
1 minute read
Faite eco
Consumir alimentos eco certificados ten premio
Saborear un alimento saudable, nutritivo, cultivado con dedicación, feito no seu debido tempo, libre de pesticidas e modificacións xenéticas, producido coidando a biodiversidade, o chan, o aire, a auga… ten premio.
Advertisement
“Alimenta o futuro” é a nova campaña que pon en marcha o Craega co fin de seguir difundindo o sector, co ánimo de festexar e para seguir alimentando o noso futuro.
Desta volta faino cun sorteo entre todas as persoas que compartan a súa opinión ou experiencia cos alimentos ecolóxicos centos de camisetas e láminas asinadas polos ilustradores galegos Lidia Cao (Santiago de Compostela, 1997), Cestola na Cachola (cooperativa de traballo asociado integrada por Raquel Doallo, Xoana Almar e Miguel Peralta, 2013) e Sokram (Ordes, A Coruña).
SOKRAM LIDIA CAO



CESTOLA NA CACHOLA

Algunhas experiencias eco
“Por volver aos costumes dos avós”, “pola inmellorable calidade e, sobre todo, sen pesticidas”, “porque a saúde da familia non ten prezo...”. Estas son tan só algunhas das moitas razóns polas cales os usuarios consomen eco. Cal é a túa?