F1205011 GRUPO DE TRABALLO: DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR IES SOFÍA CASANOVA
MEMORIA FINAL
Maio, 2013
MEMORIA FINAL
ÍNDICE 1.- Introdución: 4. 2.- Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial. Causas: 5 3.- Consecución dos obxectivos. Obxectivos propostos: 6 Obxectivos acadados: 10 Obxectivos nos acadados: causas que motivaron este feito: 13 4.- Contidos desenvolvidos e actividades realizadas: 14 5.- Criterios e procesos de avaliación empregados: 15 6.- Conclusións: logros e incidencia no centro: 25 7.- Relación detallada dos materiais didácticos elaborados e dos documentos que se entregan: 28
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
2
F1205011 Grupo de traballo: Dinamizaci贸n da biblioteca e proxecto lector. IES Sof铆a Casanova 2012-2013.
3
1.- INTRODUCIÓN.
En outubro de 2012 solicitábase un grupo de traballo, “Dinamización da biblioteca e proxecto lector”, para o IES Sofía Casanova. A xustificación, presentada coa solicitude, daba conta da existencia dunha biblioteca cunha longa tradición de uso que podía ser adaptada –no seu funcionamento e características- aos modelos de bibliotecas escolares de Galicia http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/. Como punto de partida, este grupo tentou detectar as necesidades para identificar a área de mellora. Con todo iso, deseñou uns obxectivos, un programa de contidos e actividades, indicou a metodoloxía que se pretendía seguir, deu conta da organización de recursos humanos e materiais e estableceu criterios e indicadores de avaliación dos diferentes aspectos do proxecto. Xa nesa solicitude se indicaba que o proxecto previsto polo grupo esixía un traballo a medio prazo, progresivo e continuado que podería implicar -en maior ou menor medida- ao conxunto do profesorado 1. Con todos estes condicionantes, comezabamos en outubro un proxecto que pretendemos continuar no futuro, na medida do posible. Sete meses despois entregamos a memoria final da actividade deste grupo de traballo, dando conta das variacións introducidas respecto do proxecto inicial, do grao de consecución dos obxectivos, dos contidos desenvolvidos e actividades realizadas e dos criterios e procesos de avaliación empregados. Acompañamos esta memoria con algúns dos materiais elaborados ou en elaboración). Dinamizar unha biblioteca… Non nos corresponde a nós xulgar o traballo que estamos a realizar. E como o estamos a realizar. Pero para cumplir os obxectivos -que todos compartimosde fomentar o hábito da lectura e educar no uso crítico da información, resulta fundamental a colaboración entre os departamentos, o Equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca, para que todas e cada unha das intervencións que se poidan artellar sexan o resultado dun consenso, dunha reflexión conxunta. Nin pretendiamos nin pretendemos complicar o traballo docente: partindo do que xa se fai, sen esquecer as boas prácticas existentes, poderiamos elaborar un proxecto de mellora que sexa ademais flexible e progresivo. Con este espírito estivemos traballando, e con este espírito redactamos esta memoria. 1
Implicación do profesorado: cfr. fundamentos do proxecto lector (Decreto 133/2007).
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
4
2.- XUSTIFICACIÓN DAS VARIACIÓNS INTRODUCIDAS RESPECTO DO PROXECTO INICIAL. CAUSAS. Non foron moitas as variacións introducidas con respecto ao proxecto inicial. Brevemente: 1. Por falta de financiamento, non se completou a dotación bibliográfica (obxectivo 6) na medida do desexado, non se renovou o mobiliario da biblioteca (obxectivo 1) e só se fixo unha renovación parcial do equipamento informático (obxectivo 2). 2. Por falta de tempo, pospuxéronse algúns obxectivos; así, non se estudou o sistema de detección para mellorar a seguridade dos fondos bibliográficos (obxectivo 4); igualmente pospúxose case todo o relativo á sistematización de material multimedia: (priorizamos este ano a sistematización dos fondos bibliográficos). 3. No relativo ao fomento das actividades de lectura, estaba previsto analizar o número de usuarios mediante as estatísticas xeradas polo propio programa de xestión, cuantificar as actividades realizadas e analizar a calidade mediante enquisas, pero deixamos isto conscientemente para dar prioridade ao asesoramento e aos materiais producidos polos alumnos. 4. Introdución de tablets como soporte lector. Os soportes lectores están cambiando, e o modo de achegarse á lectura tamén: a día de hoxe, parece que moitos lectores , para selo, necesitan ser “lectores conectados”. Dispoñemos de tres tablets: o seu uso está en fase experimental2.
2
Seguimos os pasos do proxecto-piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507 e as experiencias de centros que están poñendo en práctica este sistema.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
5
3.- CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS.
3.1.- OBXECTIVOS PROPOSTOS3. O1 O2
Redeseñar os espazos dentro da propia biblioteca.
O3 O4
Renovar o equipamento informático . Trasvasar os datos do programa GBWIN ao MEIGA. Mellorar a seguridade dos fondos bibliográficos estudando a instalación dun
O5
sistema de detección de saída non autorizada de exemplares. Concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro, instalando o
a) Espazo físico b) Equipamento c)Fondo bibliográfico
mobiliario e o equipamento axeitado para permitir o depósito de material multimedia e a realización e custodia das copias de seguridade aconsellables, O6
especialmente no referente a cintas de vídeo de previsible caducidade. Completar a dotación bibliográfica naquelas áreas menos atendidas no fondo da biblioteca tanto de libros informativos como de libros de ficción (cómics,
O7
literatura xuvenil, novidades). Centralizar o rexistro de todos os materiais (textuais e audiovisuais) dos
O8
departamentos. Compilar unha Hemeroteca Dixital reunindo, mediante a súa dixitalización, os fondos documentais dos departamentos didácticos e facéndoos accesibles ao
O9
través da intranet do centro. Modernizar, concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro
O10
(DVDs de películas, documentais, etc.) Redactar o Proxecto Lector do Centro.
O11
Actualizar ese Proxecto Lector cun Plan Lector renovable ano a ano. Potenciar o labor do equipo de profesorado que colabore na formación de
d) Organización
usuarios e educación documental de outros profesores e do alumnado. Participar no proceso de documentación para a realización de actividades O12
docentes, complementarias e extraescolares. Fomentar as actividades de lectura.
e)
Dinamización
das
actividades de lectura Foron doce –para maior operatividade– os obxectivos resultantes de poñer en práctica o que segue, no tema que nos ocupa:
BIBLIOTECA
→
PROXECTO
← ESCOLAR
LECTOR
BIBLIOTECA ESCOLAR F Tomar decisións consensuadas que permitan o funcionamento da biblioteca escolar como: •
Centro de recursos da información, da lectura e da aprendizaxe.
