A NOITE DE Lร A CHEA
PAULA CERDEIRO CASAS 2ยบC
A NOITE DE LÚÚ A CHEA Como todos os anos os rapaces imos de casa en casa a buscar gominolas, caramelos... e desas cousas de rapaces. Pero este ano eu, Marta,
mais a miña pandilla (Xoán, Carlos, Xabier, Sarela e
Amaya) decidimos ir ao bosque a pasar a noite. Era noite de lúa chea e víase todo perfectamente. Nós levamos de todo: galletas, bocadillos… e o máis importante un botiquín por se nos mancabamos. Decidimos montar o campamento nun prado que non estaba nin lonxe nin cerca da nosa aldea.
Xa era media noite e nós estabamos inda moi guichos. Ocorréuseme contar historias de medo. Comezou Sarela, despois continuei eu. Contei o conto do lobishome, o conto dicía así: “Na noite do venres 13, cando a lúa estaba chea, saia
un home chamado Eustaquio, que se convertía en
lobishome”. Esa historia daba medo, porque efectivamente, era venres 13, á media noite e a lúa estaba chea. Despois decidimos ir dar unha volta. Iamos todos xuntos falando, pero... de súpeto vimos unha sombra que ía moi rápido e asustámonos. Despois vimos un buraco escuro, era bastante grande para
meternos todos. Xoán botou un berro, e Carlos como era sempre o que mais se asustaba, deu un chimpo e a vez deulle a unha panca. Despois abriuse unha porta que ía dar a unha cova. Resulta que esa era a cova do lobishome. Decatámonos de que era a cova do lobishome porque tiña carne de rapaz colgada boca abaixo e tiña un retrato del. As pernas non nos paraban de tremer co medo. De súpeto oímos unha porta, era el, viña cara a nós, quedamos todos quietos... cando chegou viunos e dixo: -Que facedes vos aquí? - Na..na...nada señor lobishome só estabamos de paso. Contestei eu con medo.
Quedamos todos un instante calados e... comezou a correr detrás nosa. Xabier xa non podía mais, e metémonos por unha porta, a primeira que pillamos! Esa mesma porta era a que levaba ao seu cuarto. Xusto ia entrar el cando se me ocorreu tirarnos pola ventá. Estaba todo escuro non se vía nada e nós non parabamos de caer naquel fondo tan negro.Por fin caemos, e menos mal q caemos en... COCACOLA? Estabamos todos acontecidos, cando de súpeto unha bruxa prendeu a luz, vimos que estabamos na cociña da cova. A bruxa moi agradable ofreceunos comida e auga, pero dixémoslle que non. Despois Amaya decatouse de que era unha bruxa malvada, e... DE QUE NOS
ESTABA COCIÑANDO!!! Sarela dixo: “seguro que é a muller do lobishome”. A bruxa seguiu removéndonos, e dixo: -Que ben imos comer hoxe eu e maila miña familia. - Pois haber se das. Contestou Xabier.
Xabier dixo iso porque xa estabamos escapando da cazola na que estabamos metidos. Corremos todos o máis que podiamos para saír daquela cociña tan espantosa. Cando saímos fomos directos ao cuarto dun fillo do lobishome e mais da bruxa
apestosa. Estaba el alí, pero menos mal que
estaba durmindo. Xoán é alérxico aos lagartos e aquel lobishomiño tiña un como mascota, así que fixo un esbirro e Carlos como sempre deu un berro e un chimpo, entre o barullo do esbirro e o berro de Carlos o lobishomiño espertou e... cando nos viu berrou polos seu pais dicindo: -INTRUSOOS...! INTRUSOOS...! INTRUSOS...! Nos dixémoslle cala, cala pero nada el seguía coma un tolo. Os seus pais oírono e viñeron coma foguetes,
tiña un armario no que se meteron
algúns e, outro metémonos debaixo da cama e así como o lobishomiño non vira onde nos esconderamos díxolle aos seus pais que nos perdera de vista de súpeto. Os que estabamos debaixo da cama fómonos movendo como serpes polo chan para que non nos virar e facéndolle algúns sinais aos que estaban no armario. Eles tiveron que esperar a que saíran os pais do cuarto para saír antes de que se decatara o lobishomiño. Por fin estabamos todos xuntos.
Saímos daquel cuarto e metémonos no salón e... Sabiades o que había ali ? Había un labirinto enooorme. Sarela dixo: -Vamos!! ou sodes uns medorentos. Amaya respondeu: -Iso vamos. Nós seguimos detrás delas. Perdémonos!!! Pero de súpeto volvemos ver a sombra que xa viramos antes de entrar nesta inútil cova. Xa non nos daba medo porque xa sabíamos que era: o lobishome. Pero apareceu esa sombra... e non era o lobishome era o noso amigo Vítor que desaparecera o ano pasado nestas mesma datas. El coñecía aquela cova coma a palma da súa man, entón xa investigara onde era a saída daquel enorme labirinto. El non nos recoñecía e tivemos que explicarlle quen eramos, ao final deuse de conta. Como él sabía onde era a saída indicounos por onde era e saímos todos sans e salvos. Despois eu dixen: -Que pena que non visitaramos o cuarto de baño porque era o único que nos faltaba. Miráronme todos cunha cara de esta tola. Pero despois, votamos todos a rir. Volvemos ao noso campamento e os rapaces: Carlos, Xoán e Xabier deixáronlle un sitiño a Vítor na súa tenda de campaña. E durmimos todos, xuntos nunha tenda polo medo. Cando espertamos ao día seguinte, recollemos e fomos a nosa aldea. Fomos todos con Vítor á súa casa, a súa familia púxose moi contenta. As nosas tamén cando chegamos. Eu dixen este foi un conto de fantasía en vez dunha simple acampada nocturna. Cando cheguei a miña casa conteille todo a meus pais e mais a meu irmán. Primeiro asustáronse , pero cando lle dixen que encontraramos a Vítor e que el nos axudara, xa se puxeron contentos. Ao día , os meus pais e os pais dos rapaces da miña pandilla foron agradecerlle a Vítor que nos sacara daquela cova. E todos estabamos contentos porque estabamos de volta na casa coas nosas familias.
Estes son os personaxes fantásticos do conto.
Estes son os protagonistas do conto. O neno de lentes é Xoán. O neno louro é Carlos. O neno moreno é Xabier.
A nena do moño é Marta a narradora. A nena do vestido rosa é Amaya. E, por último, a nena de pel morena é Sarela. AUTORA: PAULA CERDEIRO CASAS. 2º C.