O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Page 1

O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Bobby Henderson





O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador



0 7"/9&0 7"/9&0 EP .0/4530 %& &41"(6&5& 70"%03


Créditos orixinais do libro: A Villard Books Trade Paperback Original Copyright © 2006 by Bobby Henderson All rights reserved. Published in the United States by Villard Books, an imprint of The Random House Publishing Group, a division of Random House, Inc., New York. VILLARD and “V” CIRCLED Design are registered trademarks of Random House, Inc. Grateful acknowledgment is made to the following for permission to use preexisting material: Kelly Black: Proof entitled “The Case for the Church of the Immaculate Induction” by Kelly Black. Reprinted by permission of the author. /. R Blackwell: Proof entitled “Evidence of the Baker” by J. R. Blackwell. Reprinted by permission of the author. Alexis Drummond: Proof entitled “Pirates and Faith” by Alexis Drummond. Reprinted by permission of the author. Alexander Cross: Proof entitled “FSM Theologebra” by Alexander Gross. Reprinted by permission of the author. Jacob D. Haqq-Misra and Michael B. Larson: Proof entitled “Piracy as a Preventor of Tropical Cyclones” by Jacob D. Haqq-Misra and Michael B. Larson. Reprinted by permission of the authors. Kevin Heinright: Proof entitled “A Twenty-first-Century Ontological Argument” by Kevin Heinright. Reprinted by permission of the author. James Hofer: Proof entitled “Mathematical Proof of the FSM” by James Hofer. Reprinted by permission of the author. Toby Leonard: Proof entitled “Of Penguins and Pasta” by Toby Leonard with editing by Jason Braunwarth. Reprinted by permission of the author. Nick Moran: Proof entitled “Life, Kolgoromov Complexity, and Delicious Spaghetti” by Nick Moran. Reprinted by permission of the author. Landon W. Rabern: Proof entitled “A Teleological Argument” by Landon W. Rabern. Reprinted by permission of the author. Scott Stoddard: Proof entitled “A Corporate Proof of the Flying Spaghetti Monster” by Scott Stoddard. Reprinted by permission of the author, www.thefourthrow.blogspot.com. ISBN 0-8129-7656-8 Printed in the United States of America www.villard.com 987654321

A tradución deste libro así como o uso das imaxes collidas da Rede realizouse sen ánimo de lucro e ninguén tira proveito económico de nada disto. Calquera pode facer con este traballo o que queira.




O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

SOBRE ESTA TRADUCCIÓN PARA O GALEGO A necesidade imperiosa dunha tradución fiábel das Sagradas Escrituras Pastafaris levou o sínodo da Santa Madre Igrexa do Monesvor en España á decisión de emprendela sen contar co nihil obstat de nosa Santa Sede Fundadora nos Estados Unidos, que con todo tomamos como algo implícito dado que é esta una decisión baseada na Fe e no noso desexo de dotar ao noso Credo de ferramentas básicas para o proselitismo. Queremos que toda a poboación española teña acceso ás Escrituras en cada unha das linguas oficiais e que todos poidan ser apalpados polo Seu Apéndice Tallarinesco. Esperamos que con esta obra os catecúmenos pastafaris, chamados afectuosamente “grumetes”, serán cada día máis numerosos. Igual que Lutero non dubidou á hora de principiar a tradución d Evanxeo Cristián para achegalo ao pobo, nós tomamos similar decisión guiados polo Sazonado Espírito que constitúe o núcleo da Fe. Podedes considerar, se así os parecer ben, que esta es una edición traducida non autorizada e Pirata do orixinal The Gospel of the Flying Spaghetti Monster, mais tampouco nos sentiríamos ofendidos, xa que Eles son O Seu Polbo Elixido. De verdade: intentamos contactar co Profeta Bobby e coa súa editorial, mais non nos foi posíbel. Entendemos que O Noso Bobby anda moi ocupado, e que debe protexerse dos inimigos da Fe que sen dúbida o acosan, así que, após moito orar e meditar sobre o asunto, decidímonos a realizala nós mesmos. Como adoita dicir o noso Padre Prior: “Con dúas albóndegas e un bo rigatoni”. E, xa que estábamos no choio, e isto é un traballo altruísta, entramos á arrasadeira na Rede toda e collemos toda canta imaxe nos pareceu boa para facer o libro máis xeitoso. Agradecemos a todos os que as fixeron o seu traballo que nós aquí nos apropiamos só para aumentar, igual que eles, a gloria do inmenso MEV. Cuestións filolóxicas: -O verdadeiro nome do Noso Tallarinesco Señor. O FSM, Flying Spaghetti Monster, pode ser traducido indistintamente como Monstro Voador de Espaguete (MVE) e Monstro de Espaguete Voador (MEV). Ambas son correctas e pódense utilizar, mais debíamos empregar unha para a tradución. Aínda que a disposición dos elementos lingüísticos e a eufonía de MVE son lixeiramente superiores, acabamos por nos decidir por estandarizar a forma Monstro de Espaguete Voador, que favorece a construción do termo MEVismo como sinónimo desta a nosa Fe Pastafari ou Pastafariana e ademais permite a creación, propia da nosa lingua, da palabra Monesvor, de grande aceptación entre a fre-

9


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

guesía e que nós aceptamos con fruición e entusiasmo sinceros. Tamén é de salientar que cada unha das formas de chamar ao Pastificado, en calquera idioma, ten sentido de seu e explica unha das moitas naturezas do Noso Salseado Señor, como veremos neste libro a respecto do mesmo acrónimo MEV. Do mesmo xeito, aplaudimos e aceptamos toda expresión que de forma alegre y rebuldeira, (como correspondía aos nosos Primeiros Padres os Piratas, dotados de tan excelente humor), sirva para dirixirse ao Noso Condimentado Señor: A Súa Divina Pasticidade, A Súa Suprema Presenza Boloñesa, O Amo dos Fusilis, O Señor dos Tortellini , e todas cantas advocacións xurdan da libre expresión popular que celebren esta que sabemos é a Verdadeira Fe. Somos conscientes tamén de que O Tallarín Único é en extremo modesto, mais non podemos evitar dirixirnos a el, Fonte Sagrada Dunha Alimentación Accesíbel e Suculenta, nas mil e unha formas que nos saen do corazón. Sede creativos, irmáns. Descubride dentro de vós mesmos, a ser posíbel despois dunha boa comuñón pastafari, os mil e un nomes do Monesvor. Podemos crear expresións propias como monesvoar: 1. facer que o espírito voe tal alto como o Monesvor, seguramente axudados polo grogue e a cervexa. 2. difundir a Fe do Monesvor. monesvoloxía: 1. teoloxía Pastafari. 2 ciencia irrefutábel en sentido estrito. E por suposto tamén hai que impulsar expresións e frases como “Tan certo como que quizá exista o MEV”, “Ao MEV rogando mais coma bo pastafari razoando”, “Vémonos mañá se o Monesvor quere, que fixo que quererá porque mira que é curriño”, “Xúroche que pasou así, e ao Monesvor non poño por testemuña porque seguro que ten mellores cousas que facer”, “amonesvor” para despedirse, etc...

-Tradución laxa. As Escrituras están tan fermosamente escritas, é tal o seu nivel de inspiración e claros e diáfanos os seus conceptos monesvolóxicos, que practicamente se traducen soas, como se o propio Monesvor nos iluminase y dirixise as nosas vontades por medio do Seu Apéndice Tallarinesco. Por tanto traducímolo todo co Google Translator e esperamos que aparecese una tradución irreprochábel, e que mesmo A Súa Condimentalidade obrase o milagre e xa saíse o arquivo pdf perfectamente maquetado. Non foi o caso, pois O Noso Señor al Pesto considerou necesario in-

10


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

fundirnos parte da Súa Modestia e facernos traballar un pouco, que xa sabemos que é de natureza un tanto travesa e rebuldeira. Por medio da oración, e de copiosas comuñóns pastafaris, todos fomos iluminados para traducir o Evanxeo da mellor forma posíbel ás distintas linguas segundo a Súa Pastosa Inspiración Divina, xusto nese momento en que un está placidamente en pleno e harmonioso proceso dixestivo dun xeneroso prato de pasta. Por tanto substituímos algúns chistes e creamos algúns novos, adaptado algúns termos e, baseándonos na Libre e Laxa Interpretación que garante a Nosa Fe e a súa laxa moral e forma de entender a vida, acrecentamos todos os pensamentos sen dúbida inspirados directamente por El. Tamén, por suposto, animamos aos nosos irmáns a que, se o desexaren, que creen as súas propias versións da maneira que consideren oportuna. - Correccións. Esta tradución contén algúns erros, que colocamos voluntariamente, para probar a atención dos leitores. Para propor calquera mellora ou corrección non dubide en rezar ao MEV ou contactar directamente cos seus representantes terrenais. Ha encontrarnos en http://www.iglesiapastafari.es. Seus afectísimos no Señor Noso Monesvor despídense de vostedes impartíndolles a súa bendición a Escola Pía de Tradutores do Mosteiro do Noso Señor dos Carbohidratos (Toledo) en colaboración coa Diocese Pastafariana de Santiago-Lalín. Pode contactar con nós en traslatio.pastafarica.hispania@gmail.com RAmén.

11



Ao principio foi a Palabra, e a Palabra foi “Arrrgh!” —PIRÁTICO 13:7



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Recoñecementos PREDICAR UNHA MENSAXE DIVINA precisa dun grande esforzo e coordinación entre varias persoas. Gustaría de agradecer o duro traballo de todos aqueles que dedicaron longas horas e unha considerábel cantidade de neuronios para manter a páxina web e así asegurarse de que A Súa Palabra se estenda arredor do mundo. A todos vós, agradézovolo desde o fondo do meu corazón; realizastes un traballo esmerado e beneficioso, e xuntos acadamos moito. Con todo, non podo evitar sentir que os nosos mellores momentos están aínda por vir. Á miña axente, Paula Balzer, ofrézolle a miña máis sincera gratitude. Fuches valente e firme, guiándome a través duns por veces tormentosos mares, como boa Pirata que es. Este libro nunca puidera existir sen a incesante colaboración do grupo de publicación de Villard. Grazas a Daniel Menaker, editor en xefe de Random House, polar súa sabedoría, visión e coraxe. Grazas a Sanyu Dillon e Avideh Bashirrad pola súa amabilidade e apoio, e especialmente ao xenio do marketing que axudou a este libro a despegar con un grande comezo. Grazas a Erich Schoeneweiss por producir tan excelente libro e aportar as súas propias ideas piratas en varias ocasións. Grazas a Simon Sullivan e Gabe Levine polo seu incríbel deseño. Grazas a Nancy Delia pola súa paciencia e inamovíbel compromiso con este proxecto. Grazas a Tim Mak, un artista, xentilhome e Pirata, todo en un. E, sobre todo, a miña máis sincera gratitude ao meu editor, Chris Schluep, sen quen o Monstro de Espaguete Voador non tería alzado o seu voo. Eu noméote oficialmente Patriarca do MEVismo. RAmén.

15



Táboa de contidos Recoñecementos Termo de responsabilidade Epístola de Bobby Henderson As metidas de zoca da ciencia A Necesidade de Teorías Alternativas Un Punto de Vista Alternativo Cara unha Nova SuperCiencia Que pasa coa evolución? Unha Visión Alternativa MEV contra o DI, unha Improbábel Alianza Proba da comuñón Teoría do Espaguete Unificado Máis probas Os Kiwis: non saben voar? Explicando o pastafarianismo Unha historia resumida do mundo Momentos Chave na Historia do MEV Bobby responde ás Grandes Preguntas Que faría un pirata? QFUP? A Historia dos Herexes A historia como nunca a contaran: As Guerras Pastafaris Propaganda Guía Pastafariana de Propaganda Folletos Botín Recadación de fondos (Todo pola Pasta) O Instituto da iluminación Unha anotación final de Bobby Henderson e a súa equipa

15 19 21 23 25 29 33 39 52 56 63 67 73 76 80 81 89 97 100 115 127 139 141 153 161 170 176 213



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Termo de responsabilidade AÍNDA QUE O PASTAFARISMO é a única relixión baseada en probas empíricas, debemos facer notar que este libro se basea na fe. Os leitores atentos han decatarse de numerosas inconsistencias e contradicións a todo ao longo do texto; tamén encontrarán esaxeros e mesmo descaradas mentiras. Todo isto está aí posto para probar a fe do leitor.

Termo de responsabilidade a propósito dos minchiñas1 A NOSA RELIXIÓN NON DESEXA DISCRIMInin ferir os sentimentos de ningún grupo, e isto é especialmente certo canto aos minchiñas ou homes baixiños, quen, de se sentiren provocados, poderían aparecer de calquera parte sen que nos decatásemos e atacarnos. Para evitar anoxar a comunidade liliputiense, propomos a seguinte solución: suxerimos colocar este libro no estante máis alto que teñan.

NAR

1

Ás veces coñecidos como “pequechos” ou “xente miúda”.

19



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Epístola de Bobby Henderson QUERIDO AMIGO: Benvido ao fabuloso mundo da relixión! Corren bos tempos para o sagrado: os políticos emprenden cruzadas, as nacións invádense e a ciencia2 esvaece. Con estas mudanzas, chegan para as relixións oportunidades que non se viran desde a Reforma... ou polo menos, desde a primeira vez en que as masas perseguidas se reuniron y zarparon a ese grande encontro de recreación de la democracia que chamamos Estados Unidos de América. Tendo isto presente, a Igrexa do Monstro de Espaguete Voador (MEV) convídao a coñecer algo máis sobre nós. Quereríamos contarlle todo sobre o noso Paraíso, que dispón dunha Fábrica de Strippers e un Volcán Xigante de Cervexa. Encantaríanos velo vestido co Seu atavío elixido: auténticas roupaxes de pirata. Queremos que goces do venres como O Seu día festivo elixido. Mais primeiro precisa de saber un pouco más sobre nós. Que é o que defendemos? · Todo canto é bo. A que nos opomos? · A todo canto non é bo. Soa maneiro, non é? Por suposto, non é todo tan simple, e por iso precisamos dun libro. (Seica non tén libros todas as relixións?) Os xudeus tén a Biblia (O Antigo Testículo), os cristiáns tén outro igual (O Novo Testículo), os musulmáns tén O Cormorán ou algo así, os mormóns tén “O Libro do Mamón”, os sufís tamén té sufiscientes libros, os budistas tén o “Bananapada”, os hindús tén “Apaches e Comanches”, os wiccans tén “As bruxas de Eastwick” e así sucesivamente. Se isto fose un manifesto, un panfleto, un folleto, un artigo, ou calquera ghillado predicando por una esquina, ti, leitor imparcial, poderías percibir o MEVismo3 como unha seita como hai tantas. Mais 2 3

Tamén coñecida como a linguaxe da lingua bífida. Tamén coñecido como pastafarismo, pastafarianismo ou monesvorismo.

21


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

nós non somos unha seita (neste momento somos más como a relixión do momento), e este é un libro que sobresairá por cima dos demais, polo menos en termos de estrita credibilidade, e se non pola súa delicadeza literaria, si porque aquí vai morrer até o apuntador. Canto máis leas sobre nós, máis has te convencer de que el Monstro de Espaguete Voador é o verdadeiro Creador, e que o Monesvorismo podería ser simplemente a MELLOR. RELIXIÓN. QUE HOUBERA. Veña. Próbenos durante trinta días. Se non gusta de nós, seguramente a súa anterior relixión ha deixalo volver. A non ser que sexa xainista, claro, que se ofenden con moita facilidade. RAmén.

22


AS METIDAS DE ZOCA DA CIENCIA

Unha parte da educación é dar a coñecer á xente diferentes escolas de pensamento.

—GEORGE W. BUSH, Pastafari no armario



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A Necesidade de Teorías Alternativas

A

ciencia é unha materia en crise. Hai un pequeno e suxo segredo que o establishment científico ten intentando manter oculto desde hai anos: existen moitas teorías non comprobadas que se ensinan á xente como se fosen un feito probado. Mais, grazas ao heroico esforzo dunha manchea de profundos pensadores, os ventos da verdade están a varrer o mundo. Consideren a teoría da Evolución. Os defensores do Deseño Intelixente fan valer que a súa teoría alternativa merece tanta atención como a Evolución, logo que tampouco se pode considerar como un feito. Esta é unha puntualización correcta, mais con isto nin moito menos a Evolución é a única teoría que se acha en problemas. Parece estraño que se diga da Evolución que é “só unha teoría” cando hai tantas ideas básicas na ciencia que permanecen sen probar, aínda que se seguen a ensinar como feitos. A obxección a ensinar a Evolución case non ilustra mellor esta cuestión: As teorías alternativas deben ensinarse co obxecto de ofrecer aos nosos estudantes unha base de pensamento máis ampla. Os que propón o Deseño Intelixente levan a cabo unha imperiosa e totalmente lexítima discusión a respecto de que, se unha teoría non foi probada, entón calquera teoría proposta é tan boa como calquera outra. Tomemos por exemplo a gravidade: a forza de atracción entre partículas con masa. Sabemos moito sobre as propiedades da gravidade, aínda que non sabemos nada sobre as causas da propia forza. Por que as partículas se atraen entre si? Se revisamos a literatura científica, encontramos moito material que trata sobre as propiedades da gravidade, mais moi pouco que trate sobre as causas que xacen por baixo desa atracción. Até que non encontremos respostas probadas a esta pregunta, parece irresponsábel instruír os estudantes no que é, pese a todo, nada máis que unha teoría. De todos modos, se nalgunha medida debemos discutir sobre a teoría da gravidade, entón é razoábel que todas as teorías propostas deberían gozar dun tempo equivalente, xa que ninguén as probou nin refutou. Por tanto, propoño formalmente que o Monstro de Espaguete Voador está detrás desta estraña e habitualmente incomprendida forza. E se é El, que puxa de nós para abaixo cos seus apéndices tallarinescos, quen exerce esta forza? El, lembren, é invisíbel, e indetectá-

25


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

bel polos instrumentos actuais, así que en teoría é posíbel. E o facto de que os poderes gravitacionais do Monstro de Espaguete non teñan sido refutados fai que todo sexa máis probabelmente certo. Só podemos especular respecto das súas motivacións, máis é lóxico supor que se El se ensarilla en todo isto, debe ter unha boa razón. Podería ser que El non quere que saiamos flotando da terra cara o espazo, ou seica é que El o pase ben a nos apalpar. Se cadra nunca o saberemos4. E se ben é certo que non temos ningunha proba empírica para apoiar esta teoría, teña en conta o precedente establecido polos defensores do Deseño Intelixente. Non apenas non son necesarias as probas observábeis e replicábeis que se esixen para obter unha teoría alternativa a incluír no plano de estudos, mais simplemente buscarlle as voltas á teoría establecida pode ser abondo. Neste caso, a teoría establecida da gravidade non fai mención ningunha a respecto da causa da forza, senón que simplemente presenta as súas propiedades. Estou totalmente certo, xa que logo, que esta teoría da gravidade MEV vai ser admitida na ciencia establecida con un mínimo de aparentemente absurdo burocrático, incluído o proceso de revisión por pares. Para unha proba máis de que a verdadeira causa da gravidade, e HOME PRIMITIVO :BAIXO

HOME MODERNO :ALTO

É evi dente que o home pri miti vo recebí a máis apal pamentos que os seus homólog os modernos.

que é que están a nos puxar para abaixo por medio d’Os Seus Apén4

Podería parecer que os minchas son os que reciben máis apalpamentos do MEV, o que os coloca nun pedestal aos seus ollos.

26


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

dices Tallarinescos, só temos que fixarnos nos nosos rexistros históricos. A altura media dos seres humanos hai dous mil anos era aproximadamente 1,60 metros para os homes, en comparación cunha altura media de 1,78 para os homes de hoxe. Inútil por si mesma, esta información toma bastante importancia se a consideramos en termos da poboación de todo o mundo. Os seres humanos, aparentemente obsesionados con fornicar, aumentaran o seu número de forma exponencial nos últimos anos. Encontrámonos, contra toda intuición, que unha pequena poboación se correlaciona con seres humanos máis pequenos, e unha poboación máis grande se correlaciona con seres humanos altos. Isto só ten sentido á luz da teoría da gravidade MEV. Con máis xente na Terra hoxe en día, tocamos a menos Apéndices Tallarinescos, así que recibimos menos apalpamentos, polo que cada un recibe menos empuxe para abaixo, cara a terra, e por tanto, con menos forza para abaixo, pódese crecer máis5. Deberíamos esperar que, a medida que aumenta a poboación, e recibimos menos empuxe cara abaixo do MEV, imos seguir crecendo en altura. Polo contrario, podemos esperar que a súbita aparición dunha praga en todo o mundo faría que a nosa estatura promedio diminuíse. Este fenómeno pódese verificar nos rexistros históricos. Encontramos que a rexións que atravesan crises sanitarias tén persoas máis baixiñas, unha proba sólida de que a nosa teoría é robusta. Ninguén está a dicir que a teoría da gravidade MEV sexa necesariamente certa, senón que, polo menos, que se basea en ciencia sólida, coa robustez suficiente para ser incluída no plano de estudos coas teorías aínda por probar de outros. Até que a teoría da gravidade que na actualidade se ensina, coñecida como newtonismo, se demostre como un feito, as teorías alternativas deberíanse ensinar tamén.

5

Se imos crer que a altura está en función da nutrición, como nos contaron, entón unha poboación máis reducida con máis comida ao seu dispor se correlacionaría cunha talla maior. Non é isto o que encontramos.

27


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A colocaci ón estrañamente elevada desta arte rupestre prehistórica atri búese á protección natural que ofrecían as covas dos Seus Apéndices Tallarinescos.

28


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Un Punto de Vista Alternativo

Un apuntamento de P. Ferris Longshanks: Shériff do Condado, Membro da Xunta Escolar, Cidadán Preocupado Sinceramente, concidadáns, non consigo comprender todo este barullo. Non dicimos que o Deseño Intelixente sexa máis válido que a Evolución ou calquera outra teoría a medio cocer sobre a creación. Todos temos interese en deixar que a xente poida elixir. Non é iso no que consiste a democracia? Republicano ou Demócrata McDonalds ou Burger King Froiz ou Gadis Coca-Cola ou Pepsi E aquí hai outra a considerar. . O Benevolente Señor O Noso Salvador ou A condenación eterna no Inferno

Sexa cal for o lado polo que te inclines na realidade non importa, porque todos somos estadounidenses. Porén, calquera verdadeiro americano apoia o seu inalienábel dereito a ter opcións, moitas delas. E quen son as persoas sen opcións? Os comunistas! E a pesar disto, hai quen impediría que o público estableza unha discusión franca e aberta sobre o Deseño Intelixente, un concepto científico que é tan claro e lóxico como tratar por igual os santos varóns baptistas e os intelectualmente perspicaces afeccionados ás carreiras de NASCAR. Ás veces vexo toda esta hipocrisía e mexo a cabeza. Por suposto, estes cos que estamos tratando son temas controvertidos, e xente

29


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

razoábel estará en desacordo sobre se a vida tal como a coñecemos foi creada por un Creador benevolente e omnisciente (Deseño Intelixente), ou ben a través dunha arbitraria e desapiadada loita polo dominio, comunmente coñecida como a supervivencia do máis apto (Evolución). En aras da claridade, permítanme utilizar unha analoxía simple para explicar estas dúas versións tan diferentes da creación. Digamos que vostede quere comprar un deses novos televisores de pantalla plana que son tan populares nestes días. De acordo coas teorías enfrontadas do Deseño Intelixente e da Evolución, é posíbel adquirir o televisor de dúas maneiras moi diferentes: 1. Vostede podería supor, moi razoabelmente, que os deseñadores intelixentes de Sony, Toshiba e Sharp están producindo activamente novos e accesíbeis televisores de alta definición de pantalla plana de corenta e dúas polgadas, que logo se empaquetan e envían á cidade máis perto da Fnac ou MediaMarkt para que vostede os compre. Ou... 2. Podería esperar varios millóns de anos para que un novo televisor de pantalla plana xurda espontaneamente a partir dunha “sopa”, composta de lama, ADN e pezas de reposto de televisores. Unha vez que isto acontecer, vostede podería intentar sacar a rastro a súa nova televisión do pantano e levala á súa casa (ou, máis probabelmente, a cova) antes que un estraño se acercase balanceándose desde unha árbore, matase a vostede e os seus fillos e despois inseminara a súa muller co seu propio esperma. Como pode ver, as dúas teorías presentan consecuencias potencialmente dramáticas para a sociedade. Non estou a dicir que un dos escenarios sexa máis válido que o outro, mais teño que dicir que a opción de Deseño Intelixente é a primeira. Polo ben da equidade, tamén vou dicir que a Evolución (ou Selección Natural) é aquela na que un home que vive nunha árbore violaba a súa esposa de vostede. Ambas teorías presentan desafíos excepcionais. Ao considerar as dúas, pregúntese a si mesmo cal ten máis sentido na súa vida. Logo pregúntese: a todo isto, quen está promovendo esta discusión? Os defensores do DI poden presumir de moitos científicos, homes valentes dispostos a ser chamados polo seu nome, para defender os seus puntos de vista. Vostedes viran estes campións da defensa do DI nos seus televisores (que, podemos supor de maneira segura, foron deseñados polos enxeñeiros e se compraron nunha tenda... unha proba máis). Vostede fixo que vería como son atacados

30


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

brutalmente por xuíces activistas, medios de comunicación progresistas, e un tal Bobby Henderson. Mais, onde están os homes de ciencia que se pronuncian a favor da evolución? Cítanse a un certo número de científicos en defensa da Evolución, mais se examinamos a situación máis de perto comezamos a ver un patrón perturbador. Nomes como os de Darwin, Einstein, Carl Sagan, Stephen Jay Gould, Ernst Meyer, e moitos outros científicos dos que o 95 por cento do país nunca ouviu falar, aparecen como homes que apoiaron a Evolución. Mais nunca terá visto ningún destes así chamados científicos defender publicamente a súa teoría. Por que? Onde foi que morreu. Resposta: debido a que todos están mortos. Humm... Coincidencia? Cando o movemento pro-Evolución ten que recorrer aos científicos mortos (que están pouco á última agora mesmo nos seus campos, xa me entenden), fai que un se pregunte como é de realmente bo o argumento que presentan. Que vai ser o seguinte...? Traer de volta a Aristóteles (un homosexual) e a Ptolomeo (esquecido) para avogar pola Terra plana? Dado o historial dos pro-evolucionistas, isto non debe estar lonxe de máis. Como sinalei, vemos xuíces vivos tratando de exercer o seu dereito fronte a esta discusión altamente científica. Porén, prognostico que os ben formados científicos do Deseño Intelixente axiña terán os xuíces activistas e progresistas a tremer nas zocas. A estes xuíces se lles da moito mellores sancionar o matrimonio do mesmo sexo, e a maioría de eles son vellos e se confunden facilmente. Non faga caso das súas palabras e das as súas proclamas, porque se cansan de seguida. Os medios progresistas de comunicación tamén intervirán neste tema, só para recordarnos que son apenas meteorólogos ultrapromocionados con bo pelo, voces profundas e penes pequenos. Eu non teño probas concluíntes sobre este último punto, mais mirando a Stone Phillips estou bastante seguro de que é verdade. Non se preo-

31


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

cupe polos medios de comunicación: van perder o interese en canto volva a temporada de incendios forestais. Aparte dos científicos mortos, xuíces activistas e os medios de comunicación esquerdeiros, outro home xurdiu como unha voz para os evolucionistas, e se non necesariamente para argumentar a favor da Evolución, si ao menos para burlarse do movemento do DI. Sabemos moi pouco a respecto deste home, oriúndo do Pacífico Noroeste e que se fai chamar “Bobby Henderson.” Lonxe da miña intención esparexer ruxerruxes, mais hai por aí rumores inquietantes sobre el. Lin en Internet que nin sequera é un científico. Ademais, unha fonte de confianza informa que mentiu sobre o seu historial militar. Ouvín que se divorciara tres veces e dorme nunha cripta. Non todos estes rumores se verificaran, mais se imos a deixar que este mentireiro divorciado, que podería ou non ser un ser transmorfo nocturno tome a iniciativa neste importante debate, só podo rezar pola redención deste país. En conclusión, me gustaría volver ao meu argumento orixinal: Nós, o Pobo, necesitamos opcións. Necesitamos tantas opcións como sexa posíbel, e non podemos permitir que a camarilla esquerdeira dos científicos, os xuíces, Bobby Henderson e os medios de comunicación nos quiten estas opcións de elixir. Escriba ao seu congresista e esixa que o DI se ensine nas escolas. Escriba aos seus líderes relixiosos e pida que eles escriban aos seus congresistas Se non actuamos agora, temo que chegará o día en que os xuíces e os medios de comunicación serán libres de actuar con moi pouco respeto pola dura man da indignación pública. As leis han aprobarse e ratificarse, e só os xuíces poderán aplicalas. Os medios de comunicación informarán sen medo a ser demandados. Para dicilo sen rodeos, os comunistas que odian a Deus finalmente conseguirán a vitoria. Pregúntome se proporán a Bobby Henderson para que sexa o seu ditador.

32


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Cara unha Nova Super SuperCiencia STAMOS ENTRANDO NUN MOMENTO MOI EMOCIONANTE, cando a ciencia xa non se vai ver

limitada polas explicacións naturais. Quen pode dicir que non hai unhas forzas sobrenaturais, ou máxicas, poderían chamalas algúns, actuando para controlar os acontecementos que nos rodean? Impulsada pola opinión popular e o goberno local, a ciencia rapidamente está a se volver receptiva a todas as teorías lóxicas, naturais e sobrenaturais por igual. Desde a Idade Media que non vemos unha política cunha mentalidade tan aberta sobre a ciencia. Que é a ciencia, en realidade? Algúns poderían chamala a explicación observacional, descritiva, experimental e teórica dos fenómenos. E así, como é lóxico, hai uns poucos que argumentan que as teorías sobrenaturais non tén cabemento na ciencia, xa que no fan afirmacións comprobábeis respecto do mundo. Mais esa idea é un pouco miope. A ciencia é tamén unha colección de ferramentas, cuxa finaÁREA DE TERRAS DESCOBERTAS

CIENCIA S UPERNATURAL Anos 1400-1600 14.5 millóns km2

CIENCIA EMPÍRI CA Anos 1800-2000 0.3 millóns km2

33


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

lidade é permitir á humanidade resolver problemas. neste sentido as teorías do sobrenatural (ou a maxia, a metafísica, o irreal, o que sexa), tén o potencial de ser tan útiles, se non máis útiles, que o patrón da ciencia unicamente natural que utilizamos durante os últimos douscentos anos. Se ampliamos a metáfora da ciencia como ferramenta aínda máis, non deberíamos tratar de dar aos científicos a maior colección de ferramentas posíbeis? ninguén di que deba darse unha explicación sobrenatural a calquera fenómeno particular, só que o sobrenatural está dispoñíbel se nada funciona, o se é conveniente para enganar con fines políticos. E lembren, isto non é unha idea nova e radical. En termo de anos de uso, a ciencia sobrenatural, (ou superciencia, se queren) lle saca vantaxe á ciencia convencional. A ciencia convencional, ou empírica, ten estado en uso durante uns poucos centos de anos. Obviamente ten que haber unha razón pola que a ciencia sobrenatural durou tanto tempo, antes que esta moda da ciencia empírica comezase. Podería ser que a ciencia sobrenatural é máis produtiva que a ciencia empírica? Considere a descuberta e desenvolvemento de novas terras, unha importante pesquisa científica e non estándar de calquera. Se comparamos un período de tempo no que a ciencia sobrenatural era a norma, por exemplo os anos 1400 d C a 1600 d C, para un período de tempo no que a ciencia empírica é a preferida, por exemplo os anos 1800 a 2000, podemos ter unha idea clara do contraproducente que poder ser a ciencia. Vexan, a ciencia empírica fica curta, até con todas as vantaxes tecnolóxicas que posúe. Mesmo con imaxes vía satélite e navegación GPS os científicos, atados polas cadeas do empirismo, non puideron descubrir nin sequera un miserento 3 por cento da cantidade de novas terras que os seus homólogos da ciencia sobrenatural nun mesmo período de tempo. Os científicos e os exploradores nos anos 14001600 tiñan poucos mapas, só un compás, a vara de Xacob ou o astrolabio para a navegación, e sen transporte motorizado. Mais, a pesar destes contratempos, apañáranse para descubrir máis de 14 millóns de quilómetros cadrados de terra nova, cultivábel. É evidente que a súa apertura ás forzas sobrenaturais tivo algo a ver co seu éxito, e só podemos supor que foron guiados até estas recentemente encontradas terras por algunha criatura, o máis probábel o Monstro de Espaguete Voador como o rexistro artístico indica.

34


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

O explorador italiano Cristovo Colón foi guiado por un Poder Superior.

É lóxico supor que o regreso aos métodos equilibrados da ciencia, estimar teorías tanto naturais como sobrenaturais, nos permitiría encontrar máis terras, algo do que temos unha grande necesidade debido á nosa crecente poboación. Máis terra significa máis recursos e máis recursos significa menos nenos morrendo de fame. Podo dicir con seguridade, entón, que calquera persoa en contra da inclusión das teorías sobrenaturais na ciencia quere que os nenos morran de inanición. Esas persoas, obviamente, non tén cabemento na formulación de políticas públicas, e por iso propoño que non deberían poder opinar sobre este asunto. A continuación, miremos a medicina. Pode parecer unha loucura afirmar que a medicina foi superior na Idade Media, cando a ciencia incluía o sobrenatural, que a día de hoxe, que se limita ao estudo dos fenómenos naturais, mais botemos unha olladela máis de perto. A medicina medieval estaba dominada pola relixión, e efectivamente a enfermidade se entendía polo xeral como un castigo polos pecados, e polo tanto o tratamento consistía fundamentalmente na oración. Mais non esquezamos os procedementos médicos “anticuados” que, en última instancia, foron de tanto suceso como para facelos hoxe innecesarios. As sangrías, a eliminación de cantidades considerábeis de sangue

35


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

do corpo dun paciente, considéranse abominábeis polos médicos de hoxe en día, supostamente superiores; mais quen pode dicir que o procedemento non fai máis ben que a medicina moderna? Os textos médicos da Idade Media, e calquera persoa cun coñecemento moderado de latín pode lelos, e non temos ningunha razón para dubidar da súa validez, dinnos que moitas doenzas, desde dores de cabeza até o cáncer, son o resultado dos malos espíritos que están anoxados con nós. Agora sabemos, por suposto, que hai moitas causas para estas doenzas, non só pola acción de espíritos, mais está claro polos textos que eran unha causa moi importante da enfermidade, unha que non existe hoxe en día, debido a que sacar sangue funcionou tan ben como para derrotar a estes espíritos da enfermidade por completo, do mesmo modo que a poliomielite se curou con altas doses de vitamina C. Para os que non estean de acordo, déixenme preguntarlles: cando foi a última vez que sufriron unha febre inducida polo demo? Mais hai máis enfermidades por aí, e é evidente que a ciencia médica, equipada só cos métodos modernos, non pode derrotalas todas. Por que non, xa que logo, dar a estes médicos e científicos máis ferramentas e a flexibilidade de ter en conta as causas sobrenaturais, así como as naturais? Quen sabe que outras enfermidades, mesmo as non inducidas por diabos, se poden curar cunha simple sangría o a aplicación de sambesugas? Nunca o saberemos até que o intentemos. E se ben é certo que moita xente cre no poder da oración para curar a enfermidade, nunca houbo ningunha proba verificábel que apoie esta práctica. Iso non quere dicir que non sexa posíbel, certamente é posíbel que a oración axude na curación, mais moi ben podería ser que estas oracións se estean aplicando dunha maneira non óptima, o que explica a falta de probas sobre a súa eficacia. A verdade é que non o sabemos porque os métodos científicos actuais e as sensibilidades relixiosas non permiten este tipo de estudos. E se os que rezan simplemente están orando ao Deus equivocado, ou o ofenden de algún modo? E se, co uso dun simple tapaollo ou un pano pirata, os que rezan puidesen obter resposta ás súas oracións por parte do MEV? A historia está chea de exemplos de acontecementos sobrenaturais, e a non ser que esteamos dicindo que somos algo máis intelixentes e educados, mellor equipados para comprender os acontecementos inexplicábeis hoxe en día do que éramos hai quiñentos anos, entón temos que aceptar as explicacións dadas a estes sucesos por quen os presenciaron. As bruxas, por exemplo, existían en tales cantidades e causaban tantos problemas que era necesario cazalas e

36


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

queimalas por decenas de milleiros. Aquí estamos, no século XXI, centos de anos máis tarde, tempo suficiente para que a poboación de bruxas crecese de maneira exponencial, e no entanto sen dúbida son un problema menor agora do que eran hai medio milenio. Eu nunca vin unha bruxa, e moito menos sentín a necesidade de queimar unha até matala. Podemos concluír, logo, que os nosos antepasados, provistos do coñecemento de que as explicacións sobrenaturais eran razoábeis, reuniron a todas as bruxas encargáronse delas. A outra posibilidade é de que haxa bruxas por aí, agochadas nalgún lugar, preparando a súa vinganza, aplicándose abundantes cantidades de compostos a proba de fogo sobre elas. E algún día poderían volver aparecer e comezar a causar problemas. E entón que van facer os nosos grandes e poderosos científicos? Atacalas con calculadoras? As bruxas rillan nelas nas canto queren. A comunidade científica será incapaz de derrotar a ameaza destas bruxas, ofrecendo só explicacións “lóxicas” e “razoadas” aos horríbeis acontecementos que as bruxas por arte de maxia nos van inflixir.

Bruxa rillando nunha calculadora

37


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Temos tendencia a exaltar os nosos ríxidos métodos empíricos e os nosos avances tecnolóxicos, case como se nos sentísemos orgullosos do que logramos con eles, mais cando a historia mostra claramente que a ciencia sobrenatural, non empírica produce este tipo de resultados, o descubrimento de novas terras, a eliminación das enfermidades inducidas polo demo, e a extinción das bruxas, é hora de repensar os nosos métodos e volver ao que nos deu resultados reais. A maior ironía é que os argumentos dados contra da inclusión das teorías sobrenaturais no ámbito da ciencia aceptada na realidade amosan claramente que as teorías sobrenaturais son campos lexítimos de estudo científico. Ninguén está dicindo que a ciencia empírica, só-natural e a ciencia sobrenatural non poidan convivir unha ao lado da outra. Poden, e de feito, deben. O deseño intelixente pode rexeitar as explicacións naturais dos fenómenos, mais o pastafarismo fai uso tanto do natural como do sobrenatural.

