La estrategia del agua

Page 1

LA ESTRATEGIA DEL AGUA, de Lorenzo Silva TEMAS PARA O DEBATE 

Modelos de muller: tipo de personaxes femininas que aparecen.

Visión da muller dende a perspectiva da voz narradora.

A concepción da xustiza: o protagonista e as súas experiencias co poder xudicial.

A forma de actuar de Vila: o sarcasmo, a ironía.

A custodia compartida: realidade e opinión persoal.

Machismo- feminismo: ideas do narrador. A lei de protección de xénero.

Inmigración: conceptos sobre ela que aparecen na novela.

A crise: referencia a ela e opinión persoal. A burbulla inmobiliaria: a economía baseada na construción, a especulación urbanística, a corrupción institucional...

11 M: o terrorismo.

As mafias do leste e latinoamericanas.

A estratexia policial, os métodos, as relacións laborais: as escoitas, o seguimento, as ordes xudiciais, os interrogatorios… As relacións entre policía e garda civil, as relacións entre compañeiros, a xerarquía…

As referencias a cancións e películas: The Wire, La chaqueta metálica, De aquí a la eternidad, Blude Runner, El crimen de Cuenca, Apocalipsis Now, Os 300 e as Termópilas, as SS, Epicteto, Sunzi ou Sun-Tzu, “On the sunny side of the street”, de Fran Sinatra, “When water comes to life”, de Cloud Cult, “Estado policial”, de Robe Iniesta . Referencias á guerra, á estratexia do ataque, a auga como símbolo.

CITAS E REFLEXIÓNS “Ninguén é máis proclive a eloxiarte en exceso que quen pretende servirse de ti.” “Os que compran coches de gran cilindrada queren compensar algún complexo.” “A min o que me atrae é indagar nos abismos da alma.” “Hoxe ninguén le filosofía. É incompatible cun modo de vida sen reflexión.” “O traballo ten carácter socializador e de terapia ocupacional máis que de faceta produtiva.” “Procura situarte no medio, é o que mellor convén para ter unha perspectiva completa”. “Hai cousas na vida ás que non hai que dedicar máis esforzo, nin para arranxalas nin para destruílas.” “Sen trastornos non hai humanidade”. “A crise golpea a xente, non aos bancos.” “Para iso estamos entre machos, non? Para poder expresarnos tal e como somos, sórdidos e zafios e repugnantes, por unha vez.” “Hai actitudes en que non me gusta incorrer: darme de listo ou prepotente con quen traballa día a día sobre o terreo… e ser condescendente cos máis novos, e menos cos que ostentan maior graduación ca min, porque iso, ademais, invita a sospeitar un resentimento de que carezo. Aprendín a convivir con todas as torpezas e limitacións da miña biografía.” “Non hai moita diferenza entre un narcotraficante e un banqueiro. Son dous seres cuxa vida e cuxa conduta se explican en torno a unha pulsión: a cobiza... É o diñeiro o que provoca a violencia legal do banqueiro e a ilegal do mafioso.” “A auga non ten formación constante: chámase xenio á capacidade de obter a vitoria cambiando e adaptándose segundo o inimigo.”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.