Placas árbores con código qr

Page 1

ACTIVIDADE 3º ESO. CURSO 2017_18 DEPARTAMENTO BIOLOXÍA E XEOLOXÍA Dentro das actividades voluntarias de cara ao alumnado, propostas polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía, estaba un traballo de recoller a diversidade de especies arbóreas que hai no patio do IES e manifestar o seu valor tanto ambiental como pedagóxico. A este proxecto sumouse o EDNL, de feito, a maioría do alumnado participante está integrado no Equipo de Dinamización Lingüística. O traballo desenvolveuse en horario extraescolar, dedicando os alumn@s un esforzo extra na súa actividade académica. Participaron ata 15 rapaces e rapazas. O mecanismo de actuación foi o seguinte: -

-

-

Por parte do departamento deuSE o listado de especies que foron plantadas nos espazos abertos do centro dende os seus comezos, alá polo ano 1980, data dos primeiros exemplares, e que se continúa de xeito progresivo a partir de 1987. En total máis de cincocentos pés arbóreos de máis de 60 especies diferentes, en cuxa plantación participaron numerosos alumn@s e algúns profesor@s, coordinados sempre polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía O traballo proponse para a maioría das especies das que hai exemplares aínda vivos. Aos alumn@s se lles dá bibliografía e diferentes páxinas de internet, para que elaboren un traballo de cada unha das variedades, seguindo un patrón común de construción, en formato PDF. Dada unha de estas informacións quedará vinculada a unha páxina web, para que aquelas persoas interesadas accedan a esta documentación. Ao mesmo tempo deséñase a placa informativa que irá sobre un soporte metálico ao pé de un exemplar de cada unha das especies, en total máis de 50. o Esta placa contén: o Nome común en galego Nome científico Código QR para vincular a páxina web Ano de plantación Nome do alumn@ que elabora o traballo desta especie

-

O alumno Guillermo Arcos encárgase de crear un código QR para cada unha das especies, e facer a súa vinculación a cada unha das páxinas web que foron feitas polos outros compañeiros: o Cristian Nóvoa o Xurxo Alonso o Iago Dameá o Mónica Santana


o o o o o o o o o o

Marco Garrido María Barxe Samuel Rodríguez Guillermo Arcos Aroa Rivero Aarón Blanco Alba Fernández María Vila Fernando Álvarez Silvia García

Unha vez realizado o traballo de documentación, procédese a pór os postes e pegar cada unha das placas informativas no patio do IES Lagoa de Antela, coa idea de dar a coñecer a riqueza botánica, o valor ambiental e paisaxístico das árbores e sinalar o esforzo que leva conseguir esta diversidade, máis de 35 anos plantando por esta comunidade educativa. Xinzo de Limia xuño de 2018


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.