A LAGOA DE ANTELA
COMO ERA ESTA LAGOA? • Ocupaba varias aldeas dos concellos de Xinzo de Limia, Sarreaus, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Porqueira.
Lagoa de Antela, na 'Carta Geométrica' de Domingo Fontán (1834)
• Tiña uns 42 quilómetros cadrados. • A profundidade variaba desde o medio metro ata os 2 metros aínda que nalgunhas zonas as pozas podían chegar a alcanzar os 3 metros. • Era considerada un dos humidais máis importantes da península Ibérica, cunha gran riqueza de fauna e flora e un grande valor ecolóxico, aínda que no seu día non lle foi concedido o valor que tiña.
A principal fauna existente eran as ras e os peixes de río e tamén contaba cunha grande riqueza de especies avícolas. Na flora destacaba o “beón”, miles de xuncos existentes nas ribeiras da lagoa.
POR QUE DESECAR A LAGOA? • Os argumentos que se daban para xustificar a desecación non variaron ao longo dos anos, por unha banda considerábase necesario desfacerse do lastre que supoñía para a zona da Limia, á que consideraban un terreo moi fértil e produtivo. • Por outra banda, críase que esas zonas de humidais eran unha fonte de enfermidades e infeccións. No século XIX autores como Bedoya, definía á lagoa como “ inmundo, inútil e nocivo charco, xerme de putrefacción e mortandade”.
INTENTOS DE DESECAR A LAGOA. Os primeiros que pensaron en desecar a lagoa foron os romanos: abrindo un canal en Vilar de Barrio. No século XIX, hubo varios intentos, ainda que tamén fracasados: • O primeiro en 1827, retomado en 1848 e de novo en 1854 polos irmáns Mugártegui. Neste caso foi a forte oposición veciñal a que detivo as obras antes de comezar, a través dunha carta asinada por 300 cabezas de familia de Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio e Vilar de Santos, preocupados polo efecto negativo que para a gandería tería a desaparición da lagoa. • Houbo novos intentos en 1868, 1874, 1937 e 1949, pero por motivos económicos non pasaron de simples proxectos sobre o papel.
A DESECACIÓN. • Hai sesenta e tres anos, o Goberno franquista aprobaba a «Ley de 27 de diciembre de 1956 sobre saneamiento y colonización de la laguna de Antela, sita en la provincia de Orense». • En 1958, declara o «alto interese nacional» da desecación e colonización do humidal e decreta a liquidación da Lagoa de Antela. • Ese foi o marco legal dunha obra cuxos traballos non concluíron ata catro anos despois. • A superficie afectada polos labores de desecación do humidal e encanamento de toda a auga nunha canle principal foi enorme. Afectou a un total de 3.165 hectáreas.
• O plan de execución tiña varias fases. 1ª ) Abrir un canal con dous ramais na cabeceira da lagoa para drenar a zona inundada ata o río Limia, que tamén foi canalizado pois era moi estreito, para acelerar o desaugue. Nesta fase realizáronse infraestruturas de saneamento das terras e novas pontes sobre os canais de drenaxe e o do río.
2ª) Fase sería a de transformación en regadío, que contemplaba un embalse na cabecera do río Arnoia en Riobó, 9 km de canal de trasvase dende o río Arnoia ata a chaira de Antela e 42 km de canais de regadío. Consistía na construción dun sistema de regadío para facer chegar a auga ás terras que quedaron desecadas. O cal foi un fracaso e supuxo un sobrecusto tremendo. • “As infraestruturas de desecación pronto evidenciaron deficiencias técnicas cuxa resolución implicou un desorbitado sobrecusto das obras, de modo que o investimento final superou con fartura as previsións iniciais e non quedaban fondos para acometer a segunda fase do Plan. Con todo, un grupo de propietarios integrado na Comunidade de Regadores da Zona de Antela instalou varias estacións de bombeo ao longo das canles de drenaxe da lagoa para levar auga a presión a un pequeno sector de 600 hectáreas dentro da área desecada, que se rega por aspersión.”
3ª) A última fase consistía na colonización dos terreos desecados que haberían de ser acondicionados e parcelados para a súa posta en cultivo. Aínda que o obxectivo era que as terras desecadas pasasen a ser de cultivo, non se tivo en conta que nesta comarca hai limitacións climáticas e de solo, aparte de que houbo erros nas obras que empeoraron o problema de déficit hídrico que tiñan os terreos gañados á lagoa.
O PATRIMONIO ASOLAGADO
IES LAGOA DE ANTELA
• Planta do desaugue da Lagoa de Antela según o proxecto realizado en 1957 polo enxeñeiro Francisco Zapata Tejedor
.
Draga abrindo un canal en Antela
• Canle principal de drenaxe da lagoa.
