Que son as Competencias Básicas.

Page 1

CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

QUE SON AS COMPETENCIAS BÁSICAS? (Adaptación de: Alfonso Cortés Alegre, do grupo canario de innovación educativa "Alántida" e do Grupo de Cartagena iCOBAE)

Índice

1.- POR QUE AS COMPETENCIAS? Porque puxéronse dacordo os países europeos. Co que nos custa aos claustros poñernos dacordo...! Isto ven decidido dende Europa e a Lei de Educación española (LOE) obríganos a avaliar as competencias adquiridas polo alumnado para pasar de curso e para titular na ESO. As competencias básicas viñeron para quedar moito tempo. Non son os contidos mínimos. Non son temas transversais. Son unha nova forma de aprender o imprescindible e de saber resolver tarefas complexas no marco dun contexto real utilizando o pensamento e o sentimento. Son un novo tipo de aprendizaxe. Para traballar por competencias, hai que preparar a clase cun novo tipo de "tarefas" e hai que meter a "tesoira selectiva" nos programas e nos libros de texto. Hai que destripar os libros de texto para seleccionar unhas actividades e eliminar outras.

1.Por que as competencias? 2.- Que é unha competencia básica?. Que é un alumno competente? 3.- Cales son as oito competencias básicas? 4.- Pódense adquirir as competencias básicas no noso C.E.E.? 5.- Como se adquiren as competencias no ámbito educativo? 6.- Pódense avaliar as competencias básicas? 7.- Como se avalían as competencias básicas? 8.- Que consecuencias poden ter as competencias básicas nos centros educativos? 9.Que consecuencias poden ter as competencias básicas para a práctica docente? 10.- Preguntas e respostas curtas?

A clave é "entender e estar convencido" de que coas competencias melloramos a aprendizaxe. O reto é sinxelo: Xuntarse uns con outros para deseñar novas tarefas escolares e ir construíndo un banco de recursos de centro, neses tempos que temos no horario para departamentos e ciclos. As chamadas novas tarefas han de integrar contidos de todo tipo, han de desenvolverse nun contexto o máis real posible e han de incluír procesos mentais como argumentar, resumir, razoar, explicar, deducir... Isto si que o sabemos e o podemos facer, se queremos. Hai recursos e tempos, se queremos. Ademais é práctico e útil. Como sempre, o cambio será voluntario, non valorado e reservado ao profesorado comprometido. Agradecementos? Noso alumnado e a satisfacción do deber cumprido e o esforzo compartido.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

2.- QUE É UNHA COMPETENCIA BÁSICA?. QUE É UN ALUMNO COMPETENTE? Sabemos moi ben que é un médico competente, un mecánico, ... e tamén sabemos quen é un alumno/a competente como persoa, como cidadán e como estudante. ¿É o mesmo saber o inglés dos libros que entenderse cunha inglesa?, ¿É o mesmo facer contas que saber pagar unha compra e saber o que nos teñen que devolver?, ¿É o mesmo saber as regras do fútbol que arbitrar un partido? ¿É o mesmo saber o código de circulación que conducir? Sen saber nada de competencias, se fixésemos un claustro sen libros de texto a man, definiriamos á perfección as aprendizaxes imprescindibles e necesarias para saberse "defender" na vida real, para que o alumnado sexa competente. Teriamos que consensuar o que é imprescindible e o que non o é de cada área. Difícil... Iso é as competencias: Saber utilizar todo o que a escola, a rúa, a familia e a sociedade nos ensina para resolver situacións cotiás da vida diaria. E iso pódese aprender e iso pódese ensinar na escola. As competencias apréndense practicando e resolvendo tarefas e situacións-problema complexas. Implican un novo tipo de aprendizaxe, unha nova forma de aprender e ensinar os saberes imprescindibles. O traballo por competencias obríganos a "axustar e reconsiderar" a forma habitual de facer escola, de dar a clase. O alumnado será competente se sabe aplicar e usar os coñecementos, se ten habilidades, se usa procedementos, se practica uns comportamentos, demostra uns valores, cumpren unhas normas, poñen en marcha procesos mentais complexos e globais... e a competencia o que fai é "relacionar e dar corpo a todo o anterior".

