FICHAS REALIZADAS NO CURSO
2022/2023 POLO ALUMNADO DE 5º
DO CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN
DENTRO DO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DE CENTRO
“HISTORIA DA NOSA TERRA”
AS IMAXES RECOLLIDAS NESTE LIBRO ATÓPANSE BAIXO O COPYRIGHT DOS SEUS AUTORES E FORON EMPREGADAS CON FINS EDUCATIVOS
ESTÁN
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE
FACENDO HISTORIA
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 2
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
MARÍA JOSÉ ALONSO FERNÁNDEZ MARCELA GRACIA IBEAS E ELISA SÁNCHEZ LORIGA
ÁNGELES ALVARIÑO GONZÁLEZ MARUJA MALLO
CONCEPCIÓN ARENAL PONTE MARÍA LUZ MORALES GODOY
CARMELA ARIAS Y DÍAZ DE RÁBAGO AGUSTINA DEL CARMEN OTERO IGLESIAS
MANUELA BARREIRO PICO MILAGROS OTERO PARGA
ISABEL BARRETO DE CASTRO ELISA PATIÑO MELÉNDEZ
VERÓNICA BOQUETE GIADÁNS EMILIA PARDO BAZÁN
CELIA BRAÑAS FERNÁNDEZ MIRANDA ANA PELETEIRO BRIÓN
MARTA BRAÑAS RUMBO EUGENIA PEREIRA RODRÍGUEZ
ANTÍA CAL VÁZQUEZ SOFÍA PEREIRA CASANOVA
MARÍA EMILIA CASAS BAAMONDE MARÍA PITA
FILOMENA DATO MURAIS TERESA PORTELA RIVAS
ROSALÍA DE CASTRO MILAGROS REY HOMBRE
TAMARA ECHEGOYEN DOMÍNGUEZ CELIA RIVAS CASAIS
JIMENA FERNÁNDEZ DE LA VEGA MABEL RIVERA TORRES
BEGOÑA FERNÁNDEZ MOLINOS IDOIA RODRÍGUEZ BUJÁN
CRISTINA FERNÁNDEZ PIÑEIRO
SUSANA RODRÍGUEZ GACIO
ANTONIA FERRÍN MOREIRA ÁNGELA RUÍZ ROBLES
OLGA GALLEGO DOMÍNGUEZ
OLIMPIA VALENCIA LÓPEZ
IRENE GONZÁLEZ BASANTA ISABEL ZENDAL GÓMEZ
RAFAELA HERBADA CARNERERO
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 3
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
CARRIZO DE LA RIBERA 22 DE DECEMBRO 1958
ÚNICA ESPAÑOLA MEMBRO DA NATIONAL
ACADEMY OF EEUU
• É A INVESTIGADORA ESPAÑOLA MÁIS INFLUÍNTE NA ÁREA DE FARMACIA E FARMACOLOXÍA.
• AXUDOU A DESENVOLVER NANOESTRUCTURAS QUE TRANSPORTAN VACINAS E FÁRMACOS.
• FOI A COORDINADORA E INVESTIGADORA PRINCIPAL DE MÚLTIPLES PROXECTOS COOPERATIVOS DA OMS.
• CREOU O PRIMEIRO LABORATORIO EN ESPAÑA NO ÁMBITO DA NANOTECNOLOXÍA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 4
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
SERANTES 3 DE OUTUBRO DE 1916
JOYA 29 DE MAIO DE 2005
PRIMEIRA MULLER CIENTÍFICA EN TRABALLAR A BORDO DUN BUQUE BRITÁNICO DE INVESTIGACIÓN
• OCEANÓGRAFA EXPERTA EN ZOOPLACTON, DESCUBRIR 22
NOVAS ESPECIES DE ORGANISMOS MARIÑOS.
• FOI REFERENTE MUNDIAL NO ESTUDO DA FAUNA MARIÑA.
• DENDE O 2012 UN DOS BUQUES OCEANOGRÁFICOS MÁIS
AVANZADO DA FROTA ESPAÑOLA LEVA O SEU NOME.
• É A ÚNICA CIENTÍFICA ESPAÑOLA MENCIONADA NA
PRESTIXIOSA“ENCYCLOPEDIA OF WORLD SCIENTISTS”
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 5
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
FERROL 31 DE XANEIRO DE 1820
VIGO 4 DE FEBREIRO DE 1893
PIONEIRA DO FEMINISMO ESPAÑOL
• ASISTIU COMA OÍNTE A ALGUNHAS CLASES DE DEREITO VESTIDA DE HOME XA QUE AS CARREIRAS UNIVERSITARIAS NON ESTABAN PERMITIDAS ÁS MULLERES.