• Obras de canalización no cauce do río Limia despois da súa canalización
Ponte das Poldras. DerruĂdo polas obras de desecaciĂłn
• Os traballos, cun custo de 92 millóns de pesetas, supuxeron a habilitación dunha superficie fértil que agora acolle a principal zona produtora de cereal e pataca de Galicia. • Movéronse máis de dous millóns de metros cúbicos de terra e creáronse máis de 28 quilómetros de canles. • A prezo de hoxe en día, esta magna realización supuxo un investimento superior aos 70 millóns de euros; a maior actuación pública do pasado século na comarca antelana. A entidade da obra foi equiparable, por non dicir superior, ao que supuxo a construción da autovía Rías Baixas na década dos 90. • A nova zona colonizada foi alugada a un prezo módico aos colonizadores, veciños dos cinco concellos que abarcaba: Xinzo de Limia, Sarreaus, Sandiás, Vilar de Barrio e Xunqueira de Ambía.
CONSECUENCIAS DA DESECACIÓN • A decisión da desecación continúa sendo valorada de formas diversas. Para algúns supuxo a destrución dunha zona de gran valor ecolóxico, hábitat natural de moitas especies vexetais e animais, e o final dun ecosistema formado na época do Terciario, miles de anos atrás. A vexetación autóctona foi destruída ou queimada co propósito de obter novos terreos para o cultivo e produciuse unha deforestación para facilitar a explotación dos novos terreos.
• O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, Serafín González, non lle ve nada bo á obra. « Non só foi un desastre ecolóxico enorme senón que as consecuencias demográficas, económicas e sociais foron moi negativas. Extinguíronse dez especies de aves na Limia e unha a nivel ibérico: o ganso común. Outras moitas especies quedaron moi tocadas a nivel Galicia, xa que en tempos ou número delas era moito máis abundante, como pode ser ou caso dá cigüeñela ou ou sapo de espuelas, así como unha grande cantidade de peces e invertebrados que vivían nesa lagoa de auga doce».
Para outros, supuxo poder labrar en novos terreos, algo que evitou que unha xeración eludise a miseria na dura época do posfranquismo nunha zona moi subdesenvolvida a finais dos 50. • Implantouse unha agricultura intensiva, destinada ao cultivo de pataca, que se desenvolve ben nos chans arenosos. O problema e que as obras de desecación provocaron un empobrecimiento do solo que obrigaba ao uso indiscriminado de fertilizantes que baixaban a calidade das colleitas á vez que provocaban un custo agrícola, o que supoñía a perda de valor dos produtos limianos no mercado. • A este problema engadíaselle o da sequedade dos chans, o Estado non chego a completar o seu plan inicial de regadío e foron os propios agricultores os que tiveron que poñerse de acordo para crear un sistema de rega que foron mellorando ao longo dos anos.
• Nun artigo do ano 1968, extraído da Vangarda analízase o fracaso do proxecto. Explícase como as aspiracións iniciais non se cumpriron, e como as cantidades que se gastaron no proxecto superan con fartura aos orzamentos previos: “Os chans non foron analizados. Esperábanse terras aptas para certos cultivos e aconteceu o contrario. Os chans necesitaban auga e foi necesaria a instalación de formidables sistemas de irrigación. Gastáronse ata a data máis de 180 millóns de pesetas e reclámanse fortes desembolsos (…) Non saíron as cousas como soñaba don Cirilo Canovas, ex ministro de agricultura e enxeñeiro agrónomo. Ata agora regáronse duascentas hectáreas e a auga non chega para abastecer tan extenso terreo. E para iso habería que construír unha presa no río Arnoia. Este proxecto posterior ao primitivo plan veñen encarecer aínda máis o custo das obras. Por Obras Públicas serían seiscentos millóns máis, que sumados aos novos investimentos de Colonización representaría unha cantidade aproximada de mil millóns de pesetas”
• Un octoxenario de Xinzo, José Martínez, que viviu na súa nenez e mocidade a última época de esplendor da lagoa, rememora: «Había xente que sacaba da lagoa o beón e botábao nas cortes do gando. Logo usábase como esterco na leira». Martínez menciona que traballou a mediados dos anos 50 en zonas contiguas á Lagoa, en Xinzo. «Traballábamos sachando as leiras de patacas en ranchos de 10 ou 20 mozos; xusto ao carón da lagoa; pagábannos algunhas pesetas ao día. Logo fixeron o canle e desecaron ou humidal», lembra. • No esquecemento quedaron tamén as viaxes en barca de miles de limianos durante séculos para pescar no humidal. • No que foi no seu día o sur da lagoa instaláronse tamén, a partir de 1972, varias empresas dedicadas á extracción de area, que é moi apreciada para a construcción. • Actualmente téntase recuperar aquela riqueza biolóxica mediante a recuperación das charcas das areneras abandonadas.
Vista da lagoa antes e despois da sĂşa desecaciĂłn
Efecto รณptico producto das chuvias, en que reaparece a Lagoa de Antela