EXOGAMIA 0.3

Page 1

Competencia lingüística. Departamento de Bioloxía e Xeoloxía Grupo: 4º C Nome do alumno/a:

Relatos. Referencias aos contidos impartidos ao longo da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO: Título: Exogamia 0.3 Autor: Ramón Caride Ogando. Relato 1º:

RECICLADO

Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

No relato hai varias historias enlazadas por un fío condutor, un mineral. Cal?

Describe as condicións da súa extracción: tipo de minería, localización das menas deste mineral, enfermidades asociadas, condicións de traballo, vida dos mineiros, etc.

Lugares do mundo no que se desenvolve o relato: Que actividade se realiza en cada un deles? Pensas que hai algunha causa para situalas aí?


Fai unha reflexión do teu compromiso co medio a conta do relato que acabas de ler:

Relato 2º:

NATURAL

Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

A partir do accidente que ocorreu, no medio hai unha recuperación e desenvolvemento a un novo ecosistema. Busca no libro de texto como se denomina este proceso en ecoloxía.

Describe as consecuencias a nivel humano e ambiental da zona habitada. Busca ano de accidente, superficie afectada, ....

A nivel de natureza noméanse unha serie de árbores e plantas. Fai un listado. Coñeces algunha?


Tamén nomea unha serie de mamíferos, algúns deles obxectivo da súa afección. Cales?:. Algúns deles hoxe están na listaxe vermella de animais en perigo de extinción. Cales?

Relato 3º:

MNEMOTÉCNICA

Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

No relato hai varias historias enlazadas por un fío condutor, un medicamento. Cal?

Cales son as consecuencias do seu consumo? Fai unha valoración persoal.


Relato 4º: HETEROXÉNICO Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

No relato hai varias palabras relacionadas cona enxeñería xenética, a biotecnoloxía o desenvolvemento embrionario etc. Busca o seu significado: Heteroxénico: Órganos xeneticamente modificados: Células embrionarias: Biotecnoloxía Organoxénese: Mutacións: Xenoma: Ovocito: ADN: Clonación: Ciclo vital: Retrovirus: Micoplasmas: Pterodáctilo:


Fai unha reflexión/opinión do emprego destas técnicas para o descrito no relato.

Fai unha reflexión/opinión para o seu emprego na medicina:


Relato 5º:

OBSERVADOR

Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

Relaciona os cambios ambientais, paisaxísticos, de avance do mar etc.. con actividades realizadas na actualidade.

Pensas que está nas nosas mans poder evitar que se produza unha situación como a descrita para o ano no que se desenvolve a historia? Fai unha reflexión e sinala que culpabilidade podemos ter cada un de nós no deterioro ambiental.


Relato 6º:

ALEATORIO

Sinopse do relato (a sinopse é un extracto dos aspectos máis salientables do tema tratado, dando unha visión xeral dunha maneira resumida e axeitada). Máximo 5 liñas:

As historias de cada un dos seis relatos avanzan no tempo. Fai a súa cronoloxía: ano no que se desenvolven e relato:

Notas variacións a medida que avanzamos no tempo? Cales?

Relata as condicións nas que queda o planeta despois da crise “tecnoclimática”

Os cambios no planeta supón a súa total destrución? Como responden a vida no planeta a nivel de biodiversidade?



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.