• FOI PERIODISTA E ESCRITORA DE POESÍA, OBRAS DE TEATRO, NOVELAS E FÁBULAS.
• LOITOU POLA REFORMA DO SISTEMA PENITENCIARIO SENDO A PRIMEIRA VISITADORA DE PRISIÓNS.
• FOI SECRETARIA DA SECCIÓN FEMININA DA CRUZ VERMELLA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 6
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 20 DE FEBREIRO DO 1920
A CORUÑA 27 DE OUTUBRO DO 2009
PRIMEIRA MULLER QUE PRESIDIU UNHA ENTIDADE
FINANCEIRA EN EUROPA
• NO 2001 O REI CONCEDEULLE O TÍTULO DE “CONDESA DE FENOSA”
• PRESIDIU O BANCO PASTOR E A FUNDACIÓN BARRIÉ
DURANTE 30 ANOS.
• FOI DISTINGUIDA CON MÁIS DE TRINTA
CONDECORACIÓNS E PREMIOS ENTRE OS QUE SE
ATOPAN A GRAN CRUZ DA ORDE DE ISABEL A
CATÓLICA E A MEDALLA CASTELAO.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 7
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VIVEIRO 5 DE XULLO DO 1877
MADRID 29 DE XANEIRO DO 1953
PRIMEIRA FARMACÉUTICA GALEGA
• PRIMEIRA MULLER GALEGA EN OBTER O TÍTULO DE BACHARELATO NO 1895. ACADOU NESTES EXAMES A CUALIFICACIÓN DE SOBRESAÍNTE.
• PRIMEIRA MULLER MATRICULADA NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 1896.
• TIVO QUE SOLICITAR PERMISOS ESPECIAIS AO
MINISTERIO DE INSTRUCIÓN PÚBLICA PARA PODER EXERCER DE FARMACÉUTICA.
• ABRIU A SÚA PROPIA FARMACIA EN RIBADEO.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 8
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
PONTEVEDRA 1567
CASTROVIRREYNA (PERÚ) 1612
PRIMEIRA MULLER ALMIRANTE DA HISTORIA DA NAVEGACIÓN
• DESCUBRIU AS ILLAS MARQUESAS UN ARQUIPÉLAGO DA POLINESIA.
• DIRIXIU A EXPEDICIÓN QUE NAVEGOU 3600
MILLAS, A MAIOR DISTANCIA PERCORRIDA POLAS NAVES ESPAÑOLAS NO SÉCULO XVI.
• ATRAVESOU POR ENTEIRO O OCÉANO PACÍFICO, SENDO A PRIMEIRA PERSOA EN CRUZALO POLO
HEMISFERIO SUR.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 9
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA 9 DE ABRIL 1987
PRIMEIRA FUTBOLISTA ESPAÑOLA PROFESIONAL
• INTERNACIONAL COA SELECCIÓN ESPAÑOLA DA QUE FOI A SÚA CAPITANA PARTICIPANDO NUN MUNDIAL E NUNHA COPA DE EUROPA.
• PRIMEIRA FUTBOLISTA ESPAÑOLA EN GAÑAR UNHA CHAPIONS E EN SER CANDIDATA AO BALÓN DE OURO.
• DENDE O 2015 É EMBAIXADORA DA UEFA PARA O DESENVOLVEMENTO DO FÚTBOL FEMININO.
• PERTENCE AO MOVEMENTO COMMON GOAL, A TRAVÉS DO QUE DOA UN 1% DO SEU SALARIO PARA FINANCIAR PROXECTOS SOCIAIS NA COMUNIDADE.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 10
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 20 DE MAIO DE 1880
A CORUÑA 12 DE XUÑO DE 1948
PIONEIRA NA INCORPORACIÓN DA MULLER Á
CULTURA CIENTÍFICA
• TRABALLOU COMO PROFESORA DA ESCOLA NORMAL DA CORUÑA IMPARTINDO AS MATERIAS DE FÍSICA,
QUÍMICA E HISTORIA NATURAL E FOI DIRECTORA DESTE CENTRO.
• DEFENDÍA QUE NA ENSINANZA DAS CIENCIAS
FÍSICAS E NATURAIS A TEORÍA TIÑA QUE IR
ACOMPAÑADA DA DEMOSTRACIÓN EXPERIMENTAL.
