LIVE Fotografía de concertos Pablo Vázquez
1
Este portfolio está formado por crónicas de concertos, entrevistas a músicos e fotografías realizadas entre 2018 e 2020. Todas as imaxes foron tomadas cunha Nikon D750.
índice thirty seconds to mars guadalupe plata gran cañón vetusta morla sidonie #ontheradar the oscillation miho hatori medicine boy al doum & the faryds boogarins sea moya joe crepúsculo heredeiros da crus elefantes david russell maná presumido banditos roger hodgson los deltonos vibra mahou fest escuchando elefantes eladio y los seres queridos xoel lópez zahara
4 8 12 16 18 22 23 24 24 25 26 27 28 32 38 42 44 48 52 56 60 66 66 68 70 72
leiva moon cresta e aurora & the betrayers the brew morat tony lomba e elio dos santos xoel lópez familia caamagno morgan sés the riggos furious monkey house mcenroe the soul jacket the solo sessions pablo lesuit rufus t. firefly los hermanos cubero
88 92 98 104 110 114 118 120 122 124 126 128 130 132 134 136 138
thirty seconds to mars auditorio de castrelos, vigo · 2019
Nunca antes Abel Caballero, o único teloneiro local dos dous últimos anos, saíra ao escenario tan emocionado como onte. Xa debía de estar ao tanto do que tiñan entre mans os irmáns Leto e que os máis de 300.000€ que custou o show ían parecer poucos ao rematar. A pesar de saír 15 minutos tarde, dar un concerto de pouco máis dunha hora e non cantar os tan aclamados e innecesarios bises, seguro que ninguén saíu decepcionado do concerto que Thirty Seconds to Mars ofreceron a un Castrelos cheo ata a bandeira. Sendo honestos, a música foi o de menos. Moitas das cancións eran sorprendentemente similares e, ademais de Jared e Shannon, só había un músico máis sobre o escenario, tocando teclados, baixo, guitarra e o que lle botasen enriba. Mais o show que se puido ver onte no
auditorio foi algo nunca antes visto, algo 100% estadounidense: excesivo, xigantesco, populista, pero, sobre todo, espectacular. Non faltou de nada: luces de todo tipo, unha pantalla xigante, vestimentas extravagantes, unha pasarela, globos xigantes, colchonetas, moito fume, confeti, pelotas de escuma, unha bandeira de Vigo, unha rapaza encargada de subir 50 stories ao Instagram da banda e xente do público enriba do escenario. Interpretaron 13 temas dos seus cinco discos, sendo os máis celebrados Kings and Queens, This is War, Rescue Me, City of Angels e os tres últimos, The Kill, Walk on Water e Closer to the Edge. Evidentemente as cancións antigas soaron bastante distintas a como estaban no disco, adaptándoas ao son actual da banda, moito máis electrónico e pop. Crónica para a web de A Movida (02.04.19)
5
6
7
guadalupe plata Festival Morrasound, Domaio ¡ 2018
8
Unha cousa que me chama a atención é que os vosos concertos son unha especie de ritual, no que a iluminación se mantén vermella todo o tempo e no que non intercambiades apenas palabra co público. A que se debe esta sobriedade? En realidade é pola música que facemos e como a plantexamos. Por poñer un exemplo, aínda que poida soar soberbio, se vas a un concerto de música clásica, o director entre peza e peza saúda ao público e di o que van tocar a continuación. No noso caso iso rompería a atmosfera que se crea. Se é necesario dicir algo pois se di, pero a min gústame saír a tocar sempre o mellor e o máis concentrado posible. A música que facemos tende a ser escura, polo que non lle vexo moito sentido estar a axitar á peña. Fora do escenario somos xente moi cercana.
deixamos de facer o que nos gusta. Eu estou moi namorado desta música e sigo a estalo. Segue a gustarme facer este tipo de música, por enriba de fórmulas ou de gustar á xente. Guiámonos por puro instinto, senón nos converteriámonos nunha empresa ou nunha marca.