MEVismo

Natural

MEV Sobrenatural

Deseño Intelixente

Sobrenatural DI Retrasado

38


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Que pasa coa evolución? O problema en Destaque álase moito sobre a Evolución nestes días. Os científicos parece que abrazasen o tema como se fose o Segundo Advir de... ben... da ciencia. Mais, a onde é que nos levou? Temos que crer que só porque descendemos dun antepasado común compartido con monos, cans, ou o que for, entendemos mellor a nosa situación nesta terra que o que o faríamos sen a evolución que nos guíe? A Evolución vai facer en algo máis satisfactoria a miña vida? Pode a Evolución pór comida na miña mesa? Vai salvar a Terra do quecemento global? A resposta a todo o anterior é un grande Non. E por que é iso? Porque a Evolución é tan útil como unha porta mosquiteiro nun submarino. Claro, os científicos se pasarán os días tratando de deseñar tal ou cal proba para demostrar que a Evolución é unha idea críbel, mais encanto só sexa unha teoría ninguén no mundo real se a vai tomar en serio. Así que resolvín pórme eu mesmo a realizar esta tarefa de descrédito para mostrar ao mundo que os grandes, malos científicos, “non son todo o que hai”, como os nenos gustan de dicir. Que é a Evolución, mais que a mudanza gradual das especies durante un longo período de tempo como resultado de varias presións selectivas, internas e externas? O meu avó, que é máis vello que cagar, xa pasou por isto. Segundo as litografías máis antigas, era un bo mozo nos seus tempos, mais agora, un século máis tarde, após anos de beber moito e traballar nas minas, non ten pelo e esta feito unha merda. Podería a evolución significar simplemente facerse vello? Expúxenlle esta pregunta a un amigo científico, que me explicou que esta mudanza ten que ter lugar durante moitas xeracións. Podería pensar un que os evolucionistas xa conseguiran explicar isto con clareza meridiana, e admitir a corrección, mais a Evolución segue a soarme moi parecida a facerse vello, e non podo deixar de pensar que aquí é onde os científicos evolucionistas xeraron por primeira vez as súas absurdas ideas. Despois de aclarar esta confusión tan habitual, imos pasar ao que propón a forza selectiva da evolución, é dicir, a Selección Natural.

39


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Que carallo se supón que significa isto? Existe a selección non natural? E quen está a facer esa selección? Ningunha destas preguntas podería contestalas o meu amigo o científico, así que me vin obrigado a abandonar o meu agora ex amigo e levar a cabo a miña propia investigación. O que segue é, empregando o mellor das miñas capacidades, o que fun quen de descubrir sobre a Evolución e a Selección Natural.

Un exame máis de vagar da Selección Natural Ao parecer, non hai unha, mais dúas formas de selección. Existe a Selección Natural e a selección sexual. Déixoche reflectir sobre a segunda e “sexy” forma da selección durante un minuto, polo menos até que rompa a primeira en anacos. Terá tempo para masturbarse durante a leitura das miñas probas, se é diso do que gusta. Segundo os neo-darwinistas, a maior parte das mudanzas da Evolución atribúense á Selección Natural, o que significa que os individuos portadores de xenes que se adapten mellor ao seu entorno deixarán máis prole que os individuos portadores de xenes que os fan menos adaptábeis. Co tempo, estas características máis adaptativas proliferarán, alterando a composición xenética da poboación en xeral, xa que os individuos con mellor “adaptación6“ pasan máis dos seus propios xenes á seguinte xeración. É este proceso, diranche os científicos, o que produciu o ornitorrinco, o pingüín, e o caniche, levándonos á conclusión de que os científicos son, sen dúbida, puro lixo. Se alguén me pode explicar as características de adaptación do “peteiro de pato”, entón seguro que pode dicirme por que o ornitorrinco é o único mamífero no planeta que ten un. Hai ornitorrincos dedicados a congraciarse coas poboacións de patos? Tén algo a ver cos otorrinolaringólogos? Cren que así son máis simpáticos? Por que carallo tén peteiro estes bechos? Vou tomar con calma isto dos científicos co do ornitorrinco, porque obviamente é unha cuestión difícil, mais estou seguro de que hai agora mesmo varios centos de científicos gañándose a súa praza fixa nunha busca sen sentido sobre a importancia da Evolución desta ridícula criatura. Céntrome no ornitorrinco para establecer unha teoría alternativa da miña colleita: o Monstro de Espaguete Voador creou o ornitorrinco porque, ao contrario do que os científicos, El si ten senso do humor. É un sinal de Deus pouco claro, mais até que ninguén 6

“Adaptación” significa o ben que os individuos se “adaptan” ao medio no que viven.

40


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

probe que estou trabucado, esa é a miña teoría. A continuación ofrecerei exemplos máis comúns e aborrecidos da Selección Natural, que despois pasarei a facer papas. Miremos o fascinante caso das bacterias. É ben coñecido que os antibióticos se usan para curar varias enfermidades provocadas polas bacterias, e é igualmente ben coñecido que a maior parte das bacterias (por exemplo os estafilococos7) terminan por desenvolver resistencias a eses antibióticos. Mirando un pouco máis de perto o caso dos estafilococos, encontramos que en 1929 Sir Alexander Fleming observou que as bacterias estafilococas se inhibían nunha placa de agar contaminada polo fungo penicilio8. Sir Alexander Fleming9, ou “Tito-F”, como gustaba de chamalo a raíña, illou o peniculium para facer penicilina, que terminaría por ser coñecida como un fármaco marabilloso para moitas enfermidades, sobre todo as ETS. Mais gradualmente a penicilina na súa forma natural virou inútil. Os científicos han dicirlles que as bacterias, que se reproducen máis rapidamente do que as chinchillas nunha fábrica de Viagra, co tempo acabaron por desenvolver unha cepa delas mesmas que era resistente á penicilina creada naturalmente, e que no proceso de Selección Natural se causara esta cepa resistente para propagarse na natureza. É esta unha mentira evidente, que aniquilarei dentro dun momento. Se miramos as bacterias que crean resistencias aos antibióticos, insectos que se fan resistentes ao DDT, ou mesmo o VIH que se fai resistente aos fármacos antivirus, vemos fascinados que hai unha correlación entre “Selección Natural” e “resistencia”. Mais que é o que realmente estamos a ver? Eu sosteño que non están mudando a súa dotación xenética, mais o que fan é mudar de opinión. En resumo, fanse máis listos. Se vostedes me convidan á súa casa e me dan de comer un sándwich de merda dous días seguidos, ao terceiro irei a un McDonald's, así de simple. Non permitan que os científicos, cos seus nomes fálicos de bacterias, lles digan o contrario. Non son tan listos como din ser, sen importar o moito que intenten facer de menos ás así chamadas formas inferiores de vida. Outro exemplo de Selección Natural debería facer que non se fale máis deste asunto: os científicos tén apuntado a que a “selección artificial” mostra que os humanos, provéndose dun conxunto de ferramentas de selección, poden mimetizar as forzas da natureza. Vemos 7

Moitos científicos son uns pervertidos e usan termos latinizados para ocultar este feito. Traducido, estafilococo significa “Poderoso Pene”. 8 Significa “moitos penes pequenos”. 9 Sen relación con Sir Elton John

41


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

isto unha vez tras outra nas accións dos “criadores”, que supostamente realizaran enormes mudanzas en plantas e animais. Podemos mirar as distintas razas de cans como exemplo, pois sostense que todas as especies de cans tén unha mesma orixe: o lobo ancestral. Desta besta feroz espérase que nos creamos que o propio home creou toda unha variedade de especies, como eses brutos de catro patas que son o chihuahua, o can salchicha e o bulldog, todos eles que tén estado con nós desde tempo inmemorial. Este “mito” da cría parece ser unha forma de propaganda, posibelmente promovida por campañas antideseño intelixente, aínda que gardo calquera disquisición sobre deseño intelixente para un capítulo posterior. Como podemos crer esas pretensións sobre “o mellor amigo do home” cando é obvio para calquera observador que cada raza foi colocada no planeta con un propósito en concreto? Eu, por exemplo, apuntaría ao MEV como o creador dos cans, aínda que é unha proba válida de que Deus (se é que algunha vez se proba que existe) podería ter algo a ver na súa creación. Despois de todo, non se supón que os pastores alemáns nos dean protección, mesmo contra os seus propios “antepasados”, os lobos?10 Os caniches e chihuahuas non están no mundo para nos facer sentir mellor con nós mesmos? Poucas dúbidas debe haber xa de que un creador intelixente puxo todas as especies sobre a terra para servir ao home. E a Evolución non foi inventada propiamente até finais do s XVIII. É ese tempo suficiente para obter un can labrador dun lobo feroz? Eu penso que non. Se non lle convence esta explicación, considere este último exemplo, que neste caso afecta ás plantas. Se miramos ao repolo doméstico, o brócoli, as verzas, a coliflor e as couves de bruxelas, imos defender, mesmo se xurdiran dun antigo repolo doméstico, que a selección, ben natural, artificial ou o que sexa, non puido facelo mellor nos últimos milleiros de anos? A resposta está escrita nas cariñas de noxo de cada neno cunha couve de bruxelas na boca. Un golpe máis que recibe a Evolución.

10

Véxanse varias historias de Jack London.

42


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

É que nin en un millón de anos, carallo...

Dos Piratas ás Persoas Calquera discusión sobre a Evolución terminará conducindo até nós. Os humanos temos estado por aquí tanto como podemos lembrar, e con todo os evolucionistas lles dirán que non é así. Han dicirlles que os humanos e chimpancés comparten un antepasado común de hai uns cinco millóns de anos, e que “diverxeron” desde ese antepasado común e logo uns inventaron a lanzadeira espacial encanto que outros inventaron “o pau”. Para apoiar esta tese, os científicos dinnos que compartimos o 95 por cento do noso ADN cos chimpancés, e con todo compartimos o 99’9 por cento do noso ADN cos Piratas11. E eu pregunto a vostedes: cal é máis lóxico que sexa o noso antepasado común? E non son os Piratas o Polbo Elixido do MEV? Por que perdemos tanto tempo falando sobre algo que non aconteceu encanto o MEV fai oscilar O Seu Apéndice Tallarinesco xusto diante dos nosos fociños? No entanto, seguirei con isto un pouco máis, e examinarei o corpo humano, especificamente os órganos que ten sido considerados “vestixios”, ou inútiles, como resultado de perder a súa función tras milenios de Evolución.

11

Acho sospeitoso que os libros de bioloxía raramente mencionen este feito.

43


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Unha teorí a máis razoábel.

Moas do xuízo Falacia: Estes dentes que aparecen na etapa adulta pénsase que serviron como superficies extra de mastigación para o home primitivo, que, antes da aparición dun correcto coidado dental, acostumaba perder a maior parte dos dentes a mediados dos vinte12. Feito: É ben sabido que os nosos antepasados Piratas comían unha dieta moito máis dura e baril que as nosas actuais dietas. Ademais, adoitaban levar os coitelos ben agarrados coa boca13. É lóxico, pois, que necesitasen dentes extra.

Mamilas masculinas Falacia: Os científicos cren que todos os humanos tiñan peitos, ou “ubres”, alá pola Idade de Pedra. 12

Parece que as moas do xuízo aínda tén unha función útil no Profundo Sur dos EEUU. 13 Ver A illa do tesouro, de Robert Louis Stevenson.

44


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Feito: As mamilas masculinas servían aos Piratas como estacións metereolóxicas portatis. Coas mamilas eran capaces de determinar a dirección dos ventos alisios e, dependendo do que se alporizasen, o frío no exterior. Mark Leyner e Billy Goldberg

Por que os homes tén mamilas?

Centos de preguntas que só faría ao seu médico após o terzo martini

Número 1 de ventas en Carballo

Arrepío da pel Falacia: A propaganda evolucionista pode que lle fixese crer que o arrepío da pel é unha resposta atávica e inútil, sexa emocional ou relativa ao tempo, que no seu momento tiña por obxecto alporizar o pelo dos nosos primeiros padres, o que facía que parecesen máis grandes e ameazadores. Feito: O arrepío é unha capacidade habilmente disfrazada que permite unha maior flotabilidade a un Pirata que cae á auga xeada. No momento que se manifesta, aumenta a área de superficie, e por tanto aumenta a flotabilidade. Isto facía que os Piratas boiasen mellor, algo moi útil aos nosos antepasados, que ás veces se encontraban sen barcos. Por suposto, o arrepío parece ser o vestixio dun reflexo, mais na realidade é que a sociedade é a que mudou.

O apéndice vermiforme Falacia: É o resto dun saquiño interno cuxa función era fermentar as plantas de difícil dixestión da dieta dos nosos antepasados. Feito: O apéndice era un intelixente sistema de saquiño interno utilizado polos Piratas para agochar o seu ouro. Tamén é a inspira-

45


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ción para o dito “agora si que vos ides cagar”, co que os Piratas esixían botín aos Piratas vencidos unha vez abordaran os seus barcos.

Cóccix Falacia: Os evolucionistas afirman que o cóccix, rabadilla ou oso do cu, que non ten utilidade documentada, é un resto pouco común dun oso máis longo que puido formar parte dunha cola ancestral, homóloga en funcións á doutros primates. Feito: Humanos con cola... É que os científicos se endrojan? Non podería ter servido o cóccix para outras cousas? Teño realizado unha coidadosa investigación sobre este asunto, e comparado o cóccix con outras pouco habituais prominencias óseas en animais, e a bibliografía levoume até unha única e avasaladora conclusión. Moitos animais tén cornos nas cabezas, e non se pensa que sexan os restos dunha prominencia ósea máis grande, probabelmente porque, a diferenza do cóccix, os cornos tén unha utilidade nos nosos días. E se o sentido orixinal do cóccix simplemente ficase como inútil na cultura do presente? Se examinamos o cóccix en detalle vemos que esta prominencia ósea é moi similar, se un pensa niso, a un corno, estrutura usada por moitos animais para loitar. Propoño, pois, que o cóccix non é o vestixio dunha cola ancestral, mais unha efectiva, se ben colocada nun sitio algo raro, defensa e mecanismo de loita. Imaxino que dous opoñentes, loitando por unha muller ou a pose dunha cova, poderían correr un cara o outro co cu en pompa, de forma parecida na que os cervos loitan coas súas cornamentas. Denomino isto pelexa de cus. Ten sentido, se un o pensa, xa que che deixa as mans libres para cargar co que for necesario, sobre todo comida ou pedras. Para abundar na idea de que o cóccix é un órgano para a loita, e que algo do coñecemento sobre a súa utilidade sobreviviu culturalmente a través dos anos, considere o rapidamente que alguén fuxiría se correse vostede en dirección a el co cu por diante. Propoño que os que dubiden desta hipótese o poñan en práctica, e arremetan co cu a calquera que vexan nos próximos días14. Estou certo de que moitos, se non todos os obxectivos, sentirán como mínimo moito medo. Non vexo outra explicación para que isto aconteza que a de que sabemos, inconscientemente, que o cóccix é unha arma.

14

Non se aconsella ás mulleres que fagan isto na compaña de homes pervertidos.

46


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Vestixios doutras características Falacia: O xenoma humano ofrécenos probas de que os humanos non fomos creados ex nihilo15, mais tivemos que evolucionar por sistema, igual que todos os demais animais. Para probalo, os científicos sinalan os montóns de ADN non funcional, que inclúen a numerosos “pseudoxenes” que foron funcionais en algúns dos nosos antepasados mais non en nós. Un caso frecuentemente citado é o da síntese da vitamina C. Aínda que todos os primares, humanos incluídos, posúen o xene responsábel da síntese da vitamina C, o xene está inactivo en todos os membros da familia primate menos nun: o home. Os científicos sinalan isto como proba da nosa liñaxe común, aínda que non podo imaxinar por que. Feito: Os Piratas, os nosos antepasados, viviron nos trópicos, e comían moita froita.

A Evolución ponse sexy Por último, falarei da “selección sexual”, como prometín anteriormente. O concepto básico detrás da selección sexual é que o xénero dunha especie, xeralmente o feminino, escolle activamente a membros do sexo oposto cos que copular16 baseándose en certos criterios, o que exerce unha certa presión selectiva na especie como un todo. A selección sexual da razón da brillante plumaxe dos paxaros macho, os impresionantes duelos rituais de carneiros, cervos, uatipís e outros ungulados17, e a alta porcentaxe de Hummers conducidos por homes feos e baixiños. En resumo, a selección sexual depende do éxito de certos individuos sobre outros do mesmo sexo, encanto que a Selección Natural non é específica do xéne15

Nihilos foi un aperitivo romano, predecesor dos Doritos. En esencia pode traducirse como “a partir dos Doritos”. 16 Foder, fuchicar, trebellar, botar un foguete... etc 17 Carneiros, cervos, uatipís, etc

47


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ro. Polo ben da modernidade, propoño que o Congreso aprobe unha lei proscribindo esta práctica sexista e retrógrada.

A Espaguetedeidade Aínda que esmaguei a teoría da Evolución por medio destas páxinas, é importante establecer que hai un grande número de probas críbeis que apoian a Evolución. Ninguén pode rexeitar o rexistro fósil, que mostra unha clara e gradual transformación das especies co tempo (se ben con frustrantes lagoas, e eu pregunto a vostede: quen as puxo aí?) E por certo que parece que hai forzas selectivas que se manifestan no mundo, como por exemplo cos borrachos que cruzan as estradas e son atropelados polos automóbiles18. Non dicimos pois que non poida existir a Evolución, senón só que esta está guiada pol’O Seu Apéndice Tallarinesco. E a nosa Espaguetedeidade é extraordinariamente modesta. Por algunha razón, El molestouse en grado sumo para facernos crer que a Evolución é certa, enmascarou o prominente papel dos Piratas na nosa orixe, fixo que os monos parezan máis importantes do que son e en xeral mantense fóra de escena e dos focos.

No entanto, a pesar desta a súa discreta actitude, que ninguén dubide que a Igrexa do Monstro Voador de Espaguete non é só unha relixión emerxente, senón que ten tamén o apoio da ciencia dura, o que a constitúe na que probabelmente sexa a máis incuestionábel teoría 18

Ademais, George W. Bush parécese extraordinariamente a un chimpancé

48


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

verdadeira posta a consideración na historia da humanidade. Para apoiarme nisto, volverei ao actual problema do quecemento global. Os Piratas, como xa saben, son O Seu Polbo Elixido, aínda que o seu número vén minguando desde o s XVIII. En consecuencia, encontramos que o quecemento global, os terremotos, furacáns e outros desastres naturais, son resultado directo desta mingua no número de Piratas. Para ilustrar este feito, inclúo este ben coñecido gráfico dun estudo recente na páxina anterior. Como poden ver hai unha significativa relación estatística inversa entre os Piratas e a temperatura global. Mais por suposto non todas as correlacións son causais. Por exemplo, botemos un ollo a estas correlacións aparentes respecto a proposta do DI: Puidera parecer que a xente detrás do DI ten un cociente intelectual moito máis baixo do que a poboación en xeral, e un CI significativamente máis baixo do que os científicos, que abrumadoramente rexeitan a idea dun deseñador intelixente19.

Cociente Intelectual

DIAGRAMA DE DISPERS IÓN DE CRENT ES NO DI

Forte

Neutral

X = Apoian o DI

· = Científicos

Eu, por exemplo, inclínome a crer que isto é só unha estraña coincidencia, e que moitos dos crentes no DI non son necesariamente 19

Henderson, 2005

49


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

tan retrasados como os datos indican. É completamente posíbel que o Monstro Voador de Espaguete dispuxese esta coincidencia co obxecto de confundirnos igual que coas nosas verdadeiras orixes. Pode que nunca o saibamos.

O MEV contra outras relixións Unha conversación sobre defensores do deseño intelixente, non importa o sucinta e aparente que sexa, condúcenos inevitabelmente a unha discusión sobre Deus e a relixión. É importante establecer firmemente que a Igrexa do Monstro Voador de Espaguete é unha relixión de paz, probabelmente a máis pacífica de todas. Como demostralo? Para explorar o alcance desta afirmación botemos un ollo á relixión e a violencia a través da historia, en particular ao que se refire á guerra e a morte. O cristianismo parece ser o Rambo das relixións, coas súas Cruzadas, a Inquisición, varias rebelións sanguentas, os Conquistadores... A lista parece interminábel. Basta con dicir que cando Xesús Cristo estableceu, coas súas feiticeiras maneiras ao Yoda: “Canto a eses inimigos meus que non me querían por rei, que os traian aquí, e matádeos na miña presenza”20, a xente tomouno ao pe da letra. Os xudeus21 e os musulmáns tampouco o fixeron mal por si mesmos, e aínda seguen dando tralla. Mesmo encontramos hindús loitando en China. Así pois, resaltando en cada dato, encontramos que a relixión pode ser violenta e meter medo. Por outra parte, non hai nin un só dato que avale ningunha morte por parte do MEVismo, o que parece que implica que ten a máis baixa porcentaxe de mortes. Se isto é certo, é unha proba evidente de que o MEVismo é unha relixión pacífica. Miremos agora a cántas críticas hai contra o cristianismo, o islam e o xudaísmo. A xente parece non poder decidirse sobre o máis simple, como que libro sagrado seguir, non digamos xa cal é o verdadeiro. Se producen discusións entre amigos e países, decenas de milleiros de libros sobre todas as relixións, todos a buscarse as voltas, cháchara sobre a que deus adorar (hinduísmo), máis cháchara sobre o primo de que vello profeta seguir (islam). Tremenda lea tén aí. No entanto hai exactamente, pódense contar, cero libros escritos buscando as voltas á teoría do Monstro Voador de Espaguete. Nin sequera hai críticas académicas, só apoios pola súa parte, e aos académicos 20 21

Lucas 19:27 Os que quitaron a Xesús do mapa, se cres o que din algúns por aí

50


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

devecen por discutir sobre todo. Todo isto nos leva a pensar que o MEVismo probabelmente sexa a fe verdadeira. Finalmente, descubrimos que as relixións acostuman pór moita énfase no “dogma”, o que é unha forma de dicir que tén razón alén toda dúbida. Até o máis devoto dos pastafaris rascará a chencha e se porá nerviosamente o tapaollo ante esa idea. Dogma significa unha crenza absoluta en algo, e para ter unha crenza absoluta en algo basicamente sería necesario ser omnisciente, que carallo22. Nós temos un acercamento diferente: os crentes no MEV rexeitamos o dogma. O que non quere dicir que non creamos que temos a razón. Obviamente a temos. Sinxelamente nos reservamos o dereito a mudar as nosas crenzas segundo aparezan novas probas, ou se produza unha maior comprensión das que xa hai. O noso rexeitamento do dogma é tan forte que deixamos aberta a posibilidade de que o Monstro de Espaguete Voador non exista en absoluto. Así, en certo modo, poderíamos dicir que somos de mentalidade extremadamente aberta, e que algún día poderíamos mudar de opinión. Todo o que pedimos son probas da súa non existencia.

O rexistro fósil está cheo de probas da súa existencia. Só hai que saber onde mirar

22 O que soa moi interesante, mais probabelmente tamén che faría sentir moi pouco cómodo cando estiveses cos demais

51


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador .

Unha Visión Alternativa Un apuntamento de Peter J. Snodgrass, Ph.D., e o Imán Pérez Jaffari RE: DNI nun Mundo Non Tan intelixente

Cando nos enfrontamos coas ominosas realidades da guerra, a fame, a peste, a diarrea, e Celine Dion, non é de sorprender que iso nos leve a considerar se o noso Creador, aínda que todopoderoso, pode que non se probase aínda que El non é completamente infalíbel. Aínda que non pode facer dubidar de que a fonte da creación foi por certo o Monstro de Espaguete Voador (MEV), e que El nos deixou pistas miste23 riosas e ambiguas coas que rastrexalo , proporemos que o MEV foi descoidado, cruel, estaba borracho ou mesmo drogado cando fixo os primeiros bosquexos da vida tal como a coñecemos. Como explicar se non a extinción do 99’9 por cento de todas as especies animais ou vexetais que existiran na Terra? Como explicar se non a estrea non de un, mais de dous filmes de Deuce Bigalow? Non hai discusión, somos membros dunha pequena e limitada minoría de científicos e líderes relixiosos que se digna cuestionar a sabedoría do Creador ao permitir volcáns que pón en perigo a vida, tsunamis, furacáns, tornados, e cirurxías plásticas que saen mal, e encanto as probas se acumulan, só podemos propor unha irrefutábel teoría: O MEV, o noso Creador, non é moi espelido. Sen dúbida, esta afirmación representa unha sutil mudan23

Por exemplo, facer que a Evolución pareza críbel.

52


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

za de paradigma, especialmente cando se xustapón contra a percepción común dun Creador benévolo que o sabe todo, mais existen innúmeros exemplos dos seus discutíbeis xuízos. Desde logo algo cheira a podre en Dinamarca cando se lle permite ir á cama a Ben Affleck con J.Lo e coa pimpinela que protagoniza Alias, encanto que Matt Damon se ve obrigado a saír coa súa propia axudante. Nós dicimos: trampa! É por isto polo que presentamos a nosa crenza de que o universo é o resultado dun “deseño NON intelixente” (DNI) deixando a un lado as ciencias sociais, nos diriximos as ciencias físicas para apoiar as nosas afirmacións24. Por que o Tallarinesco e Benevolente Señor non se pon a traballar e comeza a erradicar a pobreza extrema, o cancro, o quecemento global e a proliferación nuclear? É que El está demasiado ocupado intentando facer volver esa tolemia da dieta baixa en carbohidratos? Aínda que este tratado poida parecer que non alcanza os requirimentos habituais dun artigo académico, digamos que non é tal a nosa intención. É este un traballo creado por un científico e un líder relixioso. Se a ciencia e a relixión van a convivir unha ao lado da outra, sen xulgarse mutuamente, necesitamos un novo modelo de diálogo, un que satisfaga os intereses de ambas partes. A persoas relixiosas realmente non queren “facer” números, e os científicos non conseguen citas e non tén nin idea do que a xente pensa. Compilando e presentando un tipo distinto de datos, apuntamos aos “trosmas da Biblia” e aos “cerebriños” por igual. Só eliminando eses epítetos da mesa poderemos conseguir chegar a algunha parte. De feito, xa me sinto mellor. Demasiados recursos se malgastaron xa en intentar probar a intelixencia do que nos rodea. Non sería mellor deitar a toalla, chamar pan ao pan, e admitir que o noso Creador é parviño de todo?

24

O Paradoxo de Patel: O Dr. S. Patel, Ph.D., fai notar que a constante de Hubble revela que o universo se expande a un ritmo tanto mensuráble e significativo. A pesar deste feito, non hai forma de que encontre unha praza de estacionamento

53


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Exemplos de deseño Non intelixente 1. O DODÓ. Os mariñeiros portugueses, que se marabillaron coa natureza confiada e dócil desta ave, déronlle o nome de dodó, que significa “simplón”. Por desgraza, o dodó non foi capaz de competir 25 nun entorno de rápida mudanza , a ave axiña seguiu os mariños portugueses, e en pouco tempo o camiño dos videoclubes. 2. A POMBA MIGRATORIA. Unha vez a ave máis abundante en América do Norte, a desaparición da pomba migratoria se pode rastrear até os principios do s XX e o moi popular mais de corta vida “Bocadillo McMigra” de McDonald’s. 3. O ALCE IRLANDÉS. Aínda que non era exclusivamente irlandés, nin un alce, senón en realidade un cervo moi grande, o macho desta especie atraía as súas parellas por medio do tamaño da súa cornamenta: canto máis grande, máis atractivo era o macho. A medida que a presión selectiva por unha “boa percha” aumentaba, a cabeza do macho creceu até ser demasiado pesada, tanto que os machos comezaron a ser presas fáciles para os grandes predadores26 que neses momentos migraban ao norte de Europa. Os machos menos impresionantes sinxelamente beberon até matarse. 4 A YAMA LLAMA. A típica llama é incapaz de producir leite ou ovos, e moita xente é incapaz de escribir o seu nome ben á primeira. 5 O APÉNDICE. Quizá nalgún momento tivo a súa utilidade, mais 27 agora é completamente inservíbel . Ninguén sabe realmente para que segue aí, aínda que se viu que algúns gardan moedas de ouro nel. 6. AS GUERRAS DE RELIXIÓN. Alguén definiu as guerras de relixión como “matar xente por ver quen ten o mellor amigo invisíbel”. Somos favorábeis a darlle a razón. 7. MÚSICA DISCO. Os científicos seguen divididos sobre este baile de tolos, mais o MEV segue sen gustar del, así que a pomos na lista. 8 A MACARENA: Feito verídico: compuxérona uns tipos chamados Los do Río, que terán traballo sempre que siga existindo Luar. 9. JAR JAR BINKS. Sinxelamente el era moita shtúpido. 10. O PETEIRO DE PATO DO ORNITORRINCO. P: Que creador combina un pato cun rato almiscrado? R: Un non moi intelixente

25

Posibelmente causado por un boom adiantado das puntocom. Tigres de dentes de sabre, alemáns, etc 27 Isto inclúe a súa presenza nos libros 26

54


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Os nenos abori xes acabaron co dod贸.

55


O MEV pide o noso activismo, mais nunca nos pedirĂ­a que fixĂŠsemos o que el mesmo non estivese disposto a facer.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

MEV contra o DI, unha Improbábel Alianza A Controversia: Revisión de Pares coa ciencia. Os que apoian o deseño intelixente, ou DI, tomaron como obxectivo aos responsábeis en educación e deseño de políticas públicas nun descarado intento de que as súas opinións se ensinen aos estudantes como “ciencia”. Desde o momento no que o 99 por cento da comunidade científica apoia a teoría da Evolución, e manifestamente rexeita no proceso o DI, encontrámonos con que os defensores do DI argúen que as súas opinións deberían ser levadas directamente á poboación, e así permitir que os desorientados estudantes de secundaria de bioloxía decidan sobre o asunto dunha vez por todas28. Isto contrasta vivamente cos medios científicos convencionais, nos que se require dos investigadores someter o seu traballo á revisión dos seus compañeiros científicos no seu campo específico, un proceso coñecido como “revisión de pares ou de iguais”. Tal sistema permite eliminar teorías inaceptábeis, encanto mantén a ciencia pura e permanentemente a salvo de toda controversia. Mais fágase a seguinte pregunta: aínda que a “revisión de pares” soe como unha boa idea, non será preguntar aos propios pares pola súa opinión a peor das ideas? Quizá sexa o mesmo que cando unha muller pregunta ao mozo “Esta blusa / saia / cazadora me fai gorda?” Sen importar o que leve posto resposta é un rotundo “Non, cáeche de marabilla” nun 99’9 por cento de todos os casos de proba29. Como consecuencia, alegamos que o moi secreto sistema de “revisión de pares” está inxustamente deseñado para reforzar os limitados puntos de vista dos científicos e dos seus amigos íntimos30. XENTE ESTÁ A CONFUNDIR A POLÍTICA

28

Consulte gráfico máis abaixo. O solitario 0.01 por cento de sis proceden o ben de idiotas, de anormais ou de estudantes masculinos de secundaria que pode que usen ou non o termo “épico”. 30 A crenza de que os científicos non tén amigos é unha inxustiza. Eles gustan de saír por aí con outros científicos, e en ocasións con programadores informáticos, e falar sobre eles mesmos 29

57


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ENQUISA NACIONA L DE DATOS TRANSVERSAIS DE E STUDANTES “M EDIOS” DE BIOLOXÍA EN S ECUNDARIA Que opinión tes sobre a Evolución? "Chana"

7 por cento

"Caralludo"

8 por cento

"É estúpida"

14 por cento

“É un grupo novo?"

8 por cento

Non tiñan un lapis do nº2

62 por cento

Durmidos

1 por cento

Se os científicos soubesen tratar as persoas, non estaríamos discutindo agora sobre o DI. De facto habería que retrotraerse aos tempos de Salem cos seus xuízos ás bruxas para encontrar tal clase de cerrazón mental e puro odio polas opinións dos demais31. Mais os valentes membros das xuntas escolares, case ningún deles con formación científica, e nalgúns casos con moi pouca educación, declararon que o sistema en activo é inxusto. Cun valor propio dos bruxos atrevéronse a dar un paso adiante e redefinir a ciencia, e nós na Igrexa do Monstro Voador de Espaguete decidimos estar ao seu lado. É por isto polo que decidimos chimparnos á leira: Deixamos ao descuberto probas sorprendentes que suxiren que o Monstro de Espaguete Voador está detrás da teoría do deseño intelixente, manipulando habilmente o debate co Seu Apéndice Tallarinesco.

31 Véxase As bruxas de Salem (20th Century Fox, 1996), na que Winona Ryder acusa a varias rapazas de “practicar a maxia de Satán na Tenda de Souvenirs” nun intento de enmascarar o seu propio roubo

58


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Se non é El, entón quen? Se tomamos o que din os defensores do deseño intelixente, que é que o DI non é de natureza relixiosa, mais unha alternativa científica á Evolución, entón a formación relixiosa deses defensores do DI deberían reflectir fielmente a do público en xeral. Pese a isto, cando miramos os datos, non é ese o resultado que esperábamos, senón que vemos que o 95 por cento dos líderes na defensa do DI son cristiáns evanxélicos, CE. Dado que os cristiáns evanxélicos non alcanzan esa densidade nin sequera no sur dos EEUU, estimamos que hai unha probabilidade do 0.001 por cento de que esta ratio case de 1:1 entre seareiros do DI e de CE aconteza de forma espontánea. De novo, aceptando que o que di o DI de que é unha ciencia e non relixión, o único que podemos inferir é que se trata dun feito sobrenatural. Os defensores do DI son extremadamente coidadosos cando establecen os seus argumentos cunha terminoloxía secular, evitando moitos aclarar a identidade do deseñador. Cando un mira ao DI é claro que un creador debe estar presente. Aínda así, os defensores do DI non dan chío de quen pode ser ese creador. Se é o Deus cristián, por que non o din? Podería un pensar que isto debería ser importante abondo como para deixalo claro. Isto nos leva a deducir que o deseñador non é o Deus Cristián. Mais en tal caso, quen está detrás desta controversia? Está claro que quen está detrás é o MEV. Quen se non podería influír en tal grupo uniformemente relixioso para subscribir a teoría non cristiá, non relixiosa, do DI? O MEV é coñecido precisamente por este tipo de travesuras, e por tanto só podemos concluír que o MEV está detrás do movemento do DI, o que ten sentido cando un o pensa.

Proba Irrefutábel Algúns dos mellores pensadores de todos os tempos dedicaron toda a súa vida a probar a existencia de Deus. Tomás de Aquino fíxoo o mellor que puido, e os seus escritos desde entón levan confundindo aos recén chegados á universidade. Kurt Gödel utilizaba unha proba que parecía que utilizaba xeróglifos; por desgraza, xa ninguén sabe ler xeroglíficos, así que non sabemos se tivo éxito. Basta con dicir que ninguén se apañou para probar a existencia de Deus, e por tanto o DI parece que tampouco se poderá probar.

59


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

E así é como está o patio. Xa que o DI non aporta as súas propias hipóteses, o que é un requisito da ciencia, non se pode considerar unha teoría científica a non ser que probemos a existencia de Deus32. Resulta entón que a comunidade científica ten unha boa razón para ser escéptica sobre a teoría do deseño intelixente. Mais os defensores do DI destacan con toda xustiza o erro ou conspiración por parte dos científicos. Aí está o couso: non hai conspiración... mais hai unha consPiratación.

Proba de Gödel sobre Deus: totalmente ilexíbel. A verdade é que o MEV escóndese todo ao noso redor. E El deixounos trillas como se fosen faragullas deses panciños de estilo italiano que nos mostran o camiño á súa Eterna Tallarineidade. Encóntrase a El no idioma, e cada vez que dis a palabra “tallarín” sen sabelo estás pedindo a El a súa guía. E alá onde calquera fale de “conspiratación”, non fai senón invocar a argalleira natureza d’El e do seu Polbo Elixido, os Piratas. Mais só co idioma non temos probas innegábeis para eses científicos escépticos33. Necesitamos feitos puros e duros. Para comezar, miremos como os científicos evolucionistas intentan desacreditar o traballo dos científicos do DI, homes como Michael J. Behe, quen discute no seu seminal e con frecuencia incoherente libro A Caixa Negra de Darwin: O Desafío Bioquímico á Evolución, o concepto de complexidade irredutíbel. Nalgunha parte do principio, Behe fai a seguinte ousada afirmación: “Por complexidade irredutíbel refírome a un sistema sinxelo composto de varias partes interactivas ben ensambladas que contribúen á función básica, e no que a remoción de calquera das súas partes faría que o sistema deixase efectivamente de 32 Só digo que se un creador fixo o mundo, mais non probaches que hai un creador, pois non vale. 33 As razóns baseadas na linguaxe son inútiles contra os científicos, pois ningún leu un libro desde hai anos

60


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador 34

funcionar” Pasa entón a falar de “mecanismos evolutivos” e de “a emerxencia dalgúns sistemas complexos bioquímicos”, e outras cousas que, recoñezámolo, soan ás andrómenas dos leigos e aos estudantes de bioloxía en secundaria35. Mais a cuestión é que isto é ciencia ben pensada, proba case irrefutábel de que Behe sabe falar como un científico. Aínda que os evolucionistas respondesen con simulacións por computadora que demostren que é posíbel que a complexidade irredutíbel evolucione naturalmente, faría notar que para min tamén me sería posíbel usar a miña computadora para dirixir un exército enteiro de samurais contra os grandes xenerais do seu tempo. Digamos que o deixamos en empate. Ambas faccións tén a súa parte de razón, mais a Igrexa do Monstro de Espaguete Voador propón unha resposta que é máis probábel, e moito máis de fiar, que é que o Monstro de Espaguete Voador está alterando os nosos datos científicos nun intento de despistarnos. Non é culpa dos científicos, pois, como ían eles sabelo? O MEV é invisíbel e pasa a través da materia ordinaria con facilidade. Aínda que a nosa teoría pode soar un montón ao deseño intelixente, hai diferenzas importantes entre o DI e o MEVismo, e a máis importante é que eles están trabucados e nós non. Mais temos varias cousas en común, e penso que iso é no que temos que centrarnos. Coma o DI, empregamos un método científico unha chisca non convencional, polo que primeiro definimos a nosa conclusión e logo recopilamos probas que a apoien. Non só iso nos permite facer un estudo máis congruente e fluído, senón que hai que dicir que a investigación é más fácil cando xa chegaches a una conclusión. A este respecto, aos defensores do DI deberíamos darlles parabéns polo seu enxeño. Onde antes os científicos se vían abocados a se pelexar con non se sabía cantos meses de traballos, ou mesmo anos, agora simplemente tén que elixir unha conclusión conveniente e encontrar probas que a apoien. E, para ser completamente sincero, a pesar de que compartamos esta nova metodoloxía científica, a xente do DI hai que concederlle o mérito de que eles a desenvolveron primeiro. Quizá un día non moi lonxe a comunidade do DI, tamén, ha verse tocada polo Seu Apéndice Tallarinesco, e unirá as súas forzas cos Pastafaris. A ocasión nunca fora máis propicia. De certo vivimos tempos emocionantes, cando ás nosas teorías sobrenaturais non con34 Fiu! Falando de complexidade (A Caixa Negra de Darwin: O Desafío Bioquímico á Evolución, por Michael J. Behe, Editorial Andrés Bello, 2000, p. 39) 35 O mesmo

61


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

vencionais por fin se lles está a dar o mesmo recoñecemento que ás teorías naturais “non nesgadas, baseadas en probas”. Todos deberíamos sentirnos afortunados por vivir nuns tempos coa mente tan aberta. E agora, damas e cabaleiros, temos algunhas demostración por facer!