• PARTICIPOU COMO POÑENTE NO PRIMERO CONGRESO DE ESTUDIOS GALEGOS CELEBRADO NO 1919.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 11
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
ARTEIXO 3 DE AGOSTO DE 1985
PRIMEIRA BOXEADORA PROFESIONAL GALEGA
• COÑECIDA COMA A “POTRILLA DE ARTEIXO.
• ESTIVO NO CENTRO DE ALTO RENDEMENTO BLUME
PARTICIPANDO NO 2012 NO CAMPIONATO DO MUNDO DE AFECCIONADAS COA SELECCIÓN ESPAÑOLA.
• NO 2014 GAÑOU O CAMPIONATO DE ESPAÑA AMATEUR NO PESO GALO E ESE MESMO ANO DEU O PASO AO
BOXEO PROFESIONAL CONVERTÉNDOSE TAMÉN EN CAMPIOA DE ESPAÑA COMA BOXEADORA
PROFESIONAL.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 12
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A HABANA 18 DE ABRIL DE 1923
MEIRA 30 DE MARZO DE 2022
EDUCADORA, FUNDADORA DA PRIMEIRA ESCOLA
LAICA EN GALICIA
• FILLA DUNHA FAMILIA DE EMIGRANTES GALEGOS, REGRESOU A GALICIA CON NOVE ANOS.
• NO 1961, FUNDOU EN VIGO O ROSALÍA DE CASTRO, UN COLEXIO LAICO, MIXTO, IGUALITARIO CON ENSINANZAS EN INGLÉS, CASTELÁ E GALEGO.
• DOUS CENTROS PÚBLICOS DE ENSINO LEVAN O SEU NOME.
• FOI NOMEADA VIGUESA DISTINGUIDA EN 2002.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 13
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
LEÓN, 30 DE NOVEMBRO DE 1950
PRIMEIRA PRESIDENTA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL
• NO 1998 INGRESOU NO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL SENDO O MEMBRO MÁIS XOVE INGRESADO NA HISTORIA DA INSTITUCIÓN.
• EN XUÑO DE 2004 FOI NOMEADA PRESIDENTA DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL CARGO QUE EXERCEU ATA XANEIRO DE 2011.
• FOI A PRIMEIRA MULLER ESPAÑOLA CATEDRÁTICA DE DEREITO DO TRABALLO E DA SEGURIDADE SOCIAL.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 14
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
OURENSE 1856
A CORUÑA 1 DE MAIO DE 1926
POETA MÁIS PREMIADA DO SÉCULO XIX
• ESCRITORA GALEGUISTA QUE DESTACOU POLA SÚA
POESÍA FEMINISTA E INTIMISTA.
• O SEU ÚNICO LIBRO EN LINGUA GALEGA É “FOLLATOS”, UNHA RECOMPILACIÓN DE POEMAS NOS QUE DENUNCIABA OS ESTEREOTIPOS DE XÉNERO.
• COLABOROU EN DISTINTOS XORNAIS COMO“EL HERALDO GALLEGO”, “GALICIA RECREATIVA”, “O ÁLBUM LITERARIO”...
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 15
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 DE FEBREIRO DE 1837
PADRÓN 15 DE XULLO DE 1885
POETISA FIGURA DO REXURDIMENTO GALEGO
• O SEU LIBRO “CANTARES GALEGOS”MARCOU O INICIO DO REXURDIMENTO DA LINGUA GALEGA.
• O 17 DE MAIO DE 1963, COINCIDINDO CO CENTENARIO DA PUBLICACIÓN DE “CANTARES
GALEGOS” ADICÓUSELLE O PRIMEIRO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
• FOI UNHA DAS POETAS MÁIS DESTACADAS DO SÉCULO XIX E ESTÁ SOTERRADA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA NO PANTEÓN DE GALEGOS ILUSTRES.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 16
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
OURENSE 17 DE FEBREIRO DE 1984
MEDALLISTA OLÍMPICA DE VELA EN LONDRES 2012
E PENTACAMPIONA MUNDIAL
• COMPITE NAS CLASES ELLIOTT 6M E 49ER FX.
• PRIMEIRA ESPAÑOLA EN PARTICIPAR NA VOLVO
OCEAN RACE DANDO A VOLTA AO MUNDO A VELA.
