DÉCIMO XUÑO BRUTO
Décimo Xunio Bruto Galaico foi un xeneral e político romano do século II a. C. No ano 137 a. C. cruzou o río Douro e entrou no territorio dos callaeci ou galaicos, arredor da actual O Porto, pero que deron nome a todos os pobos localizados máis ao norte, e chegou ao río Limia (Lethes). Ante a negativa dos seus soldados a cruzalo por medo a perder a memoria, Bruto cruzouno primeiro, e os seus soldados seguírono ao veren que chamaba por eles, e segundo conta Estrabón chegou ao río Miño. O senado romano concedeulle o título de Callaicus no 136 a. C.
A CHEGADA DOS ROMANOS Á LIMIA
No ano 137 a.C. as lexións romanas dirixidas por Décimo Xunio Bruto invadiron Galicia para castigar a axuda que os galaicos ofrecían aos lusitanos. Nese mesmo ano chegaron ao río Limia, polos romanos chamado río Lethes. Este río gozaba de gran fama entre algúns autores clásicos, coma por exemplo: Salustio, Estrabón, Tito Livio, Apiano, Silio Itálico, Plutarco e Floro. Estes autores crían que ao norte do río Limia atopábanse os "Campos Elíseos" unha especie de paraíso. Pero segundo a lenda, atravesar este río levaría a perder todos os recordos, e incluso a vida. O río era chamado "Lethes", este nome grego tiña a súa orixe nunha divindade chamada Lete ou Leteo, cuxo nome significa esquecemento. Tamén era chamado "Flumen Oblivionis", o río do “olvido” esquecemento. Os antigos habitantes prerromanos dicían que a quen o cruzaba esquecíaselle todo. Cando as lexións romanas se achegaron á comarca da Limia, cando
invadiron Iberia, correu a voz entre as tropas do problema que ían ter se cruzaban o río. Segundo se di, negáronse a facelo e foi polo que un dos centurións tivo que armarse de valor e cruzalo primeiro para que o resto dos soldados se atrevesen a facelo. Unha vez cruzou o río nomeou todos os soldados da lexión un a un para que se decatasen que a lenda do "Río do Esquecemento" non era verdadeira. Hoxe en día, no verán, hai unha coñecida festa en Xinzo para celebrar precisamente este feito, a chamada Festa do Esquecemento.
FESTA DO ESQUECEMENTO EN XINZO DE LIMIA
A festa do esquecemento, organizada pola Asociación Cultural Civitatis Limicorum,
é
un
evento
festivo
de
recreación
histórica,
celebrado
ininterrompidamente na localidade de Xinzo de Limia, que lembra a chegada das lexións romanas comandadas por Décimo Xuño Bruto até a marxe esquerda do río Limia. A denominación da festa, "Esquecemento", débese a que as tropas romanas, por mor do singular lugar en que debían cruzar o río Limia, creron acharse ao río Lethes, o río do Esquecemento, que facía esmorecer todas as lembranzas de quen o atravesase. A festa ten como momento máis significativo a recreación do paso do río Limia, máis hai outras moitas representacións da tradición e cultura castrexa e romana como danzas, mercado romano, banquetes romanos, desfile de lexións, loita de gladiadores, carreiras de cuadrigas, etc.
FONTES: -Wikipedia (Décimo Xuño Bruto e Festa do Esquecemento) -Galipedia (Chegada dos romanos a Limia) -Misterios e lendas de Galicia e Asturias (Lendo do río Limia)