A investigación en valor Diálogos 01
Sección coordinada por Ana Bellón, Antonio García e Uxío Labarta
Introdución
Como mellorar a capacidade investigadora en Galicia ANTONIO GARCÍA FERNÁNDEZ
Hoxe a civilización aparece cada vez máis involucrada nunha infinita concatenación de medios e fins no interior da cal a finalidade converteuse no contido do motivo, e a utilidade elevada a significado xera a falla de significado. Hannah Arendt, The Human Condition (1958)
A
“A investigación en valor. Diálogos 01” é unha iniciativa da Asociación
▲
de Bolseiros da Fundación Barrié.
Fotografía: J. Albertos
cita de Hannah Arendt serve para ilustrar unha das teimas da nosa sociedade actual: a valoración dos resultados por riba dos motivos e as necesidades que os fan útiles. Atopámonos cada día coa obriga de conseguir un obxectivo, moitas veces sen valorar o esforzo necesario para obtelo ou sen reflexionar sobre a ganancia que obtemos tentando realizalo. Esta desmesura sen paciencia deixa pouco espazo á crítica, á reflexión sobre o significado dos nosos actos, e á valoración dos erros que cometemos. Faise necesario, daquela, procurar espazos de debate e reflexión no medio da velocidade coa que acontecen as decisións que transforman os nosos xeitos de vida. Converter nun hábito a reflexión sobre calquera decisión é un bo costume, xa que nos obriga a cuestionar as decisións e comparalas con outras. E é que fornecer alternativas e novos puntos de vista é a mellor maneira de melloralas e ser construtivos. Con esta intención, dende a Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié abrimos un espazo de debate ao que chamamos “Diálogos”, iniciativa que procura ofrecer un punto de encontro para a reflexión sobre temas de interese social co obxectivo de crear opinión e transmitir parte da experiencia adquirida na nosa formación no estranxeiro, propiciando o intercambio de ideas e a reunión de persoas de distintas disciplinas cos axentes que están a tomar decisións sobre cuestións que afectan á nosa sociedade. “Diálogos 01” celebrouse na Coruña o 27 de novembro do 2010, na sede da Fundación Barrié. “A mellora da capacidade investigadora en Galicia” foi o tema escollido pola súa importancia para o noso futuro desenvolvemento, pola precaria situación dos investigadores e pola falla de coñecemento que a nosa sociedade ten sobre o valor da investigación. Neste número de GRIAL achéganse as conclusións do debate e do traballo previo dos cinco grupos que
trataron áreas relacionadas coa investigación científica, a innovación e o emprendemento en Galicia. A necesidade dun gran pacto galego pola investigación, de políticas máis ambiciosas de apoio á carreira científica, de coordinación e rendición de resultados nas iniciativas de apoio ao emprendemento, de máis implicación da empresa no esforzo investigador, de intensificación da relación comunidade científica-sector produtivo, e mais da optimización da posta en valor dos resultados de investigación, foron algunhas das conclusións ás que chegaron relatores e invitados ao debate. Reflexionar sobre a mellora da capacidade investigadora galega é unha oportunidade para pensar sobre as necesidades e os recursos que ten o país, sobre como estamos organizando o seu futuro, sobre a necesaria planificación e previsión a longo prazo de programas e estruturas que permitan o noso desenvolvemento e o noso crecemento como sociedade para situarnos no mundo e abrir espazos de relación onde a mellora da produtividade e a obtención de gaños materiais sexan motivos que teñan como fin a mellora da calidade de vida dos galegos. A produción investigadora proporciona a base do futuro desenvolvemento económico, social e cultural dun país. Numerosos estudos e indicadores confirman que entre a metade e os dous terzos do crecemento económico dos países occidentais dependerá da innovación. ¿Como deberá
ser a planificación da política ciéntifica para alcanzar estas metas? Faise imprescindible un modelo de investigación estable no tempo, que permita establecer obxectivos a curto, medio e longo prazo para coordinar e mellorar a situación do sistema público en relación co sistema produtivo, os axentes financeiros, os operadores públicos e privados de capital risco, investidores privados, bancos e caixas de aforro; de xeito que se corrixa a falla de recursos humanos na investigación, a atomización das actuacións, a dimensión insuficiente dos grupos e centros de investigación, a dificultade de incorporación de científicos e o desenvolvemento da carreira profesional dos investigadores e investigadoras máis novos; potenciando a capacidade para levar a cabo estratexias innovadoras nas nosas empresas e corrixindo, asemade, a falla de especialización nos sectores de maior contido tecnolóxico en innovación de produto, en utilización de tecnoloxías avanzadas de produción, estimulando a cooperación entre empresas… ¿Como acadar un gran pacto galego pola investigación coa participación do goberno autónomo, os partidos con representación parlamentaria, as universidades, asociacións empresariais, sindicatos e outros axentes sociais? Son varios os actores que interveñen nos procesos de innovación, sendo unha actividade fundamentalmente empresarial na que poden influír as universidades, os centros tecnolóxicos e as
administracións públicas, facilitándoa ou incentivándoa dunha forma máis ou menos directa. ¿Como conseguir un mellor intercambio, coordinación e apoio á innovación entre todos eles? A porcentaxe de fondos de I+D da Unión Europea captado por Galicia está por baixo do que lle correspondería por investimento, un investimento que se fai pequeno se nos comparamos con outras partes de España e de Europa. Pero o problema non é tanto que haxa poucos fondos para I+D, senón en como se gastan. Precisamos de accións estruturais profundas que incidan na creación de centros de investigación temáticos, con autonomía financeira, que manteñan un estrito control de resultados, con expectativas dignas, e que sexan pechados de non funcionaren, onde o investimento privado estea avalado por un sistema de I+D crible e eficaz para activar o papel da empresa. ¿Como facer máis competitiva a investigación en Galicia? ¿Como preparar mellor o noso sistema económico para coller investimento que busque un impacto claro no contorno socioeconómico? A sociedade galega precisa de máis emprendemento, da necesidade de informar, educar e inspirar os mozos, introducíndoos no espírito emprendedor dende idades temperás, co obxectivo de crear un caldo de cultivo que asegure un panorama de futuro en Galicia cun alto índice de autoemprego baseado na creación de valor a partir do coñecemento. Todo isto fai necesario un esforzo de avaliación e seguimento rigoroso das
entidades que dan soporte ao emprendemento dende a etapa universitaria, coordinando e optimizando a súa eficiencia, aumentando a visibilidade dos emprendedores galegos como modelos positivos, establecendo programas, políticas e redes sociais para promover relacións fluídas entre os centros educativos, as empresas e a sociedade en xeral; potenciando a internacionalización das iniciativas emprendedoras e reforzando a sensibilización en colectivos con menor tendencia cara ao autoemprego. ¿Como mellorar o sistema educativo para promover o espírito emprendedor entre os universitarios e investigadores (retornados) galegos? Estes e outros temas foron debatidos na primeira edición de “Diálogos”. As conclusións que achegamos nas seguintes páxinas, estruturadas por grupos de debate, pretenden ser compartidas coa sociedade, impulsar a visión da necesidade de instrumentos e políticas que melloren a nosa competitividade, poñendo en valor, asemade, estratexias que incentiven o desenvolvemento tecnolóxico e corrixan a nosa dependencia tecnolóxica ■
As fotografías destas páxinas son cortesía da Fundación Barrié
Modelos de investigación Unha aproximación económica BEGOÑA GRAÑA SUÁREZ | SARELA GARCÍA S A N TA M A R I N A | AU G U S TO V I L L A N U E VA RODRÍGUEZ GRUPO BARCELONA
É
unha realidade incuestionable que nunha economía globalizada o investimento en ciencia e tecnoloxía se perfila como unha das principais forzas motrices do crecemento económico e como un importante factor que contribúe á evolución social e cultural. Numerosos estudos e indicadores confirman que entre a metade e os dous terzos do crecemento económico futuro dos países occidentais dependerá, fundamentalmente, da investigación e da innovación. Dada a súa relevancia, é imprescindible un modelo de investigación estable no tempo, que permita establecer obxectivos a curto, medio e longo prazo. A Unión Europea (UE), por medio da Comisión Europea, dispón dunha Dirección Xeral de Investigación no marco do Espazo Europeo de Investigación (ERA)1 que ten como misión impulsar a política da UE no ámbito da investigación e desenvolvemento económico, coordinando as actividades para contribuír a mellorar a competitividade internacional. O Sétimo Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento (2007-2013)2 é o principal instrumento da UE no financiamento da investigación en Europa (aproximadamente 54.000 millóns de euros en sete anos). O Sexto Programa Marco de Investigación (2002-2006), apoiou a investigación española con preto de 943.000.000 euros. Entre os países da UE-27, España ocupa o posto 21 en termos de exportacións de alta tecnoloxía e o posto número 15 en relación á porcentaxe de participación exitosa no VII Programa marco (comparativamente, Alemaña está nos postos 10 e 8 respectivamente). O desenvolvemento rexional é esencial para aumentar a capacidade de investigación da UE.
O ERA3 dispón de instrumentos rexionais de información en España (Cataluña, Madrid, Valencia, País Vasco e Castela-León). En Cataluña toda a información se canaliza a través do Consell Interdepartamental de Recerca i Innovació Tecnològica (CIRIT) dependente da Generalitat4. Entre os plans desenvolvidos nesta Comunidade Autónoma destaca o Pacto Nacional para a Investigación e Innovación5, un acordo asinado en outubro de 2008 entre o goberno catalán, os partidos políticos con representación parlamentaria, as universidades catalás, asociacións empresariais, sindicatos e outros axentes sociais. Este pacto ten como folla de ruta un guión compartido na investigación e innovación para os próximos anos, e establece os compromisos de todos os axentes co obxectivo de permitir políticas estables e sinérxicas entre todos os actores do sistema cara ao horizonte do ano 2020. O obxectivo é achegarse ao 3 por cento do PIB investido en I+D en 2017, mentres que o investimento empresarial chegaría ao 4,5 por cento. Dende abril de 2010 Cataluña dispón dun Plan de Investigación e Innovación (PRI, 20102013)6, a través do cal o goberno catalán exerce as actividades de planificación, promoción e coordinación da investigación e innovación no país. Tamén é o principal instrumento en que se apoia o desenvolvemento do Pacto Nacional para a Investigación e Innovación nos próximos catro anos. Este plan cobre o período ata 2013, co fin de sincronizarse coa planificación Europea (FP7). A inversión prevista entre 2010 e 2013 é de 5.308 millóns de euros. Outra das liñas estratéxicas do modelo de xestión catalán é o programa da Fundación ICREA (Institució Catalana de Recerca i Estudis Avan-
A I N V E S T I G A C I Ó N E N VA L O R
çats)7, creada con capitais públicos no ano 2000 co obxectivo de promover a excelencia da investigación en Cataluña. As súas estratexias están baseadas na contratación de científicos con recoñecida reputación co obxectivo de liderar novos grupos de investigación en Cataluña. ICREA segue o modelo dun ‘institute without walls’ (instituto sen paredes), xerando convenios puntuais con centros investigadores consolidados do país onde os profesores-ICREA desenvolven a súa actividade produtiva. No período 2000-2008 contratou 222 profesores (júniors e seniors) en distintas áreas: Ciencias Biomédicas e da Vida (32 por cento), Ciencias Experimentais e da Matemática (27 por cento), Ciencias Sociais (10 por cento), Ciencias Humanas (13 por cento) e Novas Tecnoloxías (17 por cento). A nivel estatal é a institución con maior número de bolsas do Consello Europeo de Investigación8 e conta coas bolsas mellor dotadas e competitivas que concede a Comisión Europea. En Galicia, malia dispoñermos da Lei 12/1993, do 29 de xullo, de Fomento de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia9 co fin principal de coordinar os recursos, non temos un pacto estable autonómico para a investigación que estea asinado por todos os axentes implicados. Ao abeiro desta norma, eixe legal da I+D+i na Comunidade Autónoma, foi creado o Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico. O plan vixente ata o 31 de decembro de 2010 foi o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2006-2010, INCITE10). O seu obxectivo era impulsar o crecemento económico e social de Galicia mediante a mellora da súa capacidade científico-tecnolóxica, facilitando deste xeito a participación das empresas no proceso de innovación e a extensión dos beneficios da investigación ao conxunto da sociedade galega. Prevíase chegar ao 1,5 por cento de investimento en I+D sobre o PIB e que o esforzo empresarial constituíse o 50 por cento, sendo o orzamento total para eses catro anos de 800
Begoña Graña Suárez é licenciada en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e médico especialista en Oncoloxía Médica, MSc in Molecular Medicine do University College London. Actualmente, é persoal estatutario no servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Arquitecto Marcide en Ferrol. Dende xaneiro de 2010 realiza un período de investigación no Instituto de Oncoloxía do Hospital Universitario de Vall d’Hebron de Barcelona nas Unidades de Tratamento Molecular e Asesoramento Xenético do Cancro. Sarela García Santamarina é Química pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), diploma de Estudos Avanzados (DEA) en Bioquímica e Bioloxía Molecular pola Universidad Autónoma de Barcelona, e diploma como Axente de Cooperación Internacional da UPC. Na actualidade realiza a tese de doutoramento no Departamento de Estrés Oxidativo e Ciclo Celular da Universidad Pompeu Fabra de Barcelona. Augusto Villanueva Rodríguez é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente é investigador de posgrao no Laboratori de Recerca Translacional d’Oncología Hepàtica, IDIBAPS (Centre Esther Koplowitz, Barcelona), e director científico do consorcio HEPTROMIC, o primeiro proxecto de investigación translacional con enfoque a cancro de fígado, fundado pola Comisión Europea.
