciais. Esta medida leva aparexada a implicación de tódolos operadores xurídicos (internos e externos) na implantación de Lexnet mediante Accións de comunicación. Como acción coordinada co despregamento total da aplicación, establécese a necesidade de extensión das tarxetas criptográficas necesarias para o acceso e uso da aplicación. Accións a realizar Definir un plan de implantación que permita minimizar as dificultades actuais, fundamentalmente implicando a toda á comunidade xurídica. Estimando as accións e recursos necesarios para unha posta en marcha adecuada. Promover o proceso de formación con formadores propios do ámbito xudicial. Planificación e execución do proceso de implantación: Establecer a orde de implantación dos órganos xudiciais restantes. Establecer un cadro de mandos para o seguimento do uso e evolución do aplicativo Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 7
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.3. Rexistro Civil en Liña: Finalización 1ª Fase e planificación 2º fase de implantación Descrición O proceso de dixitalización dos rexistros civís é o resultado dun proxecto de colaboración entre a Xunta de Galicia e Red.es no contexto do Plan Avanza. É obxecto deste PMU o impulso das fases I (Implantación do sistema INFOREG en 74 xulgados de paz) e II (Implantación nunha última fase dos 192 xulgados de paz restantes )deste proceso de implantación. Obxectivo da actuación: Finalizar o plan de informatización dos xulgados de paz en toda a Comunidade Autónoma de Galicia. Detalle das accións a realizar Fase I – Relanzar o plan de implantación. Revisión da dotación e infraestrutura nas instalacións do xulgados de paz, formación e posta en marcha. Fase II – Planificar a fase final de 192 xulgados de paz. Revisión da dotación e infraestrutura nas instalación dos xulgados de paz (similar á fase anterior), formación por agregación de xulgados e posta en marcha.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 8
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.4. Xestión de Fiscalías: Fortuny Descrición Aplicación de xestión de rexistro e tramitación dos expedientes xudiciais no ámbito do Ministerio Fiscal Obxectivo da actuación:
Dinamización do uso do sistema Fortuny nas fiscalías. Detalle das accións a realizar Migración do sistema á última versión liberada polo Ministerio de Xustiza. Análise de adecuación do sistema aos requerimentos dos usuarios. Dinamización e Formación na nova versión.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 9
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.5. Posta en marcha do sistema de Xestión para a Sala de Goberno do TSXG Descrición O Consello Xeral do Poder Xudicial pon en marcha una sistema integral cuxo obxectivo é a xestión dixitalizada de todos os documentos mediante un sistema integral, compatible e común para todos os TSX, no ámbito da xestión integral dos asuntos gubernativos da Sala de Goberno no exercicio das súas competencias, e o soporte ao funcionamento interno da Secretaría de Goberno no desenvolvemento da súa operativa diaria. Obxectivo da actuación: Por en marcha o sistema de Xestión para a Sala de Goberno do TSXG e integración do sistema no modelo de sistemas de información da Administración de Xustiza en Galicia. Accións a realizar Coordinar co Consello Xeral do Poder Xudicial a posta en marcha do sistema en Galicia. Integración do sistema no modelo organizativo de TIC en Xustiza : integración no grupo de soporte e de xestión de aplicacións.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 10
Liñas de actuación Consolidación de procesos de posta en marcha de sistemas de información 1.6. Identificación das necesidades actuais e de mellora sobre a Plataforma de Audiovisuais e Multimedia. Descrición A lexislación procesual esixe a gravación audiovisual das vistas orais no caso dos xuízos civís. Na última década, sobre todo a partir da reforma chamada dos “xuízos rápidos” (ano 2004) foron implantados progresivamente sistemas de vídeconferencia (VCF), que cada día son máis utilizados pola Administración de xustiza e como consecuencia demándanse mais e mellores equipos. Na actualidade, atópanse implantados nas localizacións dependentes da Administración de Xustiza sistemas de Videoconferencia e Sistemas de gravación audiovisual (gravación das salas de vistas). Obxectivo da actuación: Determinar a Estratexia Xeral de Audiovisuais en materia de Xustiza Mellora da situación actual de incidencias recorrentes cos sistemas de videoconferencia. Continuación co modelo de gravación nas salas de vistas.