• PARTICIPOU EN TRES XOGOS OLÍMPICOS: LONDRES 2012, RÍO 2016 E TOQUIO 2020.
• FOI DISTINGUIDA CO PREMIO NACIONAL DO
DEPORTE NO 2012 E COA MEDALLA DE OURO DA REAL ORDE DO MÉRITO DEPORTIVO EN 2013.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 17
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VEGADEO 30 DE MAIO DE 1895
SANTIAGO DE COMPOSTELA 1984
PIONEIRA DA XENÉTICA MÉDICA EN ESPAÑA
• XUNTO COA SÚA IRMÁ XEMELGA ELISA FORON AS PRIMEIRAS LICENCIADAS EN MEDICINA EN 1919
POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA OBTENDO O PREMIO EXTRAORDINARIO.
• FOI DIRECTORA DA SECCIÓN DE XENÉTICA E CONSTITUCIÓN DA FACULTADE DE MEDICINA DE MADRID.
• APROBOU A OPOSICIÓN PARA O CORPO DE BAÑOS
POLO QUE EXERCEU COMA MÉDICO EN DISTINTOS BALNEARIOS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 18
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VIGO 22 DE MARZO DE 1980
XOGADORA DE BALONMÁN MEDALLISTA OLÍMPICA
NOS XOGOS DE LONDRES 2012
• FORMOU PARTE E FOI CAPITANA DA SELECCIÓN
ESPAÑOLA DE BALONMÁN COÑECIDA COMA AS GUERREIRAS.
• COMA INTERNACIONAL LOGROU A MEDALLA DE PRATA NO CAMPIONATO DE EUROPA DE 2008, A MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DO MUNDO DO 2011 EN BRASIL E A MEDALLA DE BRONCE NOS XOGOS
OLÍMPICOS DE LONDRES 2012.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 19
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
GONDOMAR 10 DE OCTUBRO DO 1963
PRIMEIRA MULLER ESPAÑOLA ÁRBITRA
INTERNACIONAL DE BALONMÁN
• PRIMEIRA MULLER ÁRBITRA NA FASE FINAL DUN
MUNDIAL E DUNS XOGOS OLÍMPICOS.
• ARBITROU PARTIDOS DA LIGA ASOBAL DURANTE
MÁIS DE 19 ANOS.
• ARBITROU MÁIS DE CEN ENCONTROS
INTERNACIONAIS.
• MEDALLA DE OURO DA REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN AO MÉRITO ARBITRAL (2003- 2004).
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 20
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
OURENSE 13 DE MAIO DE 1914
SANTIAGO 6 DE AGOSTO DE 2009
PRIMEIRA MULLER ESPAÑOLA EN DEFENDER UNHA
TESE DOUTORAL DE ASTRONOMÍA
• A SÚA TESE “OBSERVACIÓNS DE PASOS POR DOUS VERTICAIS” FOI A PRIMEIRA SOBRE ASTRONOMÍA
LIDA NA FACULTADE DE MATEMÁTICAS DA USC.
• FOI A PRIMEIRA ASTRÓNOMA GALEGA.
• NO 1957 CONVERTEUSE NA PRIMEIRA MULLER PROFESORA DA FACULTADE DE CIENCIAS DA USC.
• OS SEUS CÁLCULOS, MEDICIÓNS E OBSERVACIÓNS DO CEO FORON PUBLICADOS EN REVISTAS ESPECIALIZADAS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 21
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
OURENSE 1 DE DECEMBRO DE 1923
OURENSE 4 DE SETEMBRO DE 2010
PRIMEIRA MULLER NUMERARIA DA REAL ACADEMIA GALEGA
• FOI ARQUIVEIRA E DIRECTORA DO ARQUIVO
HISTÓRICO PROVINCIAL DE OURENSE E MEMBRO DA REAL ACADEMIA DA HISTORIA.
• A SÚA INVESTIGACIÓN BUSCABA RECUPERAR A
CULTURA GALEGUISTA DA POSTGUERRA.
• NO 2006 RECIBIU A MEDALLA CASTELAO POLA SÚA
CONTRIBUCIÓN AO ÁMBITO DOCUMENTAL E ARQUIVÍSTICO.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 22
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 26 DE MARZO DE 1909
A CORUÑA 9 DE ABRIL DE 1928
PRIMEIRA MULLER FUTBOLISTA EN ESPAÑA
• XOGOU NUN EQUIPO DE HOMES SENDO A PRIMEIRA MULLER EN DISPUTAR UNHA COMPETICIÓN DE FÚTBOL MASCULINO SEN OCULTAR A SÚA CONDICIÓN DE MULLER.
