CEIP CARBALLAL.
OBXECTIVOS. 1. Coñecer os espazos e a organización da biblioteca escolar. 2. Coñecer as normas da biblioteca escolar. 3. Coñecer o servizo de préstamo e de consulta. 4. Identificar as partes dun libro. (portada, cuberta, lombo páxinas, ilustrador/a, autor/a,…)
ACTIVIDADES. Obxectivo: Coñecer os espazos da biblioteca escolar.
Na porta da biblioteca hai que explicar que imos entrar a un sitio especial, onde todo o mundo fala coma se contase segredos. Todos/as sentados no chan analizamos as cousas que hai na biblioteca e o que se pode facer alí. É importante que entren en orde e en silencio, se o grupo é pequeno podemos utilizar as mesas de traballo para esta actividade. Facemos as fichas 1 e 2.
FICHA 1. Que hai nunha biblioteca? Colorea os obxectos que te podes atopar nunha biblioteca.
FICHA 2. Que hai nunha biblioteca? Rodea os obxectos que te podes atopar nunha biblioteca.
Obxectivo: Coñecer as normas da biblioteca escolar.
O semáforo. (normas e repaso dos espazos).
Con cartolinas verdes e vermellas facemos unhas paletas seguindo o modelo.
Diálogo cos nenos/as sobre como debe ser o comportamento na biblioteca e como teñen que coidar os libros, cds, dvds...
Acláranse as dúbidas do alumnado.
Despois, dámoslle unha paleta verde e unha vermella a cada neno/a; o profesor/a vai dicindo frases referidas a biblioteca escolar e o alumnado ten que levantar a paleta verde ou a paleta vermella, verde se é correcta e vermella se non o é.
SUXESTIÓNS DE FRASES. FRASES POSITIVAS.
FRASES NEGATIVAS.
1. - Mirar as pastas.
1. - Dobrar os libros.
2. - Ver os debuxos.
2. - Facer rayajos e debuxos nos libros.
3. - Pasar con coidado as follas.
3. - Arrincar unha folla.
4. - Deixarllo a un amigo.
4. - Recortar un debuxo dun libro.
5. - Pedir a alguén que mo lea.
5. - Quitar o forro.
6. - Gardalo no seu sitio.
6. - Coller un libro cando estou comendo.
7. - Comentar cos amigos o que máis che gustou.
7. - Tiralos ao chan.
8. - Facer un debuxo sobre o libro. 9. - Forrar os libros. 10.- Devolver o libro que me prestan. 11.- Falar moi baixiño na biblioteca. 12.- Mover con coidado as cadeiras para non facer ruído. 13.- Pedir á encargada da biblioteca que coloque o libro. 14.- Non revolver todos os libros.
8. - Mollalos. 9. - Meter o bocadillo dentro dun libro. 10.- Dobrar as follas do libro. 11.- Deixar os libros revoltos cos xoguetes. 12.- Dar berros na biblioteca. 13.- Non devolver os libros que me prestan. 14.- Pelexarme cun compañeiro para quitarlle un libro. 15.- Correr pola biblioteca.
Un libro identifícase polo seu título e o seu autor ou autora, pero tamén pola súa editorial e a colección. Nesta imaxe podes ver onde se poden atopar estas indicacións.
Colección
Autor/a
Título
Ilustrador/a
Editorial
As partes exteriores do libro son cuberta, lombo e contracuberta. Nesta imaxe podes ver onde se atopan estas partes. Ademais fĂxate ben, porque a xente confunde a cuberta coa portada, e non son o mesmo.
Obxectivo: Identificar as partes dun libro. (portada, cuberta, lombo påxinas, ilustrador/a, autor/a,‌)
FICHA 3: Colorea o lombo destes libros.
Obxectivo: Recoñecer as partes dun libro.
FICHA 4 Colle un libro da biblioteca e indica no cadro adxunto en que parte do libro podes atopar estes elementos identificativos.
LOMBO
TÍTULO
AUTOR/A
ILUSTRADOR/A
COLECCIÓN
EDITORIAL
CUBERTA
PORTADA
FICHA 5.
1. Marca en azul o nome dos autores. 2. Marca en vermello o título do libro. 3. ¿De que pode tratar este libro?
4. Marca en azul o nome dos autores. 5. Marca en vermello o do título do libro. 6. ¿De que che parece que trata este libro?
1. Marca en azul o nome dos autores. 2. Marca en vermello o título do libro. 3. ¿De que pode tratar este libro?
4. Marca en azul o nome dos autores. 5. Marca en vermello o do título do libro. 6. ¿De que che parece que trata este libro?
Obxectivo: Coñecer as normas de coidado dos libros.
FICHA 6. O outro día, Carbi contoume que estivo dando un paseo polo patio do colexio e fixo un amigo novo, e resultou ser un experto coidador de libros. Dende ese día polas noites xúntase para ler historias na biblioteca. O amigo novo de Carbi chámase “Babosín” e é un vermiño moi bonito, aquí está:
“Babosín” axudaravos a facer un bonito libro que podedes levar para casa e ensinárllelo a papá, mamá, e… a toda a familia e amigos ou amigas. Pídelle axuda á profe para que cho faga dun xeito parecido a este, grampando as follas ou poñéndolles unha cinta: