ACRÓSTICOS Un día de primavera, Xélido como unha pingüina, Ilusións esvaecidas... A andoriña fermosa,
Voaba polo ceo, Entristecida... Logo dun anaco, O lóstrego illado Sobre as nubes escuras... O medo do paxaro,
Movíalle as ás, A través do campo florido Reinaba a paz. Tiña esperanzas, Ilusións a moreas... Non se deu conta, E de súpeto.. Zoar de abellas!
Miriam é o meu nome Impaciencia, debería ser o segundo Río todos os días Invento historias Algunhas noites Mentres intento durmir.
Si, son a mesma de antes, Igual que sempre, Lémbrome das tardes cheas de ledicia Vivas, con moita alegría, Igual que sempre, Así son eu.
Estou Fóra de min Raro Estraño Non me recoñezo
Mares e ondas Aire e vento Risos e choros Ía pensando Ata que a vida me pasou
Fomos buscarte Ríndonos e Antes de chegar, Nós vímoste.
Jorge Ou García Rabioso anda todo o día Graza non fai E ten moita chulería
José non me chamo Un pai bo teño Non me gustaría ser vello Impórtame o medio Onte fun á festa Romei na esquina daquela casa
Melancólica estou sen ti Asústame o teu recordo Recordo as tardes de verán Inda cando estabas ti Antes de perderte.
Nunca esquecerei, Unha palabra túa, as Risas xuntos, Indo de aquí para alá, A túa mirada.
Onde as árbores cantan Soñan e medran Camiñan polo sendeiro Anticuado e adecuado para Reunirse cos seus amados.
Cando amence Ábrese o día, a vida comeza, Rómpese a escuridade e a Luz alumea todo canto hai no mundo. Os animais e toda a vida Saen dos seus agochos.
Estiven pensando, Sentado debaixo dun carballo, Tiña canda min o meu “tocaio”, Estabamos cantando e Bailaba de vez en cando, Andamos pescando salmóns e Non pescamos nada máis que uns mexillóns.
Nunca o esquecerei, Isto sempre foi un xogo. Cando xuntos Oïamos a Ledicia de lonxe. Estabamos vivindo un soño.
Todo canto quero A veces o teño Todo non o quero Inda que o desexo Algo podo ter Nada quero ser Antes de morrer
Domingos (eses días inesquecibles coas persoas que máis admiro) Avoa (persoa máis importante da minha infancia) Nunca esquecerei esas persoas que Incluso nos momentos máis difíciles Están sempre ao meu carón Loitando por defenderme.
Pelexas de broma na casa As luces da tarde entran polas fiestras Uns sorrisos que marchan coas penas Ledicia neses momentos de verán que Algún día volverán.
Oswaldo dende o nacemento. Salienta o meu mal humor. W unha difícil letra do meu nome. Antigo pintor de cadros. Lagoa de Antela o nome do centro no que estudo. Domingo un gran día de descanso. Oswaldo ata que morra.
J non existe en galego O si que existe en galego Sentimento de frustración É debido a que a J non existe.
Non me gusta recibir ordes E menos estando enfadada Rapidamente me durmo Estando tirada no sofá Agardando a miña irmá.
Non me mintas Ou mentireiche eu a ti Ei ! Escóitasme ? Levo un rato falándoche Inda estou acá Agora vaite, non Quero falar máis contigo.
Bondade (o mellor das persoas). Resistir (o propósito da vida). Enmascarar (o que fai o medo). Optimismo (o que nos permite vivir). Grazas (o que che gusta que che digan cando fas un favor). Antipatía (o que lle sobra a determinadas persoas). Nacemento (o comezo da vida que algún día acaba).