FUTURO IMPERFECTO

Page 1

TERTULIAS LITERARIAS OURENSÁS 2011

FUTURO IMPERFECTO, DE XULIA ALONSO

ANTES DA LECTURA  Que che suxire o título? E a foto?  Fíxate nas persoas da foto e pescuda quen son e en que época se sacou.  Que pensas despois de ler o resumo da contraportada?  Observa os datos da edición e a dedicatoria.

DURANTE A LECTURA  Fíxate nas citas ao inicio dalgúns capítulos e reflexiona sobre o que significan e a relación co contido do capítulo. Estes datos e enlaces axudaranche a conseguir información sobre os/as autores das citas:

Lois Pereiro: poeta galego ao que se lle dedicaron as Letras Galegas de 2011 e que contraeu a SIDA. http://loispereiro.blogaliza.org/ Mario Benedetti: poeta uruguaio que morreu no 2009. Despois dun golpe de estado no seu país exiliouse a Arxentina e tamén residiu en Cuba e España. Unha dos seus poemas máis coñecidos é "Hagamos un trato": http://sololiteratura.com/ben/obraenverso.html http://gl.wikipedia.org/wiki/Mario_Benedetti http://sololiteratura.com/ben/benedettiprincipal.htm Carlos Fuentes: escritor mexicano. http://gl.wikipedia.org/wiki/Carlos_Fuentes http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/carlosfuentes/crono1.htm Celso Emilio Ferreiro: poeta galego da escola socialrealista. http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=CelFerre&alias=Celso+Emilio+Ferreiro María Mariño: escritora galega de tendencia intimista. http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarMari%F1&alias=Mar%EDa+Mari%F1o Rosalía de Castro: escritora galega, a figura máis importante do Rexurdimento.


Manuel Rivas: escritor e xornalista galego. http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=ManRivas&alias=Manuel+Rivas Gioconda Belli: escritora nicaraguana que tivo que exiliarse por causa da súa oposición á ditadura de Somoza. http://es.wikipedia.org/wiki/Gioconda_Belli William Burroughs: escritor, ensaísta e crítico social estadounidense, vinculado a movementos contraculturais. Experimentou coas drogas e foi adicto á heroína. Formou parte da Xeración Beat xunto con Allen Ginsbert, Corso e Jack Kerouac. http://es.wikipedia.org/wiki/William_Burroughs Led Zeppelin: grupo de rock inglés, fundadores do hard rock e o heavy metal. Logo fixeron incursións

no

folk

e

na

música

celta.

Causaron

furor

nos

anos

70.

http://gl.wikipedia.org/wiki/Led_Zeppelin Lou Reed: cantante de rock e escritor estadounidense. Considerado o pai do rock independente e vinculado á arte pop, á Factory de Andy Warhol. Formou parte da famosa banda Velvet Underground. Foi adicto á heroína e plasmou a relación coas drogas nas letras das súas cancións. Estivo vinculado a David Bowie. http://www.youtube.com/watch?v=Y9y5hkMoA6c, http://www.loureed.8m.com/ David Bowie: cantante británico polifacético (cultivou o glam rock, pop e funk...), admirador de Andy Warhol e Bob Dylan. http://gl.wikipedia.org/wiki/David_Bowie http://www.youtube.com/watch?v=muMcWMKPEWQ Vladimir Arseniev: autor de Dersu Uzala, unha novela que trata a historia dun home que vive conforme á natureza e que se base nun personaxe real. O director xaponés Akira Kurosawa levou a novela ao cine. Escena do fragmento citado na novela: http://www.youtube.com/watch?v=v0bdt_tQ1iY Joaquín Sabina: cantante español. "Quién me ha robado el mes de abril?": http://www.youtube.com/watch?v=EWVNk5yJ2aI Pedro Salinas: poeta da Xeración do 27. http://amediavoz.com/salinas.htm Silvio Rodríguez: cantante cubano, representante da Nova Trova Cubana, de grande repercusión no panorama musical. Unha das súas cancións máis veneradas é "Ojalá": http://www.youtube.com/watch?v=u80ocuvZxmY e "Unicornio".


Rod Hudson: actor homosexual que morreu pola SIDA nos primeiros anos da pandemia.

A casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca: obra de teatro ambientada nunha sociedade represora coas mulleres. Antonio Escohotado: ensaísta español que acadou notoriedade polos seus estudos sobre as drogas. Ernest Lluch: ministro de Sanidade asasinado por ETA.

