MEXILLÓNS PARA CEAR, DE BIRGIT VANDERBEKE
PARA DESPOIS DA LECTURA
Reflexiona sobre como se vai desvelando a historia desta familia mentres agardan polo pai para cear. Sorprende?
A figura do pai é un personaxe ausente que determina o ambiente e as relacións familiares. o Como definirías este personaxe? o Que papel desempeña na estrutura familiar? o Cal é o seu concepto de familia? o Como valora os membros da súa familia? Como os ve e que sente por cada un deles? o Cres que exerce violencia de xénero no ámbito familiar? Xustifica a resposta. o Que relación establece coa súa nai?
Fíxate nas referencias espaciais e temporais históricas (a división de Alemaña despois da 2ª Guerra Mundial), cres que inflúe a época nos comportamentos dos personaxes?
Que pensas da historia que conta o pai sobre un pai que manda o fillo tirarse da árbore? Paréceche que é un método útil de aprendizaxe da vida?
A historia está cargada de elementos simbólicos e referencias culturais. o Que significado adquiren as artes (música e literatura) en relación coas ciencias? o Haydn
(clásico),
Brahms
(romántico perfeccionista),
Schubert
(romántico intimista), Mahler (experimental, harmonías disonantes, sinfonías), Verdi (fastuoso, representou o nacionalismo), e Wagner (antisemita, representa o pobo alemán e as súas tradicións coas súas óperas) aparecen citados no relato, que personaxes enfrontan? o Que representa o personaxe clásico de Medea? Como interpretas a súa alusión? o Que cres que simbolizan os mexillóns? o Como interpretas o final do relato?
TEMAS:
A hipocrisía, o estatus finxido e o mundo das aparencias.
As relacións de poder na familia: o afán de control, o castigo, o medo, a anulación.
A transgresión.
A Stasi era o órgano de intelixencia,o servizo secreto da Alemaña Democrática, encargábase de investigar os delitos políticos. Exerceu un férreo control sobre as persoas: vixiaba, espiaba, gravaba os cidadáns que consideraba perigosos para o réxime e interrogábaos. Ves algún paralelismo co control que exerce o pai sobre os membros da familia?
INFORMACIÓN E REFERENCIAS Película: A vida dos outros, de Florian Henckel von Donnersmarck (nesta película abórdase o tema da espionaxe da Stasi sobre cidadáns da Alemaña do Leste).
http://www.youtube.com/watch?v=eiFlAH02A4g Medea: http://gl.wikipedia.org/wiki/Medea Schubert: http://gl.wikipedia.org/wiki/Franz_Schubert Mahler: http://gl.wikipedia.org/wiki/Gustav_Mahler Verdi: http://gl.wikipedia.org/wiki/Giuseppe_Verdi Wagner: http://gl.wikipedia.org/wiki/Richard_Wagner