62


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Proba da comuñón Resumo ÍNDA QUE AS EXPLICACIÓNS SOBRENATURAIS

provean de probas sorprendentemente irrefutábeis de que o Monstro Voador de Espaguete está (1) presente no universo e que (2) usa activamente O Seu Apéndice Tallarinesco para estender as súas bondades e unha alimentación accesíbel para os seus verdadeiros crentes, é importante provernos de probas cuantificábeis que apoien as nosas reivindicacións. Para isto ideamos un experimento como proba da súa existencia. Este experimento é á vez reproducíbel e facilmente verificábel por unha terza parte, e a Igrexa do MEV anima a todos os incrédulos a seguir a seguinte proba experimental para demostrarse a si mesmos o que nós xa sabemos que é verdade.

Antecedentes Apuntouse a que a comuñón que se serve na Igrexa do Monstro Voador de Espaguete conducirá a uns mellores e máis duradeiros beneficios que, digamos, a comuñón cristiá. A través do razoamento dedutivo isto nos levará a ofrecer probas da súa Tallarineidade.

Métodoloxía Para apoiar esta tese, eliximos dous suxeitos36 de peso, altura e intelixencia medios, e os sometémolos a setenta e dúas horas de xaxún para reducir os factores externos. Despois de setenta e dúas horas, a un dos suxeitos administrámoslle a comuñón cristiá, consistente nunha obrea fina como un papel, e ao outro suxeito administrámoslle a comuñón do MEV, consistente nunha xenerosa ración de espaguetes con albóndegas.

36

Xente.

63


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Resultados Rexistráronse as constantes vitais de ambos suxeitos antes e despois da comuñón. Tras terminar o experimento, o cristián se mostraba desganado, con ritmo cardíaco, temperatura corporal e función cerebral diminuídos. O pastafari rexistrou un ritmo cardíaco, temperatura corporal e función cerebral mellorados, e comentou que se sentía “cheo”, o que nós interpretamos como pleno37.

Funcións do organismo

(función cerebral, temperatura corporal, ritmo cardíaco)

CRISTIÁN CONTRA MEV NO TEST DA COMUÑÓN

Cristiáns

Pastafaris

Suxeitos da Comuñón

Apéndice Algúns dirán que comparar as 1.200 calorías do Espaguete contra as 2 calorías da obrea non é nin xusto nin un experimento válido, e poden ter algo de razón38. Intentamos manter o experimento o máis preto posíbel do que é unha comuñón, mais polo interese da ciencia ideamos un experimento adicional polo que cada suxeito recibe o mesmo número total de calorías. Os nosos achados foron que o cris37

Isto é, que o suxeito de proba do MEV mostraba signos da súa Presenza Aínda que este é un estudo baseado no sobrenatural, é importante destacar que os científicos quisquillosos queren ver probas que os seus “iguais” poidan apoiar. Por tanto, aceptamos saltar a través dun par de aros, se é iso do que se precisa para que eles vexan A Súa Tallarinidade.

38

64


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

tián se puña gravemente enfermo despois de consumir 2.500 calorías en obreas (unhas 1.250) 39, encanto que os resultados favorábeis se repetiron no pastafari, o que ilustra A Súa Tallarinesca Presenza.

Sacrilicioso

39

Probabelmente debido ao feito de que as obreas para a comuñón están feitas de cartón.

65



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Teoría do Espaguete Unificado anto máis aprendemos sobre o mundo que nos rodea, máis vemos que a vida e o universo foron creados á súa imaxe. Desde as forzas interconectadas nas máis grandes escalas, descendendo aos máis pequenos anacos da materia, vemos a súa Tallarineidade en todo. Para ilustrar isto, pensamos a seguinte e simple receita.

Vida INGREDENTES

Auga a ferver Partículas elementais feitas de “filamentos” Sal. Antes que o Monstro de Espaguete Voador fixese a vida, tivo que crear as partículas elementais que posteriormente comporían toda a materia tal como a coñece. Foi este un proceso moi complicado, A vida evolucionou en manantiais de auga a ferver mais desenvolvemos un método moito máis simple que se pode probar na casa. Primeiro tómase un “filamento” subatómico, que por suposto é un

67


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

fragmento incribelmente pequeno de Espaguete en remollo, tan pequeno que non se pode ver nin co máis potente dos microscopios. A continuación, se lle confire ao filamento unha vibración única. Agora, repítase dando a cada un dos filamentos diferentes vibracións de modo que se cren máis partículas únicas. Parabéns! Creou vostede partículas de materia. Asegúrese de recoller as partículas nun recipiente especial para o seu posterior uso. Agora estamos preparados para crear vida. Co obxecto de recrear o fumegante “caldo primordial” do que se orixinou a vida, debe levar a auga ao punto de ebulición. Deite sal con liberalidade. Agora engada as súas partículas elementais e espere como unha hora40. Cando comece a ver que se forman pequenos compo- Interpretación artística da posíbel ñentes en espiral, que lle aparencia dun pequeno anaco de Espaguete recordarán aos fusili cando están listos, iso significa que xa case o ten. Lembre non tirar a auga! Agora aplique calor intensa ao máximo arredor dunha hora41.

O ADN, o tixolo co que se constrúe a vida, garda un extraordinario parecido coa pasta fusili.

40 41

O tempo de cocción pode variar Ou quizá varios millóns de anos

68


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Continúe a ferver a auga e a aplicar fogo ao máximo. Finalmente, principiará a ver pequenos “organismos” que aparecen no seu caldo. Déase unha palmadiña nas costas: Acaba de crear vida! Unha coidadosa revisión das probas mostran claramente que a vida se xerou a partir dos máis simples anacos de pasta42, e que toda a vida desde entón se estendeu con maior o menor similitude á súa imaxe. Mais a Espaguetecidade non descansa só niso. De feito, a ciencia dinos que o mesmo universo non se compón doutra cousa que dunha enorme matriz de filamentos, vibrando na súa propia música tallarinesca, formando unha única, unificada e coherente estrutura de Espaguete invisíbel. En conclusión, todo é unha eterna olla de pasta. Os leitores máis atentos daranse de conta de que fallamos en apuntar á imaxe do home. Encanto outras relixións reivindican que os humanos foron creados á propia imaxe de Deus, e están perto da verdade en esa asunción, son culpábeis de utilizar a lóxica inversa para chegar a esa conclusión. O que non discirnen é que fomos creados á súa imaxe ideal: a do Pirata. Desde entón só nos parecemos aos deuses doutra xente. É importante que volvamos aos costumes dos Piratas antes que sexa demasiado tarde. De feito, a ciencia recente suxire que o noso afastamento do modo de vida do Pirata nos conduciu a un final non esperado até agora. A medida que os nosos corpos e cerebros crecen en tamaño, e as máquinas43 substitúen a necesidade de forza e axilidade físicas, podemos encontrarnos cun irónico xiro da Creación. Se a tendencia actual continúa, pode chegar o día no que a xente do futuro realmente se pareza á súa imaxe. Esta ilustración, creaConvértase ou morra!

42 43

Científicos pagáns identificáranos como “cordas”. Por exemplo, cadeiras de rodas motorizadas

69


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

da por un cientĂ­fico, pode axudar.

O futuro da humanidade?

Con esta proba presente, suxerimos que consiga un tapaollo e se converta en pastafari antes que sexa demasiado tarde.

70


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Vida Primixenia: á súa Imaxe Spirogyra.

Proteus flagella.

71


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A vida primitiva recorda ĂĄ sĂşa Tallarineidade.

72


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

MÁIS PROBAS

A

MAIORÍA DAS PROBAS da súa existencia parecen provir dos científicos e os científicos parecen, na súa maior parte, provir de colexios e universidades. polo tanto, pensamos que resultaría esclarecedor mirar máis de perto as institucións de educación superior e tratar de encontrar en elas algunha proba do seu Tallarinesco Apéndice en acción. Topámonos con algúns interesantes resultados.

Vida no campus É ben sabido que os estudantes universitarios son a nosa esperanza de futuro44. Estes intrépidos individuos están dispostos a pagar milleiros de dólares dos seus pais só por ler libros, polo que non cabe ningunha dúbida de que aprender é moi importante para eles. Mais, que é exactamente o que aprenden?

44

Consúltense con todos os discursos de graduación dos estudantes a través do tempo

73


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Se examina a investigación sobre este tema verá que, se ben moitos estudantes e pasan o tempo a ler libros, tamén empregan cantidades iguais on maiores de tempo bebendo cervexa. Vostede pode preguntarse que ten que ver a cervexa coa aprendizaxe, e moitos escépticos argumentan que non hai relación algunha, mais descubrimos probas sorprendentes do beneficioso do consumo de cervexa. A cervexa45 actúa como un suplemento nutricional importante para o estudante universitario, mais iso non é o realmente importante. A cervexa 1 tamén é a bebida oficial dos Piratas, que son O Seu Polbo Elixido. Contando con isto, pregúntolle: podería o Monstro de Espaguete Voador estar detrás disto? Está tratando de converter os estudantes universitarios en novos Piratas Ademais, é un feito aceptado que hai unha cantidade extraordinaria de fideos ramen e pastas secas nos campus universitarios, que proporcionan nutrición barata aos estudantes, o que lles permite comprar máis cervexa. Isto é outra mostra da tallarinesca influencia do Monstro de Espaguete Voador. Está claro que El está actuando nas nosas institucións de educación superior, e isto só pode ser un bo augurio para o futuro do país.

Diñeiro A Universidade custa diñeiro, un montón de cartiños. Porén, a educación en si mesma non é de moito valor. Por exemplo, podemos ver que o público en xeral é indiferente a calquera cousa que a xente 45

Tamén coñecida como grogue.

74


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

culta teña a dicir sobre o quecemento global, o esgotamento das reservas de petróleo, a contaminación ou a ameaza da aniquilación nuclear. Mais se isto é certo, por que gastar tanto tempo e diñeiro en algo tan inútil como un diploma universitario? Para comprender esta cuestión, examinamos a relación única, e a miúdo estraña, entre a universidade e o diñeiro, e a nosa investigación levounos a un interesante achado.

Na Pasta confi amos.

Parece que á educación universitaria se lle impuxo un prezo artificialmente alto co gallo de deixar os estudantes con pouco diñeiro de sobra para as súas necesidades básicas. Agoniados pola pobreza, os estudantes son inducidos a beber cervexa barata e comer pasta; nunha palabra: vense obrigados a actuar como Piratas e pastafaris, e só podemos concluír que esta é unha parte d’O Seu Grande Plano para difundir o MEVismo. Se os estudantes realmente son o noso futuro, ese futuro parece ser que será Pastafari.

75


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Alimento para o espĂ­rito.

76


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Pouco evolucionados... ou simplemente uns nugalláns?

Os Kiwis: non saben voar? S EVOLUCIONISTAS DEFENDEN que as aves sen ás, como por exemplo os kiwis de Nova Zelandia, nunca chegaron a desenvolver a capacidade de voar. O sempiterno argumento explica que, xa que non existía na súa rexión ningún depredador natural, non tiveron

77


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

razón ningunha para desenvolver esa habilidade. Aínda que recoñezo que eu nunca vin un kiwi voar, non estou de acordo con la aseveración de que no son capaces de voar. E que sabemos nós? Non podería ser que simplemente non queiran voar? A min nunca me veredes correndo, mais se tivese unha boa razón, podería facelo. O kiwi, ademais de ser unha ave completamente esférica, é ben coñecido por ser un dos animais máis preguiceiros da natureza. Tendo en conta a velocidade á que se están a extinguir, parece como se desexasen que os comesen. Conveñamos entón que poden voar, mais simplemente carecen da motivación necesaria para facelo. Así que, para resolver este debate dunha vez por todas, argallei un experimento que calquera evolucionista podería levar a cabo se quixese intentar demostrar que estou trabucado.

Envorcando o camión sobre o acantilado Necesitará unha mostra o máis grande posíbel para este experimento, xa que hai algúns kiwis que son más dados a un comportamento preguizoso que os demais. Uns vinte ou trinta probabelmente serían abondo, pero mellor que sobren que non que falten, se dispós deles en abundancia. Cargue as aves no remolque dun camión e diríxase ao acantilado máis alto que encontre, pois trátase de darlles a maior motivación posíbel para voar. Despois de achegar o camión ao bordo do precipicio, inclina o remolque, envorcando os kiwis sobre o acantilado. Sospeito que as aves, vendo o seu destino pasar ante os seus ollos a toda velocidade terminal46, baterán as súas “inútiles” ás e voarán para se pór a salvo. Até que o experimento non se leve a cabo, este mesmo ou outro parecido, considerarei que a miña hipótese é correcta.

46

Lanzalos desde un avión podería funcionar mesmo mellor. Ademais quizá un kiwi nunha licuadora estaría tamén bastante motivado para voar antes que se pulse o botón.

78


Explicando o Pastafarianismo Non só de pan vive o home -MOISÉS, DEUTERONOMIO 13:7


TĂ­pico comedor pastafari.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Unha historia resumida do mundo Hai Cinco Mil Anos: O Comezo MONSTRO DE ESPAGUETE VOADOR creou o universo e unha manchea de planetas, incluída a Terra. Ninguén máis ca El mesmo estivo aí para velo, mais sospeitamos que era algo bastante aburrido. A creación inicial, obviamente, tivo de ser espectacular, mais entón El pasou os próximos dez a cen anos preparando con esmero o universo para que parecese máis vello do que era en realidade. Os fotóns dispuxéranse individualmente, de camiño á terra, para que parecese que os foran emitidos por estrelas de toda a galaxia hai millóns de anos. Na realidade, sabemos que cada fotón foi disposto divinamente e desprazado ao vermello47 adecuadamente para que parecese que o universo ten millares de millóns de anos. Aínda encontramos os seus métodos de camuflaxe actuando hoxe; cada vez que os científicos descobren probas aparentes dun universo que ten milleiros de millóns de anos, podemos estar seguros de que é parte dos elaborados preparativos que El dispuxo. A Terra creouse en aproximadamente 0,062831853 segundos, e de forma similar a disfrazaron para que parecese ser moito máis vella. Podemos ter a certeza de que o MEV pasou mesmo máis tempo preparando a terra porque, sendo omnisciente, El era moi consciente de que axiña habería xente lareta a fisgar por todas partes. Coñecidos como ‘científicos’, estes fisgóns tén unha necesidade enfermiza, probabelmente de natureza sexual48, para descubrir como funcionan as

47

O universo parece estar en expansión, de forma moi parecida á pasta cocida, como demostra a luz observada de galaxias afastadas que se desprazan para o Espectro Marinara. Algúns científicos citan que isto sostén a súa preferencia pola salsa vermella, mais o máis seguro é que son idiotas 48 Como proba da motivación sexual por parte dos científicos, elixamos unha profesión ao azar, digamos a xinecoloxía. Estes así chamados profesionais pasan toda a súa vida observando os órganos sexuais femininos, ou a ‘cona’, como se lle coñece nos círculos académicos. Se mira un pouco máis coidadosamente, verá que case o 99% de todos os xinecólogos tén formación científica. Para ilustrar o significativo que é isto, elixamos outro grupo ao azar, digamos eu mesmo. Non son científico, e case nunca vexo os órganos sexuais femininos. Resúltame difícil crer que isto sexa pura casuali-

81


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

cousas, e así era até máis importante que a nosa realidade aparente estivese ben deseñada para agochar a verdade. O Noso Creador Tallarinesco entón puxo fósiles, escondidos baixo a superficie da terra, sabendo que logo serían encontrados e que isto parecese que demostra que estas criaturas existiron hai bastante tempo. Os osos de dinosauros, por exemplo, dispuxéronse tan ben e en tal número que se cre amplamente que os dinosauros camiñaron sobre a terra hai millóns de anos. É interesante que os dinosauros si existiron, mais non hai millóns de anos, porque, por suposto, como poderían existir antes que a Terra mesma? Na realidade, vivían con nós, ao lado de, e en ocasións por cima de, os humanos, hai máis ou menos tres mil anos. Pode que se estea preguntando por que non atopamos osos de dinosauros desta época, e con toda razón. Mais teña en conta que os dinosauros na realidade non tiñan osos, e que todo isto de que os dinosauros os tiveran é un engano planificado para a súa propia diversión. Os dinosauros auténticos, como calquera paleontólogo culto (ou doutor de osos, como prefiren que os chamen) lle dirá, podían erguerse repletando uns músculos especiais con sangue, pondo ríxido o membro antes flácido. Alternando os músculos repletados na secuencia correcta lográbase unha locomoción moi eficaz e unha estrutura esquelética rudimentaria. Ao mellor, os leitores pervertidos recoñecen que este mecanismo é similar ao que goberna o pene masculino. Os dinosauros eran, en esencia, pouco máis que unha colección enorme de penes (penii) baixo unha pel grosa. Aínda que moi poucas descricións axustadas perduraron até os nosos días, podemos alegrarnos ao aprender que a consciencia deles se propagou xeracionalmente na nosa cultura. A maioría dos homes nin se dan de conta de que cando esaxeran o tamaño do seu pene e o chaman ‘monstroso’ ou ‘como un dinosauro’, están axudando a manter viva a verdade destas bestas estrañas e chocalleiras que coñecemos como dinosauros. Un tempo despois, co progreso da sociedade, a atención da humanidade afastouse dos dinosauros, que para entón xa foran conquistados e domados polo home para o seu traballo e diversión, e á súa vez volveuse ao pensamento filosófico. A cuestión das nosas orixes xurdiu, e decidiuse, baseado nas probas naturais, aparentes, de que todas as criaturas evolucionaran desde un antepasado común co pasar o tempo, desde hai millóns de anos. dade. Non digo que todos os científicos sexan pervertidos, mais penso que é seguro dicir que case todos o son

82


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Hai Dous Mil Quiñentos Anos: A Época Dourada dos Piratas O que pasou a continuación segue a ser un misterio. A humanidade, até aquel entón, fora enganada con éxito polo MEV, crendo trabucadamente que as explicacións naturais poderían explicar a nosa orixe. Un pensaría que o MEV Mesmo se alegraría por isto, xa que El se molestara tanto en tapar a súa obra de creación. Mais por calquera que fose o motivo, El sentiu a necesidade de darnos a coñecer a verdade. Esta foi a data, hai uns dous mil quiñentos anos, que El por vez primeira nos revelou O Seu Apéndice Tallarinesco, mostrándonos o camiño. Desde ese momento, os que aceptaron a súa mensaxe sabían que íamos vivir dunha certa forma: na auga, en grandes naves de madeira cargadas con grogue, botíns e, esperamos, mozas. Esta foi a súa vontade, e así se cumpriu. Por desgraza, moitos dos pormenores desta época se perderon, posibelmente porque moitas naves se afundiron, debido á sobrecarga. O botín é moi pesado, e estes, os primeiros Pastafaris, mostraron un xuízo menor ao 100% perfecto, tendo bebido demasiado grogue. O que si sabemos, no entanto, é que esta foi a Época Dourada do estilo de vida pirata. Millóns, posibelmente centos, de naves piratas, navegaron os mares, e quizá os lagos, do mundo, buscando pasalo ben, difundindo a alegría e quizá algunha enfermidade venérea a aqueles cos quen contactaron. O que nos contan os libros de historia hoxe é descaradamente incorrecto. Ladróns e proscritos fixo non eran, pois este era O Seu Polbo Elixido, os que escoitaron e seguiron o seu plano divino, fose cal for. O mito comunmente propagado de que os Piratas eran ladróns remóntase, non é ningunha sorpresa, aos teólogos cristiáns da Idade Media. É outro exemplo máis da discriminación e mala información á que nos tivemos que enfrontar ao longo dos anos, e outra razón que explica por que os Pastafaris tiveron que ser tan reservados co que respecta ás súas crenzas. Contaran os demais as mentiras que contaran sobre eles, os primeiros Pastafaris eran exploradores amantes da paz e difusores da boa vontade, non piratas criminais con sede de sangue. De feito, eran coñecidos por agasallar doces aos nenos que pasaban por aí, costume que estableceu o que agora se coñece como Halloween. Mais claro, non sempre foi todo un xardín de rosas. Non todos

83


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

eran crentes, e algúns rexeitaran a Súa Palabra, e sentiron a necesidade de saír ao mar nas súas (probabelmente lamentábeis) naves e buscar liorta cos Pastafaris. O máis notábel era Noé, de fama bíblica, que moi á lixeira armou unha barcaza monstrosa feita de madeira e calquera outra cousa que encontrara; probabelmente terra, quen sabe? Noé, ben coñecido polo seu amor49 (3) polos animais, sempre mantivo moitos ao seu redor. Así que cando se encontrou cunha falta de materiais de construción, decidiu usar centos de animais indefensos como lastre, na súa maioría os máis lentos, máis parvos, e máis lelos que puido encontrar. Non se sabe con exactitude que aconteceu durante este tempo de Noé e os Piratas, mais suficientes textos históricos sobreviviron a través dos anos para que nos fagamos unha idea dos acontecementos que sucederon. Noé, a soas excepto polos seus animais-lastre, impulsado polos ciumes e quizá un grupo de focas que falaban, partiu na procura de Pastafaris. Por desgraza para Noé, encontrou unha das naves pirata con xente máis de puta madre que existira, e comezou a dicirlles unha chea de parvadas. Os Pastafaris, sendo sobre todo pacíficos, e tamén uns bébedos, ignoraron este abuso verbal. Só cando Noé, un verdadeiro conas, atacou fisicamente a nave pastafari, lanzando desde a súa proa os animais máis puntiagudos50, foi que os Pastafaris comezaron a reparar nel. Cóntase que o máis grande e máis aterrador dos Pastafaris nadou, ou quizá simplemente saltou, de nave a nave, pois así eran de poderosos, e enfrontouse a Noé. Inmediatamente Noé decatouse de que actuara mal, e ofreceu tartarugas e outras cousas para desculparse. Os Pastafaris, que probabelmente tiñan máis tartarugas das que necesitaban51, pasaron, e fixeron que a Noé se lle puxesen por gravata. Non sabemos que lle dixeron exactamente, mais está claro que Noé mexou por el de tal maneira que até os cristiáns o asocian co ‘Diluvio Universal’52. Non hai nin que dicir que nunca máis volveu abusar dos animais, nin sequera das galliñas, que xa entón se facía a comparación de “é máis

49

Cobiza pervertida Probabelmente fosen porcoespiños. Tamén algúns eruditos cren que ao mellor Noé lanzou coellos puñalada, unha especie agora extinta de coello que tiña puntas a modo de arma por todo o corpo. A pesar da súa paixón polo sexo, os coellos puñalada acabaron por extinguirse porque non tiveron forzas para rematar o coito xa que a dor os superaba, algo moi parecido aos homes de hoxe en día casados con gordas. 51 Unhas xigantescas, para montalas. 52 Aínda que desenvolveron, moi sabiamente, outra descrición dos acontecementos. 50

84


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador 53

**** que as pitas” . De 1700 Até Hoxe: De Piratas e Pasta Durante séculos despois diso, ninguén se meteu cos Piratas, e a orde natural das cousas mantívose en equilibrio. Aínda que o botín e o grogue mandaron moitas naves ao fondo do mar, perdéndose documentación moi importante no proceso, os Piratas vivían unha vida de paz e xúbilo, difundindo a súa Palabra a lugares tan afastados como poida ser Bélxica. Seguiron celebrando o Halloween e, durante os últimos dous meses de cada ano, tomaban uns días, deixaban de navegar os mares para relaxarse e pasaban tempo coas súas familias durante a súa tempada máis santa de Festa54. Mais había nubes de tormenta no horizonte, e os Piratas non sabían que maldade agardaba por eles. Convencidos da maldade intrínseca dos Piratas, os Hare Krishna, que son os descendentes dos Ninja, xuntáronse en varios portos55 e declararon unha guerra santa contra os Piratas. Por decenas de millares, ou mesmo ducias, subiron a bordo de kaiaks recubertos de placas de aceiro, e saíron remando na procura de Piratas, aos que pretendían aniquilar da face da terra. Puidera pensarse que o MEV se debera dar de conta dos Hare Krishna e protexería o Seu Polbo Elixido, mais El confundiu os Krishna con outro grupo musical de mendigos marítimos máis, ou talvez pescadores cantando as súas cancións mariñeiras, e deixounos pasar sen dano. Cando os primeiros Krishna chegaron a un barco Pirata en Halloween, os Piratas confundíronos cos que buscaban doces dicindo ‘Truco ou trato!’ de forma demasiado entusiasta. O que seguiu foi unha matanza en masa cando os Piratas intentaban entregar os doces encanto os Krishna os golpeaban e rachaban até a morte cos seus remos de dobre folla. Tristemente, este patrón repetiuse varias veces aquel día. O ano seguinte foi mesmo peor. A final, os Piratas refuxiáronse en calas escondidas onde podían manter a vixilancia deses Krishna filloputas sedentos de sangue. Había algo nos cantos dos Krishna que cegaba os Piratas á súa malda53

Non hai mención ningunha nin de Piratas nin de grogue, e só dunhas poucas mozas, na Biblia cristiá. 54 Hoxe, partes deste período coñécense como varias festas: Nadal, Januká, Kwanzaa, e outras, excepto en Wal-Mart, onde aínda é considerada Festa, como en ‘Felices Festas e Benvidos a Wal-Mart!’. 55 E máis tarde, en aeroportos.

85


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

de? Quizá nunca o saibamos. E aínda que a educación dominante nos di que se perseguiu os Piratas porque eran ladróns, asasinos, etc., isto é sobre todo unha campaña de intoxicación informativa propagada polos Krishna e por moitas das demais relixións que se uniron para comezar o seu ataque sistemático na adoración do MEV por parte dos Piratas. Cazados case até a extinción, os Piratas estiveron mais que ben encabuxados durante séculos, e os libros de texto revelan cada detalle dos seus saqueos e pillaxes, mais calan de forma moi sospeitosa o facto de que aos Piratas se lles coñecía ben por regalar doces aos nenos56. A triste realidade é que as demais relixións estaban bastante ciumentas dos Piratas e o seu feliz estilo de vida, así de simple. Afortunadamente para os Piratas, os ataques foron amainando, e despois cesaron case de todo cando as demais relixións inevitabelmente se volveron unhas contra das outras. E aquí é onde nos encontramos hoxe. Aínda que xa se volveu coñecemento común que o descenso no número de Piratas é un resultado directo da persecución relixiosa, o que non se sabe aínda é que pasou aos Piratas que quedaron e onde están. Tristemente, moitos Piratas simplemente esconderon os seus tesouros, regalaron as súas tartarugas xigantes, e xubiláronse, mudándose a lugares como Irlanda57 e, ironicamente, a India58. Outros escondéronse nos Estreitos de Malasia, onde algúns formaron franquicias de deportes moi coñecidas. O pouco que se sabe dos nosos antepasados místicos é que ademais de esconder tesouros, os Piratas querían ocultar os seus textos relixiosos. De feito, o tesouro se incluía en grande parte para asegurar que outros sairían a buscar eses documentos no futuro, en tempos máis tolerantes. A este respecto, os Piratas tiñan un éxito enorme, xa que aínda hoxe hai cazatesouros buscando antigos botíns Pirata. Por desgraza, moitos dos nosos textos orixinais se perderan porque a súa importancia se pasou por alto, e en ocasións se confundiron con libros de receitas.

56

Se algunha vez lese un libro de texto Pirata, pensaría que eran Xesús. A maioría da arte celta parécese co MEV (ver foto), o cal nos fai crer que moitos Piratas sinxelamente se converteron en druídas. Tamén, hai unha similitude asombrosa entre os minchas e os leprechaun. 58 Posibelmente porque pensaron que todos os Hari Krishna se mudaran a California. 57

86


Un precioso exemplar da artesanía célticopastafaripiratacristiá.


Arte xaponesa sacra.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Momentos Chave na Historia do MEV

ise que unha foto vale mil palabras, e agora que estamos ben metidos no libro, e xa cansados, pensamos que serĂ­a de utilidade proporcionar algĂşns momentos do Pastafarianismo... ao estilo Photoshop!

89


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Este debuxo primitivo de cavernícolas suxire que ao mellor o MEV intentara interferir cos cazadores aborixes nun intento de conseguir que comesen máis pasta. A final, tivo éxito, só para logo ver como os aborixes estableceran unha cadea mundial de mediocres restaurantes-grellada.

Os faraóns buscaron protección do MEV na ultratumba. A pesar das súas riquezas, parece ser que aínda están esperando.

90


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Sospéitase que a Grande Muralla Chinesa, un dos poucos obxectos construídos polo home que é visíbel desde os ceos, é unha homenaxe ao MEV.

En principio identificada erroneamente como gretas, esta escultura parcial en frontón do MEV revela que a civilización occidental fundamentouse nunha profunda reverencia para o Pastafarianismo.

91


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Dalgunha forma Micheangelo logrou meter isto ás furtadelas sen que o Papa se decatase. Desde entón, converteuse nunha das obras de arte mas descargadas en toda a historia.

Intimidados polo grande intelecto do MEV, os Padres Fundadores de Estados Unidos decidiron incluír unha clara separación entre a Igrexa e o Estado. Nin sequera permitiron que El firmase a súa declaración, e pintaron sobre a súa imaxe no retrato final.

92


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Ás veces o MEV ten que interferir nas desencamiñadas accións dos homes. Aquí El anima a Douglas MacArthur a aceptar a rendición xaponesa tras a Segunda Guerra Mundial. (Ao fondo pódese ver a varios piratas en posición de firmes).

93


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Cando Benjamin Franklin describiu a electricidade como un ‘poder Tallarinesco que se emite cara á terra’ tiña máis razón do que a xente puido ver.

Einstein consulta de forma secreta co MEV, que lle repite que El, en efecto, non xoga aos dados co universo.

94


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Non crerían que a NASA nos levou até alá eles soíños, verdade?

95



O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Bobby responde ás Grandes Preguntas P: De que clase de pasta está feito o Monstro de Espaguete Voador? De trigo? De sémola? R: Existe certo debate ao respecto. A cultura occidental afirma que El está feito de trigo, encanto que en oriente cren que El está feito de arroz ou trigo sarraceno. Non sabemos a verdade, e se cadra non debamos sabela. P: Por que os Piratas actuais, as equipas deportivas chamadas ‘Piratas’, e os disfraces de Piratas non afectan o clima global, dado que hai unha relación estatisticamente significativa entre o número de Piratas e a temperatura global? R: Que te chames Pirata, ou te vistas como tal, non fai de ti un verdadeiro Pirata; precísase de moito máis. De que maneira os “piratas” actuais, coas súas lanchas a motor e metralladoras, se parecen aos bucaneiros históricos, eses aventureiros amantes da diversión? Como pode ser que as equipas deportivas, coa súa obsesión sobre regulamentos e normas, afirmen personificar o rebuldeiro espírito do Pirata? Disfrazarse como Pirata achégase máis, e ás veces podemos ver o seu efecto sobre o clima. Os Piratas de Halloween, por exemplo, polo menos están intentando imitar o verdadeiro comportamento Pirata, ás veces con detalles tan importantes como as mozas o e grogue. Podemos arrecadar probas sólidas de que na realidade si marcan unha diferenza nos patróns do tempo; os meses seguintes a Halloween sempre son máis fríos do que os anteriores, tal como predí a relación causal Pirata-temperatura. O Día de Falar Como un Pirata (talklikeapirate.com) é outro bo exemplo de como actuar como un Pirata pode afectar ao tempo. Cada 19 de setembro, millóns, se non milleiros, de persoas, comunícanse en ‘fala Pirata’, un chisco sutil ao seu Creador, e é un grande esforzo para pór freo ao quecemento global. E con grande éxito. Desde a súa creación hai varios anos, a temperatura do 19 de setembro de cada ano foi sen excepción máis fría do que a doutro día do ano que elixín ao chou: o 10 de xullo. Unha simple coincidencia? Dubídoo. P: Como concilias as flagrantes inconsistencias da relixión do MEV? R: Primeiro, todos estes supostos erros foron colocados aí por El, para pór a proba a fe dos seus seguidores. Segundo, certa cantidade

97


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

de inconsistencias é necesaria para que unha relixión se difunda amplamente, como por exemplo o cristianismo, o islam, etc. P: Se o MEV é benévolo, por que lle pasan cousas malas a persoas que son boas? R: Pode que O enfadasen, ou pode ser que El estea demasiado ocupado nese momento, ou lle sexa indiferente por algunha razón, como para involucrarse. Os camiños do señor son inescrutábeis e non sempre os entendemos. P: El escoita as miñas oracións? R: Si, mais iso non significa necesariamente que che vaia responder. Para aumentar as túas probabilidades de ser atendido, recoméndase que leves as túas roupaxes Pirata, ou polo menos un tapaollo. P: As outras relixións están trabucadas? R: Non, só están mal informadas. Aceptamos os conversos doutras relixións cos brazos abertos. P: E que hai dos impíos, os ateos e seguidores das demais relixións? Irán todos ao inferno? R: Non, mais pode que non lles deixen entrar nas mellores zonas do Paraíso do MEV. O máis seguro é converterse agora. Pénsao deste xeito: se te convertes ao Pastafarianismo, e resulta que o MEV non existe, pois non perdiches nada. Pola contra, se non te convertes, e o MEV si existe, entón caíches na merda. P: Se hai un Volcán de Cervexa e unha Fábrica de Strippers no Paraíso, como é o inferno MEV? R: Non estamos seguros de todo, mais imaxinamos que é similar ao Paraíso do MEV, só que a cervexa xa está sen forza, e as strippers tén enfermidades venéreas. Algo así como Las Vegas, ou as peores zonas de carallada de Coruña e Vigo. P: Hai strippers masculinos para as mulleres no Paraíso? R: Probabelmente, mais son invisíbeis para os rapaces non homosexuais ou bisexuais. P: A túa ‘relixión’ ofende as miña crenzas (probabelmente cristiáns). R: Iso non é unha pregunta. P: A túa ‘relixión’ ofende as miñas crenzas. Que debería facer se me parece que estades a vos burlar delas? R: As nosas crenzas alternativas de xeito ningún se burlan das túas crenzas máis do que as túas se burlan das nosas. Os que cren no MEV son pacíficos, abertos de mente, moi ben preparados, e rexeitan de plano o dogmatismo. Desde a nosa fundación nunca comeza-

98


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

mos unha guerra nin matamos ninguén polas súas crenzas contrarias ás nosas. Compara o noso historial co teu. P: E as Guerras Pastafaris? R: Puro folclore sen validez histórica. P: Onde existe o MEV? R: Non o sabemos exactamente, porque El é invisíbel a maior parte do tempo, e rara vez dá a coñecer a súa presenza. Parece que as oracións non chegan a El até bastante máis tarde do momento en que se rezaron. Isto fainos crer que se produce algún tipo de efecto de dilatación do tempo. Ademais, hai tantas oracións que se Lle mandan que nin El tería tempo de escoitalas todas sen algún efecto de dilatación temporal. Por este motivo, sospeitamos, El pasa moitísimo tempo orbitando arredor dun burato negro. P: O MEV ten senso do humor? R: Podemos ver o senso do humor do MEV observando a forma na que El se trata coas demais relixións. Considera a frecuencia na que os cristiáns evanxelistas, estes que ostensibelmente promoven a paz, se aliñan con grupos pro-guerra. Claramente isto é obra do MEV, unindo os opostos. Se non houbese influencia divina, o conflito de intereses sería obvio aos dous grupos; que non vexan iso cheira moito a interferencias Tallarinescas.

Imaxe estilizada do Monesvor, ideal para parches na roupa:

99


O cami帽o da perfecci贸n conduce a El.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Que faría un pirata? QFUP? ESTES TEMPOS CONFUSOS, nos que o mundo se empequenece e as trampas da sociedade moderna (teléfonos móbiles, ordenadores, smartphones, videoxogos, impostos, guerras, pornografía e ceas de microondas) se amontoan á nosa volta, as persoas decote se senten perdidas. Onde encaixamos nós neste mundo moderno? Cal é o noso propósito na terra? Moitos están sumidos nunha eterna confusión, debaténdose entre un exceso de opcións a elixir. Tal vez se sinta vostede así agora mesmo. Se é así, non perda a fe. En vez diso, feche os ollos e pense como sería regresar a unha época máis simple, cando as opcións eran menos, cando a vida pasaba en longos días baixo os mornos raios sol, e os homes tiñan os pes na terra. Aínda que un deles fose unha pata de pau. Se a vida o atorda, simplemente pregúntese: Que faría un pirata? Esta pregunta ha conducilo, sen dúbida, por un camiño que comeza na súa taberna do barrio, onde lle está esperando a primeira resposta...

1. UN PIRATA MOLLARÍA A PALLETA CON GROGUE. Se ben o grogue non é o pan do que se alimenta o home, sen dúbida é o que necesita para evitar que ese pan se lle atranque na gorxa. O grogue abre a mente e libera o espírito. Do mesmo xeito, relaxa as inhibicións, así que sexa prudente co que busca para non acabar con gafas de grogue, se lle confunda a vista e calquera moza lle pareza un monumento. Demasiado grogue pode conducilo a ter cuestionábeis compañeiras de catre, e se por cima leva un tapaollo, aínda se xoga con máis desvantaxe. Unha vez que a mente foi debidamente lubricada, ha darse de conta de que esta se torna errabunda. Iso é bo, xa que unha mente que divaga é unha mente que está na procura de algo. Non obstante, se a mente deambula demasiado lonxe, pode acabar facéndose as preguntas equivocadas, ou mesmo esquecéndoo todo. O que nos leva a...

101


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

2. UN PIRATA CONSEGUIRÍA UN PAPAGAIO Os papagaios son ben coñecidos en todo o mundo por repetir as palabras dos seres humanos (o que se denomina “facer o papagaio”). Cando un pirata non pode lembrar o que acaba de dicir, sempre pode esperar un segundo ou dous a que o papagaio repita as súas palabras (por exemplo, “Arrrgh! O garfo enganchóuseme na camisola dos domingos”). Un bo papagaio é esencial para unha próspera e feliz vida dedicada ao saqueo, mais nestes tempos os papagaios son case tan escasos como os Piratas. En caso de necesidade, pode usar un ordenador, un smartphone ou mesmo unha axenda para que lle faga o papagaio. Mais os ordenadores, smartphones, axendas e papagaios non son substitutos da auténtica afabilidade. E beber solitariamente, até cun papagaio pousado no ombro, non é como se comporta un Pirata. Isto nos leva ao terceiro paso:

Tapaollo e papagai o, i mprescindí beis en todo fondo de armari o dun bo Pirata.

