1 minute read

TICS – EDIXGAL

Next Article
CARTA DA ANPA

CARTA DA ANPA

O NOTICIEIRO TICS – EDIXGAL

PROXECTO EDIXGAL

Advertisement

Continuamos a nosa andadura dentro do Proxecto Edixgal coa utilización dos libros dixitais en 5º e 6º de Primaria dispoñendo cada alumno/a do seu ordenador portátil co que traballar tanto na clase coma no seu fogar.

OS NOSOS MEDALLISTAS PARALÍMPICOS

Para conmemorar o Día Internacional das persoas con discapacidade o alumnado de 6º elaborou unha presentación de diapositivas sobre os deportistas que foron medallistas nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020. As diapositivas inclúen o nome do medallista e do deporte que practica, unha imaxe competindo e outra coa súa medalla/s, o tipo de discapacidade que ten, o número total de medallas paralímpicas que ten e os xogos nos que as logrou.

PAISIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO

O alumnado de 5º colaborou no proxecto de investigación de centro elaborando nas clases de informática, un libro no que se recolle información sobre as etapas dos distintos Camiños de Santiago ao seu paso por Galicia.

Utilizando coma base este libro, o equipo TIC- Edixgal elaborou un paquete de actividades LIM e dous brincaletras cos que o alumnado pode comprobar os seus coñecementos sobre o Camiño.

FACENDO DOBRAXE

O alumnado de 6º empregou os seus coñecementos de edición de sons e de vídeo para dobrar ao galego pequenos fragmentos de series de debuxos animados.

APRENDEMOS COAS TICS

Seguimos ampliando a noso banco de actividades dixitais interactivas “Aprendemos coas TICs” seleccionando e enlazando nela novas actividades coas que o alumnado pode ampliar e reforzar os contidos traballados nos diferentes cursos e materias. Este curso, creamos o apartado “Novas actividades aprendemos coas TICs” no que incluímos de maneira temporal as novas actividades incluídas indicando en que materia e categoría estarán dispoñibles de forma permanente.

AS NOSAS ACTIVIDADES DIXITAIS

Ademais das actividades dixitais relativas ao Camiño de Santiago, o equipo TIC- Edixgal creou este curso un brincaletras e un paquete de actividades LIM sobre os deportes de raqueta.

This article is from: