LITERATURA ORAL 1 O PATRIMONIO ASOLAGADO

Page 1

A morte da Raíña Loba  Nesta lenda cóntase a vida dunha raíña que vivía no Castelo Novo de Covas, era unha muller mala e cruel pois mandáballe aos veciños das aldeas limítrofes que todos os días lle levaran un becerro e un porco; o que non cumprira sería asasinado.  Os veciños fartos das súas demandas e abusos decidiron ir na súa procura para acabar con ela. E así foi.

Servando Varela, 77 anos Os Blancos


Conto do Bicho-home


Conto dos tres curas Tres curas facíanlle a burla a unha moza sempre que esta ía buscar auga á fonte, ata que un día a moza rebelouse facendo que os tres curas quedaran en evidencia de diante de toda a igrexa.


Refráns Quen pariu que arrole. Mexan por nos e hai que dicir que chove. A cabalo dado non se lle mira o dente.

A mellor leña está onde non entra o carro.

Se en Marzo canta a ra, en Maio xa calará. Hai que gardar das risas para as choras. No mes de san Xoán, pícanlle as pulgas no rabo ao can. Vale mais pouco pecar que moito confesar.

Non hai atallo sen traballo. O que garda sempre ten.


Adiviñas Do tamaño dunha cazola, ten ás e non boa. ( O sombreiro)

Nin é frade, nin é crego e sempre viste de negro. (A toupa)

Úsase para comer e non é prato nin culler. (A boca)

Alto son, barbas teño, ven o burro e non me defendo. (Toxo)

Ten dentes e non come, ten cabeza e non é home. (O allo)

Pon col cara ó revés e o meu nome tes. (O caracol)

Que fai un burro ó sol? (Sombra)

Branco como o papel e rompe como o cristal, todos o poden abrir, ninguén o pode pechar. (O ovo)

Unha persoa tan boa será, que nada che pide e todo cho da. (A nai)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.