Accións a realizar Continuidade co proxecto de sistema de gravación dixital, mediante a posta en marcha do sistema de gravación centralizado e a continuación coa integración Minerva-Cícero. Identificación de problemas e necesidades da plataforma de Videoconferencia para asegurar o seu correcto funcionamento (liñas, infraestrutura…) Revisión do equipamento de base de videoconferencia. Análise e determinación da estratexia xeral de audivisuais. Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 11
Liñas de actuación Revisión e adecuación á LOPD Descrición Na revisión do contexto da protección de datos de carácter persoal detectouse a situación de irregularidade na que se atopa de forma xeral a Administración de Xustiza. Recentemente foi realizada a publicación dos ficheiros pero non dispón nin de documento de seguridade nin de medidas de seguridade implantadas. Isto fai que sexa necesario realizar unha adecuación urxente á lexislación vixente en materia LOPD. Na revisión do contexto da protección de datos de carácter persoal, detectouse a necesidade de mellorar as medidas de seguridade asociadas á protección dos ficheiros inscritos na Axencia Española de Protección de Datos.
Obxectivo da actuación: Regularizar a situación e adecuación á lexislación vixente en materia LOPD Definir o marco de seguridade para tódolos ficheiros xestionados
Detalle das accións a realizar: Diagnóstico de adecuación ao Regulamento de Desenvolvemento da Lei - Estado de adecuación e cumprimento das medidas de seguridade para a protección de datos Revisión dos ficheiros xa inscritos na AGPD, Revisión das medidas de seguridade aplicadas na DXX e establecemento dos procedementos básicos de seguridade Revisión dos documentos dos cales a DXX é encargada de tratamento (Libra, Minerva & Fortuny)
Elaboración do Documento de Seguridade, Implantar as medidas de seguridade inicialmente establecidas e realizar auditoría de seguridade. Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 12
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.1. Auditoría da instalación do CPD da D.X. de Xustiza. Plan de actuación Descrición
O CPD situado na Dirección Xeral de Xustiza non cumpre as especificacións mínimas dun CPD (segundo a normativa TIA-942) en materia de acondicionamento, situación e seguridade. Fíxose unha análise das deficiencias que presenta este CPD e a dificultade ou custos de dar solución á maior parte delas, sumado á boa capacidade da liña de comunicacións existente; parece recomendable reubicar o equipamento existente no CPD actual noutro que reúna as condicións necesarias para garantir o servizo, e non supoña realizar investimentos adicionais (máis alá do traslado dos equipos). Obxectivo da actuación: Garantir a continuidade do servizo prestado pola infraestrutura situada no CPD, minimizando os erros derivados da non adecuación das instalación. Racionalización de custos, aproveitando outra situación correctamente adaptada, cumprindo os requerimentos de instalación e de seguridade. Detalle das accións a realizar: Auditoría do CPD situado na Dirección Xeral de Xustiza (Área central). Valoración de alternativas. Óptase polo traslado ás instalacións do CPD principal, situado nas instalacións de S.Caetano. Planificación e execución do traslado: Análise de impacto nos sistemas instalados, parada dos sistemas afectados, traslado físico, arranque dos sistemas afectados. Integración cos servizos comúns (backup, monitorización,…) Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 13
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.2. Revisión dos CPDs das localidades. Plan de actuación Descrición Os sistemas de información de Xustiza están albergados en 49 situacións físicas dos órganos xudiciais das principais cidades e dos xulgados de 1ª Instancia do resto de cabeceiras de partidos xudiciais. Obxectivo da actuación: Garantir a continuidade do servizo prestado pola infraestrutura situada nos CPDs, minimizando os erros derivados da non adecuación das instalacións. Simplificar a xestión da seguridade. Racionalización de custos minimizando as situacións a manter en condicións axeitadas ó fin previsto. Minimización dos recursos requeridos para o mantemento das instalacións e sistemas . Detalle das accións a realizar: Auditoría das instalacións de cada unha das situacións existentes. Estudo de viabilidade de migración do CPD a outras instalacións en función dos Sistemas de información e do volume de usuarios aos que presta servizos. Evolución prevista, e capacidade da rede de comunicacións. Análise específico do rendemento do sistema Minerva. Configuración dun contorno piloto que poida determinar os requisitos mínimos necesarios para asegurar o correcto funcionamento de Minerva en remoto. Análise, conclusións e proposta de actuación en cada unha das situacións. Análise de riscos.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 14
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.3. Plan de renovación progresiva do equipamiento informático Descrición
Nos últimos anos o número de equipos instalados nos órganos xudiciais foi incrementando, estando actualmente inventariados uns 3.400 postos de traballo informatizados. Pero do mesmo xeito que se dotou desta infraestrutura, non se puso en marcha ningún plan de renovación progresiva dos equipos. Proponse a adquisición de equipamento para a renovación inmediata dos equipos anteriores o ano 2001 e para substitucións das avarías que se produzan e a elaboración dun plan de renovación de equipos e impresoras. Obxectivo da actuación: Mellora do servizo prestado aos usuarios da DXX, en materia de material ofimático. Diminuír os custos derivados da indispoñibilidade dos equipos. Diminuír os recursos adicados ás reparacións. Detalle das accións a realizar: Abordar a renovación de urxencia do 10-15% dos equipos de maior antigüidade e unha actuación similar para as impresoras. Contratación dos servizos de mantemento dos equipos ofimáticos. Estudo do plan de renovación global que dé continuidade á renovación iniciada. Este estudo supón a actualización do inventario detallado do material existente, a Identificación do equipamento tipo e a estratexia a seguir para a adquisición do equipamento dende o seu aspecto financeiro
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 15
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.4. Mellora das comunicacións existentes e asegurar o seu correcto funcionamento Descrición O crecemento do número de usuarios dos sistemas de Información e das necesidades de cada unha das localizacións existentes fan que o rendemento dos mesmos non cumpra as expectativas esperadas. Cómpre realizar un estudo exhaustivo sobre a infraestrutura de comunicacións, podendo así determinar cales dos problemas detectados veñen derivados das liñas de comunicacións e cales dos propios sistemas de información. Obxectivo da actuación: Mellorar o funcionamento e o rendemento dos sistemas de Información no que a infraestrutura de comunicacións se refire. Detalle das accións a realizar: Identificación do mapa de comunicacións. Iniciado o estudo de ocupación de cada unha das liñas existentes. Este estudo ten como principais obxectivos a determinación das causas de erro, do baixo rendemento dos S.I, a determinación da tipoloxía de liñas necesarias en cada localización, a definición dun Plan de traballo para a ampliación e o estudo de custos para a adecuación. Concretar as necesidades de cada localización no referente a liñas de comunicacións. Establecer un plan de ampliación progresiva de liñas de telecomunicacións (se procede), o cal permita establecer o plan de ampliación en función das necesidades e da criticidade particular.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 16
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.5. Mellora do servizo prestado aos usuarios finais Descrición Na organización dos sistemas de información de Xustiza existe xa organizado o concepto do grupo de soporte aos usuarios finais, pero o servizo prestado presenta diversas carencias debidas a que os recursos adicados a estas tarefas non están suficientemente dimensionados, os tempos de resposta son elevados, non existe un punto único de canalización das incidencias de calquera índole, a dependencia das aplicacións de diferentes ámbitos (Ministerio de Xustiza, CXPX), fai que en ocasións a resolución da incidencia non depende da organización TIC da Xunta de Galicia. É necesario definir SLAs definidos coas empresas provedoras de servizos TIC, e realizar un estudo exhaustivo da situación e das necesidades actuais, co fin de definir un modelo de soporte con varios niveis de interlocución. Obxectivo da actuación: Mellora do servizo prestado aos usuarios e unificación e homoxeneización do Servizo Definir o modelo de relación e servizo a prestar aos usuarios e os niveis de Servizo para o cumprimento polas empresas provedoras de tecnoloxía. Detalle das accións a realizar Análise organizativa e de procesos existente non Servizo TIC (persoal interno e externo). Establecer e difundir as canles de soporte entre os usuarios, co fin de ofrecer un punto único de reporte para as incidencias. Definición de procedementos de soporte: determinar os procedementos existentes de soporte tanto a primeiro como a segundo nivel. Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 17
Liñas de actuación Adecuación das infraestruturas de soporte aos Sistemas de Información. 3.6. Definición do procedemento de implantación de Sistemas de Información Descrición Os Sistemas de información usados pola DXX supoñen un gran cambio na operativa do persoal que os usa. Por este motivo o proceso de implantación deberá estar perfectamente definido e deberá cubrir e cumprir as expectativas que sexan marcadas para cada aplicativo. A implantación dun Sistema de Información supón un cambio tanto na operativa funcional como na tecnolóxica. Por este motivo, o factor humano é o núcleo e a base do éxito de calquera proceso de cambio. A implantación dun novo sistema suporá un cambio esencial na operativa de traballo e nas persoas responsables do proceso e as que fagan uso do sistema. Obxectivo da actuación:
Definición dos procedementos de implantación que serán aplicados para todos os sistemas de información e cada unha das implantacións realizadas e xestionadas, mediante o cal non só optimizar a implantacións realizadas, senón que poida determinarse en cada momento tanto o grao de uso como o de satisfacción dos usuarios. Detalle das accións a realizar:
Revisión da metodoloxía usada para as implantacións (a nivel de formación como o propio proceso da xestión da implantación) Definir o procedemento de implantación, o cal será avaliado tanto polo grupo constituído para a súa definición como polos distintos implicados no procedemento. Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 18
Liñas de actuación Dinamización e impulso dos Sistemas de Información Descrición O obxectivo que se persigue é que os colectivos usuarios destas ferramentas (secretarios xudiciais, avogados e procuradores) coñezan os beneficios que aportan, para impulsar a súa utilización. Para isto proponse a realización dun proxecto de xestión do cambio que asegure que as persoas están capacitadas, preparadas e motivadas para adoptar as ferramentas TIC. Obxectivo da actuación. Identificación de usuarios clave Elaboración dos plans de difusión, concienciación e comunicación para os colectivos identificados. Deseño dos plans formativos requeridos para o uso das ferramentas e sistemas de información. Seguemento do uso axeitado dos sistemas que permita establecer accións correctivas sobre os mesmos. Accións a realizar Elaboración dun plan de formación adaptado para cada un dos S.I existentes. Definir o procedemento para a medición do grao de satisfacción dos usuarios. Elaboración e difusión dun cadro períódico cos indicadores básicos e dispoñibles.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 19
Liñas de actuación Plan de Sistemas de Xustiza Descrición Elaboración dun estudio que aborde unha análise integral da situación actual en canto á adecuación dos sistemas dispoñibles ás necesidades reais e defina o escenario obxectivo e a viabilidade do mesmo. Accións ✓ Lanzamento do Plan de Sistemas de Xustiza. O Plan debería conter, polo menos, os seguintes apartados:
Definición do Modelo Marco de Sistemas de Información da Administración de Xustiza.
Situación actual dos sistemas de información no ámbito de Xustiza nas restantes Comunidades Autónomas.
Definición do escenario obxectivo para a Administración de Xustiza, partindo da situación inicial identificada no Plan de Medidas Urxentes, en función das posibilidades reais (tecnolóxicas, económicas e organizativas), de evolución abordables no momento actual pola Xunta de Galicia.
Definición do calendario global de proxectos necesarios para alcanzar o escenario obxectivo, priorizando cada iniciativa, estimando o esforzo en custo e recursos e identificando os fitos e produtos intermedios.
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 20
Grupo de Traballo GRUPO DE TRABALLO Mª DEL MAR PEREIRA ÁLVAREZ Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica JUAN JOSÉ MARTÍN ÁLVAREZ Director Xeral de Xustiza
MARÍA GARCÍA SEXTO Subdirectora Xeral de S.I e Modernización da Adm. Pública
RAFAEL JUANATEY MAYÁN Subdirector Xeral de Medios da Administración de Xustiza
JAVIER C.SÁNCHEZ GARCÍA Decano Colexio de Procuradores da Coruña
MARÍA JESÚS VIETO Vogal da Xunta de Goberno Colexio de Avogados de Santiago
JUAN CARLOS ALADRO Fiscal Xefe de Pontevedra
ANTONIO PIÑA Xuíz Decano de Ourense
EDUARDO A. SÁNCHEZ TATO Secretario Coordinador Provincial Pontevedra
ALBERTO GARCÍA TOBÍO Secretario Coordinador Provincial Lugo
SOLEDAD SÁNCHEZ SILVA Decana Colexio de Procuradores de Santiago
Xunta de Galicia Administración de Xustiza Colexios Profesionais
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza| 21
Grupo de Traballo Nome
Cargo
Juan José Martín Álvarez
Director Xeral de Xustiza
Mº Mar Pereira Álvarez
Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica
María García Sexto
Subdirectora Xeral de S.I e Modernización da Adm. Pública
Rafael Juantey Mayán
Subdirector Xeral de Medios da Administración de Xustiza
Eduardo Sánchez Tato
Secretario Coordinador Provincial de Pontevedra
Antonio Piña
Xuíz Decano de Ourense
Juan Carlos Aladro Fernández
Fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra
José Alberto García Tobío
Secretario Coordinador Provincial de Lugo
Maria Jesús Vieto
Vogal da Xunta de Goberno Colexio de Avogados de Santiago
Javier C. Sánchez García
Decano Colexio de Procuradores da Coruña
Soledad Sánchez Silva
Decana Colexio de Procuradores de Santiago
Evaristo Nogueira Pol
Decano do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza | 22
Estimaci贸n econ贸mica
Resumo executivo - Plan TIC de Medidas Urxentes Xustiza | 23