3
Obxectivos propostos, tal como figuran na solicitude de grupo de traballo “Dinamización da biblioteca e proxecto lector”, entregada o 29 de outubro de 2012.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
6
•
Dinamizadora da actividade educativa e da vida cultural do centro.
P Estas decisións deben permitir: Formar lectores e lectoras competentes e crear e consolidar o hábito de lectura. ( Desenvolver actitudes favorables á lectura mediante a creación de ambientes lectores, entre outras estratexias. Integrar as fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico) no tratamento dos contidos curriculares. O funcionamento da biblioteca escolar como factor de compensación social. C Para levar a cabo o anterior preténdese: Aproveitar os fondos e recursos que ofrece a biblioteca do centro e outras bibliotecas, ( incluídas as virtuais. Utilizar a biblioteca escolar do centro [e as TIC]: a) Para obter, organizar, seleccionar, interpretar, valorar e elaborar a información. b) Como centro de recursos multimedia para a obtención de información e para a aprendizaxe. Actividades
c ) Como modelo para a composición escrita. 1.- Fomento da lectura.
Formular
2.- Educación en
actividades base.
información.
à Actividades base paraà
Dinamización da biblioteca. Apoio a todos os proxectos e programas do centro:
F Todo isto, coa finalidade de: Implantar –progresivamente- un modelo de biblioteca escolar: 4 a)
Que conte co compromiso e a aprobación da comunidade escolar, co fin de garantir unha resposta axeitada ás súas necesidades en materia de información e lectura, así como a estabilidade das iniciativas que se programan.
b)
Que facilite o uso de fontes documentais diversas para o tratamento dos contidos curriculares.
c)
Que integre plenamente as TIC
d)
Cunha xestión centralizada dos seus fondos para un mellor aproveitamento destes (Cfr. Meiga / sitema actual).
e)
Que participe activamente no deseño e práctica do Proxecto lector de centro e que
favoreza o seu uso por parte de toda a comunidade educativa. PROXECTO LECTOR B Aproveitar a biblioteca escolar como recurso fundamental para a posta en marcha do proxecto lector e incluíla na súa elaboración, desenrolo e aplicación. e 4
Como obxectivo final, preténdese a integración no Plan de mellora de bibliotecas escolares. Cfr. DOG 29 maio
2013: ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2013/14. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130529/AnuncioG0164-210513-0001_gl.pdf
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
7
P Elaborar o proxecto lector de centro, documento que debe integrar todas as actuacións do centro destinadas a: - O fomento da lectura, da escritura e da educación en información (uso crítico da información). - Apoiar a adquisición das competencias básicas.5 F
Repensar –coa oportunidade que ofrece o proxecto lector- as prácticas docentes relacionadas coa lectura e a escritura e a educación en información, a prol da mellora da calidade do ensino e da construción dunha sociedade lectora. Sistematizar algunhas das actividades -deseñadas ou por deseñar- a prol da lectura a través do proxecto lector de centro.
T Deseñar un proxecto lector para desenvolver a medio prazo, mediante un traballo progresivo e continuado en varias fases: Análise do contexto/Sensibilizaciónà Planificación à Desenvolvemento e avaliación. Elementos.
Recoller no proxecto lector os seguintes elementos: a) Análise da situación da lectura e da escritura no centro (punto de partida do PL). b) Obxectivos, fundamentos e organización. c) As intervencións precisas. P Facilitar o acceso dos membros da CE ao deseño e posta en marcha do proxecto lector, implicando –na medida do posible- a:
O profesorado do centro: Departamentos + Equipo de biblioteca + Orientación + Equipo de normalización lingüística6.
Comunidade escolar (propostas de representantes no Consello Escolar).
Coordinación / Supervisión (CCP) / Aprobación (Claustro+Consello Escolar).
5
Un dos obxectivos do proxecto lector é apoiar a adquisición das competencias básicas (comunicación lingüística; matemática; coñecemento e interacción co mundo físico; tratamento da información e competencia dixital; social e cidadá; cultural e artística; para aprender a aprender; autonomía e iniciativa persoal). De todas elas, incídese especialmente na formación de lectores competentes e autónomos, educados no uso crítico da información, polo que hai que facer fincapé nas competencias en comunicación lingüística, competencia en tratamento da información e competencia dixital, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e competencia en autonomía e iniciativa persoal. 6
DOG. Decreto 133/2007. Deseño e posta en marchaProfesorado (distintas áreas-materias) + biblioteca escolar + bibliotecas de aula: Participación de profesorado das distintas áreas, materias e ciclos. Incorporación da biblioteca escolar e as bibliotecas de aula como recursos fundamentais para a posta en marcha do proxecto lector. O seu deseño e posta en marcha son competencia de todo o equipo docente e estarán coordinados preferentemente pola persoa responsable da biblioteca escolar.Fundamentos do PL. Implicación de todo o profesoradoà Programacións / Adicación tempo diario.O profesorado de todas e cada unha das áreas e materias de todos os niveis educativos, incluirá nas súas programacións as actividades previstas no proxecto segundo a temporalización que nel se acorde, determinando a dedicación real dun tempo mínimo diario para a lectura e a inclusión de prácticas de comprensión e fomento da lectura e da escritura.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
8
Crear un documento a medio prazo, flexible, consensuado, realista, contextualizado e operativo. Contemplar as posibilidades de aplicación do proxecto lector en todos os niveis educativos. Aproveitar os recursos do entorno (bibliotecas públicas, familiares e outras infraestruturas culturais). R Integrar o proxecto lector noutros documentos do centro: Proxecto Lectorà Plan Anual de Lectura7à Programación Xeral Anual.
OBXECTIVOS DE FORMACIÓN. 1.- Intercambiar entre os membros do grupo de traballo toda a información sobre as bibliotecas escolares que poida ser necesaria e procedente, creando as canles adecuadas para que chegue a todos os membros. 2.- Solicitar a formación externa necesaria para levar a cabo a consecución dos obxectivos previstos e para desenvolver adecuadamente as competencias profesionais docentes:
Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación.
Asesores e asesoras de bibliotecas escolares dos CFR.
