ELEMENTOS ROMANOS E PRERROMANOS EN XINZO DE LIMIA (NA PRENSA)
ATOPADOS VESTIXIOS ROMANOS DO SÉCULO I NO CENTRO DE XINZO
Os restos foron encontrados durante as obras de canalización do gas da cidade A mítica Civitas Limicorum renace en Xinzo. Vestixios romanos do século I, en concreto un muro e restos de cerámica do que semella ser unha canalización, apareceron na rúa San Roque, en pleno corazón do casco vello limiao, a escasos vinte metros da praza Maior, tras unhas catas arqueolóxicas realizadas dentro dos traballos de instalación do gas da cidade. Un equipo de tres arqueólogos de Santiago verifica sobre o terreo a
transcendencia do descubrimento histórico, que da continuidade a outro atopado fai un lustro a escasos metros do descuberto agora. A evidencia da directa vinculación de Xinzo co Imperio de Roma non é precisamente nova. Fai dúas décadas, outra zona do casco vello antelán o adro da igrexa vella, destapou un dos descubrimentos de maior transcendencia dos últimos tempos na provincia ourensá. Eran restos dunha momia e diferentes obxectos que verificaron o que os expertos xa sospeitaban, a forte significación da capitalidade limiá coma un importante enclave romano durante os primeiros séculos da era cristiá.
APARECEN VESTIXIOS ROMANOS NA RÚA DA IGREXA DE XINZO
Trátase de dous restos murales, e tamén se descubriron tumbas, cerámicas e restos óseos do Medievo.
A reforma das rúas de O Peto e de A Igrexa de Xinzo de Limia, nas que o Concello e a Deputación investirán arredor de 170.000 euros, trouxo consigo a obriga de realizar unha serie de catas arqueolóxicas previas -ambos viais están situados nas zonas afectadas polo Patrimonio- nas que se deixaron ao descuberto restos murais da época romana e tamén óseos, que poden datar de entre os séculos XIII y XVI, segundo manifestou o arqueólogo responsable dos traballos, Manuel García.
"Fixemos os traballos na zona pegada á sacristía da Igrexa de Santa Mariña, que foi tamén cemiterio ata o século XVI, polo que o que nos atopamos alí foron restos de sepulturas, e muros romanos moi alterados pola cimentación posterior da sancristía", explica Manuel García.
O seguinte paso será elaborar o informe pertinente para completar o rexistro arqueolóxico do Xinzo romano e, posteriormente, o Concello procederá a licitar a obra. "A actuación non se verá afectada por estes achados, xa que o que se vai a facer é renovar o saneamento e a pavimentar nos lugares nos que xa estaban os anteriores condutos. Estas catas son, simplemente, para extraer información", sinala o arqueólogo, quen concretou, ademais, que antes de iniciar as escavacións "xa se contaba" con que ían a aparecer estes restos. "Ao redor da igrexa vella de Santa Mariña é onde máis vestixios hai, é o punto cero do Xinzo romano", matiza Manuel García. "Os restos ou se tapan cun xeotextil e area por enriba, e se pavimenta ou, se o Concello quere e pode, é posible poñelos en valor", engade. Acto seguido, comezarán as obras de reforma nesa rúa, que abarcarán ademais do cambio de tuberías, su empedrado. Tal e como explicou o rexedor local, Antonio Pérez, no chan da rúa da Igrexa "sufre roturas periodicamente polo mal estado dos sistemas de saneamento e abastecemento". VECIÑOS DE XINZO RESCATAN DA MALEZA UN CASTRO CELTA
Veciños da aldea de Parada de Ribeira, en Xinzo, habilitaron un camiño de acceso ao castro celta ubicado a pouco máis de 140 metros da canteira e da planta asfáltica radicadas no monte da aldea. Os indicios apuntan a que podería ter a súa orixe na Idade do Ferro, fai cerca de 2.500 años.
O antropólogo e investigador Manuel Mandianes remarcou a transcendencia deste castro e doutros do municipio de Xinzo.
Hai rexistros e mapas oficiais sobre a ubicación deste castro sen inventariar, segundo afirmou a arqueóloga Nieves Amado. Pese á constancia dos veciños sobre a existencia destes vestixios, a maleza do lugar facía moi difícil acceder a eles. Este é un dos seis castros dos que se ten constancia en Xinzo, aínda que algúns deles non están formalmente inventariados. O máis importante é o de Novás, de 2.500 años de antigüidade e redescubrimento a raíz do incendio na Serra do Larouco en 2015. Hai outros en A Cidá, en Morgade, O Castro da Fraga, en Seoane, e nas aldeas de Boado, Gorgoloza e en Damil. Un incendio el pasado mes de agosto afectou a Serra do Larouco deixando a vista un dos moitos castros que contabiliza o Concello de Xinzo, Durante décadas estivo cuberto e inaccesible ata agora pola maleza que o ocultaba, pero que segundo o arqueólogo,
Manuel García Valdeiras, tamén o protexía. Algo no que coincide o edil de Cultura, Carlos Gómez, que apela á conciencia cidadá para que respecten estes restos.
Pola súa parte, García sinala que en Galicia hai unha media dun castro pola parroquia, e que o igual que a maioría dos de Xinzo, a menos que estean postos en valor, están cubertos pola maleza o cal contribúe á súa conservación, xa que os que están próximos ás aldeas, ao ser más accesibles, están máis alterados.
Non se descartan máis descubrimentos na zona.
BIBLIOGRAFÍA •
La Voz de Galicia
•
Faro de Vigo
•
La Región