Poemas para ser recitados acompañando á lectura dramatizada de Rosalía. Por orde alfabética: “Adiós ríos, adiós fontes”, Cantares Gallegos. “Airiños, airiños, aires”, CG. “Alborada”, CG. “Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas. “Campanas de Bastabales”, CG. “Castellanos de Castilla”, CG. “Cruceiro de Ramires”, FN. “Eu cantar, cantar, cantei”, CG. “Follas Novas, risa dáme”, FN. “Has de cantar”, CG. “Mar, coas túas augas sen fondo”, FN. “Miña Santiña”, CG. ”Nasín cando as prantas nasen…”, CG. “Negra sombra”, FN. “Padrón!... Padrón!”, FN. “Unha vez tiven un cravo”, FN. “San Antonio Bendito”, CG.
Textos tirados de: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=RosCastr&alias=Rosal%EDa+de+Castro&solapa=obras http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/
1
“Adiós ríos, adiós fontes”, CG. https://www.youtube.com/watch?v=htcjImv3zCA ou https://www.youtube.com/watch? v=X1Ov9Jryiw0
“Airiños, airiños, aires”, CG. Airiños, airiños aires, Airiños da miña terra, Airiños, airiños aires, Airiños, leváime á ela. Sin ela vivir non podo, Non podo vivir contenta, Qu' á donde queira que vaya, Cróbeme un-ha sombra espesa. Cróbeme un-ha espesa nube Tal preñada de tormentas, Tal de soidás preñada, Qu' á miña vida envenena. Leváime, leváime airiños, Com' un-ha folliña seca, Que seca tamen me puxo A callentura que queima. ¡Ay! si non me levás pronto Airiños da miña terra, Si non me levás airiños Quisais xa non me conesan. Qu' á frebe que de min come, Vaime consumindo lenta, E no meu corazonciño Tamen traidora se ceiba.
2
“Alborada”, CG1. I Vaite noite—Vai fuxindo—Vente aurora—Vente abrindo—Co teu rostro—Que sorrindo—A sombra espanta!!! Canta!... Paxariño canta—De ponliña en ponla—Que o sol se levanta—Polo monte verde—Polo verde monte—Alegrando as herbas—Alegrando as fontes!... Canta, paxariño alegre, Canta! Canta porque o millo medre, Canta! Canta porque a luz te escoite Canta! Canta que fuxeu á noite. Noite escura Logo ven, E moito dura Co seu manto De tristura, Con meigallos E temores, Agoreira De dolores, Agarimo
De pesares. Cubridora En todo mal. Sal!!... Que auroriña O ceu colora Cuns albores Que namora Cun sembrante De ouro e prata Teñidiño De escalrata. Cuns vestidos De diamante Que lle borda O sol amante Entre as ondas De cristal. Sal!... Señora en todo mal, Que o sol Xa brila Nas cunchiñas do areal. Que a luz Do dia Vist'e a terra de alegría, Que o sol Derrete con amor a escarcha fría.
1
“A máis grande dificultade que achei para escribir esta alborada, foi o meu desexo de que saíse nun todo arreglada á música. Conseguin isto, pero foy a custa da poesía, non podía ser doutro modo, cando se dá cun aire tan estraño e tan dificil de acomodarlle letra algunha”, Rosalía de Castro.
3
II. Branca aurora—Vén chegando—E ás portiñas—Vai chamando—Dos que dormen—Esperando—O teu fulgor!... Cor... De alba hermosa Lles estende Nos vidriños Cariñosa, Donde o sol Tamén suspende, Cando aló No mar se tende De fogax Larada viva Despois leve Fuxitiva Triste vago Resplandor.
Se explicando Que te explica Repinica Repinica, na alborada Ben amada Das meniñas Cantadeiras, Bailadoras, Rebuldeiras, Das velliñas Alegriñas, Das que saben Ben ruar. Arriba! Todas, rapaciñas do lugar, Que o sol E a aurora xa vos vveñen despertar: Arriba! Arriba toleirona mocidá! Que aturu— xaremos—cantaremos o ala... lá!!!..
Cantor Dos aires, Paxariño alegre Canta, Canta porque o millo medre Cantor Da aurora Alegre namorado Ás meniñas dille Que xa sal o sol dourado. Que o gaiteiro Ben lavado Ben vestido Ben peitado, Da gaitiña Acompañado Á porta está!... Xa!...