7
O proxecto lector debe ser a referencia para a elaboración de programas ou plans anuais de lectura, que se incluirán na programación xeral anual. Plan anual de lectura. Programa anual de obxectivos e accións para o desenvolvemento do proxecto lector de centro. Inclúese na Programación Xeral Anual. Aspectos que recolle: Obxectivos / Espazos e tempos de lectura / Dinamización biblioteca escolar [Seccións da BE: bibliotecas de aula ou departamento] / Rutinas de lectura (Actividades sistemáticas, na hora da biblioteca ou na Hora de ler) / Recursos humanos / Itinerarios lectores / Actividades programadas e temporizadas / Ler en familia / Seguimento e avaliación.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
9
3.2.- OBXECTIVOS ACADADOS.
Obxectivos acadados: Obxectivo 1 Obxectivo 3 Obxectivo 12 Obxectivos de
Redeseñar os espazos dentro da propia biblioteca. Trasvasar os datos do programa GBWIN ao MEIGA. Fomentar as actividades de lectura. Intercambiar entre os membros do grupo de traballo toda a información sobre as
formación
bibliotecas escolares que poida ser necesaria e procedente, creando as canles adecuadas para que chegue a todos os membros. Solicitar a formación externa necesaria para levar a cabo a consecución dos obxectivos previstos e para desenvolver adecuadamente as competencias profesionais docentes
Obxectivos acadados parcialmente (entendemos que estamos no comezo dun traballo que debe ser mellorado e completado progresivamente): Obxectivo 2 Obxectivo 6
Renovar o equipamento informático. Completar a dotación bibliográfica naquelas áreas menos atendidas no fondo da biblioteca tanto de libros informativos como de libros de ficción (cómics,
Obxectivo 11
literatura xuvenil, novidades). Potenciar o labor do equipo de profesorado que colabore na formación de usuarios e educación documental de outros profesores e do alumnado. Participar no proceso de documentación para a realización de actividades docentes, complementarias e extraescolares.
Foi iniciado: Obxectivo 10
Redactar o Proxecto Lector do Centro. Actualizar ese Proxecto Lector cun Plan Lector renovable ano a ano.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
10
OBXECTIVOS ACADADOS. MATIZACIÓNS. Foi acadado completamente o obxectivo 3: trasvasáronse os datos do programa GBWIN ao MEIGA e, desde ese momento, comezouse a utilizar o sistema; tamén foi adquirido un lector de código de barras. Pero entre os obxectivos acadados hai algúns que, en realidade, máis que acadados, foron iniciados (entendemos que estamos ante un traballo a longo prazo): Obxectivo 1: Redeseñar os espazos dentro da propia biblioteca. Foron moitos os cambios realizados na biblioteca no referente aos espazos, pero houbo que facelos co material que xa tiñamos (coa excepción da adquisición de catro pufs). O único que puidemos facer –por falta de financiamento- foi reciclar e reutilizar o material existente. A biblioteca aínda non está a día de hoxe como debería estar: falta mobiliario e material bibliográfico. Obxectivo 12: Fomentar as actividades de lectura. Como exporemos a continuación, dinamizar unha biblioteca e redactar un proxecto lector leva implícito fomentar as actividades de lectura. Aproveitamos os logros do pasado, pero a nova sociedade da información, a necesidade da alfabetización informacional, esixe dar un paso adiante neste aspecto que integre, ademais dos soportes textuais tradicionais, os soportes dixitais e os recursos que aportan as TIC.
Obxectivos de formación do profesorado. Intercambiouse información entre os membros do grupo de traballo, solicitouse formación externa… Con todo, debemos: a) Mellorar a canle de comunicación; para iso, propoñemos a creación dunha web -paralela ao blog da biblioteca-, adicada a “Información e xestión da biblioteca”. b) Continuar mellorando a formación externa (para levar a cabo a consecución dos obxectivos previstos e desenvolver adecuadamente as competencias profesionais docentes), tendo sempre presente a actualización e posta ao día, tanto nas TIC, como nos temas referentes a biblioteca, animación á lectura e ALFIN. Propoñemos que aqueles aspectos ou ferramentas que poidan ser de utilidade para a comunidade educativa figuren na páxina anteriormente citada.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
11
OBXECTIVOS ACADADOS PARCIALMENTE.. Debemos mencionar nesta memoria as causas que impediron a consecución total destes obxectivos. Obxectivo 2: Renovación do equipamento informático. Mercouse un ordenador -necesario como soporte de Meiga- e cambiáronse as pantallas e teclados, pero queda moito por facer neste aspecto se pretendemos integrar as TIC na biblioteca (e viceversa). Obxectivo 6: Completar dotación bibliográfica. Habería moito que completar no referente á dotación bibliográfica e, se non se fixo, foi por falta de financiamento: a biblioteca contou no 2012-2013 coa dotación do Plan Lía e do Club de Lectura. A primeira adicouse –como estaba indicado- a mobiliario e equipos informáticos. O Club de Lectura, co financiamento recibido no curso 2012-13, adicou o seu presuposto a completar a dotación bibliográfica nas áreas máis desatendidas (xuvenil, cómic e novidades). Obxectivo 11: Colaboración do profesorado. Presentouse na CCP a liña que a biblioteca pretendía seguir e solicitouse a colaboración departamentos-biblioteca mediante cinco intervencións precisas 8: sistematización de actividades, elaboración de itinerarios lectores, creación de ambientes lectores, lectura en todo tipo de soportes e revisión dos fondos, mesmo o profesor como modelo lector. A colaboración foi total no referente á revisión do material bibliográfico (hai rexistrados no centro 18.000 volumes). O seguinte paso concretaríase en favorecer a implicación do profesorado –na medida do posible- nos restantes aspectos. Obxectivo 10: Redacción do Proxecto Lector do centro. Polas razóns anteriormente expostas, a redacción do PL encóntrase na fase inicial (Análise do contexto / Sensibilización à Planificación).
8
Cfr. anexo I.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
12
3.3.- OBXECTIVOS NON ACADADOS. Dos obxectivos propostos, non foron acadados os que seguen: O4
Mellorar a seguridade dos fondos bibliográficos estudando a instalación dun
O5
sistema de detección de saída non autorizada de exemplares. Concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro, instalando o mobiliario e o equipamento axeitado para permitir o depósito de material multimedia e a realización e custodia das copias de seguridade aconsellables,
O7
especialmente no referente a cintas de vídeo de previsible caducidade. Centralizar o rexistro dos materiais audiovisuais dos departamentos.
O8
Están centralizados os materiais textuais. Compilar unha hemeroteca dixital reunindo, mediante a súa dixitalización, os fondos documentais dos departamentos didácticos e facéndoos accesibles ao través da intranet do centro. Modernizar, concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro
O9
(DVDs de películas, documentais, etc.)
