3 minute read
Axenda
Biofach volve ao seu formato presencial o vindeiro mes de xullo
BioCultura Madrid quenta motores para a súa cita de novembro
Advertisement
DATOS BIOFACH 2020
Expositores: 3.738 empresas Países participantes: 136 Visitantes: 50.000 A Feira Internacional de Produtos Orgánicos Biofach celebra este ano a súa XXXIII edición, combinada con Vivaness, a Feira Internacional do Coidado Persoal Natural e Orgánico. Trátase do tándem feiral de Núremberg recibido con grande entusiasmo polo mundo ecolóxico, como demostran os datos da última edición (2020), que convocou 3.738 expositores.
Tras a cita virtual por mor da pandemia, a feira alemá regresa cun completo programa de actividades: seminarios, workshops e conferencias sobre os temas de maior actualidade. O Congreso, que ten lugar paralelamente, é tamén desde hai tempo un foro importante para o sector biolóxico, entre outras cousas porque é onde se amosan as cifras e os feitos máis actuais acerca do seu desenvolvemento.
Lembrade que a cita será entre o 26 e o 29 de xullo de 2022 no Exhibition Centre Nuremberg e, por terceiro ano consecutivo, será a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas (FIAB), co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAPA), a que organizará o pavillón agrupado español.
A feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable BioCultura Madrid xa empeza a preparar todo para acoller expositores e visitantes do 3 ao 6 de novembro no Ifema da capital española. A cita, organizada pola asociación Vida Sana, é de carácter anual e é unha das máis importantes de España.
Aínda co programa sen pechar, agardan celebrar unhas 300 actividades e recibir uns 500 expositores e 50.000 visitantes. Así, poderanse ver unhas 18.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica que forman parte do sector. Moda sostible, ecomateriais, mobles, decoración de vivendas, enerxías renovables, benestar, turismo rural, ecoloxía, libros e moito máis encontraranse no recinto para dar a coñecer todas as novidades.
IFOAM Organics Europe organiza a 16.ª edición do Congreso Ecolóxico Europeo
Os días 16 e 17 de xuño terá lugar a 16.ª edición do Congreso Ecolóxico Europeo (EOC) en Burdeos (Francia). IFOAM Organics Europe, xunto a INTERBIO Nouvelle Aquitaine, organiza esta evento de forma presencial.
Esta nova edición xira ao redor do lema “Un futuro máis ecolóxico: no camiño cara á consecución do Pacto Verde Europeo”. Abordaranse temas como as políticas da UE, os obxectivos das estratexias “Do campo á mesa” e “Biodiversidade”, a agricultura ecolóxica como parte da solución e a revisión do mercado ecolóxico actual. Así mesmo, o 18 de xuño os participantes terán a oportunidade de asistir a unha excursión para descubrir algúns dos proxectos innovadores comprometidos cun futuro máis ecolóxico.
Podes rexistrarte no EOC nesta ligazón: https://europeanorganiccongress.bio/registration/
A SEAE ofrece formación de balde en produción ecolóxica
A Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica e Agroecoloxía (SEAE) lanza unha tanda de cursos gratuítos sobre produción ecolóxica no marco do Programa Empleaverde da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Este programa apoia proxectos destinados á creación de emprego a través da formación, asesoramento e innovación social dirixidos a persoas desempregadas.
O obxectivo e contribuír á mellora da cualificación profesional en produción agroecolóxica en sectores clave que precisen formación adicional. Deste xeito, afróntanse tamén grandes retos como a despoboación no medio rural, a perda de biodiversidade ou o cambio climático.
A asociación oferta un total de 17 accións en 9 meses: 15 a distancia, presenciais e mixtas e 2 asesoramentos en produción agroecolóxica.
https://www.agroecologia.net/
HAZTE SOCI@ de SEAE
Acompáñanos en el camino hacia una transición agroecológica del modelo agroalimentario actual.
Ser parte de SEAE significa apoyar a una organización abierta, próxima y transparente que trabaja con y para el sector de la producción ecológica y el movimiento agroecológico y, por tanto, que contribuye al cambio hacia un mundo mejor, más justo, equitativo y sostenible.
Ae, la “Revista Agroecológica de Divulgación” es gratis para soci@s de SEAE.
Sociedad Española de Agricultura Ecológica Agroecología
Consulta nuestra página web: www.agroecologia.net
Sociedad Española de Agricultura Ecológica/ Agroecología (SEAE)
Camí del Port, s/n. Km 1 - Edif ECA. Portón 1. Apdo 397 E-46470 Catarroja (Valencia) • +34 961 267 122 E-mail: comunicacion@agroecologia.net Facebook: SEAE.Agroecologia • Twitter: @SEAE_Agroecolog