LAMA DE PAIO, LAMPAZA, RAIRIZ DE VEIGA
Os Prados do Eido
As Cortiñas do Seixo
Os Prados do Seixo
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN NAPU
COMENTARIO
TERRA AO LADO DA CASA CON REGADÍO. MÁIS EXTENSA QUE O TOLEIRO. CULTIVOS: MILLO, PATACAS, FABAS…CULTIVOS HABITUAIS TRADICIONALMENTE. SE LEVABA MILLO, A PRIMEIRA SACHA CHAMÁBASE “PICA”, A SEGUNDA ERA A “RENDA”, NA TERCEIRA BOTÁBANSE OS NABOS -SOBRE O MES DE AGOSTO- E NA CUARTA BOTÁBASE A “FERRAÑA” QUE ERA SEMENTE DE CENTEO QUE SE APAÑABA NOS MESES DE MARZO-ABRIL PARA ACOMODAR O GADO. O MILLO QUE SE BOTABA ERA MILLO RUBIO.
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO /
O NABAL
OS TOLEIROS
ORIXE
COMENTARIO
TERRA DE PEQUENO TAMAÑO PRETO DAS CASAS, BASTANTE HÚMIDA ONDE SE PUÑAN OS RENOVOS (CULTIVOS DE HORTA): PEMENTOS, TOMATES, LEITUGAS, ETC. CON REGADÍO.
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN ARANEU
COMENTARIO
PRAZA DE SECANO. QUE ANDABA Á FOLLA, ISO QUERE DICIR QUE TODOS BOTABAN OS MESMOS CULTIVOS, UN ANO BOTÁBASE CENTEO E O OUTRO ANO: PATACAS, NAS MELLORES LEIRAS (MÁIS HÚMIDAS) E NAS MÁIS RUÍNS (MÁIS SECAS) BOTÁBASE MILLO, O CAL ADOITABA SER MILLO BRANCO XA QUE NON FACÍA FALTA REGALO, PERO DEIXOUSE DE BOTAR POLO ABANDONO E POLO XABARÍN.
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
HODÓNIMO
ORIXE
LATÍN PORTA + MOLA
COMENTARIO
A ZONA DE ENTRADA DENDE LAMA DE PAIO Á PRAZA DO TOURO
A RAÑOÁ
O PORTAL DAS MOÁS
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN TAURU
COMENTARIO
PRAZA DE SECANO. CULTIVOS “Á FOLLA”. ESTABA CONFORMADO POR NUMEROSAS LEIRAS E CADA GRUPO DELAS TIÑA NOMES DISTINTOS, COMO” O SEIXO”, “A CORTIÑA”, “O VAL”, “A LEIRA DA PENA”, “LAMALONGA”, “A LEIRA DO CARBALLO”
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN NAPU + IBÉRICO TAUTIA
COMENTARIO
TERRAS DE REGADÍO DETRÁS DAS CASAS. CULTIVOS DE MILLO, PATACAS, FABAS, ETC.
PRAZA DO TOURO
NABÁS DA TOUZA
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN PRATU + SAXU
COMENTARIO
PRADOS NATURAIS CON REGADÍO. RECOLLÍASE UNHA CAPA DE HERBA SECA NOS MESES DE XULLO-AGOSTO COMO ALIMENTO NO INVERNO PARA AS VACAS, AO REBOCHAR CREABA UNHA HERBA FRESCA QUE PACÍAN AS VACAS NO OUTONO. NAS MARXES DAS LEIRAS HABÍA PLANTADOS AMIEIROS, SALGUEIROS, ETC. PARA SUXEITAR O GANDO CANDO ÍA PACER. ESTAS ÁRBORES ARREDONDÁBANSE TODOS OS ANOS: EN VERDE E CON FOLLA, ESTRÁBANSE AS CORTES E CANDO QUEDABA SEN FOLLA, FACÍASE LEÑA E USÁBASE PARA QUENTAR A CASA OU O FORNO DA ALDEA PARA COCER O PAN.
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN PRATU + ADITU
COMENTARIO
APAÑÁBASELLE A HERBA FRESCA DURANTE A PRIMAVERA E O VERÁN E A VECES INCLUSO NO OUTONO. HABITUALMENTE QUITÁBANSE 4 CAPAS. A ÚLTIMA CAPA (CHAMÁBASELLE CAPA A CADA VEZ QUE SE APAÑABA) ADOITABAN PACELA AS VACAS. A ESTES PRADOS NON SE LLE SEGABA A HERBA SECA. ERAN PRADOS SÓ DE OUTONO (SÓ DE HERBA FRESCA). ESTA HERBA SECA ÍASE RECOLLENDO DURANTE TODO O ANO EXCEPTO E DECEMBRO QUE SE DEIXABA DESCANSAR. PODÍASE REGAR TODOS OS MESES DO ANO.
PRADOS DO SEIXO
OS PRADOS DO EIDO
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, OURENSE
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN COHORTE + SAXU
COMENTARIO
AS ÁRBORES HABITUAIS ERAN CARBALLOS “DE PÉ”: CORTADOS A RAS DA TERRA, ESTO FACÍASE CADA 15 ANOS APROXIMADAMENTE. TAMÉN PODÍA TER CARBALLOS “DE AIRE”: ERAN ENCABEZADOS CANDO SON NOVOS A UNHA ALTURA DE 3-5M, PARA QUE LOGO EN VEZ DE CRECER EN ALTURA CRECE EN HORIZONTAL E CREA UNHA COPA E ISTO FACÍASE CADA 15 ANOS. CORTAR AS CANAS DOS CARBALLOS DE AIRE CHÁMASE DECOTAR. NESTAS CORTIÑAS NON SÓ HABÍA ÁRBORES, SE NON QUE TAMÉN HABÍA ZONAS DE TOXOS, XESTAS, FROUMA…COS CALES SE ESTRABAN AS CORTES DAS VACAS.
PARROQUIA/ CONCELLO TOPÓNIMO
LAMA DE PAIO, A LAMPAZA, RAIRIZ DE VEIGA
TIPO
AGROTOPÓNIMO
ORIXE
LATÍN BETULLA
COMENTARIO
ZONA CON PRADO, LEIRA, CARBALLOS E BIDUEIROS. SEN REGADÍO. CERCANA Á ALDEA. ESTÁ RODEADA DE CARBALLOS DE AIRE.
AS CORTIÑAS DO SEIXO
A BIDUEIRA