CASTELAO

Page 1

Castelao nace en Rianxo en 1886 e morre en Bos Aires en 1950 De familia mariñeira emigrou con seus pais á Pampa arxentina entre os 10 e 14 anos Pertenceu ao sindicato agrarista Acción Gallega, foi membro das Irmandades da Fala e participou na creación do Partido Galeguista, partido polo que foi elixido deputado Home polifacético: pintor, debuxante, escritor e político


OBRA NARRATIVA

UN OLLO DE VIDRO RETRINCOS

OS DOUS DE SEMPRE

COUSAS


OBRA DRAMÁTICA: OS VELLOS NON DEBEN DE NAMORARSE:

Critica os amores interesados. 3 LANCES 1 PRÓLOGO E 1 EPÍLOGO 3 VELLOS 3 MOZAS 3 MOZOS RIVAIS DOS VELLOS

TRIPLE PRESENZA DA MORTE ANTAGONISTA


CONSTANTES TEMÁTICAS • • • • • • • •

Realismo Populismo Humanismo e sensibilidade Humor Lírica Síntese Plástica Final coidado e inesperado


CONSTANTES TEMÁTICAS Realismo: emigración, abusos, discriminación, pobreza

Populismo: retrata as clases máis pobres: labregos e mariñeiros Humanismo e sensibilidade: comprensión coas debilidades humanas, tenrura, emoción Humor: ironía, retranca, humor negro, dobre sentido Lírica: linguaxe poética Síntese: frases curtas, condensa en pouco espazo moito contido e información Plástica: descrición visual, pictórica

Final coidado e inesperado: sorprende (clímax)


"O pai de Migueliño" …..O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados como era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato. …..Os americanos xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirao do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas en procura do pai ensoñado. …..De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato, ou aínda mellor portado, e Migueliño sentiu por el un grande amor, e canto máis se achegaba o americano, máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. Ai, o americano pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo. …..Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecía por bicalo a fartar. …..¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o americano pasou de largo e nin tan sequera reparou en que o seguían os ollos angurentos dun neno.

…..Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo tolamente. …..E cando esculcaba con máis anguria fíxose cargo de que un home estaba abrazando a súa nai. Era un home que non se parecía ó retrato; un home moi fraco, metido nun traxe moi frouxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo... …..Aquel si que era o pai de Migueliño.

Realismo Populismo

Humor Humanismo/ Sensibilidade

Plástica Final coidado Síntese


Ensaio: SEMPRE EN GALIZA Galiza, como grupo étnico, ten dereito a dignificar a lingua que o seu propio xenio creou, porque é unha lingua capaz de ser vehículo de cultura universal, porque lle serve para comunicarse cos pobos de fala portuguesa, porque non ten outra mellor para expresar os seus sentimentos e porque perdéndoa xa non lle quedaría ningunha razón de existir. Se Galiza non reclamase a oficialidade do seu idioma e o dereito a usalo como lingua vehicular do ensino, podería presumir de capacitación política para rexer a súa vida?


“Prohibistes o galego nas escolas para producir no espírito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facéndolles crer que falar galego era falar mal e que falar castelán era falar ben. Expulsastes o galego das igrexas, facendo que os representantes de Cristo explicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o pobo non falaba nin comprendía ben. Refugastes o galego ante os Tribunais de xustiza e chegastes a castelanizar barbaramente as toponimias galegas. E de que vos valeu? Porque despois de máis de catro séculos de política asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma está vivo.


OBRA GRÁFICA • • • • • •

Cousas da vida (mulleres, vellos…) Nós Galicia mártir Atila en Galicia Milicianos Óleos: Picariños, Fauno…



A LINGUA


O HUMOR CON RETRANCA


O HUMOR NEGRO





O P A R A D O X O


A

M I S E R I A H U M A N A


A I R O N Í A


A L E I D O S P O B R E S


A R E A L I D A D E













Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.