CAUSAS. Ao final do proceso non foron acadados os obxectivos arriba expostos, debido ás seguintes causas: a) Obxectivo 4, relativo á seguridade dos fondos bibliográficos e á saída non autorizada de exemplares. Non se estudou o citado sistema de detección por falta de tempo e, se cadra, porque tampouco o viamos –a día de hoxe, cos fondos de que dispoñemos- urxente e necesario: á parte de que o bibliotecario controla o sistema de préstamo como o viña facendo todos estes anos, os alumnos están respectando escrupulosamente o material. b) Obxectivos 5, 7, 8 e 9, todos eles relativos ao material multimedia. De novo, falta de tempo: priorizamos este ano a sistematización dos fondos bibliográficos e deixamos para o próximo ano os dixitais.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
13
4.- CONTIDOS DESENVOLVIDOS E ACTIVIDADES REALIZADAS. A) XESTIÓN TÉCNICA E ORGANIZACIÓN. SISTEMA MEIGA •
Cambio de sistema de xestión (de GBWIN a MEIGA). Actualizacións necesarias.
•
Actividades e formación para o coñecemento e manexo do programa.
FONDOS
•
Redistribución e recolocación dos fondos da biblioteca. Expurgo e catalogación. Fases: 1.- Revisión de todos os volumes da biblioteca. 2.- Distribución por materias (por departamentos, atendendo tamén aos criterios da CDU). 3.- Selección dos libros por parte de cada departamento, diferenciando: a) Material que debe quedar na biblioteca (pola súa utilidade real nunha biblioteca escolar). b) Material que debe estar no departamento (pola súa especificidade). c) Material que estaba no departamento e debe pasar á biblioteca 9. d) Material que debe pasar ao arquivo. e) Material que pode ser eliminado. 4.- Reubicación na biblioteca do material de cada departamento atendendo á organización por departamentos e ós criterios da CDU: cfr. plano. 5.- Elaboración de rótulos e carteis por parte do alumnado de 1º ESO en proxecto interdisciplinar. O deseño parte do propio proxecto (Soportes lectores: do códice á imprenta, da imprenta ao lector conectado). Tentaron reproducir os códices medievais utilizando imaxes das Cantigas de Santa María. Cfr. carteis. Material
Fondos (antes da intervención / despois da intervención).
presentado
Plano. Carteis. Fotografías.
http://issuu.com/tristana2/docs/fondos_4a
9
Non todos os departamentos están no mesmo punto nesta fase.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
14
MOBILIARIO / ESPAZOS. •
Redistribución e reciclaxe de mobiliario da biblioteca.
•
Instalación dun punto de traballo multimedia específico.
•
Deseño dun espazo de lectura relaxada: reciclaxe da moblaxe necesaria.
•
Adquisicións: ordenador para ser utilizado como soporte do programa Meiga; lector código de barras; pantallas e teclados para os ordenadores dos alumnos.
B) DINAMIZACIÓN. 1.- Formación de usuarios da biblioteca. •
Elaboración dun tríptico coas normas de uso da biblioteca.
•
Elaboración do plano da biblioteca.
•
Formación de usuarios de biblioteca: explicacións guiadas. Material
Tríptico.
presentado
http://issuu.com/tristana2/docs/tr__ptico
2.- Difusión dos recursos dispoñibles na biblioteca. •
Difusión das novas adquisicións da biblioteca (en principio, a través do boletín da Biblioteca).
•
Exposición de novidades.
•
Creación de “ambientes lectores” en diferentes lugares do centro, a fin de facer visible a biblioteca ao exterior. Esta actividade concretarase fisicamente no curso 2013-14.
•
Publicidade das actividades. Boletín da biblioteca: “Socas informa”,
taboleiro de
biblioteca, web do centro, materiais (tríptico, pegatinas…) •
Difusión dos recursos da biblioteca desde as clases. Material
“Socas informa” .
presentado
http://issuu.com/tristana2/docs/socas_informa_4b2
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
15
3.- Educación para o acceso á información (tratamento de información e competencia dixital). •
Punto TIC da biblioteca: renovación e potenciación con actividades relacionadas coa ALFIN.
•
Actividade formativa para o alumnado nas técnicas de procura de información documental usando material impreso e dixital (desde a propia biblioteca, co proxecto interdisciplinar en 1º ESO, atención educativa, titorías...) 10.
•
Colaboración co alumnado no uso das ferramentas TIC para a elaboración dos seus traballos.
•
Exposición de traballos anteriormente reseñados realizados polos alumnos. Actividade en proceso: enlace sindicador de contidos.
4.- Fomento da lectura. •
Sesións do club de lectura.
•
Blog da biblioteca.
•
Conferencias: p.e. Antonio Rodríguez Menéndez, José Domingo…
•
Excursións. Itinerarios reais e virtuais. P.e. “Soportes lectores: do códice á imprenta ao lector conectado; Sobrado dos Monxes-Santiago”, “Rosalía en Santiago”. Itinerarios “Cumpren anos”…
•
Lector conectado. Funcionamento das tablets como soporte lector 11. Material
Club de lectura. Blog da biblioteca. Conferencias. Excursións.
presentado
http://issuu.com/tristana2/docs/memoria_club_lectura_4b4 http://issuu.com/tristana2/docs/sesi__ns_club_lectura_4b4 http://issuu.com/tristana2/docs/blog_4b4
10
Por poñer un exemplo, dentro da actividade “Cumpren anos”, que será explicada máis adiante, hai unha parte adicada á documentación: os alumnos recollen información de distintas fontes relativa ás diferentes efemérides, clasifícana e dana a coñecer, poñéndoa a disposición do alumnado que desexa traballar sobre eses temas. 11
Dispoñemos de tablets que poden ser utilizadas como soporte lector. O seu uso está en fase experimental. Seguimos os pasos do proxecto-piloto E-LBE, lectores electrónicos nas bibliotecas escolares. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/507 e as experiencias de centros que están poñendo en práctica este sistema.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
16
http://issuu.com/tristana2/docs/conferencia_4b4 http://issuu.com/tristana2/docs/excursi__n 5.- Apoio a outros programas e proxectos de aula/centro. •
Colaboración con departamentos nos casos en que esta fora acordada ou solicitada. Apoio a actividades dos departamentos (p.e. ciencias naturais: adxuntamos actividades).
•
Día do Libro: “Dickens no Sofía”.
•
Día das Letras galegas: “Rosalía no Sofía”. Rosalía de Castro e Vidal Bolaño.
•
“Cumpren anos”. Efemérides 2013.
