Santamarina

Page 1

PAÍS: España

FRECUENCIA: Diario

PÁGINAS: 7

O.J.D.: 17274

TARIFA: 4300 €

E.G.M.: 97000

ÁREA: 1107 CM² - 100%

SECCIÓN: LUGO

Lugo

Domingo 29 De mARZo De 2015 elprogreso

29 Marzo, 2015

lugo exporta talentos

arsenio coto

perfil Tímida e reservada, salienta a súa constancia, tranquilidade e paciencia para levar a cabo unha profesión que lle encanta, pero que ás veces lle resulta «frustrante». «Traballo millóns de horas», asegura. Aínda que viviu en Barcelona e Londres, fuxe das grandes urbes. Practica ioga a diario e gústalle pasear pola montaña e practicar escalada, quizais influída polo seu berce. Pero teno difícil onde vive. «É unha magoa que nesta zona de Estados Unidos todo sexa chan», di. A investigadora fonsagradina diante da capela da Universidade de Duke, en Durham. ep

sarela garcía santamarina ▶ esta química da Fonsagrada investiga na Universidade de Duke (estados Unidos) para dar co fármaco que lle pare os pés a un fungo que causa 650.000 mortes cada ano no mundo entre os doentes co sistema inmune deprimido.

Procúrase antídoto contra fungo mortal un millón de persoas inféctanse cada ano en todo o mundo cun fungo coñecido como cryptococcus neoformans, que vive tanto en árbores coma nas feces das pombas. Os doentes entran en contacto con el ao aspiralo pola boca ou o nariz. Pode ser mortal para os enfermos immunodeprimidos (diabéticos, seropositivos, trasplantados con risco de rexeitamento ou doentes de cancro sometidos a quimioterapia) porque provoca neumonía e meninxite. É a causa de 650.000 falecementos —máis que, por exemplo, a tuberculose—. Nos países desenvoltos a mortalidade é do 30% dos infectados. No Terceiro Mundo chega ao 70 ou 80%. Sarela García (San Martín de Suarna-A Fonsagrada, 1978) é unha química que desde hai un ano e medio está a investigar

este patóxeno na Universidade de Duke, en Carolina do Norte, para tentar dar co seu antídoto. «Desafortunadamente, non hai terapias antifúnxicas que sexan efectivas. Por eso é importante investigar a nivel de bioloxía molecular do organismo e de como interacciona co hóspede», afirma esta científica luguesa. A investigación na que participa encamíñase a coñecer por que o sistema inmune utiliza o chumbo para loitar contra o fungo. «Membros do meu laboratorio demostraron que o usa para matar o cryptococcus cando está colonizando os pulmóns, e polo contrario, prevén que o patóxeno ten acceso ao chumbo cando coloniza o cerebro, na etapa da meninxite», explica a científica. En Duke, Sarela García está a traballar «cos mellores investiga-

7

universidade Fundada hai case dous séculos, a de Duke figura entre as dez institucións de educación superior máis prestixiosas de EE.UU., sobre todo pola súa formación de posgrao. Entre os seus profesores hai varios premios nobeis, como o economista Joseph Stiglitz ou o químico Peter Agre. Ten uns 13.600 estudantes.

-3-

dores a nivel mundial», non só do cryptococcus neoformans, senón das patoxéneses de fungos en xeral. formación fóra. Durham, a cidade do leste de Estados Unidos onde está a universidade dos coñecidos como diaños azuis, é a meta da súa terceira etapa foránea. Considera que investigar no estranxeiro é «un paso lóxico» logo da tese de doutoramento. Pero precisa que «non é imprescindible» para conseguir unha axeitada formación. Engade que «che permite ver outras maneiras de traballar, de coñecer xente de moitos lugares diferentes que traballan no teu campo, de establecer colaboracións, de desenvolverte neste mundo, no que aínda que pareza moi estrano hai moita política e influencias establecidas». Esta científica, que estudou no colexio e no instituto Foltem Albei da Fonsagrada, licenciouse hai 15 anos en Química pola Universidade de Santiago. Coida que o seu tío Roque, biólogo de profesión, do que lembra que «sempre nos ensinaba nomes de prantas, insectos…», foi o que «prantou a semilliña da curiosidade pola ciencia» nela. A súa primeira experiencia internacional foi nada máis rematar a carreira. Acadou unha bolsa intercampus de cooperación para a Universidade Nacional de Costa Rica. Ao seu regreso, Sarela García acadou unha praza como química interna residente no Hospital Universitari de Bellvitge en Bar-

Mortandade

Nos países desenvoltos é do 30 por cento dos infectados. No Terceiro Mundo chega ao 70 ou 80 por cento» Universidade

Están os laboratorios dos mellores investigadores a nivel mundial das patoxéneses de fungos en xeral» celona. Foi entón cando trocou a química pola investigación de enfermidades infecciosas. Detrás dese labor hai tamén, como motivación, a súa inquedanza pola cooperación internacional. «Tiña moitas ganas de cambiar o mundo. A sida, a tuberculose, a malaria, o mal de Chagas..., son moi prominentes en áreas do mundo subdesenvoltas. Matan millóns de persoas cada ano e contribúen negativamente ás xa de por si malas economías destas áreas», explica. cambio de pau. Sarela García foi pouco a pouco posicionándose a favor da Bioloxía Molecular, en detrimento da Química, segundo pon de manifesto, «pola fascinación» que lle producían «moitas das estratexias que os microorganismos usan para escapar das defensas dos organismos infectados ou como evolucionan para obter mecanismos de resistencia aos tratamentos». Compaxinou esa labor asistencial con completar a súa formación académica. Obtivo o diploma de estudos avanzados —semellante á tesina— en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Barcelona e outro como axente de cooperación internacional pola Universidade Politécnica de Cataluña. A súa segunda experiencia lonxe de España produciuse entre 2006 e 2007, cando, cunha bolsa da Fundación Barrié, realizou un máster de Bioloxía Molecular de Enfermidades Infecciosas na London School of Hygiene and Tropical Medicine, no Reino Unido, unha das máis prestixiosas do mundo. Gustaríalle regresar a España cando remate o seu traballo en Estados Unidos, dentro de tres anos e medio. Pero é «realista» porque hoxendía, tal e como están as cousas, considera que «non é viable». «Naquel momento haberá que volver a facer as maletas. A onde? Gustaríame que fose Galicia, España, Portugal… Espero que para entón atopar un traballo en ciencia non sexa una odisea!», asegura esta investigadora da Fonsagrada.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.