O PATRIMONIO ASOLAGADO VIA XVIII, PONTES E MILIARIOS Son catro as vías que saen de Bracara Augusta e van ata Asturica Augusta, numeradas de Sur a Norte: Vía XVII, XVIII, XIX e XX.
A Vía XVIII entra na Limia no lugar de Feira Nova a escasos metros do río, pasando preto da medieval Ponte Liñares, destruida cando se desecou a Lagoa de Antela. A súa dirección coincide neste tramo coa da actual estrada, pero adaptándose ao terreo con mellor criterio ca esta.
Explanación conservada na cota superior á estrada, pasada Feira Nova
Trazado da Vía XVIII
A rede viaria da Gallaecia contou con gran número de pontes, unhas xa desaparecidas como é o caso da Ponte das Poldras, que foi destruída durante a desecamento da lagoa en 1962.
Ponte das Poldras Na Vía XVIII atopábanse os miliarios, que servían para marcar a distancia entre o seu emprazamento e o punto de partida. Eran unhas columnas cilíndricas de granito duns 2 metros ou máis de altura e un diámetro entre os 0,50 e os 0,80 metros, colocadas cada 1000 pasos. Os miliarios raramente se atopan no seu emprazamento orixinal, xa que moitos foron trasladados xeralmente ás poboacións veciñas, e utilizados como soportes de pilas bautismais, bases de altar, dintel de portas, postes de vides, pedras de lagar, lindeiros de leiras, sostén de cruceiros ou petos de ánimas, etc.
Conxunto de Miliarios de Vilariño das Poldras
Miliario trasladado xunto a Vilar de Santos MP LXVI