S
w w w. s a n d i a s . e s
SANDIÁS Número 18
Boletín de información municipal
Inverno 2008/09
correo electrónico: concello.sandias@eidolocal.es
A Casa da Lagoa, un escaparate medioambiental O Concello convidou ós veciños a coñecelas novas instalacións
O Obradoiro cumpríu obxectivos
Gusto pola música
Recuperación da feira
Os 30 alumnos e alumnas do Obradoiro de Emprego “O Castro” realizaron nos últimos doce meses numerosas actuacións de recuperación do noso patrimonio e melloraron a súa cualificación profesional e a orientación laboral.
Sandiás, e a Limia, en xeral, foi terra de grandes músicos. Agora, a rondalla maila coral son as encargadas de manter viva esta tradición musical, sobre todo nas celebracións litúrxicas e nas festas populares.
A recuperación da feira respondeu ás expectativas do Concello. Os veciños e os visitantes, durante o verán, teñen oportunidade o primeiro sábado do mes de reencontrarse e mercar artigos de uso cotián ou de primeira necesidade.
Páxina 2
Editorial
O fomento do emprego redunda en beneficio de moitos veciños/as O Goberno municipal de Sandiás decatouse da necesidade de impulsar novos programas de fomento do emprego, como un xeito de palialos problemas que afectan á maior parte dos municipios da Galicia interior, coma o noso: perda de poboación, abandono das actividades agropecuarias, escaso tecido industrial, etc. Unha destas medidas foi o Obradoiro de Emprego “O Castro”, en colaboración coa Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e cun reto importante: contribuir a unha mellor cualificación profesional dos veciños e veciñas que estaban en situación de desemprego ou que aspiraban a novas metas laborais, e aproveitar ese esforzo no beneficio social e comunitario. O resultado desta experiencia, unha vez rematado o período de formación dos alumnos/as, animou ós responsables municipais a continuar desenvolvendo novas iniciativas para asentar poboación nesta fermosa terra e reafírmaos nese compromiso de abrir novos vieiros nos eidos laboral e profesional para moitos veciños e veciñas.
Cabe salientar que este Obradoiro de Emprego axudou tamén á recuperación do noso patrimonio tradicional. O reto para os 30 alumnos e alumnas, os monitores e o cadro directivo e de formación durou doce meses, dende decembro de 2007. E os obxectivos tamén estiveron claramente definidos: a restauración de áreas degradadas, dos accesos á Torre do Castro, de antigos lavadoiros, dos entornos do río de Piñeira, o acondicionamento de antigas escolas para centros sociais, o empedrado de rúas en Sandiás, etc. Agora, a piques de rematalo período de vixencia deste Obradoiro de Emprego “O Castro”, é o momento de facer balance, pero xa se albiscan progresos importantes nestes traballos e no proceso de formación nos oficios tradicionais da nosa terra que desenvolveron os participantes, e que deben servirlles de proveito nun futuro inmediato. Este é outro exemplo de que con esforzo, imaxinación e a colaboración de todos poden acometerse iniciativas importantes que deben redundar no benestar de tódolos cidadáns de Sandiás.
Un orzamento na procura de mellora-los servizos Bens correntes O orzamento municipal experimenInvestimentos e servizos to este ano un pequeno recorte, reais 33,29* pero sen interferir na prestación 14,38 dos servizos básicos e artellando solucións para melloralas infraesOrzamento truturas. Dos algo máis de 735.000 735.655,95 euros (ver gráfico adxunto), máis Transfer. euros do 97 por cento destínase a cubricorrentes los bens correntes e servizos 14,11* Gastos de (dependencias de titularidade mupersonal nicipal), os gastos de persoal, os 35,64* Pasivos financeiros investimentos reais mailas transfe0,94* rencias correntes. Complétase a dotación orzamentaria do Concello
*En porcentaxe. Datos de 2008.