 Reflexiona sobre o que revela o 1º capítulo, as alusións á memoria e a unha destinataria desta, Lucía. Que anticipan?  Que che parece a voz narradora e a súa clara identificación coa autora? Prodúceche algunha sensación?  Nos primeiros capítulos xa se anuncia a traxedia, esta revelación defrauda?, decae ou potencia o interese?

DESPOIS DA LECTURA  Que función desempeñan a familia na historia? Que persoas che parecen máis importantes? Cal era o papel da muller na época da nai da narradora-autora? Como o asumiu e transmitiu? Que che parece a actitude do pai? E a relación cos amigos e amigas?  Que significado adquiriu para a narradora e para toda a súa xeración a época en que lle tocou vivir en Santiago? Que desexaban? Contrasta esa época co tempo que lles tocou vivir a pais e avós. Compárao cos teus desexos e a época actual.  Como se enfrontan os personaxes á dor e á enfermidade? En que consiste o futuro? Que pensas das reaccións de Nico cando o ingresan? É posible pórse na súa pel e sentir o seu sufrimento?  Identifícaste con algún personaxe?  Podes imaxinar outro final sen que o fío argumental se resinta?  Que che causou máis impacto ou sorprendeu da historia?  As drogas: hai unha constante teorización e reflexión sobre o tema, que pensas do tema? Canto á concepción sobre elas, á imaxe dos adictos e á percepción dos que se inician no seu consumo, cres que hai diferenzas dende entón a hoxe? Reflexiona sobre


o que se comenta sobre as drogas dende a páxina 83 á 92.  A SIDA: cando fixo a súa aparición os enfermos padeceron marxinación, cres que a hai na actualidade? A que se debían eses prexuízos?  Fáltalle algo á historia? Sóbralle algo? Paréceche crible?  Nalgún capítulo hai unhas palabras comúns escritas con maiúscula, que conteñen?

Reflexiona sobre estes fragmentos: “Nada é comparable ao inferno das drogas, gobernan a túa vida e as túas decisións”. “A droga é unha grande industria piramidal, un negocio lucrativo”. “Os toxicómanos convertémonos en verdadeiros mestres da mentira, artistas do engano”.

DOCUMENTAL MAREA BLANCA Neste documental abórdase o tema das drogas e as consecuencias nefastas sobre toda unha xeración, a chamada "xeración perdida", no concello pontevedrés de Vilanova de Arousa. http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/documentos-tv-marea-blanca/899801/ EN YOUTUBE (en varias partes): http://www.youtube.com/watch?v=U3JOwJKCBUk

ENLACES PARA OBTER INFORMACIÓN: A SIDA: http://gl.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Mundial_da_Loita_contra_a_SIDA

ENTREVISTAS Á ESCRITORA: http://www.editorialgalaxia.com/weblog/?p=11253 - ¿Pensas que cumpriches cos obxectivos que te marcaras ao escribir este libro? O obxectivo principal cumprino o día en que o rematei. Levaba anos desexando deixar constancia da miña experiencia vital, que foi a de moitos que xa non están. Todo o que chegou despois supera con moito as miñas expectativas. O que máis me reconforta é constatar o que sempre crin, que a vida se constrúe día a día, voluntariosamente, e que o esforzo da súa construción é o que lle da sentido.


http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/12/15/0003_8910291.htm -Penso que os 80, porque eu cheguei a Santiago a finais dos 70, eran anos cheos de posibilidades, nos que todo era posible, de loitar polas liberdades. No medio estaba a heroína, que era a que circulaba. Para min creo que consumir heroína era experimentar, un acto de autoafirmación, porque ninguén o fixo, e aquí falo en plural, con intención de estragar a súa vida. Pero non sabiamos até que punto era destrutiva e difícil de abandonar. Buscabamos a autoafirmación, e iso é imposible, porque priva a liberdade de decisión. Nico é máis eu abandonaramos a adición, pero o máis dramático veu coa aparición da sida.

CRÍTICAS DA NOVELA: UN PAÍS EN LATA: http://unpaisenlata.wordpress.com/2010/12/14/futuro-imperfecto-de-xulia-alonso-diazliteratura-grande-como-a-vida/ CADERNO DA CRÍTICA: http://cadernodacritica.blogaliza.org/2011/01/09/futuro-imperfecto-de-xulia-alonso/ LG3 LITERATURA http://culturagalega.org/lg3/extra_recension.php?Cod_extrs=2549&Cod_prdccn=2015


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.