5 minute read

Camiño Francés

Next Article
Camiño Inglés

Camiño Inglés

FICHAS REALIZADAS NO CURSO 2021/2022 POLO ALUMNADO DE 5º DO CEIP PLURILINGÜE VILAXOÁN DENTRO DO PROXECTO DE INVESTIGACIÓN DE CENTRO “PASIÑO A PASIÑO FAISE O CAMIÑO”

PARA A ELABORACIÓN DO LIBRO EMPREGOUSE A INFORMACIÓN: - PÁXINA WEB OFICIAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO DA XUNTA DE GALICIA - PÁXINA WEB OFICIAL DA RUTA DO PAI SARMIENTO DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS - PÁXINA CAMINOS DE SANTIAGO DE EROSKI CONSUMER

Advertisement

AS IMAXES RECOLLIDAS NESTE LIBRO ATÓPANSE BAIXO O COPYRIGHT DOS SEUS AUTORES E FORON EMPREGADAS CON FINS EDUCATIVOS

Índice

Camiño Francés............................................................................. 3 Camiño Fisterra e Muxía...............................................................19 Vía da Prata................................................................................... 29 Camiño Inglés................................................................................ 49 Camiño Primitivo ..........................................................................59 Camiño do Norte............................................................................ 70 Camiño Portugués..........................................................................83 Outros Camiños de Santiago. Camiño Portugués da Costa.........95 Outros Camiños de Santiago. Camiño de Inverno.......................96 Outros Camiños de Santiago. Ruta do Pai Sarmiento.................97

ETAPA 1 DE 8 LONXITUDE: 21,8KM DIFICULTADE: MEDIA- ALTA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA

O CEBREIRO - LIÑARES - HOSPITAL DA CONDESA - PADORNELO - FONFRÍA - O BIDUEDO - TRIACASTELA DATOS DE INTERESE ➔ O CEBREIRO É UNHA ALDEA DE ORIXE PREHISTÓRICA SITÚADA A 1.300

METROS DE ALTITUDE ENTRE AS SERRAS DO COUREL E OS ANCARES. ➔ NO ALTO DE SAN ROQUE ATÓPASE O MONUMENTO AO PEREGRINO. ➔ NO ALTO DO POIO ATÓPASE O PUNTO MÁIS ALTO DO CAMIÑO FRANCÉS 1.337

METROS.

PALLOZA DO CEBREIRO MONUMENTO AO PEREGRINO NO ALTO DE SAN ROQUE

ETAPA 2 DE 8 LONXITUDE: 25,1Km DIFICULTADE: MEDIA - BAIXA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA TRIACASTELA - SAN CRISTOVO DO REAL - SAMOS - PASCAIS - AGUIADA - SARRIA DATOS DE INTERESE ➔ ESTA ETAPA TEN DÚAS VARIANTES: UNHA CURTA QUE PASA POR SAN XIL (17,9 KM) E OUTRA LONGA QUE PASA POR SAMOS (21,5 KM). ➔ O MOSTEIRO DE SAMOS É UN DOS MÁIS ANTIGOS DE OCCIDENTE (SÉCULO

VI). ➔ EN SARRIA PODES VISITAR O CONVENTO DA MADALENA E AS IGREXAS DE

SANTA MARIÑA E DO SALVADOR.

MOSTEIRO DE SAMOS IGREXA DE SANTA MARIÑA DE SARRIA

ETAPA 3 DE 8 LONXITUDE: 22 Km DIFICULTADE: MEDIA - ALTA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA SARRIA - BARBADELO - FERREIROS - PORTOMARÍN DATOS DE INTERESE ➔ A TORRE DOS BATALLÓNS É UNHA FORTALEZA DE SARRIA DENDE ONDE

PODES VER TODO O VAL DO RÍO MIÑO. ➔ EXISTE UN ITINERARIO ALTERNATIVO QUE VAI DIRECTAMENTE DENDE

SARRIA A FERREIROS SEN PASAR POR BARBADELO. ➔ CRUZANDO A PONTE DO ENCOIRO DE BELESAR CHEGAS A PORTOMARÍN.

