MULLERES NO MUNDO, MULLERES NA HISTORIA

Page 1


MULLERES NO MUNDO - MULLERES NA HISTORIA

Busca a foto da muller que corresponda a cada unha das preguntas e procura a información que falta. 1. Rosa Park foi a 1ª muller en sentar nun autobús para brancos, onde sucedeu? 2. María Goeppert-Mayer recibiu o premio Nobel de Física, en que ano? 3. Marie Curie foi a 1ª muller en recibir dous premios Nobel, cales? 4. Hipatia de Alexandría naceu no s. IV, en que campos destacou? 5. Por que loitaron Clara Campoamor e Concepción Arenal?. 6. Shamsia Hassani é unha grafiteira que denuncia a opresión feminina, de onde é? 7. Maruxa Mallo pintou cadros surrealistas a principios do s. XX, de onde era? 8. Ruth Matilda Anderson visitou Galicia a principios do s. XX, a que se dedicou? 9. Olimpia de Gouges viviu a Revolución Francesa, que escribiu? 10. Rigoberta Menchu é unha muller guatemalteca que recibiu un premio Nobel, cal? 11. A Wangari Maathai tamén lle concederon o mesmo premio, de onde era? 12. Arundhati Roy e unha activista india contra as multinacionais, que libro seu gañou o Premio Booker? 13. Mireia Belmonte gañou dúas medallas en natación nas Olimpíadas de Londres 2012, por que comezou a nadar? 14. A Rosalía de Castro dedicáronlle as primeiras Letras Galegas hai 50 anos, con que libro? 15. Toni Morrison, premio Nobel de Literatura, escribiu un libro sobre a escravitude, con que título? 16. Wisława Szymborska levou o mesmo premio ca anterior, de onde é? 17. Valentina Tereshkova foi a primeira muller en ir ao espazo, en que ano?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.