4
“Apresa, Álvaro de Anido”, Follas Novas. Apresa Alvaro d'Anido, Vive moito en pouco tempo, Espolea ó teu cabalo, E espoleandoo revéntao. ¿Qu'importa un nobre cabalo? ¿Qu'importan dous nin trecentos? O qu'importa Alvaro Anido E chegar cedo. Vai d'un polo á outro polo, Re istra os antros terreos, Monta n'a locomotora, Sube n'os grobos aereos, E c'o á centela recorre D'o vacío o espazo inmenso: És homme, e cansarás Alvaro Correndo e correndo. “Campanas de Bastabales”, Cantares Gallegos https://www.youtube.com/watch? v=E9vn8nEdI3g “Castellanos de Castilla” , CG. Castellanos de Castilla, Tratade ben ós gallegos; Cando van, van como rosas, Cando vên, vên como negros. —Cando foi, iba sorrindo; Cando veu, viña morrendo; A luciña d'os meus ollos, O amantiño do meu peito. Aquel máis que neve branco, Aquel de doçuras cheyo, Aquel por quen eu vivia E sin quen vivir non quero. (…)
5
“Cruceiro de Ramires”, FN (“En Corme”)2. II Cruceiro de Ramirez que t'ergues solitario D'os Agros n'a espranada, antr'as rosas d'os campos, O sol d'a tarde pousa, en tí ó postreiro rayo Coma n'un alma triste, pousa un soño dourado. AIgun-ha vez n'o estio, en o teu pé sentada Escoito silenciosa, mentras á tarde acaba: Bai o d'as pedras mudas, que teu sacreto gardan Ma ino que resoa o brando son d'un arpa, ¡Musica incomprensible que d'outros mundos fala! ¡Tal de Memnon s'oian ô amañecer n'a estatua, Aqueles sons divinos que as almas encantaban!
“Eu cantar, cantar, cantei”, CG Eu cantar, cantar, cantei, a grasia non era moita, que nunca, (delo me pesa) fun eu meniña grasiosa.. (…) mas donde a grasia me falta o sentimento me sobra. Anque este tampouco abasta para explicar certas cousas, que ás veces por fora un canta mentras que por dentro un chora. Non me expliquei cal quixera pois son de espricansa pouca; se grasia en cantar non teño o amor da patria me afoga. Eu cantar, cantar, cantei, A grasia non era moita, ¡Mais que faser desdichada se non nacín máis grasiosa!
2
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/
6
“Follas Novas, risa dáme”, FN. ¡Follas novas!, risa dáme ese nome que levás, cal si a unha moura ben moura, branca lle oíse chamar. Non Follas novas; ramallo de toxos e silvas sós: irtas, como as miñas penas; feras, como a miña dor. Sin olido nin frescura, bravas magoás e ferís... ¡Se na gándara brotades, como non serés así!
“Has de cantar”, Cantares Gallegos. As de cantar Que ch' ei de dar zonchos; As de cantar Que ch' ei de dar moitos. I. «As de cantar Meniña gaiteira, As de cantar Que me morro de pena (…)
II. Asi mó pediron Na veira do mar, A ó pé das ondiñas Que veñen e van.
7
(…) IV. Cantart' ei, Galicia, Teus dulces cantares, Qu' asi mó pediron Na veira do mare. Cantar t' ei, Galicia, Na lengua gallega, Consolo dos males, Alivio das penas. (…) Qu' asi mó pediron, Qu' asi mó mandaron, Que cant' e que cante Na lengua qu' eu falo. Qu' asi mó mandaron, Qu' asi mó dixeron... Xa canto, meniñas, Coidá que comenzo. (…) Buscaime, rapazas, Velliñas, mociños, Buscaim' antr' os robres, Buscaim' antr' os millos. Nas portas dos ricos, Nas portas dos probes, Qu' aquestes cantares A todos responden. A todos, qu' á Virxen Axuda pedin, Por que vos console No voso sufrir. Nos vosos tormentos, Nos vosos pesares. Coidá que comenso... ¡Meniñas, Dios diante!
8
9
“Mar! Coas túas augas sen fondo”, FN. Mar!, c'as tuas auguas sin fondo, ceo!, c'a tua inmensidá, o fantasma que m'aterra, axudádeme a enterrar. É máis grande que vós todos e que todos pode máis... C'un pé posto onde brillan os astros e outro onde a cova me fan. Impracable, burlón e sañudo, diante de min sempre vay, y amenaza perseguirme hastr'a mesma eternidá.
“Miña Santiña” , CG. Miña Santiña, miña Santasa, miña cariña de calabasa. Hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear. -Costureiriña comprimenteira,
10
sacha no campo, malla na eira, lava no río, vai apañar toxinos secos antre o pinar. Así a meniña traballadora os punteados deprende ora. -Miña Santiña, mal me quixere quen me aconsella que tal fixere. Mans de señora, mans fidalgueiras teñen todiñas as costureiras; boca de reina, corpo de dama, cómprelle a seda, foxen da lama. (…)
11
”Nasín cando as prantas nasen…”, Cantares Gallegos. Nasin cand' as prantas nasen, No mes das froles nasin, Nunh' alborada mainíña, Nunh' alborada d' abril. Por eso me chaman Rosa Mais á dó triste sorrir Con espiñas para todos Sin ningunha para tí. Dés que te quixen, ingrato, Tod' acabou para min, Qu' eras tí para min todo Miña groria e meu vivir. De que pois te queixas, Mauro? De que pois te queixas, di, Cando sabes que morrera Por te contemplar felis? Duro crabo me encrabaches Con ese teu maldesir, Con ese teu pedir tolo Que non sei que quer de min, Pois dinche canto dar puden Avariciosa de ti, O meu corason che mando C' unha chave par' ó abrir, Nin eu teño mais que darche, Nin ti mais que me pedir.
