papagaio Familia dentro das aves coñecidas tamén como loros e no que se inclúen especies como: Guacamaios, periquitos, cotorras, agapornis
Teñen un pico forte, groso e curvo apto para abrir sementes duras, as cores das plumas son moi variadas e vistosas, garras fortes que lle permiten suxeitar ou asirse ás polas das árbores. Capaces de imitar sons semellantes aos da linguaxe humana. Tropicais
cuco
Cuculus canorus Ave insectívora, parásita doutras aves
De plumaxe grisácea, bo tamaño (uns 30 cms) e cola longa Canto característico que sinala que xa estamos na primavera: “cu..cu…cu…. Solitarios, poñen os ovos en niño alleo, normalmente doutras pequenas aves insectívoras. Migratorios
pimpín Fringilla coelebs Aliméntase de sementes que acompaña con insectos. Un dos paseriformes (paxaro) máis común en Europa
A plumaxe é gris azulada na cabeza e pescozo, o peito e a cara vermello-marrón e dorso castaño. Manchas brancas nas ás. Isto no macho a femia ten cores máis grisáceas. Dimorfismo sexual. Podédela ver agora no inverno no patio do IES, especialmente os machos.
vencello común Apus apus Aliméntase de insectos. Un dos máis eficaces insecticidas que hai O nome xa nos fala dunha caracterísitica: “sen pés”
A plumaxe negra fulixinosa , excepto unha barbiña alba; ás longas en forma de gadaña; cola aforquillada; sexos iguais. Ave de costumes aéreos, ás veces ata para durmir se non teñen crías no niño. Migratoría, das últimas en vir e das primeiras en marchas. Fácil velos ao solpor do verán cazado miles de mosquitos no aire planeando preto do chan.
merlo
merla merlo
Turdus merula Aliméntase de insectos, larvas, pequenas froitas (hai as cereixas!!), sementes, miñocas.... Fácil velo onde mós
A plumaxe do macho é negra co peterior amarelo, a femia de cores marróns e peteiro pardo. Moi inquieta, inconfundible polo seu canto. Fácil vela no patio do IES
albatros
Familia de aves mariñas de grandes dimensións
Inclúe un grupo de 22 especies coñecidas, de cores claras, e gran envergadura alar, moi axeitado para permanecer moito tempo no aire. Unha das especies ten a maior lonxitude de envergadura alar (máis de 3 metros) Pescan en superficie ou mergullándose no mar.
vichelocrego ou ouriolo Ouriolus ouriolus Difícil de velo, habita nos bosques caducifolios preto dos ríos entre as follas. Se alimenta de insectos, moluscos, arañas ...
O macho é de cor amarela ouro coas ás e cola con plumas negras; as femias de cor verde oliva que pasa máis desapercibido entre as árbores. Migrantes, chegan en abril cando xa hai follas nas árbores, escoitándose o seu canto moi musical, comenzando a marchas a finais de xullo.
xílgaro Carduelis carduelis Fácil velos en grupo en campos abertos e hortas. Aliméntase de pequenas sementes, entre elas ao do cardo. Tamén de insectos durante a cría ...
De cores pardos na cola e nas ás teñen plumas amarelas sobre fondo negro e branco, o macho presenta un rostro de cor vermello moi rechamante rodeado de plumas negras e brancas.
lagarteiro Falco tinnunculus Unha das aves rapaces máis comúns. Fácil velos “cernidos” no aire batendo as ás. Mui beneficioso para a agricultura xa que se alimenta de ratos, topillos, insectos, ratas... Estando protexido pola lei.
Ás puntiagudas e cola longa, que no macho é de cor gris azulada.
xirín Serinus serinus Mui común en parques e xardíns, anida nas froiteiras e sebes. De pequeño tamaño ten un vó como unha gran volvoreta que vai piando.
De cores pardas presenta plumas amarelas no peito e cabeza, máis marcado nos machos.
tilonorrinco
Familia de aves de pequeno e mediano tamaĂąo de Australia e Nova GuinĂŠa. Os machos constrĂşen un emparrado para atraer as femias.
Grupo de aves.
pega Pica pica Bastante común é fácil vela en xardíns e campos de cultivo. Aliméntase de insectos, miñocas, ovos e crías doutras aves e tamén de carroña e lixo humano.
De cor moi contrastada: plumaxe negra irisada fronte a plumas brancas. A cola longa a en forma de cuña.
pardal Passer domesticus Mui asociado ao home é mui frecuente velo en zonas urbanas. Se alimenta de sementes, grao, e pequenos insectos, así como de desperdicios humanos, axudando na limpeza das cidades.
A parte superior de tonalidades pardas con raias negras, péleo e obispillo grises, o comenzo das ás de cor parda-vermelao.
arao Uria aalge Ave mariña que vive en acantilados sobre o mar. Neste lugares cría, pondo un único ovo sobre as rochas do acantilado sen construír niño.
De peteiro puntiagudo, teñen as plumas da parte superior de cores pardogrisáceas, as inferiores brancas. De aspecto rechoncno cando están pousadas.
estorniño Esturnus unicolor Ave fácil de ver, sobre todo no inverno que forma bandadas de miles de exemplares. Podémolas ver chegar aos chopos do noso centro ao solpor para durmir nas súas polas. Aliméntase de insectos, moluscos, pequenas froitas
De peteiro puntiagudo e amarelo, especialmente o macho ten unha lustroso cor negra e patas vermellas.
aguia
Nome xenérico co que se coñecen as aves depredadoras máis grandes.
De gran tamaño, todas presentan un pico grande. Poderoso e puntiagudo para desgarrar a carne das presas. Destacan tamén as súas garras. De peteiro puntiagudo e amarelo, especialmente o macho ten unha lustrosa cor negra e patas vermellas.
canario Serinus canaria Animal de fácil adaptación á cautividade se ten empregado dende hai séculos como animal doméstico, especialmente polo seu canto. Aliméntase de sementes, froita e pequenos insectos
De coloración amarela, ten o dorso grisáceo e a parte inferior máis clara. As femias son de cor parecida pero menos brillante.
periquito Melopsittacus undulatus Especie endémica de Australia estendeuse a todo o mundo como mascota. Aliméntase de sementes, froitas e verduras.
A variedade silvestre é de cor verde e cabeza amarela para pasar desapercibido entre a vexetación. O peteiro curvado que lle axuda para o consumo de sementes e trepar nas árbores.
paporrubio Erithacus rubecula O paporrubio europeo é unha das aves máis familiares do noso entorno, é fácil vela e escoitala ao noso arredor. Aliméntase de insectos, larvas, arañas, miñocas… gran aliado como insecticida na agricultura.
A parte superior de cor gris olivácea, tendo a parte inferior da cabeza e o peito de cor laranxa, o abdome é de cores claras. O peteiro pequeno e puntiagudo é moi eficaz para a caza de insectos.
Colibrí Archilochus colubris Nativas de América Central. Aliméntase de néctar e insectos. Poden alcanzar unha velocidade de 80 km/h.
As ás do colibrí son verdadeiros remos aéreos, as súas plumas son verdes e rectas a súa cola cadrada. A súa pel é recia e espesa, de gran colorido, polo que se comparou con pedras preciosas, coma o rubí.