de Sandiás con partidas simbólicas, pero necesarias por imperativo legal, para cubrilo capítulo dos gastos financeiros (11.957 €) mailos pasivos financeiros 6.940 €). E a principal aportación ás arcas municipais provén do Estado e da Xunta a través das transferencias correntes, que supoñen o 60,56% dos ingresos totais. En menor medida inflúen os impostos directos e indirectos, as taxas municipais mailas transferencias de capital. ■
Páxina 3 Os veciños que visitaron a Casa da Lagoa loubaron as instalacións
Visita dos escolares
O presidente da Deputación e alcaldes, durante unha visita á Casa da Lagoa
Un lugar para recordar. pero tamén para aprender
O Concello convidou ós veciños a velas instalacións
A Casa da Lagoa, convertida en museo e centro de interpretación do noso municipio A Casa da Lagoa xa é realidade. Moitos veciños e veciñas, e os escolares do colexio público de Sandiás e doutros centros educativos de toda a comarca, visitaron as instalacións convidados polo Concello para que poidesen comprobar antes que ninguén o resultado deste importante proxecto. Posteriormente, tamén realizaron unha visita o presidente da Deputación Provincial de Ourense, José Luis Baltar, que apoiou con moito interese esta iniciativa, así como a alcaldesa de Sandiás, María Concepción Méndez e varios alcaldes de concellos da comarca de A Limia. A Casa da Lagoa é, básicamente, o que hoxe se chama un “Centro de Interpretación” en torno á Lagoa de Antela e ós traballos de recuperación medioambiental que se realizan nas balsas das areeiras. O edificio, adquirido e rehabilitado polo Concello de Sandiás, dispón nas dúas plantas de paneis interpretativos e con explicacións didácticas, e soportes audiovisuais para achegar ós visitantes os cambios experimentados en Sandiás e na comarca de A Limia nos últimos 50 anos, cadrando coa desecación da Lagoa de Antela. Tenta ser un centro de concienciación medioambiental, a partir da súa historia e da importante reserva de fauna acuícola que atopamos eiquí. Despois, chegaron numerosas visitas, como a da Asociación Cultural de Amigos dos Museos de Galicia, da asociación ecoloxista Verdegaia e de moitos particulares. Para apoia-la difusión, o Concello instalou paneis identificativos e de dirección, editou un tríptico informativo e instalou un autocolocante co eslogan “Vennos descubrir”. A invitación está feita. ■
g
50 anos da desecación da Lagoa O pasado 8 de setembro cumpríronse 50 anos da desecación da Lagoa de Antela. Un fito histórico, con defensores e detractores, que cambiou para sempre a configuración xeográfica e o tecido económico do municipio de Sandiás. Para conmemoralo, o Concello organiza unha xornada de conferencias e coloquios para lembrar esta efeméride, coa presencia na Casa do Lagoa de prestixiosos escritores e historiadores.
Páxina 4
Obradoiro de Emprego O Obradoiro de Emprego “O Castro” ofreceu formación teórica e práctica a 30 persoas, na súa maioría mulleres, nas especialidades de albanelería, cantería e restauración de áreas degradadas. A Consellería de Traballo da Xunta mailo Concello de Sandiás aportaron máis de 588 mil euros para completa-la formación laboral e realizar obras de mellora do patrimonio público en diferentes zonas do municipio.
Ademais da indicada formación en cada oficio ou especialidade laboral, non pode esquecerse a necesidade de desenvolver outro tipo de actividades complementarias, tanto para o enrequecimento cultural como persoal dos alumnos/as participantes. Para acadar estes fins, impartíronse diferentes módulos formativos: de seguridade e saúde no traballo, co obxetivo de previr os riscos derivados da actividade laboral.
As principais actuacións dos tres módulos do Obradoiro (decembro 2007/2008)foron as seguintes: rehabilitación das escolas de Piñeira e Couso para centros sociais e vivendas; restauración de lavadoiros en Piñeira e Couso; mellora dos accesos á Torre do Castro; pavimentación no entorno da igrexa de Santo Estevo e empedrado do Camiño de Santiago; acondicionamento da capela de Sta. Mariña, ...
O Obradoiro de Emprego “O Castro” organizouse para favorecer a participación de homes e mulleres en igualdade de condicións, nas distintas áreas municipais, provomendo a formación e a insersión laboral das mulleres, así como a conciliación da vida familiar (poder compaxinar o traballo coa familia, contando co apoio nas tarefas domésticas doutros membros da unidade familiar). É unha iniciativa máis do Concello de Sandiás para favorecer políticas de plena igualdade nos distintos eidos da vida social e laboral.
O primeiro obxectivo desta iniciativa municipal foi facilitar formación laboral ós veciños e veciñas desempregados e con gañas de convertirse en profesionais de oficios tradicionais da nosa terra e con gran futuro. Os participantes no Obradoiro recibiron unha formación teórica, complementada con traballos prácticos. Completado este proceso, recibirán os diplomas acreditativos nas súas especialidades.
De xeito complementario e, para aqueles participantes que non acadasen o título de graduado en ESO, impartíronse clases de educación compensatoria, para poder acceder ás probas coas suficientes garantías de éxito. En todo momento, o equipo directivo e docente orientou as distintas actividades formativas a potenciar e apoiar aos participantes neste Obradoiro cara á súa inserción no mercado laboral.
Páxina 5 Antiga escola de Piñeira
A restauración das antigas escolas de Piñeira e Couso implicou, sobre todo, ó módulo de albanelería. Foi un traballo complexo, polo estado de deterioro no que se atopaban os inmobles, pero mereceu a pena. Hoxe lucen cun novo aspecto exterior, agardándo que se complete a reforma interior para o disfrute de tódolos veciños/as.
O adecentamento dos lavadoiros de Piñeira e Cousa, a intervención na capela de Santa Mariña de Piñeira, ou a mellora do Camiño de Santiago e o entorno da igrexa de Santo Estevo de Sandiás quedan como lembranza do traballo do Obradoiro.
Mellora dos accesos á igrexa de Sandiás
Capela de Santa Mariña
Obradoiro de Emprego
O Obradoiro de Emprego servíu para aprender novos oficios, familiarizarse coas novas tecnoloxías da información, aprender a desenvolverse no eido profesional, con charlas orientativas, e, tamén, para revitalizalo noso patrimonio históricoartístico, representado no adecentamento do entorno do noso monumento emblemático.
O traballo do módulo de restauración de áreas degradadas é ben perceptible en diferentes áreas recreativas do noso municipio. Tamén se acondicionaron zonas verdes e axardinadas na capitalidade municipal; completouse o proceso da poda e se adecentaron lugares de gran valor paisaxística, como o acceso á Torre do Castro.
Páxina 6
Votacións para renova-las Cámaras Lexislativas, o pasado 9 de marzo
Victoria do Partido Popular en Sandiás nas eleccións xerais O Partido Popular volveu ser, como xa acontecera nas eleccións locais de 2007, a forza política máis votada en Sandiás nos comicios xerais do pasado 9 de marzo. Para o Congreso dos Deputados, a candidatura encabezada por Celso Delgado Arce, acadou 583 votos (51,6%), por diante do PSdeG-PSOE, que se situou como segunda forza política do noso municipio, con 446 votos (39,5%) e do Bloque Nacionalista Galego, con 86 votos (7,6%). Os catro representantes da provincia de Ourense na Cámara Baixa son Celso Delgado e Jesús Vázquez, polo PP, e Elena Espinosa e Alberto Fidalgo, polo PSdeG-PSOE. Tamén na votación para o
Eleccións xerais 2008 Forza política
DE
P G-PSOE
Votos Congreso
%
583
51,64
446
39,50
86
7,62
Número de votantes: 1.129 (censo: 1.372). Participación: 83,53% (abstención: 16,47%) Votos nulos ou en branco: 17. Outros: 14. O índice de participación en Sandiás resultou claramente superior á media rexistrada na provincia de Ourense, que foi do 77,8%.
Senado, os tres candidatos do Partido Popular (Carmen Leyte Coello, Amador Vázquez e Miguel Ángel Pérez de Juan) foron os máis votados no noso municipio, superando ós “socialistas” Miguel Fidalgo Areda, Elvira Lama e Alfredo Vázquez. Sandiás foi un dos 68 municipios da provincia de Ourense onde o PP superou a metade dos votos escrutados. Respecto ás eleccións municipais de 2007, as tres forzas marioritarias manteñen unha posición semellante, agás o BNG, que perdeu case que o 40% dos votos acadados un ano antes. Os “populares” foron os gañadores en tódalas mesas electorais do noso municipio. ■
O hipódromo, cada vez máis popular A retransmisión en directo pola 2 de Televisión Española e a inclusión de varias carreiras na Lototurf, a aposta hípica, contribuiron a difundir e darlle a categoría que lle corresponde ó noso hipódromo. Cada vez é maior o número de espectadores e a categoría dos cabalos que ata eiquí se achegan para competir nalgunhas das mellores carreiras do calendario hípico nacional. ■
Sandiás, un concello coa Cultura Se a rondalla maila coral son os nosos sinais de identidade musical, o Concello tamén colabora con outras Administracións públicas na organización e difusión de eventos culturais. A través do programa “Vai de camiño”, durante o verán tivo lugar un concerto da Banda de Música de Tui. A praza do Concello acolleu a un bo número de veciños e visitantes que disfrutaron con esta actuación. ■
O cupón da ONCE, unha boa promoción A ONCE incluíu no sorteo do cuponazo do 18 de xaneiro a imaxe do retábulo da igrexa de Santo Estevo de Sandiás, con motivo do 400 aniversario da súa realización. A Organización Nacional de Cegos acolleu así a petición formulada polo noso Concello e foi, tal vez, a mellor homenaxe a esta obra de Francisco de Moure, considerada como unha das mellores pezas da imaxinería relixiosa da Limia. ■
Páxina 7
O Centro Social, a disposición de tódolos veciños
Un lugar para o encontro e o divertimento
Se a Casa da Lagoa é importante para Sandiás, o novo Centro Social maila Casa da Cultura non son menos.O Centro Social, concebido como un novo espacio para o encontro e o disfrute na compaña dos nosos veciños, está xa a pleno funcionamento tódolos fins de semana, aínda que o Concello agarda que en breve estea operativo tódolos días. Está concebido como un lugar para a conversa, xogar as cartas, pequenas celebracións sociais, etc. O proxecto de construir un centro social en Sandiás xa ven de lonxe. A iniciativa xurdíu do Concello, que contou coa colaboración da anterior Xunta de Galicia. En total investíronse, nas distintas fases de restauración do edificio, uns 90.000 euros. A carón do Centro Social construíuse a Casa da Cultura, a través das aportacións realizadas polos Planos Provinciais de Obras mailo Concello de Sandiás (139.800 €). Agárdase que entre en servizo nas próximas semanas, unha vez rematados os traballos de pintado e de dotación do mobiliario.
Páxina 8
Reforma de estradas e camiños, infraestruturas, urbanismo, airas,
k
patrimonio, servizos básicos nos pobos... En colaboración coa Xunta de Galicia maila Deputación Provincial de Ourense, e, outras veces, coa maquinaria municipal, o Concello desenvolve a cotío actuacións destinadas a mellora-los servizos básicos en tódolos núcleos de poboación. Unhas obras que inciden tamén na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.
-
Mellora de varias estradas e pistas de uso agrícola e acceso a depósitos
O Concello de Sandiás maila Deputación Provincial de Ourense colaboran na mellora do firme en camiños de varios pobos do municipio. Por parte do Concello apórtanse os materiais de obra necesarios, mentres que a institución provincial encárgase da execución coas súas brigadas. Esta colaboración é permanente e realízase tódolos anos. Outro convenio, esta vez con Medio Rural, centrouse na reforma viaria en Piñeira de Arcos, Chousela, Zadagós e na zona do hipódromo de Antela. Unha destas obras consistíu no asfaltado na pista que comunica dende a N525 co depósito do Concello, no Alto do Novaíño. Outra actuación permitíu a mellora da estrada que vai dende a estrada xeral ata o novo depósito de Piñeira. Unha terceira consistíu na reforma dunha pista que comunica Chousela con Zadagós. A última obra deste proxecto supuxo o reaslfatado da pista que vai dende a canle da lagoa ata o límite entre Sandiás e Xinzo, pasando polo centro hípico.
