8 DE MARZO, DÍA POLA IGUALDADE MARZO, MES POLA IGUALDADE 365 DÍAS AO ANO POLA IGUALDADE
ACTIVIDADES POLA IGUALDADE IES LAGOA DE ANTELA
Teatro na biblioteca: o alumnado de teatro de 3º de ESO representará dúas adaptacións de “Ramón” de Sergi Belbel realizadas por Begoña Muñoz. Nelas escenifícase a liberación da muller a través dunha múltiple personaxe feminina que establece un diálogo cheo de reproches coa parella masculina. As cinco mulleres adolescentes e adultas respectivamente, cansas de que os seu mozos ou maridos non lles fagan caso e as utilicen, deciden abandonalos. O bombardeo de reproches está salpicado de humor e ironía. O personaxe de Ramón pode tamén multiplicarse segundo o número de integrantes do grupo de teatro, dividindo as frases do diálogo. Proxección e debate Proxectarase a película Las mujeres de verdad tienen curvas, de Patricia Ferreira. Unha historia de dignidade e solidariedade feminina, que destila optimismo a pesar de transcorrer nun ambiente de desarraigo cultural e explotación laboral téxtil. As materias que tratarán o tema serán Lingua e Inglés. Libros na aula O alumnado de 1º e 2º de ESO len O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, onde se trata, entre outros, o tema da discriminación e violencia de xénero. En 4º de ESO len As confesións de Carlota Doyle, de Avi, unha novela de intriga a bordo dun barco cunha rapaza de protagonista. Tamén vai ler La evolución de Calpurnia Tate, de Jacqueline Kelly, a historia dunha rapaza con curiosidade científica nunha época marcada polo sometemento da muller á rixidez victoriana. O alumnado de 1º de BAC le Mexillóns para cear, de Virgitte Venderbeke, cuxas actividades están colgadas no blog lector: O club do profesorado le Marcas de nacemento, de Nancy Huston.
O club de lectura de 2º ciclo vai ler Febre, de Héctor Carré, que trata a historia dunha moza que se rebela contra as normas impostas á muller na época franquista. Libros recomendados A expedición do Pacífico, de Marilar Aleixandre, conta como en 1868 unha moza fisterrá e afeccionada á zooloxía, Emilia Goianes, se cola nunha expedición científica polo continente americano e como, vestida de rapaz para disimular o seu sexo, descobre especies no Amazonas. A novela gráfica sobre a vida de Virxinia Wolf. Virgina Wolf, de Michéle Gazier e Bernard Ciccolini. O diario violeta de Carlota, de Gemma Lienas. Carlota, por encargo da súa avoa, comeza a observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, as lentes da perspectiva igualitaria. Traballos de investigación En 1º de BAC estase planificando un traballo sobre Mulleres na ciencia na materia de Física e Química e coa colaboración de Lingua. En 3º de ESO dáselles visibilidade ás mulleres anónimas do rural en forma de entrevista. Homenaxe ás avoas é o título da tarefa que se aborda en Lingua e Literatura, integrando contidos da materia. Análise da publicidade sexista Abordouse un traballo co alumnado de 1º de BAC sobre o sexismo na publicidade a través da crítica de anuncios de perfumes e xoguetes durante o Nadal. Adxuntamos exemplos. Palabras pola igualdade, libros e películas no tendal da biblioteca: O alumnado de 1º ciclo da ESO traballará o tema en titoría e Lingua sobre o tema e procurará palabras pola igualdade que se expoñerán nun tendal na biblioteca. Tamén se exporán nos andeis libros e películas de e sobre mulleres na biblioteca. Creación literaria: O alumnado de 1º e 2º ciclo de ESO construíu na aula na materia de Lingua relatos contra a violencia de xénero como base. Adxuntamos algúns relatos. Mulleres no mundo, mulleres na historia: Actividade para o alumnado de ESO, que deben relacionar unha foto cunha muller e procurar a información requirida.