“Negra sombra”, Follas Novas https://www.youtube.com/watch?v=UGPq0YQeTRM
12
“Padrón!... Padrón!”, FN3. Padron! ... ¡Padron! Santa María... Lestrove... ¡Adios! ¡Adios! I Aquelas risas sin fin, Aquel brincar sin dolor, Aquela louca alegria, ¿Por que acabou? Aqueles doces cantares, Aquelas falas d'amor, Aquelas noites serenas, ¿Por que non son? Aquel vibrar sonoroso D'as cordas d'a arpa y-os sons D'a guitarra malencónica ¿Quen os levou? Todo è silensio mudo Soidá, delor, Ond'outro tempo a dicha Sola reinou... ¡Padron! ¡Padron! Santa María, Lestrove... ¡Adios! ¡A dios! II O simiterio d'a Adina N'hay duda qu'è encantador, C'os seus olivos escuros De vella recordazon; Co seu chán d'erbas e frores Lindas, cal n'outras dou Dios; C'os seus canónegos vellos Que n'el se sentan ô sol; C'os meniños qu'ali ogan Contentos e rebuldós; C'as lousas brancas qu'o cruben, E c'os humedos montons De terra; ond'algun-ha probe Ô amañecer s'enterrou. 3
http://www.galiciahoxe.com/opinion/gh/cruceiro-ramirez/idNoticia-262317/
13
Mòito te qui en un tempo, Simiterio encantador, C'os teus olivos escuros, Mais vellos qu'os meus abós, C'os teus cregos venerables, Que s'iban sentar ô sol, Mentras cantaban os pá aros As matutinas cancións, E c'o teu osario humilde Que tanto respeto impon Cando d'a luz que n'el arde Vé un de noite ò resprandor. Moito te qui en e quérote, Eso ben o sabe Dios; Mas ho e, ô pensar en tí Núbrasem'o corazon, Qu'a terra está removida, Negra e sen frols… ¡Padron! ¡Padron! Santa María, Lestrove... ¡Adios! ¡A dios!
“San Antonio Bendito”4 San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate, Anque m' esfole. Meu santo San Antonio Dáime un homiño Anqu' ó tamaño teña D' un gran de millo. Dáimo, meu santo, Anqu' os pés teña coxos, Mancos os brazos. Un-ha muller sin home... 4
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cantares-gallegos--0/html/feeda210-82b1-11df-acc7002185ce6064_2.htm#I_27_
14
Santo bendito! E corpiño sin alma, Festa sin trigo. Pau viradoiro, Qu' onda queira que vaya Troncho que troncho. Mais en tend' un homiño ¡Virxe do Carme! Non hay mundo que chegue Para un folgarse. Que zamb' ou trenco, Sempr' é vó ter un home Para un remedio. Eu sey d' un que cobiça Causa miralo, Lanzaliño de corpo, Roxo e encarnado. Carniñas de manteiga, E palabras tan doces Cal mentireiras. Por él peno de dia, De noite peno, Pensando nós seus ollos Color de céo. Mais el xá doito, D' amoriños entende, De casar pouco. Facé, meu San Antonio, Qu' onda min veña, Para casar conmigo, Nena solteira. Que levo en dote Un-ha cullér de ferro, Cátro de boxe. Un hirmanciño novo Que xá ten dentes, Un-ha vaquiña vella Que non dá leite... Ay! meu santiño,
15
Facé que tal suceda, Cal vó lo pido. San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate, Anque m' esfole. Que zamb' ou trenco, Sempr' é bó ter un home Para un remedio.
“Silencio”, FN. A man nerviosa e palpitante o seo, as nebras nos meus ollos condensadas, con un mundo de dudas nos sentidos i un mundo de tormentos nas entrañas, sentindo como loitan en sin igual batalla inmortales deseos que atormentan e rencores que matan, mollo na propia sangue a dura pruma rompendo a vena hinchada i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡volvede o máis fondo da ialma, tempestosas imaxes! ¡Ide a morar cas mortas relembranzas! Que a man tembrosa no papel só escriba palabras, e palabras, e palabras! Da idea a forma inmaculada e pura ¿dónde quedou velada?
16
“Unha vez tiven un cravo”, FN. Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa se era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Soio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. “Señor, que todo o podedes -pedínlle unha vez a Dios-, dáime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición”. E doumo Dios, arrinquéino. Mais…¿quén pensara…? Despois xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica..., seica tiven soidades daquela pena…¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor!…
17