•
“Soportes lectores: do códice á imprenta: da imprenta ao lector conectado”.
•
“Faslecturas”.
•
Colaboración coas actividades do Equipo de Dinamización Lingüística: revista Planeta Lingua, sección do EDL na biblioteca, lecturas compartidas, cine …
•
Proxecto de animación á lectura no PCPI (fase experimental: materializarase no curso 2013-14).
Material presentado
Colaboración depto. Ciencias naturais-biblioteca. “ Dickens no Sofía” . “ Rosalía no Sofía” (dentro de “ Cumpren anos” ). Vidal Bolaño. Soportes lectores. Faslecturas.
http://issuu.com/tristana2/docs/ciencias_naturais http://issuu.com/tristana2/docs/dickens_4b5 http://issuu.com/tristana2/docs/rosal__a http://issuu.com/tristana2/docs/cumpren_anos_4b5 http://issuu.com/tristana2/docs/vidal_bola__o http://issuu.com/tristana2/docs/soportes_lectores_4b5 http://issuu.com/tristana2/docs/faslecturas_4b5
6.- Apoio ao desenvolvemento do Proxecto Lector do centro.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
17
•
Funcionamento deste grupo de traballo para comezar a redacción do proxecto lector.
•
Redacción do Proxecto Lector, primeira fase: Análise do contexto / Sensibilización. Inicio da segunda fase: Planificación.
•
Comunicación cos departamentos. 5 intervencións + guía-plano + itinerarios, Informar. Itinerarios lectores.
•
Información na CCP, no Claustro e no Consello Escolar12. Material
Documento “ Colaboración departamentos-biblioteca” .
presentado
http://issuu.com/tristana2/docs/colaboraci__n_departamentos
7.- Apoio ao estudo e outras actividades desde a biblioteca para a compensación das desigualdades sociais. •
Subministración de material de consulta e libros de lectura.
•
Acceso a equipamento informático (xestionado desde a biblioteca) para alumnos que non dispoñan destes recursos.
8.- Solicitude do PLAMBE. Consecuencia do anterior:
•
Preparación da biblioteca (no relativo a organización, xestión e dinamización: cfr. puntos anteriores), así como da documentación necesaria para a solicitude do PLAMBE13.
12
Adxúntase (cfr. anexo I) a información exposta na CCP e enviada a todos os profesores. Pendente a reunión de claustro e consello escolar. 13
DOG 29 maio 2013: ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas
escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2013/14. http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130529/AnuncioG0164-210513-0001_gl.pdf
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
18
5.- CRITERIOS E PROCESOS DE AVALIACIÓN EMPREGADOS. 5.1.- AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS DO PROXECTO. Tentamos ir mellorando as distintas actuacións a medida que se ía desenvolvendo o proxecto; para iso tivemos en todo momento presente o grao de cumprimento dos obxectivos, facendo unha avaliación continua dos feitos. Analízase a continuación cada obxectivo (numerado, tal como está exposto no punto 3): O1
Redeseñar os espazos dentro da propia biblioteca. Racionalizaronse os espazos da biblioteca para acoller simultanemente distintas actividades: lectura relaxada, estudo, consulta de ordenadores. Redeseñáronse os espazos,
fixéronse algunhas reformas para facilitar a mobilidade do mobiliario
existente, reciclouse material… Non se puido decorar de forma atractiva e moderna a biblioteca –pola falta de financiamento-, pero parece que, cos medios existentes, o obxectivo de atraer novos usuarios foi conseguido. O2
Renovar o equipamento informático. Seleccionáronse os equipos imprescindibles, atendendo ao escaso orzamento do que se dispuña. Non se adquiriron novos ordenadores: só de cambiaron as pantallas e teclados dos existentes (o acceso a internet segue a ter a mesma rapidez ca antes). Tampouco se puido adquirir unha impresora para o uso controlado do alumnado. Periodicamente se comproba o funcionamento do punto TIC. Redactouse un regulamento de uso dos ordenadores para os alumnos (visible desde o punto TIC).
O3
Trasvasar os datos do programa GBWIN ao MEIGA. Solicitouse o cambio aos responsables do programa Meiga, seguíronse as súas instrucións. A día de hoxe poden consultarse os fondos dende calquera ordenador 14 e formar parte dun sistema no que están interrelacionadas a maior parte das bibliotecas de Galicia. Deixamos para o ano próximo a posta en práctica do sistema automático de xestión de préstamos, mediante sistemas de lectura de códigos de barras.
O45
Mellorar a seguridade dos fondos bibliográficos estudando a instalación dun sistema de detección de saída non autorizada de exemplares. Concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro, instalando o
14
http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED105
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
19
mobiliario e o equipamento axeitado para permitir o depósito de material multimedia e a realización e custodia das copias de seguridade aconsellables, especialmente no referente a cintas de vídeo de previsible caducidade. Como indicamos, pospoñemos a materialización destes obxectivos, a fin de atender outras prioridades. O6
Completar a dotación bibliográfica naquelas áreas
menos atendidas no fondo da
biblioteca, tanto de libros informativos como de libros de ficción (cómics, literatura xuvenil, novidades). Instalouse na biblioteca un buzón de suxestións, que son atendidas na medida das posibilidades económicas (e da calidade das obras solicitadas). Como xa indicamos, os problemas de financiamento impediron facer máis adquisicións que as permitidas polo presuposto do club de lectura. En canto aos departamentos, temos pendente unha renovación do material dispoñible na biblioteca: unha vez máis, problemas de presuposto. O7
Centralizar o rexistro de todos os materiais (textuais e audiovisuais) dos Departamentos. Solicitouse a colaboración dos xefes de departamento a fin de reorganizar o material textual. Evitando as duplicacións e a infrautilización do material, gañouse espazo e claridade: neste momentos, pódese acceder de forma clara e directa aos materiais textuais da biblioteca; a día de hoxe conseguiuse o obxectivo que se pretendía: o alumno pode ser un usuario autónomo na biblioteca, capaz de localizar un libro sen a axuda do bibliotecario. Non é así no caso do material audiovisual, que queda pendente. En canto ao espazo gañado, é necesario para cando se poidan adquirir os novos materiais que son tan necesarios nunha biblioteca escolar.