Tamén vin nunha entrevista na que vos preguntaban que esperar do voso seguinte disco, e un de vós contestou “máis do mesmo”. Moi poucas veces viuse a un artista responder con tanta honestidade a esa mesma pregunta. E que é certo, é máis do mesmo. Será o que somos. Cando me poño a analizar aos artistas que máis me gustan, os meus patróns ou santos, observo que a súa música sempre é máis do mesmo durante toda a súa carreira. Poden variar certos sons, pero non deixan de ser eles facendo Xa van 10 anos desde o voso o seu. Gústame ser honesto co que primeiro álbum e seguides sen- fago, tampouco tes por que gustardo os tres de sempre, os discos lle a todo o mundo. seguen a chamarse igual e o voso estilo, aínda que con al- Cales son eses patróns ou santos gunhas variacións, mantense dos que falas? fiel ao que faciades ao princi- Pois cada dían van cambiando, pero pio. Se algo funciona non hai teño algúns estáticos que nunca fanecesidade de cambialo, non? llan. Podería falarche de John Lee En realidade non nos plantexamos Hooker, Hank Williams, Johnny Cash, se funciona ou non funciona. Non Mississippi Fred McDowell, Jimmi 10
Hendrix, Charlie Patton, Buck White… Tamén Antonio de Bribiesca, cunha guitarra máis estilo mexicana. Depende do día dáme máis polo rock n roll, polo jazz, pola psicodelia ou polo mambo. Son como os menús, cada día dáme por unha cousa. Sodes un grupo moi de directo, tanto que mesmo algúns dos vosos discos gravádelos así, todos xuntos na mesma habitación. Estes dous últimos discos non o foron tanto. Gravamos a base de guitarra, baixo e batería xuntos pero despois voltamos a regravalo por enriba. Fixemos un pouco de trampa. Pero creo que quedaba mellor, así que por que non facelo? Aínda que despois digamos moitas parvadas, non nos gusta casarnos con nada. Paréceme interesante probar diferentes cousas. O de gravar en directo debería ser case obrigatorio nalgúns xéneros. Sendo un talibán de algo pechas moitas miras. Nestes últimos discos tamén tivemos máis tempo de estudio. Pasamos de tres días a polo menos dúas semanas. Fragmento da entrevista a Pedro de Dios, cantante e guitarrista de Guadalupe Plata, para a web de A Movida (27.02.19)
gran cañón festival rock in río tea, ponteareas · 2018
Gran Cañón foi sen dúbida a sensación da VI edición do festival Rock in Río Tea, que reuniu a centenares de persoas no Parque da Feira Vella para ver ao que é o maior super grupo de rock de España: Carlos Tarque e Prisco de M-Clan, Ovidi de Los Zigarros, Julián Maeso e Leiva. Por se fora pouco, o seu setlist estaba formado por clásicos de artistas como os Rolling Stones, Led Zeppelin, Jimmi Hendrix, a Creedence ou Rod Stewart. 13
vetusta morla Auditorio de Castrelos, Vigo ¡ 2019
16
sidonie sala rouge, vigo ¡ 2018
19
20
#ontheradar radar estudios, vigo · 2018
Ao longo de varios meses no ano 2018, encargueime da cobertura fotográfica, e ás veces de vídeo, duns cantos concertos na sala Radar. Este espazo diferénzase dos do resto da cidade pola súa variada programación, formada por propostas nacionais e internacionais de todo tipo de xéneros minoritarios baixo o hashtag #OnTheRadar. Durante os meses que traballei alí pasaron artistas como a colaboradora de Beastie Boys e Gorillaz Miho Hatori (electrónica; Xapón), Boogarins (rock psicodélico; Brasil), Sea Moya (kraut, afrobeat; Alemaña), Al Doum & The Faryds (jazz experimental; Italia), Medicine Boy (Shoegaze; Sudáfrica), The Oscillation (kraut, drone; UK) ou Joe Crepúsculo (pop electrónico, España). 22
24
26
27
Onde cres que encaixa mellor a túa música, en salas de aforamento reducido ou en festivais? Cada sitio ten o seu aquel. Gústanme moito as salas pequenas porque tes á xente moi preto, pero tamén me gusta tocar diante de moitas persoas. Está moi ben poder facer nun mesmo ano os dous tipos de concertos. Fai uns meses fuches entrevistado por David Broncano e fai uns anos polos Venga Monjas. Es seguidor destes cómicos? Cando me entrevistaron os Venga Monjas si que os coñecía, pero a David Broncano non moito. Despois flipei con toda a xente que vía o programa. A partir daquela si que o sigo. Entón fuches ao seu programa sen saber moi ben ao que ibas? A verdade é que si. Non sabía moi ben de que iba. Avisáronme de que tiña que dicir o que cobraba e todo iso, pero non tiña moita idea. Atopeimo de golpe. Nas túas letras tamén atopamos moito sentido do humor. Interésache o mundo da comedia? Eu sempre pensei que a música que un fai ten que reflectir como es, e eu son unha persoa con sentido do hu-
