Proxecto do Plan Director de Banda Larga de Galicia (2010-2013)
Santiago de Compostela, Xaneiro 2010
Contexto sociedade da información Actualmente, atopámonos inmersos nunha Sociedade da Información e o Coñecemento onde a dispoñibilidade de Tecnoloxías da Información e Comunicación posibilita o acceso á información e, por tanto, a mellora na calidade de vida dos cidadáns e a competitividade das nosas empresas. Neste senso, a existencia dunha axeitada infraestrutura tecnolóxica é condición necesaria para garantir que a Sociedade da Información chegue a todos os cidadáns e empresas, poñendo ao seu alcance os beneficios e vantaxes inherentes da utilización das novas tecnoloxías. É por dito motivo que, dende a Xunta de Galicia o investimento en novas tecnoloxías – e, especificamente, en infraestruturas de telecomunicación – considérase un instrumento esencial para promover a igualdade e sustentabilidade dos servizos públicos, o equilibrio socioeconómico e territorial e a mellora da competitividade dos sectores produtivos.
| 2
Plan Director Banda Larga definición De feito, como unha das liñas do Plan de Medidas Urxentes da Xunta de Galicia en materia da Sociedade da Información, estableceuse a elaboración do primeiro Plan Director de Banda Larga de Galicia (PDBL). O PDBL definirá a estratexia de despregue máis axeitada, a levar a cabo nos próximos catro anos, co obxecto de que a meirande parte dos cidadáns e empresas galegas dispoñan dun acceso de calidade á banda larga á conclusión do mesmo. Deste xeito, enmarcaranse as actuacións a levar a cabo nunha estratexia global de despregue e emprego de infraestruturas que permita unha verdadeira optimización dos recursos a través dun despregue ordenado e eficiente, do que ata o de agora Galicia carecía.
A presentación do PDBL realizarase a finais de xaneiro do 2010 e contará cun investimento público para a execución do despregue de 102 M€ durante o período 2010-2013.
| 3
Plan Director Banda Larga investimento O investimento público previsto para a execución do despregue ascenderá a 102 M€ durante o período 2010-2013, investimento que se distribuirá do seguinte xeito:
Actuación
Procedencia
2010-2013
Xunta de Galicia 1
94M€
Medio Rural 2
8M€
TOTAL
102M€
Plan Director de Banda Ancha de Galicia 3
1 1ª
adenda ao convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a comunidade autónoma de Galicia para o desenvolvemento de infraestruturas de telecomunicacións no eido do Plan Avanza Actuación nº1: "Despregue dunha rede de acceso a internet de banda ancha"
2
Procedentes do Programa de desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, cofinanciado polo FEADER, polo ‘Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño’ e pola Xunta de Galicia. Supeditado a ampliacións priorizando estas no Programa de desenvolvemento Rural.
3
Complementando con investimentos previstos doutros organismos (Deputacións, Concellos, …)
| 4
Plan Director Banda Larga obxectivos estratéxicos O Plan Director de Banda Larga de Galicia é un instrumento esencial e necesario para a definición das políticas de infraestruturas de telecomunicación de Galicia que permitirá, entre outros: Proporcionar a capacidade de acceder á banda larga a todos os galegos, cunha calidade de servizo e custe axeitados, asegurando así a vertebración do noso territorio como elemento de inclusión social e de loita contra a fenda dixital. Contribuír á modernización dos servizos públicos esenciais, empregando toda a potencialidade que ofrecen as novas tecnoloxías. Asegurar un despregue baseado na eficiencia e na cooperación, derivados da visión global das infraestruturas existentes e da coordinación de todos os axentes implicados co fin de aunar os orzamentos de fondos públicos cos esforzos inversores de capital privado. Extraer o máximo aproveitamento das posibilidades das novas tecnoloxías como dinamizadoras económicas e xeradoras de competitividade e innovación nos diferentes sectores produtivos chaves para Galicia.
| 5
Plan Director Banda Larga esquema de elaboración Para a elaboración do Plan Director de Banda Larga de Galicia seguíronse as fases do seguinte esquema: Elaboración e aplicación de Detalle de todos os elementos de demanda existentes en Galicia.
algoritmos que permitan determinar as prioridades de cobertura.
F1 - Recopilación
demanda potencial
Pública
Residencial
Plan Director de Telecomunicacións
Empresarial
F3 - Priorización Detalle de elementos de infraestructura de telecomunicacións existentes en Galicia.
infraestruturas
Públicas
Priorización de zonas de cobertura
plan de despregamento medidas de acompañamento
Operadores
F2 - Análise Análise comparativa de demanda vs. oferta de infraestrutura.