3. FÁGASE CUNHA BANDA DE PÁNDEGOS. Todos os grandes capitáns tiveron unha alegre banda de pándegos

102


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

que os axudaban: sen dentes, sen afeitar... e sen colonia. Procure un grupo de xente da súa laia. Han animalo cando estea melancólico, e cando o cegue a sede de sangue hanlle pór os pes na terra. Contaba Barbanegra aquela ocasión na que estaba realmente abatido, mirou para atrás na praia e só viu un conxunto de pegadas dun pé e unha pata de pau. O que pasara é que o seu mellor compadre, “Pataliebre”, o segundo de a bordo, cargara con el ao longo da costa. Vidas exemplares. Unha vez que encontre o seu grogue, o seu papagaio e a súa banda de pándegos, xa está listo para actuar como un verdadeiro Pirata. E que é o que máis desexa un Pirata? Un Pirata desexa un barco Pirata... 4. SE NON PODE ROUBAR UN, FABRIQUE O SEU PROPIO BARCO. Un pirata simplemente non é un pirata se non é o dono dunha embarcación ben mariñeira. Pode levar un tapaollo, pode mesmo ter un papagaio e unha pata de pau, mais o verdadeiro obxectivo de calquera pirata que valga o seu peso en dobróns é ter un medio para viaxar polos Sete Mares. Un barco dálle un verdadeiro sentido a súa existencia, proporciónalle transporte e ábrelle o mundo. Sen un barco, non é máis que un nachiño cun disfrace de chaíñas. E agora que ten toda a trapallada dun auténtico Pirata, que vai facer con ela? 5. PROCÚRESE UNHA MOZA GARRIDA! Ou, se é unha moza, procúrese un pirata!59 As mozas e os piratas van da man, como o espaguete coa salsa de espaguete60. Agora, a arar a mar océana, e a tomar o que saia á súa pasaxe! As mulleres Piratas deberían procurar un pirata corpulento. O mesmo acontece con Piratas do mesmo sexo, que son perfectamente aceptábeis na cultura Pirata. A viaxe é longa, e ás veces a travesía pode ser monótona: pásanse moitas horas coa mesma alegre banda, trasfégase o mesmo grogue, engólense gachas durante meses, e no catre está a mesma moza. Só hai unha maneira de evitar o mal do Pirata. 59

As Mulleres Piratas deben buscar un Pirata bo mozo. O mesmo para as parellas de Piratas do mesmo sexo, totalmente aceptadas na cultura Pirata. 60

103


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

6. EN CASO DE DÚBIDA, SAQUEO!! A única maneira de evitar a inacción é tomar medidas. Consulte os mapas e localice un tranquilo pobo de pescadores. Agora saquéeo! Busque unha cidade habitada por adiñeirados nobres. E desvalíxeos! Hoxe en día é demasiado sinxelo sentar e pór escusas. Mais se quere ver o que hai aí fóra, saia a velo. E despois saqueo, saqueo, saqueo. Con estes principios básicos de Pirata, debería ser capaz de vivir os seus días feliz e prosperamente. Sígaos en todo momento, lembrando a súa importancia sobre todo cando estea perdido ou en dique seco. E se, aínda así, se encontra incapaz de insuflar vento nas súas velas, lembre este último punto... 7. ARRRGH!!! Aceptar a vida Pirata é aceptar o eterno Arrrgh!!! Sen iso, non será máis que outro mariñeiro de auga doce.

104


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

O Fideo Santo O Primeiro Día: A Luz NTÓN O MEV DIXO: “Fágase a luz,” e a luz se fixo. E o MEV axustou os seus gráciles pedúnculos oculares e viu que a luz era boa; e o MEV separou a luz da escuridade. E El chamou a luz “O Día” e a escuridade chamouna “A Noite” ou “Primetime”. Así houbo unha tarde e unha mañá: e este foi o primeiro día.

O Segundo Día: O Firmamento O MEV estaba canso de voar e El non era quen de estar ocioso durante moito tempo, así que dixo: “Fágase o firmamento entre as augas, e que o firmamento forme calas para que un día proporcionen un porto seguro aos Piratas (non, agarda, ‘firmamento’ é unha palabra ben parva, que se lle chame ‘terra’, porque ‘firmamento á vista’ sona mesmo máis estúpido que ‘firmamento’ sen máis) e que esta terra separe unhas augas das outras. E fágase un volcán do que mane cervexa, pois parece ser unha boa idea.” E do volcán manou cervexa, El probouna e declarou que era bastante boa. Así houbo unha tarde e unha mañá: este foi o segundo día.

O Terceiro Día: A Terra e a Vexetación Cando o MEV espertou, estaba algo atordado e non sabía onde se encontraba. Con algo de resaca, e nalgún punto no medio do Océano Índico, o MEV sentíase un pouco confundido respecto ao que creara o día anterior; e, consciente da súa mala conduta a noite anterior El comezou a espetar ordes Divinas para intentar restablecer o seu poderío, e entón El decidiu organizarse. E El dixo: “Que se reúnan nun único lugar as augas que están baixo os ceos, e que apareza o chan firme.” (esquecérase do que dixera sobre o firmamento o Día Dous), e chamou o chan firme Terra (e iso que inventara a palabra ‘Terra’ tan só o día anterior), e á reunión das augas chamouna Mares. E o MEV secou Os Seus Apéndices Tallarinescos baixo o calor da Luz, e

105


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

El viu que era boa, mais que había un pequeno problema, porque agora El tiña unha superficie chea de Terra e Firmamento, mais con iso non chegaba. Así que levantou o firmamento do Día Dous cara aos ceos e renomeuno Ceo. A terra do Día Tres deixouna onde estaba. O ceo parecía o lugar máis agradábel, e o MEV decidiu que El viviría alí, e que viaxaría á terra cando quixese. Entón o MEV dixo: “Que da terra brote herba, trigo duro, arroz, e calquera outra cousa que poida converterse en comida que se pareza aos Meus Apéndices Tallarinescos”, e El viu que esa era unha idea innovadora, e realmente boa. Esa noite bebeu un pouco menos do Volcán de Cervexa, ao que recolocou no Ceo xunto co resto de firmamento. Así houbo unha tarde e unha mañá: este foi o terceiro día.

O Cuarto Día: o Sol, A Lúa, as Estrelas A estas alturas, o MEV estaba un pouco dorido polo sobresforzo. Lle foi difícil encontrar unha postura cómoda para descansar durante a noite, que era máis escura do que a pasta de tinta de lura sería cando a inventasen. Así que El dixo: “Que haxa luces nos ceos, e que haxa dous grandes luces máis: a maior para presidir o día, e a menor para presidir a noite.” E como tiña grandes planos para o día seguinte, deitouse axiña. Así houbo unha tarde e unha mañá: este foi o cuarto día.

O Quinto Día: O ‘Big Bang’ O quinto día ía ser tremendo, así que o MEV ergueuse cedo. Entón, El dixo: “Que nas augas abunde a vida, que os ceos se enchan con aves, que a terra produza toda clase de criaturas, cada unha segundo a súa especie. Que se fagan aloumiños e que sexan fecundos.” E El viu que isto era bo, e El sentiuse bastante orgulloso de Si Mesmo, así que aquela noite chumou ben do Volcán de Cervexa. Máis tarde, aquela noite, El caeu da cama e aterrou moi duramente no firmamento, e isto, estimado leitor, foi o verdadeiro Big Bang. Sentía unha estraña sensación, e deuse de conta de que no seu sopor etílico non só construíra unha fábrica no Ceo que producía mulleres case sen vestir e con medias transparentes, senón tamén que creara un home minchiña na terra, a quen El chamou o Home. E El dixo: “Vaites. Pode que con isto O Meu Apéndice Tallarinesco chegase un

106


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

pouco lonxe” e, nin sequera seguro de que día era, El decidiu tomarse un longo descanso de todo iso da creación, deu unha rápida bendición e declarou: “De hoxe en diante, cada venres é festa.”

O Xardín das Oliveiras do Edén Mais o minchas era un barulleiro do demo. O MEV non podía coa vida por todas as queixas que proviñan da terra, así que o Señor MEV chamou polo minchas, dicindo: “Escoita isto... por que non colleitas todo o trigo duro, arroz, e calquera outra cousa que se che ocorra para facer pasta á miña imaxe? Para iso están. Enches a boca con ela e así ficas quieto e caladiño un pouco. Mais ten coidado coa oliveira, pois a oliva é boa, mais o seu oso é duro como unha pedra e poderías esganar ou romper un dente, e entón che parecería mala. Se esganas con ela morrerás, o que querería dicir que estraguei un tempo do carallo en ti, aínda que a verdade é que estou comezando a pensar mellor todo isto que fixen”. O Home non estaba demasiado emocionado por comer pasta sete noites por semana, así que o MEV cedeu e levoulle todos os animais, e o Home renomeounos a cada un segundo os grupos de alimentos. Ao gando chamouno “filetes”. Aos cochos chamounos “magro”, “xamón” e “touciño”. Cousa rara, o Home mantivo que o polo era “polo”, pois quizá nese momento xa estaba canso e perdera o pulo creativo. O MEV suxeriu que o Home botase unha soneca, e el así o fixo. Cando acordou, o MEV dixo: “Home, teño unha sorpresa para ti. Mira isto: unha Muller!” O minchiñas estivo a mirar para ela coma un pampo un momento, e dixo: “Podo ficar con ela?” E o MEV dixo: “De agora en diante o home abandonará a casa do seu pai e da súa nai, e ha unirse á súa muller, e serán unha soa carne”, e entón o MEV pensou para Si Mesmo: “Isto vai ser interesante”. “Déboche unha”, dixo o home-mincha. Non moito despois, o Home rompeu un puto dente cun oso de aceitona, e o MEV dixo: “Non che dei orellas para que me ouvises?” E o Home dixo: “Teño orellas?” E acabou por encontralas aos lados da cabeza, mais non antes de descubrir un pequeno Apéndice Tallarinesco entre as pernas, que se deu conta de que era infinitamente máis pequeno do que o máis curto dos apéndices do MEV, e comprendeu que a súa muller parecía estar pensando o mesmo, polo que o home-mincha dixo: “Achégame unha desas follas de parra, que-

107


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

res?” Despois a muller suxeriu que o Home non precisaba dunha folla tan grande, e deu a entender que quizá habería outro Home nalgunha parte da terra, ou que quizá o Edén tiña un xardineiro nalgún sitio, e o home mincha mirouna de arriba abaixo e dixo: “Unha palabra, rula: celulite”. Entón abríronse os ollos dos dous, e déronse de conta de que estaban espidos; e coseron varias follas de figueira e fixeron vestiduras. E ouviron o son do MEV flotando polo Xardín da Oliveira, ocultáronse e dixeron: “Que fas aquí, ho?” Entón o MEV dixo: “Onde estades?” E o Home dixo:”Ouvinte cando flotabas sobre nós, collín medo porque estaba espido e oculteime”. E o MEV dixo: “Está ben, mais podes dicirme onde escondestes eses deliciosos paíños de pan? Non como un desde a Creación”. “Papámolos todos”, mentiu o home mincha. “Xa non hai”.

O Diluvio Entón o MEV viu que a perversidade do Home era grande sobre a terra, e que cada pensamento do pequeno minchas se rexía polo seu estómago. E o MEV dixo: “Ben, pois cociñarei para min mesmo”, e El fabricou un grande Coador da Bondade e tomou auga nunha enorme pota, que El puxo a quentar. E meteu nela unha grande cantidade de pasta e lentamente fixo a fogo lento a salsa tanto tempo que os humanos orixinais xa non estaban alí cando El por fin o tivo todo listo para comer. E El deitou os espaguetes e a auga no Escorredoiro da Bondade, con coidado para asegurarse de que a auga escoase polo desaugadoiro do seu vertedoiro. Estaba El comendo, cando distraidamente considerou onde era que terminaba dando o desaugadoiro ao final, e o MEV dixo: “Cagho en Monesvola”. Afortunadamente os fillos de Noé: Té, Xamón e Café, a muller de Noé e as mulleres dos seus tres fillos con eles, estiveran traballando no “Grande Espectáculo de Animais Flotante de Noé”, que tiña lugar nunha arca xigante deseñada polo mesmo Noé. Ese día xurdiu auga das simas das profundidades dos océanos, e abríronse todas as billas do ceo. E a chuvia caeu sobre a terra durante corenta días e corenta noites, e a arca flotaba, aínda que o fedor de dentro era moito. Despois de varias batallas cos Piratas a arca por fin se pousou sobre o Monte Ararat, e cando as augas retrocederon a Noé e á súa fa-

108


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

milia aínda tiveron un longo camiño a pé até a súa casa. E ninguén soubo localizar a parella de unicornios, mais descubriron o fillo de Noé, Té, nun camarote da arca, escaravellando nos dentes cun escarvadentes enorme que se parecía extraordinariamente a un corno revirado.

A Torre de Scrapple Como Noé, os seus fillos eran verdadeiros emprendedores, e separáronse. Té marchou ás nacións do sur e iniciou a tribo dos telitas, Xamón marchou ás nacións do centro e iniciou os xamonitas, e Café viaxou en dirección ao norte para iniciar os cafelitas. Por alí estableceron baiucas familiares para dar de comer á xente do lugar. Té, que era un pouco charabisca e sempre miraba como espremer uns leuros de máis de onde fose, decidiuse a desenvolver un comestíbel que se puidese facer dos fociños de porco sobrantes e doutras goldrachas que normalmente irían ao cubo do lixo da baiuca. Triturou xuntos todos estes desperdicios e chamouno “scrapple”. E buscou a axuda de Nimrod para que lle botase unha man vendendo o scrapple. Nin que dicir ten que non foi fácil de vender, e o scrapple se amoreaba fóra da baiuca, e baixo o sol terminou por converterse nunha especie de torre con moi mal aspecto. Como non podían vendelo como comida, Nimrod suxeriu que o chamasen a Torre de Scrapple, e cobrar unha bonita suma aos cidadáns por contemplar a súa grandeza. “Nace un paifoco cada minuto”, dixo a Té, e el lle deu a razón. Pouco despois, o MEV comezou a darse de conta de que no firmamento cheiraba que alcatreaba. Baixou flotando e declarou: “O cheiro deste couso, e o que digo é literal, chega até ao sétimo ceo. Que credes que estades a facer?” Pensándoo rápido, e dubidando, Nimrod dixo: “Construímolo como homenaxe á túa grandeza”. Mais o MEV non tragou. “Pensaba que vos dixera que tiñades que ser fecundos e que enchésedes a terra”, dixo a Nimrod. “E non con moscas, mais con xente”. Nimrod non soubo que responder, así que o MEV lle dixo: “Tiras con ela e xa está”. Como a Torre de Scrapple non foi a atracción turística que esperaba, Nimrod pregouse aos desexos do MEV. Por desgraza inhalou demasiados vapores de scrapple rancio no proceso, o que o converteu nun idiota que farfallaba so.

109


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Mosey E as baiucas prosperaron, e a poboación divertiuse e creceu en número até que houbo tantos cociñeiros de pronto servizo que Phil, o xerente nocturno, temeu unha revolta contra a súa autoridade. E ordenou que non se contratasen máis cociñeiros de pronto servizo, mais un rapaz chamado Mosey, que era un charabisca e sempre estaba a darlle á húmida, conseguiu o traballo afirmando que era capaz de cociñar “o mellor roliño de papiro con centeo deste lado do Éufratres”. Mosey cociñaba un papiro de certo excelente, e aínda que era un artista coa frixideira cansou das moitas horas e doutros abusos, e un día irrompeu no despacho do seu encargado, chimpou ao chan o mandil e dixo: “Estou canso disto de nove a cinco. Marcho para facerme Pirata”. Isto chamou a atención do MEV, e non lle quitou o ollo de encima a Mosey. De feito, anos despois, o MEV, que se fora cansando dos abusos de Phil cos cociñeiros de pronto servizo, e póndose de mal humor en xeral, encontrou Mosey acampando no deserto, facendo planos para un xigantesco Barco Pirata, e o MEV falou a Mosey a través dun malvarisco ardente que o rapaz estaba tostando, e ordenoulle volver e guiar a todos os cociñeiros de pronto servizo lonxe do control de Phil. O MEV cominou Mosey a contratar os cociñeiros e comezar co seu propio restaurante, preferibelmente un especializado en comidas do seu gusto. “Quizá o poderías chamar Xardín das Oliveiras. Ti poderías dirixir o persoal de cociña”, dixo o MEV. Mais cando Mosey volveu á baiuca, Phil negouse a pagar a liquidación aos cociñeiros de pronto servizo se seguían Mosey. Entón o MEV si que se encabuxou con Phil, e El castigouno coas seguintes pragas: 1. Unha chuvia de salsa de Espaguete. 2. Sarabia de lingüini. 3. Facer que continuamente soase na cabeza de Phil a discografía completa de Ana Kiro. Phil cedeu, e o MEV ordenou aos cociñeiros de pronto servizo celebrar anualmente a Pastua, na que o anxo de cabelo de pasta da morte pasou de longo das casas que tiñan unha mancha de salsa no marco da porta. E o MEV falou a Mosey e díxolle: “Este mes principiarás coa túa

110


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

nova franquicia de restaurantes; será o primeiro mes do resto da túa vida. Fala a todos os cociñeiros de pronto servizo, e dilles: ‘Comezade a vosa salsa o décimo día de cada mes. Cada home preparará unha salsa, remexéndoa de cando en vez. Se non tedes bastante xente que a coma, levádea a casa dos vosos parentes políticos. “ Cociñarás a salsa até o décimo cuarto día do mesmo mes, tomarás un pouco do pucheiro e con ela farás un sinal no marco da túa porta. Entón o que reste has servilo sobre unha grande cunca da pasta da túa elección, e comerédela. “ ‘Co cinto cinguido ao van, un tapaollo e un machete na man, comeredes a pasta. Pois xa non sodes cociñeiros de pronto servizo, senón que a salsa na porta di que agora sodes Piratas!”

Aínda que de mala gana, Phil accedera a pagar as últimas nóminas, e tan axiña como Mosey levou os cociñeiros de pronto servizo fóra da baiuca mudou de opinión. Phil saíu tras eles, até chegar a un xigantesco charco vermello de salsa de espaguete que quedara da primeira praga. O MEV dividiu o Charco Vermello para Mosey, mais non se deu conta de que Phil estaba a pisarlle os talóns. Por desgraza, Phil desapareceu, e unha albóndega xigante pasoulle por cima. Mosey converteuse no “Pirata Mosey,” e posteriormente a pasta seca caeu do ceo como o maná, que en hebreo significa “monstro”.

Os oito “Aínda che me era mellor que non” O pirata Mosey desexaba de verdade unha nave pirata, e, deixando todos os problemas laborais a un lado, declarou que a súa banda agora eran Piratas, e levounos á cima do Monte Salsa, onde lle pareceu que podería haber unha boa oportunidade de encontrar o barco pirata que estivera buscando durante todos estes anos.

111


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Mais non encontraron a nave, e a xente non sabía comportarse como piratas (ao fin e ao cabo en realidade eran só un montón de cociñeiros de pronto servizo) e o MEV baixou e declarou que sería mellor que comezasen a bulir, porque os verdadeiros Piratas pertencían ao mar aberto, non a unha montaña. E o Pirata Mosey sentiuse avergoñado e non baixou da montaña, a pesar de que o resto da súa banda seguiu o consello do MEV e baixou á cidade á aba do Monte Salsa a esperar polo seu capitán. A final, o MEV enfastiouse de todo, visitou Mosey no cume e díxolle onde encontrar o mar, e, despois de admitir que fora un longo recorrido desde a Creación, e que talvez mesmo cabería repensar algunhas das súas decisións se tivese que facelo todo de novo, deu algúns consellos ao pirata Mosey, que chegaron en forma de dez táboas de pedra. A estas táboas Mosey chamounas “Mandamentos” (xa que tiña un bo sentido do drama), aínda que os cociñeiros de pronto servizo se confundiron e chamáronos erroneamente “Condimentos”, e tal como os redactou o MEV refírese a eles como os “Aínda che me era mellor que non”. Por desgraza, Mosey perdeu dúas delas baixando pola montaña, o que explica en parte os laxos principios morais do pastafarianismo, mais o resto pódense ler como segue:

112


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Os oito “ Aínda che me era mellor que non” 1. Aínda che me era mellor que non actuases con ese estúpido ar santimonial de quen se cre mellor que os demais cando falas da Miña Tallarinesca Santidade. Se alguén non cre en min, éralle boa. En serio, non son tan vaidoso. Ademais isto no vai con eles, así que non mudes de asunto. 2. Aínda che me era mellor que non usases a miña existencia como medio para oprimir, subxugar, castigar, estripar ou... ben, xa sabes, ser malo cos demais. Non pido sacrificios, e a pureza é para a auga potábel, non para as persoas. 3. Aínda che me era mellor que non xulgases a xente polo seu aspecto, ou por como visten, ou a súa forma de falar, ou, bo, mira, sinxelamente pórtate ben, de acordo? Ah, e que che entre na cachola: muller = persoa, home = persoa. O mesmo é o mesmo. Un non é mellor do que o outro, a menos que esteamos a falar de moda, porque entón o sinto, mais iso deixeino para as mulleres e para algúns rapaces que distinguen entre o augamariña e o fucsia. 4. Aínda che me era mellor que non te abandonaras a condutas que te ofendan a ti mesmo, os teus gustos ou a túa parella mentalmente madura e con idade legal para tomar as súas propias decisións. Canto a calquera que queira obxectar algo, creo que a expresión é que che dean, a menos que o encontren ofensivo, en cuxo caso poden apagar o televisor e saír a dar un paseo, para variar. 5. Aínda che me era mellor que non desafiases as ideas fanáticas, misóxinas ou os discursos de odio dos demais co estómago baleiro. Come, e logo xa vas por eses cabróns. 6. Aínda che me era mellor que non construíses multimillonarias igrexas, templos, mesquitas o santuarios Á Miña Tallarinesca Santidade, cando o diñeiro podería ser mellor gastado en (podes elixir): A. Acabar coa pobreza B. Curar enfermidades C. Vivir en paz, amar con paixón, e baixar o prezo da televisión por cable. Pode que sexa un ser omnisciente baseado en carbohidratos com-

113


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

plexos, mais gusto as cousas sinxelas da vida. Debo saber o que digo. Son o Creador. 7. Aínda che me era mellor que non andases por aí dicindo á xente que falo contigo. Non es tan interesante. Madura dunha vez. E díxenche que amases o teu próximo. É que non colles as indirectas? 8. Aínda che me era mellor que non fixeses aos outros o que non gustarías que che fixesen a ti se che gorentan as... ahem... as cousas que usan moito coiro / lubricante / Las Vegas. Se á outra persoa tamén lle vai o couso, (de conformidade co n º 4), entón a deleitarse, facede fotos, e polo amor do Xabarín, usade UN CONDÓN! En serio, é un anaco de goma. Se non quixese que o desfrutásedes cando o facedes, ao crealo lle tería posto pinchos, ou algo así. RAmén.

114


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A Historia dos Herexes odo o mundo sabe que os Piratas son uns tipos caralludos de verdade. Mais a historia está chea de non pastafaris que se atreveron a romper a baralla, desafiando os límites dos dogmas da relixión e da ciencia por igual. Con isto presente, ofrecemos esta compilación de herexías a través da historia. As súas pobres vidas ilustran o duro que sería un mundo sen Monesvorismo.

Aristóteles: Filósofo New Age Aristóteles naceu no norte de Grecia hai un monte de anos. Era fillo dun médico endiñeirado e influente, e estudou con Platón61, que tamén era fillo dun médico endiñeirado e influente. Isto iniciou unha tradición grega precedente do actual pensamento occidental, que sostén que os ricos e poderosos se van facendo mesmo máis ricos e poderoso, encanto que os pobres e non influentes se van facendo máis pobres e terminan fluíndo até o arroio, onde permanecen62. Debido a que Aristóteles se atreveu a disentir das ensinanzas do seu mestre, non lle ofreceron dirixir a Academia cando Platón morreu. Molesto

61 Hoxe, Platón é case descoñecido. As súas crenzas incluían a noción de que as persoas que gobernasen deberían ser intelixentes, racionais, con autocontrol e amantes da sabedoría, unha idea hai moito tempo desacreditada.

62

Tradución moi laxa do orixinal grego.

115


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

por este desgairo, Aristóteles converteuse en titor de Alexandro o Grande, ao que animou a seguir os seus soños de violación, pillaxe e ulterior conquista do mundo. Despois disto Aristóteles retirouse a escribir. Se cre que escribiu uns 150 tratados. Aínda que eses son unha chea de tratados, pódense resumir no seguinte: Todo neste mundo está composto de potencia (materia) e realidade (forma). Como un bloque de mármore sen puír, temos o potencial de “esculpir” as nosas vidas e facer que sexan o que nós desexamos. A día de hoxe esa liña de pensamento coñécese como “lixo New Age ben rariño”, e os académicos contemporáneos afirman que se Aristóteles vivise agora, sería sen dúbida un asiduo da Noria. Aristóteles ten sido un claro favorito de todos os grandes pensadores ao longo do tempo. Non só foi un grande filósofo, senón que desenvolveu unha clasificación temática dos animais, que fixo del algo así como un home do Renacemento, e se debe recordar que as súas ideas experimentaron todo un renacemento durante o Renacemento. Mais nubes escuras achegábanse para os seus partidarios no Renacemento... pois aínda que falou moito sobre Deus, tamén declarou que o universo era eterno, unha crenza que provocou moitos problemas mil anos após a súa morte, cando a Igrexa Católica por fin comezou a mostrar interese por todo o trebello de Aristóteles.

Leonardo da Vinci: Arquitecto, Músico, Anatomista, nº1 da Lista dos Máis Vendidos de A Voz de Creta, Inventor, Vegano, Enxeñeiro, Homosexual, Escultor, Pintor e Figura da Segunda División do Xogo da Chave Coñecido como o orixinal Home do Renacemento, Leonardo Da Vinco proviña de orixes humildes. O seu pai era notario, e a súa nai campesiña. Leonardo educouse nas duras rúas de Florencia, onde creceu rapidamente aprendendo a pintar, debuxar, esculpir e inventar antes que os nenos normais soubesen sequera o que é unha pistola. Era tamén un homosexual no armario63. Leonardo comezou a levar diarios desde mozo. Escribiunos en código, mais o seu coautor, Dan Brown, traduciu moito do seu contido. Por medio dos diarios de Le-

63

Leonardo inventou o armario

116


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

onardo, como por rexistros conservados da Garda Nocturna de Florencia, unha axencia antisodomita da época64, sabemos que Leonardo se deleitaba na compaña de rapaces adolescentes, e que “gustaban dos noviños”. Tamén se fixo vegano65 despois de chegar á conclusión de que as ubres produtoras de leite das vacas eran homólogas aos peitos das mulleres, que por suposto lle desagradaban. Mais xa chega de falar das súas preferencias sexuais. Ao longo da súa vida, Leonardo amañou para inventar calquera cousa que algunha vez se teña utilizado nunha guerra. Isto inclúe o helicóptero, a ala delta, o tanque, a metralladora, a bomba de fragmentación, o robot e o submarino. Despois terminaría por inventar a ponte de arco único, o videoxogo Halo, e a porta que se abre en dúas direccións. Os humanistas do Renacemento non vían distincións entre as artes e a ciencias, e por iso Leonardo non limitou a súa brillante imaxinación unicamente a inventar cousas66 , senón que tamén pintou famosas obras mestras como A Adoración dos Magos, a Mona Lisa, e A última cea. Estudou anatomía, organizou festivais, esculpiu e escribiu música. Mesmo conseguiu que a súa merda non cheirase. En resumo, o rapaz ÉRACHE MOITO. (Non nos imos deter nos problemas de Leonardo coa Igrexa Católica porque todo o mundo leu xa O código Da Vinci67.)

64

Que esa xente existiu, non andamos a brincar En esencia, un vexetariano de rama dura, que non toma leite nin ovos e non deixa de falar do asunto 66 En contraste cos científicos de hoxe, interesados unicamente na ciencia, Star Wars e os videoxogos. 67 De Dan Brown (MUCHNIK-EL ALEPH, 2004) 65

117


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Giordano Bruno: Merecía Canto lle Pasou Nacido orixinalmente co nome de Filippo en 1548, Giordano Bruno tomou o seu novo nome en 1565 cando se consagrou como dominico no Mosteiro de San Dominico, perto de Nápoles. Posteriormente sería ordenado sacerdote, o que é algo irónico considerando o que posteriormente lle faría a Igrexa. Mais iso logo. A desgusto con todos a quen coñecía, Bruno converteuse nun ávido leitor. Leu a Platón, Copérnico, Tomás de Aquino, Averrois, Duns Escoto, Marsilio Ficino, Nicolás de Cusa, Arturo PérezReverte e Isaac Asimov. É un feito ben coñecido que os que len libros desenvolven a miúdo ideas peregrinas, e a historia mostra que isto foi así especialmente nos días antigos. Bruno sentiu a influencia en especial de Copérnico e Platón, tanto que non podía parar de falar deles. En 1576 a Inquisición puxo a Bruno na súa lista dos Dez Máis Buscados. Escapou a Xénova, mais esta non foi a última vez que ouviu falar da Inquisición. Durante un corto período, Bruno uniuse aos calvinistas, mais era reticente a acatar a súa estrita política de “non sorrir”. En 1579 viaxou a Toulouse, Francia, onde, por un tempo, gozou da protección de poderosos patrocinadores franceses. Foi durante este período que completou a maioría dos seus escritos, incluído De I'infinito universo e mondi, no que defendía que as estrelas eran da mesma natureza que o noso sol, que o universo era infinito, e que todos os universos estaban habitados por seres intelixentes, o que converte a Bruno no protofriki da ciencia ficción. Cando aínda se encontraba en Francia Bruno obtivo fama pola súa prodixiosa memoria. Aínda que a súa habilidade para almacenar información podería ser resultado directo dos seus intensos hábitos de lectura, nese momento debeu abandonar os libros e deixarse levar por esa desapaixonada cacheira do resto dos franceses. No entanto, Bruno decidiu ir a Inglaterra. En 1583 buscou obter unha colocación en Oxford, mais pensaron del que era un cabichas e desestimaron a súa candidatura. Tras pedir praza noutras escolas inglesas, aprendeu en carne viva a dura realidade do dito “Só tes unha oportunidade de causar unha boa primeira impresión”. Os dous anos seguintes crese que Bruno espiou contra os católicos en Inglaterra. Finxindo ser un sacerdote católico, supostamente

118


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ouvía confesións de católicos e logo informaba sobre eles aos seus empregadores ingleses, espías que perseguirían a morte os católicos cumprindo as leis de relixión daquel tempo. Mesmo se Bruno non foi un herexe, seguramente neste momento xa demostrara ser un filloputa de marca maior, e merecía moito que o fixesen churrasco. En 1585 Bruno voltou a París. Nun ano encabuxara xa os parisienses, e mudouse a Alemaña, onde a súa reputación o precedía. En 1588 encontrábase de camiño a Praga, e estaba comezando a ficar claro que Bruno tiña que escapar dos países aos que ía. Enfrontado á opción de fuxir a Siberia68 ou ir de volta a Italia, Bruno en 1591 como un estúpido aceptou unha breve ocupación como educador en Padua. Por desgraza para el69 a cátedra á que se presentaba era a mesma á que optaba Galileo Galilei. Así que viaxou a Venecia, onde molestou por última vez a alguén: aos que o denunciaron á Inquisición. E así, o 17 de febreiro de 1600, atravesáronlle a lingua cun cravo, atárono a unha estaca, e queimárono como herexe. Se só tivese fechado o bico... Unha dura lección, desde logo.

Charles Darwin: O “Cociniñas Sinistro” da Evolución En xuño de 1837, máis de vinte anos antes que Charles Darwin publicase o seu famoso, aínda que moi imperfecto, tratado sobre a Selección Natural titulado Sobre a Orixe das Especies, o xoven biólogo se autopublicou un traballo menos coñecido, onde resultou que se deu a primeira puñalada á reconciliación entre fe e ciencia. Ese libro foi Sobre 68 69

Nese momento, Siberia debía ser o único lugar onde aínda non ouviran falar del. Aínda que por sorte para todos os demais.

119


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

a Orixe da Salsa de Espaguetes.

Os Primeiros Anos Probabelmente un pouco retrasado, Darwin creceu en Shrewsbury, Inglaterra, e foi o quinto de seis irmáns. Era o fillo de Robert Darwin, un médico ben coñecido, e Susannah Darwin, que se rumoreaba era case unha maga na cocina. Durante a vida de Darwin, esta dicotomía na familia o esnaquizaría até o máis íntimo do seu ser, debaténdose entre a excelencia das ciencias naturais e o seu desexo máis caseiro de transfigurar a experiencia culinaria inglesa, unha misión na que acabou fracasando. Darwin ingresou na Universidade de Edimburgo en 1825 e ficou inmediatamente asombrado ao descubrir que a universidade non ofrecía cursos de arte culinario. Enganado polo seu pai para estudar medicina, o abatido xoven Darwin resolveu cociñarse suntuosas cenas para si mesmo na súa pensión. No seu segundo ano uniuse a varias sociedades naturalista de estudantes, e durante un corto período se sentiu libre para explorar as costas do Fiorde de Forth, recollendo crustáceos para varias marabillas culinarias, como os lingüini con salsa de ameixas e penne con mexillón cebra a tiras. Pouco podían imaxinar eses amigos estudantes que ese “sinistro cociniñas”70 algún día usaría esas experiencias como trampolín para unha das máis grandes revolucións do pensamento contemporáneo de Occidente. Na súa estancia en Edinbrugo, Darwin rematou o seu primeiro artigo científico. Presentado á Plinian Society, expuña que as esporas negras que se encontran nas conchas das ostras eran os ovos da sambesuga común das raias. Moi sagazmente, Darwin concluía que esas esporas as deixaba o Monstro de Espaguete Voador como sinal de que mesmo as máis baixas das criaturas de Deus podían unirse para unha mesma causa71. Os risos ouvíronse mesmo fóra dos salóns da sociedade, e pouco despois o seu pai conseguiu que o trasladasen de Edimburgo a Cambridge. Unha vez en Cambridge, o pai de Darwin ameazouno con retirarlle o seu escorredoiro e outros utensilios de cocina se non se comprometía por completo cos seus estudos de medicina. Mais o seu xo70 Tal como conta a biografía de Phineas P.Cornflower's Si, Eu Coñecín as Salsas de Darwin 71 Neste caso, as ostras servían de “canguros” para os ovos das sambesugas da raia para que as sambesugas adultas puidesen continuar satisfacendo a súa insaciábel sede de chupar a forza vital das raias

120


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ven fillo estaba determinado en seguir o seu soño de alcanzar a excelencia culinaria. Cando finalmente ameazou o seu pai coa perspectiva de abandonar a familia e mudarse a Francia, os dous Darwin acordaron unha reunión secreta na Igrexa de San Sulpicio72 de París, onde se decidiu que o xoven Darwin continuaría estudos de teoloxía. Isto parecía un compromiso sensato, pois os clérigos recibían mellor paga e moitos dos naturalistas ingleses eran clérigos. Se acepta amplamente que o que lle dixo Darwin ao seu pai nesa ocasión foi “Se no se me permite explorar as marabillas da cociña de Deus, ao menos déixame explorar as marabillas da súa creación”. Charles Darwin aplicouse en Cambridge, mais non pasaba de sufi raspado. No verán despois do seu primeiro ano en Cambridge estaba avergoñado polos seus pobres resultados e buscou como fose evitar a volta a casa durante vacacións. Leu grande cantidade de folletos de viaxes e por fin decidiu ir a un cruceiro culinario polo Mediterráneo, onde lle prometeron que tería a oportunidade de explorar e degustar varias comidas de Grecia e do sur de Italia. Mais o viaxe tiña mal agoiro. Darwin sufriu de intoxicación alimentaria e mareo, e acabou por volver axiña a casa. O único rexistro de aqueles días existen nun diario pobremente escrito e inédito por título A Viaxe da Albóndega.

A viaxe do Beagle O Viaxe da Albóndega case acaba con Darwin. Acabou a duras penas o seu último ano de estudos, e despois da súa graduación fixo o que faría calquera en posesión dun título de Cambridge: tomou unhas vacacións de cinco anos polas Galápagos. Como sufría de fatiga nerviosa, e perdera toda fe na humanidade, Darwin estaba determinado agora a converterse no mellor amigo dos animais. Foi a bordo do HMS Beagle que a vida deu un xiro para el. Nunha espantosa galerna na costa de Terra de Fogo, todos os libros de cocina de Darwin os levou unha onda pola borda. Aburrido, e afectado por varias erupcións cutáneas, o xoven Charles tomou un libro que sería fundamental para o resto da súa vida. Ese libro era o Principios de Xeoloxía, de Charles Lyell, que propuña que a configuración xeolóxica era o resultado de procesos graduais que precisaban de eóns. Algo fixo clic na cabeza de Darwin, e en ese momento de claridade se deu conta de que unha salsa cociñada lentamente estaría exponencialmente máis deliciosa que outra que simplemente se 72

O código Da Vinci, MUCHNIK-EL ALEPH, 2004.

121


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

quentase dunha lata, algo que nunca antes se lle ocorrera a un inglés. Despois de darse conta de iso, chegou a algunhas outras ideas relacionadas coa Evolución, mais o que realmente o emocionou foi a revelación da salsa. Poucos días despois o cociñeiro caeu pola borda, e Charles Darwin asumiu o control do desastre que era o barco a ese respecto. Había mexillóns a moreas en América do Sur73, o que deu ás a Darwin. O 2 de outubro de 1836 volveu a Inglaterra como unha pequena celebridade, despois de descubrir fósiles, pimpíns, tartarugas, tordos e comida moderna. O seu libro A Viaxe do Beagle74 foi un bombazo, e convidárono a festas por todo Londres, onde moitas noites cociñaba e charlaba ao longo de toda a velada. Moitos dos procedementos do libro do Beagle provían do autopublicado Sobre o Orixe da Salsa de Espaguete, no que Darwin expuña a súa teoría da salsa cociñada lentamente e uns tallaríns cocidos á perfección eran a representación divina do Monstro de Espaguete Voador. Por desgraza, o libro nunca chegou a ter éxito. Aínda así, Darwin tiña o seu traballo diario, que consistía en pouco máis que anotar todo o que lle chamase a atención. Para isto, e impelido polas fascinantes similitudes estruturais entre os vermes de terra e varias formas de pasta, comezou a estudar os vermes75. É ben posíbel que este fose o punto no que Charles Darwin se sumiu na demencia máis absoluta. De todos modos nunca saberemos a verdade, porque Thomas Huxley, que desenvolvera unha pouco saudábel fascinación pola frondosidade e lonxitude da barba de Darwin, tomou para si seguir a Darwin no seu intento de defender as súas in73

Tristemente, moitos deles fosilizados Que ten un ton e estrutura similares á Viaxe da Albóndega Os amados vermes de Darwin, descritos en ocasións como “tallarinescos”, e “sen apéndices, en tantos eles mesmos son apéndices”. 74

75

122


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

sensatas digresións sobre os vermes. Foi Huxley quen convenceu Darwin de deixar de asegurar que os humanos descendían dos vermes ou “á súa imaxe”76, como se citaba a Darwin frecuentemente. Huxley convenceu o seu amigo de que afirmase que a liña filoxenética pasase á súa vez polos monos, dos que el sinalaba que tiñan apéndices e posuían un incríbel parecido con algunha xente, incluído Darwin, quen chegou a ser coñecido como “O Home Mono”. Unha vez Darwin consumou o salto intelectual dos vermes aos monos, a súa teoría si que despegou realmente. Convidárono a moitas reunións científicas, onde o gabaron xenios, sabios e mesmo científicos e filósofos. Até hoxe, ninguén descubriu a santo de que.