• INICIALMENTE XOGOU DE DIANTEIRA CENTRO E POSTERIORMENTE DE GARDAMETA.
• NO 1924 FUNDOU O SEU PROPIO EQUIPO O IRENE F.C. DO QUE FOI PRESIDENTA E PORTEIRA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 23
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 24 DE XULLO DE 1917
A CORUÑA 26 DE FEBREIRO DE 2010
PRIMEIRA DIRECTORA DUNHA RADIO EN ESPAÑA
• NO 1942 REMATOU OS ESTUDOS DE DEREITO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, SENDO A PRIMEIRA MULLER QUE SE LICENCIOU EN DEREITO NA CORUÑA.
• Á MORTE DO SEU PAI PANCHO HERBADA NO 1964
FAISE CARGO DA DIRECCIÓN DA RADIO CORUÑA,
• CONSEGUIU UNHA DAS PRIMEIRAS LICENZAS PARA EMITIR EN FM.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 24
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
ELISA: A CORUÑA SETEMBRO 1862
MARCELA: BURGOS XUÑO 1867
DESCOÑÉCESE O LUGAR E DATA DE FALECEMENTO
DE AMBAS
PRIMEIRO MATRIMONIO DE MULLERES REXISTRADO EN ESPAÑA EN 1901
• CASARON EN 1901 POLA IGREXA CATÓLICA, PARA O QUE ELISA TIVO ADOPTAR UNHA IDENTIDADE MASCULINA.
• CANDO FOI DESCUBERTO QUE AMBAS ERAN MULLERES FORON DENUNCIADAS E PERSEGUIDAS.
• O SEU ROMANCE PROHIBIDO INSPIROU DIVERSAS PELÍCULAS E OBRAS DE TEATRO.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 25
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VIVEIRO 5 DE XANEIRO DO 1902
MADRID 6 DE FEBREIRO DO 1995
ARTISTA DA XERACIÓN DO 27
• AS SÚAS OBRAS SON SUBREALISTAS, PASOU POR
DÚAS ETAPAS UNHA COLORISTA CON TEMÁTICAS
COSMOPOLITAS E OPTIMISTAS E OUTRA ETAPA
SOMBRÍA E APAGADA MÁIS CAÓTICA E DESEQUILIBRADA.
• RECIBIU A MEDALLA DE OURO DAS BELAS ARTES
• FOI A FUNDADORA DAS ”SEN SOMBREIRO” GRUPO
DE MULLERES ARTISTAS E INTELECTUAIS.
• RELACIONOUSE CON ARTISTAS, CINEASTAS E
ESCRITORES SA XERACIÓN DO 27.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 26
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 1 DE XANEIRO DO 1889
BARCELONA 22 SETEMBRO DO 1980
PRIMEIRA MULLER EN DIRIXIR UN DIARIO NACIONAL
• NO VERÁN DE 1936 FOI NOMEADA DIRECTORA DO DIARIO “LA VANGUARDIA, ESTIVO SETE MESES NO CARGO.
• ASINOU AS SÚAS PRIMEIRAS CRÍTICAS CINEMATOGRÁFICAS CUN SEUDÓNIMO MASCULINO “FELIPE CENTENO”.
• EXERCEU DE ASESORA LITERARIA DAS PELÍCULAS DA PRODUCTORA NORTEAMERICANA PARAMOUNT PICTURES.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 27
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VALGA 4 DE NOVEMBRO EN 1868
NIZA (FRANCIA) 12 DE ABRIL DE 1965
PERSONAXE DESTACADO DE BELLE ÉPOQUE FRANCESA
• ACTRIZ, CANTANTE E BAILARINA COÑECIDA COMA A BELLA OTERO.
• AS SÚAS DANZAS ERA UNHA MISTURA DE ESTILOS
FLAMENCO, FANDANGOS E DANZAS EXÓTICAS.
• A SÚA VALÍA NO ESCENARIO CONVERTEUNA NA
PRIMEIRA ARTISTA ESPAÑOLA RECOÑECIDA A NIVEL
INTERNACIONAL.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 28
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
SANTIAGO DE COMPOSTELA 1960
PRIMEIRA VALEDORA DO POBO
• TOMOU POSESIÓN COMA VALEDORA DO POBO EN SETEMBRO DE 2015, EXERCEU ESTE CARGO ATA
XULLO DE 2019.