Análise demanda vs. infraestrutura F4 – Factores de contorno
Análise de factores de contorno
F1 F2 F4
F3
Análise de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta de Galicia.
| 6
Elaboración do Plan Director BL recopilación da información
F1 F3 F2 F4
Co obxecto de dar un carácter totalmente transversal ao Plan Director de Banda Larga, na súa elaboración considerouse toda a tipoloxía e conxunto de elementos de demanda de banda larga existentes en Galicia, segundo unha tripla óptica: sector residencial, empresarial e público. Para levar a cabo a estimación dos posibles puntos de demanda de banda larga (usuarios residenciais, empresas, puntos de especial interese dos servizos públicos: xulgados, farmacias, centros educativos, centros de saúde, xestores administrativos, …) contouse coa colaboración de todas as Consellerías da Xunta de Galicia, dos concellos galegos, deputacións provinciais e organismos ou entidades públicas de ámbito local ou provincial. Do mesmo xeito para conseguir coordinación e eficiencia no futuro despregamento de infraestruturas de banda ancha contempláronse todas as infraestruturas de telecomunicacións (fibra activa, fibra escura, antenas, equipos transmisores,…), existentes en Galicia, xa fosen de carácter público ou privado. Neste senso, contouse coa colaboración das operadoras de rede presentes en Galicia, dando como resultado o mapa de zonas de dispoñibilidade de banda larga e o nivel de conectividade de cada núcleo.
| 7
Elaboración do Plan Director BL análise da información
F1 F3 F2 F4
Unha vez recopilada a información precisa, se levou a cabo a análise de oferta, demanda e demanda estimada non satisfeita do servizo de banda larga en Galicia no ano 2009 - sendo a primeira ocasión na cal se levaba a cabo unha análise deste tipo na nosa comunidade co obxecto de coñecer a realidade da situación actual na que nos atopamos neste ámbito. Definiuse, por tanto, a demanda estimada non satisfeita coma o cruce da dispoñibilidade do servizo coa estimación da demanda. Considerando a demanda estimada non satisfeita ao total da demanda daqueles núcleos nos cales non existe oferta de servizo de banda larga. A continuación, amósanse as conclusión máis destacables da análise realizada para o sector residencial e dos servizos públicos e empresariais.
| 8
Elaboración do Plan Director BL conclusións máis destacables da análise
F1 F3 F2 F4
Como pode observarse, os resultados obtidos (informe recogido en http://imit.xunta.es) dan boa conta da necesidade de elaborar un plan de traballo que mellore a situación. 17.211 núcleos nos que residen 564.262 habitantes non teñen posibilidade de acceso á banda larga.
sector residencial
Dentro dos núcleos con acceso á banda larga estímase que 221.990 habitantes non poden acceder ao servizo por diferentes motivos (calvas de cobertura).
Os puntos vermellos representan núcleos de poboación sen posibilidade de acceso á banda larga.
Os Concellos en laranxa e vermello son aqueles que presentan unha maior demanda estimada insatisfeita.
Pola súa banda, os puntos azuis representan núcleos nos cales si existe a posibilidade do acceso á banda larga. Distribución da dispoñibilidade de banda larga
Porcentaxe estimada de demanda non satisfeita por concellos
| 9
Elaboración do PDBL sector empresarial
conclusións máis destacables da análise
F1 F3 F2 F4
A demanda empresarial non cuberta estímase nun 16,90% da demanda empresarial total, segundo os datos dispoñibles. No caso das explotacións gandeiras, un 64% das mesmas atópanse ubicadas en zonas onde non existe posibilidade de conexión de banda larga. No eido do turismo rural as carencias na conectividade afectan ao 51% das casas de turismo rural.
sector público
Existen cuantiosos centros dependentes da administración situados en zonas sen servizo de banda larga. Dos máis de 450 centros sanitarios existentes en Galicia, actualmente calcúlase que en torno a 120 conta cun acceso insuficiente a banda larga, e 20 non contan con posibilidade de BL. Isto supón aproximadamente un 25% dos centros sanitarios sen dispoñibilidade de acceso axeitado. No caso dos centros educativos, no total de máis de 1200 centros pertencentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, existen actualmente cando menos 300 nos cales non existe dispoñibilidade de banda larga ou ben esta é deficiente. Polo que respecta aos servizos municipais, un 53% das casas consistoriais galegas carecen dun acceso a Internet da capacidade axeitada para a súa xestión administrativa e o despregue da eadministración local.
