NOS ALBORES DA LAGOA DE ANTELA I DOS PALAFITOS Á PEDRA ALTA E OS CASTROS Non podemos facernos a idea da importancia e relevancia que a Lagoa de Antela debeu ter na vida cotiá das xentes da Limia dende época prehistórica. As Terras da Lagoa deberon ter unha evidente potencialidade agrícola que provocou os primeiros asentamentos humanos na súa contorna. Ademais da explotación dos recursos hídricos, tiña tamén unha gran atractivo mineiro, con xacementos de ferro ou estanníferos moi importantes na súa contorna. De como viviron, e como morreron, esas xentes temos testemuño dende o Neolítico ata a Cultura Castrexa. na provincia ourensá coa Terra de Montes..
OS PALAFITOS
Os poboados de palafitos –vivenda sobre postes de madeira elevadas sobre a auga- na lagoa de Antela foron documentados por Conde-Valvís a mediados do século pasado. Identificou 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona no Neolítico (4500-2200 a.E.). Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio complementario de subsistencia.
A PEDRA ALTA A Pedra Alta ou Anta foi un menhir -forma máis sinxela de monumento megalítico que consiste nunha pedra alongada, en bruto ou minimamente tallada, colocada de modo vertical e coa súa parte inferior enterrada no chan que lle dará nome á lagoa. De significado dubidoso, non tivo inscrición, só unha cruz e letras de tradición cristiá posterior que fala da cristianización da mesma polo seu orixe pagán. Debeu funcionar como límite de tres concellos: Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía e Sarreaus. Cando se desecou a lagoa atopouse caída no interior da mesma, e apartouse uns metros coa concentración parcelaria, polo tanto está desprazada un anaco do seu emprazamento orixinal.
A CULTURA CASTREXA NA LIMIA A Comarca da Limia non conta a día de hoxe cun estudo pormenorizado da súa ocupación en época castrexa –s. IX-I a. C.-. Contamos con varios castros –aldeas fortificadas de vivendas familiares co mundo céltico- nos que destacan os 6 castros dos que se teñen constancia en Xinzo, aínda que algúns deles non están formalmente inventariados. O máis grande é o de Novás, de 2500 años de antigüidade e redescuberto a raíz do incendio en la Serra do Larouco en 2015. Hai outros na Cidá, en Morgade, O Castro da Fraga, en Seoane, e nas aldeas de Boado, Gorgoloza e Damil. Os máis importantes atópanse no concello de Cualedro e Sarreaus.