3.- CALES SON AS OITO COMPETENCIAS BÁSICAS? 1. Competencia en comunicación lingüística ou comunicativa. 2. Competencia matemática ou de razoamento matemático. 3. Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico e natural. 4. Tratamento da información e competencia dixital. 5. Competencia social e cidadá. 6. Competencia cultural e artística. 7. Competencia para aprender a aprender. 8. Autonomía e iniciativa persoal.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

Os criterios que permitiron seleccionar estas competencias son tres: 1. - Están ao alcance de todos. 2. - Son comúns a moitos ámbitos da vida. 3. - Son útiles para seguir aprendendo. As competencias básicas son comúns a todo o ensino obrigatorio e constitúe, de feito, o fío condutor que permite considerala como unha unidade. As competencias básicas poñen de manifesto os niveis de consecución das capacidades propias de cada unha das etapas e áreas. (Os obxectivos) As competencias "morrerán no papel" se lles damos a categoría de temas transversais porque serán responsabilidade de todos e de ningún. Convén consensuar e deixar moi claro como imos participar dende cada área no logro das competencias. E isto ha de traballarse e decidirse en equipo. E asumirse...

4.- PÓDENSE ADQUIRIR AS COMPETENCIAS BÁSICAS NO NOSO C.E.E.? Por poder se poden e unha parte do alumnado adquíreas, parcialmente, aínda que o profesorado non as programemos de forma consciente ou sistemática. Un profesor de Secundaria, cando lle dan as preguntas PISA que acaban de entregar aos seus alumnos comenta: "Se contestan ben a algo será de casualidade, porque en clase non adoito facer este tipo de actividades. Eu traballo doutro xeito". As competencias básicas adquírense a través de experiencias educativas diversas e con diversas metodoloxías. Para que esas experiencias sexan adecuadas débense cumprir dous requisitos:  Primeiro: que se ordenen axeitadamente todos os elementos (obxectivos, contidos, criterios de avaliación e promoción...) que conforman cada competencia nuns deseños curriculares realistas e minimamente consensuados concretando como colaboramos dende cada área ou materia na adquisición das competencias.  Segundo: que se seleccionen, se apliquen e se avalíen as tarefas axeitadas para que as persoas aprendan os elementos que conforman a competencia.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

5.- COMO SE ADQUIREN AS COMPETENCIAS NO ÁMBITO EDUCATIVO? Adquírense a través da resolución de tarefas. Requírese unha axeitada formulación e selección destas, dado que é a resolución da tarefa o que fai que unha persoa utilice axeitadamente todos os recursos dos que dispón. Unha formulación axeitada da tarefa realízase cando se definen con claridade, polo menos, os seguintes elementos:  As operacións mentais (razoar, argumentar, explicar, deducir, resumir, comprender, crear,...) que o alumnado deberá realizar.  Os contidos imprescindibles que necesita dominar. (Feitos, conceptos, procedementos, actitudes, valores e normas)  Un contexto o máis realista posible no que esa tarefa se vai desenvolver. Unha axeitada selección de tarefas require que estas sexan variadas, relevantes para a vida, axeitadas aos obxectivos que se desexan e que propicien a adquisición do máximo número de competencias. (Cunha tarefa podemos traballar varias competencias e dende cada área ou materia se poden/débense traballar distintas competencias)

6.- PÓDENSE AVALIAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS? Si. Para avaliar as competencias, como para avaliar calquera aprendizaxe, é necesario dispoñer de:  Fontes de información como a observación directa, probas e exames, cadernos, traballos, tarefas, portafolio, diario reflexivo...  Os criterios de avaliación oficiais do currículo (Documento clave de traballo)

7.- COMO SE AVALÍAN AS COMPETENCIAS BÁSICAS? Tema moi complexo. Avaliaranse valorando as tarefas realizadas, utilizando diferentes fontes de información (traballos do alumnado, exames, observacións na aula, entrevistas, o caderno, o portafolio, etc.), e aplicando/adaptando os criterios de avaliación oficiais para o nivel educativo en que se atopa o alumnado.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

8.- ¿QUE CONSECUENCIAS PODEN TER AS COMPETENCIAS BÁSICAS NOS CENTROS EDUCATIVOS? A incorporación das competencias aos proxectos educativos levaría consigo consecuencias no currículo (A) e na organización (B). A. - As consecuencias máis importantes no currículo serían dous:  Unha modificación substancial do tipo habitual e típico dos exercicios e actividades que adoitamos facer... Para saber qué tarefas habería que modificar sería necesario que todo o profesorado analizase a relación entre as tarefas que actualmente ofrece ao seu alumnado e a contribución de cada unha delas á adquisición das competencias básicas.  Unha mellor integración e aproveitamento entre o currículo formal, informal e non formal. Para facilitar a integración do currículo formal, informal e non formal sería necesario un desenvolvemento do compromiso educativo entre o centro, a familia e o ámbito. B. -As consecuencias organizativas máis importantes serían tres:  Unha maior flexibilidade nos agrupamentos. E xa se fan desdobres...  Unha maior apertura do centro ás familias e ao ámbito. ¡ ¡ ¡ Uf... !!!!  Un uso máis eficaz e rendible de enormes posibilidades que nos ofrecen os ámbitos virtuais de aprendizaxe. (Grande oportunidade)

9.- ¿QUE CONSECUENCIAS PODEN TER AS COMPETENCIAS BÁSICAS PARA A PRÁCTICA DOCENTE? Tras unha reflexión sobre qué facemos e por qué o facemos; revisando o libro de texto e as nosas programacións, hai que decidir integrar exercicios e actividades nas chamadas tarefas (conxunto de accións que levan a un fin básico):  Mantendo as prácticas actuais que sexan válidas e rentables didácticamente.  Modificando algunhas prácticas que só son útiles no contexto académico... para adecualas ás competencias e/ou eliminalas.  Incorporando algunhas prácticas novas: Tarefas, secuencias didácticas, proxectos integrados, ... en liña oas competencias.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


CEE de Panxón. Tfno: 986-383119 Camiño dos lagos, Nº 1. Panxón. Nigrán e-mail: cee.panxon edu.xunta.es bibliopanxonceedepanxon.blogspot.com orientacionceedepanxon.blogspot.com

10.- ¿PREGUNTAS E RESPOSTAS CURTAS? • ¿Que é iso de "novas tarefas integradas"? Un tipo de situacións-problema contextualizadas que hai que resolver aplicando os coñecementos aprendidos, usando a razón e o sentimento. As tarefas integran exercicios e actividades. As novas tarefas pretenden "organizar as cabezas" máis que "encher as cabezas" As preguntas PISA e as preguntas de avaliación de diagnóstico darannos pistas. • ¿E a avaliación? A LOE obriga a avaliar por competencias para pasar de curso e para titular na ESO. • ¿Todo isto significa un cambio metodolóxico? As competencias non enfrontan unhas metodoloxías con outras. Ese camiño non nos leva á mellora global do centro. Segundo o tipo de tarefa procederá unha metodoloxía ou outra. O que si que está claro é que hai que usar diversas metodoloxías: Expositiva, cooperativa, proxectos... • Exercicios?/ actividades? / tarefas? Os exercicios poden ser puramente mecánicos e descontextualizados (que tamén son necesarios pero nas dosis oportunas). Nas actividades e tarefas sempre aparece un contexto máis claro e se levan a cabo mediante un “proceso” que contribúe á adquisición de competencias. Para finalizar: O traballo por competencias e a avaliación por competencias é un reto moi complexo e moi difícil. As competencias nin son a panacea nin resolven maxicamente realidades como a atención á diversidade, a interculturalidade, convivencia, novas tecnoloxías,... pero o que si nos ofrecen e achegan as competencias de forma inequívoca é unha gran oportunidade de mellora que non podemos deixar escapar. As competencias están aquí: Non podemos mirar para outro lado.

Mª Teresa Rivas Lago. Orientadora.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.