RUTH MATILDA ANDERSON, Nebraska (1893-1983) GALICIA NOS ANOS 1924-26 UNHA MIRADA DE ANTANO
CUESTIÓNS: XEOGRAFÍA: 1- Sitúa no mapa de Galicia estes concellos: Pedrafita, Mondariz, Betanzos e Carnota.
LITERATURA: 1- No ano 1926 publicouse O Mariscal, unha obra de teatro que mitifica un personaxe da historia de Galicia que foi axustizado por orde dos Reis Católicos. Subliña o autor.
Eduardo Pondal - Castelao - Ramón Cabanillas.
2- No ano 1926 é elixido membro da Real Academia Galega un escritor que foi deputado polo Partido Galeguista. Ese mesmo ano publica un libro, cal? A súa sinatura é:
3- Outro escritor galego publicou ese ano un libro de relatos cuxa sinatura é De quen se trata e que título leva o libro?
4- En 1925 Vicente Risco, membro da Xeración Nós publica dúas lendas galegas, unha sobre a lenda do lobishome e outra sobre os mouros. Que título recibiron? Consulta a páxina da Biblioteca Virtual Galega: http://www.bvg.udc.es/
5- Nesas datas xorden os poetas vangardistas da chamada Xeración dos 25. Subliña cales. Curros Enríquez - Manuel Antonio - Amado Carballo - Ramón Cabanillas
FOTOGRAFÍAS: 1- Que calzado usaban os nenos?
2- Onde se vendían os produtos agrícolas?
3- Onde se acomodaba o gando vacún daquela? (fotografía 1b)
4- De que estaba feita e para que servía unha coroza? (fotografía 12 h) Procura información no dicionario da RAG en liña: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html
5- Que medios de transporte aparecen?
6- Na fotografía 10 b un neno leva unha mulida, para que servía?
7- a) Que sector económico predominaba (agrario, industrial ou servizos)?
b) Cita tres actividades deste sector que aparezan nas fotografías.
8- Cales eran os xogos que practicaban os nenos? (fotografías 11 g, 11 h, 11 i)
9- Como se chama a variante lingüística que empregaban os afiadores? (fotografía 7i) Xerga dos arxinas - xerga dos cabaqueiros - barallete - latín dos chafoutas
10- En que consistía a malla? (fotografías 4 a, 4 e, 4 g)
11- Fíxate nas fotos e nos títulos e cita 5 actividades realizadas por mulleres e 3 por nenas.
INVESTIGACIÓN NA WEB: 1- Na RAG ( Real Academia Galega) neses anos (1924 - 1926) non había ningunha muller, Francisca Herrera Garrido foi a 1ª muller en entrar a formar parte da institución, en que ano? Podes buscar a información na páxina da Biblioteca Virtual Galega: http://bvg.udc.es/
3- María Barbeito foi expedientada no ano 1936. En que materia destacou? http://www.culturagalega.org/album
4- Juana Capdevielle foi unha intelectual republicana, que lle ocorreu en 1936?
5- María Vinyals foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres, como foi coñecida?
6- No ano 1926 Maruxa Villanueva, cantante e actriz, emigrou a Arxentina. Que obra dun membro da Xeración Nós puxo en escena a súa compañía en 1941?
7- Maruxa Mallo foi unha pintora universal, autora de A sorpresa do trigo, onde naceu?
8- Na década dos 20 sobresae unha muller, María Miramontes, activa defensora do Estatuto do 36. De que organización, defensora da lingua e creada en 1916, formou parte?
9- Olimpia Valencia foi a 1ª muller que se licenciou en Medicina no ano 1925. De onde era?
CREACIÓN: 1- Escolle unha foto e inventa unha historia breve a partir do seu contido (imaxina quen son os personaxes, de onde veñen, que lles pasa e que lles ocorrerá despois, no futuro).