O89
Compilar unha Hemeroteca Dixital reunindo, mediante a súa dixitalización, os fondos documentais dos departamentos didácticos e facéndoos accesibles ao través da intranet do centro. Modernizar, concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro (DVDs de películas, documentais, etc.) Pospostos: falta de tempo e necesidadade de dar prioridade ao material textual.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
20
O10
Redactar o Proxecto Lector do Centro. Formouse este grupo de traballo non só para dinamizar a biblioteca, senón tamén para iniciar a redacción do proxecto lector. A estas alturas, estamos na fase inicial: analizado o contexto, estamos na sensibilización, adiantando xa a 2ª fase (planificación). Os departamentos foron debidamente informados: responsables da biblioteca expuxeron a información na CCP (13-12-2012). Ese mesmo día, o documento presentado na CCP foi enviado por correo electrónico a todos e cada un dos profesores do centro (cfr. documento en anexo I). Tentábase así elaborar un proxecto co concurso de todos os departamentos, tal como dispón a normativa vixente, para poder actualizar ese proxecto lector cun plan anual de lectura 15.
O11
Potenciar o labor do equipo de profesorado que colabore na formación de usuarios e educación documental de outros profesores e do alumnado. Participar no proceso de documentación para a realización de actividades docentes, complementarias e extraescolares. É fundamental, a día de hoxe, a alfabetización informacional. Debemos formar usuarios desde as propias clases e desde a biblioteca, e a ser posible de xeito interdisciplinar. Usuarios que saiban documentarse para logo producir 16. Os alumnos – previamente formados e informados- deben participar de xeito práctico: buscan información (en diferentes soportes: textuais, audiovisuais e dixitais), seleccionan, organizan e finalmente producen. En todas as fases hai que contar co material textual, pero tamén coas TIC, que deben entenderse aquí como un medio, non como un fin en si mesmas. Iinteresa o continente, pero fundamental é partir dun bo contido. Nesta liña, pretendíase facer da biblioteca un centro de formación de usuarios da propia biblioteca (na que poden buscar e producir información), pero tamén de calquera outra biblioteca, a fin de que, en calquera contexto e lugar, poidan combinar a sabedoría do pasado cos
15
Segundo o exposto no DOG (Anexo V do Decreto 133/2007, relativo ao proxecto lector):
Seguimento e avaliación do Proxecto Lector: Do Proxecto Lector.Realizarase unha avaliación continuada dos avances ou dificultades da posta en marcha do proxecto e das súas concrecións nos plans anuais de lectura. De aspectos relacionados co hábito lector.Para a avaliación de aspectos relacionados co hábito lector teranse en conta: a) Non só os índices de lectura, senón tamén… b) A capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e ser quen de enfrontarse a textos cada vez máis complexos. c) A actitude do alumando diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.
Podemos poñer como exemplo a actividade “Cumpren anos”, que comezou con Dickens, continuou con Rosalía e deu paso a producións de alumnos que están en elaboración e serán presentadas ao longo deste curso académico e do que vén http://edu.symbaloo.com/mix/educacion88 16
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
21
recursos e a sabedoría do presente. O12
Fomentar as actividades de lectura. Incrementouse o número de usuarios e de actividades especialmente nos niveis de acollida de alumnado externo (1ºESO e 1º bacharelato) 17. Estaba previsto analizar o número de usuarios mediante as estatísticas xeradas polo propio programa de xestión, cuantificar as actividades realizadas e analizar a calidade mediante enquisas, pero deixamos isto conscientemente para dar prioridade aos materiais producidos polos alumnos (ou en produción): necesitan asesoramento e, a día de hoxe, interesa o proceso, non tanto o resultado.
17
Cfr. punto 4, “Contidos desenvolvidos e actividades realizadas”, especialmente “Dinamización” (puntos 2 e 5).
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
22
AVALIACIÓN DOS OBXECTIVOS DO PROXECTO: RESULTADOS DA AVALIACIÓN. O grupo de traballo avaliou o grao de cumprimento dos obxectivos ao final do proceso. Avaliamos, do 1 (mínimo) ao 5 (máximo): O1 O2 O3 O45
Redeseñar os espazos dentro da propia biblioteca. Renovar o equipamento informático. Trasvasar os datos do programa GBWIN ao MEIGA. Mellorar a seguridade dos fondos bibliográficos estudando a instalación dun
4 4.5 5 Pospostos
sistema de detección de saída non autorizada de exemplares. Concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do centro, instalando o mobiliario e o equipamento axeitado para permitir o depósito de material multimedia e a realización e custodia das copias de seguridade aconsellables, especialmente no referente a cintas de vídeo de previsible O6
caducidade. Completar a dotación bibliográfica naquelas áreas
menos atendidas no
3
fondo da biblioteca, tanto de libros informativos como de libros de ficción O7
(cómics, literatura xuvenil, novidades). Centralizar o rexistro de todos os materiais (textuais e audiovisuais) dos
4.5
O89
Departamentos. Pendente: centralizar os materiais audiovisuais. Compilar unha Hemeroteca Dixital reunindo, mediante a súa dixitalización,
Pospostos
os fondos documentais dos departamentos didácticos e facéndoos accesibles ao través da intranet do centro. Modernizar, concentrar, conservar e divulgar os materiais multimedia do O10 O11
centro (DVDs de películas, documentais, etc.) Redactar o Proxecto Lector do Centro. Potenciar o labor do equipo de profesorado que colabore na formación de
2.5 3
usuarios e educación documental de outros profesores e do alumnado. Participar no proceso de documentación para a realización de actividades O12
docentes, complementarias e extraescolares. Fomentar as actividades de lectura.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
4.5
23
5.2.-
AVALIACIÓN DO PROPIO PROXECTO E DA SÚA REPERCUSIÓN NA
PRÁCTICA EDUCATIVA. O grupo de traballo avaliou estes aspectos (do 1 ao 5, sendo 1 o mínimo e 5 o máximo): Valoración das producións en grupo.
3.5
Aplicación e repercusión do proxecto na práctica educativa.
3.5
Metodoloxía empregada.
4
Grao de satisfacción do grupo co traballo realizado.
5
Organización dos recursos humanos e materiais.
5
Reflexións realizadas, logros e incidencia do proxecto.
4
Propostas de mellora e, se procede, de continuidade do traballo. -
Temos que continuar o vindeiro curso co mesmo ánimo ca este.
-
Rematar a redisposición de espazos coas mesas novas, a escaleira, mesa e cadeira de bibliotecario, moble de audiovisuais, porta…
-
Rematar a rotulación que case está.
-
Rematar o expurgo e ordenación nas materias que faltan.
-
Facer carnés, difundir o meiga, aproveitar todas a súas potencialidades.
-
Expandir as nosas actividades de fomento da lectura: hora de ler, trípticos, boletíns, …
-
Continuar co Club de Lectura e mellorar.
-
Cumpren anos por todo o alto con exposicións.
