VÍA NOVA, VÍA XVIII
1) INTRODUCIÓN E XENERALIDADES
A vía XVIII do itinerario de Antonino (documento da Roma Antiga no que aparecen recompiladas as rutas do Imperio romano) entre Braga (Bracara Augusta) e Astorga (Aturica Augusta) atravesaba diagonalmente a provincia de Ourense dende o suroeste (Portela do Home, Lobios) ata o nordeste (serra da Enciña da Lastra). Ao chegar ao monte do Rodicio, para salvar polo norte a complicada topografía da Serra de Queixa, adopta unha dirección oeste-leste. Posteriormente, pasado este tramo e alcanzado o val do Sil, regresa á súa orientación xeral (suroeste-norleste) ata chegar á conexión coas rutas XIX e XX en Cacabelos para dirixirse a Astorga. Medía en torno a unhas 210 millas (a redor de 330 quilómetros) e foi construída entre os anos 79 e 80 durante os imperios de Vespasiano e o seu fillo Tito, con fins comerciais, e restaurada.
2) DE SANDIÁS A BUSTELIÑO
A vía entraba en Sandiás descendendo suavemente e en liña recta ata atoparse antes da igrexa parroquial co actual camiño e xunto con el tomaba dirección a Santa Ana. Entre Santa Ana e a torre do Castro (Pegas) había un tramo recto en descenso, que remata fronte á aldea de Ladeira. A continuación comeza unha longa recta de 4,8 km que remata ao pé de Casasoá. Posteriormente aparecía o tramo denominado A Lomba polas xentes da zona, que cruzaba un brazo da desaparecida Lagoa de Antela, o que fai sospeitar que antigamente esta non alcanzaba o nivel que tivo antes da súa desecamento. Foi destruído co pretexto da concentración parcelaria.
Nesta longa recta e fronte a Zadagós, apareceu en torno a 1920 un miliario de Maximino e o seu fillo Máximo, no cal se cumpría con precisión a milla LXXI. Hoxe atópase recuperado e levantado nun lugar próximo a aquel no que se atopou. Inicia posteriormente un tramo de descansada baixada para despois comezar outra recta dirección a Busteliño. Podemos observar nel exemplos de lombos, hoxe en día destruídos. Actualmente, tras os traballos de concentración parcelaria, os poucos restos que quedaban foron arrasados. Antes da chegada a Busteliño, en concreto no lugar de As Antas, apareceron na trazada da vía varios miliarios, un deles dedicado a Adriano, perfectamente conservado hoxe en día no Museo de Ourense e coa milla LXXIV claramente lexible.
3) PARTICULARIDADES DESTA VÍA ROMANA
Horizontalidade: pendentes moi estritas e cómodas. Adaptación ao terreo: mínima explanación posible. Nas ladeiras predomina o terraplén sobre o desmonte. Coherencia interna: a solución adoptada ante cada problema topográfico responde a os mesmos principios e a unhas razóns lóxicas e de economía dentro dos criterios de proxecto cos que se deseñou e construíu a ruta. Observamos algunhas diferenzas entre o tramo de Bracara- Aquis Quarquernis e o resto da ruta. Simplicidade no tratamento de afirmado: constituído por material solto en capas de espesor total moi variable en función da explanada. No resto do sector o espesor e mínimo ou nulo. Amplitude das obras de fábrica e da propia explanación: O ancho mínimo nas pontes sobrepasa os 5.5 m mentres que o da explanación non ten un criterio fixo variando entre os 5m nos pasos dificiles e os 7m nas curvas e outros tramos que non esixen un gran traballo de desmonte. Preocupación por manter unha correcta drenaxe da plataforma: Este camiño aberto ao tráfico en torno ao ano 80 non se pode etiquetar como vía militar, denominase Vía nova
polas súas características, trazado, plantexamento práctico e harmónico para un tránsito comercial de longa distancia ao servizo de unha poboación romanizada e en paz. A identificación da vía con camiños posteriores en concreto o de Ourense a Valdeorras e Villafranca del Bierzo dado o deficiente trazado deste.
4) DE PONTE LIÑARES A SANDIÁS A vía nova entra por A Limia polo lugar da Feira Nova a escasos metros do Río Limia, pasando a escasos metros do cruceiro e da ermida e do lugar ocupado polo medieval Ponte Liñares. A uns 300m de Ponte Liñares aínda quedan restos da Vía Nova.
Pasados os cruceiros de Congostro e chegados ao cruce de Penelas existe o lugar no que pervive o recordo da calzada é o paraxe de As Pedrosas, topónimo referido a unha agrupación de pedras cilíndricas que existiron neste punto fai moitos anos. Trátase por tanto de miliarios desaparecidos.
En Ordes aínda aparecen restos do afirmado de pequenas pedras e croios. Pasados este punto comezan as largas rectas que presenta a Vía Nova na Limia. A amplitude da explanada e de uns 6m e a traza e claramente perceptible. Pola súa forma alombada as xentes do lugar chaman a estes restos ``Os Lombos´´ que identifican como unha verdadeira estrada antiga.
Antes de chegar á Saínza de Arriba cruzábase co regato Bidueiro do cal restan os terrapléns de acceso. Continua a Vía pasando polo lugar citado no que aparecen restos do firme e segue ata Santabaia ata atoparse de novo coa estrada de Ponte Liñares a Vilar de Santos a cal
deixa á súa esquerda. Un resto de ``lombo´´ volve verse neste punto onde termina a longa recta dende Ordes
Desaparecen a continuación os restos visibles do antigo curso. Dous longos tramos antes e despois do cruce do regato de As Lameiras substituíron ata fai pouco a antiga calzada facendo desaparecer o terraplén.
Continua a aliñación recta marcada polo camiño, pero seguidamente perdese o curso da Vía que se reconstrúe con escasa marxe de erro xa que o relevo imponse ao pé do outeiro de Vilariño das Poldras, pasando antes por outro punto do trazado Os Padrosos nos que existían ata hai pouco varios fragmentos de miliarios. Pasaba a Vía Nova ao pé de Vilariño das Poldras coincidindo con outro camiño.