•
PRIMEIRA MULLER ACADÉMICA NUMERARIA DA REAL
ACADEMIA GALEGA DE LEXISLACIÓN E XURISPRUDENCIA.
• FOI A PRIMEIRA E ATA A AGORA A ÚNICA MULLER
EN OCUPAR O DECANATO DA FACULTADE DE DEREITO
DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 29
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
PONTEVEDRA 1890
PONTEVEDRA 12 DE ABRIL DE 1919
PRIMEIRA MULLER GALEGA EN PILOTAR UN AVIÓN
• O SEU PRIMEIRO VOO FOI O 12 DE OUTUBRO DE 1913, DESPEGOU DA PRAIA DE BALTAR EN SANXENXO.
• O SEU ALCUME ERA “CHICHANA”
• APRENDEU A PILOTAR CO AVIADOR ACROBÁTICO JOSÉ PIÑEIRO (O REI DOS AIRES) E ACOMPAÑOUNO EN VARIAS DAS SÚAS VIAXES.
• TRAS ACREDITAR CINCUENTA HORAS DE VOO CONSEGUIU O TÍTULO DE AVIADORA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 30
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 16 DE SETEMBRO DE 1851
MADRID 12 DE MAIO DE 1921
NOVELISTA, PERIODISTA E ACTIVISTA FEMINISTA
• NO 1908 COMEZOU A EMPREGAR O TÍTULO DE CONDESA DE PARDO BAZÁN OUTORGADO POR ALFONSO XII.
• NO 1879 PUBLICOU A SÚA PRIMEIRA NOVELA SENDO A SÚA OBRA LITERARIA MÁIS COÑECIDA“OS PAZOS DE ULLOA”.
• ESTÁ CONSIDERADA A MELLOR NOVELISTA ESPAÑOLA DO SÉCULO XIX.
• ESCRIBIU NOVELAS, CONTOS, LIBROS DE VIAXES, OBRAS DRAMÁTICAS E COMPOSICIÓNS POÉTICAS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 31
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
RIBEIRA 2 DE DECEMBRO DE 1995
PRIMEIRA ATLETA GALEGA EN GAÑAR UNHA
MEDALLA OLÍMPICA (BRONCE TOQUIO 2020)
• ATLETA ESPECIALISTA EN TRIPLE SALTO.
• CAMPIOA DO MUNDO JUNIOR NO 2012.
• MEDALLA DE BRONCE NO MUNDIAL DE PISTA
CUBERTA DO 2018.
• MEDALLA DE BRONCE NO EUROPEO DO 2018.
• CAMPIOA DE EUROPA EN PISTA CUBERTA NO 2019.
• MEDALLA DE PRATA NO EUROPEO EN PISTA CUBERTA DO 2021.
• RECOÑECEMENTOS: PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS
S.A.R. DONA LETIZIA 2013 E MEDALLA CASTELAO 2020.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 32
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
CARBALLIÑO 3 DE ABRIL DE 1895
BARCELONA 27 DE XANEIRO DE 1984
PRIMEIRA LICENCIADA EN FARMACIA EN GALICIA
• COMEZOU OS SEUS ESTUDOS DE FARMACIA COMA
ALUMNA LIBRE NO 1917 E OBTIVO A LICENCIATURA NO 1921 CON PREMIO EXTRAORDINARIO.
• FOI A XEFA DO LABORATORIO QUÍMICO DA ADUANA DE BARCELONA.
• CREOU O SEU PROPIO LABORATORIO ONDE IDEOU
UNHA PASTA E UN LÍQUIDO DENTÍFRICO E O
PRIMEIRO DETERXENTE LÍQUIDO COMERCIALIZADO EN ESPAÑA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 33
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
A CORUÑA 30 DE SETEMBRO 1861
POZNAŃ (POLONIA) 16 DE XANEIRO 1958
A PRIMEIRA ESPAÑOLA CORRESPONDENTE
ESTRANXEIRA E DE GUERRA
• PERCORREU TODA EUROPA VIVINDO OS MOMENTOS
CLAVE DO SÉCULO XX COMA AS DÚAS GUERRAS
MUNDIAIS E A VITORIA DO SUFRAXISMO EN INGLATERRA.
• COLABOROU CON MEDIOS NACIONAIS COMA O DIARIO
ABC E MEDIOS INTERNACIONAIS COMA NO NEW YORK TIMES.