mor e me gusta que estea presente sible non bailar. Como consegues na miña música. Gústame que non este efecto no teu público? se saiba se é serio ou non. Imaxino que será porque teño cancións que invitan a iso. Que digan Dicías nunha entrevista que o iso paréceme fantástico. As cancións máis fácil para definir o teu es- dos meus directos teñen un formato tilo era dicir que facías pop, para bastante bailable e ao ter 10 discos non confundir á xente. Segues teño bastante onde escoller. utilizando este truco? En realidade a música é pop: hai es- Xa que mencionas os dez discos, trofas, retrousos, son tarareables… moi poucos artistas poden dicir Despois poder poñerlles o verniz que levan tantos discos como de música electrónica, rumbeiro, anos de traxectoria, no teu caso latino… pero ao final son pop. As en solitario. Como mantés este cancións que eu fago tenden a un ritmo compositivo? sentido popular, polo que si que me Pois traballando moito. Tocando nas definiría como un artista pop. fins de semana e pola semana gravando e con ganas de facer cousas Realmente existen poucos artis- novas. tas a nivel nacional cunha proposta tan variada e ecléctica A túa labor compositiva baséacomo a túa. Cales son as túas se máis no traballo diario que na influencias? inspiración. Non sei que dicir. Gústame moito a Si. Ao principio as cancións saían tomúsica dos anos 70. Gústame Bob das boas. Agora teño que facer máis Dylan, Fleetwood Mac… pero a para que saia unha que me guste. miña música non soa nada a iso. É Fragmento da entrevista a Joe unha mestura de cousas. En cada Crepúsculo para a web de disco tratei de soar diferente, non A Movida (19.02.19) só polo feito en si, senón para non aburrirme. Unha amiga díxome unha vez que dá igual a hora á que toques ou o cansa que estea, que sempre que te ve en directo é impo29
30
31
heredeiros da crus porta do sol, vigo ¡ 2019
33
O teu disco vén acompañado dun libro con anotacións que funciona como mapa antes de mergullarse na túa música. Ten sentido escoitar o disco sen ler previamente estas instrucións? Pérdese moita información? Que va, non se perde nada de información, o disco é completamente autónomo. Mira, eu unha vez dei unha volta por Santiago de Compostela con Rubén Aramburu, que ademais de ser sacerdote é historiador. O caso é que ao ir con el explicábache a historia de cada edificio, de cada escultura e de cada pedra. Como se vas polo monte cun biólogo, flipas moitísimo máis. Isto é o mesmo. É un disco moi completo, como eu digo estilo Poi Floyd. O libro serve para explicar a orixe de moitos sons gravados directamente no Amazonas e tamén porque non quería sacar máis plástico. Prefiro sacar un libro de papel reciclado cun código para descargar as cancións. Comentabas nunha entrevista que ningunha das cancións baixa das 50 pistas. Eu son moi de fliparme. Eu creo paisaxes sonoras. O estudio é moi goloso, é divertidísimo. Ademais a tecnoloxía permíteche facer moitas cousas. No disco hai moitas cousas que parecen electrónica pero son 34
reais, como por exemplo a reverb na voz. Unha delas graveina nun pelouro enorme que hai en Punta Couso, que por fóra parece totalmente sólido pero por dentro é oco. As outras nunha capela abandonada e na carpa da Ciudad de los Muchachos, en Benposta. Levaba as bases nun mp3 e cantaba alí a pleno pulmón. O disco podes escoitalo no coche a todo volume, pero tamén está a experiencia de escoitalos cos auriculares e flipar por colores.
selva todo é música, todo é melodía. O propio título do disco, Non hai onde esconderse, vén explicado no libro. O traballo letrístico, musical e documental penso que está bastante equilibrado. Eu confío que a xente lle vaia molar, é destas cousas que levan tempo. É como cando de pequeno non quería comer peixe e acabei de cociñeiro nun barco. Ao principio facía sempre patacas fritas con salchichas pero co tempo funlle pillando o punto á merluza. Cando lle colles o gusto ao peixe non hai Isto sumado ao do libro que vén frituras nin merdas que che coman a co disco e que dura máis dunha cabeza. Entón este disco penso que hora, non che parece unha pro- vai ter un largo percorrido ata que a posta moi arriscada para os tem- xente comece a saborealo. pos que corren, nos que os discos xa non se escoitan con toda É un disco complicado para levar a tranquilidade que merecen? ao directo, verdade? Claro, pero eu fíxeno para min. Non Que va, esta vez non quixen cometer perdín nin un segundo en pensar a o erro da Banda de Poi. Imos un trío, que público iría dirixido. Foi un aga- guitarra, baixo e batería, en plan sallo que me dei eu. A min flípame o Jimmi Hendrix. Collín as melodías e disco. Non me interesa facer fórmu- as letras e condenseino todo. Levo las dun minuto e medio. uns poucos pedais e dous amplificadores. O batería é un espectáculo e o Como foi o proceso de gravación baixista é un guitarrista que vén do deste traballo tan ambicioso? jazz, é brutal. Teño algúns concertos Foi un proceso de tres anos, entre pechados pero ningún en Vigo. viaxes a selva, ordenar os audios, compoñer, escribir, estruturar… que Fragmento da entrevista a Tonhito de Poi, guitarrista de Heredeiros comeza na Selva Amazónica. Ás veda Crus, para a web de A Movida ces botaba alí 1 ou 2 meses, outras (04.03.19) só un pequeno retiro de 15 días. Na
