ROSALÍA: 150 ANOS DE CANTARES GALLEGOS. Rosalía https://sites.google.com/site/rosalianosofia/
Rosalía de Castro viviu no XIX e viviu o XIX: viviu no século e co século. Moitas son as novelas -da época e posteriores- que deron conta de parte deste mundo (da súa clase social, do ambiente, das cuestións políticas, culturais…). Podemos pasear coa autora por Santiago, por Madrid, pola Coruña... Coa autora e con outros personaxes reais ou imaxinarios: non hai máis que ver o texto que nos ocupa, Rosalía. Pero esta é só unha parte do seu mundo; da outra parte, do retrato do rural galego, dos desfavorecidos, da triste realidade da Galicia da época, encargouse ela nos poemas de Cantares gallegos e Follas novas. Hai 150 anos, un domingo 17 de maio, alguén dixo "Has de cantar" a unha meniña gaiteira... e deu voz a todos os que non a tiñan. Rosalía, texto teatral de Otero Pedrayo, adaptado por Vidal Bolaño, revisase agora con todo respecto e humildade: non é nada máis -e nada menos- que un traballo de clase, no que participan os alumnos a través da biblioteca do IES Sofía Casanova. O alumnado de diferentes idades achégase á figura de Rosalía de Castro a través da lectura dramatizada deste texto biográfico, con recitado de poemas da autora e imaxes da época.
Parte do itinerario lector.
Descrición da actividade. Pensando en celebrar as Letras Galegas 2013 e os 150 anos de Cantares Gallegos, decidimos "poñer a andar" esa obra sobre Rosalía que escribiu Otero Pedrayo e adaptou Vidal Bolaño. Alumnado: 1º ESO.- Leron a obra, recitaron poemas, teñen que completar os enlaces do site sobre Vidal Bolaño... Pretenden representala. 1º bacharelato: preparan adapatación da obra; excursión a Santiago, ruta de Rosalía (as casas onde viviu). Traballos en http://edu.symbaloo.com/mix/educacion88
Profesora: revisou a obra, cambiou o texto e engadiu imaxes. Preparou unha presentación na que se dá conta da obra de Rosalía (enlaces), da época e se suxire un itinerario lector. Proposta: Levar a obra ao teatro, protagonizada polos alumnos. Podemos propoñelo como proxecto interdisciplinar en 1º ESO, o ano que vén: partindo da obra, continuar coa adaptación e chegar á representación. Colaboración cos departamentos.- Estase preparando unha actividade de canto sobre poemas de Rosalía.