• CULTIVOU DIVERSOS XÉNEROS LITERARIOS
DESTACANDO A SÚA OBRA POÉTICA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 34
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
CAMBRE 1565
21 DE FEBREIRO NO 1643.
HEROÍNA QUE SALVOU A CIDADE DA CORUÑA DAS
TROPAS INGLESAS EN 1589
• O SEU NOME ERA MAYOR FERNÁNDEZ DA CÁMARA PITA.
• CANDO AS TROPAS INGLESAS ASASINARON AO SEU
SEGUNDO MARIDO, MARIA PITA COLLEU UNHA LANZA E MATOU AO IRMÁ DO CORSARIO SIR FRANCIS
DAKE.
• AO GRITO DE “QUEN TEÑA HONRA QUE ME
SIGA”DIRIXIU OS SUCESIVOS CONTRAATAQUES DA
FLOTA INGLESA FACÉNDOA RETROCEDER E FUXIR.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 35
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
CANGAS DO MORRAZO 5 DE MAIO DE 1982
PRIMEIRA DEPORTISTA GALEGA EN PARTICIPAR EN SEIS XOGOS OLÍMPICOS
• É UNHA DAS FIGURAS MÁIS IMPORTANTES DO PIRAGÜISMO A NIVEL INTERNACIONAL.
• MEDALLA DE PRATA NOS XOGOS OLÍMPICOS DE TOQUIO 2020, ADEMAIS GAÑOU 15 MEDALLAS EN CAMPIONATOS MUNDIAIS E 17 EN CAMPIONATOS DE EUROPA.
• GRADUADA EN MAXISTERIO E EN FISIOTERAPIA. NA
ACTUALIDADE ESTUDA UN GRAO DE NUTRICIÓN E DIETÉTICA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 36
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
MADRID 22 DE OUTUBRO DE 1930
A CORUÑA 17 DE MARZO DE 2014
ARQUITECTA E DOCENTE DE ARQUITECTURA
• NA SÚA ETAPA INICIAL DESEMPEÑOU A XEFATURA DA SECCIÓN TÉCNICA DO CONCELLO DA CORUÑA.
• ENTRE OS SEUS PROXECTOS DESTACAN: A CASA DO PESCADOR DE FISTERRA, A TORRE DOURADA NA CORUÑA E A IGREXA PARROQUIAL DE SAN ROQUE DE COMBARRO.
• IMPARTIU DOCENCIA NA ESCOLA UNIVERSITARIA DE ARQUITECTURA TÉCNICA DA CORUÑA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 37
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
FISTERRA 26 DE OUTUBRO DE 1912
FISTERRA 21 DE AGOSTO DE 1974
PRIMEIRA CAMIONEIRA DE ESPAÑA
• SACOU O CARNÉ DE CONDUCIR CAMIÓNS CANDO TIÑA 20 ANOS.
• XUNTO COAS SÚAS IRMÁNS FÍXOSE CARGO DA EMPRESA DE TRANSPORTES FAMILIAR BAIXO O NOME DE “FILLOS DE JOAQUÍN RIVAS”CO FIN DE OCULTAR QUE ERA DIRIXIDA POR MULLERES.
• O SEU CAMIÓN FOI REQUISADO POLO EXÉRCITO
FRANQUISTA E TRAS RECUPERALO CELIA
PARTICIPOU FORZOSAMENTE NA GUERRA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 38
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
FERROL 20 DE XUÑO DE 1952
PRIMEIRA ACTRIZ GALEGA EN GAÑAR UN PREMIO “GOYA”
• A SÚA INTERPRETACIÓN DA CUÑADA DE RAMÓN
SAMPEDRO NA PELÍCULA “MAR ADENTRO”FOI
RECOÑECIDA CO PREMIO GOYA A ACTRIZ DE REPARTO NO 2005.
• COMA ACTRIZ DE TEATRO FORMOU PARTE DOS PRIMEIRAS OBRAS DA COMPAÑÍA DO CENTRO
DRAMÁTICO GALEGO.
• NA TELEVISIÓN DESTACA A SÚA PERSONAXE DE BALBINA NA SERIE“PRATOS COMBINADOS”
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 39
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
FRIOL 25 DE OUTUBRO DE 1983
HERAT(AFGANISTÁN) 21 DE FEBREIRO DE 2007
PRIMEIRA MILITAR ESPAÑOLA FALECIDA EN ZONA DE CONFLITO
• CANDO FALECEU FORMABA PARTE DA BRIGADA
LIXEIRA AEROTRANSPORTABLE EN MISIÓN DE ASISTENCIA E SEGURIDADE EN AFAGANISTÁN.
