Memoria club lectura 4b4

Page 1

MEMORIA FINAL DO CLUB DE LECTURA DO IES SOFÍA CASANOVA 2012/13 DATOS DO CENTRO: IES SOFÍA CASANOVA. FERROL (A CORUÑA) NOME DO CLUB: CLUB DE LECTURA SOFÍA CASANOVA NÚMERO DE GRUPOS E NÚMERO DE ALUMNOS: Durante o curso 2012/2013, unificamos os catro clubes dos dous anos pasados (fantástica, ciencia-ficción, realista e cómic) en un solo que abranguese todas ás temáticas e subxéneros posibles. Así pois reunificamos alumnos de diversos cursos e profesores nun único grupo que, a pesares de ser bastante numeroso, foi doado de coordinar e moderar, porque contamos cun aliado inestimable: o entusiasmo dos lectores. Profesores coordinadores: 5 • CRISTINA LÓPEZ SUÁREZ (Ciencias Naturais) • DANIEL IGLESIAS TORRENTE (Lingua Castelá e Literatura) • EMILIO SALDAÑA LOURIDO (Filosofía) • ANA SECO OROSA (Lingua Galega e Literatura) • LAURA SUÁREZ LLANO (Lingua Galega e Literatura) • PILAR BERRIO MARTÍN-RETORTILLO (Lingua Castelá e Literatura) Alumnos participantes: • 1º ESO: 6 • 2º ESO: 5 • 3º ESO: 11 • 4º ESO: 4 • 1ºBAC.: 13 Total de alumnos: 39 CALENDARIO DE REUNIÓNS E HORARIO: Reuníamonos cada mes, os segundos martes xeralmente, durante o rato do mediodía. Primeiro almorzábamos xuntos os que queríamos, e logo as 15,30 tiña lugar a nosa sesión ata as 16,30, na que se reaunudaban as clases. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS. a) Presentación: No primeiro trimestre convocamos unha xuntanza para os profesores interesados tratando de aproveitar a experiencia dos cursos pasados. Algúns profesores déronse de baixa, outros novos animaronse a participar na experiencia. Decidimos que era máis práctico unificar as catro sección do club e pasar a ser mensuais en horario de mediodía. Presentamos un plan inicial de lecturas que alternaba cómic, novela realista, divulgación científica, ciencia ficción e novela fantástica. Tivemos en conta a dispoñibilidade dos libros en outros centros da comarca, da que puidemos informarnos a través do blog de http://librosaeito.blogspot.com ou a través do catálogo meiga. Tamén tratamos de atopar textos que puidesen abrir un marco de reflexión nos rapaces ao tratar temas de interés como a globalización, as enfermedades dexenerativas, ou que axudaran a profundizar en sentimentos como a amizade, a culpa, o perdón. Dos sete libros lidos, cinco foron en castelán e dous en galego.


Nunha xuntanza xeral co alumnado interesado comentamos os obxectivos e o desenvolvemento da actividade. Temos que dicir que moitos dos rapaces do ano pasado repetiron a experiencia, e outros novos interesáronse por ela. b) A nosa mascota: Xa tiñamos elixida unha mascota para a nosa biblioteca. Este curso a fixemos protagonista das nosas xuntanzas, dandoa voz como cronistas dos nosos eventos e aparecendo en todas as presentacións. c) Libros lidos: Este curso si decidimos, ao contrario que os dous pasados, fixar un libro para ler en común cada mes. Estes foron os seguintes: • Novembro: La vuelta al mundo de un forro polar rojo de Wolfgang Korn (Siruela, 2010) Novela de divulgación científica. • Decembro: Los juegos del hambre de Suzanne Collins (Molino, 2009) Novela de ciencia-ficción. • Febreiro: Dragal I: A herdanza do dragón de Helena Gallego (Xerais 2010) Novela fantástica. • Marzo: Corazón de Tinta de Cornelia Funke (Siruela, 2004) Novela fantástica. • Abril: Cometas en el cielo de Khaled Hosseini (Salamandra, 2003) Novela realista. • Maio: Engurras de Paco Roca (El Patito Editorial, 2012) Cómic. • Xuño: El libro de los portales de Laura Gallego (Minotauro, 2013) Novela fantástica. d) Decisións das compras: Logo de comenzadas as xuntanzas, fixemos entre todos unha lista da compra, a través do buzón de suxestión que Socas, a nosa mascota, tiña na mesa do bibliotecario. e) Moderación das sesións: Como pode comprobarse no noso blog, cada sesión foi moderada por uns rapaces voluntarios, que fixeron un traballo plasmado nunha presentación que logo se expoñía no taboleiro así como no blog. O primeiro fíxoo unha das profesoras, e os restantes distintos rapaces, que ían elixindo a súa lectura favorita e apuntábanse en grupos, ás veces de cursos dispares para unha máis completa interrelación. • La vuelta al mundo de un forro polar: A profesora Cristina López Suárez • Los juegos del hambre: (Samuel 1ºBac., Aída 4ºESO, Daniela 2ºESO) • Dragal: (Candela e Inés 1º ESO) • Corazón de Tinta: (Claudia e Luis 1º BAC.) • Cometas en el cielo: (Elisa 1º BAC, Amanda 3ºESO) • Engurras: (Antía e Miriam 2º ESO) • El libro de los portales: (Cecilia e Raquel 3º ESO) e) Festa de despedida: o día 18 de xuño celebraremos unha festa na biblioteca que denominamos III Edición da Festa das Tartas Literarias. Repartiremos unha enquisa para avaliar a nosa actividade e prestaremos libros aos interesados para disfrutar no verán. ENDEREZO DO CLUB DE LECTURA. www.http//bibliotecasofia.blogspot.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.