1. Accesible en: http://ec.europa.eu/dgs/research/index_es.html. 2. Accesible en: http://ec.europa.eu/research/fp7/index_en.cfm. 3. Accesible en: http://cordis.europa.eu/regions/home_en.html. 4. Accesible en: http://www.gencat.cat/temes/cas/tecnologia.htm. 5. Accesible en: http://www.gencat.cat/diue/doc/doc_21644099_1.pdf. 6. Accesible en: http://www10.gencat.net/pricatalunya/cat/index.htm. 7. Accesible en: http://www.icrea.cat/web/home.aspx. 8. Accesible en: http://erc.europa.eu/. 9. Accesible en: http://www.xunta.es/dog/Dog1993.nsf/5168f626b2ff46e04125664 4003720d2/fc6023cbe7c232cec1257546005db9df/$FILE/16100D00 1P003.PDF. 10. Accesible en: http://economiaeindustria.xunta.es/c/document_library/get_file?f olderId=16234&name=DLFE-1301.pdf.
Os axentes financeiros, os operadores públicos e privados de capital risco, investidores privados e bancos e caixas de aforro atópanse case que ausentes no sistema galego de I+D+i e poden ser de vital importancia para a construción e o impulso de novos proxectos de innovación empresarial, para a creación de empresas de base tecnolóxica e para a canalización do aforro privado á creación de novo tecido empresarial
millóns de euros. Os beneficiarios eran todos os axentes do Sistema Galego de I+D+i: sector empresarial, sistema público (universidades, organismos públicos de investigación, entes e centros públicos de investigación), centros tecnolóxicos, parques científico-tecnolóxicos, institucións sen ánimo de lucro e persoas físicas. Estaba estruturado en programas horizontais, xerais (15 por cento do orzamento: Promoción Xeral da Investigación, Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas e Programa Resultado-Valor) e sectoriais (30 por cento do orzamento: Programa de Tecnoloxías Críticas Transversais, Programa PEME, Programa I+D suma, Programa de Innovación Empresarial, Programa de Proxección Exterior do Sistema Galego de Innovación). Os programas horizontais definían os eixes centrais da actuación cunha dotación do 30 por cento sobre o global e cos seguintes instrumentos: Programa de Recursos Humanos, Programa de Articulación do Sistema Galego de Innovación e Investigación, e Programa de Comunicación e Sensibilización Social. O programa de Recursos Humanos tiña o obxectivo de definir unha carreira científica que posibilitase a formación e consolidación dos investigadores e lles permitise a integración estable dentro do sistema galego de I+D+i cun orzamento do 22 por cento sobre o total (175 millóns de euros). Cómpre sinalar que no ano 2010 non se realizou ninguhna convocatoria de nova adxudicación do programa de recursos humanos á espera do anunciado programa TalentGalia, plan para contratar 64 investigadores de fóra do país, cun orzamento de 12,3 millóns de euros no período 2011-14. Actualmente existen diferentes programas (estatais e autonómicos) en España para levar a cabo unha carreira investigadora. Diferéncianse en canto a número de contratos e o investimento de recursos (figura 1). No debate sobre a procura de melloras na situación da investigación en Galicia cómpre referirse ás consideracións finais recollidas no INCITE (pp. 61-62).
A análise das fortalezas e debilidades do sistema de investigación e innovación amosa que Galicia presenta un enorme atraso con respecto ao da Unión Europea e unha significativa distancia con relación á media de España [...]. No sistema público de investigación, constituído polas universidades e os centros de investigación promovidos pola Xunta e polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO), as debilidades principais son a falta de recursos humanos suficientes, a atomización das actuacións e unha dimensión insuficiente dos grupos e centros de investigación. Neste senso, existen verdadeiras dificultades para a incorporación de científicos e para o desenvolvemento da carreira investigadora dos investigadores e investigadoras máis novos, o cal dificulta a remuda xeracional e a consolidación de liñas emerxentes […]. No ámbito empresarial, os principais puntos débiles son unha estrutura produtiva na que predominan as pequenas empresas, cunha capacidade moi reducida para levar a cabo estratexias innovadoras. Ademais da falta de especialización nos sectores de maior contido tecnolóxico, destaca a escasa cultura innovadora empresarial e as debilidades en xestión da innovación, o que implica pouca innovación de produto, unha utilización limitada de tecnoloxías avanzadas de produción e unha baixa frecuencia de adopción de relacións de cooperación entre as empresas, en definitiva, dotadas dun estilo de xerencia pouco orientado ás redes e ás alianzas, que impide o acceso aos recursos e ao coñecemento […] Os axentes financeiros, os operadores públicos e privados de capital risco, investidores privados e bancos e caixas de aforro atópanse case que ausentes no sistema galego de I+D+i e poden ser de vital importancia para a construción e o impulso de novos proxectos de innovación empresarial, para a creación de empresas de base tecnolóxica e para a canalización do aforro privado á creación de novo tecido empresarial […]. Así mesmo, a propia sociedade, ao esixir modelos de sustentabilidade e evolucionar cara a novos paradigmas sociais de participación coñecemento e creatividade, pode actuar como impulsora e catalizadora do sistema […]. Ademais, a pesar
Fontes: Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia; Departament d’Universitats, Reçerca i Societat de la Informació, Generalitat de Catalunya; Agència de Gestió d’Ajuts Universitaris i de Recerca, Generalitat de Catalunya; Ministerio de Ciencia e Innovación, Gobierno de España; Pla de Recerca e Innovació, Generalitat de Catalunya
de que as mulleres constitúen máis da metade do conxunto de licenciados universitarios, a súa presenza nos postos de dirección do mundo da investigación científica é moi escasa […]. Finalmente, os recursos destinados por parte da Administración autonómica e do Estado á I+D+i foron insuficientes para impulsar o avance que require o sistema. Ademais, a avaliación da súa eficacia e o seguimento dos seus resultados foi unha práctica pouco frecuente.
Preguntas e respostas ¿É preciso establecer un modelo de investigación baseado no coñecemento e a innovación para o desenvolvemento de Galicia na Europa dos próximos anos? Si, é indispensable se queremos nos próximos anos ser competitivos e situar Galicia no mapa do noso contorno europeo. ¿Temos, na actualidade, un modelo de investigación en Galicia, entendendo como tal un conxunto de estruturas ben definidas encamiñadas á promoción, autoxestión, financiacimento e avalia-
ción da actividade investigadora xerada na nosa comunidade? Non, non existe un modelo que permita crear estruturas e realizar proxectos a medio-longo prazo co obxectivo de que unha comunidade periférica como Galicia poida ser produtiva no marco europeo. ¿Axudaría un plan de apoio a “longo prazo” á investigación asinado por todos os axentes comprometidos na toma de decisión a nivel galego? ¿Ten sentido un gran pacto social pola investigación dende e para Galicia? Galicia precisa unha folla de ruta compartida en investigación e innovación para os próximos anos que estableza a estratexia, retos, obxectivos, así como o compromiso dos axentes sociais implicados. É necesario establecer criterios de avaliación de resultados que fosen públicos. Este modelo de progreso debería fundamentarse na educación, investigación e innovación. As oportunidades para Galicia só existirán se as respostas aos problemas actuais están ben orientadas, son sólidas, con visión a longo prazo e con resultados xerados á velocidade precisa ■
Educar para emprender MIGUEL ALONSO ALONSO | FERNANDO CELA DÍAZ | XOANA GONZÁLEZ TRONCOSO | TA N I A L A D O I N S UA | A N D R E A P O U S A D A C A S A L | C A R M E N VA R E L A C A S T RO GRUPO EE.UU. ¿Que sería da vida se non tivésemos o valor de tentar algo novo? Vincent van Gogh
A
educación é un factor moi importante no desenvolvemento do espírito emprendedor dun individuo, mais debe entenderse nun contexto amplo e de influencias complexas. Máis aló dos centros docentes, a educación que ten lugar no núcleo familiar é crítica (estímase que ata un 60 por cento dos emprendedores en España teñen un pai ou nai autoempregados). Ademais, outras influencias (círculos sociais, medios de comunicación, pulso da vida nas cidades e vilas, e contexto económico, social e político) tamén son determinantes. A manifestación de condutas emprendedoras nunha sociedade depende fundamentalmente da óptima interacción de tres factores: individual, ambiental e situacional. Nas liñas seguintes repasamos algúns aspectos destes tres factores, que poden ter relevancia para promover o espírito emprendedor no ámbito educativo en Galicia.
O factor individual: ¿temos os galegos unha mentalidade emprendedora?
Para responder a esta pregunta cómpre coñecer que é o que define o emprendedor como individuo. Nas últimas décadas realizáronse varios traballos nesta dirección, sobre todo baixo un enfoque psicolóxico e co estudo da personalidade humana baseada na análise de factores, como por exemplo o modelo dos cinco grandes (Big Five) de McCrae e Costa, 1987. As conclusións destes traballos apuntan a que a personalidade do emprendedor combina altas puntuacións nas dimensións de responsabilidade (determinación,
autodisciplina) e apertura mental (imaxinar ou aceptar novas ideas e experiencias), con niveis baixos de neuroticismo (inestabilidade emocional, tendencia á inseguridade) e amabilidade (preocupación e sensibilidade para cos outros e as súas necesidades). Estas características contrastan, cando menos en parte, coa inseguridade e baixa propensión a aceptar o novo e arriscado que tipicamente se atribúen á idiosincrasia galega, consideradas resultado histórico da dispersión da poboación e as adversidades do clima. Galicia e, sobre todo, o rural galego son referidos en textos literarios cun trasfondo psicolóxico de envexa, desconfianza, superstición e nostalxia. Debido á limitada información rigorosa sobre o tema, é difícil determinar canto disto é —ou era— real e canto hai de ficción literaria. En calquera caso, existen claras evidencias de que a Galicia contemporánea, polarizada máis que nunca en centros urbanos, está cada vez menos ancorada estrutural e mentalmente ao campo. Estudos de estereotipos realizados nas décadas pasadas no resto de España poñen de manifesto que entre os factores cos que se categoriza a xente galega fóra das nosas fronteiras están a responsabilidade, a capacidade de traballo, a benevolencia e a capacidade de sufrimento, mais tamén se nos segue a definir como pechados, supersticiosos e desconfiados. Estudos sociolóxicos recentes suxiren un alto nivel de autoestima nas nosas cidades e un progresivo aumento da modernización da cultura urbana galega. Unha enquisa de Sondaxe realizada a finais do ano 2000 revela unha representa-
A I N V E S T I G A C I Ó N E N VA L O R
ción significativa da tipoloxía social de mozos dinámicos, que ocuparían un 17,4 por cento da poboación das cidades galegas e que se caracterizan por seren abertos e independentes, buscar a autorrealización, a liberdade e a independencia persoal, pero sen que sexa a expensas de perder o compoñente de goce da vida. Ademais, este subgrupo caracterízase por darlles menos importancia ao traballo e aos cartos que as xeracións previas. Esa combinación de valores, crenzas e comportamentos non semella ser a máis óptima para o xurdimento de actividades emprendedoras, mais supón, en calquera caso, unha aproximación diagnóstica á realidade na que basear futuras análises e actuacións. ¿Como son os emprendedores no noso entorno? Nunha enquisa que comparou a opositores e emprendedores españois sinálase que os emprendedores teñen máis autoconfianza e percepción de control sobre o seu destino, toman máis decisións, aceptan mellor o risco —sempre que sexa moderado—, perseguen metas máis claras, son máis individualistas, enérxicos e dominantes, teñen un mellor concepto de si mesmos, utilizan un razoamento analítico por medio da lóxica, están disconformes coa rutina, non buscan acomodarse ao mundo e non establecen vínculos afectivos e lealdades moi fortes. Segundo o informe executivo do Global Entrepreneurship Monitor (GEM 2008), o perfil actual do emprendedor galego é o dun home duns 40 anos que vive nun entorno urbano. Só un 15 por cento das accións emprendedoras galegas se levan a cabo nas áreas rurais.
Miguel Alonso Alonso é licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, médico especialista en Neuroloxía polo Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, DEA en Neurociencia pola Universidade de Vigo, e MSc in Clinical Neuroscience polo Institute of Neurology-Queen Square de Londres. Na actualidade e Instructor de Neuroloxía na Harward Medical School. Fernando Cela Díaz é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, Mestrado en Dirección de Sistemas de Información e Comunicación pola Universidade Politécnica de Madrid, e MS in Engineering and Management en MIT, USA. Na actualidade traballa na área de Risco Estratéxico do Bank of América en Nova York como VP & Engineering Manager. Xoana González Troncoso é licenciada en Física pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Neurociencia polo University College London. Na actualidade é investigadora posdoutoral no laboratorio do doutor Richard Anderson no CAlifornia Institute of Tecnology. Tania Lado Insua é licenciada en Ciencias do Mar e DEA en Bioloxía mariña e Acuicultura pola Universidade de Vigo e Mestrado en Enxeñería Oceánica pola Universidade de Rhode Island, na que actualmente cursa o doutoramento. Andrea Pousada Casal é licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Neurociencia pola Facultade de Medicina da Universidade Complutense de Madrid. Na actualidade realiza un Postdoc en Neurociencia no Departamento de Psiquiatría da Facultade de Medicina da Universidade de Harvard (EUA). Carmen Varela Castro é diplomada en Fisioterapia e licenciada en Bioloxía pola Universidade da Coruña. Na actualidade realiza o seu traballo de investigación no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts como investigadora posdoutoral.
O ambiente para emprender en Galicia: atrancos a superar As barreiras que frean o desenvolvemento do espírito emprendedor nunha sociedade son fundamentalmente de tipo regulatorio, financeiro e sociocultural. Estas últimas son especialmente relevantes, e quizais as máis difíciles e lentas de cambiar. No caso concreto de Galicia, o compo-
Nos últimos anos aumentaron considerablemente os esforzos para promover o espírito emprendedor no ámbito educativo, sobre todo no sistema universitario galego. As nosas universidades organizan regularmente concursos de empresarios, competicións de ideas, premios para proxectos innovadores, conferencias de emprendedores, etc.
ñente sociocultural é hostil para o emprendedor. Tende a existir unha aversión social perante o risco e baixa tolerancia a erros, que se transfire ao alumnado, ao seu entorno social inmediato (familia, amigos), ás institucións educativas, ás empresas e á sociedade en xeral. Abunda unha percepción fatalista, de falta de control sobre o propio destino (chegando ás veces á desesperanza), combinada con baixa confianza e pouca estima cara ás institucións. Por outra banda, téndese a buscar a estabilidade como forma desexada de vida. Hai tamén unha arraigada primacía da igualdade sobre a liberdade, que acotío ocasiona malentendidos. En consecuencia, a academia tende a ollar a industria e os seus motivantes comerciais e económicos con desconfianza, e esta última non adoita depositar a súa confianza na universidade para atopar solucións prácticas, rendibles e dinámicas aos seus problemas. Hai actitudes, crenzas e percepcións de orixe sociocultural que deberían ser superadas, ou polo menos autoanalizadas, para facer máis doado o progreso, a innovación e o desenvolvemento dunha cultura empresarial forte en Galicia. Cambiar todos estes condicionantes socioculturais presenta innumerables retos prácticos. Por exemplo, un aspecto a ter en conta é o feito de que Galicia é das comunidades con máis alta porcentaxe de funcionarios en España: en torno ao 23 por cento en 2010. A maior abundancia de traballadores dependentes de institucións, menor probabilidade de exposición social a experiencias de emprendemento. Como resultado da adversidade do contorno sociocultural galego para o emprendemento, moitos optan por marchar antes que ceder e adaptarse. É ben coñecido o éxito da xente galega no exterior, o que confirma que en Galicia a materia prima —a individualidade— é moi boa, mais falla o entorno. Nun apuntamento histórico sobre a constitución da Casa de Galicia de
Nova York pódese ler unha descrición moi ilustrativa neste senso sobre os seus fundadores, galegos emigrados a América nos anos 40: Pertenecían a una generación extraordinaria […] no cabe duda de que las personas que huyeron de Galicia eran los buscavidas, arriesgados, emprendedores y no conformistas, precisamente aquellos individuos que en un ambiente libre forman parte del núcleo que le suele dar una vitalidad esencial a la cultura y economía de una nación. La prueba del potencial innato de los inmigrantes gallegos, muchos de ellos campesinos y jornaleros que se vieron obligados a abandonar Galicia generalmente sin oficio o una educación adecuada, se llegó a ver, si no en sus acontecimientos, sí en el éxito de los hijos y nietos que supieron aprovechar las generosas oportunidades de la nación anfitriona. Fue esta clase de gente, hombres y mujeres inteligentes todos ellos como diamantes sin pulir, que levantaron una de las grandes instituciones étnicas de Nueva York, Casa Galicia.
Na actualidade a realidade de Galicia é similar: miles de mozos galegos —probablemente os que teñen un perfil psicóloxico máis emprendedor— vense obrigados a deixar a terra cada ano en busca de lugares máis receptivos á súa visión da vida e ás súas inquedanzas profesionais.
Cara ao futuro: ¿signos de mellora? A pesar de todos estes obstáculos, Galicia ten unha gran potencialidade de xerar emprendemento. Episodios tan diferentes da nosa historia como a xestación do mito de Santiago de Compostela, nos séculos VIII e IX, o mito celta, o legado da comunidade galega no exterior ou, máis recentemente, o fenómeno de Inditex, poden inspirarnos a imaxinar onde poderiamos chegar se canalizásemos de xeito adecuado todo o potencial creativo e innovador da nosa terra.
O cambio da valoración e recepción do emprendemento é esencial para facilitar a implantación de iniciativas en Galicia e sacar proveito do talento individual da nosa terra. Segundo o informe GEM 2008, a inmensa maioría da poboación galega non recibiu ningún tipo de formación específica para emprender na educación primaria/secundaria (87,08 por cento), nin posteriormente (86,05 por cento). Porén, as cousas están a cambiar. Nos últimos anos aumentaron considerablemente os esforzos para promover o espírito emprendedor no ámbito educativo, sobre todo no sistema universitario galego. As nosas universidades organizan regularmente concursos de empresarios, competicións de ideas, premios para proxectos innovadores, conferencias de emprendedores, etc. As incubadoras/viveiros de empresas esténdense pola nosa xeografía e cada vez están máis presentes nos campus. Son datos esperanzadores. A Universidade de Santiago de Compostela (USC) inaugurou o edificio Emprendía, na Universidade de Vigo (Uvigo) está a Cátedra Bancaja Mozos Emprendedor@s... Estas iniciativas se complementan con outras existentes por parte de institucións consolidadas como FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galicia), os paquetes económicos do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica) da Xunta de Galicia, e outras organizacións (bancos, caixas de aforro, o Consorcio Zona Franca de Vigo, etc). Un programa prometedor dende un ángulo diferente é o Erasmus for Young Entrepreneurs, que comezou en 2009 e que pode permitir a mozos galegos viviren nunha realidade sociocultural diferente á nosa, coa posibilidade de aprender novas estratexias para superar as barreiras do noso entorno e fomentando unha vocación internacional entre os mozos dende cedo. Con todo, a pesar destes cambios, non atopamos datos que suxiran evidencias de avaliación e seguimento de preto destes procesos. Cumpriría realizar estudos detallados para identificar e monitorizar a evolución dos factores socioculturais relacionados coa xeración de emprendedores. Ademais, hai poucas accións nos niveis máis elementais do sistema educativo. As experiencias en etapas precoces poden axudar ao fomento do espírito emprendedor. En xeral, o enfoque educacional requirido é diferente da abordaxe tradicional (táboa 1). O establecemento de medidas estruturais e de apoio financeiro debe complementarse con estratexias de promoción do autoemprego como forma atractiva e viable de
Global Entrepreneurship Monitor
INFORME EJECUTIVO GALICIA 2009
Non todas as ideas que a sociedade galega ten e vai ter nos vindeiros anos van ser comercializables. Tampouco todas as patentes rexistradas chegan a converterse en produtos, mais unha porcentaxe desas ideas pode chegar a ser produto estrela dun mercado anteriormente inexistente
desenvolvemento profesional. O fluxo básico do proceso empresarial (táboa 2) abrangue un compoñente de percepción de desexabilidade, que está moi ligado a factores socioculturais.
Estratexias para mellorar o contorno galego cara á xeración de emprendedores
Analizar as circunstancias e características específicas de Galicia a través da avaliación e do seguimento regular do emprendemento, os resultados da iniciativas en curso e a súa interacción co sistema educativo. Fomentar o intercambio entre as distintas partes interesadas, posibilitando a aprendizaxe e realizando esforzos coordinados e eficientes. Aumentar a visibilidade dos empresarios e emprendedores de Galicia como modelos positivos e aumentar o seu prestixio social para facilitar a aparición de vocacións emprendedoras entre os mozos. Informar, educar e, sobre todo, inspirar os mozos e mozas de Galicia. Estimular e fortalecer a exploración e a curiosidade en xeral e en concreto polo mundo empresarial, ofrecendo oportunidades para experimentar e descubrir situacións e escenarios próximos á realidade. Introducir o alumnado nos procesos de comercialización do coñecemento e da tecnoloxía. Inculcar o espírito emprendedor dende cativos. Fomentar a independencia e o autoemprego como opción de carreira atractiva e reforzar a vocación de liderado entre os estudantes. Establecer programas, políticas e redes sociais para promover as interaccións entre escolas, empresas e sociedade en xeral. Promover a internacionalización e a participación do sector privado e do público en xeral no proceso de educación para emprendedores. Estes factores tamén poden axudar a garantir o mantemento das iniciativas empresariais emerxentes na universidade. Fortalecer os grupos con menor iniciativa para o emprendemento e a empresa con activida-
des educativas dirixidas (por exemplo, para as mulleres e os residentes en áreas rurais).
Cinco ideas concretas para aumentar o emprendemento en Galicia a nivel educativo Concurso 50 Creación dun concurso anual para os empresarios galegos como unha plataforma que integra educación, innovación e empresa, baseada na simulación práctica. ¿Que fai un emprendedor en Galicia cando ten unha idea pero non ten os cartos para realizala? Ten que recorrer, en xeral, a fondos propios privados para a súa realización e nalgúns casos pode acceder a axudas do Estado. Precisamos da xeración dun contorno no que non só se poidan comentar abertamente as ideas, senón chegar a un desenvolvemento económico que as impulse ao mercado. Non todas as ideas que a sociedade galega ten e vai ter nos vindeiros anos van ser comercializables. Tampouco todas as patentes rexistradas chegan a converterse en produtos, mais unha porcentaxe desas ideas pode chegar a ser produto estrela dun mercado anteriormente inexistente. Propoñemos a organización dunha competición do estilo da organizada polo Massachusetts Institute of Technlogy (MIT100K): a implicación de capital privado, coa participación de xurados do mundo real innovador e empresarial. Este concurso non debe estar limitado a un rango de idades e non debe de predeterminar o nivel de estudos dos candidatos. A competición hase desenvolver en etapas, ao longo de seis meses, coa presentación pública dos equipos, as súas ideas, plans de empresas, simulación de escenarios, etc. No desenvolvemento desta iniciativa promoveranse as ideas creativas, a importancia que o produto terá para o individuo ou a sociedade en xeral, a multidisciplinariedade do equipo de traballo e o espírito de equipo. Para a presentación
dunha idea a concurso esixirase un plan e un desenvolvemento conceptual da idea e un plan e análise das seguintes fases, que non deben superar o custo de 50.000 euros (a non ser que se declaren outras fontes de capital) que o concurso require. No caso de que a idea sexa o desenvolvemento dun produto, o premio do concurso destinarase maioritariamente a cubrir gastos do deseño do sistema e o deseño detallado do produto, o seu testado e refinamento (incluíndo prototipado) e, finalmente, ao desenvolvemento do sistema de produción e manufacturado do produto. No caso de que a idea sexa para o desenvolvemento dun servizo, o premio poderá destinarse a cubrir salarios, instalacións e mercadotecnia do servizo durante un período de tempo acordado entre o equipo que presenta a idea e o xurado. É importante tamén a creación dun proceso de avaliación do “Concurso 50” e da súa repercusión na sociedade. Para isto propoñemos un sistema de reconto do número de startups xeradas no proceso e unha análise da facturación acumulativa dos produtos/servizos xerados. Estratexia TEG Transmisión mediática dos emprendedores galegos (TEG) de éxito para aumentar o seu prestixio social e promover actitudes, crenzas e comportamentos favorables para o espírito emprendedor. Ademais da habitual presenza en xornais e información, propoñemos diversas accións específicas no ámbito dos medios de comunicación: 1) A realización dunha iniciativa semellante ás conferencias TED (www.ted.com) centradas na innovación e emprendemento en Galicia, 2) A produción anual dun documental con experiencias persoais de emprendedores galegos que podería difundirse tanto nas escolas como nas televisións locais e na TVG no caso de que estivesen interesadas, 3) A creación de concursos de televisión para estudantes universitarios e de secundaria onde os equipos compitan no desenvolvemento e implementación de proxectos innovadores, 4) O recoñecemento da figura do emprendedor-innovador na vida diaria mediante o nomeamento de rúas, prazas, institucións, día do emprendedor, etc. O proceso de avaliación desta iniciativa basearase no número de asistentes ás charlas e no número de visitas que reciba a páxina web do TEG. Universidade de Vigo. Laboratorio de electrónica de potencia Fotografía: J. Albertos
Propoñemos a creación dun corpo de educadores, facilitadores e orientadores cunha acreditación baseada exclusivamente en méritos de innovación e emprendemento, independentemente da súa formación académica
Proxecto Osmose Promover a Osmose na Universidade, coa creación de espazos abertos e informais de aprendizaxe interdisciplinar creativa. Estes sitios poderían integrar iniciativas existentes das actividades académicas, tales como asociacións de ex-alumnos, radio, televisión universitaria, etc. e servir así para coordinar asociacións con institucións extra-universitarias e iniciativas globais, como http://www.pechakucha.org/. Estes espazos creativos fomentarían as sinerxías, converténdose deste xeito en sementes para o desenvolvemento de ideas e proxectos innovadores. É preciso dotar ás universidades de máis canles de comunicación entre escolas e premiar as estratexias colaborativas. Na universidade galega, coma en moitos outros casos, o potencial está presente, pero tremendamente desaproveitado. Moitas veces miramos ao exterior asombrados polo que se fai en EUA ou noutros puntos de Europa ou de España e non somos conscientes do que fai no laboratorio do lado, ou do que se podería facer en colaboracións interdisciplinares dentro da mesma universidade. Unha iniciativa exitosa nese sentido que se está a pór en marcha é o Harvard Catalyst, que funciona como un organismo articulador de grupos de investigación dentro da mesma universidade de cara a innovar e realizar traballos multidisciplinares. Tamén sería importante a creación de laboratorios de converxencia (espazos interdisciplinares de traballo que permitan á xente con inquedanzas nun tema traballar en proxectos conxuntos e organizar eventos). A avaliación deste tipo de iniciativas pasa polo reconto de startups/proxectos residentes e o número de actividades organizadas en conxunto.