• TIÑA O RANGO DE CABO.
• O MINISTERIO DE DEFENSA CREOU NA SÚA MEMORIA O PREMIO “SOLDADO IDOIA RODRÍGUEZ, MULLER
NAS FORZAS ARMADAS CO QUE SE RECOÑECE A
LABOR DAS PERSOAS, COLECTIVOS OU INSTITUCIÓNS QUE FAVORECEN A INCORPORACIÓN E
PERMANENCIA DA MULLER NAS FORZAS ARMADAS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 40
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VIGO 4 DE MARZO DE 1988
TRIATLETA MEDALLISTA PARALÍMPICA EN TOQUIO 2020
• PADECE ALBINISMO O QUE LLE PROVOCOU UNHA GRAVE DEFICIENCIA DE VISIÓN.
• DIPLOMADA EN FISIOTERAPIA E LICENCIADA EN MEDICINA.
• NOS XOGOS PARALÍMPICOS DE TOQUÍO 2020
COMPETIU EN TRIATLÓN ADAPTADO E EN ATLETISMO SENDO A PRIMEIRA DEPORTISTA ESPAÑOLA EN
PARTICIPAR EN DOUS DEPORTES DISTINTOS NUN XOGOS PARAOLÍMPICOS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 41
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
VILLAMANÍN 28 DE MARZO DE 1985
FERROL 27 DE OUTUBRO DE 1975
PRECURSORA DO LIBRO ELECTRÓNICO
• FOI MESTRA, ESCRITORA DE LIBROS DE TEXTO E INVENTORA.
•
NO 1949 PATENTOU UN DISPOSITIVO MECÁNICO
PRECURSOR DO LIBRO ELECTRÓNICO CO QUE
PRETENDÍA ALIXEIRAR O PESO DAS MOCHILAS DO
SEU ALUMNADO, FACER MÁIS ATRACTIVA A
APRENDIZAXE E ADAPTAR O NIVEL DE ENSINANZA A
CADA ESTUDANTE.
• A SÚA LABOR FOI RECOÑECIDA COA CRUZ DE AFONSO X O SABIO.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 42
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
BALTAR 14 DE DECEMBRO DE 1898
VIGO 10 DE XULIO DE 1987
PRIMEIRA XINECÓLOGA GALEGA
• NO ANO 1925 CONVERTEUSE NA PRIMEIRA MULLER
GALEGA EN LICENCIARSE EN MEDICINA.
• QUIXO ESPECIALIZARSE EN PNEUMOLOXÍA PERO NON
ESTABA BEN VISTO QUE AS MULLERES TRATARAN
AOS HOMES POLO QUE A XINECOLOXÍA FOI A SÚA
ÚNICA OPCIÓN.
• NO 1928 ABRIU A SÚA CLÍNICA EN VIGO, NA
PLACA DICÍA: “ESPECIALISTA EN ENFERMIDADES DA MULLER”
• EXERCEU A MEDICINA DE FORMA ININTERROMPIDA
DURANTE MÁIS DE SESENTA ANOS.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 43
MULLERES GALEGAS QUE FIXERON OU QUE ESTÁN FACENDO HISTORIA
ORDES 26 DE FEBREIRO DE 1773
ESTADO DE PUEBLA (MÉXICO)- DATA DESCOÑECIDA
PRIMEIRA ENFERMEIRA EN MISIÓN INTERNACIONAL
• FOI A ÚNICA MULLER QUE PARTICIPOU NA REAL
EXPEDICIÓN FILANTRÓPICA DA VACINA QUE PARTIU EN 1803 DO PORTO DE A CORUÑA CARA ÁS
AMÉRICAS CO FIN DE LEVAR A VACINA DA VARIOLA
AOS TERRITORIOS ESPAÑOIS DE ULTRAMAR.
• A SÚA MISIÓN ERA COIDAR AOS NENOS E NENAS
QUE LEVABAN INOCULADO O VIRUS PARA QUE NON MORRERAN NO CAMIÑO E DE POÑER EN MARCHA OS
SISTEMA DE XUNTAS DE VACINACIÓN UNHA VEZ QUE
CHEGARON A AMÉRICA.
CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN 22/23 44