Itinerario

Page 1

AUTORES FAVORITOS O SÉCULO XIX NOVELADO IMAXES DE ÉPOCA


OS AUTORES FAVORITOS DE ROSALÍA DE CASTRO. Atendendo ás palabras de Murguía1: “La clave de su talento la dan sus preferencias literarias, pues sus poetas eran Byron, Heine, Lermontoff y Poe; y sus novelistas Poe y Hoffmann” A.

Byron (1788-1824) Romanticismo inglés

Heine (1797-1856) Romanticismo alemán

Lermontov (1814-1841) Romanticismo ruso

Poe (1809-1849) Estados Unidos

Hoffmann (1776-1822) Romanticismo alemán.

Rosalía de Castro (1837-1885)

1

Nota manuscrita de Murguía, tirada de Naya Pérez (1998: 70): Estudios acerca de la familia MurguíaCastro. Pode consultarse o libro na biblioteca do IES Sofía Casanova.

2


O MUNDO DE ROSALÍA: O SÉCULO XIX NOVELADO2 .

Rosalía de Castro (1837-1885)

Marcial Valladares (1821-1903) Maxina ou a filla espúrea

Galdós (1843-1920) Fortunata y Jacinta

Eça de Queiroz (1845-1900) O Crime do Padre Amaro

Pardo Bazán (1851-1921) Los pazos de Ulloa

Clarín (1852-1901) La Regenta

Pérez Lugín (1870-1926) La casa de la Troya 3

Otero Pedrayo

2

Coetáneos de Rosalía de Castro: http://www.cervantesvirtual.com/bib_autor/rosaliadecastro/pcuartonivel.jsp?conten=imagenes&pagina=i magenes2.jsp Dickens (1812-1870) tamén comparte século con Rosalía. Inevitable é recordar a Oliver Twist cando ao pouco de nacer deixan a Rosalía na inclusa. Ademais, unha coincidencia: 1837 foi o ano en que Rosalía pasa pola inclusa e tamén o ano da publicación de Oliver Twist. 3

Á parte –por non ser contemporáneo da autora– debe mencionarse a novela histórica (e o teatro histórico) de Otero Pedrayo (1888-1976) : “O fidalgo”, Os camiños da vida, Rosalía.

3


O MUNDO DE ROSALÍA: O SÉCULO XIX NOVELADO

Rosalía de Castro viviu entre 1837 e 1885. Pode reconstruírse a etapa que lle tocou vivir (ambiente, sociedade, espazos…) nas novelas da época ou sobre a época. Citamos a continuación algunhas delas:

1.- Vida nos pazos (a fidalguía), en Santiago e no mundo rural galego no século XIX:

“O fidalgo”, Otero. O protagonista é contemporáneo de Rosalía de Castro. Os camiños da vida. Otero Pedrayo. Novela a historia do século XIX en Galicia. Rosalía, Otero Pedrayo. Teatro. Biografía teatralizada de Rosalía de Castro. Los pazos de Ulloa, Emilia Pardo Bazán: 1886. Maxina ou a filla espúrea, Marcial Valladares: 1880. Vida no mundo rural.

A vida en Santiago (séc. XIX): Pascual López, Emilia Pardo Bazán: 1879. La casa de la Troya, Pérez Lugín: 19154.

2.- O mundo dos poetas galegos do XIX: El cisne de Vilamorta, Pardo Bazán: 1885.

3.- Madrid, séc. XIX. Rosalía vive en Madrid entre 1866 e 1858, de novo en 1861, e entre 1870 e 1871. Fortunata y Jacinta, Galdós: 1886. En xeral, case toda a obra de Galdós está ambientada no Madrid da época. . Sangre en la calle del Turco, Calvo Poyato: 2011. Recrea o asasinato de Prim e o ambiente do Madrid da época (1870); Rosalía de Castro vive en Madrid a finais de 1870 e inicios de 1871 (Claudio Coello, 13-3ª); parece que nesta etapa coñece a Bécquer. 4

Visión bastante “amable” da vida dos estudantes composteláns. Mencionamos a Pérez Lugín

pola súa proximidade á autora: era primo de Rosalía, na casa da súa nai viviu a autora en Madrid (Ballesta, 13). Morta Rosalía, mantivo o trato con Murguía e cos seus primos, especialmente con Ovidio, con quen compartiu vida e experiencias en Madrid.

4


4.- A Coruña (séc. XIX): As novelas de Pardo Bazán ambientadas en Marineda (A Coruña): La tribuna, Emilia Pardo Bazán: 1883. La piedra angular (1891). Memorias de un solterón (1891). Doña Milagros (1894).

5.- As relacións co clero: O Crime do Padre Amaro, Eça de Queiroz: 1875. La Regenta, Clarín: 1884. Burguesía e clero en Vetusta (Oviedo).

Moitas son as novelas realistas escritas no século XIX por coetáneos de Rosalía de Castro que deron conta de parte do seu mundo (a súa clase social, o ambiente, as cuestións políticas…). Tamén Otero Pedrayo nos deixou retratos fieis desta época. Pero esta é só unha parte do seu mundo; da outra parte, do retrato do mundo rural galego, dos desfavorecidos, da triste realidade da Galicia da época, encargouse ela cos poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas5.

5

Os libros citados están na biblioteca do IES Sofía Casanova. Se queredes datos sobre

eles ou sobre a época de Rosalía, consultade na biblioteca do centro.

5


IMAXES DE ÉPOCA Pardo Bazán, Galdós, Clarín, Pérez Lugín… Todos eles contaron a historia, e outros fixeron series e películas. Non podemos achegar imaxes da obra de Otero, que tamén contou –e ben contada–- a historia dun século, o XIX, porque este autor aínda non foi levado ao cine… Algún día. Realmente, merece a pena. Polo momento, pretendemos – humildemente- levar a escena a súa Rosalía. Se o facemos, incorporaremos as imaxes. Fortunata y Jacinta (Galdós)

http://www.rtve.es/television/fortunata-jacinta/ http://www.dalealplay.com/informaciondecontenido.php?con=199829 (Trailer)

6


Los pazos de Ulloa, Emilia Pardo Bazรกn. http://www.rtve.es/television/pazos-ulloa/

7


La Regenta, Clarín.

https://www.youtube.com/watch?v=weJve4QlVIY

8


La casa de la Troya, Pérez Lugín.

http://www.lacasadelatroya.com/

9


A

http://es.wikipedia.org/wiki/Lord_Byron http://gl.wikipedia.org/wiki/Heinrich_Heine http://gl.wikipedia.org/wiki/Mikhail_L%C3%A9rmontov http://es.wikipedia.org/wiki/Edgar_Allan_Poe https://es.wikipedia.org/wiki/E._T._A._Hoffmann

10


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.