Proxecto viveiro ou aulas extendidas Cambiar o paradigma educativo: do coñecemento á práctica, promovendo a aprendizaxe baseada en problemas, estudos de casos e situacións reais coa mediación de innovadores. O ensino en Galicia tende a ser moi teórico. Con este proxecto intentamos cunha aproximación diferente o desenvolvemento dos “viveiros de talento” (Sadler 2006), creando ambientes ideais
para a innovación e o desenvolvemento de ideas nun entorno previo á saída ao mundo laboral. Propoñemos a creación dun corpo de educadores, facilitadores e orientadores cunha acreditación baseada exclusivamente en méritos de innovación e emprendemento, independentemente da súa formación académica. O seu rol sería unicamente axudar aos alumnos a descubrir por si mesmos. Facilitaríase a súa entrada no sistema de ensino a través de talleres, seminarios, discusións de casos prácticos, actividades extraescolares, etc. Ex-alumnos das universidades galegas poderían expoñer problemas reais da industria que permitan a grupos de estudantes traballar de xeito máis próximo á empresa por un período curto de tempo (arredor de catro semanas). Os estudantes serían considerados membros integrais do equipo da empresa, recibindo crédito académico a cambio, pero non necesariamente compensación económica. Esta iniciativa, que se pode facer en centros industriais, tecnolóxicos e en empresas, desenvolveríase no plan de estudos e tamén no seo de sociedades ou clubs de mozos emprendedores, dende a escola secundaria á universidade. Ao mesmo tempo, os educadores poderían actuar como enlaces para as empresas que ofrecen estadías prácticas e como cazatalentos, beneficiándose tamén desta interacción. A súa avaliación precisa un reconto do número de proxectos realizados e un seguimento por enquisas da satisfacción tanto dos estudantes como das empresas. Acordos internacionais-institucionais, en sectores estratéxicos, coas principais universidades para acceder a canles de excelencia internacional e mellorar a competitividade Este tipo de acordos permitiría a mobilidade temporal de estudantes e docentes e a interacción en proxectos conxuntos. O capital humano en Galicia poderíase aproveitar e desenvolver en maior medida fomentando a interacción con centros punteiros internacionais. A sinerxía para proxectos conxuntos e formación dos nosos universitarios podería elevar o recoñecemento das nosas universidades a outro nivel. Algúns exemplos deste tipo de iniciativas en España son o MIT-Zaragoza Internacional
Logistics Program, o acordo do Hospital de Valdecilla coa Harvard Medical School para tecnoloxías de simulación médica, o convenio do equipo de Ferrán Adrià con Harvard para desenvolver novas texturas e materiais na cociña ou, a nivel estatal, os acordos de Portugal co MIT, Harvard Medical School, University of Texas-Austin e Carnegie-Mellon ■
Bibliografía Álvarez, D. (2009). Galegos na diáspora 1989-2009. Xunta de Galicia. Boulden G. (2006). “Action Learning”, en Business the Ultimate Resource por Goleman D. A & C Publishers Ltd., 2ª edición. Bowen R. B. (2006). “Making recognition and rewards a ‘WholePerson’ Experience”, en Business the Ultimate Resource por Goleman D. A & C Publishers Ltd., 2ª edición. Chacón Fuertes F. (1986). “Estereotipos regionales de los madrileños”, en Papeles del Psicólogo 25, maio. Consortium for Entrepreneurship Education. National Standards of Practice for Entrepreneurship Education. http://www.entre-ed.org. Faro de Vigo. “Galicia tiene 10.600 empleados públicos más que en 2009 y representan ya el 23 por ciento de los asalariados”, 20-XII-2010. http://www.farodevigo.es/galicia/2010/12/20/galicia10600-empleados-publicos-2009-representan-23-asalariados/501938.html. Global Entrepreneurship Monitor (GEM). Informe Ejecutivo Galicia 2008. http://www.gemgalicia.org/files/InformeEjecutivoGEMGalicia2008.pdf. Gordon, E. E. (2006). “Human capital”, en Business the Ultimate Resource, por Goleman D. A & C Publishers Ltd., 2ª edición. Kantis, H. (ed.), Angelelli, P., Koenig, V. M. (2005). Developing Entrepreneurship. Experience in Latin America and Worldwide. Inter-American Development Bank Fundes Internacional. Lisón Tolosana, C. (1991). “Antropología de los pueblos del norte de España: Galicia”, Revista de Antropología Social 0, pp. 13-29. Local Economic and Employment Development (Program), Organisation for Economic Co-operation and Development (Edited
by Jonathan Potter). Entrepreneurship and higher education. OECD Publishing 2008. Martins, S. (coodinadora ADRIMAG) (2004). “Barriers to entrepreneurship and business creation. European Entrepreneurship Cooperation”. http://www.adrimag.com.pt/downloads/cooperacao/Barriers %20entrepreneurship%20and%20business%20creation.pdf. Rugman, A. M. (2006). “Globalization and regional Business strategy”, en Business the Ultimate Resource por Goleman D. A & C Publishers Ltd., 2ª edición. Sadler, P. (2006). “Finding and keeping top talent”, en Business the Ultimate Resource por Goleman D. A & C Publishers Ltd., 2ª edición. Sánchez Almagro, M. L. (2003). Perfil psicológico del autoempleado. Tese de doutoramento. Departamento de Psicología Diferencial y del Trabajo. Facultad de Psicología. Univerdidad Complutense de Madrid. http://www.ucm.es/BUCM/tesis/psi/ucm-t26888.pdf. Ulrich K. T. e Eppinger S. D. (2008). Product design and development. McGraw-Hill International Edition, 4ª edición. Vázquez Fernández, X. G. (2006). Las imágenes conformantes de la realidad social. Tese de doutoramento. Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración. Facultade de Socioloxía Universidade da Coruña. http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/1158/1/VazquezFernandez_XoseGabriel_td.pdf. Zapata, M. “La historia de Casa Galicia”. http://www.casagaliciany.com/historia%20de%20casa%20ga licia.pdf . Zhao H. e Seibert S. E. (2006). “The Big Five Personality Dimensions and Entrepreneurial Status: A Meta-Analytical Review”, en Journal of Applied Psychology 91(2), pp. 259-271.
Innovación ANTONIO GARCÍA FERNÁNDEZ | MARÍA JESÚS SOBRIDO GÓMEZ | EDUARDO SÁNCHEZ VILA | MONTSE FERNÁNDEZ PRIETO GRUPO A CORUÑA-SANTIAGO
Q
ue entendemos por innovación? Velaquí a primeira cuestión que se formulou no grupo de traballo, e que deu pé ás primeiras cuestións: ¿Investigamos para innovar?, ¿é posible innovar sen investigar?, ¿debe ser innovadora toda a investigación?, ¿debe ser toda a investigación aplicada ou tecnolóxica? Cremos que sen investigación básica non hai nin haberá innovación ao longo prazo, pero ¿quen debe entón facer a investigación básica se semella que as empresas queren un resultado inmediato, un produto para a venda no mercado? ¿Innovar e investigar son algo distinto ou complementario? O concepto de innovación foi introducido dende o ámbito económico a comezos do século XX, e desenvolvido posteriormente dende mediados dos anos cincuenta debido ao interese pola innovación (tanto tecnolóxica coma non tecnolóxica) no desenvolvemento económico. Innovar é un conxunto de actividades que conducen á transformación dunha idea nun produto vendible, un novo produto ou ben a modificación dun xa existente para melloralo, ou como proceso operativo na industria e no comercio, ou como novo método de servizo social. Investigación é o proceso a través do cal obtemos novos coñecementos, normalmente a través do método científico, baseado na xeración de hipóteses e corroboración ou refutación das mesmas a través de experimentos ou formulacións teóricas. Estes coñecementos poden ter unha aplicación práctica inmediata ou ningunha aplicación evidente. O seu valor radica no coñecemento por si mesmo. Innovar non é o mesmo que investigar. Por iso deben existir políticas de financiamento claramente diferenciadas. Non é imprescindible investigar para innovar, xa que se poden realizar innovacións moi relevantes a partir do coñecemento xerado por outros. E tampouco é impres-
cindible innovar para investigar, xa que o novo coñecemento xerado na investigación xa ten valor de seu. Innovar tampouco consiste necesariamente en desenvolver produtos máis complexos. De feito, grandes innovacións adoitan consistir en lograr o mesmo funcionamento de forma máis simple. Pero tanto o proceso de investigación coma o de innovación parten da xeración de ideas. A innovación conxuga dous aspectos complementarios: o creativo e o comercial. É dicir, para innovar non só é necesario idear algo novo senón que hai que trasladalo en forma de instrumento útil á sociedade ou de valor comercial. A innovación así vista é un concepto intimamente ligado ao de transferencia. O que implica, por unha parte, o recoñecemento dun mercado potencial ou dunha necesidade para o novo produto, proceso, servizo ou forma de organización e, por outra parte, como en todo proceso creativo, é necesaria a utilización de coñecemento, que pode ser de orixe comercial, xerencial ou tecnolóxica. Despois dos anos oitenta do século XX, conceptualízase a innovación coma conxunto de actividades interrelacionadas e cuns resultados frecuentemente incertos. Neste contexto, as empresas non son axentes illados no proceso de innovación, senón que outros actores inflúen na innovación empresarial: outras empresas, clientes, provedores, institucións educativas e de investigación que facilitan man de obra cualificada ao mesmo tempo que son fonte de coñecemento científico e tecnolóxico, as administracións públicas de apoio á investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, as infraestruturas de soporte á innovación, ou as entidades financeiras e os provedores de servizos de apoio á empresa. Vista a complexa interdependencia entre innovación, investigación e economía, a capacidade de innovación amósase como un dos facto-
A I N V E S T I G A C I Ó N E N VA L O R
res clave para a mellora da competitividade. Tanto a investigación como a innovación son imprescindibles para unha sociedade baseada no coñecemento. A primeira achega o coñecemento, mentres que a segunda achega un beneficio económico para a sociedade. En rexións como a nosa, con estruturas de actividade económica de baixo nivel de innovación, debemos pensar que unha mellora nestes aspectos debera ser un elemento esencial de calquera estratexia de desenvolvemento económico, decidindo en que aspectos podemos ser competitivos e en cales podemos ser innovadores, contemplando a necesidade da innovación dende a investigación básica á aplicada, por terse comprobado que a adopción de medidas para fomentar a innovación estimula o desenvolvemento económico e a mellora da calidade de vida das poboacións afectadas.
¿Canto gastamos en innovación? Segundo os indicadores rexionais de innovación europeos1 (http://www.proinno-europe.eu) para o ano 2009, Galicia sitúase entre as rexións por baixo da media, tocante aos recursos e aos resultados obtidos valorados conxuntamente. Respecto do gasto público e das institucións educativas e investigadoras, estamos un 36 por cento por baixo das áreas europeas máis innovadoras, que vén ser un pouco superior á media das rexións españolas. Mentres que a diferenza se atopa no relativo ao esforzo privado ou empresarial, vemos que en Galicia é menor do que realiza o sector público, e ao revés do que acontece noutras rexións, incluso dentro das españolas, a media é inferior. Se falamos das pequenas e medianas empresas (pymes), a porcentaxe das que realizan prácticas innovadoras respecto ao total cae en Galicia ao 50 por cento por baixo en innovación de produtos ou procesos, en comparación ás rexións máis innovadoras, as que neste dato se aproximan algunhas españolas como Cataluña, e no relativo á mercadotecnia ou organización só
Antonio García Fernández é arquitecto coa especialidade de Urbanismo pola Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSA) da Coruña e l’École d’Architecture et des Régions Nord-Lille (Francia). Mestrado en Restauración Arquitectónica polo ITG e en Deseño Urbano pola TUDelft-Holanda. É investigador no ULAB da TUDelft, director da editorial Edicións Espontáneas e profesor de proxectos e urbanismo en Cesuga University College Dublín. María Jesús Sobrido Gómez é doutora en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e médico especialista en Neuroloxía no Hospital Clínico de Santiago de Compostela. Na actualidade traballa cun contrato de investigación do Instituto de Salud Carlos III e na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, onde coordina o grupo de Neuroxenética, e con consulta no Hospital San Rafael da Coruña. Eduardo Sánchez Vila é doutor en Ciencias Físicas, especialidade de Electrónica, pola Universidade de Santiago de Compostela, Mestrado en Neurociencia na Universidade Internacional de Andalucía e enxeñería do software na Universidade do Sur de California. Actualmente é profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Montse Fernández Prieto é doutora en Psicoloxía pola Universidade de Granada. Actualmente é investigadora Isidro Parga Pondal na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica-SERGAS, no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
O investimento público en actividades innovadoras, que en 2008 alcanzaba 304 millóns de euros, minguou en 2009 en 12 millóns, mentres o esforzo das empresas se reducía en 297 millóns, segundo os datos de esforzo en actividades de innovación do INE en 2009
alcanzamos un 25 por cento do que nesas rexións se inviste. Con esta lectura, a situación do sistema galego de innovación non é positiva. Se o gasto público é un 36 por cento máis baixo, o privado é un 39 por cento, e o número de patentes un 61 por cento menor que o das rexións españolas con máis innovación. Só Cataluña xa duplica o número de patentes galegas, e aínda así é un 24 por cento máis baixo que o dos países líderes na UE. Observamos que a eficiencia é baixa en relación ao investimento, datos que empeoraron dende 2008 segundo o INE. En troques, os indicadores de facturación de novos produtos, así como de emprego en industrias de media-alta tecnoloxía son algo mellores que os da transferencia, un 35 por cento máis baixos que nas rexións máis innovadoras en facturación de novos produtos, e un 20 por cento menor no emprego de media-alta tecnoloxía. O que se debe á presenza de empresas multinacionais que polo xeral non realizan en Galicia actividades internas de I+D; explicando a nosa dependencia como usuarios de tecnoloxías alleas, mentres diminuímos a xeración das mesmas. O investimento público en actividades innovadoras, que en 2008 alcanzaba 304 millóns de euros, minguou en 2009 en 12 millóns, mentres o esforzo das empresas se reducía en 297 millóns, segundo os datos de esforzo en actividades de innovación do INE en 2009, publicados o pasado mes de decembro de 2010 (48 millóns do gasto interno, e 249 do gasto non interno). Unha diminución que couta o aumento anual medio, que ao longo da década 1995-2005 se situara no 9 por cento e que no ano 2007 chega a ser do 23 por cento en termos nominais. Se nos fixamos no gasto en I+D/PIB en Galicia, vemos que en 2009 diminúe ao 0,96 por cento, despois de incrementar ao 1,03 por cento entre 2006 e 2007, aínda que algo por riba do 0,89 por cento do PIB de 2003-2005, mais aínda
lonxe das rexións españolas máis innovadoras, e non digamos do 4 por cento dos países líderes en innovación en Europa. Na distribución do gasto en I+D nos tres grandes sectores institucionais galegos durante 2009 (Empresa, Administración Pública e Ensino Superior) pódese observar como permanece estancado o volume de gasto en I+D executado polo sector público, ao igual que o universitario, e no sector empresarial apenas chega ao 9,4 por cento da cifra de negocio das empresas, que no conxunto de España acada o 14,9 por cento, aínda que menos da metade da media comunitaria. Posto que falamos nun momento de crise no que mesmo se discute o cambio de modelo económico, vemos que aquí, a diferenza doutros países da UE, no canto de estudar as necesidades do gasto en I+D e os sectores onde incrementalos, diminúe o gasto, e non se produce reestruturación ningunha que nos permita albiscar un futuro máis competitivo. O problema non é tanto que haxa poucos fondos para I+D, senón en como se gastan.
