G
LIBROS N Z NADAL E A V E G A
G A S A L L A
Ninguén, Fran Alonso
O príncipe da brétema, de Carlos Ruíz Zafón
Sara está farta dos ruídos da cidade e decide cambiar de estilo de vida. Outra muller cítase cun home que coñeceu a través de Internet… A influencia das novas tecnoloxías nas relacións persoais.
As estrañas circunstancias da morte de Jacob empézanse a aclarar coa aparición do Príncipe da Brétema, un diabólico personaxe capaz de conceder calquera desexo a unha persoa a un alto prezo.
Unha moza arqueóloga descobre uns túneles que agochan segredos que se remontan á época de Beowulf, un personaxe mítico xermánico, mentres os servizos de espionaxe nazis urden un plan.
Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz e ilustracións de Miguelanxo Prado Damián traballa nun cine da cidade e cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, o corpo seu e o da súa dona vólvense transparentes.
BAC
ESO
Operación Beowulf, Eloy Cebrián
O curiosos incidente do can a medianoite, Mark Haddon Un mozo con dificultades de relación convértese en investigador do asasino do can da veciña. Abandonará a súa vida metódica e desvelará misterios.
In vino veritas, Francisco Castro O detective Xulio Míguez pescuda a desaparición dun adegueiro famoso. Os medios de comunicación e os intereses empresariais se mesturan cos baixos instintos. Nunha sociedade corrupta.
Cabalo de ouros, Víctor Freixanes
PARA XENTE PEQUENA
de Mª Reyes Guijarro
Un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, para ser lido de formas diversas, para que o lector poida entrar e xogar.
Trece noites, trece lúas, Carlos Reigosa e Noemí López Vázquez, Unha viaxe desde o 25 de decembro,ata o 6 de xaneiro. Reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, xogamos...
Noutra dimensión, Marica Campo Cidre convértese en vento e esa transformación vai provocar unha serie de acontecementos inesperados. Maxia e conciencia.
Restaurante Farruco, Chus Pereiro Unha comedia cun rei que quere comer nun restaurante e uns animais que se rebelan a ser cociñados. E unha estafa…
PARA PERSOAS MADURAS
Vaia tropa, Antón Cortizas e ilustracións
Unha aposta no tempo do wolframio, de cando o mineral enchía os petos de cartos. Historias que se cruzan, personaxes que ocultan segredos...
Historias de Oregón, Diego Ameixeiras Varias historias de personaxes que se cruzan na cidade de Oregón, trasunto de Ourense, nun clima de precariedade, violencia e frustración.
Meu
pai
vaite
matar,
Mª
Xosé
Queizán Diana ingresa na Brigada da Policía Xudicial, onde coñecerá a Mario. Entre restos do pasado gardados pola tía Lola, atopará pistas que a levarán a emprender unha viaxe ata Arxentina, na procura do seu tío Moncho.
La vuelta al mundo de un forro polar, Wolfgang Korn
Un libro sobre a globalización a través do periplo dun forro polar que vai dende o rico Dubai ata Bangladesh e acaba nunha Praia de Tenerife.
Chicas y chicos en relación, Juanjo Compairé, Paco Abril e Miguel Salcedo Un libro sobre as relación entre adolescentes, útil para educadores.
Sinué, el egipcio, Mika Waltari A época dos faraóns é descrita con mestría nesta novela histórica. Conta con pinceladas de humor.
Nada, Janne Teller Un rapaz decide subir a unha árbore farto da vida. Os seus compañeiros tratan de convencelo de que hai cousas que merecen a pena pero el rebátellelas unha a unha.
El día de mañana,
Ignacio Martínez
de Pisón
Justo Gil instálase en Barcelona e convértese en confidente da Brigada Social, a policía política do réxime franquista. Varios personaxes contan como o coñeceron e cal foi a súa relación.
Si tú me dices ven lo dejo todo...pero dime ven, Albert Espinosa Dani é un buscador de nenos perdidos e debe viaxar a Capri para cumprir unha misión. Esa cidade está chea de lembranzas para o protagonista.
El manuscrito de piedra, Luis García Jambrina Na Idade Media Salamanca é unha cidade con intrigas e asasinatos aos que se enfronta o mozo Fernando de Rojas, o futuro autor de A Celestina.