2 minute read
EN VACA TV
Nova edición das Xornadas Técnico Gandeiras dos Usías
O venres 4 de marzo tiveron lugar no Centro Cultural 2T de Dos Torres (Córdoba) as IV Xornadas Técnico Gandeiras Usías Holsteins, no marco da tradicional feira de gando frisón da localidade. Esta nova edición celebrouse de maneira virtual e tamén contou co público no recinto.
Advertisement
Tras a inauguración do evento, o encargado de impartir a primeira das sesións foi o veterinario do Servizo de Calidade do Leite de Seragro SCG (A Coruña), Paco Sesto, quen falou sobre a súa experiencia tras máis de cinco anos traballando con secado selectivo.
O seguinte en intervir foi Álex Bach, de Marlex Recerca i Educació (Barcelona), que abordou a alimen-
En Vaca.tv
tación e o manexo da vaca durante a transición de lactante a seca e de seca a lactante.
Seguiuno Eber Rojas, investigador “María Zambrano” no Departamento de Produción Animal da Escola Técnica Superior de Enxeñería Agraria (ETSEA) da Universidade de Lleida. Na súa quenda, tratou diversos temas como as asociacións entre fenotipos e posparto, o mérito xenético e o rendemento reprodutivo en vacún leiteiro.
Para finalizar, o experto en nutrición, saúde e manexo de xatos en Cargill (Ohio), James Quigley, centrou a súa charla nas estratexias e as novas tendencias no manexo do costro.
concesionario oFiciaL neW HoLLanD para LuGo, asturias y cantabria
Sesión formativa sobre indicadores para a xestión económica e técnica nas granxas
O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader), Campus de Lugo (USC), acolleu o venres 11 de marzo unha nova sesión de formación para gandeiros. Nesta ocasión, o encargado de impartila foi o veterinario Manuel Fernández (Consuvet).
A temática desta charla puxo o foco na xestión económica e técnica das ganderías e nela abordáronse diferentes indicadores de utilidade. Fernández destacou que é preciso delimitar o orzamento concretando os obxectivos e controlando as desviacións: “Definilo é fundamental e, ademais, hai que comprobar se se alcanzan as metas. As desviacións sempre as vai haber, pero é importante saber por que”, explicou.
Durante a súa intervención expuxo a relevancia de manexar o big data para aprender das oportunidades de mellora: “É unha reflexión importante, máis aínda coa conxuntura que vén”. Así mesmo, afirmou que “non se pode ser xerente sen facer xestión de custos” e, finalmente, lembroulles aos asistentes que “para isto é necesario facer unha boa contabilidade analítica de custos, a cal nos pode achegar información para saber se a granxa funciona ou non”.
En Vaca.tv
Manto Maquinaria SLU Crta. N-640, km 87,5 27192 La Campiña - Lugo Tel. 982 315 756 - Fax 982 303 203 www.mantomaquinaria.com | info@mantomaquinaria.com