-
Organizar, cando falte Armando, o sistema de gardas.
-
Difusión das actividades: blog, revista, taboleiro, moble exterior…
-
Profundización no ALFIN e formación de usuarios.
-
Axilizar sistema de comunicación: sindicador de contidos.
-
Creaión dunha web de organización e xestión.
-
Continuar a formación en ferramentas TIC aplicadas á biblioteca e ALFIN.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
24
6.- CONCLUSIÓNS: LOGROS E INCIDENCIA NO CENTRO. Non parece que corresponda aos que formamos este grupo dar conta dos “logros e incidencia no centro” dos aspectos relativos ao grupo de traballo “Dinamización da biblioteca e proxecto lector”. Ata que punto hai que considerar como “logros” determinadas actuacións? Que incidencia tiveron no centro os cambios potenciados polo equipo da biblioteca? Non podemos dar resposta a estas preguntas, pero si rexistrar unha serie de feitos que se produciron no 20122013 en relación coa biblioteca do IES Sofía Casanova: 1. Espazos. Redeseñáronse os espazos dentro da propia biblioteca para acoller simultanemente distintas actividades: lectura relaxada, estudo, consulta de ordenadores… Non se puido decorar de forma atractiva e moderna a biblioteca –pola falta de financiamento-, pero parece que, cos medios existentes, o obxectivo de atraer novos usuarios foi conseguido. 2. Programa Meiga. Coa incorporación deste programa, conseguiuse situar a biblioteca do IES Sofía Casanova nunha rede na que están integrada a maioría das bibliotecas de Galicia. Así mesmo, facilitouse a consulta dos fondos bibliográficos desde calquera punto. 3. Fondos. Realizouse unha tarefa de expurgo e recolocación do material bibliográfico, para facilitar o acceso autónomo e claro á información. Solicitouse a colaboración dos departamentos a fin de reorganizar o material textual. Evitando as duplicacións e a infrautilización do material, gañouse espazo e claridade: neste momentos, pódese acceder de forma áxil e directa aos materiais textuais da biblioteca; a día de hoxe conseguiuse o obxectivo que se pretendía: o alumno pode ser un usuario autónomo na biblioteca, capaz de localizar un libro sen a axuda do bibliotecario. En canto ao espazo gañado, é necesario para cando se poidan adquirir os novos materiais que son tan necesarios nunha biblioteca escolar. Ademais, renováronse –na medida das poucas posibilidades que tiñamos- as seccións máis desatendidas (xuvenil, cómic e novidades), co que isto supón na animación á lectura. 4. Fomento da lectura. Formación de usuarios da biblioteca. Fomentáronse as actividades de lectura: sesións do club de lectura, blog da biblioteca, actividades dos alumnos…
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
25
Incrementouse o número de usuarios e de actividades especialmente nos niveis de acollida de alumnado externo (1ºESO e 1º bacharelato) 18. Formáronse usuarios da biblioteca, que poden contribuír á formación dos seus compañeiros. Deuse publicidade ás actividades, especialmente a través do blog da biblioteca, taboleiro de biblioteca, web do centro, materiais (tríptico, pegatinas…). Intentouse facer visible a biblioteca ao exterior. Podemos poñer como exemplo a actividade “Cumpren anos”, que comezou con Dickens, continuou con Rosalía e deu paso a producións de alumnos que están en elaboración e serán presentadas ao longo deste curso académico e do que vén. Os alumnos –previamente formados e informados- participan de xeito práctico: buscan información (en diferentes soportes: textuais, audiovisuais e dixitais), seleccionan, organizan e finalmente producen. En todas as fases hai que contar co material textual, pero tamén coas TIC, que deben entenderse aquí como un medio, non como un fin en si mesmas. Pretendíase facer da biblioteca un centro de formación de usuarios, non só da propia biblioteca, senón tamén de calquera outra, a fin de que, en calquera contexto e lugar, poidan combinar a sabedoría do pasado cos recursos e a sabedoría do presente. 5. Comunicación entre o profesorado. Colaboración departamentos-biblioteca. Intercambiouse información entre os membros do grupo de traballo, solicitouse formación externa e mellorouse a comunicación cunha parte do profesorado do centro. Presentouse na CCP a liña que a biblioteca pretendía seguir e solicitouse a colaboración departamentos-biblioteca mediante cinco intervencións precisas 19: sistematización de actividades, elaboración de itinerarios lectores, creación de ambientes lectores, lectura en todo tipo de soportes e revisión dos fondos, mesmo o profesor como modelo lector. A colaboración foi total no referente á revisión do material bibliográfico (hai rexistrados no centro 18.000 volumes). O seguinte paso concretaríase en favorecer a implicación do profesorado –na medida do posible- nos restantes aspectos. Esta colaboración xa se materializou con determinados departamentos, que achegaron ideas e material a proxectos da biblioteca: p.e. música, debuxo, ciencias, tecnoloxía, historia…
18
19
Cfr. punto 4, “Contidos desenvolvidos e actividades realizadas”, especialmente “Dinamización” (puntos 2 e 5).
Cfr. anexo I.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
26
6. Proxecto lector. Este grupo de traballo ten entre as súas tarefas comezar a redacción do proxecto lector. Iniciouse a devandita redacción: encóntrase na fase inicial (Análise do contexto / Sensibilización à Planificación). 7. Por todo o anterior -sempre coa idea de ir mellorando as actuacións, e en colaboración co profesorado- cremos estar en disposición de solicitar a entrada no PLAMBE para o curso 2013-14: un centro como o IES Sofía Casanova, cunha biblioteca de longa tradición, debe intentar participar nos programas de mellora.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
27
7.- RELACIÓN DETALLADA DOS MATERIAIS DIDÁCTICOS ELABORADOS E DOS DOCUMENTOS QUE SE ENTREGAN. SOPORTE INFORMÁTICO A) Materiais elaborados que se entregan:
1. Fondos (antes da intervención / despois da intervención). 2. Plano. 3. Carteis. 4. Tríptico. 5. “Socas informa”. 6. Memoria club de lectura. 7. Sesións club de lectura. 8. Blog da biblioteca. 9. Conferencias. 10. Excursións. 11. Colaboración depto. Ciencias naturais-biblioteca.
12. “Dickens no Sofía” . 13. “Rosalía no Sofía” . 14. “Cumpren anos”. 15. Vidal Bolaño: lecturas dramatizadas. 16. Soportes lectores: evolución. 17. Faslecturas. 18. Documento “Colaboración departamentos-biblioteca”. B) Memoria final da actividade. SOPORTE PAPEL. Documentos que se entregan: 1. Relación da documentación entregada e ficha informativa de materiais. 2. Follas de asistencia asinadas. 3. Acta resumo final.
