O PATRIMONIO ASOLAGADO MILIARIOS

Page 1

MILIARIO DE ZADAGÓS

É unha vía ou camiño histórico que se encontra na comarca da Limia en Sandiás, pertence á parroquia de San Xoán de Piñeira de Arcos. Data de época romana e na foto podemos observar o miliario de Zadagós da Vía Nova que ía de Braga a Astorga. O miliario (milla LXXI) estaba dedicado ao emperador Maximino e o seu fillo Máximo (235-238 d.C). Atopouse a finais do século XIX, ou quizais, como apuntan outra fontes, no ano 1920. Partiuse en dous e empregouse como parte dun peche dun patio e unha palleira de Zadagós. O concello de Sandiás a finais do ano 90, conseguiu a cesión polo seu propietario, recuperouno e instalouno nun lugar habilitado a poucos metros onde se atopara.

MILIARIO DE LAMAS

Trátase de dous miliarios sen epigrafía que formaron parte da vía romana secundaria que unía a gran cidade romana de Chaves con Xinzo de Limia, esta vía de comunicación seguía un recorrido semellante o da actual autovía A-52 , e puido ser un tramo de vía romana que uniría Aquae Flaviae (Chaves) e Iria Flavia (Padrón) cruzando os vales do Támega,Búbal, a chaira de A Limia, o val de Arnoia e a conca do Miño


MILIARIO DE VILAR DE BARRIO

A pisada románica permanece inalterábel no municipio de Sandiás a través dos seus miliarios que indicaban o paso da Vía XVIII. Esta vía, tamén coñecida como Vía Nova, atravesaba o municipio e constituía unha das vías máis importantes do itinerario Antonino do século III. A diferenza de outras vías, que eran construídas por motivos estratéxicos e de control, a Vía Nova foi construída por motivos netamente comerciais e administrativos, xa que puña en comunicación a explotación aurífera das Médulas coas cidades máis importantes do noroeste peninsular, Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga). Por outro lado, o itinerario Antonino fai mención da mansión Geminas, parada de postas e hospedaxe, e sitúase no actual Sandiás. En canto aos miliarios estes usábanse para sinalar as distancias e indicar o trazado das mesmas. Xeralmente contaban con inscricións de loanza ao emperador romano baixo cuxo mandato se construía ou modificaba a calzada.


FONTES: •

Celtiberia.net

Cualedro.es

Páxinasgalegas.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.