LECTURAS PARA TODO O MUNDO
Colección Misterios romanos, de Caroline Lawrence Novelas xuvenís que mesturan o rigor histórico coas aventuras de catro amigos detectives. Para aprender como era a vida na antiga Roma.
Ébano, Richard Kapuscinsky Un xornalista que se mimetiza coas persoas de que fala e conta as súas experiencias nunca África asolada polas guerras, as pragas e a pobreza. Amena e didáctica.
El antropólogo inocente, Nigel Barley Queren saber como viven os dowayos de Camerún? Lean as experiencias dun antropólogo vivindo un tempo nunca chouza de barro e investigando as crenzas e os costumes dos dowayos. Non ten desperdicio.
Fin de século en Palestina, Miguel A. Murado A visión dun escritor en Palestina na época da intifada. A vida cotiá dun pobo sometido a un destino tráxico é descrita con tintes literarios.
BIBLIOTECA LAGOA DE ANTELA
Colección La serie de misterio de la antigua Roma (Roma sub rosa), de Steven Saylor. Novela histórica e de serie negra na época clásica para alumnado de bacharelato,
http://bibliotecalagoadeantela.blogspot.com.es/
CULTURA CLÁSICA, XORNALISMO E ANTROPOLOXÍA
Leandro Lamas
E PARA TODOS OS GUSTOS
TEATRO Marta ante o espello, Teresa Calo Monólogo teatral que aborda o tema da anorexia
POESÍA Nove, María Lado Poemas cun mar duro e bravo de fondo.
BANDA DESEÑADA Salpock, o val dos cegos, Álvaro López e Luís Sendón Unha historia de aventura, acción e fantasía nun mundo post-apocalíptico. Inclúe un mini-xogo de rol baseado no cómic. Engurras, Paco Roca Unha historia sobre o alzheimer directa ao corazón. El invierno del dibujante, Paco Roca Debuxantes abafados pola editorial Bruguera en tempos da ditadura franquista deciden fundar unha revista onde goberne a liberdade. O pobre tolo, Iván Suárez e Inacio Un cómic sobre o desterro de Castelao. Humano. Cabana de Balieiros, Tokio Unha historia dunha vila costeira cuxa vida e crenzas dependen do mar.
El paraíso de Zahra, Amir e Khalil A nai dun mozo iraniano procura desesperadamente o seu fillo nas catacumbas do réxime tiránico. Pollo con ciruelas, Marjane Satrapi O tío de Marjane quere suicidarse e non o dá logrado. Da autora de Persépolis.
PARA A XENTE MIÚDA Las princesas también se tiran pedos, Ilan Brenman, Álbum ilustrado. Os segredos máis gardados das princesas nun libro tenro e divertido. Versos en flor, Carlos Fontes e Leandro Lamas Poemas para os máis cativos, divertidos e con contido.
PARA A XENTE DA ESO O Rei Lagarto, Álvaro Magalhaes Jorge e Juana deciden investigar porque anda un espírito na adega de seu pai. Jim Morrison transita por alí. Suso Espada. “Nota roja”, Francisco Fernández Naval Suso Espada viaxa a México para resolver o enigma do secuestro dun curmán seu.
As fronteiras do medo, Agustín Fernández Paz Seis relatos de medo para ficar sen fala. Palabras envelenadas, Maite Carranza Unha historia de suspense cos abusos sexuais como telón de fondo. Da autora de O clan da loba.
CIENCIA, ECONOMÍA, VIVIR E PENSAR Cuestiones curiosas de ciencia, Scientific American Cuestións curiosas de ciencia (Bioloxía, Química, Ciencias da Terra, Matemáticas, Física…) cun enfoque atractivo. La ciencia es divertida, Alain Gold Para comprender os fenómenos científicos cos que convivimos á diario. El teorema del loro, Denis Guedj Novela para aprender matemáticas.
NAIS E PAIS Modelos de familia, Susan Golombok, ed. Graó Os diferentes tipos de unidades de convivencia e os mitos que forxan os prexuízos destruídos.
Homosexualidad y familia, F. López, ed. Graó Para pais e nais con fillos homosexuais e viceversa.
MÁIS FICCIÓN Las alas del dinosaurio, Sissel-Jo Gazan
La física en preguntas, J. M. Lévy-Leblond Preguntas a moreas que obrigan a pensar.
Maldita física, Carlo Fabretti A Alicia non lle entra a materia de física ata que alguén se cruza con ela para axudarlle a entendela doutra maneira. El laberinto de la felicidad, Álex Rovira e Miralles Unha fábula sobre o sentido da vida a través dunha muller perdida nun labirinto.
Ana está a preparar a súa tesiña cando aparece asasinado o seu profesor, e todo apunta a unha vinganza. Ela aparece como sospeitosa nun ámbito científico ateigado de intrigas.
Con el agua al cuello, Petros Márkaris O comisario Jaritos debe resolver o asasinato dun antigo director de banco, que aparece degolado. O homicidio coincide cunha campaña contra os bancos. El verano sin hombres, Siri Hustvedt
Por una ética del consumo, Adela Cortina A autora explora a aldea global desde a óptica do consumo. Dá pautas para o suxeito consumidor nunha sociedade de desexos construídos e necesidades creadas.
Unha muller desenganada volve ao lugar de orixe para recobrar os recordos da infancia e segredos de mulleres de varias xeracións. Boa comedia e final inesperado.
ARTE E MÚSICA
FICCIÓN
El ladrón de arte, Noah Charney Unha enxeñosa novela sobre roubos de arte chea de suspense.
Mexillóns para cear, Birgit Vanderbeke A espera para cear convértese en tensión e angustia. O pasado vai aparecendo e, con el, os medos. Unha novela curta que produce desasosego.
El caso del artista cruel, Elia Barceló Tres amigos vense involucrados nun caso de asasinato cando preparan un traballo de arte para o instituto.
La voz del violín, Andrea Camilleri O comisario Montalbano debe investigar o asasinato dunha muller, un violín aparece na escena do crime…
O violín de Auschtwitz, Maria Angèls Anglada Daniel, se quere sobrevivir, debe construírlle ao comandante do campo de concentración un violín perfecto, igual a un Stradivarius, .
Las mujeres, que leen, son peligrosas, Stefan Bollmann Un percorrido polas obras de arte e a relación estreita entre libros e mulleres.
Donde nadie te encuentre, Giménez Bartlet Premio Nadal 2011, Historia dun maqui hermafrodita.
Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño Unha historia coa materia de Bretaña dende unha perspectiva feminina.
Laura no deserto, Antón Riveiro Coello Novela itinerante con enigmas.que vai de Santiago a Barcelona e pasa por Brooklyn
Esperando noticias, Kate Atkinson Un caso para investigar por un detective imperfecto.
El cielo se cae, Lorenza Mazzetti O ambiente da Italia de Mussolini dende a perspectiva dunha nena.
Habladles de batallas, de reyes y elefantes, Mathias Enard Unha historia do s. XVI en Constantinopla con Miguel Ángel de protagonista.