ANEXO I
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
28
BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR / DEPARTAMENTOS Documento visto en CCP (13 decembro 2013) e enviado ese mesmo día a todo o profesorado do centro.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
29
BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR / DEPARTAMENTOS 1.- XUSTIFICACIÓN.
a) Necesidade de adaptar a biblioteca –no seu funcionamento e características- aos modelos de bibliotecas escolares de Galicia
BIBLIOTECA ESCOLAR
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ b) Uti b) Utilidade de poñer en práctica o exposto na 20
lexislación vixente :
PROXECTO LECTOR
1.- Adicación á lectura dun tempo na práctica docente (de todas as materias): Decreto 133/2007, artigo 5º, punto 5: “(…) Os centros docentes garantirán na práctica docente de todas as materias un tempo dedicado á lectura en todos os cursos da etapa, de acordo co proxecto lector do centro, ao constituír a lectura un factor esencial para o desenvolvemento das competencias básicas”. 2.- Posta en práctica de aspectos expostos no anexo V do Decreto133/2007 -relativo ao Proxecto lector de centro- que se concretarán no Proxecto Lector do IES Sofía Casanova.
Sistem Sistematización actividades + Educación en información + Itinerarios lectores + Ambientes lectores... “LECTOR CONECTADO21”
2.- PROXECTO LECTOR: PRESENTACIÓN.
20
•
Documento adxunto.- Selección do exposto na presentación que figura ao final da páxina http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=category/10/22).
•
Para ver a presentación completa, pulse enlace anterior. Ao final da páxina:
Decreto 133/2007à
21
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Ref.ED_7.pdf
http://ecosdesumer.wordpress.com/2012/08/15/el-lector-conectado-luis-gonzalez-de-la-sanchez-ruiperez/
De http://www.fundaciongsr.com/story.php?id=394 “Por último, el lector de este tiempo es un lector conectado. Una de las cinco ideas fundamentales del plan es que en el siglo XXI los lectores comparten su actividad lectora y que por primera vez tienen una presencia que deja de ser anónima. Los canales de comunicación e intercambio que aportan los social media permiten dotar de identidad al lector y que éste disponga de recursos para difundir sus criterios sobre las lecturas, poner en marcha un sistema de prescripción e incluso de relación con los autores”.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
30
3.- BIBLIOTECA E PROXECTO LECTOR NO IES SOFÍA CASANOVA. OBXECTIVOS
Fomentar o hábito da lectura. Educar no uso crítico da información22.
COLABORACIÓN DEPARTAMENTOS - BIBLIOTECA:
5 INTERVENCIÓNS PRECISAS. 1.- Sistematización de actividades:
Fomento da lectura. Tratamento da información. Recompilación das actividades realizadas e por realizar. P.e., desde a Biblioteca, Club de Lectura e Blog: http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/
2.Elab orac ión de itine rari os lecto res.
Selección de títulos axeitados que teñan algunha relación con cada área de coñecemento, para cada nivel de idade, escollidos con criterios de calidade: Son os libros “que non queremos que se perda o noso alumnado”.
Os dous puntos anteriores serán recollidos no Proxecto Lector de Centro. 3.- Creación de ambientes lectores.
Creación no centro dun clima que favoreza o achegamento aos libros e á lectura: facer visible a biblioteca escolar, facilitar a presenza da lectura –en xeral– e dos libros –en particular– na práctica cotiá, preparar actividades para toda a comunidade escolar, etc.
4.- Soportes-Fondos.
Soportes.- Lectura de todo tipo de textos, en todo tipo de soportes, con todo tipo de finalidades23.
22
Integración das TIC e adaptación progresiva ás novas necesidades da sociedade da información do século XXI. 23
Dende todas as áreas podemos e debemos fomentar a lectura crítica dos nosos alumnos (moitas veces xa se fai, pero non sempre de xeito explícito). Non é un asunto exclusivo das linguas: debería incluír desde a simple lectura comprensiva duns enunciados de problemas de matemáticas, de física, de química, de bioloxía, de tecnoloxía ata a lectura de biografías de persoeiros da cultura, das artes, dos deportes… Abranguería a lectura de textos legais, filosóficos, humanísticos, científicos, económicos, periodísticos… En todo tipo de soportes: libros, revistas, xornais, blogs, foros…E no maior número posible de linguas.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
31
Fondos: Cultura impresa: reorganización / redistribución (Departamentos / Biblioteca). Cultura dixital: catalogación e salvagarda de material multimedia dos departamentos. Elaboración dunha hemeroteca dixital.
5.- Profesor como modelo lector.
Profesor como modelo lector. Profesor como mediador entre o alumnado e as novas fontes de información relacionadas coas TIC (selección e uso crítico).
COLABORACIÓN:
Resulta fundamental a colaboración entre os Departamentos, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca para que estas intervencións –e outras que se poidan artellarsexan o resultado dun consenso, dunha reflexión conxunta. Para iso temos que buscar as canles adecuadas.
Non pretendemos complicar o traballo docente: partindo do que xa se fai, sen esquecer as boas prácticas existentes, poderiamos chegar a elaborar un proxecto que sexa ademais flexible e progresivo.
O Equipo da Biblioteca está formado polo bibliotecario, Armando Alonso (armandoalonso@edu.xunta.es ), e un Grupo de Traballo [“Dinamización da biblioteca e proxecto lector”] asesorado polo CFR de Ferrol: pilarberrio@edu.xunta.es, jbranas@edu.xunta.es, bravodiaz@edu.xunta.es, ditorr@edu.xunta.es, (Daniel Iglesias) clopezsu@edu.xunta.es (Cristina López), gmartin@edu.xunta.es (Gloria Martín), silvar@edu.xunta.es, eslourido@edu.xunta.es (Emilio Saldaña), anaseco@edu.xunta.es, laurasuarez@edu.xunta.es
Reunímonos os luns, ás 11.20, na Biblioteca.
Esperamos as vosas suxestións, observacións, matizacións ou obxeccións.
Ferrol, a 12 de decembro de 2012.
F1205011 Grupo de traballo: Dinamización da biblioteca e proxecto lector. IES Sofía Casanova 2012-2013.
32
Socas, en http://bibliotecasofia.blogspot.com.es/
12-12-12
F1205011 Grupo de traballo: Dinamizaci贸n da biblioteca e proxecto lector. IES Sof铆a Casanova 2012-2013.
33