CONTOS DE MEDO GAÑADORES 2012

Page 1

TRASNADAS

Aquí na miña aldea todo é tranquilo e monótono. Os veciños levámonos moi ben e nunca hai problemas. Sempre é igual, os rapaces marchamos á escola, a xente vai traballar, pasan os carros de aquí para alá. Eu vou á escola da aldea lindeira que me queda a menos dun quilómetro. Os meus mellores amigos téñoos alí porque na miña aldea son eu o único rapaz. A min non me desgusta ir á escola excepto nos meses de inverno que morro do frío, pero na primavera si me gusta. No verán pásoo moi ben porque vou todos os días xogar cos meus amigos e ademais veñen os meus irmáns do estranxeiro. En setembro, cando comezamos as clases, aínda mo paso mellor porque ao mediodía, cando veño do colexio, vou comendo moras polo camiño e ao chegar á casa nunca teño fame. Xa o digo, todo é tranquilidade, pero non sempre foi así. Houbo un tempo no que as cousas non cadraban. Todo empezou unha mañá na que as vacas de meu pai apareceron na corte do veciño e viceversa. A xente dicía: ”Iso non é nada, será unha trasnada calquera”. Estas trasnadas eran tan continuas que ata me chegaron a botar as culpas a min. Pero seguían día tras día. Os vellos, que son moi sabios, falaban de que eran trasnos. A min percorreume un arrepío por todo o corpo porque non sabía como eran. As trasnadas continuaron durante meses e eu empecei a investigar. Polas noites vía brillar ollos, pero pensaba que serían gatos. Na nosa aldea había un rico que estaba en América e tiña unha casa moi, moi grande. O caso é que unha mañá desapareceu a casa e apareceu na aldea lindeira. Todo o mundo se preguntaba: como se pode mover unha casa pedra a pedra nunha noite? Os vellos dicían: ”iso han de ser os trasnos”e eu arrepiaba. Este fenómeno chegou a tal punto que a xente foi buscalos con escopetas e forquitas; e eu tamén pero ás agochadas. Os veciños non atoparon nada pero eu si. Vin un, pero pareceume tan bonito e tan boa “persoa” que non dixen nada. Pero como as trasnadas seguían ocorrendo, volvín ao bosque e atopeino de novo. Tiven unha conversa con el (a verdade é que son como persoas pequeniñas) e díxenlles que pararan el e os seus compañeiros coas trasnadas. Sorprendentemente pararon. Eu son o único que sei que foron eles, pero para o resto dos veciños aínda segue a ser un misterio. Breogán Prieto Vázquez, 3º ESO


O MEU PESADELO

Isto comezou unha mañá de novembro. Había moita néboa e eu collín o meu abrigo para ir ao instituto . Coma sempre cheguei antes do normal, e como era de noite e facía moito frío esperei ás miñas amigas na cafetería. Cando chegaron noteinas moi estrañas. Ambas ían vestidas de negro, ollos negros, unllas negras, pulseiras e colares negros... Algo non cadraba ! En Vera, non me estrañou tanto, pero en Uxía moito. Ela non soportaba a cor negra. Eu pregunteilles que lles sucedía , pero ningunha me contestou. Máis tarde soou o timbre. Levei un susto incrible, pois non era o son de sempre, era moito máis grave. Fun a única que me asustei, as miñas amigas reaccionaron coma sempre. Levantáronse do banco de pedra que estaba ardendo, cousa que co frío que ía non era lóxico, e subiron a clase coma un día normal. Eu estábame empezando a preocupar...! Ao chegar a clase vin que todos ían vestidos de cores escuras. Todas as mesas dos meus compañeiros eran negras e as cadeiras vermellas, menos as miñas. Non lograba entender nada! Cando entrou o profesor de galego pola porta, todos os meus compañeiros se ergueron e comezaron a recitar poesías de morte. Eu xa non podía máis! As bágoas esvarábanme polo meu rostro, o profesor parecía que estaba morto, os meus compañeiros ou estaban en completo silencio ou dicían cousas raras... Que sucedía? Levanteime do meu asento. Ao intentar abrir a porta puxéronse todos ao meu redor, mentres recitaban unha palabras coma se foran botarme unha maldición. Eu funme correndo pero seguíanme, e cada vez eran máis e máis . Non daba creto da situación! Saín ao patio, estaba todo escuro. Corrín ata o outro edificio e encerreime nos baños. Alí atopeime cunha nena que estaba chorando. Pregunteille que lle pasaba, e contoume o mesmo que me es taba sucedendo a min. Nese intre empezaron a petar na porta. Esta gritaba coma nunca, abrímoslle e era Sara, a profesora de plástica que se escondía do mesmo ca nós .


Despois de que se calmara un pouco todo, decidimos saír a investigar un pouco. Sara como era a máis maior e a que estaba máis tranquila foi diante. Subimos ao patio cuberto. Dende alí poderiamos ver o noso edificio . Seguía sendo de noite e nos se vía nada ben. Abrimos unhas das fiestras e Paula , a nena que atopara no baño chorando, foise correndo. Eu e Sara non entendiamos porque se fora así, sen dicir nada. De alí a uns dez minutos Paula volveu cuns prismáticos. Sara foi a que se atreveu a mirar o que estaba sucedendo no outro edificio, pois a Paula e a min podíannos as lágrimas . Cando Sara puxo os prismáticos empezou a berrar. Dicía que queimaban e cando os retirou vimos que tiña os ollos moi inchados e caíanlle lágrimas de sangue. Dicía que non podía ver, e Paula e eu fomos buscar axuda. Polo camiño apareceunos Uxía por detrás. Intentou darme cunha barra de ferro, pero encollinme e deulle a Paula, que caeu repentinamente ao chan. Collérona e levárona. Eu non sabía que face , e acordeime de que Sara estaba soa e podíana coller. Funa buscar e encerrámonos nunha das clases que máis preto estaba do patio cuberto . De repente a porta fixo un “click”, as luces apagáronse e, ao acenderse de novo estabamos rodeados por todo eles. Sara, como non podía ver, non paraba de preguntar que sucedía, eu seguía chorando, mentres que todos eles dicían cousas moi estrañas, entre eles Paula. Despois dun bo rato, todos calaron. Volveuse apagar a luz de novo, acendeuse e apareceu a “Santa Compaña”. Esta acercouse a nós, que estabamos agochadas nun recuncho da clase, púxonos a súa vea enriba das nosas cabezas e empezaron a dicir entre todos “MORTE, MORTE, MORTE, MORTE” Eu non sabía se chorar, saír correndo ...Estaba que non mo cría! Nese intre soou o espertador. Eu erguinme chea de suor, aquilo só fora un pesadelo.

Vanessa Álvarez Crespo, 2º ESO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.