-
Aira de Sandiás
Restauradas as airas de Sandiás, Vilariño e Couso
O proxecto para restaura-las airas de Vilariño, Sandiás e Couso xa está rematado, cumprindo así os prazos mailo orzamento (25.900 euros) estipulados no convenio asinado polo Concello de Sandiás coa Consellería de Vivenda e Solo. Esta iniciativa municipal tivo por obxectivo a recuperación de espacios públicos para disfrute veciñal e para mellora-la estética dos nosos pobos. Nos traballos empregáronse os materiais tradicionais, recuperando a pedra e descartando as superficies de cemento. Agora, o Concello xestiona outro proxecto no patio da Casa da Cultura. Pretende o seu adecentamento integral para o uso e disfrute dos veciños que acuden a este lugar e á Casa da Cultura, sobre todo, durante os meses do verán. ■
-
Aira de Vilariño
Ensanche da estrada de Vilariño
A adquisición de dúas palleiras por parte do Concello permitirá anchea-la estrada de Vilariño e mellorala seguridade vial, xa que haberá máis visibilidade na curva. Despois de construir un tramo de beirarrúas, a Deputación Provincial, que é a titular desta vía, vaise encargar de dotar dun novo firme á zona ensanchada. Tamén está previsto renovalos servizos básicos onde sexa necesario. ■
Aira de Couso ■ Novos proxectos en Corga e Sandiás.- Os Planos Provinciais de Obras, nos que colaboran Deputación e Concello, executarán obras de mellora das canalizacións de pluviais na zona de Corga e o ensanche do camiño de Sandiás que comunica o Centro Social coa parte do fondo da vila..
Páxina 9
A poboación de máis idade precisa dunha atención específica Sandiás conta a día de hoxe cunha poboación de 1.488 persoas, das que 680 son homes, e 808 mulleres. Desta cantidade, hai 586 veciños ou veciñas que superan os 65 anos, o que supón case que o 40 por cento do total. Asemade, unha porcentaxe alta deste colectivo de persoas maiores vive soa ou carece de familia, ou non contan con apoio dos familiares directos por cuestións de traballo ou residencia. Por este motivo, o Concello de Sandiás puxo en marcha dende hai moitos anos algúns programas específicos dirixidos a este sector da poboación cada vez maior, como a teleasistencia, a axuda no fogar, o futuro centro de día e a Lei da Dependencia, dentro do Consorcio Galego de Servizos Sociais. A finalidade destas actuacións é favorecer a permanencia das persoas dependentes no seu fogar o máximo tempo posible, tentando sempre manter ou mellorala súa calidade de vida. A través do departamento municipal de Servizos Sociais, facilítase todo tipo de información e asesoramento sobre estas cuestións, e outras moitas como a emerxencia social, apoio a familias e todo tipo de colectivos desfavorecidos, tramitacións de pensións e axudas específicas, etc. Agora, a nova Lei da Dependencia abre novas posibilidades de atención as persoas maiores a cargo dos propios familiares. Esta Lei precisa, non obstante, de maiores recursos para acadar a plena implantación.
Servizos Sociais: sempre solidarios O programa “Xantar na casa” levará a comida ós domicilios das persoas maiores que o soliciten O Concello de Sandiás participa xa na primeira fase da implantación do programa “Xantar na casa”, dentro do Consorcio Galego de Servizos Sociais. Por un precio módico, xa que o programa está subvencionado, as perso-
as maiores que cumplan os requisitos e o soliciten recibirán tódolos días a comida e a cea adaptada ós seus gustos e consellos médicos: menús baixos en sal para persoas hipertensas, etc, para mellorala súa saúde.
Susana Viso Touza, traballadora social:
“Temos axuda e respostas a calquera veciño con dúbidas ou dificultades” Servizos Sociais de Atención Primaria de Sandiás Atención ó público:
martes, xoves e venres, de 8:30 a 14:30
Pregunta: ¿En que consiste o programa “Xantar na casa”? Susana: Vai dirixido a aquelas persoas que teñan máis de 65 anos e se atopen con escaso ou nulo apoio familiar. A idea é levarlle-la comida ó seu domicilio unha vez á semana. En réxime de préstamo, a empresa encargada do servizo porá á súa disposición un microondas ou unha neveira, en caso de necesidade. P: ¿E a finalidade do Centro Social, construido recentemente? Susana: Fíxose un local específico para as persoas maiores. Para que poidan charlar, xogar ás cartas, tomar café, leelo periódico,... P: ¿Que tipo de prestacións realiza o programa de axuda no fogar? Susana: Está dirixido a aqueles veciños de Sandiás que, por razóns de idade, de discapacidade total ou parcial, ou as que aprecien os servizos sociais, non podan atende-las necesidades cotiás para o disfrute dunha boa calidade de vida. Os beneficiarios reciben asistencia de carácter doméstica e atención persoal, podendo realizar outro tipo de atencións, como son as psicosociais e as educativas, ou as de carácter técnico e complementario. P: ¿Que utilidade ten a teleasistencia domiciliaria? Susana: Moita, e de feito hoxe non supón gasto para o usuario, xa que a parte que este tería que pagar está subvencionada polo Concello. Esté é un dos recursos no que insistimos moito desde o departamento de Servizos Sociais, para fomentalo e lograr aumentar o número de beneficiarios. P: Outra novidade é o transporte adaptado. ¿A quen vai dirixido? Susana: Temos sete expedentes tramitados, dos que tres xa foron resoltos favorablemente. Trátase de levar ás persoas con incapacidade recoñecida ou con valoración de dependencia para asistir ó médico, á asistenta social do Concello, ou calquera outra servizo público. Só hai que solicitalo traslado con 48 horas de antelación para que se poida organizalo transporte.