¿Cal é a capacidade innovadora galega? O informe SISE-2008 elaborado no ano 2010 pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), ofrece indicadores de produción científica de Galicia medidos polo número de documentos publicados segundo a base de datos ISI. Segundo estes datos, temos para esa data que Galicia ocupa a quinta posición en numero de publicacións científicas entre o total das demais rexións españolas. Se ademais comparamos a produción científica ISI e o gasto en I+D, Galicia presenta o menor gasto por documento científico publicado en revistas do ISI. O que a primeira vista podería facer pensar que os investigadores galegos son máis produtivos e eficientes, e que con menos recursos producen maior número de resultados. As menores remu-
neracións poden ser outro factor explicativo, aínda que nese resultado pode influír tamén a estrutura de custos dos diferentes campos científicos e o maior peso relativo en Galicia da I+D universitaria, máis propensa á publicación que á transferencia, se comparamos os datos de publicacións co número de patentes obtidas polas tres universidades galegas e a súa aplicación posterior en produtos comercializados. Como antes comentabamos ao observar a balanza comercial tecnolóxica, vese que as exportacións de produtos de alta tecnoloxía segue sendo deficitaria, provocando dependencia exterior. Este desequilibro é resultado de múltiples causas que prenden as súas raíces na historia da industrialización española, no carácter centralista da configuración do sistema de I+D, da localización da industria e os servizos tecnolóxicos públicos, e na carencia dunha política ambiciosa de I+D durante as primeiras décadas da nosa autonomía. Todo iso repercute no reducido esforzo en I+D do sector empresarial e nunha política pública afastada da lectura global da potencialidade dos nosos recursos. Os principais factores que están a dificultar as actividades de innovación entre as empresas
galegas relaciónanse co aspecto financeiro da innovación (custo da innovación, falta de financiamento externo e falta de fondos propios). Polo que se pode observar, os factores financeiros afectan en maior medida ás empresas innovadoras galegas que ás do resto de España. Outro importante atranco para estas empresas é o dominio do mercado por empresas xa establecidas. Padecemos as consecuencias dunha longa etapa na que os recursos para I+D e innovación non eran prioritarios na estratexia de gasto do goberno galego, cun número moi grande de empresas con poucos asalariados e pouca capacidade de investimento en innovación, e cun gasto máis elevado en investigación básica da que se aproveitan máis outros países que nós mesmos. Con estes precedentes, no futuro debera facerse unha mellor lectura das potencialidades desa gran masa de pequenos empresarios, e das posibilidades reais de usar o tecido investigador en relación á produtividade, albiscando novos nichos de mercado, para que a innovación impulse novas empresas con novos produtos que axuden a diminuír a nosa dependencia tecnolóxica.
¿Estase a desequilibrar a balanza cara ao lado do i minúsculo? A innovación está a gañar terreo a grandes pasos. De ser o i minúsculo (I + D + i = Investigación, desenvolvemento e innovación) ten pasado a ser a protagonista das políticas emerxentes en ciencia e tecnoloxía, como o reflicten a Axencia Galega de Innovación e o Plan Galego de Innovación. Tras constatar durante tempo a desproporción entre a produción científica das universidades galegas e a transferencia en forma de patentes, produtos e desenvolvemento de empresas, dá a impresión de que se quixese recuperar o tempo perdido a toda velocidade, co desenvolvemento de programas moi focalizados en innovación e transferencia tecnolóxica (con, por exemplo, importantes partidas presupostarias dedicadas á contratación de técnicos de transferencia e outras accións en innovación). Malia a recompensa esperable desta política ser un incremento do número de patentes e desenvolvemento empresarial, podería existir o perigo de descoidar o I maiúsculo: a investigación. Manter a bo ritmo a obtención de novos coñecementos é fundamental para favorecer a innovación, e obter estes novos coñecementos é un proceso caro, moitas veces longo, e que debe alimentarse sen esperar moitas veces un retorno a curto prazo. Apostar por proxectos de investigación novidosos e arriscados é, igualmente, esencial.
¿Como se pode favorecer a innovación nas empresas?
Outra cuestión aberta é onde ten a innovación o seu lugar natural. Mentres que o coñecemento e as ferramentas para adquirilo están nos centros de investigación (en Galicia, fundamentalmente nas universidades), os problemas e necesidades de mellorar produtos e servizos coñécenos as empresas. En Galicia o 90 por cento das empresas son Pemes e só o 0,1 por cento das empresas presentan algunha actividade investigadora. Polo tanto parece imprescindible achegar grupos de investigación e tecido empresarial, ademais de potenciar nas empresas a cultura innovadora. Os programas para incorporar investigadores ás empresas, como o Torres Quevedos, non parecen ter dado os resultados esperados. ¿Cantos dos investigadores integrados continúan nas empresas? E, o que é máis importante, ¿cantos levan a cabo un labor fundamentalmente investigador
nestas? Probablemente o mecanismo máis axeitado para o noso país deba ter en conta as características do tecido empresarial en Galicia, que só en casos raros está preparado para integrar a investigación na súa organización.
¿Deben ser os investigadores emprendedores? De por parte, hai unha sensación crecente de que se está a tratar de convencer a todos os investigadores para que fagan tamén innovación, integrando cada vez máis labores de transferencia no seu quefacer diario. Sendo tan necesario como é incrementar o gusto polo emprendemento, parece ilóxico pretender que un bo científico sexa tamén un bo innovador ou emprendedor. Os investigadores, en xeral, precisan poder concentrarse en resolver as preguntas de investigación, en desenvolver os experimentos necesarios para adquirir os novos coñecementos nun contexto libre de prexuízos, e este proceso pode verse prexudicado por criterios e obxectivos orientados á transferencia dese coñecemento. Algúns investigadores terán espírito emprendedor, e deste xeito xorden spin-off, pero non é necesario, nin sequera conveniente, que todo investigador estea dotado dun carácter emprendedor. Polo tanto, hai que desenvolver outras estratexias de relación entre o I de investigación e o i de innovación, e estas probablemente deban dirixirse a favorecer os convenios e proxectos colaboradores entre institucións públicas de investigación, ás que pertencerán os investigadores, e empresas que se encargarán da comercialización co apoio de xestores de transferencia.
¿Existe unha boa educación en innovación e transferencia? Se o brazo executor da innovación radica nos modelos de innovación, incluíndo tanto a capacidade de planificación como o deseño do proxecto, o motor da innovación está nas novas ideas. A creatividade é un ingrediente fundamental neste proceso, e só educando mentes creativas se poderá fomentar a potencia innovadora dunha sociedade. O noso sistema educativo adoece, en todos os seus niveis, duns métodos baseados demasiado a miúdo na aprendizaxe pasiva, máis que na formulación e resolución de problemas. Isto enlaza con outro tema a ter en conta: a importancia de educar para emprender.
¿Representa o noso sistema de investigación un obstáculo para a innovación e transferencia? Galicia presenta unha porcentaxe de investigadores/persoal-total superior á media comunitaria e española, ao contrario que no sector empresarial, cunha porcentaxe de investigadores/persoal-total moi reducida. Se observamos a porcentaxe entre persoal (ou investigadores) en I+D/emprego-total advírtese unha baixa proporción tanto de persoal-total (0,75 por cento) como de investigadores (0,52 por cento) destinados a labores de I+D. Ao comparar estas porcentaxes coa media da UE, obsérvase que temos un nivel de custos medios inferiores porque o persoal de I+D manexa menos recursos e percibe menores remuneracións; menor cando nos referimos aos investigadores que cando nos referimos ao persoal-total. O que non reverte en maior eficacia, senón nunha maior precariedade e inestabilidade no traballo dos investigadores, o que dificulta a planificación a longo prazo do sistema de investigación.
Comparando os diferentes sectores institucionais, observamos que o peso do persoal de I+D no sector empresarial é moi baixo, un terzo do total, e significativamente menor que o seu peso en termos de gasto, o que suxire que o persoal de I+D das empresas manexa máis recursos que os universitarios ou os do sector público
O sistema de investigación en Galicia amósase moi ineficaz para o desenvolvemento de novas estratexias de relación I+D+i. Máis aínda se á precariedade e ao menor gasto recibido engadimos que as universidades contan cunhas estruturas arcaicas de goberno baseadas nos modelos universitarios clásicos
Comparando os diferentes sectores institucionais, observamos que o peso do persoal de I+D no sector empresarial é moi baixo, un terzo do total, e significativamente menor que o seu peso en termos de gasto, o que suxire que o persoal de I+D das empresas manexa máis recursos que os universitarios ou os do sector público. En comparación coa UE, o sector empresarial é o que evidencia unha maior distancia, aínda que menor que en termos de gasto, o que parece indicar que o persoal de I+D das empresas galegas manexa proporcionalmente recursos moi inferiores aos dos seus homólogos europeos. O único sector en que Galicia presenta unha porcentaxe superior á media comunitaria é o universitario (particularmente no caso da categoría de persoal investigador); non acontece iso en termos de gasto, o que tamén revela que os universitarios galegos manexan menos recursos que a media comunitaria ou perciben remuneracións proporcionalmente inferiores. Con estes datos, o sistema de investigación en Galicia amósase moi ineficaz para o desenvolvemento de novas estratexias de relación I+D+i. Máis aínda se á precariedade e ao menor gasto recibido engadimos que as universidades contan cunhas estruturas arcaicas de goberno baseadas nos modelos universitarios clásicos (departamentos con elevados niveis de endogamia, intereses de poder en conflito cos intereses dos proxectos innovadores e de transferencia, obrigas docentes que impiden a dedicación que requiren os procesos de innovación, etc.), con modelos de xestión centrados na investigación, e con investigadores que a miúdo temen compartir información competitiva coas empresas, e que en ocasións ofrecen produtos e servizos directamente ao cliente. Para que o noso sistema de investigación non sexa un obstáculo para a innovación e transferencia, as OPI deberan converterse en “partners” fiables para as empresas, crear sinerxías e non potenciais competidores desleais, e empregar modelos de xestión da innovación compatibles cos
modelos de xestión empresarial. En definitiva, para que se incrementen e prosperen os convenios coas empresas hai que flexibilizar as políticas de persoal que distingan os roles do investigador e do innovador/emprendedor, as políticas de contratación de novo persoal investigador/innovador, e desenvolver novos instrumentos de financiamento (capital risco, business angels, fundacións, etc.) que aposten e faciliten o artellamento de proxectos de innovación relevantes.
¿Que outros factores afectan á efectividade dos investigadores dirixida á transferencia? O investigador non ten en xeral a transferencia integrada no seu quefacer rutineiro. É necesario ter en conta as motivacións dos investigadores. Se queremos que o investigador se implique máis en innovación e transferencia, é fundamental tamén que se defina e que se implemente unha carreira investigadora na que as accións de transferencia sexan recompensadas. Isto non sucede así na actualidade, pois a produción científica medida polas publicacións segue imperando como parámetro para avaliar a carreira dun investigador. As teses de doutoramento requiren a publicación de artigos. É máis rendible para a carreira investigadora publicar artigos que desenvolver un invento ou contribuír á súa explotación por unha empresa. Sendo así, o investigador valora como un estorbo o tempo investido en cuestións relacionadas con innovación e transferencia. Mentres o sistema de consolidación do emprego se basee, na maior parte dos casos, en méritos adquiridos a través da docencia, o investigador estará absorbido entre as súas clases, as súas publicacións e as oficinas de transferencia tecnolóxica, e o seu persoal e as actividades propostas por estes seguirán sendo alleas ao seu traballo cotián. É preciso levar a cabo cambios profundos na carreira investigadora e na súa avaliación para
motivar o investigador a colaborar regularmente coas empresas para conseguir innovación e transferencia.
¿Existe un plan estratéxico ben definido en Galicia en relación coa innovación? A Axencia Galega de Innovación, creada recentemente, proponse como obxectivo fundamental a reforma da xestión do coñecemento e priorizar a innovación empresarial, mover a I+D+i das OPIs á empresa e desenvolver ferramentas para medir os resultados. A comunidade científica de Galicia está á expectativa, consciente da importancia da innovación pero tamén esperando que se continúe co esforzo que se viñera realizando nos últimos anos en investigación. A oscilación á baixa en investigación e contratación (renovación) dos investigadores durante o ano 2010 corta o incremento no fomento da I+D. O recorte do gasto público a partir do ano 2009 limita o volume de recursos e altera as prioridades e a continuidade dos instrumentos utilizados, en particular os do sistema de innovación. O impulso dado estes últimos anos perderase de seguir coa diminución no gasto, e/ou non impulsar un modelo que cando menos permita coordinalo baseándose en criterios de produtividade. O desexable sería ter programas ou plans a medio e longo prazo, similares aos programas marco da UE, e que a súa execución fose independente da cor política do goberno, e dos prazos que marcan as lexislaturas. Estivemos a construír unha economía asentada na especulación, a construción e a explotación intensiva dos nosos recursos naturais, e a crise obríganos agora a repensar o futuro sobre novas bases, situándonos fronte unha economía cunha débil capacidade innovadora. Durante anos as Administracións Públicas descoidaron a asignación de recursos á I+D e a innovación. E mesmo nos anos nos que se incrementaron estes recursos, os resultados foron modestos, tanto polo feito de ter unha vida demasiado curta para producir efectos, como polo feito de tentar construír unha economía innovadora con accións sectoriais dende as direccións xerais con competencias en I+D ou innovación. Se estas accións non van acompañadas de cambios incitando ao investimento en actividades innovadoras e intensivas en capital humano de alta cualificación, é difícil que emerxa de verdade unha economía innovadora. Sen un cambio
claro nese campo, resultarán baleiras as chamadas ao desenvolvemento do espírito emprendedor, os posuidores de coñecemento e de ideas non poden converterse en emprendedores por moito voluntarismo que se lles inculque, se non hai recursos financeiros apropiados, e estes non aparecerán se os negocios están noutro tipo de actividades ■
Bibliografía European Commission. Enterprise and Industry. “PRO INNO Europe® Paper No. 15 ‘European Innovation Scoreboard 2009’”. http://www.proinno-europe.eu/publications. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). “Informe SISE. Análisis de las convocatorias del Plan Nacional 2008-2011, correspondiente al año 2008”. Madrid, 2010. http://icono.fecyt.es/contenido.asp?dir=05)Publi/AA)SISE. Instituto Nacional de Estadística (INE). “Estadística de I+D 2009”. http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&file=pcaxis&p ath=%2Ft14%2Fp057%2F%2Fa2009. Sanz Menéndez, Luís (ed.) e Cruz Castro, Laura (2010). “Análisis sobre Ciencia e innovación en España”. Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT). Madrid. http://icono.fecyt.es/contenido.asp?dir=05%29Publi/AA%2 9ciencia. Vence Deza, Xavier (2010). “Sistema gallego de innovación y políticas de innovación: balance de una década”, en Revista Galega de Economía, vol. 19, USC. http://www.usc.es/econo/RGE/Vol19_ex/castelan/art10c.pdf. Xunta de Galicia, Consellería de Innovación e Industria. “Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) 2006-2010”. Santiago de Compostela, 2006. www.octuga.es/html/documentos/PG2006_2010_gl.pdf.
A investigación como valor Nun momento de crise, ¿é a investigación en Galicia un luxo ou unha necesidade? C A RO L I N A VA R E L A RO D R Í G U E Z ANSELMO FELIPE COLADO GRUPO ALACANT
U
nha das cousas máis difíciles e máis inxustas é intentar poñerlle un valor económico ao coñecemento, á creación de coñecemento novo ou á investigación. Nas disciplinas académicas atópanse motivos abondos para “xustificar” a necesidade de investir en investigación, especialmente en investigación básica. Non obstante, unha análise realista revela que non son necesarias xustificacións de ningún tipo xa que a investigación é un valor lucrativo e interesante para empresas, centros académicos, a sociedade e os países en xeral. ¿Por que, pois, sentimos os investigadores esta necesidade de xustificación? A resposta é clara: porque a investigación non está valorada e moitas veces vese como un capricho. Ata hai moi poucos anos as bolsas de predoutoramento non cotizaban como traballo e, de feito, comentarios que se escoitan con frecuencia cando un decide dedicarse a esta profesión son do tipo “Coitado, é que ten vocación!” “Mira ti que podendo ser médico...!” ou “Pois mentres atopa un traballo, vai sacando a tese…” A valoración máis evidente e probablemente a máis positiva que a sociedade vén facendo dos traballadores da ciencia é a de traballadores “vocacionais”, máis aínda: “heroicos ou sacrificados traballadores vocacionais”. Dise que “os científicos temos vocación”, e con isto parece poder xustificarse absolutamente todo: o abuso sobre os bolseiros, os contratos de doutores como licenciados superiores e non como doutores, as horas extras sen cobrar, as fins de semana no laboratorio, os salarios moi por baixo do nivel de formación dos investigadores, a inestabilidade laboral,
o estrés, a completa ausencia de conciliación familiar… E o sistema perpetúase dende dentro, porque se dá por suposto que xa como bolseiro de predoutoramento ou mesmo como técnico de laboratorio (que nin tan sequera obtén titulo ningún despois de traballar nun laboratorio) tes que facer sacrificios que serían claramente reprobados nunha empresa que llelos esixise abertamente aos seus traballadores, ou irregularidades tan serias coma ter a xente traballando sen contrato ou pagándolles como material funxible. Nun 50,4 por cento dos casos, os doutorandos, segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE), usan os seus aforros propios, salario doutro traballo ou outros medios para poderen facer o seu doutoramento. Isto é un dos comezos da estraña consideración que os investigadores temos como traballadores. Como di un amigo: “Nunca digas que che gusta o que fas no traballo, que aínda che han querer cobrar por facelo”, cando a vocación non é senón unha inclinación moi fonda dunha persoa cara a unha determinada actividade ou modo de vida. Si, temos vocación de investigadores e desenvolvémola porque puidemos facelo. Pero isto é o máis irónico que ten Galicia e España en xeral. Temos axudas máis ou menos axeitadas para seguir unha carreira científica, temos os medios e os ánimos, mais cando xa somos traballadores altamente especializados e produtivos seguindo a nosa vocación, non temos onde volver e temos que saír de Galicia e non retornar. Temos o material para deixar a nosa marca no mundo científico, pero non aportamos o biótopo adecuado para
A I N V E S T I G A C I Ó N E N VA L O R
que as mentes fagan progresar a ciencia, perdendo os froitos científicos e económicos derivados do investimento nestas mentes. Hai outra reflexión que convén facer sobre a figura do investigador, do que hai a imaxe de “solitario” que loita contra todos e logra demostrar ao mundo as súas hipóteses. En España o mellor exemplo deste mito é Santiago Ramón y Cajal. Durante moito tempo só tivo a axuda (tanto moral como económica) da súa familia e amigos para poder continuar coa súa carreira investigadora e ocupou diversas cátedras, aínda que tivese que poñer diñeiro de seu para mercar un microscopio. Iso si, logo que lle concederon o Premio Nobel, o diñeiro fluíu e creouse o Instituto de Investigacións Biolóxicas de Madrid. Ramón y Cajal preocupouse moito de ter relacións internacionais para discutir as súas ideas, mentres que o investigador de pre- e posdoutoramento en España en xeral só acode aos congresos internacionais para presentar resultados, cando o interesante destas convencións é o intercambio de ideas coa xente diversa que acode aos mesmos. Ramón y Cajal foi un exemplo da vida do investigador español, pero polo inxusto da situación. Lamentablemente moitos dos que estamos en ciencia, se cadra persuadidos pola figura do gran mestre da neurociencia, nunca chegaremos a Premio Nobel, pero non por iso é menos nobel a nosa carreira e o noso esforzo. Non son menores os nosos sacrificios. Outro dos problemas aos que se enfronta un traballador da ciencia é a incapacidade do sistema actual para asimilalo. No informe do INE (2) obsérvase que, a 31 de decembro de 2009, o 96,1 por cento dos doutores tiña traballo: o 42,7 por cento no Ensino Superior, o 38,4 por cento na Administración Pública, mais só un 15,1 por cento traballaba en empresas e o 3,8 por cento en institucións privadas sen ánimo de lucro. É dicir, nun momento histórico no que temos o maior número de xente que pode acceder á universidade e facer un doutoramento, o sistema leva acollido sistematicamente o 81,1 por cento dos
Carolina Varela Rodríguez é electrofisióloga e licenciada en Medicina pola Universidade de Navarra e doutora en Neurociencias pola Universidade de Alcalá. Traballou no INSERM (Francia), a Universidade de California, a Universidade de Londres e no Consello Superior de Investigacións Científicas. Actualmente é asesora científica independente. Anselmo Felipe Colado é enxeñeiro Técnico de Telecomunicación pola Universidade de Alcalá de Henares. Fundador e copropietario da empresa Anphec Biolabs (www.anphec.com), dedicada a I+D no ámbito da instrumentación biomédica e a eficiencia enerxética.
Fotografía: CSIC-Galicia
doutores/investigadores. Resulta lóxico pensar que non pode seguir esta ratio de acollida no sistema público, moito menos que o inmobilismo existente e a xubilación dos catedráticos non xa aos 65 anos senón aos 70 anos. Pero este feito real non xustifica o estado de desvalemento que sufrimos os investigadores que volvemos ou máis ben queremos volver a España e a Galicia. Galicia como autonomía e España como Estado non favorecen nin potencian suficientemente o redireccionamento deste capital intelectual a empresas galegas (españolas) ou con intereses en Galicia (España). Traballadores da ciencia altamente especializados e que, cando menos nun 50 por cento dos casos teñen unha educación-formación financiada polo Estado, marchan ou non volven a Galicia (España). Esta política é claramente desastrosa para o país, xa que o investimento de formación si se realiza e logo non se aproveita o traballador especializado, non se produce o retorno da inversión. O que si se permite sen maior problema é que un 40,3 por cento dos doutores ocupen (a 31 de decembro de 2009, segundo o INE) un posto de traballo cun nivel mínimo de estudos de licenciado, non de doutor. Así se perpetúa cara abaixo o desaxuste do sistema laboral: os licenciados traballan nos postos dos diplomados e os diplomados nos postos dos técnicos. Outra característica bastante evidente entre os traballadores da ciencia é a falta de vontade de traballar por conta propia, inculcada dende a nenez. A meta dun doutor xeralmente é ser profesor titular de universidade ou investigador do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), ou en calquera outro centro de investigación público. É dicir, ter “unha praza en propiedade”. O problema de converter os investigadores en funcionarios da ciencia é que adoecen entón dos mesmos problemas que a Administración Pública: lentitude no recambio, inmobilidade e “amiguismo” (endogamia). O sistema de contratación de persoal investigador presenta unha clara falta de autocrítica vinculante. Chama moito a atención cando se traballou en universidades como a de Londres ou a de California, o número de controis e auditorías ás que se someten estas universidades para lograr a excelencia. E non só nacionais, coma poida ser a nosa Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA), senón auditorías externas e internas (polos alumnos) para valorar a súa calidade. Esta capacidade de asunción da crítica é algo que nos parece básico para
lograr excelencia. E non só a asunción da crítica senón a corrección dos erros ou a mellora dos déficits, moitas veces a forza de multas importantes e mesmo o peche do laboratorio ou departamento se non se cumpre. Sen controis levados a cabo a todos os niveis, dende os catedráticos e directores de laboratorio ata os técnicos de laboratorio pasando por estudantes, posdoutorandos e contratados de todo tipo.
¿Como fomentar/crear un sistema de auditorías externas á universidade, externas tamén ó país, con conclusións vinculantes? Aproveitemos a nosa pertenza a realidades coma o Espazo Europeo de Educación Superior para obter críticas (auditorías) construtivas de expertos estranxeiros completamente desvinculados co sistema, mais que aporten outra maneira de ver as cousas. Unha experiencia importante é a ausencia de amizades comprometidas dentro do sistema avaliado. En Galicia faise investigación e faise boa investigación, o que acontece é que se está a facer a custa do traballador da investigación e non só a custa da economía (bolseiros e non bolseiros que traballan sen cobrar, posdoutorandos que traballan horas extra sen cobrar, salarios ilóxicos para a formación dos investigadores, aínda que dentro da media nacional), senón tamén da saúde mental do investigador que se atopa, despois de moitos anos de esforzos, nunha situación de incerteza próxima ao desvalemento aprendido. Faga o que faga, fica fóra das listas de traballo, do país, do mercado laboral. Pero é que, ademais, en Galicia non se favorece particularmente a creación de empresas. España é un dos estados occidentais con máis atrancos e máis gastos á hora de iniciar unha organización deste tipo. É prioritario educar as novas xeracións de científicos para emprender. O máis triste da famosa frase de Miguel de Unamuno “¡Que inventen outros!” é que non se pode aplicar á realidade galega, porque investigar e inventar facémolo nós, só que moitos non o facemos en Galicia e os beneficios en xeral non fican en Galicia. E non é un problema só da presenza física dos investigadores no país respecto á fuga de cerebros, senón da fuga das ideas, das ideas de investigación que se publican (dende Galicia ou por galegos fóra de Galicia) e que son outros os que explotan as súas posibilidades prácticas e económicas.
Fotografía: CSIC-Galicia
Na nosa opinión, a investigación en Galicia está mal xestionada dende dous puntos de vista: o do valor económico da investigación e o da valoración social da investigación. Ás veces mesmo non está claro se debemos falar do valor da investigación ou do valor que hai que ter para dedicarse a ela. Un dato desacougante que puidemos observar nas estatísticas do INE refírese á mobilidade internacional. Entre 2000 e 2009, o 21,2 por cento dos doutores marcharon de España. Deles, o 58,6 por cento fixérono por motivos académicos e de progresión da súa carreira investigadora. Entre o 12,5 por cento de doutores que a 31 de decembro de 2009 pensaban irse de España, o 71,0 por cento facíao polos citados motivos. O 27,7 por cento dos que regresaron a España fixérono principalmente por factores persoais ou familiares. É dicir, traballadores altamente cualificados deixan España e Galicia para mellorar o seu curriculum, pero retornan por morriña. E isto é
bastante incomprensible habendo como hai centros de investigación de alta competitividade e grupos de recoñecido prestixio. Unha das cuestións que se formula moita xente nos momentos de crise é: “¿A investigación científica é un luxo ou unha necesidade?” A resposta depende do que un considere luxo, aínda que o concepto de luxo como algo superfluo non pode aplicarse á investigación porque está lonxe de ser superflua. Sen dúbida, na maior parte dos países é un luxo facer investigación. De feito, tamén é un luxo ir á escola, ter unha educación superior, non padecer raquitismo ou malaria ou cólera, ter liberdade, poder dicir o que un pensa... ¿É un luxo a investigación en Galicia? Se tomamos o sentido de luxo como “demasía de cousas innecesarias”, obviamente a investigación non é un luxo, todo o contrario: a súa escaseza fai que, aínda que non fose necesaria, non se lle podería aplicar esta definición. Se consideramos luxo
A falta de rendibilidade da investigación básica é un mito. Non só é rendible, senón que é imprescindible para poder atopar aplicacións. O que sucede é que é lenta
“todo aquilo que supera os medios de alguén para conseguilo”, polo que se ve a investigación si que é claramente un luxo. Mais é un luxo necesario. O importante é atopar os medios para facer que deixe de ser un luxo para converterse nunha realidade. Se nos poñemos dramáticos, case todo na vida é prescindible. Pero como sociedade pensamos que non podemos prescindir da investigación, ao contrario: precisamos da investigación para seguir sendo a sociedade que somos. A falta de rendibilidade da investigación básica é un mito. Non só é rendible, senón que é imprescindible para poder atopar aplicacións. O que sucede é que é lenta. Por poñer un exemplo: en 1827 Robert Brown publicou un artigo describindo como os graos de pole se moven na auga, nun traballo de investigación básica. Este artigo axudou a sentar as bases para unha tecnoloxía que faría, literalmente, tremer o mundo enteiro, move inmensas cantidades de diñeiro e tivo aplicacións prácticas como os raios X ou a tomografía por emisión de positróns (PET). En 1905 e 1906, de forma independente, Albert Einstein e Marian Smoluchowski baseándose neste traballo describiron a formulación matemática que xustificaba a existencia do átomo. En 1911 Rutherford demostrou a existencia do átomo e, xa que logo, sentaron as bases da física cuántica e o estudo dos elementos que compoñen os átomos, os elementos básicos non tan indivisíbeis que compoñen a materia. Esta dicotomía de financiamento da investigación aplicada respecto da básica ten unha consecuencia lamentable pero real; moita xente dirixe os seus proxectos ao que os avaliadores consideran “financiable” na moda do momento, pero moi a miúdo despois usan o diñeiro para financiar as partes básicas do proxecto que non poden realizar doutra forma, é dicir, como a soa mención do nome dunha enfermidade no proxecto faino automaticamente máis financiable, úsase esta enfermidade como escusa cando moitas veces nin se pretende estudar nin interesa particularmente no laboratorio. A parte positiva deste problema é que hai xente que non desenvolvería doutro xeito o estudo destas “enfermidades” e faino para lograr financia-
mento. A parte moi negativa é que se derivan os fondos para estudar outras cousas e moitas veces non se cumpren os obxectivos propostos respecto á parte aplicable do proxecto. E normalmente non hai repercusión nos novos financiamentos do laboratorio sempre e cando haxa publicacións de “calidade”, entendendo por “calidade” publicar en revistas con factor de impacto (índice usado para valorar o número potencial de lectores) maior de 4. En relación a esta cuestión, cremos que a investigación científica en Galicia precisa desenvolverse e favorecer a autocrítica, as auditorías de control de calidade e de obxectivos. A ciencia produtiva e con aplicación “económica” non vén necesariamente das revistas top ten, pero en España o curriculum dos investigadores valórase basicamente por isto, restándolle importancia aos coñecementos e á experiencia dos traballadores da ciencia e convertendo a contratación de investigadores nun trámite máis, unha oposición para funcionariado, non na busca dos mellores e máis brillantes, que non necesariamente teñen que ter publicacións en revistas con factor de impacto maior de 4. Os sistemas de contratación de investigadores son diversos nos distintos países. Obviamente, para obter excelencia, esa verba que hoxe en día está espallándose coma o lume en todos os ámbitos da sociedade, é absolutamente necesario ser excelente. E iso significa algo máis ca evitar a fuxida de cerebros. A excelencia tradúcese en atraer cerebros, xente que queira vir non só porque este é o seu país, senón porque lle supoña un reto profesional. Velaquí unha das grandes diferenzas con universidades como a de Oxford: a obtención dunha masa crítica de mentes brillantes e a xeración dun biótopo con chuvia de ideas, un brainstorming, do que xurdan as ideas que se traducen en valores económicos. Da mesma maneira, hai diferenzas entre as universidades e os centros de investigación públicos españois e os doutras partes do mundo respecto ao financiamento. Unha diferenza básica é o nivel de financiamento privado en forma de axudas, contratos, mecenados, mesmo investimentos no mercado de valores. E chama poderosamente a atención o número de patentes e
spin-off que se producen en universidades de tamaños similares, se comparamos unha universidade galega con outras universidades de excelencia como podería ser a universidade de Oxford. No ano 2009, a citada universidade —que en termos de número de estudantes é comparable coa de Santiago de Compostela— desenvolveu 220 patentes fronte ás 24 desta última. Obviamente, algo estamos a facer mal. Máis aínda a nivel do Estado español. A Agencia Estatal Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) cos seus 135 centros de investigación, rexistra 180 patentes no ano 2009, 40 menos que a Universidade de Oxford, considerablemente máis pequena. Igualmente resulta chocante que, a pesar da descrición no informe anual do CSIC do número de patentes, cando publica os seus presupostos non se indiquen os ingresos obtidos por patentes ou por participación na creación de empresas. Haber hai patentes ou polo menos xente que patenta cousas que obtén da súa investigación, e crear créanse empresas, poucas e pequenas, pero créanse. Entón, ¿por que non é lucrativo para os centros que o promoven? Na universidade e nos centros de investigación é unha práctica, non diremos habitual pero si demasiado frecuente, a da picaresca das spin-off. Corrómpese a idea orixinal da spin-off como unha empresa que nace dos coñecementos creados na universidade e que dalgún xeito repercute positivamente na Universidade. Unha práctica común é a participación da mesma con accións. O centro de investigación corre un risco, pero recibe un beneficio. Non obstante, moi a miúdo o que se fai é poñer como cabeza da spin-off a un bolseiro ou recente doutor do laboratorio, non ao xefe do mesmo. A nova empresa “desvincúlase” da universidade e polo tanto goza de todos os privilexios sen ningún risco; os participantes non teñen que buscar financiamento porque teñen axudas, o material, de todo tipo, tómase da universidade, o local tamén se toma da universidade e mesmo a man de obra se obtén dos bolseiros que no mellor dos casos teñen unha axuda económica para traballar. Desta maneira, se a empresa fracasa, non se perde nada, pero se a empresa vai ben, os beneficios quédanlles a eles e a universidade ou centro de investigación en realidade non percibe nada. Seguramente pódese argumentar que non é así como funcionan as spin-off e sobre o papel teriamos que concordar, pero estamos a falar do mundo real. O mesmo ocorre coas patentes que son pagadas pola universidade, pero que reverten
logo moi poucos beneficios nela. Se cadra é por isto polo que cando se pode patentar algo os directores de laboratorio prefiren montar unha spin-off e patentalo dende alí, saltando a universidade ou o centro de investigación no proceso. Non obstante, as patentes e a creación de empresas noutros países como EUA ou Reino Unido está demostrando que son un medio bastante lucrativo de financiar a investigación científica. Parécenos que habería que axilizar as leis de propiedade intelectual, potenciar que se patente dende os centros de investigación e favorecer a participación económica dos centros de investigación en empresas de nova creación. ¿Como se pode beneficiar a universidade pública española das spin-off e as patentes producidas polos seus traballadores? A investigación científica en España está maioritariamente financiada por diñeiro público, polo que parece importante atopar modelos que permitan o financiamento privado da investigación en centros públicos e incentivar a creación de institutos de investigación privada. O problema moitas veces radica en que, cando queremos ser proactivos na financiación da nosa investigación, non sabemos como ou resulta complicado facelo. Moitas veces existe pouca comunicación coas OTRI das universidades: ou se teme a perda da propiedade intelectual das patentes, ou simplemente patentar algo en España require que non sexa publicado de ningunha forma con anterioridade. Isto, xunto coa lentitude do sistema de patentes e coa necesidade curricular dos científicos de ter publicacións todos os anos, leva a unha desconfianza ante calquera colaboración con industria ou empresas privadas.
En conclusión, ¿é un luxo a investigación? Non. Mais dende o noso punto de vista, cómpre unha revolución radical social, política e académica do sistema galego de xestión da investigación, unha revolución dirixida a valorar a investigación polo que esta é recurso que actualmente está moi pouco utilizado e moi pouco valorado ■
Competividade da investigación en Galicia C A R L O S M O S QU E R A N A RTA L L O | RO B E RTO L Ó P E Z VA LC A RC E | P E D RO C O M E S A Ñ A A L FA RO | NORBERTO DEGARA QUINTELA | CARMELA GONZÁLEZ TRONCOSO | GONZALO VÁZQUEZ VILAR GRUPO VIGO
E
n Galicia temos bos investigadores que sitúan ás nosas universidades en lugares bastante dignos nas estatísticas de produción científica a nivel nacional. Con todo, hai poucos sitios, ademais das universidades, nos que realizar investigación, o que dificulta a captación de talento e o retorno daqueles investigadores galegos moi ben formados que non atopan oportunidades aquí. Contamos con dous campus de excelencia (Campus do Mar, Campus Vida) e estanse a consolidar algúns centros tecnolóxicos de recente creación, mais non é abondo para tecer unha rede de coñecemento na que medren novas empresas ou se apoien as xa existentes. O investimento en I+D en termos relativos é baixo se nos comparamos con outras partes de España e, por suposto, de Europa, aínda que o sistema non está necesariamente preparado para acoller máis cartos que busquen un impacto claro no entorno socioeconómico: non só hai que gastar, hai que facelo ben. As nosas empresas non contan en moitos casos con persoal suficientemente cualificado para abordar retos investigadores, aínda que reciben subvencións para iso. En certas ocasións buscan o apoio das universidades e centros tecnolóxicos, pero falta apostar por investigación de maior impacto, xeración de coñecemento que se poida acabar trasladando a práctica. Hai que procurar buscar máis fondos fóra de Galicia, estimulando ao mesmo tempo a competitividade dos nosos axentes. Todos os estamentos docentes, dende a escola primaria á universidade, poden axudar á crear unha cultura innovadora nos
nosos mozos. O capital humano é a chave do noso futuro.
Sobre a investigación universitaria Cando falamos de investigación poñendo números enriba da mesa, resulta evidente que Galicia non é un referente en case ningunha categoría, aínda que é certo que hai indicadores que a sitúan en bo lugar dentro de España, sobre todo no que ten que ver coa investigación máis académica, tanto en cantidade como en impacto das publicacións. Así, se tomamos como fonte os estudos de SCImago1 para os anos 2003-2008, temos que a Universidade de Santiago de Compostela (USC) ocupa o oitavo posto a nivel nacional, e a de Vigo (UVigo) o número 15 no que atinxe á cantidade de publicacións de ámbito internacional. Estes postos melloran se ademais temos en conta o impacto das publicacións. En todo caso, a influencia da investigación española é baixa, cunha ratio de citacións por publicación de 1,56 (como media ponderada de todos os campos de investigación), por debaixo do 1,8 de Francia, 2,3 de Italia e 2,4 de Holanda (Fonte: Thomson Reuters). Igualmente, no ano 2009, a USC figura no décimo lugar, a UVigo no undécimo e a Universidade de Coruña (UDC) no vixésimo sétimo se nos referimos ás patentes xeradas nas universidades españolas. Estes datos, sen seren malos, achegan pouca información sobre como permea na sociedade a investigación desenvolvida no seo das nosas universidades. Un bo desenvolvemento académico non ten que vir necesariamente acompañado do
A I N V E S T I G A C I Ó N E N VA L O R
correspondente impacto no tecido socioeconómico máis próximo. Este impacto non está tabulado, aínda que sería moi útil de cara á avaliación dos cartos que se introducen no sistema investigador.
Sobre as estruturas de investigación
Carlos Mosquera Nartallo é enxeñeiro e doutor en enxeñería de Telecomunicación pola Universidade de Vigo, Mestrado en Electrical Engineering pola Universidade de Stanford, EUA. Actualmente é profesor titular na Universidade de Vigo e dirixe a área de comunicacións do Centro Tecnolóxico das Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). Roberto López Valcarce é enxeñeiro de Telecomunicación e doutor pola Universidade de Vigo, e Mestrado en Electrical
En Galicia hai algúns investigadores de prestixio —menos dos que a todos nos gustaría— dentro dunha estrutura universitaria moi plana, baseada na estrutura de grupos de investigación do sistema universitario español, sen xerarquías, onde os bos resultados, cando chegan, son froito normalmente do bo facer de individuos illados máis que de boas planificacións, que no caso da contratación de persoal simplemente non son posibles. Tamén é certo que se albiscan signos de mellora, polo menos na valoración do mérito e capacidade. Así, a Universidade de Vigo leva cinco anos cun programa de promoción destinado a consolidar no seu persoal aqueles investigadores contratados con máis méritos, cun número anual de prazas moi limitado e esixente para o que compiten todos os departamentos. Froito deste plan, coñecido como Plan Especial de Promoción do Persoal Docente e Investigador, lévanse estabilizados uns 60 investigadores nos últimos anos de moi bo nivel. Igualmente, no marco do PGIDIT 2006-2010 articuláronse medidas de apoio para aqueles grupos de investigación máis relevantes e, igualmente, propiciáronse os agrupamentos de calidade. Ambas medidas ían na dirección correcta, quizais con certa descoordinación entre diferentes consellerías na Xunta de Galicia, pero buscando apostar pola calidade e a masa crítica dos grupos investigadores. Mais posiblemente cumpra revisar a investigación que se fai fóra da universidade, en centros de investigación de carácter público ou privado, indicio significativo do dinamismo innovador do país. Aquí hai grandes diferenzas entre Comunidades Autónomas, con presenza de potentes cen-
Engineering pola University of Iowa (EUA). Actualmente é profesor titular do Departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións da Universidade de Vigo. Pedro Comesaña Alfaro é licenciado en matemáticas, enxeñeiro de Telecomunicación e doutor pola Universidade de Vigo, na que actualmente é profesor contratado doutor. Norberto Degara Quintela é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e Master of Science in Electrical Engineering na University of Texas at Austin. Actualmente realiza a súa tese de doutoramento na área de procesado de audio e acústica do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. Carmela González Troncoso é enxeñeira de Telecomunicación e doutora pola Universiteit Katholieke Leuven. Actualmente é investigadora posdoutoral na Universidade de Vigo. Gonzalo Vázquez Vilar é enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo e Master of Science na Universidade de Stanford. Actualmente cursa estudos de doutoramento na Universidade de Vigo.
1. SCImago (http://www.scimago.es) é un grupo de investigación interuniversitario dedicado á análise de información e visualización con especial énfase nos estudos de produción científica.
O coñecemento xerado polos grupos de investigación acaba repercutindo en poucos casos na economía produtiva. O papel do sector privado é decisivo para poder progresar na aposta polo coñecemento como elemento creador de riqueza. Temos en Galicia casos de empresas, algunhas multinacionais, de éxito recoñecido
tros de investigación en Cataluña ou Madrid, ou unha gran tradición de centros tecnolóxicos no País Vasco. Fronte a iso, Galicia conta de momento con poucos centros de investigación, aínda que se leva apostando dende hai varios anos por unha rede de centros tecnolóxicos que sirvan para dar soporte á industria galega en diversos sectores. A día de hoxe, e seguindo os criteiros da Consellería de Economía e Industria, hai en Galicia varios centros tecnolóxicos consolidados: Anfaco-Cecopesca, Aimen, CTAG, Gradiant, Cetpec, Cetga. É fundamental racionalizar esta rede, esixindo niveis de calidade competitivos, como poden ser os establecidos polo rexistro nacional de Centros de Innovación y Tecnología (CIT).
Sobre o investimento
O gasto total en I+D en España en 2008 foi de 1,35 por cento do PIB (Galicia 1,08 por cento), comparado co 1,5 por cento de Portugal, 2 por cento de Francia, 2,77 por cento de EUA e 3,75 por cento de Suecia (fonte: Eurostat). No ano 2009, de acordo cos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE), namentres España medrou do 1,35 por cento ao 1,38 por cento, Galicia baixou a súa porcentaxe en I+D ao 0,96 por cento, pasando a ocupar o posto número 12 entre todas as comunidades autónomas. Para un PIB por habitante de 20.000 euros aproximadamente (dato de 2009), aínda estamos moi lonxe do 1,5 por cento en canto a investimento en I+D. De todos os xeitos, as cifras de investimento en I+D poden ter unha dobre lectura e ser consideradas como un síntoma da saúde do noso sistema innovador máis ca unha causa. Así, unha elevada porcentaxe provén das arcas públicas, xa que as achegas da industria son menores do 50 por cento no caso galego. Por outra banda, Galicia non é quen de cubrir os fondos que ten asignados no Fondo Tecnolóxico xestionado polo CDTI (Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial). Tales fondos supoñen 2.000 millóns
de euros que se deben investir en España en proxectos industriais de I+D ata o ano 2013, dos que a Galicia lle corresponden algo máis de 400 millóns. Na actualidade lévanse aprobados proxectos de carácter plurianual nunha contía aínda moi reducida sobre o total, no caso galego, do que se desprende a dificultade de artellar grandes consorcios industriais que aborden retos tecnolóxicos á altura dos esperados no Fondo Tecnolóxico. En canto aos proxectos competitivos do Programa Cadro europeo, Galicia recibía no ano 2006 o 1,5 por cento do total de recursos chegados a España do VI Programa Cadro, namentres que contabilizaba o 3,8 por cento do total do gasto efectuado en España en I+D, quizais de novo un síntoma do desequilibrio existente entre os recursos propios e os captados fóra para financiar a investigación. Neste sentido, un indicador ilustrativo é a obtención en libre concorrencia de proxectos nacionais e internacionais, proxectos avaliados por pares en xeral e nos que se compite con centros de investigación e empresas doutras autonomías e países. Aínda que non sempre se corresponde a calidade da investigación co financiamento obtido, dado que se está a profesionalizar en exceso a preparación de propostas, especialmente para o Programa Cadro da Unión Europea, os retornos responden, polo menos en parte, ao curriculum vitae do grupo investigador, á calidade da proposta e á facilidade para implicarse en consorcios e desenvolverse fóra das nosas fronteiras. Nesta categoría, Galicia ten aínda un importante percorrido que facer. Coma xa se mencionou, Galicia aproveita os fondos do Programa Cadro nunha porcentaxe substancialmente menor á que lle correspondería por investimento en I+D. Para mellorar é importante fomentar a participación de ambos sectores, público e privado, en consorcios europeos. Neste sentido, os centros tecnolóxicos están chamados a xogar un importante papel como axentes tractores das empresas.
Campus da Universidade de Vigo
Sobre a investigación na industria O coñecemento xerado polos grupos de investigación acaba repercutindo en poucos casos na economía produtiva. O Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (PGIDIT) 2006-2010 contaba entre os seus obxectivos coa promoción da I+D+i nas empresas, e o novo plan que se presentou recentemente tamén parte desta premisa. Non está claro que os mecanismos postos en marcha sexan os máis axeitados. Así, lanzouse recentemente o Programa XIGA para subvencionar a contratación por parte das empresas de titulados superiores que desempeñen labores de vixilancia tecnolóxica, prospectiva e xestión da I+D. Estará por ver que esas figuras non acaben desembocando en meros “cazadores de máis subvencións”, en lugar de fomentar realmente a I+D+i na empresa. O papel do sector privado é decisivo para poder progresar na aposta polo coñecemento como elemento creador de riqueza. Temos en Galicia casos de empresas, algunhas multinacionais, de éxito recoñecido. Algunhas son tamén empresas que invisten en I+D como modelo de negocio, desenvolvendo desta maneira novos produtos que lles permiten competir. Lamentablemente son moi poucas aínda, e hai que bus-
car fórmulas para apoiar o lanzamento de iniciativas empresarias, sobre todo daquelas apoiadas nun coñecemento avanzado que se poida transformar en produto de interese para o mercado. Estas iniciativas poden xurdir, na maior parte dos casos, doutras empresas xa en marcha, de centros tecnolóxicos ou de universidades, a partir dunha necesidade detectada no mercado ou dunha traxectoria investigadora que acaba derivando nun produto ou liña de produtos. Para iso deben funcionar os mecanismos de investimento, xa que a día de hoxe o capital risco non acaba de eclosionar neste país como sería desexable. Igualmente é interesante contar con apoios expertos, é dicir, xente con experiencia no mundo empresarial e no lanzamento de novas ideas. De por parte, non todas as empresas que se crean no seo da universidade merecen o cualificativo de spin-off (ou “spin-out” como dirían os ingleses), e en certas ocasións poden acabar converténdose en competencia desleal a empresas xa existentes debido á cantidade de facilidades coas que contan, o que aviva a desconfianza de numerosos empresarios. No que atinxe á política de subvencións ás empresas para fomentar a súa I+D, polo de agora estase a ver que é pouco selectiva, e non acaba de impulsar un cambio de modelo por parte destas. Non resulta desexable que se empreguen estes cartos para mercar tecnoloxía fóra de Galicia, nin de que se naturalicen como ingresos de carácter fixo e anual. Aínda con empresas exemplares, temos un tecido empresarial pouco vigoroso, con poucos casos de éxito na colaboración cos organismos de investigación. De calquera xeito, o modelo de colaboración universidade-empresa adultérase con facilidade por ambas partes, propoñendo por un lado e aceptando polo outro proxectos en ocasións de escaso carácter innovador. O coñecemento xerado en universidades e centros de investigación e tecnolóxicos ten que ser mellor aproveitado para apoiar as empresas xa existentes e catalizar a creación de novos proxectos empresariais. A todo iso axudaría apoiar as empresas máis competitivas e prometedoras, independentemente do seu tamaño, propiciando ademais a procura de recursos fóra de Galicia, de modo que poidamos estimular o noso tecido produtivo e evitar que se adormeza co arrecendo das subvencións. En outubro de 2005, e xa antes da forte crise económica que se aveciñaba, o informe “Rising Above the Gathering Storm” recomendaba para
os EUA., entre outras medidas, bolsas de 500.000 dólares anuais durante cinco anos para os mellores douscentos mozos investigadores. Este informe foi realizado pola National Academy of Sciences, National Academy of Enginering e Institute of Medicine, nun contexto de progresivo descenso da porcentaxe de achega norteamericana á ciencia e innovación mundial, medido en termos de patentes e publicacións científicas entre outros. A mensaxe é clara: hai que apostar polos mellores, fuxindo da mediocridade xeneralizada. Así, sería interesante apoiar aquelas empresas con maiores posibilidades de levar a cabo unha I+D relevante, a partir de evidencias tan diversas como a capacitación do seu persoal, progresos realizados en proxectos previos, etc. Sería necesario repensar a estratexia de subvencións ao sector privado e financiar unicamente propostas de elevada calidade e con potencial innovador, evitando as subvencións sen máis. Por iso é importante facer un mellor seguimento das subvencións de I+D e promover a creación de propiedade intelectual. Resulta difícil entender que unha empresa poida facer I+D sen doutores no seu cadro de persoal ou, polo menos, empregados con contrastada experiencia investigadora. En definitiva, sería moi necesario repensar a política de axudas de I+D ao sector privado no seu conxunto. O novo Plan de Investigación, Innovación e Crecemento da Xunta de Galicia para o período 2011-2015, e que será posto en práctica pola nova Axencia de Innovación, será o marco no que habería que abordar estas apostas. Igualmente é importante a cantidade, xunto coa calidade. Para que unha nova empresa saia adiante, téñense que ter creado moitas máis. No caso das empresas de base tecnolóxica, cun factor de risco engadido, o argumento é aínda máis contundente. Para ter uns retornos aceptables en financiamento de proxectos, é fundamental lanzar un gran número de solicitudes. Neste sentido, é necesario contar con máis persoal dedicado a I+D, e que Galicia, sen ser un polo de atracción de talento mundial, sexa polo menos un destino a considerar por aqueles investigadores que buscan opcións profesionais. Aínda que non nos constan datos neste sentido, é primordial que o fluxo de talento non sexa negativo, de modo que ademais de exportar investigadores, consigamos atraer polo menos outro tanto. O entorno académico, a industria e, en xeral, calquera centro de investigación, deben ser posibles receptores de investigadores foráneos e daqueles galegos que de-
Fotografía: CSIC-Galicia
sexen facer carreira aquí, moitos dos cales en moitos casos se atopan fóra de Galicia. A Universidade non é quen de acoller a todos aqueles investigadores formados aquí ou fóra. Necesitamos diversidade no sistema da man doutros centros, tanto públicos coma privados.
moitos casos da vulgaridade coa que se anuncian iniciativas de calquera índole como grandes avances na investigación galega, buscando máis o sensacionalismo que o bo xornalismo. Neste marco, e como liñas de actuación prioritarias, suxerimos:
Conclusión
• Fomentar a contratación de investigadores por parte das empresas. • Seguir apoiando os centros tecnolóxicos con capacidade competitiva a nivel nacional. • Favorecer o desenvolvemento de centros de investigación que non remeden a estrutura universitaria, senón que colaboren con ela dende outros mecanismos. • Financiar a investigación por obxectivos. • Facilitar a captación de investigadores estranxeiros e o retorno dos galegos. • Fomentar a participación de ambos sectores, público e privado, en consorcios europeos ■
Unha Galicia competitiva en investigación require que toda a sociedade se vexa permeada por esta idea, para o que é fundamental a escola, dende a que se poden estimular a curiosidade e as inquedanzas dos rapaces. A universidade galega debe mimar o talento e brindarlles aos seus estudantes un contacto temperán coa investigación, coordinando coa industria a realización de prácticas de contido innovador. Hai que perder o medo ao fracaso, tan presente na nosa sociedade e que tantas veces eiva iniciativas. Os medios de comunicación poden xogar un papel decisivo, afastándose en