37
elefantes Vigo Seafest e Teatro García Barbón, Vigo · 2018
38
40
41
david russell La casa de arriba, Vigo ¡ 2019
43
maná Auditorio de Castrelos, Vigo · 2018
44
Abriron coa potente Manda una señal, aínda que lles custou un pouco arrincar, especialmente ao seu cantante Fher Olvera. A voz aínda fría, e de seguro os problemas de son que salipicaron parte do concerto, foron os causantes dun comezo dubitativo. Mais pouco tardaron en facerse coas rendas da noite con temas do máis movido, como Oye mi amor, Déjame entrar ou a versión do clásico mexicano El rey. Tras a emisión dun vídeo cun claro mensaxe ecolóxico e medioambiental, chegou outro dos clásicos da banda, Cuando los ángles lloran, con dedicatoria final a Chico Méndez, protagonista da canción. A banda amosuo a súa habilidade cos instrumentos, especialmente Sergio Vallín na guitarra, no rockeiro corte instrumental que precedeu a varios dos éxitos máis recoñecidos do grupo de Gudalajara: Bendita tu luz, Vivir sin aire e Mariposa traicionera. Un dos momentos máis especiais da noite. Entre tema e tema, o seu frontman Fher amosouse moi faladeiro e comunicativo co público vigués, confesándolle o bonita que lle pareceu a cidade despois do paseo que deu pola tarde. Un dos puntos negativos na miña opinión foi a inclusión da 46
versión “renovada” de De pies a cabeza, co percusionista da banda facendo de Nicky Jam. Cando o teu repertorio está formado por clásicos, a introducción desta versión reggaetoneira dun tema de 1992 non vén a nada. Para compensar, o seguinte tema foi o coreadísimo Labios compartidos, unha das cancións insignia do combinado mexicano. A pesar dos problemas técnicos que sufriu Fher durante esta canción, visiblemente molesto, o público berrou o estribillo ata a afonía. Curioso é que as cancións máis actuais que tocaron onte, obviando a reinterpretación de De pies a cabeza, foron Manda una señal, Bendita tu luz e Labios compartidas, todas do disco Amar es combatir, do ano 2006.
especie de unplugged, recordándonos a aquel do ano 1999. Neste espazo acústico interpretaron algúns dos seus mellores temas, como Te lloré todo un río, Como dueles en los labios e Eres mi religión, ademais da cover de Juan Gabriel Se me olvidó, pero en versións reducidas, facendo que nalgúns casos soubesen a pouco. A idea é boa, xa que así poden tocar máis cancións no mesmo tempo, pero sacrificando a importancia que lle das a cada unha delas. Para finalizar o concerto, tres dos seus éxitos de sempre, como son En el muelle de San Blas, Clavado en un bar e Rayando el Sol, que foi a canción que puxo punto final a un concerto histórico no Auditorio de Castrelos.
Pasada xa a metade do concerto, Álex González tocou e cantou o tema máis rockeiro da noite, Me vale, un himno á liberdade e en contra dos prexuízos. Cando rematou, a banda retirouse aos camerinos e deixaron a Álex so no escenario, quen deleitou ao público cun solo de batería duns 10 minutos, demostrando porque lle apodan O Animal. Tras esta longa demostración de habilidade e poderío, Álex marchou e entraron os seus compañeiros Fher e Sergio quen, cun sofá no escenario e dúas mozas do público nel, fixeron unha
Maná sabe o que quere o público e ofreceron un show enérxico, emotivo e cargado de éxitos. Son moitos anos de traxectoria, polo que é normal botar en falta algúns temas como Ángel de amor, No ha parado de llover, Si no te hubieras ido ou Mis ojos, pero o que está claro é que os temas escollidos foros os correctos, como demostrará a afonía de medio Vigo hoxe pola mañá. Fragmento da crónica do concerto de Maná para a web de A Movida (24.07.18)
47
presumido fundación sales, vigo · 2019
O dúo local de pop electrónico Presumido foi o encargado de abrir os Concertos Secretos que propoñen Regalamúsica e Cervezas Alhambra, uns espectáculos nos que a xente acude a apetecibles lugares sen saber á banda que van ver. Eran as 20:30 pasadas dun xoves de verán na fermosa Fundación Sales, cando dunha pantalla situada ao pé do escenario apareceron as caras de Tarci Ávila e Nacho Dafonte, membros do dúa local de pop electrónico Presumido. Nun breve vídeo, explicaron a súa historia e influencias, para que todo o público presente coñecese algo máis da banda que estaban a piques de ver. O segredo foi desvelado.
Ambos os dous apareceron relixiosamente de negro entre o público e a vexetación, e interpretaron o primeiro tema acompañados unicamente dunha tablet. Non tardaron en darlle máis intensidade ao asunto cos ritmos áxiles e potentes de Nacho á batería e as fermosas melodías vocais de Tarci, tamén á guitarra e aos teclados. Gran parte do público parecía sorprendido e complacido pola arriscada proposta deste dúo, incluso unhas nenas non deixaron de bailar nas primeiras filas durante todo o concerto. Mais, como adoita ocorrer neste tipo de eventos, hai quen pensa que a música é un mero acompañamento ás súas apaixonantes conversas cos amigos, unha sorte de fío musical
de luxo, falando máis alto do debido e molestando aos que realmente estaban atendendo e gozando dun fantástico concerto. Todo isto non descentrou a Presumido, que realizaron un concerto sobresaínte, como xa viñan de facer uns días antes na Carballeira de Caldas de Reis, no festival PortAmérica. Tocaron temas de Vendetta, o seu primeiro e único disco ata agora, e de Invierno e Primavera, dous dos EPs que formarán Cuatro Estaciones, o seu segundo longa duración. Fragmento da crónica do concerto de Presumido para a web de A Movida (12.07.19)
49
50
banditos SALA ROUGE, VIGO · 2018
52
54
roger hodgson auditorio de castrelos, vigo · 2019
Se algo podemos dicir de Roger Hodgson, ademais do bo rollo e amabilidade que irradia, e que a súa música permanece intacta ao longo dos anos, tanto vocal como instrumentalmente. Sendo obxectivos isto sería algo moi positivo: un artista que soubo manter a esencia da súa creación por moitas décadas e segue a emocionar a milleiros de persoas. Como el mesmo dixo en inglés durante o concerto, cancións desde o seu corazón aos dos demais. Tamén é certo que podemos botar en falta algo máis de sorpresa, de innovación e de ambición por parte do multiinstrumentista de Portsmouth, que defendeu os seus temas con teclado e guitarra acústica e eléctrica. Moitos artistas veteranos, como poden ser Bob Dylan, Leonard Cohen, Robert Plant ou mesmo Tom
Jones, que puidemos ver a semana pasada no auditorio, van adaptando a súa música a medida que pasan os anos, trazando unha evolución moi interesante e coherente a ollos do espectador. Hodgson é perfectamente consciente de que non compón nada icónico ou memorable desde os oitenta, por iso mesmo só dúas das 15 cancións que interpretou son da súa etapa en solitario. El mesmo, nunha das moitas veces que interactuou co público, contaba que o seu obxectivo era ofrecer as cancións que todos queriamos escoitar e que nos farían olvidar os nosos problemas durante dúas horas, algo que lle honra. O que si que está claro é que a Vigo gústalle Roger Hodgson e Supertramp. Animaron o auditorio con himnos xeracionais como School,
Dreamer, Breakfast in America, The Logical Song, Give a Little Bit ou It’s Raining Again, que foron interpretados de maneira máis que notable por unha banda de catro músicos máis Hodgson. Moito protagonismo tiveron os teclados, tanto de Roger como os dos seus compañeiros, como os intrumentos de vento. Tampouco faltaron sons ambientais de vento, elefantes e da selva. Unha experiencia sensorial bastante rechamante e quizais algo excesiva. Sexa como fora, Roger Hodgson volve a saír pola porta grande de Castrelos na que xa é a súa terceira visita á nosa cidade. Fragmento da crónica do concerto de Roger Hodgson para a web de A Movida (20.07.19)
57
58
59
los deltonos festival morrasound, domaio ¡ 2018
60
No últimos cinco anos sacaches tres discos con Los Deltonos e dous en solitario, un deles dobre. Atópaste no momento máis prolífico da túa carreira? Probablemente, supoño. O cambio empezou cando descubrín o meu lado cantautor. A partir de aí creo que aprendín a optimizar os meus recursos e resúltame máis fácil acabar eses quebracabezas de letra e música que son cada canción.
a maioría de grupos chegan como cuestións de loxística pero paréceclientes e cando se van somos fami- me que o pódium que dá vida á escena de Vigo e arredores confórmalia. no Soul Jacket, Bo Dereks e os Wavy Entre compoñer, tocar ou produ- Gravys. Xa quixesen moitas cidades! cir, onde te atopas máis cómodo? Home, non hai nada como tocar en Nos teus últimos dous discos, directo. Cada noite é distinta, nunca Fuego e Vamos a Morir, vemos sabes exactamente o que vai pasar unha vertente moito máis roce estamos en busca do concerto keira que en Salud! ou Fetén/ perfecto que non atoparemos nun- Fatal. Son cambios pensados ou ca pero esa procura é o aliciente. simplemente te deixas levar? Compoñer e producir tamén teñen Digamos que me puido o pragmaE o mesmo como produtor, xa o interese de que te enfrontas ao tismo. Se en directo o que nos mola que estiveches detrás duns can- descoñecido. Quizais o que máis me son as cancións graxentas e con certos discos de artistas como Juan- aburra sexa gravar os meus propios ta velocidade, porqué dar un rodeo jo Zamorano, Schizophrenic Spa- discos porque antes de vela, como e non deixarse levar e escribir e gracers, Los Eternos ou The Kleejos escribín o guión, xa adoito saber o valas así directamente? De momenfinal da película (risos). Band. to funcionou pero non esquezamos Teño a sorte de que unha chea de que “non pensar só funciona se non grupos molones decidíronse a pa- Traballaches de maneira habi- é premeditado” (Homer. HRMGTs) sar polo meu estudio para rexistrar tual con varios artistas vigueas súas fantásticas cancións. Se eu ses como The Soul Jacket, Óscar podo axudarlles a darlle o brillo que Avendaño ou Dixie Town. Como Fragmento da entrevista a Hendrik Rover, líder de Los Deltonos, para imaxinan, estou encantado de fa- ves a escena musical local? a web de A Movida (23.01.20) celo. O mellor deste traballo é que Dixie están un pouco parados por
62
63
vibra mahou fest Auditorio Mar de Vigo · 2019
Que é o máis estraño que vos pasou tocando na rúa? Hai un tempo, estabamos a tocar en Príncipe e apareceron uns mozos acabados de casar que se puxeron a bailar o valse no medio da rúa. Hai pouco, na Coruña, un rapaz pediunos facer un solo de guitarra e estivo uns quince minutos tocando. A xente estaba en plan «e agora que?». Xa nos ten pasado máis veces. Tamén nos concertos, pero aí a xente xa sabe un pouco de que vai a cousa e compórtase doutra forma [risos]. O máis habitual de un tempo a esta parte é vervos como un dúo, pero tamén tocastes acompañados de máis músicos. A xente sempre viu Escuchando Elefantes como un dúo, pero durante
os tres primeiros anos nos concertos sempre iamos con banda. Aínda así a xente seguía a pensar que eramos só os dous. Eu eliminei a banda un pouco, por desgraza, porque empecei a tocar a batería hai uns anos. Despois dunha semana practicando decateime de que non era tan difícil como sempre pensara. Como o fixen? Non o sei, pero en dúas semanas estaba enriba dun escenario a tocar. Probablemente fatal, pero sabía os temas e sentía que máis ou menos sabía o que facía [risos]. Aínda que é bastante común ver a mulleres cantando nas bandas, non o é tanto velas tocando instrumentos. Algunha vez nestes anos te sentiches discriminada por este motivo? Alégrame moito que me fagas esta
pregunta porque cando empecei, hai dez anos, non se falaba destes temas. Eu creo que non é cuestión de ser músico ou de ser muller, senón da xente coa que te atopas. Falando claro, parvos do carallo hainos en todas partes, e valos atopar na música, na tenda ou na rúa. Dá igual o que fagas, estás exposta a iso como músico, como muller e como persoa. Si que dei con certas discriminacións, pero creo que todas as mulleres padecemos isto algunha vez. Penso que non ten que ver coa miña profesión, ou iso quero crer. Fragmento da entrevista a Silvia Rábade, de Escuchando Elefantes, para a revista de marzo de 2018 de A Movida
67
68
71
72
entroido: chenoa e sidecars porta do sol, vigo ¡ 2019
75
76
79
juanes auditorio de castrelos, vigo ¡ 2018
80
Pasaban dez minutos da hora acordada cando, despois dun vídeo de temática espacial (sería a primeira referencia ao xogo de palabras “amarte” e “a Marte”) Juanes apareceu en escena, totalmente de negro e cun frondoso bigote. Aínda caían algunhas gotas, pero nada que ver cos momentos previos ao concerto, nos que as gradas convertéronse nun mar de paraugas. A primeira canción sorprendeu a todos, xa que decidiu abrir o concerto co que probablemente sexa o seu maior éxito, A Dios le pido. Tras ela, tocou dúas cancións do novo disco, Mis planes son amarte, as guitarreiras Fuego e Hermosa ingrata. Juanes continuou este inicio do show con tres dos seus maiores hits: Nada valgo sin tu amor, Fotografía e Es por ti. O público gozou co potente inicio do colombiano, quen nas súas primeiras seis cancións tocou catro clásicos. Unha forma arriscada de distribuír o setlist, xa que a continuación o artista medellinense defendeu como puido 5 cancións seguidas do seu último traballo: Ángel, El ratico, Es tarde, Mis planes son amarte e Bendecido. A maioría dos asistentes, ao non coñecer estes temas, e por comparación cos anteriores, non conseguiron conectar coa música, e os murmurios fixéronse máis notorios.
Foi tamén nesta parte, cando o público de primeira fila fíxolle chegar a Juanes as súas queixas sobre o son. O equipo de son estaba programado para que se escoitase ben no resto do Auditorio, pero non se escoitaba ben diante. A voz do cantante era apenas audible e o son da banda parecía gravado cun móbil. Juanes, absolutamente sorprendido, pediulle aos seus técnicos que intentaran arranxar este problema, que nunca antes lle tiña pasado. Tras este inciso, Juanes tocou un dos seus temas antigos máis fermosos, o acústico Para tu amor. Tras este oasis, Juanes retomou os seus novos temas, dun marcado carácter comercial e electrónico, como son Esto no acaba, Pa dentro e Oye mujer, que posiblemente gustaran aos máis fieis pero descolocaran ao resto dos asistentes. Como se dun libro de primaria se tratase, o concerto estivo organizado por distintos bloques bastante diferenciados entre eles. A continuación foi a quenda do Juanes máis antigo, con temas máis movidos e con maior presenza de guitarra como La paga, La noche e Mala gente. Un segmento no que quedaría de luxo Yerbatero, un dos seus temas máis recoñecidos que non soaron onte.
Juanes reservou dous canonazos para o final: La camisa negra e Me enamora, dous dos éxitos que o ergueron como unha das referencias do pop latino. Tras interpretar estas cancións e despedirse do público, volveu ao escenario disposto a regalar uns temas máis. Foi aí cando tivo lugar un dos momentos cumes do concerto: a versión a piano de Volverte a ver, dunha fermosura maiúscula. Continuou con Querida, a canción que interpreta con Juan Gabriel, e coa animadísima e electrónica La luz, do 2015, máis propia da Orquesta Panorama que do artista colombiano. Juanes despediuse apaixonadamente do público, as luces dos farois acendéronse e moita xente comezou a marchar. Cal foi a sorpresa cando o cantante volveu aparecer sobre o escenario. Estaba de aniversario (46 primaveras) e tiña ganas de invitarnos a uns cantos temas máis, entre os que destacou un dos seus maiores éxitos, Lágrimas de agua dulce. Agora si, Juanes marchou, deixando unha sensación positiva pero quizais mellorable de ter tocado o repertorio noutra orde. Crónica do concerto para a web de A Movida (09.08.18)
83
basanta festival rock in rĂo tea, ponteareas ¡ 2018
85
86
leiva auditorio de castrelos, vigo ¡ 2019
88
91
moon cresta e aurora & the betrayers museo do mar, vigo ¡ 2019
92
95
96
the brew festival morrasound, domaio ¡ 2019
98
100
103
morat Auditorio de Castrelos, Vigo ¡ 2018
105
Na cultura anglosaxona emprégase a miúdo o termo one-hit wonder, que se refire a todos aqueles grupos e artistas que só son famosos por unha canción. Todos coñecemos varios exemplos disto, e moitos quizais o pensaron de Morat, cuxo gran hit soou de forma habitual nas radios españolas hai un par de anos. Pero a realidade é que Morat, desde o lanzamento do seu primeiro e único disco, Sobre el amor y sus efectos secundarios, non deixou de sacar singles que gozaron dunha enorme acollida entre o público, como se comprobou onte. O cuarteto bogotano está disposto a non vivir de rendas e a seguir aumentando en cantidade e calidade ano tras ano o seu repertorio. O concerto comezou, máis ou menos puntual, con gran enerxía e cun público entregadísimo. Algunhas das cancións que soaron neste arranque foron varios dos seus éxitos máis recoñecidos, como son Mi nuevo vicio, Aprender a quererte ou Cuando nadie ve. O ritmo non baixou nin moito menos con temas como Besos en guerra (sen a colaboración de Juanes, unha das próximas citas en Castrelos), Amor con hielo, Ya no estás tú ou En un solo día.
Tras esta primeira metade chea de vida e fogosidade, chegou un espazo máis relaxado e íntimo, algo arriscado xa que deu a sensación polos murmurios que parte do publico desconectou, quizais debido ao deficiente son que non chegaba en boas condicións ás gradas do auditorio. Os que si que atenderon puideron gozar e emocionarse con cancións como Di que no te vas, Mil tormentas e Ladrona, cantada polo baixista Simón Vargas, quen previamente realizou un dos varios monólogos sobre amor e desamor que caracterizan ás letras da banda. Falando de Simón, foi un auténtico torbellino no escenario, que non deixou de moverse e probar todo tipo de posturas imposibles mentres tocaba o baixo.
A banda despediuse do seu público e marchou cara o backstage, aínda que todos sabiamos que voltarían xa que, como é habitual, deixaron o seu gran hit, o que lles catapultou á fama en España, para o final. E así foi, e despois de que o outro Juan Pablo, neste caso Villamil (voz, banjo e guitarra), interaccionase co público cos xa clásicos “uooo” da banda, resoou en todo Castrelos o seu hit Como te atreves.
O que queda claro tras o concerto dos colombianos é que o seu estilo, simple pero eficaz, funciona á perfección. Cumpren con gran parte das “normas” da música mainstream, como poden ser as cancións curtas, de temática amorosa, con estribillos pegadizos e partes moi coreables, pero engadindo elementos moi perDespois deste momento máis per- soais como o banjo ou algunhas das soal, no que Juan Pablo Isaza, voz referencias literarias nos seus textos. e guitarra, pasou ao piano, voltou a Morat non decepcionou aos seus seenerxía característica con hits como guidores e de seguro que sorprenYo contigo, tu conmigo e Cuánto me deu aos que non os coñecían. duele. A modo de inciso, destacar a polivalencia dos rapaces de Morat, Crónica do concerto de Morat para a web de A Movida (01.08.18) quenes trocaron de instrumento e de voz principal nas distintas cancións. Outro dos elementos a destacar da súa música e a perfecta armonía que conseguen ao mesturar as súas voces, algo que ocorre en case todos os seus estribillos. 107
108
109
tony lomba e elio dos santos porta do sol, vigo ¡ 2020
110
A pesar do éxito que sempre obtedes nestes concertos, durante o resto do ano apenas vos deixades ver con este formato. Non pensastes en xuntarvos máis a miúdo? TL: O nivel de soportabilidade de dous frontman é moi complicado. Aínda que o manufacturemos de maneira moi diferente. Eu vou de fronte e Elio é un puto covarde. Iso si, un respetito. EdS: Si, creo que acabariamos mal (risos). De todas as maneiras algún concerto noutra data adoita caer, algunha festa ou evento privado, algún festival que nos mole especialmente como o de Cans… este ano fomos a Ferrol, ás Meninas, e foi bárbaro.
xogadas e repítoas. Métolle baixo, batería, guitarras e fondos de corda. É un proceso moi rápido e divertido porque todo está xa suxerido nesa toma de voz. Ao dia seguinte, un Tony máis fresco suxíreme algún corte ou repetición máis… algún final e xa está.
Que é para vós a música lixeira? TL: Para min é a vida. O amor, o desamor, o ex-amor… o sentimento a flor de pel. A cinta borradora do pudore. Somos xograres da Música Lixeira. É a canción perfecta. A proposición que todo teenager quere facer e non lle saen a palabras. É o acougo recitado dun amor tolo. Música Lixeira? Somos nós. EdS: Encántame o desenfado e a procura da melodía sen pudor, niso Como é o voso proceso á hora de coincidimos moito Tony e máis eu compoñer? co da música lixeira. As formas cláEdS: Sempre ensaiamos de mañá, sicas, a musicalidade das letras e o ás 10:15 Tony entra pola porta, eu romanticismo desatado e explícito. fago rodas de acordes, el canta por España é moi tesa á hora de escribir enriba, ás veces con frases máis ou cancións….máis que América. menos tolas pero que van tomando forza e sentido. A melodía é desde o Saberiades dicirme como e canprimeiro momento cojonuda e bus- do xurdiu esta idea dos concerco un pequeno desenrolo, pero sen tos de Nadal? complicalo demasiado para gravalo TL: Deixámolo pola xente que non canto antes. O 70% da voz da ver- viñera aos nosos concertos e dicían sión definitiva está xa nesa toma, só que eramos uns cachondos, sen saretocamos algunha frase. Pola tarde ber que hai música e da boa nas noedito cousas, localizo as mellores sas composicións [referíndose a ‘Los 112
tres sudamaricones’, banda que formaron Tony Lomba e Eladio Santos no pasado]. Ao pasar uns anos…necesitabámonos para expresar un estilo musical, que a día de hoxe non sei como definilo. Un día, dixemos: “facemos un concerto? Pois veña. O día dos Santos Inocentes…e a ver que pasa.” Petámolo. A partir dese día démonos conta que por moito que se esmere o alcalde, os nosos shows son a sabia elaborada de Vigo. EdS: Tampouco creo que nos foramos nunca. Tocamos con máis frecuencia e periodicidade que moitas bandas vivas, simplemente saímonos da batalla, deixamos de sacar discos e pasámonos ao cabaret do Nadal. Agora que o penso en realidade todo isto comezou con Los Tres Sudamaricones facendo un concerto de Nadal en La Caverna, no ano 94. O noso destino xa era do Nadal. Fragmento da entrevista a Tony Lomba e Elio dos Santos para a web de A Movida (26.12.18)
xoel lópez auditorio de castrelos, vigo ¡ 2019
115
116
familia caamagno festival morrasound, domaio ¡ 2019
119
morgan vigo seafest ¡ 2018
120
sÊs festival morrasound, domaio ¡ 2019
123
the riggos el contrabajo club, vigo ¡ 2018
124
furious monkey house auditorio de castrelos, vigo ¡ 2019
127
mcenroe festival 17º ribeira sacra, lugo ¡ 2019
128
the soul jacket the wildfest, vigo ¡ 2019
131
the solo sessions maispalå, vigo ¡ 2018
132
2020
pablo lesuit nåutico de san vicente, o grove ¡ 2018
135
rufus t. firefly FESTIVAL VIVE NIGRÁN · 2020
136
los hermanos cubero FESTIVAL SINSAL (ASTILLEROS CARDAMA), VIGO · 2020
139
2020