Páxina 10
Cursos e actividades para tódalas idades Informática
Atención a maiores
Corte e confección
Ximnasia de mantemento
O ano 2008 volveu ser importante no proceso de dinamización social e cultural que desenvolve o Concello de Sandiás, ben a través de programas propios e co apoio de outras Administracións públicas, ou en colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais e o Centro de Ensino de Infantil e Primaria. Cerca de 100 veciños e veciñas de tódalas idades participaron nas actividades que se levaron a cabo nestes últimos meses. Cabe salientar os cursos de informática e pintura. O primeiro para coñecer ou profundizar nas novas tecnoloxías da información, e o segundo, para espertala vena artística de moitas participantes. Outros programas van dirixidos a colectivos específicos. Para os nosos maiores, os talleres de memoria e risoterapia, que lles permite manter a mente máis áxil. E para os máis novos, o Concello colabora coa rondalla do colexio e na organización de actividades complementarias no propio centro de ensino. Ao longo do ano houbo tamén talleres de costura, un oficio/afección que segue sendo útil para moitas mulleres, e outros prácticos para atender a persoas maiores ou encamadas. Na mesma liña, organizouse un curso de primeiros auxilios. En colaboración coa Asociación de Mulleres celébranse as clases de ximnasia de mantemento e organizouse unha excursión a León e Astorga. O Concello traballa xa en novos programas de dinamización que se desenvolverán ao longo do vindeiro 2009.
Pintura
Corte e confección
Rondalla
Ximnasia para rapaces
...e tempo de pasalo ben na compaña dos nosos veciños, amigos e familiares. Así aconteceu tamén no Magosto tradicional organizado polo Concello de Sandiás nas instalacións do colexio público. Repartíuse unha comida con produtos típicos deste tempo do outono, na que non fallaron as castañas, nen a queimada. Unha charanga animou esta xornada de festa (8 de novembro), que como tódolos anos reúne a numeroso público ó abrigo dunha carpa. Pero os magostos tamén se conservan nos diferentes pobos do noso municipio, algunhas veces reducidos ó ámbito familiar e, outras, entre os propios veciños e veciñas, como un exemplo de conservación das tradicións populares que nos deixaron os nosos devanceiros.
Se típicos son os magostos, tamén son habituais dende hai varios anos os cursos de elaboración de centros e de obxectos ornamentais do Nadal. No salón multiusos da Casa Consistorial celébranse estas actividades gratuitas e abertas á participación de calquera veciño ou veciña. O curso serve para dar un toque de distinción ós fogares dun xeito sinxelo, económico e con bo gusto. Tal é así que as participantes repiten dun ano para outro.
Páxina 11
Feira de Sandiás
...recuperando tradicións Veciños e os vendedores respostaron á invitación do Concello para recuperala feira de Sandiás. Dende o pasado mes de agosto, cando se celebrou a primeira edición despois de 50 anos, a cita é o primeiro domingo de cada mes. E como en toda feira que se precia, non pode fallar a pulpeira, nen os vendedores de roupa e calzado, produtos artesanais e de alimentación. Sobre todo, é un motivo para o reencontro de moitos veciños e visitantes.
Sandiás é tamén terra de tradicións relixiosas. O San Bieito da Uceira segue a ser o santo máis popular e milagreiro de A Limia, pero tamén en tódalas parroquias consérvase a devoción polos santos, vencellada á memoria de tódolos veciños e
veciñas. E así, ano tras ano, tódolos fregueses honran ós seu patrón ou patrona no día sinalado no calendario como o máis importante de cada pobo. Na imaxe, os devotos da Virxe do Rosario durante a procesión polas rúas de Sandiás.
Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97