DÍA DA POESÍA

Page 1


POEMAS DE AMOR POEMAS DE AMOR VANGARDISTAS CON PALABRAS AO CHOU

Á mañá devagar o soño irremediablemente tocará á miña beira, o papel debuxa amodo a cor co lume que salta no río. KIMBERLY E MARÍA

O pracer do beixo delicado dorme e arde eternamente lánguido toda a noite. ADRIÁN E HÉCTOR

Salta ás présas, latexa a flor, soño co pelo, e pel treme, onte cavará, diariamente rompe. ISMAEL E CLARA


O lume latexa curioso nas noites, o mar dorme a deshora en todas partes e o lume esconderase de contado nas ondas. CARLOS E MARCOS

O AMOR

Cabalga nas veas, mece no río,

salta sempre preto. sente o pracer dun abrazo.

EVA GONZÁLEZ E LORENA

Esvara o silencio ás veces camiña paseniño a miúdo

axiña escachará a tarde cabalga amodo e

esperta un aloumiño.

NOELIA E DEBORAH

Un beixo tenue nunca atrae, con paixón derrete,

e coa paixón non dorme axiña mais verte.

DANIEL E NOELIA O amor fugaz arrecende a mel, escacha lento

na pel e verte paixón no beixo. LARA E IVÁN


POEMAS COLECTIVOS CON CADROS EXPRESIONISTAS (GUSTAV KLIMT, FRANZ MARC, MACKE….)

4º C ESO A alegría, a felicidade e o amor son compatibles na impresionante primavera con dúas persoas que se queren, nun pique-nique con amor e bocadillos de lombo, sen pantasmas e o colorido dun confuso inferno de terras vermellas e todo moi escuro. NOELIA VALENCIA

A felicidade, o amor e a alegría son compatibles, un pouco confuso, como cando estás nun pique-nique comendo un bocadillo de lombo e ves unha pantasma. Dúas persoas pódense querer ata no inferno coas terras vermellas e todo moi escuro. CARLOS SOLVEIRA


Horterada sen sentido, cabezas sen corpo, con tristeza impresionante. Outono! Inspírame amor e cariño con moitos cadrados de cores, parece o debuxo dunha alfombra, un camiño de flores. Unha árbore de amizade, árbore da vida, árbore multicolor, a miña irmá revolvendo todo. CRISTIAN FRANCO


POEMA COLECTIVO DENDE PEZAS MUSICAIS 4º C (("Lie Back and Think of England" e "Dirt" de Penguin Cafe Orchestra/ Migrations de Peter Kater e Carlos Nakai/ Ray Coder...)

TRISTEZA DE ABURRIMENTO Relaxación e tranquilidade, tranquilidade, TRANQUILIDADE E RELAXACIÓN, relaxación e calma, tamén sono e tristura e paixón e recordos, recordos da infancia e tamén esperanza e desexo de conseguir algo bonito e moita tenrura. Tranquilidade e ganas de durmir, ganas de estar na miña cama durmindo ou nun prado nunha toalla, tranquilidade, tranquilidade, sono e moita tranquilidade, coma se non houbera problema, só tranquilidade, relaxación e calma.


Felicidade (palabra que me gusta) Amizade (feito que sempre teño en conta) Tristeza (termo que non me gusta) Inseguridade (propio das persoas) Mar (outro mundo que me fascina) Amor (o máis bonito nesta vida) Fascinoume ver Amencer daquela maneira. Tiraba o sol do vento. Inmensamente enorme, aquel Mar durmindo na Area. Carlos, o meu nome. Andorra, un sitio onde quero ir. Roscas, encántanme. Luns, non me gustan nada. Odiar, unha acción que pouco uso. Só, espero non quedarme nunca.


Impresionado, Sentado, Miro mentres A noite Estrelada á Luz da lúa Pensando Atrás, Retando A esta mente Dominante Asolagado de recordos. Alcanzar os meus soños quero Ninguén me vai parar Deixarei o pasado atrás Respectando os meus ideais Esperarei un futuro incerto Alcanzarei os meus desexos.


Koalas nunca vin, Impórtanme os amigos, Música, non podo vivir sen ela, Berlín, a capital dun país en que vivín. Estiven en moitos países, Rosa é a miña flor preferida, Lady Gaga non me gusta, Y non existe en galego. Habana, quero ir. Avó, algún día serei. Detesto estudar. Remar é a miña afección. Insisto cando quero. Asusto cando necesito. Non non quero oír dicir. Busco Rir Intensamente Ata Non poder máis.


Dende hai anos Estiven Botando abaixo a esperanza Ocasionalmente, Rapidamente volveu A esperanza. Hei de volver. Ler, Oír, Escoitar, Resulta agradable. Toda a arte me atrae, Suíza, o meu paraíso, Cadros envólvenme, Hip-hop móveme, Escoita, esa son eu, Racistas repúgnanme. Deporte san e saudable, Adorable e Non reprochable. Inocentes rapaces na Escola xogan Ledos e sorrintes.


Natación, o deporte que máis me gusta, Odio as Espinacas e as Lentellas, gústanme as películas de Intriga, pero no as Antigas, gústanme as bolboretas Violetas e Amarelas e tamén as Lavandeiras E No verán as Cereixas e o Iogur de Ameixa.

Ía Voando Alto Na noite Entusiasmado Buscando Rutas A algún lugar descoñecido.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.