| 10
Elaboración do Plan Director BL F1 F2
factores de contorno
F3 F4
Na elaboración do PDBL tamén se están a ter en conta unha serie de factores de contorno que poden condicionar as políticas de telecomunicacións da Xunta de Galicia en xeral, e en particular do despregamento de infraestruturas. Esta análise permite definir as medidas de acompañamento ao propio plan de despregue que son necesarias para favorecer o mesmo. Así, contémplanse entre outros:
Aspectos normativos aplicables.
Compartición de infraestruturas Tendencias tecnolóxicas actuais
Impacto medioambiental
Incentivos para a demanda
| 11
Elaboración do Plan Director BL factores de contorno: exemplos
F1 F2
F3 F4
Medidas encamiñadas a minimizar o impacto medioambiental Impleméntanse medidas que favorecen a integración, co obxectivo de minimizar o impacto ambiental (compartición, mimetización, reutilización,…).
Medidas encamiñadas á compartición de infraestruturas Defínense medidas para a compartición de infraestruturas, xa que facilitarán o despregamento ademais de minimizar tempos e custos derivados do mesmo.
Tendencias tecnolóxicas actuais As tecnoloxías actuais están evolucionando de cara a modelos que permiten maior largo de banda e por tanto maior calidade de servizo. Impleméntanse medidas que teñen en conta as tendencias de evolución nas mesmas xa que poden ser as solucións do futuro despregue en Galicia.
| 12
Elaboración do Plan Director BL factores de contorno: exemplos
F1 F2
F3 F4
Accións sobre a normativa aplicable A normativa ten un impacto decisivo no ritmo de despregamento de novas redes de telecomunicacións, no nivel de desenvolvemento de novos servizos, e, consecuentemente, no acceso dos cidadáns a eses novos servizos de telecomunicacións. Por estes motivos, avaliouse o establecemento de actuacións neste ámbito que favorecen o despregamento.
Incentivos para a demanda A infraestrutura non serve de nada se non existe demanda de servizos. Por este motivo, defínense actuacións que equilibran o despregamento e a demanda.
| 13
Outras actuacións da SXMIT coordinación co resto de administracións públicas (1/2) A SXMIT, consciente da importancia de optimizar recursos, está a tomar medidas para a coordinación cos concellos e administracións de carácter supramunicipal co obxecto de non duplicar esforzos por parte das diferentes administracións. Recentemente a SXMIT puxo en marcha a ‘Oficina eConcellos’ que servirá como ferramenta de apoio e asesoramento aos concellos galegos no eido das iniciativas que desenvolvan no ámbito local en materia das tecnoloxías da información e comunicación e, concretamente, no ámbito das solucións para a extensión de banda larga, velará para que por parte das entidades locais non se solapen actuacións coas levadas a cabo por parte da SXMIT. Adicionalmente, a SXMIT publicou unha serie de recomendacións para a definición de proxectos a solicitar en materia de infraestruturas de innovación e desenvolvemento tecnolóxico no marco do FEESL 2010. E por outra banda, a Oficina e Concellos publicou unha guía de boas prácticas na implantación dunha rede municipal sen fíos, para que, no caso de que un concello desexe levar a cabo este tipo de proxecto, estes poidan desenvolverse con éxito concluíndo coa posta en marcha de servizos de calidade, ben acollidos polos seus habitantes.
| 14
Outras actuacións da SXMIT coordinación co resto de administracións públicas (2/2) Ademais, o propio PDBL tamén definirá actuacións a desenvolver co obxecto de fomentar a coordinación cos diferentes grupos involucrados no despregue da banda larga, como é o caso dos concellos e administracións de carácter supramunicipal. Con todo, dende a SXMIT empregaranse mecanismos para informar ás entidades locais e deputacións provinciais das actuacións que se levarán a cabo como resultado do Plan Director de Banda Larga e, do mesmo xeito, para recabar información das actuacións levadas a cabo por estas que complementen as actuacións do plan. Neste senso, a SXMIT asinou convenios coas deputacións provinciais para coordinar as actuacións que se leven a cabo neste ámbito, para o que xa se mantiveron as primeiras reunións e se está a proceder ao intercambio de información por parte das mesmas.
| 15