A fin da súa Vida En 1842, avergoñado pola súa fama, e mortalmente decepcionado pola súa incapacidade de cumprir a ambición de ser chef profesional, Darwin retirouse a Down House no distrito Bromley de Londres para “escribir ese maldito libro para listiños”, tal como el o chamou. Publicou Sobre a orixe das Especies en 1859, que trata sobre todo de vermes e animais dos que se fixo amigo nas súas vacacións polas Galápagos, o que o converte en algo ilexíbel. Máis tarde escribiría O Oruxo do Home, que Huxley trocaría por A Orixe o Home sen que Darwin se decatase. Depauperado e case no esquecemento, Charles Darwin morreu en Downe, Kent, Inglaterra, o 19 de abril de 1882. A súa barba medía entón case dous metros e medio77.

John Scopes, o Monifate da Unión Estadounidense polas Liberdades Civís O 25 de maio de 1925 John T. Scopes foi acusado de violar a Acta Butler de Tenessee, que prohibía o ensino da Evolución nas escolas dese estado78. Scopes foi finalmente encontrado culpábel e déronlle a opción de pagar unha multa de 100 dólares ou que lle botasen 76

“A súa”, refírese ao Monesvor, por suposto Libro Guiness dos Recordes Mundiais. 78 Véxase o impresionante documental en cinco partes de Stanley Kramer, Herdarás o Vento 77

123


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

peixes podres e o queimasen nunha estaca. Despois de moito reflexionar, elixiu pagar a multa. Tempo despois Scopes admitiu ao periodista William K. Hutchinson que na realidade nunca ensinara nas súas clases a Evolución, senón que elixira saltala de todo. De feito, a súa máis famosa cita é a clintoniana “Eu non violei a lei”. Mais se Scopes non ensinou a Evolución, de que vai todo isto? Como adoita suceder a Unión Estadounidense polas Liberdades Civís (ACLU) estaba detrás. Resultou que os avogados da ACLU se ofreceran para financiar un caso probatorio que desafiase a constitucionalidade da Acta Butler. Scopes foi o seu involuntario monifate, e os avogados comezaron a chegar a Tennessee por centos. A equipa da defensa incluía a Clarence Darrow, dudley Field Malone, John Nea, Arthur Garfield Hays, e Frank McElwee, entre outros. A acusación incluía a Tom Stewart, Herbert Hicks, Wallace Haggard, Ben and J. Gordon McKenzie, William Jennings Bryan,79 19 e William Jennings Bryan Jr. Antes mesmo de que o xuízo comezase, a ACLU conseguira o seu obxectivo de empregar a todos os avogados posíbeis, e a verdadeira traxedia do Xuízo do Mono de Scopes non é que promovese o ensino da Evolución, senón que foi o primeiro modelo da nosa sociedades dada en exceso aos litixios. Despois do xuízo, Scopes foi á Universidade de Chicago, onde conseguiu un doutorado en xeoloxía. Dedicouse a traballar posteriormente para a industria do petróleo, onde en 1932 coñeceu un xoven executivo petroleiro chamado Dick Cheney, quen fixo saber a Scopes que “algún día dominaría o mundo”.

79

Quen estaba preparándose aínda para o seu vergoñento discurso da “Cruz de ouro”, no que defende que os Piratas usaron os seus tesouros para forxar a primeira cruz cristiá.

124


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A Ovella Dolly: “Unha candonga” Esta ovella de nome en clave “6LL3” foi o primeiro mamífero que se clonou a partir dunha célula adulta. Creada no instituto Roslin de Escocia, “6LL3”, ou “Dolly”80, como a chamaron os gandeiros que colaboraron no seu nacemento, empregouse con ela a técnica da transferencia nuclear de célula somática. Utilizando a célula mamaria81 dunha ovella adulta, os científicos colocaron unha célula nun óvulo desprovisto de núcleo, e agardaron a que as dúas células se unisen. A continuación, as células fusionáronse nun embrión, e o 5 de Xulio de 1996 “Dolly” naceu. “Esa ovella si que gustaba de fuchicar”, dixo Seamus McKracken, un dos investigadores principais. “Con outras ovellas. Cos pastores. Mesmo co can ovelleiro. Era insaciábel”.

Os científicos sospeitan que a libido de Dolly foi o resultado de que era consciente de que o seu tempo no mundo non ía a ser moi prolongado. E certamente sufriu polo acurtamento dos telómeros das súas células, que herdara dos seus “pais”. Xa que a madre de Dolly era de seis anos de idade cando se tirou dela o material xenético, os científicos especulan que en termos xenéticos Dolly tiña xa seis anos cando naceu. Tiña artrite aos cinco, afeccións pulmonares aos seis, e un grave caso de gonorrea desde bastante antes. A dura realidade para Dolly.

80 81

Chamada así por Dolly Parton. En serio Do teto.

125


Orixe da luz e de toda vida.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A historia como nunca a contaran: As Guerras Pastafaris (Publicado orixinalmente na Inciclopedia por Frikipedio de Entrerredes, conde de Pedia.) “Poderán quitarnos a vida, mais nunca nos quitarán a liberdade!!!” — Mel Gibson sobre as batallas contra os cristiáns “Vive o Monesvor que vos derrotaremos” — Frikipedio sobre sas forzas cristiás “E poderán seguir adorando o Monesvor... no Inferno!” — Silvestre II sobre ou futuro dos pastafaris “XD“ — Frikipedio sobre as forzas cristiás “Monesvor é ou único que resiste as miñas patadas xiratorias... dúas veces” — Chuck Norris sobre o respeto á Súa Tallarinesca Divindade

As Guerras Pastafaris son a sucesión de batallas que tiveron lugar entre o ano 790 e 1000 (algúns autores sinalan o 1024) da nosa era en Europa.

Silvestre II antes de traizoar os pastafaris. Obsérvese o Monesvor bordado na súa vesti menta.

Consecuencias Destas batallas, decisivas na Historia de Occidente, resultou o dominio do Cristianismo en Europa, co que caeu no esquecemento o Pastafarismo que até entón fora a única relixión masivamente acep-

127


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

tada e practicada. Basicamente, o descontento de descendentes de certos patricios romanos que tiñan saudade os tempos do Imperio e os seus privilexios, aceso por certas decisións políticas, provocou a axitación de determinados sectores de a poboación, e culminaron, tras máis de 200 anos de enfrontamentos, na substitución de pastafaris por cristiáns no seo da Igrexa. Tan só a nova revelación do Monesvor a un tal Bobby Henderson en 2005 volveu traer o pastafarismo ás nosas sociedades. O Papa Silvestre II, máximo cargo na Igrexa Pastafari, ao chegar ao poder traizoou a súa relixión, pasándose da noite á mañá ao cristianismo, e fundando a Igrexa Católica. A extinción de todo rastro de pastafarismo no mundo decretouna na famosa encíclica Pastafarica Debaclem. As persecucións de pastafaris se estenderon ao menos até o ano 1024, no que se deixa de ter noticia desa antiga relixión. É por isto que algúns autores fan durar as Guerras Pastafaris até ese ano, mentres que outros citan como final a subida ao trono papal de Silvestre II. As Guerras Pastafaris tén o grande mérito de proporcionar unha serie de innovacións, políticas, relixiosas e tecnolóxicas que se puideron desfrutar desde entón. Algúns exemplos: Guerra Santa. A guerra entre pastafaris e cristiáns supuxo o primeiro grande enfrontamento relixioso que se coñece. Os seus grandes aportes foron: ·Intolerancia. ·Fundamentalismo. Grande cantidade de baixas. Un millón de mortos en 250 anos non está mal para a época. Aos poucos, durante as seguintes guerras quíxose igualar este recorde. As guerras do século XX por fin puideron superalo de lonxe. Innovación Axustizativa. O empalamento, a crucifixión, o desangramento... moitos son os métodos de morte que se desfrutaron entón e que chegaron a nós como un precioso legado. Radicalización. O contacto co Pastafarismo provocou que o Cristianismo se desfixese de características comúns a ambas relixións. O cristianismo forxou a súa personalidade rexeitando primeiro as orxías e logo todo o sexo, e proscribindo a pasta, que non volveu até a volta de Marco Polo dunha viaxe organizada a China. Outras vantaxes son a subordinación da muller ao home, o rexeitamento dos argumentos científicos, etc... Destrución de Obras de Arte. A partir de Silvestre II os cristiáns dedícanse en corpo e alma a destruír todo rastro de pastafaris-

128


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

mo. Por acréscimo tamén se cargan todo o anterior. Este feito permitiu renovar a arte dun xeito que tería sido imposíbel de conservarse todo ese patrimonio. Fin do pacifismo. Aínda que se defenderon como leóns, os pastafaris antes de aparecer o cristianismo eran pacíficos. A longa duración destas guerras e o posterior trunfo do Cristianismo permitiron vivir unha etapa gloriosa de máis de 800 anos de esquecemento do pernicioso Pacifismo. Títulos hereditarios. Os reis pastafaris elixíanse por votación dun consello de cabaleiros. O asentamento do Cristianismo permitiu os cargos reais vitalicios e hereditarios, moito máis convenientes e democráticos.

Representaci ón das pri meiras batallas pastafaris

Etapas Primeiras revoltas (772-789) Nun principio, os pastafaris impuxéronse dunha maneira máis ou menos pacífica á Relixión Romana. Mais parte dos resentidos daquela etapa, perdidos os seus privilexios ancestrais, xunto cos xudeus, masóns e outros, que tampouco estaban a gusto, foron alimentando durante xeracións un odio rabuxento para o Monesvor e os costumes licenciosos dos pastafaris. Na década dos 770, en Gondwana, a Igrexa Pastafari estaba moi organizada e substituíra o Imperio Romano en moitos asuntos buro-

129


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

cráticos, entre eles a recadación de impostos para o Imperio Gondwanés, que aínda abranguía grande parte da península Ibérica (Portugal, Castela, León e parte das terras do que hoxe coñecemos como América). Os restantes reinos e imperios, como o Imperio Asturíaco tamén tiñan a Igrexa como recadadora. A nobreza e algúns patricios, que en secreto profesaban a nacente herexía cristiá, toleraban a duras penas as recadacións mais no ano 772, o novo Papa Pastafari, Adriano I, decretou a abolición dos privilexios de avoengo, obrigando aos nobres e patricios a pagar a Roma unha porcentaxe do seu patrimonio. Os cristiáns na súa maioría eran nobres ou patricios con avoengo romano, e esta medida supuxo o comezo da revolta. Primeira Cruzada Pastafari (789-791) En torno ao ano 780 os cristiáns encirraban os campesiños para que se enfrontasen á Igrexa, e así mesmo tentaban con xoias e riquezas a cargos eclesiásticos. Aproveitando unha viaxe apostólica do papa, os cristiáns tomaron a espaguetense cadeira de Pedro en Roma e puxeron no seu lugar o papa herexe Anónimo I82. Esta foi a época da I Cruzada, na que exércitos pastafaris partiron de toda Pastafaria para loitar en Roma contra a herexía. Houbo moitas baixas, mais finalmente os cristiáns foron reducidos e hoxe en día nin se coñece o nome do falso papa. Parte da coñecida narración sobre Frikipedio está ambientada nesta época. O resultado da Primeira Cruzada Pastafari foi a aniquilación dos primeiros herexes. Hoxe en día pódese adiviñar parte do alcance deste holocausto visitando as famosas Catacumbas de Roma, onde se sepultaron os cadáveres dos cristiáns mortos na capital do país en forma de bota. Nos tempos finais da Primeira Cruzada interveu un exército improvisado pola parte pastafari, que con rabia puido conter o avance cristián. Dise que en grande parte, o pulo e valentía de Frikipedio de Entrerredes, conde de Pedia, amén de certo superpoder, foi o que permitiu realmente a vitoria.

82

Alias O Descoñecido. Curiosamente a memoria do seu nome perdeuse e repousa no anonimato.

130


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A Conxura de Xudas o Traidor (795-810) Non obstante non todo o exército cristián fora derrotado. Parte das forzas superviventes e outros novos recrutas reuníronse nos bosques da fronteira galego-asturíaca e formaron un terríbel exército capitaneado polo antigo Rei Pastafarísimo de Gondwana Xudas III, coñecido despois como O Traidor polos pastafaris e O Bo polos cristiáns. Outros campións cristiáns foron Ramonicum, antigo monxe pastafari e Sir Tedio Baptista, moi beatos e con coñecementos máxicos que lles permitían axitar monstros e dragóns contra os seus inimigos. Para poder facer fronte ás hordas cristiás o novo rei gondwanés Rataube I o Xusto contratou mercenarios, cousa bastante mal vista na época, xa que os seus exércitos estaban minguados, ora en Roma na Cruzada, ora cos traidores. O ataque dos Cristiáns Os xenerais de Rataube, Krusher, Frikipedio, Belcebú, Satanás e Lucifer, foron vistos como demos polos cristiáns. Souberon infiltrarse nas forestas do norte peninsular e deron caza á maioría dos herexes. O mesmo aconteceu noutros territorios. Mais un dia o exército católico, comandado polos supostamente mortos Xudas III e Silvestre II lograron destruír os Exércitos dos xenerais de Rataube, e o único supervivente foi Frikipedio, quen escapou até Coruvigo e contou ao exército o que pasou. Tras as derrotas inflixidas aos exércitos inimigos, finalmente os pastafaris se puideron alzar coa vitoria o día do Santo Apéndice, 25 de decembro, do ano 810. Trinta anos de paz sucederon a esta grande batalla. Mais no ano 844, probábel ano da morte de Frikipedio, ascende ao trono o papa Serxio IX, quen ten a peregrina idea de perdoar os herexes e tomar como amante a un cristián, en mostra de boa vontade. O amante de Serxio chámase León e en 847, despois da misteriosa morte de Serxio IX, ascende ao poder co nome de León V, quen promulga unha lei segundo a cal os cristiáns equiparan os seus dereitos cos pastafaris, e obriga a que todos os templos con certo tamaño teñan dúas zonas claramente diferenciadas: a zona de cristiáns e a zona de pastafaris. As revoltas populares non se fan esperar. León V provoca el soíño a Segunda Cruzada Pastafari.

131


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Segunda Cruzada Pastafari (847-855) Nesta segunda cruzada, a maior parte dos pastafaris acoden a socorrer a Roma, non sen antes agardar durante dous anos por se León V se arrepentía. Mais agora o dano é maior. O empeño dos cristiáns de atacar desde dentro do seo de a Igrexa segue demostrando estar xustificado. Grazas a que o Cristianismo, practicamente descoñecido até entón, imponse como opción nos propios templos, moitos xovens, e non tan xovens, convértense a esta relixión. Hai que ter en conta que o Cristianismo propuña unha vida casta e afastada do sexo. Esta mensaxe prende rapidamente nas almas... dos feos. Nesta ocasión, as tropas pastafaris, dirixidas por Inciclopea III, reina de Gondwana, descendente de Frikipedio e Inciclopea a feiticeira, condes de Pedia, chegan á Cidade Santa, que asedian durante tres anos. Finalmente, no 855 Roma é liberada, e o papa herexe León (santificado polos Cristiáns posteriormente) é axustizado. O novo papa pastafari, Benedicto III, fai retirar os carteis de división de culto cristián-pastafari nos templos. Os cristiáns superviventes foxen nunha longa diáspora, chegando finalmente a Transilvania, onde aínda hoxe existen descendentes deles. Curiosamente, os βαν πϖροσ (Ban Pyrós ou Queimados por Deus en lingua grecotransilvana) hoxe en día aborrecen as cruces, quizá pola persecución que sufriron a consecuencia delas. Transilvania foi o refuxio dos herexes. Nos corenta anos de paz desde a morte de León V, a comunidade cristiá finxiu converterse ao pastafarismo para poder sobrevivir pasando inadvertidos. Mais na sombra, os mensaxeiros transilvanos ían organizando o ataque. Novamente, as riquezas e os favores sexuais serviron aos cristiáns para comprar apoios. Os Catro Anos de Terror (896-900) Co papa Bonifacio VI, chamado O Breve, cuxo pontificado durou só 15 días, a Igrexa Pastafari viuse repentinamente debilitada. Os reis de todas as nacións pastafaris reuníronse en Roma para elixir novo papa. Mais foron vítimas dunha emboscada. Case nin a metade deles puido sobrevivir. Os cristiáns atacaron o Palacio Papal desde dentro, facéndose pasar por criados e cociñeiros. O novo papa, Estevo VI, foi obrigado a renovar o acordo serxiano, e os templos volven dedicarse ao 50% ao deus cristián. Mais cando, sobrados que estaban, os cristiáns obríganlle a lanzar un edic-

132


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

to que declare anatema contra o Monesvor, Estevo VI se suicida, e durante catro anos, os papas deixan de vivir en Roma. O papa imposto polos cristiáns, Anónimo III83, cumpre todos os seus desexos. Publica a encíclica Morite Pastafaria pola que todo aquel que posúa espaguetes, macarróns ou fideos debe morrer. Este papa, de orixe francesa, manda decapitar só en Italia unhas 100.000 persoas. Afortunadamente, nos territorios máis afastados de Italia, nos que aínda os cristiáns non conseguen dominar, organízase un exército que parte para Roma. É o chamado Exército da Santa Compaña Pastafari, que reunía gondwaneses, asturíacos, casteláns, portugueses, franceses, belgas, polacos e outros. A Terza Cruzada Pastafari ou Cruzada de Onipsis (900-914) As anteriores cruzadas eran case nin campañas de represión dos insurxentes, mais a Terza Cruzada Pastafari, a da Santa Compaña supuxo unha longa guerra, que durou catorce anos, con grande cantidade de baixas en ambos bandos. Os exércitos dos bos foron dirixidos polo rei Onipsis I o Misericordioso. Onipsis era un monarca de orixe transilvana, polo que coñecía ben a chusma cristiá. Enviado por eles como espía contra os pastafaris, unha vez en Gondwana axeonllouse ante o rei Barrabás II e... xuroulle lealdade eterna, descubrindo os planos herexes e confesando a súa firme crenza pastafari. As informacións de Onipsis permitiron unha primeira incursión con éxito en territorio inimigo e o apresamento de grandes continxentes humanos. Barrabás II morreu envelenado, inexplicabelmente, en poucos meses, e o talento político de Onipsis abriulle o camiño en dirección á coroa. Unha vez no trono, Onipsis I organizou exércitos de homes, mulleres e nenos contra as forzas cristiás e as cruentas batallas, que duraron unha década, sementaron Europa de cadáveres. Tras tomar Roma, Onipsis I organizou unha batida contra Transilvania, onde mandou empalar a uns 200.000 cristiáns transilvanos, non sen antes extraerlles o sangue, por humanidade, para que non morresen desangrados. Aínda hoxe a literatura popular lembra con cariño esta figura misericordiosa, ora ben confundíndoa en ocasións con Vlad Tepes, o 83 Alias O Intrascendente. O seu nome, bastante orixinal, nin sequera se conservou nos Anais cristiáns.

133


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

empalador, personaxe cruel e desapiadado que non merece compararse con este rei. A Pax Romana (914-939) No ano 914, por fin toda Europa volvía ser oficialmente pastafari. O papa herexe fora axustizado, e Onipsis I coroaba el mesmo o novo papa pastafari, Xoán X. Os cristiáns, que eran entón xa unha parte importante da poboación, con importantes colonias en Italia, Grecia, Alemaña, etc, obtiveron permiso da Igrexa pastafari para manter os seus cultos sempre e cando o fixesen en silencio e sen manifestacións públicas. O acordo selado polos líderes cristiáns moderados e a oficialidade pastafari satisfixo aparentemente a toda a sociedade e abriuse unha larga época de colaboración e paz, que foi chamada Pax Romana por selarse en dicha cidade. Mais na sombra, algúns líderes ían alimentando un odio mesto como a pez, acariciando en secreto o soño dunha Europa cristiá na que os pastafaris servisen de abono para a terra. As Guerras Diminutas (939-946) A estratexia seguida polos líderes cristiáns foi moi intelixente. En lugar de intentar enfrontarse como antano aos exércitos pastafaris, mantíñase unha aparente normalidade e pequenos grupos supostamente incontrolados eran os que atacaban igrexas pastafaris, escolas, universidades e bibliotecas, os centros de reunión dos crentes no Divino Monstro. Aparentemente, os cristiáns eran xente educada, amábel e que axudaban a todos, polo que atraían novas vocacións. Mais secretamente ían adestrándose para unha batalla final que tiña o valor de Guerra Santa, polo que os caídos nas refregas se supuña chegarían ao Paraíso directamente. A revolta contra Agapito Cando chegou ao trono papal Agapito II, a revolta estendeuse en toda Europa. Os “pastafaris” comezaron a protestar pola elección de Agapito, pois supúñase que o seu nome ofendía o deus cristián. Agapito intentou sen éxito zafarse dos reproches, ampliando os dereitos dos cristiáns, mais estes, seguindo un maquiavélico plano mestre, arremeteron contra a igrexa do Monesvor e as institucións da época.

134


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Houbo centos de milleiros de mortos, e Agapito, para poder calmar os ánimos cristiáns, reeditou o Acordo Serxiano, polo que os templos debían dividirse, se tiver tamaño suficiente, en dúas zonas, unha para cristiáns e outra para pastafaris. A Paz Agapitense (947-955) Con Agapito II instaurouse unha fráxil paz, lograda tras as concesións aos cristiáns. Mais a soberbia dos herexes, até entón perseguidos e agora perseguidores en moitas ocasións, provocou o malestar na sociedade pastafari. Os cidadáns de Pastafaria organizáronse secretamente e trazaron un plan que se puido realizar tras a morte de Agapito. O Trienio Sanguento (955-958) O novo papa, Xoán XII, coñecedor dos planos de rebelión cidadá, organizou unha persecución a morte de todos os cristiáns, sen previo aviso. En tres anos reduciu a poboación cristiá a unha terza parte da orixinal. Esta terríbel matanza recibiu o nome de Trienio Sanguento. Prohibiuse o cristianismo so pena de morte, e todos os herexes debían xurar fidelidade ao Monesvor ou morrer. Nin que dicir ten que isto non lle pareceu ben a todo o mundo. A Paz dos Xoáns (958-972) A política de represión sen piedade tivo continuidade nos seguintes papas e reis pastafaris, até Xoán XIII. A sociedade pouco a pouco ía recuperando os seus costumes pastafaris e unha certa normalidade, aínda que a brutalidade se instalara xa nos usos e maneiras dos estamentos oficiais. Moitos pastafaris avergonzábanse da súa relixión, que se traizoara a si mesma para repeler aos cristiáns. Nesta época, os cristiáns refuxiábanse na clandestinidade, amedrentados, e moitos pastafaris axudábanos a esconderse por simple humanidade. As orxías declaráronse obrigatorias, mais eran unha imposición política, e até os propios pastafaris comezaban a aborrecelas.

135


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A rebelión dos Monesvorianos (973-974) A ascensión ao trono papal de Benedicto VI veu provocada por un grupo de pastafaris ortodoxos, os Monesvorianos. Estes devotos da Súa Fideeza rebeláronse contra a política represiva dos papas anteriores e formaron fronte común cos cristiáns que vivían na clandestinidade. Invadiron o Palacio Papal e cominaron a renunciar ao papado a Xoán XIII, non sen antes separarlle a cabeza do corpo. Benedicto VI tomou boa conta das razóns destas xentes e decidiu instaurar unha orde nova na que a igrexa pastafari renovou as súas normas volvendo á esencia do que fora. A amabilidade e o amor polo pracer dos pastafaris volveron campar ao seus pracer por toda Europa. Respecto aos superviventes cristiáns, volveron ás condicións impostas polo seu predecesor Xoán X, e estes puideron saír da clandestinidade e practicar discretamente os seus ritos. A Concordia Final (975-1000) Nos últimos vinte e cinco anos de existencia do Pastafarismo na Europa medieval, a sociedade puido avanzar nunha era de paz e convivencia exemplares. Mais non foi así. Os patricios cristiáns, ávidos de poder, non toleraban compartir as riquezas cos pastafaris, mesmo aínda que o sucesor de Benedicto VI, Benedicto VII reeditou a división dos templos. Vistos os erros dos seus antecesores, os xefes cristiáns decidiron volver á máis antiga estratexia: gañarse a os mandos de a Igrexa e a Nobreza mediante ricas dádivas e facendas, promesas de poder e favores sexuais. Conseguiron pouco a pouco introducir xente da súa confianza en moitos altos cargos da Igrexa do Monesvor e a nobreza pastafárica, co que a traizón de Silvestre II ao ano da súa chegada ao trono non supuxo demasiado traballo.

136


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

O Desastre dos Pastafaris (1000-1024) Como é coñecido, Silvestre II pasouse ao Cristianismo de súpeto e publicou a encíclica Pastafarica Debaclem que ordenaba de facto a extinción de todo rastro de pastafarismo en persoas, animais ou cosas. Vinte e catro anos durou a persecución implacábel. Ninguén tivo piedade dos pastafaris, nin sequera dentro das familias. Xizouse un plano mestre no que, para evitar a volta desa relixión, moitos heroes se convertían en demos (como Belcebú, Satanás, Barrabás, Lucifer), ou se eran demasiado importantes se borraban definitivamente das listas, e a súa simple mención causaba execucións (Rataube, Onipsis, Krusher e por suposto Frikipedio). Os templos, belísimos templos, foron reducidos a cinzas ou transformados en lugares cristiáns. Os palacios arderon e tamén as bibliotecas, ximnasios, termas... nada ficou en pe. Finalmente, apenas un par de inscricións descoidadas en Grecia e o Corpus Frikipedicum en Gondwana restaron como testemuñas mudas da grande persecución. Até a propia encíclica que ordenaba o fin do pastafarismo foi destruída. Si. Todas as copias. Logo os monxes cristiáns, que substituíron aos pastafaris, e a Igrexa Católica, que adquiriu en poucos anos todo o poder da antiga Igrexa Pastafari, superándoa mesmo, encargouse de adaptar o relato histórico á súa maior conveniencia. O resto é Historia. Sabía que... ...as Guerras Pastafaris, pese a su indubidábel realidade histórica seguen a ser negadas pola Wikipedia? ...a guerra tal como a entendemos hoxe comezou nestas batallas? ...de no ser polo empeño de Serxio II en compartir os templos cos cristiáns, hoxe probabelmente teríamos orxías en lugar de Semana Santa?

137



PROPAGANDA

Gusto do voso Cristo. Non gusto dos vosos cristiáns. Os vosos cristiáns non se parecen ao voso Cristo. —MOHANDAS GANDHI


A verdadeira raz贸n pola que Google o sabe todo.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Guía Pastafariana de Propaganda GORA QUE COÑECE a ciencia e a historia detrás do Pastafarismo, está listo para saír a difundir A Súa Palabra. Con isto en mente, é importante recordar que unha das ideas centrais do MEVismo é a da inclusión. Calquera persoa pode ser membro, sen importar a súa idade, a súa raza, a súa vida anterior ou mesmo a súa relixión. Como dixemos antes, non baseamos as nosas crenzas en ningún dogma, e se o fixésemos teríamos que pensar que temos razón en todo. Só os parvos do carallo pensan desa maneira. E, por suposto, os pastafaris non somos parvos do carallo.

Así que lembre: os Pastafaris non somos parvos do carallo. Sinxelamente predicaremos A Súa Palabra, e que sexa a xente quen decida. Coa inclusión en mente, cremos que é necesario acercarnos aos membros doutras relixións, nun intento por mostrarlles as nosas crenzas. É posíbel que cristiáns, xudeus, musulmáns, hindús, budistas e xente de todas as demais relixións, excepto quizá os cienciólogos, estean dispostos a converterse despois de ouvir falar do Monesvorismo. Damos a benvida cos brazos abertos aos membros das outras relixións. E lembre a nosa garantía: Faga a proba por trinta días e, se non gusta de nós, o seu Deus probabelmente o aceptará de volta. Este é un detalle importante na difusión da súa Palabra. Se funciona na teletenda, sen dúbida vai funcionar coas relixións. A garantía de devolución de Deus debe ofrecerse sempre por adiantado. Isto demostra que estamos seguros das nosas crenzas e axuda a cimentar a confianza. A confianza é moi importante cando está vostede intentando mudar as crenzas de alguén. E xa que somos unha das poucas relixións que nunca ameazou os non crentes coa violencia, isto é todo o que temos. Antes de comezar a evanxelización, lembre esta advertencia:

141


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Teña coidado con aqueles aos que intenta converter. Os membros de algunhas relixións deben ser abordados con coidado. Como misioneiro debe seleccionar o seu obxectivo con precaución. Intente non afastarse de áreas concorridas. Desta maneira pode estar seguro de aproveitar ao máximo o alcance das súas conversións. Hai que presentarse de maneira educada e amigábel, a menos que vostede estea vestido de pirata, como debe ser, en cuxo caso debe lembrar que un tapaollo afecta á percepción de profundidade. Isto nos leva ao noso seguinte punto: Cando leve un tapaollo, lembre sempre que os obxectos poden estar máis perto ou máis lonxe do que parece. Esta afirmación é certa tanto física como espiritualmente84. Se está a falar cun mormón e el segue sorrindo amabelmente, asegúrese no perder de vista as súas mans. Pode que vostede pense que ten acurralado un Pastafari Potencial, mais poida que o seu interlocutor estea buscando a súa arma. Permaneza sempre alerta. Vostede está realizando a súa obra, mais Os Seus Protectores Apéndices poderían estar ocupados con outras cousas. Pregúntese a si mesmo: este tipo toma demasiados sorbos do seu refresco de laranxa? Está axexándome unha das súas esposas? Se vostede ten un mal presentimento, fuxa e viva para loitar outro día. Outras relixións poden ser prosmeiras: nós, non. De feito, deberíamos tomar algunhas notas dos Mormóns e das Testemuñas de Xehová. Por moito que á xente lle encante que as visiten en casa uns descoñecidos que lles digan que é moi probábel que vaian ao inferno, nós preferimos medios menos intrusivos para a labor misioneira. Nosos medios son sutís. Coñeza ben o seu público e elixa a mensaxe correcta. Isto é moi importante. Debido á natureza adogmática do MEVismo, existe certo debate sobre que lugares son mellores para a súa obra misioneira. Por exemplo, sabido é, os pastafaris parecen ter boa sorte encontrando adeptos nos campus universitarios, e algúns o achacan as dro-

84

O tapaollo é unha lembranza constante de que os demais non ven o mundo do mesmo modo que nós. Polo menos, de momento

142


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador 85

gas . Aínda que non hai dúbida de que as promesas dun Volcán de Cervexa e unha Fábrica de Strippers no Paraíso van ser máis eficaces con varóns universitarios que coas señoras da terceira idade86. Así que utilice sempre a súa cunca de fideos (o cerebro) e dirixe a mensaxe correcta ao público axeitado. Un par de exemplos poden axudar: • OS INTELECTUAIS tenden a apreciar que o MEVismo se basee en ríxidas observacións científicas. Con eles é unha boa idea citar probas da existencia do Monstro de Espaguete Voador. Pode usar estas Escrituras como axuda, mostrando aos intelectuais as imaxes, gráficos e diagramas deste libro, moitos dos cales parecen ser de natureza científica. Ademais, pode ser útil mencionar que nós os Pastafaris estamos involucrados nunha investigación moi importante, a que vincula o quecemento global coa diminución da poboación Pirata. • OS ANCIÁNS son os máis de máis fácil acceso por medio dos seus firmemente arraigados valores morais. O MEVismo é, en definitiva, unha relixión comparativamente conservadora. Mesmo aínda que non discriminamos, e aceptamos abertamente esas vidas pasadas e tendencias sexuais na nosa relixión, fágalles notar que as igrexas cristiás nos avantaxan con tantos relixiosos gays e lesbianas como tén, máis que nas do MEV. E aínda que non hai nada para nós respecto a ese fenómeno que nos chame a atención, parece que a moitos freguesas lles importa moito. Así que pode que sexa útil apuntar a ese dato estatístico cando queira aumentar a súa congregación entre os maiores87. • OS CATIVOS non son polo xeral xente demasiado formada intelectualmente, e poden ser facilmente convertidos ao Pastafarismo. Con mencionar os piratas o normal é que chegue.

85 Podería ser interesante acercarnos as clínicas de rehabilitación. Os cristiáns tiveron certo éxito con elas, e por exemplo o 90% dos drogadictos son cristiáns renacidos 86 Unha posíbel excepción é o ironicamente chamado “cinturón da Biblia”, rexión sur dos Estados Unidos, onde a maior parte das anciás son ben coñecidas por ser alcohólicas e lesbianas furiosas. Fonte: Jerry Springer. 87 Homosexuais, lesbianas, transexuais e asexuais son benvidos como calquera outra persoa na nosa Igrexa, e igual que os seus homólogos heteros poden ser sacerdotes sen problemas. Os homiliofílicos, persoas con atracción pola predicación relixiosa, tamén son benvidos especialmente entre o clero pastafari.

143


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

• OS FAMOSOS son un asunto interesante. Hai que pór neles un especial interese xa que cando un actor ou un músico adopta unha relixión é un signo seguro de que vai ser popular. Lle suxerimos que identifique un o dos obxectivos potenciais, Lindsay Lohan podería estar aberta ao Pastafarismo e Madonna, probabelmente, o estará moi axiña. Lle suxerimos que se acerque a esas famosas que parecen estar morrendo de fame, e lles comente que unha dieta alta en hidratos de carbono é xusto o que necesitan para restablecer a súa saúde física e benestar espiritual.

Interactuar cos crentes doutras relixións Agora imos repasar as diversas relixións e dar consellos aos novos misioneiros. Como se sinalou anteriormente, a interacción con outras relixións é un asunto delicado, xa que a maioría das persoas que xa encontraron unha relixión cren incuestionabelmente que a súa é a correcta. Isto débese ao feito de que as relixións maioritarias conseguiran convencer os seus seguidores de que a fe, crenza non apoiada por probas, é algo bo. E así, no proceso de conversión, por exemplo, de cristián a pastafari, non só ten que convencelo de crer nun Deus diferente, senón que tamén hai que convencelo de que a crenza sen fundamento, aínda que máis cómoda que pensar, non é a nosa forma de facer as cousas. Noutras palabras, rexeitamos un dogma pastafari categoricamente. Así que é posíbel que, mesmo se o seu converso potencial acepta a existencia do Monstro de Espaguete Voador, poida non estar disposto a abandonar a súa crenza dogmática despois de crecer afeito a que os seus valores morais os decidiran outros. Conquistar esa praza é moi difícil. Iso non significa que non o intentemos, claro. Aos pastafaris encántannos os retos. A elección dun obxectivo require de algo de psicoloxía. Algunhas relixións son máis abertas que outras. Por sorte, non é difícil discernir o que se considera aceptábel en cada relixión. Os MORMÓNS, por exemplo, prefiren falar da fe porta a porta cos descoñecidos. Disto dedúcese que, dado que é o método que elixen para as súas charlas, darán a benvida aos misioneiros pastafaris que chamen sen previo aviso ás súas portas. Suxerímoslles chegar o máis cedo posíbel, e de poder ser en fin de semana, para espertalos e dar unha boa impresión. Calquera persoa pode levantarse a mediodía, mais se necesita dedicación e carácter para facer visitas ás cinco da mañá. Os seus potenciais conversos exmormóns / grumetespastafaris é probábel que se dean conta disto e fiquen impresionados.

144


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Tampouco viría mal levar algo de refresco de laranxa, que para os mormóns é coma o crack. Ninguén sabe exactamente por que, mais os científicos din que probabelmente teña algo a ver coas anomalías provocadas por xeracións de poligamia endogámica. Pasando aos CRISTIÁNS, parece que a maioría non se dedica á labor misioneira porta a porta, así que imos supor que prefiren a privacidade dos seus fogares. Mais, en público, a cousa é ben diferente. Pódese encontrar os cristiáns propagando a súa fe pola cidade, en ocasións desde cargos públicos electos. Podemos deducir disto que os cristiáns valoran expresar a súa fe en público, e disto se segue que apreciarían esta conduta en membros doutras relixións, especificamente entre o MEVismo. Tomemos, por exemplo, un grupo de cristiáns nunha rúa do centro unha noite de venres, protestando respectuosamente aos pándegos con pancartas amábeis e nada axuizadoras como A TROULA ACABA NO INFERNO e ARREPENTÍDEVOS, PECADORES: A TROULA ACABA NO INFERNO. Estes mensaxeiros cren tan profundamente en compartir a súa interpretación da fe cristiá que están de pe horas pasando frío. Mentes tan abertas de xente tan xenerosa son obxectivos maduros para un intento de conversión ao MEV. Suxerimos imitar estas condutas todo o posíbel. Fagan as súas propias pancartas, mais coas nosas crenzas escritas nelas. Considéreno un intercambio cultural onde ambas partes poden aprender das crenzas do outro. E é unha grande oportunidade para explorar diferenzas e semellanzas en posteriores intentos de conversión. Por exemplo os nosos amigos da esquina pode que pensen que beber cervexa é malo, como se pode ver polas súas advertencias da condena eterna nos fogos do inferno, unha obvia mais non insuperábel diferenza co que nós dicimos, que é que a cervexa mola un cacho. E aínda que pode que haxa moitos puntos de vista opostos, seguro haberá semellanzas. Os cristiáns cren nun Paraíso que flota nas nubes, cheo de sol e felicidade e todo o demais, cun criterio de admisión establecido por un Deus xusticeiro, e a moral é determinante se che van deixar entrar ou che mandan a enfrontarte a un eterno lago de fogo ardente. Os Pastafaris tamén cren no Paraíso, así que xa ven que temos algo en común sobre o que comezar a construír algo. Aínda que é certo que o Paraíso do MEV é bastante diferente, e que inclúe un Volcán de Cervexa e unha Fábrica de Strippers, entre outras atraccións, eses son pormenores que non necesariamente tén por que

145


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ser revelados inmediatamente88. Os cristiáns constitúen unha boa porcentaxe da poboación mundial, así que obviamente imos ter que tratar moito con eles. A maioría, afortunadamente, non andan evanxelizando polas esquinas, esperando simplemente a que os convertan. Moitos son máis conservadores, e prefiren que lles digan unicamente como pensar en vez de dicir aos demais como deben pensar. Ao principio pode parecer que este grupo é ideal para ser asimilado pola relixión do MEV, e que poderíamos simplemente, en teoría, dicirlles que novas cousas tén que pensar. Mais lembren: o Monesvorismo é un tipo de relixión radicalmente diferente. Nós non dicimos aos demais como pensar e, nunca o diremos bastante, rexeitamos o dogma de plano. Os nosos principios impídennos afirmar que sabemos todas as verdades. En troca, apoiamos firmemente as nosas crenzas, contemplando a idea de que poderían estar equivocadas. As nosas crenzas están baseadas na pura observación empírica, e por tanto sería pouco honrado intentar converter os cristiáns, conservadores e apegados ao dogma, deste modo. Ademais, fágase notar que, aínda que aseguremos que a maioría dos cristiáns prefiren a crenza dogmática ao pensamento libre, en modo algún estamos menosprezando ou facendo de menos as súas crenzas. Hai que admitir que o dogma ten unha serie de funcións, primariamente o control social, e permite aos seus seguidores adoptar un conxunto ríxido de guías morais e de conduta. Para moita xente isto non é só reconfortante senón necesario, especialmente para os renacidos, a maioría dos cales estaría non cárcere se non fose pola mensaxe dogmática da Igrexa de deixar de facer algunhas putas loucuras. Estou seguro de non ser o único en dicir que prefiro ter os renacidos controlando as xuntas escolares que non roubando o estéreo do meu coche para conseguir drogas. A ese respecto, o dogma non é tan malo. Aparte dos toliños dos renacidos, e o máis lonxe posíbel de eles, moitos cristiáns aceptan a Igrexa por razóns lexítimas. Nalgúns casos, cren realmente que o que lles fan tragar é a verdade, así que non é para eles un problema. Outros aceptan a Igrexa pola cantidade de pensamento que se aforran con iso. E logo están algúns cristiáns que desfrutan cos beneficios sociais dun sistema de crenzas ditatorial, mais ao mesmo tempo en realidade non aceptan cegamente o que lles 88 Esta é unha práctica aceptábel en asuntos de relixión. Considere o número de cienciólogos eunucos, e como a igrexa sabiamente evita mencionar o requisito de que os varóns doen os seus testículos uns poucos anos despois de unirse a ela.

146


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

din que é a verdade incontrovertíbel. Estes membros de mente aberta son os nosos máis probábeis conversos á Igrexa do MEV. Esta xente non acepta a Biblia como unha verdade literal, e por algunha razón encontran pouco críbel, por exemplo, que a primeira muller humana se crease dunha costela, ou que toda a terra se inundase. En resumo, son cristiáns, mais non foran infectados polo dogma, e son por tanto aínda capaces de pensar libremente. Eles son os primeiros candidatos a se converter ao MEV. O problema, por suposto, é separar aos cristiáns moderados e abertos de mente dos dogmáticos cerrados de molleira. Por sorte isto xa o fixeran por nós. Só temos que visitar universidades e librerías, ou lugares parecidos, onde o pensamento independente estea protexido e onde as persoas intelixentes e educadas tendan a reunirse. Alí haberá pouca xente constrinxida polo dogma89. Estes CRISTIÁNS MODERADOS deberían requirir dun mínimo esforzo para a súa conversión. Xa que son de mente aberta e intelixentes, rapidamente verán os beneficios do sistema de crenzas baseado en probas empíricas. Unha relixión que ten nas súas máis prezadas posesións o rexeitamento total ao dogma non é moi probábel que se vexa infectada polos cerrados de mente, e os cristiáns moderados seguro apreciarán isto. Quizá non sorprenda que o principal escollo sexa o asunto de Xesús. Un converso totalmente disposto ao que xa lle gusta a ideoloxía, e probabelmente tamén os Piratas, pode que no se permita unirse porque sente unha conexión persoal co Xesús dos cristiáns. É comprensíbel. E lembren que non é cousa a nosa, como Pastafaris, dicir aos demais que as súas crenzas están equivocadas. A nosa misión é simplemente presentar as nosas ideas, non xulgar as dos demais, e desde logo non é impor as nosas crenzas aos demais. Por tanto, se é que se encontra nunha misión con un cristián moderado, creo que é apropiado indicar que o MEV, sendo todopoderoso, puido haberse disfrazado El Mesmo como Xesús, e pór en marcha os acontecementos que agora son a base do cristianismo. Se ese é o caso, e parece perfectamente verosímil, a conversión ao MEVismo sería máis consistente co cristianismo que adorar o Deus cristián como se fose o MEV. E xa por último, podería preguntar a un cristián moderado a pregunta que sen dúbida xa ouvimos algunha vez antes: Que faría Xesús? 89

Só unha coincidencia posta aí polo MEV, estamos seguros.

147


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Propomos que Xesús tería botado unha ollada a como van as cousas e se tería convertido ao MEVismo. As nosas crenzas e o rexeitamento do dogma son moito máis consistentes coa súa ideoloxía que o moito máis dogmático cristianismo dos nosos días. E encontramos difícil de crer que Xesús aprobase moitas das políticas promulgadas na súa defensa. E probabelmente tampouco se tomaría a ben as guerras que se tén loitado no seu nome. QFX? CAOMEV90 Os CRISTIÁNS RENACIDOS presentan unha serie de desafíos moi diferentes. Aínda que tecnicamente pertencen á fe cristiá, son unha entidade separada e encerrada en si mesma. Dubidamos en referirnos a eles como cristiáns, porque a súa conduta case non reflicte a da maioría dos cristiáns, que no están tolos. Os cristiáns renacidos son os máis dogmáticos de todos, porque o dogma en si é o que forma o seu sistema de crenzas. Os renacidos cren que todo o mundo necesita que lle digan o que facer, e sendo realistas iso é o único que os mantén fóra da cadea. Este grupo ten un poderoso sistema de crenzas, e han contarlles todo sobre el sempre que se presente a ocasión. Debido ás súas fortes conviccións dogmáticas, non aconsellamos ir polos renacidos de momento. É interesante notar que, no entanto, hai unha única cousa que os renacidos gozan máis que de dicir á xente que pensar, e son as drogas. Nalgún momento do futuro, despois que teñamos completado o noso Barco Pirata para as misións, deixaremos rastros de ampolas con crack desde as clínicas de rehabilitación ao porto onde estea amarrado o noso Barco Pirata, e iso conducirá aos renacidos até nós, porque papan o crack como o Pac-Man as boliñas amarelas. O último grupo cristián que consideraremos é os ATLETAS CRISTIÁNS. Estes soldados de Deus probabelmente sexan máis perigosos que os renacidos debido ao seu tamaño e resistencia. Deben se evitados a toda costa, e observados só por televisión ou na relativa seguridade dos nosos asentos nas últimas filas dun estadio ou polideportivo. Aos atletas cristiáns se lles pode ver orando en medio da cancha, campo u outra superficie despois do xogo, e son coñecidos por bater no peito e apuntar ao ceo despois de touchdowns, goles ou ca90

Converteríase Ao MEV.

148


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

nastras. Este indecoroso sentido da propia importancia é inquietante, comezando porque probabelmente Deus nunca ve os deportes91. 8 Se cren que de verdade El vai estar prestando atención cando eles “dan as grazas” nas súas entrevistas, probabelmente son mesmo máis parvos do que parecen. Respecto ao Monstro de Espaguete Voador, sábese que unicamente ve as carreiras NASCAR e en ocasións algún partido de fuchibol92. Como se non se explica a popularidade de NASCAR e a supervivencia en EEUU do fuchibol como deporte profesional? Mais non o sabemos seguro. Novamente, os atletas cristiáns son enormemente perigosos e estúpidos, e deben ser evitados a todo custo. Agora que falamos dos cristiáns, pasemos a outras relixións. É importante lembrar que, a pesar do que din moitos cargos electos, realmente hai outras relixións, e probabelmente estiveron por aí desde hai tempo. Vaiamos máis lonxe. O ISLAM é a segunda maior relixión no mundo despois do cristianismo. Certo, non vemos moitos musulmáns neste país, mais vemos moitos en televisión. Parece ser que moitos deles viven en lugares como Iraq e Afganistán. Isto é interesante de resaltar, porque algo da nosa grande labor misioneira se produce neses lugares, onde se encontra un sorprendente número de pastafaris entre os militares. Aínda que se cre que o presidente Bush enviou tropas a Iraq para encontrar ADM, é de coñecemento común que moitas das armas que su91

Se ve algo, só fará caso das noticias. Vexan a Diego Maranara e o seu “Apéndice de Deus”. Arxentina-Inglaterra, 22 de xuño, Mundial de México de 1986. 92

149


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

postamente buscaban foron a Irán e Corea do Norte. Así que, por que enviar tantas tropas ao país equivocado? Como saben, até hai pouco Iraq era un país gobernado por un goberno secular, con Saddam Hussein ao mando93. Oficiais de alta graduación dos EEUU predixeron correctamente que sería máis facilmente convertíbel ao Pastafarismo que, por dicir outro país, Irán. O programa para levar a súa Palabra denominouse no Pentágono como Operación Deidade Ondulante Multiapéndice, ou Operación DOM. Como o presidente Bush probabelmente dixo unha vez “Estamos a facer progresos en Iraq. Mais vai levar tempo”. Permaneza en sintonía para ver como vai. O HINDUISMO é outra grande relixión. Hai millóns e millóns de hindús na India. Só se necesita mostrar a un hindú a imaxe dun típico deus hindú para ilustrar a extrema tallarineidade dos seus apéndices. Iso debería funcionar.

O BUDISMO, como o MEVismo, é unha relixión extremadamente pacífica. Os budistas practican moito a meditación, e suxerimos que a mellor forma de que permitan que os toque O Seu Apéndice Tallarinesco é sinxelamente compartir a súa comida favorita. Despois dun par de saudábeis racións de pasta, miren o budista sumirse nun coma alimenticio, o que é moi parecido a experimentar a meditación. Cando saia del, seguramente terá recibido a iluminación. OS XUDEUS son un grupo interesante a considerar. Sen dúbida 93

Aínda que Saddam Hussein se parecía moito a un Pirata, fixo non era un pastafari.

150


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

son un grupo motivado, a miúdo cunha esmerada educación, e ben relacionado. Para os xudeus de grande erudición lean o anterior de “intelectuais”. Han deleitarse coas probas empíricas que lles ofrezan, e seguramente adoptarán o pastafarismo para si. Para os xudeus ortodoxos, fálenlles dos tzitzit94 que visten. Cóntase que o mesmo Moisés vestía un, e que as franxas recordaban aos Seus Tallarinescos Apéndices, así que só podemos supor que o Monstro de Espaguete Voador foi o primeiro en facer a suxestión. Os cabalistas actualmente tan de moda locen cordóns vermellos arredor do pulso para evitar o mal de ollo. O vermello é a cor da súa salsa, e o cordón é a forma dos seus espaguetes, o que proba que Madonna xa foi tocada pol’O Seu Tallarinesco Apéndice. O XAINISMO é se cadra a relixión pacifista definitiva. Non cre na violencia de ningunha especie. Só comen verduras. Algúns deles nin sequera visten roupas. Son como os preguizas (Bradypus variegatus) dos relixiosos. Acérquense a eles lentamente, porque pode que rompan a chorar espontaneamente. Fálelles mainiño sobre a non violencia e as políticas de inclusión total. Non mencione os Piratas. Ofrézanlles algo de ramen con verduras. Os xainistas soen estar caninos e agradecerán a comida. O XINTOÍSMO é a relixión maioritaria de Xapón95, aínda que é interesante aclarar que un grande porOs deuses hindús parecen centaxe de xaponeses practican tanmoldeados á imaxe do MEV. to o xintoísmo como o budismo. Isto fai do xintoísmo un obxectivo fácil. Simplemente, suxíranlles adoitar unha terceira relixión: o Pastafarismo. De novo, ofreza algo de ramen. Os xaponeses devecen por el. OS RASTAFARI están moi pouco organizados e non demasiado estendidos. Dado que unha grande concentración de rastafaris vive no 94 95

Unha veste tradicional con longos cordóns a colgar dela. Xapón é a patria oficial do ramen, que coincidencia.

151


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Caribe, un hábitat chave dos Piratas, os pastafaris e os rastafaris parece que se mesturan moi ben entre eles. O mellor para converter os rastafari é agardar. Cando lles entre a lareca de despois de fumar, ofrézanlles ramen. Mencione o ben que riman as dúas relixións. Mencione as rastas de Bob Marley e compáreas co MEV de Apéndices Tallarinescos. Na realidade, pensamos que moitos rastafaris xa son pastafaris. Os CIENCIÓLOGOS: é mellor deixalos á súa. En resumo, hai varias formas de difundir a súa Palabra. Dependendo da localización, pode ser máis seguro colocar folletos, trípticos, posters, etc., mellor que enfrontarse a descoñecidos. Mais, aínda que as octavillas e trípticos deixados anonimamente poidan converter a algunha xente, pode que non sexan suficiente par aqueles de mente escéptica. A nosa relixión é, despois de todo, difícil de aceptar nun principio. Mais ninguén dixo que a fe fose o camiño fácil, e ter varios paquetes de delicioso ramen, listo xa para facer en calquera momento, axudará. A evanxelización persoa a persoa é un método necesario para alcanzar a algunha xente que non se deixará tocar pol’O Seu Apéndice Tallarinesco a no ser que esteas aí con el e llo poñas diante da cara.

Un Apunte Final de Bobby a Respecto dos Minchiñas Sinceramente debo dicir que recibín moitas reaccións hostís sobre o termo minchas de xente xa ben crecida (aínda que ás veces gorda), máis mesmo que da propia “xente pequena”. Podería un pensar que a comunidade de xente pequena96 non está preocupada por tales miudezas da corrección política. E aínda que é unha explicación válida e posíbel, para ser completamente sincero, debería dicir que o meu ouvido non é moi bo, e que se unha persoa pequena enfurecida se enfrontase a min sobre o termo minchas, non me tería dado de conta, pois adoito estar mirando para diante. Sexa como for, até que chegue o momento en que un persoa pequena en persoa me pida que pare97, hei continuar usando o termo minchas tan a miúdo como for posíbel.

96

Localizados sobre todo no Polo Norte Suxiro tanto un sinal firmemente suxeito a unha regra de medir, ou na pouco probábel ocasión de dúas persoas pequenas, que consideren montarse unha sobre os ombros da outra. Garanto sen dúbidas a miña completa atención nestes casos 97

152


Folletos

Como intrépidos soldados do MEV, imos armados só coa nosa fe, numerosos casos de probas verificábeis, e quizá algo de ramen e unhas pancartas. Ademais, temos folletos, que reducen a nosa mensaxe a un pouco de información facilmente dixeríbel. Pase a páxina e siga lendo. Síntase libre de copiar estes folletos para a súa propia labor evanxélica. Considéreos como extensións da súa Tallarinesca mensaxe.

RAmén


Piratas e o grogue.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Monesvorismo Apalpouche xa co Seu Apéndice Tallarinesco?

llóns, e aumentando. Solemos ser moi reservados, pois moita xente opina que nosas crenzas non se basean en probas contrastábeis.

PROBAS CIENTÍFICAS El criou o mundo para facernos crer que a Terra é máis vella do que realmente é. Por exemplo, un científico realiza un proceso de datación de carbono sobre un artefacto, e acha que aproximadamente o 75 por cento do carbono-14 se desintegrou con emisión de electróns a nitrógeno-14, e infire que o artefacto ten unha antigüidade de aproximadamente 10.000 anos, xa que a vida media do carbono-14 parece que son 5.730 anos. Mais do que non se dá de conta o noso científico é de que cada vez que fai unha medición o Monstro de Espaguete Voador está aí para mudar o resultado co Seu Apéndice Tallarinesco. Posuímos numerosos textos que describen con detalle como isto é posíbel e as razóns polas que El o fai. El é, por suposto, invisíbel, e pasa facilmente a través da materia.

A IGREXA DO MONSTRO DE ESPAGUETE VOADOR Existen moitas teorías sobre o deseño intelixente. Moita xente por todo o mundo é da firme crenza de que o universo o creou o Monstro de Espaguete Voador. Foi El quen criou todo o que ves e o que percibes. Estamos convencidos de que as irresistíbeis probas científicas apuntan a que o proceso evolutivo non é máis que unha coincidencia, colocada aí por El. QUE MÁIS DEBO SABER? Temos probas de que o Monstro de Espaguete Voador criou o universo. Ningún de nós, por suposto, estaba alí para velo. Temos varios grosos volumes que explican o seu poder con todo detalle. Ademais, sorprenderíalle ouvir que xa somos dez mi-

155


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

CONCLUSIÓN

MÁIS PROBAS CON GRÁFICOS!!

Grazas por dedicar o seu tempo en ler sobre as nosas ideas e crenzas. Esperamos que este folleto consiga transmitir a importancia de ensinar esta teoría aos nosos fillos e a todo o mundo. Todos podemos albiscar o momento no que as tres teorías sobre a creación se lles conceda o mesmo tempo nas nosas materias de ciencias en todo o país, e posteriormente no mundo: un terzo para o deseño intelixente, un terzo para o Monstro de Espaguete Voador e un terzo para a conxectura lóxica baseada nas irresistíbeis probas observábeis.

Pode que lle interese saber que o quecemento global, os terremotos, os furacáns, e outros desastres naturais son o resultado directo do descenso do número de Piratas desde o s XVIII. O gráfico superior amosa o número aproximado de piratas en relación coa temperatura global nos dous últimos centos de anos. Como pode ver, hai unha sigfinicativa relación estatística inversa entre os Piratas e a temperatura global.

“Se o deseño intelixente se ensina nas escolas se debería dar o mesmo tempo á teoría do MEV e a calquera outra que non sexa a do MEV”. -Douglas Shaw, Ph.D.

E ISTO QUE VÉN A DICIR? Estamos seguros de que se dá de conta do importante que é que esta teoría se difunda. É imperativo en grado sumo que as probas contrastábeis son discrecionais do Monstro de Espaguete Voador. Máis aínda, é irrespectuoso ensinar nosas crenzas sen vestir o seu atavío elixido, que, por suposto, é toda a vestimenta Pirata. É difícil resaltar abondo o importante que é isto, e por desgraza non podo describir en detalle por que debemos facer isto así porque nos quedamos sen espazo. A explicación sinxela é que El se enfadaría se non o fixésemos así.

“Non sexamos hipócritas. Concedamos o mesmo tempo a outras “teorías” alternativas como o MEVismo, que é de lonxe unha opción máis agradábel”. -J. Simon, Ph.D. “Segundo a miña experiencia científica ao comparar as dúas teorías a do MEV paréceme máis válida que a clásica do DI”. -Ashin Behesthi, Ph.D.

156


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

verso. Despois crin, como os moriori, que o universo o crearon Papa e o seu marido Rangi ao abrazarse e ter fillos... De todos modos,as miñas crenzas se fixaron en... o Monstro de Espaguete Voador (MEV). Estou firmemente convencido de que os seus argumentos cumpren moitos dos requisitos da ciencia, e por tanto apoio a inclusión da proba da creación por parte do MEV no curriculum e estándar académico de Kansas”. -Sebastian Wren, Ph.D

O QUE DIN OS EXPERTOS

“Como científico, gustaría de dicir que a teoría cientificamente aceptada na actualidade é a Evolución. Mais propuxéranse algunhas ideas para competir con ela, tales como o DI e o MEVismo, e discutir se hai que incluír unha significa falar da outra, pois ambas son igualmente válidas”. -Mark Zurbuchen, Ph.D.

POR QUE DEBERÍA CONVERTERSE AO MONESVORISMO?

“Paréceme que a teoría do MEV é MOITO máis críbel que o DI sen o MEV, porque é a única das dúas que toma en consideración todas as discrepancias entre o DI e a realidade obxectiva e cuantificábel”. -Douglas Shaw, Ph.D.

-Laxos principios morais. -Cada venres é festa relixiosa. -O noso Paraíso é MOITO mellor. Temos unha Fábrica de Strippers E un Volcán de Cervexa. TODOS SOMOS AS SÚAS CRIATURAS

“Todos os puntos de vista sobre a orixe da humanidade deberían estar a disposición dos estudantes”. -Senador John McCain

-Como se criou o universo? -Cal é a orixe das especies? -Por que as probas empíricas parecen apoiar teorías como a Evolución, a gravidade e a mecánica cuántica? -Por que a Terra veu incrementarse o quecemento global, os terremotos, furacáns e outros desastres naturais desde o s XVIII? -Que pasa coa vestimenta Pirata completa?

“[A Evolución] non é un feito... É un caso de censura co que nos encontramos aquí. Se só ensinásemos a Shakespeare en clase de inglés, non sería xusto”. -Senador Chris Buttars

Abra a porta a estas respostas e moito máis!

“Houbo un tempo en que cría o mesmo que os aztecas, que o universo fora creado polos dous deuses, Quetzalcoatl e Tezcatlipoca, que atacaron e fixeron anacos a Muller Famenta para crear o uni-

157


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Carta aberta de Bobby Henderson á Xunta Escolar de Kansas

É por isto polo que hoxe lles escribo, para pedirlles formalmente que esta teoría alternativa se ensine en nosas escolas á vez que as outras dúas teorías. Se o deseño intelixente non está baseado na fe senón en outras teorías científicas, tal como aseguran, entón tamén deben permitir que se ensine a nosa teoría, pois tamén está baseada na ciencia, non na fe. Algúns encontran isto difícil de crer, así que quizá sexa mellor contarlles un pouco máis sobre as nosas crenzas. Temos probas de que un Monstro de Espaguete Voador creou o universo. Ningún de nós, por suposto, estivo alí para velo, mais temos varas versións escritas sobre iso. Temos varios extensos volumes que explican con todo detalle o seu poder. Tamén, quizá lles sorprenda ouvílo, somos xa uns dez millóns, e aumentando. Adoitamos ser moi reservados, pois moita xente afirma que nosas crenzas non se basean en probas

Escríbolles para mostrarlles a miña preocupación após ler que están considerando se a teoría alternativa do deseño intelixente se debería estudar á vez que a teoría da Evolución... Déixenme lembrarlles que hai varias teorías sobre o deseño intelixente. Eu e moitos outros ao longo do mundo somos da firme convicción de que o universo o criou un Monstro de Espaguete Voador. Foi El quen criou todo o que vemos e percibimos. Eu e como eu outra moita xente en todo o mundo somos da firme crenza de que as irresistíbeis probas científicas apuntan a que o proceso evolutivo non é senón unha coincidencia, orquestrada por El.

158


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

contrastábeis. O que esta xente non entende é que El construíu o mundo para facernos pensar que a Terra é moito máis vella do que é. Por exemplo: un científico realiza un proceso de datación de carbono sobre un artefacto, e encontra que aproximadamente o 75 por cento do carbono-14 se desintegrou con emisión de electróns a nitróxeno14, e infire que o artefacto ten unha antigüidade de aproximadamente 10.000 anos, xa que a vida media do carbono-14 parece que son 5.730 anos. Mais do que non se dá de conta o noso científico é que cada vez que fai unha medición o Monstro de Espaguete Voador está aí para trocar o resultado co Seu Apéndice Tallarinesco. Posuímos numerosos textos que describen con detalle como isto é posíbel e as razóns polas que El o fai. El é, por suposto, invisíbel, e pasa facilmente a través da materia. Estou seguro de que se dan conta do importante que é que esta teoría alternativa se ensine aos estudantes. É imperativo en grado sumo que se dean conta de que as probas contrastábeis son discrecionais do Monstro de Espaguete Voador. Máis aínda, é irrespectuoso ensinar nosas crenzas sen vestir o seu atavío elixido, que, por suposto, é toda a vestimenta Pirata. É difícil resaltar o bastante o importante que é isto, e por desgraza non podo describilo en detalle por que debemos facer isto así pois me temo que esta carta ficaría longa de máis. A explicación sinxela é que El se enfadaría se non o fixésemos así. Pode que lles interese saber que o quecemento global, os terremotos, os furacáns, e outros de-

sastres naturais son o resultado directo do descenso no número de Piratas desde o s XVIII. Polo seu interese inclúo para vostedes un gráfico que mostra o número aproximado de piratas en relación coa temperatura global nos dous últimos centos de anos. Como poden ver, hai unha sigfinicativa relación estatística inversa entre os Piratas e a temperatura global.

Quedo na espera da súa resposta con grande interese, e desexo sinceramente non ter que chegar a tomar accións legais. Penso que todos podemos albiscar o momento no que as tres teorías sobre a creación se lles conceda o mesmo tempo nas nosas materias de ciencias en todo o país, e posteriormente no mundo: un terzo para o deseño intelixente, un terzo para o Monstro de Espaguete Voador e un terzo para a conxectura lóxica baseada nas irresistíbeis probas observábeis. Xente intelixente Que Nos Dá A Razón “Un dos desenvolvementos recentes máis emocionantes da física é a coñecida teoría de cordas, na que as partículas subatómicas se describen como cordas microscópicas que vibran. Obviamente isto é correcto, aínda que o nome non é. Como revela a Teoría do Tallarín, El criou a materia do universo á súa propia e ondulante imaxe! Vos-

159


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

tede, eu, a Terra, as estrelas... todo está construído con millóns de pequenos tallaríns que se sacoden, microscópicas copias do noso facedor nadando na súa salsa. Páseno ben con isto e Ramén!” -Steve Lawrence, Ph.D.

“O Pastafarismo non é unha teoría científica, a pesar da súa adhesión aparente ao principio de incerteza de Heinsenberg, que afecta ás interaccións entre o observador e o observado. Non debería ensinarse como ciencia... a non ser, por suposto, que o creacionismo do DI se ensine en clase tamén, en cuxo caso da igual oito que oitenta. Que teñan sorte. Marcho á Vella Fábrica de Espaguete a rezar.” -E Scott

“Tendo examinado xa as moitas facetas do Pastafarismo, penso que as mulleres nel tén grandes posibilidades. Está claro que o MEV posúe aspectos tanto masculinos como femininos, con tantos “Apéndices Tallarinescos” e dúas albóndegas redondas que claramente representan os peitos da Gran Deusa Madre”. -Susana Johnston, Ph.D.

O Argumento Ontolóxico para o MEV P1. O Monstro de Espaguete Voador é o ser que posúe toda perfección. P2. A existencia é perfecta. C. Por tanto, o Monstro de Espaguete Voador existe.

“Como neurocientífico nunha clínica psicolóxica, decote me sorprendo do que moito que o cerebro se parece á pasta. Claramente a teoría do MEV paga a pena que se lle dedique atención. Ou polo menos un pedido suplementario de pan de allo. Que é máis do que podo dicir do DI (ID en inglés), que como nos ensinou San Sigmund, debe estar supeditado ao EGO (isto é así porque o digo eu)”. -James Blackburn, PH.D.

PARA MÁIS INFORMACIÓN E SABER COMO PODE AXUDAR DIRÍXASE A

www.venganza.orgr www.iglesiapastafari.es

160


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

BOTÍN Como Facer o teu Propio Esténcil de Pez Pirata MATERIAL Coitela ou adminículo de función similar Cartón fino ou cartolina. Cinta adhesiva Pintura en spray

Recorta a planilla que vén ao final do libro ou mellor búscaa por internet e non estragues esta xoia bibliográfica. Non sexas conas.

161


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Pega con cinta a planilla รก cartolina.

Recorta o Pez Pirata. Non esquezas o burato do nariz!

162


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

EstĂŠncil completo

Suxeita o estĂŠncil firmemente contra a superficie que queiras marcar e estende a pintura.

163


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Difunde a palabra por sitios interesantes.

164


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Como Facer o teu Propio Simulacro do Monstro de Espaguete Voador MATERIAIS Dous ollos saltóns Unha bolsa de gomas elásticas (unhas 50) Un limpador de pipas Dúas pelotas peludas de cor marrón Cola ou pegamento Tesoiras

O simulacro do MEV consiste nunha lazada de tallaríns, dous filamentos tallarinescos, e dous pedúnculos oculares. É mellor comezar por encolar os ollos saltóns ao limpador de pipas, pois secarán encanto fas os Apéndices Tallarinescos.

165


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Para comezar a túa creación, debes facer unha lazada tallarinesca cortando varias gomas e atándoas a unha goma sen cortar.

Unha lazada de tallaríns completa

166


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Aquí está a parte complicada. Usa unha goma cortada para atar a lazada de tallaríns ao limpador de pipas. Átaa de maneira que aperte na metade, para crear dous lazos nos que logo se poidan inserir as bolas peludas.

Os filamentos tallarinescos fanse do mesmo xeito que a lazada de tallaríns, excepto que atas os anacos de goma a unha goma cortada na vez de a unha sen cortar. Usa menos gomas para os filamentos e concéntraos ao final da goma cortada. Usa unhas oito gomas.

167


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Ata os filamentos de tallarĂ­n ao limpador de pipas, un en cada lado da lazada de tallarĂ­ns.

Insire as bolas peludas aos lados da lazada de tallarĂ­ns.

168


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Dobra o limpador de pipas para crear os pedĂşnculos oculares. Se os filamentos tallarinescos colgan demasiado, ĂĄtaos pola metade.

O simulacro do MEV completado.

169


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Recadación de fondos (Todo pola Pasta) INEVITABELMENTE O ASUNTO DO DIÑEIRO termina por saír, e a moitos ha custarlles crer que o MEVismo é unha relixión de gratis total: certo, non se esperan dícimos. Podería parecer que o noso Deus debería estar nunha mellor posición económica que Xesús, só por salientar un exemplo. Mais os lugares de culto, está claro, son caros, e o noso, un Barco Pirata, requirirá dun mantemento maior que unha igrexa convencional, aínda que os fondos provirán de doazóns non solicitadas antes que de contribucións dadas por sentado. Ningún pastafari terá que soportar a mirada dunha harpía de pelo azul pasando o cepillo, como é o típico entre outras relixións maioritarias. Se os membros non queren contribuír á causa, non tén por que facelo. Os que queiran vir polo papo serán benvidos ao Barco, aínda que está claro que non lles deixaremos tocar os canóns. Mais hai outros motivos polos que contribuír. Aínda así, non nos quitamos de pensar certas formas de recadar diñeiro para asegurarnos poder obter un Barco Pirata tan grande e glorioso como sexa posíbel. A venta de camisetas axuda, e tamén a de cuncas de café e autocolantes para coches é efectiva, mais o MEVismo é profundamente internacional, e unha igrexa que se desenvolve na Rede, e buscamos utilizar esas peculiaridades para atraer un moi particular vento favorábel.. A nosa idea para unha nova recadación de fondos a grande escala ten a ver coa viaxe no tempo e a lotería. Desde que se descubriu que o mundo é redondo, os científicos e exploradores saben que hai veces nas que é martes nun lugar mais en outros segue a ser luns. Planeamos voltar este feito, moitas veces ignorado, ao noso favor. Usando conexións a Internet ultrarrápidas teremos pastafaris estranxeiros digamos na mañá do martes mirando os resultados da lotería, que nos enviarán a nós que aínda estaremos en luns (isto é, no pasado). Este procedemento requirirá de moita colaboración por parte dos pastafaris, e estamos fixos de que sairá ben. Aínda que quizá algúns queiran cuestionar a ética dun plano así, nós defendemos que os nosos principios éticos son firmes e sólidos se os comparamos cun predicador evanxélico que obtén unha boa parte dos seus ingresos a partir dos cheques acabados de cobrar do seguro de desemprego e das pensións.

170


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Guía para as Festividades índa que todos os días que un pasa como Pastafari son de certo gloriosos, hai uns poucos días, habitualmente chamados “festividades “ ou “festas” cando celebramos a Súa Tallarinesca Presenza.98 A PASTUA é unha festa relixiosa análoga á festa xudía do Pessach e a Pascua dos cristiáns. Neste tempo anímase aos pastafaris de todo o mundo a comer grandes cantidades de pasta, normalmente Espaguete, que é cociñado “a súa imaxe” polos membros da familia disfrazados de Piratas. A Pastua celebra a ocasión na que o Monstro de Espaguete Voador comezou a tocar a xente co Seu Apéndice Tallarinesco. Moitas son as historias sobre esa ocasión memorábel que sobreviviron ao longo dos séculos, e é interesante resaltar que todas son completamente diferentes. Algunhas case nin se entenden. No entanto, e a pesar da versión de cada un da historia, todos os verdadeiros crentes comparten a pasta e realizan o ritual de Pasarse o Tapaollo, no que cada un na mesa vai dicindo por vez e co tapaollo posto por que se sente feliz por ter sido tocado pol’O Seu Apéndice Tallarinesco. O RAMENDÁN é análogo ao período islámico de xaxún, oración e caridade coñecido como Ramadán. O Ramendán chega nas mesmas datas que o Ramadán, e está claro que os dous períodos festivos posúen varias similitudes. No entanto, unha das maiores diferenzas entre os dous é que os pastafaris non xaxúan nin rezan, pois iso entraría en conflito cos seus laxos principios morais. En troca, os pastafari pasan uns poucos días do mes comendo unicamente pasta ramen recordando os seus días de penuria cando eran estudantes universitarios. Esta simple acción ensina aos pastafari a ser felices co que conseguiron, e se aínda non de98

Un bo número de días dedícanse aos santos da Igrexa do Monstro de Espaguete Voador. Aínda que non se mencionarán nesta sección, debemos corrixir un terríbel error: Giovani Rana non é un santo e, de feito, moitos dubidan que en realidade exista.

171


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

ron conseguido nada, polo menos a ser felices sendo pastafaris. Ramendán é a menos comercial das festividades pastafari, o que é dicir moito porque aínda non van ver El Corte Inglés decorado con motivos de Pastua en moito tempo. Ao final de Ramendán anímase aos pastafari a que doen o ramen que lles sobra aos máis necesitados. HALLOWEEN é unha festa pastafari importante porque honra o tempo no que os Piratas recorrían libremente a face da terra. Os Piratas eran O Seu Polbo Elixido, e a mingua nas súas filas tivo un efecto directo no mundo que nos rodea. Podemos supor con seguridade que a serie recente de terremotos, furacáns e outros desastres naturais, igual que a chegada do quecemento global, poden rastrearse até o alarmante descenso dos Piratas por todo o mundo. Os pastafari se visten frecuentemente de Piratas en Halloween e reparten lambonadas entre os pícaros. É certamente pouco coñecido o feito de que os Piratas orixinais eran coñecidos por dar lambonadas aos nenos, mais esta práctica foi decaendo a medida que os perseguían. Durante Halloween, os pastafari senten a necesidade de ir, se non polos Sete Mares, si pola súa veciñanza, buscando boas mozas e grogue. O DÍA INTERNACIONAL DE FALAR COMO UN PIRATA celébrase cada 19 de setembro e é unha grande ocasión para os pastafaris de celebrar as súas raíces piratas. Case igual que en Halloween se anima aos pastafari a buscar mozas e grogue nesta festividade; as lambonadas son opcionais. Se debe facer notar tamén que o Día Internacional de Falar como un Pirata debe ser un bo día para labores de proselitismo, pois o grogue amolece até a mente máis cerrada e fai que a xente se abra máis facilmente a puntos de vista alternativos como os do pastafarismo. Se estima que a metade das conversións anuais á Igrexa do Monesvor tén lugar neste día. OS VENRES son os días máis sagrados das festividades pastafari e celébranse cada semana. Durante este Día Grande, anímase aos pastafaris a tomalo con calma e, se é posíbel, que intenten tomar un pouco o sol. Os venres están dedicados aos ideais aos que comprometen o Volcán de Cervexa e a Fábrica de Strippers, e un non pode facer xa máis para honrar O Seu Tallarinesco Apéndice que observar os venres coa máxima piedade.

172


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

FESTAS OU PASTAFARIDADE engloba bastante ben todas as grandes festividades que celebran as outras relixións. As festas esténdense por case todo decembro e xaneiro, e é interesante considerar o moito que a relixión pastafari se difundiu no último par de anos. De feito, moitas escolas e negocios xa no se refiren a “O Nadal”, mais á “Temporada de Festas” dos pastafaris. Esta é unha proba determinante do noso rápido crecemento, e queremos dar grazas especialmente a Wal-Mart, El Corte Inglés e outras grandes superficies comerciais que rexeitaron xa o termo cristián “Bo Nadal” a favor do saúdo pastafari “Boas Festas”. Agradecemos o seu apoio. Os Monesvoritas que sexan seguidores da serie Seinfield poden integrar sen problemas a celebración do Festivus do 23 de decembro nas súas crenzas pastafaris. O día máis importante das Festas é o 25 de decembro, Día do Santo Apéndice. O 24 coñécese como Pastaboa, na que se comen os máis suculentos pratos de pasta coas antigas receitas Piratas.

173


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Quen leva os xoguetes aos nenos Pastafaris? Os pastafaris, aínda que respetamos os costumes pagáns e non interferimos con eles, preferimos as nosas propias tradicións da Temporada de Festas. Por iso a nós non nos traen os regalos ningúns Reis Magos nin un gordecho vestido de vermello. Cando un neno pastafari pide os seus agasallos de corazón ao Temíbel Pirata Roberts sabe que el está a ouvílo desde a súa casa no Polo Sur, e que se foi bo a resposta non pode ser outra que “Como desexes”. O Temíbel Pirata Roberts é tan fero e valente que non teme vivir na Antártida, a Terra Maldita do Monesvor, e sempre que ten que ir á súa casa debe loitar cos pingüíns asasinos que alí moran. O Capitán Roberts sulca os sete mares todo o ano conseguindo un bo botín que logo, coincidindo coa Temporada de Festas, reparte entre todos os nenos do mundo para a súa ledicia, como facían os nosos antepasados Piratas. Para os nenos que non se portaron ben, foron dogmáticos e non comeron toda a pasta do prato, o inimigo do Pirata Roberts, o minchas Vizzini, déixalles albóndegas de peixe despois de ser prosma con eles un bo anaco.

174



Nas Festas algĂşns pastafaris piadosos representan momentos chave na historia do MEVismo, como estes dous a escenificar o momento en que un fiel sentiu por primeira vez O Seu Apalpamento.


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

O Instituto da iluminación s Pastafari non fican a durmir na leira. Desde logo que temos xa un montón de probas, mais nunca nos deteremos en difundir a Súa Palabra (a non ser que sexa venres). Teoría de cordas: que toda a materia se crea como pequenos filamentos parecidos a tallaríns. Coincidencia? Os flaxelos das bacterias: pode algo tan complexo e parecido a un tallarín suceder por coincidencia? Herexía. Mais obviamente precisamos de máis probas da súa existencia, e por iso é polo que fundamos o Instituto da Iluminación, un think tank dedicado a demostrar os nosos razoamentos apriorísticos de que El existe, empregando calquera argumento enganosos e lóxica circular que sexa para conseguilo. No caso de que vostede non prestase atención, este acercamento é completamente lexítimo en asuntos de relixión, e foi gañando lexitimidade na ciencia controlada pola política. Esta importante tarefa foi asumida por algunhas das máis grandes mentes coas que contamos. O que segue son as probas que foran remitidas á sección de publicacións do Instituto da Iluminación, o Ciencia Creativa Trimestral, a primeira publicación en darse conta da evidente lexitimidade do MEV. Estes son os escasos resultados, moi difíciles de conseguir, dos máis grandes pensadores en activo do mundo actual.

177


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

O Caso da Igrexa da Inmaculada Indución Kelly Black DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS UNION COLLEGE, SCHENECTADY, NY RESUMO Os recentes esforzos da política por expandir o alcance da educación científica e traer a ciencia ao pensamento establecido creou unha grande cantidade de controversia. Unha das cousas que tristemente se perderan foran as relacións entre matemáticas e relixión. Aquí intentaremos imbuír unha maior esencia matemática na relixión á vez que explorar unha das súas implicacións inmediatas, a hipótese da inmaculada indución. INTRODUCCIÓN. Centrarémonos en imbuír unha maior sensibilidade matemática dentro da comunidade relixiosa e examinar as implicacións resultantes. Facendo isto acordamos que o deseño intelixente é un punto de vista válido, mais preguntámonos que é o que implica. Encontramos que implica unha secuencia finita de entidades todopoderosas e omniscientes a medida que imos atrás no tempo. O argumento básico é que a complexidade do universo coñecido implica a existencia dun creador. A unión do creador e da creación é un conxunto que é máis complicado que o universo por separado, e isto implica un creador do conxunto maior. Unha hipótese por indución segue inmediatamente a este acercamento. A motivación deste traballo provén de esforzos recentes para imbuír as ideas do deseño intelixente no temario científico escolar, o que atraeu moita atención polos medios de comunicación xeralistas. Por desgraza, ambas partes acusan a outra de cerramento mental. Neste xogo de tira e afrouxa as dúas partes deben mostrarse recalcitrantes para que o xogo continúe. A actual situación non resultou unha sorpresa para nós, a comunidade matemática. Estivemos moi ao tanto das inclinacións dos dous bandos. Observamos durante moito tempo os dous, e rexistramos esas tendencias durante moitos milenios. A propia comunidade matemática está composta por persoas que mostran moitos das trazas de ambas partes: fervor dogmático e relixioso combinado cunha suprema arrogancia,e observamos este terríbel conflito coa ominosa comprensión da dor que senten ambas faccións.

178


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

É por esta mesma razón que a comunidade matemática non pode seguir á marxe. En particular apuntamos á necesidade dunha maior ética matemática dentro da comunidade relixiosa a través dunha investigación preliminar do deseño intelixente. Isto pode parecer tendencioso, mais a íntima relación que se desenvolveu entre as matemáticas e as comunidades científicas (coa excepción da química, a bioloxía, a xeoloxía e a psicoloxía) está xa ben documentada e suxeita a un intenso escrutinio. A HISTORIA DA XÉNESE Sempre houbo algo de tensión entre a ciencia e a relixión. Ironicamente, esta tensión se centrou tendenciosamente nos pequenos detalles. O xuízo a Galileo sobre a súa aserción de que a Terra xira arredor do sol apóiase nunha simple, ambigua afirmación dentro do Vello Testamento. Homes de grande intelecto e paixón enfrontáronse por unha afirmación trivial que desde entón foi todo menos esquecida. Agora nós encontrámonos ante un enfrontamento parecido. De novo o choque se centra nun aspecto relativamente menor dunha narración moito maior. nesta ocasión é a historia do Xénese a que centra o conflito. Podería un pensar que a historia do Xénese versa realmente sobre o regalo que nos concedeu o creador. Este foi o regalo da creación, aínda que máis importante foi o do libre albedrío. Entregóusenos a creación e permitíusenos que a experimentásemos libremente nos nosos propios termos con todas as responsabilidades asociadas. É fácil pensar que a historia da Xénese se reduce a ser unha simple mensaxe de que é inmoral forzar unhas crenzas particulares sobre outras. Unha interpretación tan simple ignora o poderoso debuxo da historia da nosa orixe. É a historia da nosa orixe a que se converteu no punto focal do conflito. O esbozo primordial da pregunta sobre a nos orixe nos conduce de tal modo que está máis alá da razón o de poder explicalo. Os textos sagrados do cristianismo, do xudaísmo, o islam e outras relixións provennos de numerosos exemplos sobre as relacións que existen entre os débiles e os poderosos, os ricos e os pobres, e ofrécennos unha guía explícita sobre como deberíamos comportarnos uns cos outros. Antes que centrarnos en tan simples ideas que xa foran claramente articuladas en cada un deses textos sagrados, centrarémonos na moito máis difícil e importante historia sobre as nosas ori-

179


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

xes. AS MATEMÁTICAS DO CREADOR O noso único xeito de estudar o creador é examinando a creación. O universo é unha reunión de obxectos simples que cando se dispón xuntos representan un asombroso conxunto de interaccións. Somos capaces de estudar e xerar un entendemento básico dalgunhas pequenas partes, mais somos incapaces de comprender o todo. Por exemplo, encanto permanecemos dentro deste acuario que chamamos “Terra” aparentemente a luz nos alcanza, unha luz que parece ser se xerou hai millóns de anos en sucesos que tiveron lugar hai millóns de anos a unha escala espacial alén do noso entendemento. Ao mesmo tempo, a cinética molecular das proteínas nas nosas células mostran oscilacións caóticas non lineais que, tomadas en total, son o fiábel e resistente mecanismo de reloxería que fai posíbel a vida. Esta complexidade implica a existencia dun creador. Todo ao noso redor foi creado, e definimos a creación como “universo” ou máis formalmente como U0. O que iniciou a creación de U0 foi o ten todo o poder e todo o coñecemento de todo o que está dentro de U0. Todo o que está dentro de nós e máis alá de nós se contén U0, e por tanto é parte da comprensión e habilidades do creador. Ao mesmo tempo o creador, definido como C0, é parte integral da creación. Os dous non permanecen separados, senón que son parte da unidade do Grande Deseño. Se os consideramos xuntos definimos a unión de C0 e U0 como G0. De onde xurdiu G0? A sutil interacción encontrada dentro de U0 implica a existencia de C0. O cardinal de G0 é maior ou igual que o cardinal de U0, xa que C0 Ѯ a G0. Vemos que o creador, definido como C1, debe existir para poder explicar o intricado de G0. Da existencia de C1, deducimos que G0 debe ser contido dentro doutro universo composto de todo o creado por C1, ao que chamaremos U1. Si é posíbel que U1 sexa igual a G0, mais non necesario. De aí que teñamos que G0 Ӭ a U1. Sabemos agora a base da nosa hipótese indutiva: C1 iniciou U1. Definimos a unión destes dous conxuntos, C1 Ґ U1, como G1. Xa que o cardinal de G1 é maior o igual que o cardinal de U1, que foi creado por C1, ten que existir un C2, o que explica o intricado e complexo de G1. Procedendo desta maneira podemos concluír que G2 existe. Aplicar o mesmo razoamento implica a existencia dun conxunto contábel Gi onde Gi ӬGi+1 e asociado con cada Gi hai un creador, Ci. Deixa-

180


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

mos a declaración formal e proba da hipótese da inmaculada indución como exercicio para o leitor. Finalmente, a construción de Gi conduce a unha restra de corolarios tales como

que non imos explorar aquí. Deixamos isto como traballo a completar na esperanza de que provirá dun grande esquema para este novo e fascinante campo de estudo. CONCLUSIÓN Neste artigo examinamos as matemáticas da creación e descubrimos apenas unha implicación, a hipótese da inmaculada indución. Ter á nosa disposición o poder da análise matemática axuda a deixar en claro as conexións entre o sacro e o profano. Neste único exemplo estudamos as implicacións dunha simple verdade relixiosa: a complexidade e beleza do mundo que nos rodea implica a existencia dun creador C0. A través deste único exemplo vemos sen dificultade que o poder da análise matemática é un compoñente necesario de calquera educación relixiosa completa, e da razóns para un maior contido matemático se engada ás materias lectivas de relixión. Isto é necesario porque a práctica do estudo relixioso require a comunicación de ideais complexos con intricadas interaccións. O diálogo relixioso require que discutamos e compartamos a natureza do amor infinito e do infinito universo. Facendo isto sinxelamente non é posíbel compartir todo a ampla gama do sagrado sen a linguaxe matemática. Dito en claro, é autoevidente que a natureza do diálogo relixioso posúe todos as indicios dun Grande Deseño oculto. As intensas e complicadas interaccións de case todo o pensamento humano ocultan unha intelixencia subxacente que só se pode explicar coa presenza dunha intrínseca e oculta estrutura matemática.

181


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Un Argumento Teleolóxico Landon W Rabern DEPARTAMENTO DE MATEMÁTICAS UC SANTA BARBARA Proposición 1. O universo está demasiado estruturado para que evolucionase por casualidade. Conclusión 1. Existe un creador. Proposición 2. Todos os seres están sometidos á pasaxe do tempo. Conclusión 2. Os procesos do universo puxéronse en acción despois do momento no que foi creado. Proposición 3. Nada, nin sequera Deus, pode saber o resultado dunha situación no universo. Máis aínda, a incerteza aumenta co tempo que pase desde os parámetros coñecidos dunha situación. Conclusión 3. Se o creador quería facer o universo xusto como quería, entón tiña que facelo rapidamente. Proposición 4. Todo ser que cree un universo só para o seu pracer é un maníaco egotista. Conclusión 4. O creador foi un maníaco egotista. Conclusión 5. Xa que un maníaco egotista querería que as cousas se fixesen a súa maneira, debe, por C3, ter creado o universo extremadamente rápido; de feito, tan rápido como lle fose posíbel. Proposición 5. Se un creador puidese afectar a máis puntos do espazo simultaneamente, entón podería crear a estrutura do universo con maior rapidez. Conclusión 6. Un creador con máis apéndices podería ter creado o universo con máis rapidez que un con menos. Conclusión 7. Por C5, o creador fixo o universo tan rápido como lle foi posíbel, así pois tiña o maior número de apéndices posíbeis. Proposición 6. O universo é discreto. Conclusión 8. Hai un grosor mínimo na anchura dos apéndices do creador. Conclusión 9. Un creador con apéndices máis finos pode ter máis apéndices. Conclusión 10. Por C7 e C9, o creador ten o maior número de apéndices posíbel, todos de grosor mínimo. Conclusión 11. O creador foi o Monstro de Espaguete Voador.

182


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Proba da proposición 3: Proposición 7. O creador fíxonos para o seu pracer. Proposición 8. Non hai pracer en ser elixido por nós se non temos libre albedrío. Conclusión 12. Temos libre albedrío. Proposición 9. Se o universo estivese predeterminado, entón non habería libre albedrío. Conclusión 13. O universo non está determinado. Proposición 10. O creador dispuxo as condicións iniciais do universo. Conclusión 14. Por C13 existe incerteza no desenvolvemento do universo. Conclusión 15. Incerteza sobre incerteza trae cada vez máis incerteza e a medida que o tempo pasa o nivel de incerteza aumenta. Conclusión 16. A proposición 13 é verdadeira.

RAmén.

O Monesvor a observarnos. Parece aborrecido.

183


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Sobre Pasta e Pingüíns Toby Leonard, con axuda de Jason Braunwarth HISTORIADOR, ACADÉMICO E TIPO IMPORTANTE EN XERAL Existe unha proba irrevogábel de que o Monstro de Espaguete Voador (MEV) criou o mundo. Algunha xente mostra unha selección de fósiles como proba e logo aplican unha difusa interpolación para explicar ocos no rexistro fósil, uns utilizan seres supremos ficticios e outros aseguran que algún tipo de deseño intelixente o criou todo. Eu posúo probas de feito de que en cada continente todo o creado recibiu o toque do Seu Apéndice Tallarinesco. Outros mostran folclores exóticos para explicar “o seu Deus”, mais o MEV tocou cada continente e a todas as culturas, deixando a súa marca c’O Seu Apéndice Tallarinesco. Para pór en claro esta irresistíbel preponderancia de probas irei continente por continente para facelo comprensíbel mesmo para o dogmático máis obtuso. Para comezar, elixo o fogar lendario dos WASP (brancos, anglosaxóns e protestantes), Europa. Europa é o exemplo máis sinxelo do grande traballo do MEV. Podemos dar testemuño facilmente das numerosas pastas atribuídas a Italia, onde un pode encontrar o orixe contemporáneo “Monstro de Espaguete Voador” na pasta coñecida como “Espaguete”, cuxa etimoloxía é “cordiñas”. Esta pasta en forma de longo e estreito cilindro non é a única do menú: as formas e tipos varían enormemente e as salsas que as acompañan conducen a unha variedade de proporcións celestiais. Este é o exemplo máis comunmente citado como exemplo de probas a favor do MEV, mais hai outras que demostran a súa existencia antes que Italia descubrise a pasta. Certos accidentes xeográficos reciben o seu nome por El. A etimoloxía de Apeninos é Apéndice Tallarinesco, e o Danubio cos seus afluentes é idéntico a un Apéndice Tallarinesco. Mesmo ese enfonchados de franceses tén un incuestionábel fósil da Idade de Pedra, proba do seu traballo na “Pedra Achelense: Garfo Xiratorio para Espaguete” de Saint-Acheul, datada entre 1.000.000 e 300.000 a.e.c. Con isto reunimos probas incuestionábeis da súa man nas culturas humanas que datan tan lonxe como un millón de anos. Europa, como primeiro se discutiu neste ensaio, non é o punto de partida da historia pastafari. África, o lugar de nacemento da humanidade, é un continente que só agora se está descubrindo por arqueólogos pastafaris, e o seu potencial para prover de probas incontrovertíbeis sobre a manipulación do Tallarinesco só recentemente se está pondo de manifesto. Este pequeno descoido por parte da comunidade

184


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

arqueolóxica se exemplifica pola presenza de só dous feitos significativos no rexistro histórico. O primeiro é a presenza da súa propia versión de pasta, o cuscús mouro, que obviamente era maná do Ceo, e a súa forma e abundancia é reflexo do ambiente no que se come. O cuscús parécese á area, para harmonizar co deserto areoso no que os mouros vivían. Este é un exemplo de como o Monesvor é amábel e comprensivo ao dar a cada pobo o don da pasta en forma que se poidan identificar con ela. Sen ningún exemplo para o filamentoso Espaguete no hábitat, a xente non tería sabido que facer con un alargado tallarín, e así o MEV fixo que a súa pasta se parecese á arena e que así os pobos autóctonos puidesen comela. Por tanto as grandes dunas poden ser vistas como maná do Ceo en forma de grandes montículos de cuscús. O segundo exemplo é o antigo Exipto. Debido a un error de tradución da Pedra Roseta, a palabra para “xunco” substituíuse por “megagueti” (unha forma de Espaguete de grande diámetro), e de aí que os xeroglíficos se interpretasen incorrectamente como se mostrasen xente na colleita de xuncos na vez de facendo grandes feixes de megagueti. Dise que os fenicios construíron barcos de xuncos cos que navegaron os mares, e todo o mundo sabe que iso é imposíbel, mais calquera entende que os barcos de megagueti se auto selarían formando unha masa pastosa ao entraren en contacto coas cálidas augas do océano, producindo unha nave moi mariñeira e a proba de fugas. Pénsase que cos orixinais barcos de megagueti foi como comezou o comercio no Mediterráneo. Vemos por tanto que desde África o MEV tocou ao pobo do deserto e iniciou os grandes imperios comerciais. Crucemos agora o Atlántico cara os imperios do Novo Mundo. América do Sur posuía grandes civilizacións antigas. Tiñan ouro a esgalla, tiñan yamas llamas, ñame, chocolate, patacas, millo, cocaína, calendarios que só necesitaban un día bisesto cada poucos centos de anos, agricultura extensiva, e unha grande burocracia. Porén, faltábanlles tres cousas importantes que necesitaba toda civilización antiga: non sabían utilizar a roda, non tiñan cabalos e non coñecían a pasta. A vergoña de non ser capaces de facer rodar algo ou cabalgar xa era bastante grave, mais non poder comer pasta afecta á esencia mesma da sociedade. Tanto os incas como os aztecas intentaron compensar estas deficiencias: conquistaron outras tribos, amasaron ouro, construíron templos, apelaron a deuses menores, mais nada do que intentaron funcionou. Desesperados, principiaron cos sacrificios humanos para acougar eses deuses menores coa esperanza de conseguir un maior coñecemento dos tallaríns que os guiase. Esta estrate-

185


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

xia estaba condenada a fallar, e a chegada de Cortés acelerou a caída. Algúns académicos aseguran que foi a varíola a que varreu os exércitos de Moctezuma, mais non foi o caso. Cortés non levou a varíola, senón un paquete de finos e deliciosos espaguetóreos. Moctezuma, ao darse conta da súa carencia de espaguetóreos, ordenou ás súas tropas deitarse sobre as súas espadas pola vergoña. O 97 por cento da poboación suicidouse pola súa incapacidade para alcanzar a iluminación e os tallaríns causaron entre eles desesperación e un oprobio insoportábel. O outro 3 por cento eran uns covardes sen vergoña. Cortés, que non se cortaba á hora de atribuírse o mérito, o gañase el ou non, asegurou que conquistara a nación para España, reuniu todo o ouro e zarpou de volta. Mais foran os espaguetóreos os que conquistaron o grande Imperio Azteca. Dirixíndonos a América do Norte nos damos contan de que as civilizacións nativas xa foran tocadas por El. Unha das probas máis salientábeis da súa influencia é o álamo. O nome desta árbore provén do ojibwa (ou chipewa), do termo “aspe” que significa “árbore dos deuses que dá tallaríns, crece alto e recto e murmura no vento como os Apéndices Tallarinescos do Gran Voador” (unha pequena nota á marxe: os ojibwa eran moi bos acurtando palabras nunha simple palabra). A verdade que nos mostra esta árbore dos deuses é evidente en tanto que o álamo ten unha cortiza interna que pode ser extraída, cortada en tiras e cocida para facer un prato de tallaríns comestíbeis. Están moi bos cando se serven con bolas de pemmican feitas de veado. É moi parecido a uns espaguetes con albóndegas. Aínda que algúns estudosos afirman que é evolución converxente, nós sabemos que así o dispuxo o MEV. A primeira cultura colonial inspirouse nos dons que nos deu, incluído o don da pasta. Isto se expresa claramente na letra da canción infantil “Yankee Doodle puxo unha pluma no seu sombreiro e chamouna macaroni”. “Macaroni”... unha simple coincidencia para facer unha rima? Eu penso que non! É un feito histórico. O revolucionario Charles Kraft comezou a subministrar aos colonos macarróns Kraft e queixo a pesar dos ingleses, que insistían en que todo o mundo comese xamón e galletas. Tomar macarróns foi unha maneira dos primeiros colonos de dicirlle a través dos seus pratos ao Rei Xurxo que o seu fedía. O Monstro de Espaguete Voador deixou a súa marca na cultura nativa e axudou á Revolución Americana a dar un golpe contra a tiranía e a favor da democracia. Vaiamos agora a outra colonia inglesa, Australia. Australia é un continente descuberto hai relativamente pouco. Os europeos deixárono intacto até data moi recente na historia. O exem-

186


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

plo máis claro alí da guía do Apéndice Tallaríns do MEV é o canguro. Estes bulideiros marsupiais foron testemuñas do Grande, e están en camiño cara á iluminación. As pequenas crías de canguro son os “joeys”, e comprenden que voar como o MEV é o primeiro paso á deificación. Así que os joeys andan aos chimpos, tratando de permanecer no ar tanto como lles é posíbel nun intento de voo. Pasan os días pensativos intentando saltar o bastante alto para poñerse en voo e voar como o grande. Un grupo de canguros adultos transcendentalistas (e un tígger, unha criatura felina coa parte de arriba de goma e a de abaixo de resortes) conseguiuno e levitou polo ar como o MEV, a través da meditación. Este momento de recollemento rompeuse axiña coa chegada duns turistas xaponeses que facían fotos aos canguros voadores liderados polo tígger. Para recompensar os canguros pola súa fe o MEV fixo que aos turistas os comese Godzilla ao seu regreso a Xapón. As consecuencias non esperadas foron que as cámaras se perderon, así que as probas fotográficas de canguros voadores liderados por un tígger perdéronse para a humanidade. Por outra parte só hai probas menores e circunstanciais do seu traballo en Australia. A máis notábel entre estas probas é que aos árbores no asolado interior se coñecen excepcionalmente como de “cortiza fibrosa”, o que implica que recordan as súbitas aparicións do MEV voando boca abaixo, o que por certo é a razón pola que Australia se coñece como “alí abaixo”. Aínda que Australia está repleta de probas circunstanciais do MEV, só hai que viaxar ao norte para descubrir probas dunha natureza máis palpábel. China ten os tallaríns fosilizados máis vellos do mundo. A comunidade arqueolóxica descubriu unha cunca de tallaríns envorcada que se fosilizara hai mil anos, o que os converte nos tallaríns máis antigos do mundo. Hai noticias de sete cuncas de tallaríns fosilizados que datan do 8000 a.e.c., descubertos nunha provincia do sur, Yangtze, mais foron saqueados e acabaron servíndoos como “tallaríns fritos extra crocantes” na hora punta do City Wok de South Park, Colorado, cun recargo de 3’95 dólares. Todos os tallaríns que ficaban devorounos un neno refeito de nove anos con mala educación e peor carácter. Por tanto, a validez destes achados non pode ser verificada. Este só é outro caso de como o saqueo de antigüidades provoca perdas en toda a comunidade científica. Outras probas en Asia é a variedade de fideos e tallaríns que se poden encontrar alí: fideos curtos crocantes servidos como tallaríns chow mein en China, como pad thai en Tailandia, e o ramen en Xapón, por mencionar algúns. Os tallaríns, por tanto, son unha parte importante

187


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

da dieta en Asia. Para contrastar, iremos ao último continente, a Antártida.

Os pingüí ns son os ani mais máis perigosos do planeta.

A Antártida, a maldita, é o continente que para os pastafaris equivale ao Inferno da cristiandade. O Volcán de Cervexa conxelouse hai milenios, as strippers cóbrense con parkas acolchadas e pantalóns grosos, e todo está cuberto de neve e xeo. Os únicos habitantes nativos son os malditos por El. Alí enviara os que renegaran d’El, os pingüíns. Estes pingüíns, baixos e robustos, son os descendentes do minchas orixinal. O minchas encabuxouse co MEV por crealo tan baixiño, e fóra de si maldiciu o Grande en voz alta e con moitos xuramentos, posiblemente en antigo arameo. En represalia, o vingativo MEV enviou o rexeitado á parte máis fría do mundo, e metamorfoseou o dexenerado nun pingüín. O pingüín é o oposto a todo o que é piadoso. Ten ás, mais non pode voar. Ten aletas na vez de mans, mais é incapaz de tomar con elas tallaríns. Non come nada senón pescado, que é máis noxentos mesmo que as albóndegas de peixe. El criou unha terra que é incapaz de frutificar con nada que valga para fabricar pasta. O krill, o único co que os pingüíns poderían facer tallaríns, sabe mal. Por iso a Antártida é a terra das creacións rexeitadas, e até agora non se sabe de ningún pastafari que comese un pingüín, así que deducimos que a nosa relixión prohibe o consumo da súa carne igual que outras relixións tén tabús alimenticios.

188


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Aprendendo deste error, o seguinte que El fixo despois do minchas, foi un anano, que resultou ser todo un escaralle cando se emborrachaba bebendo do volcán e comezaba á vez a xurar e a facer as beiras ás strippers. Así que o MEV ficou cos ananos para alegrarse e que o distraesen. Distraeuse tanto que esqueceu o seguinte na súa lista de tarefas por facer: “crear quenllas que se alimenten de pingüíns”. Así que podemos ver as probas incontestábeis que deixan máis alá de toda sombra de dúbida que o Gran Monstro de Espaguete Voador o criou todo no mundo e que inflúe na Evolución ao longo da historia. Demostramos Herexía. que O Seu Apéndice Tallarinesco tocou cada continente e cada civilización arredor da esfera terrestre. Estas probas catalogáranse coidadosamente polos escribas designados nos grandes barcos piratas que nas súas viaxes arredor do mundo buscan probas arqueolóxicas do Grande. O único continente que evitan é a Antártida, pois saben que non deben ir: Shackleton, o explorador, trouxo de volta información do que os desagradecidos pingüíns intentaron facerlle a el e á súa tripulación cando ficaran alí varados. Estas probas repártense por todo o globo, e quedan de manifesto nos tallaríns chow mein de China, os tallaríns de álamo en Nebraska, os canguros voadores de Australia, e os grandes barcos de megaguetis dos fenicios. Isto debería deixar cerrado todo debate sobre a influencia do Monstro de Espaguete Voador.

189


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Teolóxebra do MEV IGREXA DO MONSTRO VOADOR DE ESPAQUETI: ÁLXEBRA Alexander Gross A ciencia profunda utiliza as matemáticas para probar teorías. Este artigo introduce a álxebra e a lóxica booleana dentro da teoloxía para probar que o Monstro de Espaguete Voador é un único e verdadeiro deus. O punto de vista que se mostra aquí fai que calquera outra filosofía pareza sen sentido e indesexábel. En realidade, ten o potencial mesmo de negarse a si mesma; santo Deus, que fixen? Antes de comezar a probar a deus, é necesario estenderse coa lóxica booleana e uns poucos operadores novos: O operador de entón-e-só-entón: && O operador de non-ou-nunca: ## O operador de en-efecto: ^ Estes tres símbolos defínense polas seguintes relacións, onde x é unha variábel de calquera dimensións: ∂∂x/∂&& + ∂x/∂## = && x ## = ## x && = ^ Ademais, hai que declarar varios símbolos relixiosos importantes: O operador de deus: A constante da iluminación: W O símbolo da relixión: Я O símbolo da fe: U Fagamos que o conxunto das relixións maioritarias sexa tal que Я ={‫׎‬ǡf, ,[,Z,]}, onde ‫ ׎‬é o ateísmo, f o Monstro de Espaguete Voador, [ o budismo, o cristianismo, Z o Islam, e ] o hinduísmo. Un simple vector alxébrico axuda a definir as ecuacións lóxicas relixiosas onde n < ∞ n Ѯ N:

‫ ׎‬ൌ ͓​͓ ൉ f = n + (1· ) [=W 190


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

=1· Z = (&& · ) ] = (n +n2) · A interpretación de n non é tan fácil como poderíamos esperar. Representa a cantidade de influencia que se cre exerce deus no cotián. Do hinduísmo, hai dous termos que contén n por causa do grande número de deuses nos que cren. A Igrexa do MEV ten un factor n porque o seu deus aínda está vivo. Os outros elementos de Я ou tén un mesías morto, ou ningún deus en absoluto. Como se darían de conta, unha diferenza de deus Δ (“delta deus”) está presente, e por suposto pódese calcular pola suma dos factores de todos os deuses: Δ = ## + 1 + 0 + 1 + && + n + n2 Δ = n2 + n +2 Esta extraordinaria ecuación cuadrática resolverémola ao final deste artigo. En xeral, o símbolo da fe defínese como a suma da influencia de deus sobre o mundo:

ò

U = n dn U=

1 2 ·n 2

... Conservación da fe

LEMA: Todos os elementos de Я presentan una profunda conservación da fe. Isto é similar á conservación da enerxía en física. En ocasións, alguén oficia un servizo relixioso ecuménico. Neste caso, a diferenza de deus é cero. Un pequeno excurso histórico nos leva a Ecumenes, quen foi o primeiro en probar tan importante ecuación. Ecumenes satisfacía todos os criterios dun ser humano, excepto o de existencia. Unha mágoa. Esa importante ecuación tamén permite resolver a ecuación cuadrática mencionada anteriormente: ∂. = 0 n2 + n +2 =0

… 1er principio de Ecumenes

1 · (1 / 4 - 2) 2 1 n = - · (-7·1 / 4) 2 n=-

191


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

n=-

1 ·i (-7·1 / 4) 2

n= -0,66 i

… 2º principio de Ecumenes

Lema: Resolver o primeiro principio de Ecumenes leva a introducir os números complexos na Teolóxebra do MEV. O seguinte problema ilustra o moi útil que poden ser os métodos matemáticos aplicados a asuntos non alxébricos. En xeneral, o gradiente resulta na dirección dunha estrutura multidisciplinar. Supondo que deus é unha estrutura multidimensional, a diverxencia de deus, escrita ѭ. , representa a vontade de deus. Aplicando a nosa estrutura booleana estendida no símbolo nabla, podemos definilo como a derivada despois de && (entón-e-só-entón) e ## (non-ou-nunca) e introducir o operador de deus: ѭ= (∂/∂ &&, ∂/∂ ##)T ѭ. = ∂ /∂&& + ∂ /∂## /∂x/∂&& + ∂x/∂## = && x ## = ^ ѭ. = && x ## = ^ /expresado en palabras: “Foi vontade de Deus.” Unha aproximación filosófica diferente a este asunto achéganos a unha pregunta: “Que é o que Deus quere realmente?” Isto é fácil de responder. Deus quere que a fe teña unha maior influencia e ademais gañala El mesmo. Isto resulta na segunda ecuación da vontade de deus: ѭ. = ∂U/∂n+∂ /∂n ѭ. = ∂(1/2 · n2)/ ∂n + ∂ /∂n ѭ. = n + (1 . ) ѭ. = -0.66i + (1 . ) ѭ. = f

/empregar a conservación da fe /resolvo as derivadas /empregar o 2º principio de Ecumenes f= -0.66i + (1 . ) = n + (1 . )

Expresado en palabras: “A Igrexa do Monstro de Espaguete Voador é a vontade de Deus”. Se pomos este resultado no que obtivemos antes resulta que a vontade de deus implica que ѭ. = && x ## = f f=^ Falando en romance: “A Igrexa do Deus de Espaguete Voador, en efecto”.

192


Loado sexa O Noso Se単or Tallarinesco!


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Os Piratas e a Fe Alexis Drummond É un triste feito para os pastafaris o declive mundial da Piratería. Isto desagrada o noso Tallarinesco Señor, o Monstro de Espaguete Voador, e por iso El mostrou o seu descontento facendo chover sobre nós máis e máis desastres naturais. O ano pasado mostra o moito que incorremos na súa ira, desde tsunamis a furacáns e terremotos, sen mencionar o sempre preocupante dilema do quentamento global. Mais para os que non estean versados no Monesvorismo, debe ser desconcertante que o noso grande e misericordioso Señor Tallarinesco tivese escollido os Piratas como os seus pastores. Para responder a esta pregunta, debemos volver aos días nos que eses nobres espadachíns navegaban os amplos océanos. Os Piratas son un grupo supersticioso e abundan as historias sobre as criaturas que se encontraban. Un famoso exemplo é o do mito de que ao encontrarse cos manatís, os Piratas os confundiron con sirenas. En realidade os nosos textos sagrados mostran probas incontestábeis de que as sirenas existen, mais o Monstro de Espaguete Voador, na súa infinita Sabedoría Tallarinesca, ocultóunolas para expresarnos a súa crecente ira. Mais estou divagando. Máis importante, hai un mito especialmente famoso por Vinte Mil leguas de viaxe submarina e as súas pelexas marítimas con luras xigantes. Por exemplo, durante décadas a única proba que a ciencia foi capaz de ofrecer foron espécimes mortos. Por que de repente despois de tan longa pesquisa, “se descubre” un vivo? E que é un lura senón unha criatura con moitos tentáculos e ollos xigantes? A verdade, a que os pastafaris coñecemos, é que o primeiro mito do lura xigante provén do Monstro de Espaguete Voador revelándose El Mesmo ao seu Polbo Elixido. Eles eran verdadeiros crentes no poder que El posuía e do seu Tallarinesco Poder, e así foi que El lles concedeu unha preciosa e incríbel oportunidade dunha audiencia. Tense especulado por moitos eruditos MEVistas que a primeira mención dun barco atacado por un lura enfurecido foi en realidade o Monstro de Espaguete Voador estreitando entre os seus tentáculos o barco, agradecido pola súa fidelidade, e un buque naval que pasaba perto, que esperaba arrestar a esas piadosas almas, confundiu o abrazo do noso Tallarinesco Señor co dun cruel monstro mariño en vez de ver o bo Monstro de Espaguete Voador cheo de graza que El é. Canto ás probas supostamente achadas polos científicos, somos da crenza de que o Monstro de Espaguete Voador criou un único

194


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

exemplar de lura xigante para comprobar quen é un verdadeiro crente. Para os sen fe, o aqueles cuxa fe é débil, o lura confirma eses mitos. Para os que entre nós cremos no Monstro de Espaguete Voador de todo corazón, sabíamos que isto no era apenas senón un falso mesías con nada máis que promesas ocas e un olor moi raro. É este último grupo o que será verdadeiramente recompensando por entender que o noso Tallarinesco Señor pode crear criaturas fantásticas como luras xigantes tan facilmente como El pode colocar “probas” de rexistros fósiles que parecen datar de centos de milleiros de anos, igual que facer que pareza verosímil que se integren nun proceso sistemático de evolución. Todos os espécimes mortos e infantís encontrados de lura xigante son por certo anacos do seu Apéndice Tallarinesco que El puxera ao descuberto, e por milagre d'El formou a criatura á súa imaxe, aínda que nada hai que se acerque á súa perfección e beleza. Agora que entendemos a importancia dos Piratas, podemos volver ao dilema do descenso do seu número no mundo. Certo, hai moitos Piratas de Internet descargando copias de música e películas, mais a irresistíbel maioría deles non se visten coas roupaxes aos que obriga tan nobre título. Xa que os MEVistas non consentimos ningunha transgresión nisto, polo ben deses individuos quereriamos aproveitar esta oportunidade para animar a calquera que tome parte nestas actividades a que se faga con un atavío adecuado para a súa profesión. Para terminar, os Piratas son unha parte esencial non só da nosa propia fe, senón do benestar de todo o noso planeta. Todo devoto pastafari debería lucir roupaxes piratas en cada festividade relixiosa, así como cando predique a Boa Nova aos que aínda non descubrían a graza salvífica do Monstro de Espaguete Voador. Despois de ver estas irresistíbeis probas e de ser tocados pol’O Seu Apéndice Tallarinesco, non podo imaxinar quen non querería dicir “quero unha vida de Pirata para min”.

195


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A proba do Pasteleiro I .R. Blackwell Se estivésemos camiñando xuntos pola praia collidos das mans, e encontrásemos aos nosos pes un pastel alemán de chocolate, sen dúbida que nos sorprenderíamos. A nosa estrañeza ao encontrar este sedutor doce provería do noso innato coñecemento de que os pasteis non xorden da arena espontaneamente. Un pastel debe ter un pasteleiro. Entendemos que os pasteis non aparecen aleatoriamente da nada pola súa forma e complexidade. Se lle quitamos o glaseado, substituímos a manteiga por ensalada de atún, o que temos non é esa deliciosa peza enfornada que chamamos pastel. Sería atún queimado e sen desconxelar, e sería moi desagradábel. Debe haber un Pasteleiro para o noso pastel, e ademais, xa que é un relucente e suculento pastel alemán de chocolate, tamén debe haber alemáns. Tamén polas mesmas sabemos que, como o pastel, o chocolate non se dá na natureza. O chocolate ten que ser creado por alemáns, un pobo que posúe o poder alquímico sobre a sustancia en cru que é o cacao para convertelo no divino elemento que coñecemos como chocolate. O proceso para facer chocolate é místico, como sen dúbida debe ser calquera proceso que cre tal delicioso produto. Os creadores do chocolate son case tan complexos como o propio chocolate, e seguindo esta lóxica comezamos a comprender que os facedores de chocolate (os alemáns) deben ter tamén un Pasteleiro. A maxestosa natureza do chocolate apunta claramente a unha orixe mística, e xa que o mundo está cheo de maxestade, comprendemos de súpeto que este Pasteleiro debe ser tamén a fonte dun grande poder espiritual. Este mundo, que é infinitamente máis complexo que un pastel, mesmo se é alemán e de chocolate, non pode acontecer por puro azar: debe haber un divino Pasteleiro. Hai formas e sentidos a distintos niveis que no se dan sen a intervención dun Pasteleiro, e o mundo está cheo de tales formas mixtas e con distintos ingredientes. A máis sorprendente destas formas é a dun Pirata. Nada senón o divino podería ter creado unha tan gloriosa criatura como o Pirata, non digamos xa un barco cheo de Piratas! Os Piratas só puideron ser creados polo divino Pasteleiro, quen, na súa sabedoría, aplicou distintos niveis de lóxica e organización a todo elemento vivo da existencia. Un Pirata está composto de varios elementos distintivos: o seu amor pola mar, a súa colorida vestimenta, a súa inesgotábel procura de botín, e o seu papagaio. O seu amor pola mar é algo complicado, pois, aínda que ame á señora do mar, rompendo a

196


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

súa doncelez con cada golpe de proa, tamén a engana, o que fai que ela lle envíe tormentas e perigos. Un Pirata ten un traxe pintoresco: cintas e aneis de ouro que non son porque si, senón que tén unha forma e función creadas especificamente para o corpo dos Piratas. A súa ansiosa procura de botín raia coa obsesión, sempre na procura de illas ocultas que se rumorea contén un tesouro maldito. Parece contraditorio que un Pirata poida buscar tesouros malditos, mais iso en si mesmo é proba do plano divino do Pasteleiro. Até o papagaio que repousa no ombreiro do Pirata está conformado maxistralmente, unha criatura capaz de imitar as mesmas palabras do Pirata, conferíndolles un ominoso peso ao seu significado. Tal paxaro non se podería ter creado nun proceso nos que dos elementos dunha sopa primordial na xoven Terra ao pasar correntes eléctricas nun proceso no que os estimulase para formar unha variedade de moléculas, incluíndo unha molécula autoreplicante, que, co tempo, produciu variedades que competiron con outras polos recursos, volvéndose mesmo máis complexa a través da competición e a mutación, algunhas delas desenvolvesen estratexias que incluísen a cooperación como vantaxe no proceso de replicación, unha vantaxe que produciu un todo interactivo que puido desenvolver membros para os movementos, células sensíbeis á luz que terminarían por ser ollos, e brillantes plumaxes de cores para atraer as parellas e así continuar o proceso de replicación orixinado nesas moléculas básicas autoreplicantes da sopa primordial. Non! Esa explicación é de lonxe demasiado complexa para ser acertada e, sobre todo, non entendo nin eu o que acabo de escribir, así que debe estar equivocada. O que eu entendo é o do pastel. O pastel, especialmente o alemán, está boísimo, e fíxoo un Pasteleiro. A teoría da ciencia especula que para a creación de todas as cousas houbo un Big Bang, unha Grande Explosión. Non podemos ver que isto é unha Grande Explosión do Sabor do Pasteleiro? Que pasa co Pasteleiro? Quen, ao principio do tempo, enfornou todas as cousas, fixo o amoado, e pasou o rolo ao mundo, dándolle un centro quente e unha codia crocante? Quen foi o Pasteleiro, esa divindade elemental que criou o mundo? A nosa única explicación para este Pasteleiro é o Monstro de Espaguete Voador, a criatura que misticamente enfornou o mundo e lle deu ser. Homes santos co don da visión foran capaces de discernir as ensinanzas do Monstro de Espaguete Voador. E estes homes santos son bos tipos porque che deixan un billete de dez ou por convidar a unha cervexa. Dicir que están trabucados, que a súa predicación non é un feito contrastábel, é dicir que son uns mentireiros e uns malvados, o

197


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

que non vou consentir que diga vostede nin ninguén sobre os nosos homes santos. Os científicos aseguran que a creación da Terra tivo algo a ver coas matemáticas ou a química. Eu acho irritantes as ciencias físicas e eses científicos, ningún deles me emprestou nunca un billete de dez, son uns preas fachendosos cegos á verdade do Monesvor. Cantos elefantes terán que morrer para as súas torres de marfín? Bandallas... As probas do Santo Pasteleiro están no mundo, no pastel e no chocolate. Os científicos dinos que o mundo era unha sopa, cando eu creo que é claramente un pastel con varias capas. Eles tén a idea da sopa, e eu teño unha teoría que apoia un pastel. Quen, senón o divino, que realmente estivo alí, podería dicir quen ten a razón? Os pasteis fanos os pasteleiros mortais, o chocolate fano os alemáns divinamente, e os Piratas son inexplicabelmente complexos. Todos estes factores lévannos á conclusión de que o noso mundo foi creado polo Monstro de Espaguete Voador, quen, na súa sabedoría, nos enfornou a todos.

Evite o quecemento climático converténdose en Pirata. Se non o fai por si, fágao polos seus fillos.

198


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

A Piratería como Prevención de Ciclóns Tropicais Xacob D. Haqq-Misra DEPARTAMENTO DE METEOROLOXÍA UNIVERSIDADE ESTATAL DE PENNSYLVANIA Michael B. Larson DEPARTAMENTO DE FÍSICA E ASTRONOMÍA UNIVERSIDADE DE WYOMING RESUMO As recentes temporadas de furacáns caracterizáranse por intensos e frecuentes ciclóns tropicais. Unha das causas é a elevada temperatura da superficie do mar, provocada pola diminución de afloramentos de auga fría das profundidades. Demostraremos que a actividade en declive dos Piratas resulta nesa falta de afloramentos. Isto indica que a única solución viábel aos intensos ciclóns tropicais é incrementar a actividade Pirata. INTRODUCCIÓN A capacidade de destrución da temporada de furacáns en 2004 e 2005 espertou a vén de esperar a concienciación pública e científica das consecuencias a longo prazo do quecemento global. Aínda que a relación entre a forza dos furacáns e o quecemento global segue as ser especulativa, traballos recentes mostran que os furacáns se intensificaron nos últimos trinta anos (Emmanuel, 2005), con aumento do número de categoría 4 e 5 e descenso nos clasificados como 1 e 2. Emmanuel (1987) defende que a intensidade dos furacáns está en función da temperatura da superficie do mar (SST en inglés), que, por suposto, aumenta encanto o fai a da Terra. Mais outros factores son tamén importantes. Lighthill et al. (1994) apuntan a que encanto se necesita un SST por baixo dos 26ºC para a formación dun ciclón tropical, outros factores contribúen na a súa formación e intensidade. O aumento na temperatura media global correlaciónase co descenso na poboación mundial de Piratas, como é evidente na figura seguinte. (Henderson, 2006)

199


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

PIRATERÍA E AFLORAMENTOS A Piratería fai descender a SST media inducindo afloramentos de auga fría do fondo do océano. Varias actividades Piratas contribúen a estes afloramentos. Estas inclúen renuncias involuntarias da tripulación, interaccións entre navíos, e a transmisión de oscilacións acústicas (Bligh, 1789; Stevenson, 1883). As renuncias involuntarias da tripulación (RIT, ou “camiñar pola táboa”) refírese a cando un Pirata ou cativo é lanzado á forza desde o barco á auga. Isto provoca un afloramento pola acción da auga desprazada polo suxeito (Arquímedes, 250 a.e.c., aprox). As interaccións entre navíos (IEN, ou “combate naval”) consiste na transmisión de proxectís entre navíos, o que resulta na destrución das cubertas. Os proxectís perdidos e o afundimento de partes dos barcos provocan os afloramentos. A transmisión de oscilacións acústicas (TOA ou “cancións de mariños”) tiñan como propósito orixinal elevar o moral dos Piratas encanto vogaban, e foron asumindo funcións rituais coa axuda de substancias externas, como a cervexa. As TOAs producen afloramentos ao alteraren a superficie do mar. Isto aumenta o movemento de grandes entidades biolóxicas (“peces” ou “baleas”), o que produce o desprazamento.

200


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

RESULTADOS DO MODELO Modelizamos o afloramento inducido por Piratas usando o modelo de circulación oceánica PARROT (PAPAGAIO) (Piratic Activity Realization Rate of Oceanic Tendencies)99 (Haqq-Misra et al., 2006). Este modelo ten unha definición de 0,5 grados e reproduce fielmente as correntes oceánicas a día de hoxe (mapa anterior).

Simulamos un afloramento inducido por Piratas normalizado (en unidades de afloramento Pirata ou uap) sobre as tres categorías de afloramento descritas anteriormente. Un caso de RIT produce un 99

Porcentaxe de Éxito da Actividade Pirata nas Tendencias Oceánicas

201


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

uap. Unha IEN produce un número variábel de uap. Empregamos unha distribución maxwelliana de 1.000 uap. É de aclarar que un IEN pode producir múltiples RIT. As TOAs producen un afloramento continuo dependendo da densidade local de Piratas e da actividade biolóxica do océano. A media mundial de TOA é de 0,5 uap/día. Calculamos a actividade Pirata media de 1605 a 2005 para cada cuadrícula oceánica. Aínda que a recente actividade Pirata é débil e concentrada na costa Somalí (BBC, 2005), a Piratería historicamente concentrárase no Caribe (Bruckheimer, 2003). Isto é consistente cos resultados do noso modelo, que produce afloramentos significativos inducidos por Piratas na conca atlántica. (mapa anterior). DISCUSIÓN Demostramos que a actividade Pirata produce afloramentos. É por tanto obvio que co diminuír da poboación Pirata isto resultará nun menor afloramento oceánico, especialmente na conca atlántica. Tal como fixo notar a temporada de furacáns de 2004 e 2005, o descenso de afloramentos provoca unha SST maior e ciclóns tropicais máis intensos. O noso modelo PARROT predí que se a tendencia a descer da Piratería continúa, os ciclóns tropicais se intensificarán. A temporada de furacáns pode que tamén se alargue debido a maiores SST. PREDICIÓNS E EXPERIMENTOS O modelo PARROT non foi verificado experimentalmente. Por tanto, predixemos o afloramento e impacto global resultante dun simple RIT. Aínda que os efectos dun RIT dependen da masa de quen foi lanzado, o noso modelo predí unha redución de aproximadamente o 10 por cento do número das tormentas tropicais que chegan a recibir nome na conca atlántica na temporada de 2006 como resultado dun relativamente pequeno RIT na costa do norte de Puerto Rico entre o 9 e o 13 de marzo de 2006. É a nosa intención verificar experimentalmente o PARROT provocando tales RIT. Ao menos un dos autores deste artigo estará presente no experimento, para medir exactamente os uap exactos que se produzan.

202


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

CONCLUSIÓNS Demostramos que o descenso da Piratería contribúe a aumentar a intensidade dos ciclóns tropicais. A única solución viábel é aumentar a actividade Pirata, especialmente na conca atlántica. Propomos que os RIT e os TOAs son preferíbeis aos IVIs, porque permiten un control máis preciso dos efectos de afloramento. RECOÑECEMENTOS Agradecemos ao Monstro de Espaguete Voador que nos inspirase para este traballo e a Robert Henderson por defender a Piratería como medio de loita contra a mudanza do clima. REFERENCIAS -Arquímedes (de Siracusa), 250 a.e.c., aprox. Sobre corpos flotantes. Siracusa, Grecia. -Bligh, W. 1789. Bitácora de H.M.S. Bounty. Royal Navy, Londres, RU. -British Broadcasting Corporation. Nov. 25, 2005. “EEUU firme na súa loita contra os piratas somalís.” Londres, RU. -Bruckheimer, J. 2003. Piratas do Caribe. Disney Enterprises, Orlando, Fla.,USA. J -Emanuel, K. A. 1987. “A dependencia da intensidade dos furacáns co clima.” Nature, 326, 483-485.. 2005. “Destrutividade crecente dos ciclóns tropicais nos últimos trinta anos.” Nature, 436, 686-688. -Haqq-Misra, J. D., et ao. 2006. Un modelo predictivo de circulación oceánica. En preparación. -Henderson, R. 2006. O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador. Villard, New York. -Lighthill, J., et ao. 1994. “Ciclóns tropicais e Mudanza do Clima Global.” BAMS, 75, 2147-2157. -Stevenson, R L. 1883. A illa do tesouro. Dominio público, múltiples edicións.

203


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Vida, Complexidade de Kolgoromov e Deliciosos Espaguetes Nick Moran Para comezar, miremos as formas de vida que podemos encontrar no planeta. Todas mostran un certo grado de complexidade que non se encontra na materia inerte. Un can é moito máis complexo do que unha pedra. Para expresar isto, podemos usar o concepto de complexidade de Kolgomorov. Os seres viventes posúen unha alta complexidade de Kolgoromov, porque os seus ADN son indubidabelmente incompresíbeis. Como exemplo, consideren a secuencia de bits 10101010. Esta secuencia ten unha baixa complexidade de Kolgoromov porque pode comprimirse en “escribir 10 catro veces”. Por outra parte, a secuencia 0100101 é incomprensíbel no mesmo sentido que o é o ADN. Ten unha complexidade de Kolgoromov moi alta. Esta secuencia xereina eu pulsando “0” e “1” no meu teclado. Se tivese un teclado só coas letras ACGT, podería de forma parecida escribir ADNs ao azar. Se pomos ese ADN nunha célula, e intentamos crear con el un organismo vivo, dubido moito que saíse de aí nada vivo, e moito menos algo cunha vida decente. Por tanto, a complexidade incompresíbel que observamos nos seres vivos tampouco se da ao azar. Foi creada con un sentido: o sentido de construír seres vivos. Entón, se o ADN foi creado, debe haber un creador. Algúns propoñen como tal ao Deus cristián, outros a alieníxenas intelixentes cunha asombrosa tecnoloxía. O problema é que ambas opcións tamén tén unha complexidade de Kolgomorov extremadamente alta. A probabilidade de aporrear ao azar o código dun ser divino no meu teclado de catro letras é mesmo menor que a que implica un animal vivo. Estas en realidade só son reformulacións do mesmo problema: aínda non sabemos de onde provén esa complexidade. Poderíamos propoñer unha secuencia infinita de deuses, cada un creador do que está antes que el, e así contabilizar a extremadamente alta complexidade dun deus. Sen embargo, esta secuencia só devén en grados máis e máis altos de complexidade e non nos conduce a ningunha parte. O que necesitamos é un modo de obter alta complexidade a partir dunha baixa complexidade. Se me permiten saírme un pouco pola tanxente, gustaría de discutir as propiedades do Espaguete. Imaxinen un paquete de espaguetes sen cocer. É esencialmente un montón de paíños rectos. Un paquete de douscentos espaguetes ten unha baixa complexidade de Kolgomo-

204


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

rov. Poderíase comprimir facilmente a información contida neses douscentos elementos. Agora imaxine un prato de espaguetes xa cocidos ao que se lle acrecentou o prebe e, se o desexar, albóndegas. Imaxine o proceso de desenguedellar esa masa. Levaría horas tomar cada Espaguete individual, limpalo de salsa, pólo por separado e distinguilo das albóndegas. Este prato de Espaguete, todo enredado e cuberto de deliciosa salsa, ten unha alta complexidade. O Espaguete ten a sorprendente propiedade de pasar dunha forma moi baixa a unha moi alta de complexidade. Agora, volvamos á nosa procura dun creador. Está claro que os deuses e alieníxenas intelixentes non nos axudan co noso problema. Un deus de Espaguete, porén, podería facelo. É razoábel que algo de complexidade baixa poida chegar a existir por si mesmo. Non vemos unha pedra no bosque e sentimos que precisase dun deseñador. Por tanto, a baixa complexidade dos espaguetes sen cocer non requiren dun creador, e é bastante capaz de elevarse á existencia a través dun proceso natural rexido polo acaso. Por tanto, unha vez cocido vía infusión de enerxía, pode alcanzar unha maior complexidade. Consideren a diferenza entre os espaguetes sen cocer e os lixeiramente cocidos. Os lixeiramente cocidos tén lixeiramente máis complexidade que os sen cocer. Hai unha gradación continua desde baixo a alto a medida que os espaguetes se van cocendo. Canto máis cocido, máis enerxía se lle infundiu. Para poder crear un Monstro de Espaguete Voador capaz de crear vida, a cal tería un extremadamente alto nivel de complexidade, precisaríamos dunha cantidade de enerxía extremadamente alta para realizar esta cocción. Só hai un lugar no que se podería dispor de tal cantidade de enerxía: o universo inmediatamente a continuación do Big Bang. As temperaturas de cen mil millóns de grados Kelvin sen dúbida terían sido suficientes para xerar a alta complexidade de Kolgomov que producise Espaguete con capacidade de crear vida. A magnitude da explosión do Big Bang non a coñecemos con certeza, mais si que debeu ser da orde de moitos millóns de megaelectronvoltios, cuxas siglas, MeV, dan nome á nosa Deidade Tallarinesca. É dicir: achamos a solución á pregunta de onde provén a complexidade de Kolgomorov da vida. Os espaguetes sen cocer xurdiron de forma natural (moi probabelmente pola súa baixa complexidade de Kolgomorov) durante os primeiros instantes do universo. Foi entón cando resultou cocido a temperaturas extremadamente altas, provocando que gañase complexidade até o punto de ser capaz de crear vida. Aumentos posteriores de complexidade concedéronlle a habilida-

205


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

de de voar, e a categoría de monstro. Probabelmente haxa algúns neodarwinistas, elitistas e retrógrados, que sairán con que algúns outros obxectos poden aumentar de complexidade cando se cociñan. Con obxecto de probar que a verdadeira forma do creador é a de Monstro de Espaguete Voador, usarei unha versión do afamado argumento cosmolóxico: 1. Non precisas dunha razón pola que gozar duns espaguetes. 2. Todo (o demais) ten unha causa. 3. Nada pode ser a súa propia causa. 4. Todo ten a súa causa noutra cousa. 5. Unha secuencia causal non pode ser infinita. 6. Debe haber unha causa primeira. 7. A causa primeira non ten causa. 8. Comer espaguetes é o único que non precisa dunha causa, polo tanto é a causa primeira QED, preas.

Detalle dos dólares pastafaris.

206


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Un Argumento Ontolóxico para o Século Vinte e Un Kevin Heinright Un argumento clásico para a existencia de deus se coñece como o argumento ontolóxico (en diante, AO). Este argumento desenvolveuno San Anselmo no século XI, mais logo se mellorou enormemente nos séculos seguintes. O argumento, en dúas palabras, é que un ser perfecto ten que ser necesario. É parte da propia natureza dun ser perfecto ser real, e todos os seres que non existen son por definición imperfectos. Isto é porque é mellor existir que non existir; é dicir: existir achégate á perfección. Por tanto, só con que poidamos concibir a idea dun ser perfecto, este debe existir baixo pena de contradición. Nunha popular formulación do AO se nos pide que imaxinemos aquilo maior que o cal nada pode ser pensado. Se pode iniciar este proceso para crear unha lista de perfeccións. Razoabelmente, tal lista incluiría a omnipotencia, a omnisciencia, a benevolencia, ser o creador de toda a realidade, e así sucesivamente. Se nos pide entón que comparemos esta lista con outra onde apuntamos as características da “verdadeira existencia”. Obviamente a segunda lista describe a un ser máis perfecto. É claro entón que a primeira lista non era a descrición de aquilo maior que o cal nada pode ser pensado. Non importa as características que un imaxinase, a verdadeira existencia sería unha mellora. De aí que calquera características que atribuímos ao noso ser perfecto, a existencia debe ser unha delas. Aínda que hai moitas críticas contra o AO, desde a metafísica kantiana á moderna lóxica predicativa, cremos que hai que responder aos seus desafíos. No entanto, non temos tempo de revisar todos os matices deste debate. Para información máis detallada, por favor visiten http://www.slideshare.net/minervagigia/o-argumento-ontolgico-2-0

Tradicionalmente se ten argumentado (para ser sincero, suponse por regra xeral) que ese ser perfecto necesariamente existente encaixa comodamente no molde xudeocristián. Seguro que calquera ser perfecto ten as características referidas anteriormente: é omnipotente, omnisciente, benévolo e o creador de toda a realidade. Mais aquí non nos casamos coa tradición. Sen embargo, axiña vemos que hai outras características que se pasaron por alto (ou ignoradas) por filósofos e teólogos durante o último milenio. Propomos que unha coidada revi-

207


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

sión dos razoamentos detrás do AO indicarán que máis que o deus da tradición xudeocristiá, o AO indica a existencia dunha masa de materia feculenta capaz de desafiar a gravidade. Tal ser debe existir necesariamente, e por tanto toda negación da súa existencia supón unha descarada contradición lóxica. Iniciaremos o noso argumento cunha experiencia que moita xente compartirá. Cando un mozo marcha da casa e chega á universidade, se encontra enfrontado por primeira vez co reto de proverse a si mesmo das necesidades básicas da vida. Para moitos novatos universitarios isto resulta ser unha tarefa insuperábel. Aínda que algúns poden sobrevivir sen pagar o gas, a luz e o teléfono, todos os seres vivos requiren sustento para seguir vivindo. E cal é a dieta básica dun empobrecido estudante? Fideos ramen, macarróns con queixo, e espaguetes. Mais non só os universitarios subsisten con esta comida no primeiro mundo. A dieta dunha grande parte da humanidade son feculentos tallaríns. As propiedades únicas deste material comestíbel fan que sexa a forma máis popular de subsistencia que rexistra a historia. Os tallaríns son altamente calóricos, nutritivos, e sinxelos e fáciles de producir.. Claramente, pois, os tallaríns son obxectivamente unha comida superior. Sen dúbida, os tallaríns son a comida perfecta. Demostraremos que o noso ser perfecto ten que estar feito da comida máis perfecta. Antes de continuar, sen embargo, se pode presentar unha seria obxección. Alguén podería dicir que, como o arroz é a dieta básica de tanta xente no mundo, el debería ser a máis perfecta das comidas. polo contrario, nós dicimos que o arroz é unha forma de sustento profundamente malvada. A corrupta natureza do arroz debería ser evidente para calquera que tomase a serio as loitas do s XX contra as atrocidades do comunismo. Este pequeno, enganoso gran, ten sido o combustíbel de millóns de soldados comunistas, espías comunistas, e infiltrados comunistas. Que países seguen a ser comunistas no s XXI? China, Vietname e Corea do Norte vén inmediatamente á memoria. E, cal é a comida que asociamos xeralmente a eses países? Os espaguetes fixo que non! O caso contra o arroz fica inmediatamente claro. (Como nota á marxe, este resultado debería ser algo máis que unha incidental curiosidade filosófica. Parte central das modernas loitas contra a tiranía deberían implicar mudanzas de hábitos alimenticios naqueles que viven baixo réximes opresores.) E, por que debe un ser perfecto estar composto pola comida perfecta? O argumento é sorprendentemente sinxelo. Xa que a comida é necesaria para vivir, e o vivo é máis perfecto do que o non vivo, a

208


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

comida é a substancia fundamental, o substrato, de todo o vivinte. Todos os seres vivos están compostos de comida. O ser perfecto existe, e porque é un ser (mellor que un non ser, como un croio), está necesariamente vivo. Mais de que estará feito o noso ser máis perfecto? Da máis perfecta comida. De aí que o ser perfecto estea feito dalgunha clase de pasta. Outra perfección é o desafío á gravidade. A ciencia moderna sostén que a gravidade é unha forza “débil”. Sen embargo, isto se contradí coas probas. Calquera que teña subido un tramo de escaleiras, caese dunha grande altura, ou rubise unha montaña, pode ser testemuña de que a gravidade é unha forza ben forte. As elites científicas dinnos outra cousa, mais as contradicións na física moderna son evidentes mesmo para o observador máis despreocupado. Se a gravidade fose unha forza débil, entón seguro que a rotación da Terra nos enviaría a todos ao espazo. Vai manter o electromagnetismo no seu sitio o Monte Everest? Até un neno pode ver as contradicións disto. Só alguén cunha educación excesiva podería negar os datos fidedignos dos seus sentidos dun modo tan absurdo. Ao contrario do que di a física moderna (corrupta polo naturalismo, o evolucionismo e o antipastismo), a gravidade é a forza máis poderosa do universo. Seguro, pois, o ser perfecto é capaz de desafiar a maior forza da súa creación. Por tanto, o noso ser perfecto é capaz de desafiar a gravidade (isto é, voar). Esperamos que este ensaio permita ao leitor comprender a necesidade racional de crer no Monstro de Espaguete Voador. As verdades deste mundo non son difíciles de encontrar, e se pode aforrar moito tempo (e diñeiro!) se estamos dispostos a aceptar a futilidade e os erros do así chamado razoamento “científico”, e empregar o noso tempo na meticulosa contemplación da Súa Tallarinesca Grandeza. Arghh. NOTA: Os argumentos que demostran que un ser perfecto require de mortais que se vistan como Piratas son demasiado obvios para que merezan a súa inclusión neste ensaio. Este corolario déixase para o leitor. Respecto ao asunto das esferas de substancia carnosa dentro da matriz de pasta, declarámonos agnósticos. Non debemos estender os nosos razoamentos máis alá do que é posíbel en termos de principios primeiros e probas. Hai que deixar algo de espazo á fe.

209


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Proba Matemática do MEV James Hofer Proba da existencia do Monstro de Espaguete Voador: Dado que: O Monstro de Espaguete Voador adóitase representar como FSM (MEV). Existencia é o oposto á non existencia, o doutro modo non Nulo. Nulo soe representarse como 0 Usaremos <> para mostrar a non equivalencia. Por tanto para probar que o Monesvor existe debemos probar que: FSM <> 0 En física, a forza é igual á masa tempo pola aceleración, ou F = MA. Bobby Henderson é licenciado en física, así que podemos substituír iso na ecuación de arriba, o que nos deixa: (MA)SM <> 0 MASM <> 0 MASM é o ensamblador de Microsoft, que desde logo que existe, e por tanto MASM <> 0. Microsoft é unha das empresas de maior suceso da historia, sen dúbida como resultado dos seus vínculos secretos co Monstro de Espaguete Voador. A ecuación de Einstein E = MC2 tamén se pode substituír na ecuación de arriba. E = MC2 → M = E/ C2 → M = E/(CC) FS(E/CC) <>O FSE/CC <> 0

210


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

É obvio que xa que tanto a FCC como a SEC100 existen (só pregunten a Howard Stern e Martha Stewart), e as axencias do goberno buscan controlar todas as cousas, como o Señor Tallarinesco. O que moita xente non sabe é que a FSE/CC é a Federación Swazilandesa de Empregados / Cámara de Comercio. O rei de Swazilandia hai pouco elixiu nova esposa entre trinta mulleres en topless que se puxeron diante del. Isto é obvio porque é un devoto seguidor do Monstro de Espaguete Voador e, sabendo da Fábrica de Strippers no Paraíso, quere crear o Paraíso na terra. Por tanto, xa que demostramos que MASM, FCC, SEC, e FSE/CC existen todas elas, probamos que o FSM <> 0 e que o Monstro de Espaguete Voador existe.

O Monesvor orbitando un burato negro.

100

FCC: Comisión Federal de Comunicacións. SEC: Comisión Financeira e de Seguros.

211


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Proba Corporativa do Monstro de Espaguete Voador Scott Stoddard Acabo de celebrar o primeiro aniversario de permanencia na miña empresa actual. Na realidade, esquecérao de todo, mais eles non. Recibín unha chave de prata esterlina moi bonita, mais inútil en grado sumo, co logotipo da compañía. É agradábel sentirse apreciado. Tamén me fai pensar. Se todos no mundo somos obra directa de Deus, entón a Súa é a peor clase de microxerencia que me botei nos ollos. Non é iso o que quero crer. Supoñamos que Deus existe. Non podo probalo, nin tampouco o contrario. Mais non custa pensar que hai unha deidade todopoderosa cun despacho estupendo e vista panorámica, alá en algunha parte do cosmos. Ben, O UNIVERSO é un sitio bastante grande. Probabelmente non sexa unha compañía privada. Estou disposto a apostar a que O UNIVERSO se instituíu en sociedade anónima hai tempo. No seu modelo de negocio, Deus probabelmente sería o director executivo. Iso sería porque Deus ten a confianza da Xunta de Directores do UNIVERSO, SA. Quen constitúen esta xunta? Cada canto se renovan? E polo que nos afecta a nós, os residentes da TERRA, se nos considera accionistas ou empregados da corporación? Supoñamos que empregados. Pois entón nunca recibín os meus dividendos ou cartas delegadas. Penso que todo o mundo convirá en que A TERRA é un lugar perigoso. A humanidade está continuamente intentando destruírse a si mesma. Tremenda merda de Madre Natureza cos seus tsunamis, terremotos, furacáns, e xa tedes o que calquera home de negocios chama capital de alto risco. Así que a pregunta principal é esta: refuciu Deus, Director Xeral do UNIVERSO, SA e se puxo mans á obra na creación e xerencia da TERRA? Eu acho que non. Deus, como Director Xeral intelixente que todos sabemos que é, o máis probábel é que deixase o proxecto en mans do Vice Presidente de Desenvolvementos Estratéxicos do UNIVERSO. Isto, por suposto. limita a responsabilidade de Deus ante a Xunta de Directores do UNIVERSO, SA. Cando lle chega tal sarillo ao VP, que non quere verse inmerso nun escándalo corporativo se algo vai mal, probabelmente encargase

212


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

a contabilidade dunha empresa fantasma chamada A TERRA, SA, e ascendese a algúns executivos medios que son uns feras para vixiar toda a operación. Penso que o Monstro de Espaguete Voador é un deses executivos. O MEV, desexando repartir os beneficios, trouxo algúns dos seus colegas, que quizá eran bos rapaces cos que ir beber por aí, mais non estaban ben preparados para as labores de xerencia de todo un planeta. Isto explicaría as fames, as enfermidades, o sufrimento e a estupidez: amiguismo corporativo na súa máxima expresión. Non achan que esta teoría do deseño intelixente casa mellor e soa máis consistente coa realidade que o Propio Deus creando A TERRA, SA.? Se seguimos adiante outro milenio sen fracasar, obteremos todos unha chave de prata con cadea?

Calvino, famoso teólogo e reformador pastafari.

213


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Unha anotación final de Bobby Henderson e a súa equipa UERIDO LEITOR RECENTEMENTE CONVERSO:

Acho que podemos proclamar, sen temor a equivocarmos, que o MEVismo non é apenas unha relixión punteira, mais a única que se apoia na pura ciencia, o que probabelmente a converte na teoría máis incuestionabelmente certa nunca exposta na historia da humanidade. E, aínda así, seguimos encontrándonos incrédulos e detractores a mancheas, maiormente en forma de: partidarios da Evolución, do deseño intelixente e membros doutras relixións. Mais vivimos nun país fundado, entre outras cousas, sobre a idea da liberdade de culto. Temos leis para protexer as persoas da persecución relixiosa. A pesar destas leis, puidera encontrarse con persoas que non estean de acordo co seu dereito a faltar todos os venres á escola ou ao traballo, a usar en público un tapaollo, a falar como un pirata, etc. O seu primeiro paso sempre debe consistir en falar con eses escépticos sobre as nosas crenzas. Se resulta que se converten ao MEVismo, o problema está resolto. Mais ás veces non é tan doado. Se despois de coñecer a nosa relixión esa xente aínda lle nega o dereito, protexido constitucionalmente, a expresar a súa liberdade de culto, entón ten que escribir unha carta. Se está na escola, escriba unha carta ao director, con copia ao consello escolar, así como ao Defensor do Pobo. Se está no traballo, escriba ao seu superior, con copia ao responsábel de recursos humanos; e, de novo, envíe unha copia ao Defensor do Pobo. O importante é non ficar de brazos cruzados encanto conculcan os seus dereitos. Aos evolucionistas teimudos, lembrámoslles que non estamos a dicir que a Evolución non puido suceder, senón simplemente que o máis probábel é que sexa un proceso guiado pol’O Seu Apéndice Tallarinesco. Sabemos que o MEV pode estar, nos bastidores, actuando para que a Evolución pareza máis críbel. Tamén sabemos que pode que El non estea facendo nada diso. Os camiños do Monstro de Espaguete Voador son inescrutábeis, e de certo El gusta de dar por saco todo o día, a pesar de que aínda non sabemos por que. A os defensores do deseño intelixente, ofrecémoslles esta rama

214


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

de oliveira: os Pastafaris apoiamos o seu argumento de que ensinar unicamente a Evolución nas escolas discrimina inxustamente a aqueles con crenzas sobre a creación. Coñecemos os seus esforzos para desenvolver unha estratexia de cuña por medio da cal intentan que a Biblia se quede de momento fóra da discusión, en lugar de concentrarse en establecer unha proba “científica” dun creador. Os Pastafaris percibimos a sabedoría do seu enfoque, e lles ofrecemos a nosa propia estratexia alternativa, coa que defendemos a inclusión de explicacións sobrenaturais na ciencia, abrindo a porta para que, algún día, o MEVismo se ensine nas escolas. En poucas palabras, somos irmáns neste empeño. Todo o mundo sabe que as teorías non son o mesmo que os feitos, e non hai dúbida de que debemos ensinar as teorías alternativas xunto coas máis aceptadas. Puxemos de manifesto moitas probas que demostran a súa existencia. Sen dúbida, deberían ser abondo para incluír o Pastafarismo no plano de estudos, xunto á Evolución e ao deseño intelixente. E cando nos volvemos cara as grandes relixións do mundo, somos capaces de recoñecer que as demais son bastante boas, mais a nosa segue sendo a MELLOR. RELIXIÓN. QUE HOUBERA. Por que non ensinar todas as teorías e deixar que os nenos decidan? Esperamos que tirasen proveito do noso libro. Se non é así, oxalá que polo menos dera aprendido algo. Se tampouco aprendeu nada, desexamos sinceramente que o Evanxeo do MEV lle fixese pensar. Se nin sequera chegou a ter un mínimo pensamento, entón non hai dúbida de que é vostede un cristián renacido, en cuxo caso, esperamos que se afaste das drogas o tempo suficiente como para que se faga unha vasectomía o unha ligadura de trompas. De acordo, esa última frase foi groseira; pido desculpas. Os Pastafaris somos unha comunidade de fieis pacífica e aberta, o que significa que todo o que dixen ou fixen para ofender a xente101 só se debe entender no ánimo de promover un maior entendemento e concienciación. Como se adoita dicir: para facer unha boa salsa hai que remexela un pouco, poucas verdades máis grandes hai que esta, e deste modo o que fixemos na medida das nosas capacidades é axitar as augas das crenzas en aras de converter uns poucos Piratas máis á Súa Bondade Tallarinesca. RAmén. BOBBY HENDERSON Profeta 101

Incluíndo os minchas, claro.

215


Busque, compare, e se encontra unha relixión mellor… convértase a ela!


(Non, en serio, non estraguedes o libro. Xa vos damos n贸s o arquivo, ou baix谩deo de Internet.)


CompĂĄrteo cun amigo minchiĂąas!


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Cr茅ditos das ilustraci贸ns da edici贸n orixinal. FSM effect on height (c) Tim Mak Cave, Axial gallery, Lascaux (Montignac, Dordogne), France Ferris P. Longshanks (c) Steve Luker/Dreamstime.com Charles Darwin, by Julia Margaret Cameron/The Wellcome Library Land mass chart (c) Simon Sullivan Christopher Columbus, Artephot Witch eating calculator (c) Tim Mak FSMism venn diagram (c) Simon Sullivan Evolution (c) Tim Mak Pirate to man (c) Ed Crane Why Do Men Have Nipples?, courtesy of Crown Books, a division of Random House, Inc. Temperature/Pirate graph (c) Simon Sullivan ID graph (c) Simon Sullivan Fish fossils (c) Randy Mckown/Dreamstime.com Peter J. Snodgrass, Ph.D. (c) Wilmy van Ulft/Dreamstime.com Imam Perez Jaffari (c) Fred Goldstein/Dreamstime.com Christians/Pirates graph (c) Simon Sullivan FSM wafer (c) Erich Schoeneweiss Boiling water (c) Chris Schluep String (c) Tim Mak DNA (c) Dreamstime.com Future man (c) Tim Mak Pirate skull (c) Scott Rothstein/Dreamstime.com Spirogyra, courtesy of David Polcyn, Ph.D., Professor of Biology, Chair, Department of Biology, California State University Primitive life (c) Carolina K. Smith Proteus flagella (c) Steven R. Spilatro, Marietta College Uncooked spaghetti (c) Erich Schoeneweiss Uncooked spaghetti in container (c) Erich Schoeneweiss Kiwi (c) Tim Mak Celtic cross (c) Lisa McDonald/Dreamstime.com A Spirit Man Spearing Kangaroos, Western Arnhem Land, North Australia Map of China, Werner Forman Archive Egyptian hieroglyphics, D. Gagli Orti Parthenon (c) Alison Frantz

219


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

The Creation of Adam by Michelangelo, Sistine Chapel/Niklas Jansson, http://www.venganza.org/images/spreadword/havetouched.jpg The Founding Fathers, Wadsworth-Atheneum, Hartford, Connecticut Benjamin Franklin Drawing Electricity from the Sky by Benjamin West, The Philadelphia Museum of Art/Art Resource, New York Japan surrenders WWII, National Archives and Records Administration Einstein lectures, Messe Berlin Moon landing, NASA Plato (left) and Aristotle (right), detail from The School of Athensby Raphael Leonardo Da Vinci, self portrait, Biblioteca Reale, Italy Charles Darwin, The Granger Collection, New York Sheep (c) Tim Mak Desert (c) Wilmy van Ulft/Dreamstime.com Donald Rumsfeld, U.S. Department of Defense Flying Spaghetti Monster by in-animator, http://www.venganza.org/images/spreadword/obey1.jpg Pirate/Temperature graph (c) Simon Sullivan Pirate-fish design, Niklas Jansson The Creation of Adam by Michelangelo, Sistine Chapel/Niklas Jansson, http://www.venganza.org/images/spreadword/havetouched.jpg Pirate/Temperature graph (c) Simon Sullivan Pirate-fish stencil photographs (c) Erich Schoeneweiss Flying Spaghetti Monster simulacrum photographs (c) Erich Schoeneweiss Pirate/Temperature graph (c) Simon Sullivan Ocean-current maps (c) Simon Sullivan FSM Heaven (c) Tim Mak Pirate-fish design, Niklas Jansson

220


O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador

Sobre o Autor

BOBBY HENDERSON ten vinte e cinco anos e vive en Corvallis, Oregon. Posúe unha licenciatura en Física e aínda que recibiu varias ofertas da industria do xogo de Las Vegas (non, que é en serio), actualmente gaña a vida como profeta a tempo completo. Bobby comezou como profeta en 2005, pouco despois que o Monstro de Espaguete Voador se aparecese ante el e lle revelase que El era o O Profeta B obby no momento verdadeiro creador do xusto da Revel ación universo. Convencido de que non era todo unha leria, Bobby remitiu unha carta á xunta escolar de Kansas na que propuña que o MEVismo se ensinase á vez que a Evolución e o deseño intelixente nas clases de bioloxía de educación secundaria. Con grande decepción, recibiu unha resposta da xunta escolar na que se desestimaba a súa revelación. Así que Bobby publicou a súa carta aberta no sitio web www.Venganza.org (que tamén se pode encontrar en www.FlyingSpaghettiMonster.com),e axiña comezou a ouvir doutros Pastafaris. Estímase que en todo o mundo dez millóns de persoas foron tocadas xa pol’O Seu Apéndice Tallarinesco. O Evanxeo do Monstro de Espaguete Voador é a primeira obra relixiosa de Bobby.

221






Podo ouvir un "Ramén" da Congregación?! Contemplen a Igrexa do Monstro de Espaguete Voador (MEV), a relixión baseada en hidratos de carbono que máis está a crecer hoxe. Segundo o fundador da Igrexa, Bobby Henderson, o universo e toda a vida dentro del foi creado por un ser místico e divino: o Monstro de Espaguete Voador. Que move aos devotos seguidores do MEV, tamén chamados Pastafaris? Algún din que é o mesmo toque do Apéndice Tallarinesco do MEV. Outros están encantados co servizo litúrxico, conducido en fala Pirata e ao que atende a congregación en espléndidos atavíos de bucaneiros. Algúns son atraídos polos laxos principios morais da Igrexa, festa relixiosa cada venres e o feito de que o Paraíso Pastafari é moito máis maneiro: ten o seu Paraíso unha Fábrica de Strippers e un Volcán de Cervexa? O Deseño Intelixente por fin encontrou contrincante, e non ten nada a ver con simios nin co Xardín das Oliveiras do Edén. Nestas páxinas Bobby Henderson pasa revista aos feitos verdadeiros, desbotando mitos maliciosos como a Evolución ("só unha teoría"), ciencia ("só un conxunto de teorías"), e se realmente descendemos dos simios (feito: os humanos comparten un 95 por cento do seu ADN cos chimpancés, mais comparten o 99.9 por cento cos Piratas!) Lean o que recoñecidos científicos coas más impresionantes credencias tén a dicir: "Se o deseño intelixente se ensina nas escolas se debería dar o mesmo tempo á teoría do MEV e a calquera outra que non sexa a do MEV". -DOUGLAS SHAW, PH.D. "Non sexamos hipócritas. Concedamos o mesmo tempo a outras "teorías" alternativas como o MEVismo, que é de lonxe unha opción máis agradábel". -J. SIMON, PH.D. "Segundo a miña experiencia científica ao comparar as dúas teorías a do MEV paréceme máis válida que a clásica do DI". -ASHIN BEHESTHI, PH.D.

Lea o libro e decida por si mesmo!


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.