Colaboración departamentos

Page 1

BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR / DEPARTAMENTOS 1.- XUSTIFICACIÓN.

a) Necesidade de adaptar a biblioteca –no seu funcionamento e características- aos modelos de bibliotecas escolares de Galicia

BIBLIOTECA ESCOLAR

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

b) Utilidade de poñer en práctica o exposto na lexislación vixente1: 1.- Adicación á lectura dun tempo na práctica docente (de todas as materias):

PROXECTO LECTOR

Decreto 133/2007, artigo 5º, punto 5: “(…) Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas”. 2.- Posta en práctica de aspectos expostos no anexo V do Decreto133/2007 -relativo ao Proxecto lector de centro- que se concretarán no Proxecto Lector do IES Sofía Casanova.

Sistem Sistematización actividades + Educación en información + Itinerarios lectores + Ambientes lectores... “LECTOR CONECTADO2”

2.- PROXECTO LECTOR: PRESENTACIÓN. XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA.

1

Documento adxunto.- Selección do exposto na presentación que figura ao final da páxina http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/10/22).

Para ver a presentación completa, pulse enlace anterior. Ao final da páxina:

Decreto 133/2007

2

http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf

http://ecosdesumer.wordpress.com/2012/08/15/el-lector-conectado-luis-gonzalez-de-la-sanchez-ruiperez/

De http://www.fundaciongsr.com/story.php?id=394 “Por último, el lector de este tiempo es un lector conectado. Una de las cinco ideas fundamentales del plan es que en el siglo XXI los lectores comparten su actividad lectora y que por primera vez tienen una presencia que deja de ser anónima. Los canales de comunicación e intercambio que aportan los social media permiten dotar de identidad al lector y que éste disponga de recursos para difundir sus criterios sobre las lecturas, poner en marcha un sistema de prescripción e incluso de relación con los autores”.

1


3.- BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR NO IES SOFÍA CASANOVA.

OBXECTIVOS

Fomentar o hábito da lectura. Educar no uso crítico da información3.

COLABORACIÓN DEPARTAMENTOS - BIBLIOTECA:

5 INTERVENCIÓNS PRECISAS. 1.- Sistematización de actividades:

Fomento da lectura. Tratamento da información. Recompilación das actividades realizadas e por realizar. P.e., desde a Biblioteca, Club de Lectura e Blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

2.- Elaboración de itinerarios lectores.

Selección de títulos axeitados que teñan algunha relación con cada área de coñecemento, para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade: Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.

Os dous puntos anteriores serán recollidos no Proxecto Lector de Centro. 3.- Creación de ambientes lectores.

Creación no centro dun clima que favoreza o achegamento aos libros e á lectura: facer visible a biblioteca escolar, facilitar a presenza da lectura –en xeral– e dos libros –en particular– na práctica cotiá, preparar actividades para toda a comunidade escolar, etc.

Soportes.- Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades4.

4.- Soportes-Fondos.

Fondos: Cultura impresa: reorganización / redistribución (Departamentos / Biblioteca). Cultura dixital: catalogación e salvagarda de material multimedia dos departamentos. Elaboración dunha hemeroteca dixital.

5.- Profesor como modelo lector.

Profesor como modelo lector. Profesor como mediador entre o alumnado e as novas fontes de información relacionadas coas TIC (selección e uso crítico).

3

Integración das TIC e adaptación progresiva ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI.

4

Dende todas as áreas podemos e debemos fomentar a lectura crítica dos nosos alumnos (moitas veces xa se fai, pero non sempre de xeito explícito). Non é un asunto exclusivo das linguas: debería incluír desde a simple lectura comprensiva duns enunciados de problemas de matemáticas, de física, de química, de bioloxía, de tecnoloxía ata a lectura de biografías de persoeiros da cultura, das artes, dos deportes… Abranguería a lectura de textos legais, filosóficos, humanísticos, científicos, económicos, periodísticos… En todo tipo de soportes: libros, revistas, xornais, blogs, foros…E no maior número posible de linguas.

2


COLABORACIÓN:

Resulta fundamental a colaboración entre os Departamentos, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca para que estas intervencións –e outras que se poidan artellarsexan o resultado dun consenso, dunha reflexión conxunta. Para iso temos que buscar as canles adecuadas.

Non pretendemos complicar o traballo docente: partindo do que xa se fai, sen esquecer as boas prácticas existentes, poderiamos chegar a elaborar un proxecto que sexa ademais flexible e progresivo.

O Equipo da Biblioteca está formado polo bibliotecario, Armando Alonso (armandoalonso@edu.xunta.es ), e un Grupo de Traballo [“Dinamización da biblioteca e proxecto lector”] asesorado polo CFR de Ferrol: pilarberrio@edu.xunta.es, jbranas@edu.xunta.es, bravodiaz@edu.xunta.es, ditorr@edu.xunta.es, (Daniel Iglesias) clopezsu@edu.xunta.es (Cristina López), gmartin@edu.xunta.es (Gloria Martín), silvar@edu.xunta.es, eslourido@edu.xunta.es (Emilio Saldaña), anaseco@edu.xunta.es, laurasuarez@edu.xunta.es

Reunímonos os luns, ás 11.20, na Biblioteca.

Esperamos as vosas suxestións, observacións, matizacións ou obxeccións.

Ferrol, a 12 de decembro de 2012.

Socas, en http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/

12-12-12 Documento visto en CCP (13 decembro 2013) e enviado a todo o profesorado do centro.

3


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.