PEL DE LOBO GUÍA

Page 1

PEL DE LOBO, DE XOSÉ MIRANDA,

LECTURA 3º DE ESO

ANTES DA LECTURA: O agrarismo foi un movemento protagonizado polo campesiñados a principios do século XX para reivindicar a redención ou abolición dos foros. Sobresae a figura de Basilio Álvarez, cura de Beiro e líder do sindicato Acción Gallega. A Revolución Rusa foi unha revolta popular protagonizada polo pobo ruso contra a tiranía dos tsares que deu lugar á implantación do comunismo. O movemento sufraxista reivindicou o voto feminino. Foi aprobado en 1931 coa 2ª República. O fonosimbolismo é un recurso retórico que consiste en provocar reaccións anímicas coa repetición de sons. De Uxío Novoneyra, poeta d’O Courel, foi este verso: O lobo! Os ollos o lombo do lobo. A maldición do lobishome (home lobo, muller loba) é provocada por un familiar e só se rompe coa queima da pelica ou facendo sangue. Na nosa terra hai moitas lendas deste tipo, unha foi recollida por Vicente Risco como O lobo da xente. En Allariz, no século XIX, existiu un home chamado Romasanta que foi xulgado por cometer varios asasinatos ao estilo dos lobos, de aí que fora considerado un lobishome.

Un foxo é unha estrutura de pedra en forma de V que desemboca nun pozo e que se construía para atrapar os lobos nas batidas (http://www.rios-galegos.com/foxoslobo.htm). Os veciños das aldeas formaban un cordón humano e mediante ruído e lume ían conducindo os lobos ao foxo para matalos.

O mito do Andróxino na mitoloxía clásica: home e muller no mesmo ser. Tiresias foi alternativamente home e muller. Na mitoloxía india Shivá e a súa consorte Párvati estaban fundidos no mesmo ser.


DESPOIS DA LECTURA: Sobre o contido: Contrasta a postura dos sectores máis inmobilistas e conservadores coa do sector máis progresista. Fíxate na postura de Ana respecto da defensa das mulleres, dos labregos e da liberdade e a do pai, don Eduardo. Personaxes: O personaxe de Rosa dos Chantos, ás veces home (violento e destemido) e ás veces muller (temerosa e solidaria) resulta estraño. Existe unha forma de ser masculina e outra feminina?

PREGUNTAS:          

Que tipo de novela credes que é? Que personaxe vos pareceu máis interesante? Cal vos pareceu máis detestable? Con cal vos identificariades? Que representan os personaxes de Aurora, Ana e don Eduardo? Como é a relación entre Ana e don Eduardo? Por que se enfrontan? Como evoluciona o personaxe de Bal? A que se debe? Que opinión vos merece Rosa dos Chantos? Que pensa o protagonista ao final? Por que? Como é o espazo onde se desenvolve a historia? Inflúe nas crenzas, nos medos? A historia do lobo que confesou o crego fronte á historia de San Froilán e os lobos xustifica o medo aos lobos? En que época situarías a acción? Xustifica a resposta.

Frases para comentar: -

Por iso lles tendes tanto medo aos lobos, porque son libres- conclúe a rapaza. Esas ideas – atalla don Eduardo furibundo- non quero escoitalas na miña casa. Son ideas disolventes, ideas socialistas. Quen as profesa debera emigrar a Rusia. Defensora dos farrapeiros! Ben sei quen chas meteu na cabeza. Pero cala, nesta mesa non queremos oír iso.

Se cadra Bal optou pola liberdade do lobo, polas noites ladrándolle á lúa, polos días no tobo, polo amor ás lobas. -

Quitáchesme a maldición. Xa se cumpriu a miña fada. Sen pelello, non volverei ser loba.

Así descubrín que é certo que só o ferro pode ferir un lobishome. -

Que maldición? Non hai tal cousa. Eu son libre… non necesito dun pastor. Ora, hai quen non se atreve.

-

Que efecto terán estas palabras no protagonista ao cabo dos anos?


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.