TORRE DOS BATALLÓNS EMBASE DE BELESAR

ETAPA 4 DE 8 LONXITUDE: 25,1 Km DIFICULTADE: MEDIA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA PORTOMARÍN - GONZAR - VENDAS DE NARÓN - A EIREXE - LESTEDO -PALAS DE REI DATOS DE INTERESE ➔ ENTRE GONZAR E VENDAS DE NARÓN ATÓPASE CASTROMAIOR NO QUE DESTACA A SÚA IGREXA ROMÁTICA E OS RESTOS DUN CASTRO. ➔ ANTES DE CHEGAR A EIREXE, EN LIGONDE PODES VER O CRUCEIRO DE LAMEIROS (1670) NO QUE DESTACAN OS RELEVOS DA SÚA BASE. ➔ O CAMIÑO PASA POLO TEMPLO ROMÁNICO DE VILAR DE DONAS QUE É UN ANTIGO PRIORATO DA ORDE DE SANTIAGO.

CRUCEIRO DE LAMEIROS TEMPLO DE VILAR DE DONAS

ETAPA 5 DE 8 LONXITUDE: 14,6 Km DIFICULTADE: MEDIA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA PALAS DE REI - SAN XIAO DO CAMIÑO - O LEBOREIRO - MELIDE DATOS DE INTERESE ➔ EN PALAS DE REI ATÓPASE O CASTELO DE PAMBRE DO SÉCULO XIV. ➔ A IGREXA ROMÁNICA DE SAN XIAO DO CAMIÑO DATA DO SÉCULO XII E NELA

DESTACA A IMAXE DO PATRÓN DOS PEREGRINOS (SAN XIAO). ➔ CHÉGASE A MELIDE POLA PONTE MEDIEVAL DE FURELOS QUE ESTÁ

CONSIDERADA UNHAS DAS XOIAS DA ARQUITECTURA CIVIL DO CAMIÑO.

CASTELO DE PAMBRE PONTE MEDIEVAL DE FURELOS

ETAPA 6 DE 8 LONXITUDE: 14,5 Km DIFICULTADE: BAIXA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA MELIDE - BOENTE - RIBADISO - ARZÚA DATOS DE INTERESE ➔ A FONTE DE CATRO CANOS DA SALETA EN BOENTE É COÑECIDA COA A

FONTE DOS PEREGRINOS. XUNTO A ELA ATÓPASE A IGREXA DE SANTIAGO. ➔ O ALBERGUE DE RIBADISO ESTÁ CONSIDERADO UN DOS MÁIS BONITOS

DESTA RUTA, ESTÁ FORMADO POR CASIÑAS REHABILITADAS. ➔ A CAPELA DA MADALENA EN ARZÚA FOI UN HOSPITAL PARA OS

PEREGRINOS.

FONTE DA SALETA CAPELA DA MADALENA

ETAPA 7 DE 8 LONXITUDE: 18,4 Km DIFICULTADE: BAIXA

LOCALIDADES POLAS QUE PASA A ETAPA ARZÚA - A SALCEDA - SANTA IRENE - ARCA (O PINO) DATOS DE INTERESE ➔ EN ARZÚA PODES VISITAR O MUSEO ETNOGRÁFICO, O DA MEL E O DO COIRO. ➔ SANTA IRENE, UN LUGAR DE GRAN BELEZA É COÑECIDO POLA SÚA ERMIDA

CONSAGRADA A SAN PEDRO. ➔ ARCA É A CAPITAL DO MUNICIPIO DO PINO, SENDO O PEDROUZO O NÚCLEO

PRINCIPAL DESTA PARROQUIA.

MUSEO DO COIRO IGREXA DE SANTA IRENE

This article is from: